Sociolingüística O galego desde o século viii ata...

18
3 # Sociolingüística O galego desde o século VIII ata 1916 e O Galego Antigo e O Galego Medio e O Galego Moderno Outros recursos Xerador actividades Presentación

Transcript of Sociolingüística O galego desde o século viii ata...

Page 1: Sociolingüística O galego desde o século viii ata 1916edebe.com/educacion/documentos/114057-0-529-Lingua BACH1.pdf · Co remate da época medieval, o portugués e o castelán alcanzaron

3 #Sociolingüística

O galego desde o século viii ata 1916

e O Galego Antigo

e O Galego Medio

e O Galego Moderno

Outros recursos

Xerador actividadesPresentación

Page 2: Sociolingüística O galego desde o século viii ata 1916edebe.com/educacion/documentos/114057-0-529-Lingua BACH1.pdf · Co remate da época medieval, o portugués e o castelán alcanzaron

Palabra, idea, fraseMira este vídeo

http://links.edebe.com/nuf6

— Deseguido, elixe unha palabra, unha idea e

unha frase que che chamasen a atención no ví-

deo, ou que mellor expresen o seu contido.

— Ponas en común co resto dos compañeiros.

rutina de pensamento

219219

Afonso VI de León concedeulle o goberno do condado de Galicia á

súa filla maior Urraca e ao seu marido Raimundo de Borgoña,

mentres que á súa filla menor Tareixa e ao seu esposo Henrique de

Borgoña lles correspondeu o condado de Portugal. Andados os

anos, estes matrimonios tiveron cadanseu fillo: Urraca e Raimun-

do, a Afonso Reimúndez; Tareixa e Henrique, a Afonso Henriques.

A decisión do rei Afonso VI abriu o camiño, por volta duns anos,

á independencia de Portugal (Afonso Enriques declarou Portugal

reino independente en 1128) e á perspectiva dunha Galicia inde-

pendente da man de Afonso Raimúndez, algo que non se fixo

realidade ao se converter este en Afonso VII de León e, xa que

logo, integrar Galicia no reino leonés.

Velaquí o xermolo da separación entre o galego e o portugués!

Que opinades vós deste tema? Parécevos que deberían unirse

nunha lingua?

3 Afonso Raimúndez e Afonso Henriques

Alfonso vii nunha miniatura do códice de Toxos Outos, século xiii.

Page 3: Sociolingüística O galego desde o século viii ata 1916edebe.com/educacion/documentos/114057-0-529-Lingua BACH1.pdf · Co remate da época medieval, o portugués e o castelán alcanzaron

SociolíngüíStica

220

Introdución

Adoita datarse o nacemento do galego por volta do século viii, pois nesta época xa se empregaba unha lingua oral moi transformada respecto do latín vulgar. De fei-to, o latín, malia ser aínda a lingua empregada nos usos escritos, xa resultaba in-comprensible para o pobo e, mesmo, os escribáns tiñan grandes dificultades, como se pode comprobar polo importante número de estruturas propias do gale-go que vertían, voluntariamente ou non, nos seus escritos en latín.

Nesta unidade imos facer un percorrido pola historia da nosa lingua desde os seus comezos ata 1916, data da creación da primeira Irmandade da Fala.

O Galego Antigo

Durante todos estes séculos, a historia da nosa lingua vai correr parella á historia de Galicia, por iso antes de estudar a lingua en cada etapa, presentaremos un contexto histórico, social, cultural e económico da nosa terra.

A formación do feudalismo (séculos viii - xi)

A partir do século viii, a estrutura política e administrativa, herdeira da Galicia romana, desaparece para dar paso á consolidación progresiva do feudalismo. Os nobres (condes, bispos e abades...) son os donos da terra e os que exer-cen o poder político en representación do rei. Os campesiños, a meirande parte da poboación, traballan para os seus señores.

Desde finais do século ix, as familias nobiliarias fundaron mosteiros que fun-cionaron como entidades señoriais e políticas. Iso fixo que aumentase forte-mente o poder eclesiástico: así, os mosteiros (Sobrado, Lourenzá, Celanova...) convértense en poderosos señoríos que acaparan gran parte da renda campe-siña.

O apoxeo feudal (séculos xii - xiii)

Nos séculos xi e xii, Galicia entra nun período de florecemento cultural e eco-nómico. Culturalmente, é a época do arcebispo Xelmírez, do descubrimento do suposto sepulcro do Apóstolo e do nacemento do Camiño de Santiago. A lingua galega acada o seu máximo esplendor tal como reflicte a nosa lírica medieval. A arte románica tamén se estende neste período.

Na economía, as colleitas aumentan debido ás melloras técnicas e ao policul-tivo. Prodúcese un gran desenvolvemento urbano, especialmente vinculado ao Camiño de Santiago e ao comercio marítimo pola costa galega. Nas cida-des xorde un novo grupo social, a burguesía, que se ocupa de actividades re-lacionadas coa artesanía, o comercio e os servizos.

No século xii, Portugal convértese nun reino independente, mentres Galicia queda vinculada ao reino de León e Castela.

O Galego Antigo (s. viii-xv)

O Galego Medio (s. xvi-xviii)

O Galego Moderno (do s. xix a 1916)

A historia da nosa lingua, desde o seu nacemento por volta do século viii ata a actualidade, adoita dividirse en tres grandes períodos.

— O Galego Antigo ou galego-portu-gués, que abrangue desde o sé-culo viii ata o xv.

— O Galego Medio, desde o século xvi ata o xviii.

— O Galego Moderno, desde o sé-culo xix ata a actualidade. Este último período tamén acostuma dividirse en subperíodos, o pri-meiro dos cales (desde o século xix ata 1916) veremos nesta uni-dade, mentres que os demais os estudaremos no curso seguinte.

FÍXATE

— 997. Incursión de Alma-zor en Galicia (saquea Santiago).

— 1065. Morte de Fernan-do I O Magno, que deixa en herdanza o reino de Galicia ao seu fillo Gar-cía.

— 1075-1128. Construción da Catedral de Santiago.

— 1126. Afonso Reimún-dez, rei de Galicia, pasa a ser rei de León e Cas-tela.

— 1128. Afonso Henriques proclámase rei de Portu-gal.

— 1431. Primeira guerra irmandiña.

— 1467-1469. Segunda guerra irmandiña.

— 1479. Derrota dos parti-darios de Xoana a Bel-tranexa. Isabel a Católi-ca convértese na raíña.

Page 4: Sociolingüística O galego desde o século viii ata 1916edebe.com/educacion/documentos/114057-0-529-Lingua BACH1.pdf · Co remate da época medieval, o portugués e o castelán alcanzaron

221

3. O galegO desde O séculO viii ata 1916

Situación sociolingüística

O galego antigo (ou galego-portugués) naceu e falouse no territorio que abranguía a antiga Gallaecia Romana: a actual Galicia, o Norte de Portugal ata o río Douro e a franxa occidental de Zamora, León e Asturias.

No século xiii, o galego-portugués comeza a converterse en lingua de cultura e da administración, ámbitos ocupados ata daquela polo latín en solitario. Os textos galego-portugueses máis antigos datan de finais do século xii e comezos do xiii. Velaquí algúns dos máis destacados.

•Doaçao à Igreja de Sozello (870), está no Arquivo Torre do Tombo en Lisboa, e é unha mestura de latín tardío con fragmentos en galego-portugués.

•Pacto dos irmaos Pais (1173), documento notarial recentemente descuberto.

•Noticia de Fiadores (1775), de Paio Soares Romeu.

• «Ora faz ost’o senhor de Navarra» (1196), cantiga satírica do trobador Xoán Soárez de Pavia, é o primeiro texto literario.

•Notícia de Torto (1211), documento notarial.

• Foro do bo burgo de Castro Caldelas (1228), outorgado por Afonso IX. É o texto máis antigo atopado en Galicia.

A mediados do século xiii, o galego alcanzara xa as funcións propias dunha lingua plenamente normalizada: era a lingua de todos os galegos e galegas, da corte e do pobo, usada oralmente e por escrito, na cidade e no campo, no mundo do traballo e nas diferentes institucións sociais (concellos, gremios...). Mesmo as funcións culturais máis elevadas, como a literatura, desenvolvíanse na nosa lingua, como se pode comprobar, por exemplo, coa brillante lírica trobadoresca. A funcionalida-de lingüística do galego na época medieval vese reflectida no seguinte gráfico.

FÍXATE

O sociolingüista J. M. Sánchez Ca-rrión describe sete funcións matri-ces ou básicas da lingua. Estas re-flicten os espazos básicos que un idioma normalizado cobre na comu-nidade que o fala. Estas funcións son:

•Funcióndeidentidade. A lingua é canle de articulación do pensa-mento e configura a identidade persoal e colectiva.

•Función familiar. Desempéñaa a lingua no seo dunha familia e está relacionada coa transmisión xera-cional da lingua.

•Función laboral. Vehículo de ex-presión no marco concreto do tra-ballo.

•Función local. Maniféstase nos contactos entre persoas do mes-mo contorno cotián.

•Función institucional. Medio de relación entre o individuo e os di-ferentes estamentos do Estado (administración municipal, siste-ma educativo, de xustiza...).

•Funcióncultural. Vehículo de ex-presión de conceptos e mensaxes da cultura do seu tempo histórico (literatura, ciencia...).

•Función internacional. Desenvól-vea unha lingua cando permite a comunicación con persoas dou-tros grupos lingüísticos.

Estas funcións lingüísticas represén-tanse de forma gráfica, como podes ver á esquerda, a xeito de capas dunha cebola, partindo da máis ínti-ma, a de identidade, e superpoñen-do todas as demais.

A crise da Baixa Idade Media (séculos xiv - xv)

As fames, as pestes e a as guerras, protagonistas dos últimos séculos da Ida-de Media, provocaron un período de crise económica e social. Así, as malas colleitas estenderon a fame, que xunto coa propagación de pestes endémicas, ocasionaron moitas mortes que decimaron a poboación. Co estancamento demográfico, as terras quedan sen cultivar e mingua a produtividade da terra. Os señores feudais, eclesiásticos e nobreza laica, para lle facer fronte á crise aumentan as rendas, o que provoca grandes conflitos sociais: burgueses e campesiños protagonizan, no século xv, as revoltas irmandiñas, motivadas polas inxustizas e os privilexios da nobreza. Neste mesmo século, ademais, Galicia queda incorporada á monarquía dos Reis Católicos.

F. I d

Page 5: Sociolingüística O galego desde o século viii ata 1916edebe.com/educacion/documentos/114057-0-529-Lingua BACH1.pdf · Co remate da época medieval, o portugués e o castelán alcanzaron

SociolingüíStica

222

Se ben o galego-portugués constituíu durante séculos unha soa unidade lingüísti-ca, a partir do século xiii comezou a facerse patente certa diferenciación entre a lingua do norte e a do sur do Miño.

Mentres o portugués se consolida como lingua oficial da corte portuguesa desde a proclamación de Portugal como reino independente no ano 1128 e, nos séculos seguintes, será levado polos navegantes e conquistadores lusos aos outros conti-nentes, o galego sufrirá a partir do século xv un paulatino proceso de desprestixio e vulgarización que o deixa reducido á condición de dialecto ata o rexurdir do sé-culo xix.

Esta sorte dispar do galego e do portugués vai xustificar que o galego rexistre unha gran variedade de solucións lingüísticas, mentres o portugués se consolida como unha lingua nacional unificada, baseada na fala de Lisboa, onde se asenta a corte.

Características lingüísticas do Galego Antigo

Velaquí as principais características fonéticas, morfolóxicas, sintácticas, léxicas e ortográficas do Galego Antigo.

— Presenza de vogais nasais, orixinadas pola perda dun -n- intervocálico: mão, bõo...

— Abundancia de hiatos pola caída de consoantes intervocálicas: veer...

— Sistema de sibilantes xordas e sonoras moi complexo:

•Grafías s- e -ss- que representaban un son igual ao noso s: saber, nosso...

•Grafía -s-, que representaba un s sonoro: casa...

•Grafía ç, que soaba ts: maçãa (mazá)...

•Grafía z, que se pronunciaba dz: dizer (dicir)...

•Grafía x, pronunciada igual que o noso x: leixar (deixar)...

•Grafías j, g, pronunciadas como un x sonoro: trager (traer)...

— Ausencia de morfemas femininos para os substantivos rematados en -or: a senhor (a señora)...

— Pronome te para CD e CI: dar-te (darche)...

— Pronomes mesoclíticos: dar-te-ía (daríache)...

— Desinencias verbais diverxentes das do galego actual: fez (fixo), disse (dixo)...

— Tempos compostos con aver: avian mentado (mencionaran)...

— Participio en -udo para algúns verbos da 2.ª conxugación: perdudo (perdi-do)...

— Uso do posesivo sen artigo: de seus milagres (dos seus milagres)...

— Anteposición do pronome átono: ele lho deu (el deullo)...

— Presenza de préstamos do francés: dama, sage (sabio)...

— Presenza de préstamos do provenzal: assaz (bastante), trobador, prez (apa-rencia)...

— Palabras hoxe desaparecidas: filhar (aceptar), eire (onte), cras (mañá)...

— Moitas vacilacións gráficas: hauya, hauia (había)...

— Só signos de interrogación e admiración finais (?, !): Que me queres, amor?

— Uso do guión para separar verbos e pronomes átonos: dizede-me (dicíde-me)...

Fonoloxía

MorFoloxía

Sintaxe

léxico

ortograFía

O portugués estándar ou padrão ba-séase na fala de Lisboa.

Page 6: Sociolingüística O galego desde o século viii ata 1916edebe.com/educacion/documentos/114057-0-529-Lingua BACH1.pdf · Co remate da época medieval, o portugués e o castelán alcanzaron

223

3. O galegO desde O séculO viii ata 1916

O Galego Medio

Co remate da época medieval, o portugués e o castelán alcanzaron a súa plena consolidación como linguas de Estado, mentres que o galego entrou nunha longa época de decadencia que durou máis de tres séculos.

Situación sociolingüística

Tras as dúas guerras sucesorias, a coroa castelá foi substituíndo a nobreza e o clero galegos por outros vidos de fóra, castelanfalantes. Deste xeito, mentres a inmensa maioría da poboación seguía a falar galego, xa había unha pequena mi-noría castelanfalante que era a que ostentaba o poder económico, político e cul-tural. Xa que logo, comeza a penetración do castelán en Galicia e faino polas ca-pas máis altas da sociedade.

Baixo a autoridade destes nobres, bispos e abades (e das súas institucións), os notarios vense na obriga de redactar os documentos en castelán, en lugar de fa-celo en galego como ata daquela. Así, o castelán vaise impoñendo en todo tipo de usos administrativos: testamentos, contratos, documentos de compravenda...

Influído por todas estas circunstancias históricas, o galego tamén desaparece como lingua de cultivo literario tras a época de esplendor medieval.

A consecuencia disto, no século xv, un invento tan importante e fundamental para a transmisión literaria como foi a imprenta, vai ser irrelevante para a nosa literatu-ra ata séculos despois, pois nesta xeira o galego só subsiste nunha vizosa literatura oral.

A situación sociolingüística en Galicia durante estes séculos pode representarse graficamente do seguinte xeito.

FÍXATE

Durante os séculos xvi e xvii xurdiron algunhas voces illadas en defensa da dignidade e do uso do galego (como o Conde de Gondomar). Pero non foi ata o século xviii cando, gra-zas ao labor de ilustrados como os Padres Feixoo, Sarmiento ou Sobrei-ra, comezaron a manifestarse os primeiros síntomas dunha verdadei-ra preocupación pola nosa lingua e pola nosa identidade cultural. Apa-recen daquela os primeiros traballos rigorosos sobre o galego.

Nesta época, o galego sobreviviu nas clases populares.

A decadencia (séculos xvi-xviii)

A partir do século xiv, Galicia viviu unha xeira de grande inestabilidade política. Durante as dúas guerras sucesorias polo trono de Castela, os nobres galegos apoiaron a Pedro I (século xiv) e a Xoana a Beltranexa (século xv) e nos dous casos estes aspirantes foron derrotados. Comezou así un longo proceso de marxinación de Galicia.

No século xviii, cando a situación de sometemento estaba máis agudizada, xurdiron as primeiras voces de ilustrados, como o padre Sarmiento ou o padre Feixoo, en defensa da nosa cultura e da nosa lingua.

F. I d

— 1525. Fundación da Universidade de Santia-go.

— 1617. Cangas é asaltada polos piratas berberis-cos.

— 1700. Fin da dinastía dos Austrias e comezo da dos Borbóns.

Page 7: Sociolingüística O galego desde o século viii ata 1916edebe.com/educacion/documentos/114057-0-529-Lingua BACH1.pdf · Co remate da época medieval, o portugués e o castelán alcanzaron

SociolingüíStica

224

Características lingüísticas do Galego Medio

Nesta época, xorden e desenvólvense os principais fenómenos dialectais que ca-racterizan o galego moderno. Velaquí os máis salientables.

O Galego Moderno (do século xix a 1916)

O xix vai ser o século do rexurdir da nosa lingua. Tras máis de tres séculos sen practicamente uso escrito e cultivo literario, sometida a un proceso de dialectali-zación e deturpación, no século xix vaise producir o seu rexurdimento.

Nestes séculos de decadencia, ao non se fixar o galego a través da es-crita, non puido consolidarse unha norma gramatical nin ortográfica. Isto favoreceu a dialectalización da nosa lingua, multiplicándose os ele-mentos lingüísticos caracterizadores das diferentes áreas xeográficas, e a súa desnaturalización, pola crecente presión do castelán.

FÍXATE

— Desaparición das vogais nasais: man / mao...

— Xeneralización dos ditongos -oi-, -ou- e -ei-: moito, cousa, leira...

— Aparece a gheada e o seseo: prolojos, faser...

— Enxordecemento e simplificación do sistema de sibilantes, orixinan-do o sistema actual:

•Grafía s-, e -s- representa o s actual: saber, casa...

•Grafías c e z pronúncianse como hoxe en día: cento, caza...

•Grafía x, que representa o noso x: xente, leixar...

•O dígrafo ch representa o noso ch actual: cheiro...

— Distinción te/che para CD e CI: lávote, lávoche as mans...

— Alternancia llo/llelo: dillo, díllelo...

— Xeneralización da desinencia -che(s) para a segunda persoa do singular dos pretéritos de indicativo: entrache/entraches...

— Xeneralización da desinencia -o para a terceira persoa do singular dos pretéritos de indicativo irregulares: quixo, fixo...

— Conservación da desinencia -des na 2.ª persoa do plural: entrades...

— Entrada de moitos castelanismos: abuelo, ayer, Pueblo, Dios...

— Deturpación dos topónimos e dos apelidos galegos: Sangenjo, Meijide...

— Confusión b / v: bolver, riveira, embiar...

— Grafías ll e nn / ñ (para elle e eñe), en lugar dos lh e nh que o por-tugués adopta desde 1250: filla, sennor / señor...

Fonoloxía

MorFo- Sintaxe

léxico

ortograFía

O rexurdir (do século xix a 1916)

En 1808, produciuse a invasión francesa. Tras a Guerra da Independencia e despois de expulsar o exército napoleónico, Galicia viuse dividida en dous bandos: os absolutistas, defensores do Antigo Réxime e da monarquía absolu-ta; e os liberais, partidarios dunha monarquía constitucional.

Desde mediados de século, foise manifestando o xermolo dun incipiente nacio-nalismo. En 1846, produciuse o levantamento dos provincialistas. Tras seren derrotados militarmente, algúns dos seus líderes foron fusilados en Carral (Mártires de Carral). Tras fracasar o provincialismo, as reivindicacións galeguis-tas orientáronse cara á lingua e á cultura, o que deu lugar ao Rexurdimento.

Social e economicamente, Galicia segue sumida nunha sociedade agraria: a terra é a base da riqueza. Os propietarios (nobreza e clero) son os perceptores das rendas agrarias (foros). Mentres, os labregos, nunha situacion insostible de miseria e fame, vense obrigados moitas veces a tomar o camiño da emigración.

— 1809. Expulsión do exército napoleónico de Galicia.

— 1833. División do Estado en provincias (desapari-ción formal do Reino de Galicia).

— 1846. Fusilamento en Carral dos líderes da su-blevación provincialista.

— 1856. Celebración do banquete de Conxo.

— 1861. Xogos Florais (certame poético) na Co-ruña.

— 1863. Publicación de Cantares Gallegos.

Page 8: Sociolingüística O galego desde o século viii ata 1916edebe.com/educacion/documentos/114057-0-529-Lingua BACH1.pdf · Co remate da época medieval, o portugués e o castelán alcanzaron

225

3. O galegO desde O séculO viii ata 1916

Os primeiros anos (ata 1840)

A invasión napoleónica en 1808 quebra a estrutura política española, de xeito que a loita contra o invasor se ten que articular de forma autónoma. Así, os fidalgos e os clérigos absolutistas, os sectores máis reaccionarios da sociedade, son os que organizan a loita contra os franceses, pois estes traen consigo unhas ideas revolu-cionarias que poñen en perigo os privilexios de clase. Xa que logo, para chegar ás clases populares e incitalas a loitar contra o invasor, botan man do galego, a lin-gua que falaba o campesiñado.

Xorde daqueda a chamada literatura de combate, en forma de follas soltas ou panfletos que impelen o campesiñado a loitar e expulsar o invasor francés. Un exemplo desta literatura é Proezas de Galicia, de Xosé Fernández e Neira, de 1810.

Tras a expulsión dos franceses, a nosa lingua segue a cultivarse nos diálogos e comentarios políticos xurdidos a raíz das disputas entre liberais e absolutistas (Tertulia na Quintana, 1820).

O Prerrexurdimento (1840-1863)

Nos anos trinta, o Estado Liberal levou a cabo unha nova estruturación adminis-trativa que repartía, dun xeito abondo aleatorio, o territorio do antigo reino de Ga-licia en catro provincias, á vez que adscribía territorios cultural e lingüisticamente galegos ás provincias de Asturias, León e Zamora.

Como reacción, entre a pequena burguesía liberal xorde unha nova corrente de pensamento que reivindica a singularidade e a personalidade de Galicia: o provin-cialismo. Este vai ser o primeiro paso na toma de conciencia política de carácter galeguista.

Os provincialistas, malia non usaren a nosa lingua como medio de expresión das súas reivindicacións políticas, si defendían o dereito dos cidadáns a seren escola-rizados na lingua propia.

É o tempo dos coñecidos como precursores (Xoán Manuel Pintos, Francisco Añón, Alberto Camino...), dedicados maiormente á produción poética.

Con todo, é a partir dos anos sesenta cando se deu un incremento realmente significativo dos usos escritos do galego. Así, no ano 1961 celebráronse na Coru-ña os Xogos Florais. Os poemas premiados foron publicados ao ano seguinte en El Álbum de la Caridad, un libro que tiña como complemento un Mosaico de nuestros vates gallegos, a primeira antoloxía da poesía moderna galega.

O Rexurdimento (1863-1916)

O 17 de maio de 1863, Rosalía de Castro publicou Cantares gallegos, primeiro li-bro do século xix publicado integramente en galego e que marca o inicio do noso Rexurdimento literario.

Despois, virían moitos outros autores que, sobre todo no ámbito da lírica, segui-rían o camiño emprendido por Rosalía de Castro, nomeadamente, Manuel Curros Enríquez e Eduardo Pondal.

O interese pola lingua fixo que neste tempo se desen tamén os primeiros pasos para dotar o galego de gramáticas e dicionarios. Entre os máis importantes están a Gramática Gallega (1868) de Saco e Arce ou o Diccionario Gallego-Castellano (1863) de Francisco J. Rodríguez.

A derrota do coronel Miguel Solís e dos seus soldados (os Mártires de Ca-rral) supuxo a fin do provincialismo. Na imaxe, Manuel Lugrís Freire diríxe-se aos asistentes á homenaxe celebra-da o día 26 de abril de 1931.

Xoán Manuel Pintos.

Page 9: Sociolingüística O galego desde o século viii ata 1916edebe.com/educacion/documentos/114057-0-529-Lingua BACH1.pdf · Co remate da época medieval, o portugués e o castelán alcanzaron

SociolingüíStica

226

Con O Tío Marcos da Portela (1876), primeira publicación periódica quincenal integramente en galego, naceu o xornalismo en galego, da man de Valentín La-mas Carvajal. Un xornalismo que, a partir da década dos 80, emprende o camiño da súa consolidación ao xurdiren moitas outras iniciativas, monolingües e tamén bilingües: O Galiciano (en Pontevedra), A Monteira (en Lugo), As Burgas (en Ou-rense), O Fungueiro (na Coruña)...

Nesta época tamén nace a primeira editorial galega, Biblioteca gallega (1885) da man de Martínez Salazar, e comezan a realizarse os primeiros estudos literarios.

A partir de 1889, o galeguismo vive unha segunda etapa coñecida como rexiona-lismo, movemento herdeiro do provincialismo, con Alfredo Brañas e Manuel Mur-guía á cabeza.

Situación sociolingüística

A Galicia do século xix era maioritariamente monolingüe en galego. Mais, a pesar disto e dos progresos na concienciación lingüística entre a intelectualidade gale-guista, a penetración do castelán na nosa sociedade e o consecuente conflito di-glósico foi a máis.

Respecto da funcionalidade lingüística, o único ámbito no que o galego gañou espazo de uso con respecto aos séculos anteriores foi o cultural, vinculado aos usos escritos.

As funcións de identidade e familiar seguen sendo aínda maioritarias en galego; non obstante, as demais funcións (local, institucional...) van sendo paulatinamen-te acaparadas polo castelán. Xa que logo, é esta a lingua urbana, da administra-ción, da escola, da relixión, das estruturas económicas...

Características lingüísticas

Ricardo Carballo Calero, primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela establece tres fases na estandarización da lingua galega a partir do Rexurdimento, baseándose nas diversas actitudes dos escritores con respecto á lingua que usan:

— Dialectalismo: cada escritor reflicte na súa escrita a fala da súa zona de proce-dencia.

— Interdialectalismo: o escritor, segundo vai coñecendo variantes doutras zonas, escolle as que considera máis axeitadas de cada zona.

— Supradialectalismo: o modelo de lingua non debe reflectir un dialecto en con-creto, senón que debe estar por encima deles e asemade integralos todos. Esta é a fase definitiva que se alcanzará no século xx.

O Tío Marcos da Portela, primeiro xor-nal integramente en galego.

Page 10: Sociolingüística O galego desde o século viii ata 1916edebe.com/educacion/documentos/114057-0-529-Lingua BACH1.pdf · Co remate da época medieval, o portugués e o castelán alcanzaron

227

3. O galegO desde O séculO viii ata 1916

Benigno Fernández e Henrique Monteagudo consideran que as fases estableci-das por Carballo Calero non serían sucesivas no proceso de normativización, se-nón tendencias que conviven en diferentes etapas do galego moderno. Velaquí as etapas sucesivas que eles propoñen:

— Galego popularizante (ata finais do século xix): ten como fonte principal o gale-go oral, con todas as súas eivas (castelanismos, vulgarismos, dialectalismos...) e con escasa pretensión codificadora.

— Galego enxebrizante (ata 1936): predominio da tendencia diferencialista con respecto ao castelán e enxalzamento da enxebreza da nosa lingua. Os escrito-res comezan a manifestar o desexo de crear unha variante estándar ou mode-lo de lingua escrita.

— Galego protoestándar (ata finais dos 70): simplificación ortográfica coa elimi-nación de apóstrofos, guións, acentos graves e circunflexos. Predominio da tendencia purista que se reflicte na preservación da lingua do influxo foráneo, nomeadamente castelán.

— Galego estándar (ata hoxe): procura dun galego supradialectal, fiel á lingua oral, coherente coa historia e coa actualidade da lingua e harmonioso coas linguas da contorna.

No cadro que vén deseguido, tes os principais trazos que caracterizan o galego moderno do século xix.

— A gheada e o seseo recúan cara á franxa máis occidental de Gali-cia.

— Normas ortográficas tomadas do castelán.

— Vacilacións ortográficas: unha / umha / un-a; xa / ja...

— Uso de apóstrofes e guións: n-a casa, d’a vila...

— Representación do seseo e, menos, da gheada: *corasón, *jallejo...

— Esténdese a solución -ión fronte a -ón. As dúas coexistiran desde a Idade Media ata comezos do século xix: confesión ou oración (fron-te a confesón ou orazón).

— Dialectalismos morfolóxicos: maus / maos / mans, canciós / can-cións...

— Interdialectalismo que se reflicte na vacilación de uso entre formas como: colledes / collés, mortás / mortaes / mortais... nun mesmo escritor.

— Entrada de novos castelanismos: *rodilla, *paloma...

•Algúns veñen emparellados con voces patrimoniais, con espe-cialización de significados: *grifo (normal), billa (das pipas de viño)...

•Outros son reelaboracións de palabras galegas (con moldes cas-teláns): *antoxo, *conexo...

•Outros son reelaboracións de palabras castelás (con moldes ga-legos): *cuchilo, *lexos...

— Popularismos: *comenencia, *millor, *zucre, *vran...

— Diferencialismos, hiperenxebrismos ou hipergaleguismos: *pruma, *zoa, *primaveira, *hourizonte...

— Dialectalismos e vulgarismos, que substitúen mesmo formas cul-tas: *prosisión, *piedá...

— Arcaísmos ou palabras antigas que xa non existían nesa época: *tíduo (título), *vegada (vez), *cibdade (cidade)...

Fonoloxía

ortograFía

MorFoloxía

léxico

ACTIVIDADE

Por grupos, definide coas vosas pala-bras dialectalismo, interdialectalismo, supradialectalismo, galego populari-zante, enxebrizante, protoestándar e estándar.

Deseguido, comentade con que cla-sificación estades máis de acordo e por que.

Poñede en común as vosas respos-tas cos demais grupos e establece-de entre todos unhas conclusións.

FÍXATE

O afán dos nosos escritores por se afastar do castelán, a lingua hexe-mónica da que o galego era consi-derado un dialecto, levounos a em-pregar palabras con aparencia galega, pero que nunca chegaron a existir. Son os hiperenxebrismos ou hipergaleguismos: *iñorante no can-to de ignorante; *exempro por exemplo; *zoa por zona...

Page 11: Sociolingüística O galego desde o século viii ata 1916edebe.com/educacion/documentos/114057-0-529-Lingua BACH1.pdf · Co remate da época medieval, o portugués e o castelán alcanzaron

228

ACTIVIDADES SoCIolIngüíSTICA

1 O GALEGO ANTIGO

1. s Reflicte nun esquema a evolución da nosa lingua desde o seu nacemento ata a separación do galego e o portugués. 1 2 3

2. d Busca nestes textos medievais características da lingua desa época.

A

“Quando Boorz se partiu da abadía, ua voz lhe disse que fosse ao mar, ca Persival o antendía i. El se partiu ende, assí como o conto o ha ja devisado. E qundo chegou aa riba do mar, a fre-mosa nave coberta de uu eixamete branco aportou e Boorz deceu e encomendouse a Nostro Senhor, e entrou dentro e leixou seu cavalo fóra. E tanto que entrou dentro, viu que a nave se partiu tan toste da riba como se voasse. E catou pela nave e non viu ren, que a noite era muito escura; e acostouse ao boordo e rogou a Nostro Senhor que o guiasse a tal lugar u súa alma podesse salvar. E, pois fez sa oraçon, deitouse a dormir. E manhaán, quando se espertou, viu na nave un cavaleiro armado de loriga e de brafoneiras. E pois o catou, conheceo e tolheu logo seu elmo e foio logo abraçar e fazer con el maravilhosa ledice. E Parsival foi maravilhado quando o viu viir contra si, ca non podía entender quando entrara na nave. E pero, quando o conheceu, foi tan ledo que non podería chus. E ergueuse e abraçouo como devía.”

Demanda do Santo Graal

B

“Agora diz o conto que Aquiles chorava moito por Patroco-lus, seu amigo, que Eitor matara. E fazía por el tam gram doo que era gram maravilla, assí que muitas vezes caia assi como morto, com o gram pesar sobre lo leito u Patrocolus jazia. E em chorando dezia: -Amigo, eu foi em queigom de vossa morte, ca vos enviei sem mim aa batalla e por dereito averei sempre que chorar em todos los dias que eu viva. E bem entendo que por mim tomastes morte, e sem falla se eu cabo vós estovera, nom fora home que vos ousasse matar nem sol poer em vos lança, nem ouverades que temer. Mais ja quanto viva, nunca seerei ledo ata que vossa morte vingue, nem averei alegria nem prazer. E sabede que se eu agora a Eitor achasse que seria a mia morte ou a sua […].”

Crónica troiana

— Completa unha táboa coma esta para cada un dos textos anteriores.

3. s Explica as causas que xustifican o paso da nosa lin-gua da etapa de esplendor medieval á de decadencia do galego medio. 1 2 3

2 O GALEGO MEDIO

4. s Procura neste vilancico características do Galego Medio.

“Como un oiro é o meniño:bástalhe ser, minha fe, galeguinho.Como un oiro es la compaña,bástalhe ser do milhor da montanha.Como un oiro está brincando,bástalhe ser galeguinho fidalgo.Como un oiro se adormece,bástalhe ser galeguinho de Orence.

Como un oiro é o meninhobástalhe ser, minha fe, galeguinho.”

Frei Francisco de Santiago [1645]

— Clasifícaas segundo sexan fonéticas, morfosintácti-cas, léxicas ou ortográficas.

5. s Resume o contido deste texto e establece a súa re-lación co estudado na unidade. 2

“É unha desalmada necidade poñerlles aos nenos galegos a xerga da gramática antes de saber con moita extensión a lingua galega e todas as voces da Historia Natural, cando menos das visibles do seu país. Faite cargo de que ao portugués ensínaselle latín en portugués, ao francés en francés, ao italiano en italiano, ao inglés en inglés, ao sueco en sueco, ao castelán só en caste-lán. Pois, que tiranía é que ao galego se lle ensine unha lingua ignota en lingua castelá, que non entende? Había que queimar todo libro de Gramática que pasase a Galicia e que non estive-se explicado en lingua galega.”Martín Sarmiento, Fragmento dunha carta ao seu irmán, (tradución)

Nace o galego por volta do século viii

. . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . .

No século xiii comeza a separación do galego e o portugués

. . . . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . . . .

TrAzOs fONOLóxIcOs

TrAzOs MOrfOLóxIcOs

TrAzOs sINTácTIcOs

TrAzOs LéxIcOs

TrAzOs OrTOGráfIcOs

Page 12: Sociolingüística O galego desde o século viii ata 1916edebe.com/educacion/documentos/114057-0-529-Lingua BACH1.pdf · Co remate da época medieval, o portugués e o castelán alcanzaron

229

3. O galegO desde O séculO viii ata 1916

3 O GALEGO MODERNO

6. a Resume o contido destes textos e establece a súa relación co que aprendiches na unidade sobre o Galego Moderno. 1 2 3

A “Os mandamentos do Marcosfóra da airexa, son seis:facer a todos xusticia,non casarse con ninguén,falar o galego enxebre,cumprir co que manda a lei,loitar polo noso adiantocon entusiasmo e con fe,vestir calzós e monteiraPer omnia sécula amén.Teñen os pobos a galano seu linguaxe falar:fálase chino na China,portugués en Portugal,catalán en Cataluña,e na Alemania, alemán:soilo os gallegos de agorahastra vergonza lles dáfalar a melosa e dolcefala que falan seus pais.”

Encabezamento da portada de O Tío Marcos da Portela (1876)

B Falade gallego

“Miniñas da Cruña,de amabre despexo,de falas graciosase pasos lixeiros,deixá de Castillaos duros acentos:falade, miniñas,falade gallego.Cando é que vos ouzo,a patria esquecendo,falar esas duraspalabras de ferro,non sei o que sufro,non sei o que peno:falade, miniñas,falade gallego.Mais cando faladesnos patrios acentos,envoltos no vosoanxélico alento,parece que escuitoun canto de ceo:falade, miniñas,falade gallego.”

Eduardo Pondal, Poemas impresos

7. a Procura no poema O recramo de Xoán Manuel Pin-tos características fonolóxicas, ortográficas, morfosin-tácticas e léxicas propias do Galego Moderno desde o século xix ata 1916. 1 2 3

“Falan en Roma italiano,Os gabachos en francés,En latín falan os cregos, Os loros falan inglés.Catalán en Cataluña,Nas Provincias champurrá,En Valencia valencianoE na raia en patuá.Castellano por Castilla,Po la Bética andaluz,Portugués en Lusitania Por Galicia... Aquí unha cruz.Somente vos galleguiñosQue tes moleira buxán, Tes a menos o chamarlleViño ó viño, pan ó pan?Pode de Dios! Que si eu foraEntre vos un día reiPara escarmento de todosIba a poñer esta lei.Todo aquel aque aquí prefiraLengua allea á de seus pais,Seralle arrincada a súaDa boca para xamais.”

8. a En parellas, realizade unha análise comparativa en-tre o contido do texto da actividade 5, os da actividade 6 e o da actividade 7. 1 2 3

• Que defende cada un deles? Que semellanzas e dife-renzas hai entre eles? A que se poden deber? Seren de épocas diferentes terá algo que ver? Por que?

— Poñede en común a vosa análise co resto da clase e establecede entre todos unhas conclusións.

9. a En grupos, facede un traballo de investigación so-bre este tema. 1 2 3

• Publicacións periódicas total ou parcialmente en gale-go no século xix.

. . . . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . . . .

TRAzOs fONOLóxicOs

TRAzOs ORTOGRáficOs

TRAzOs MORfOsiNTácTicOs

TRAzOs LéxicOs

Page 13: Sociolingüística O galego desde o século viii ata 1916edebe.com/educacion/documentos/114057-0-529-Lingua BACH1.pdf · Co remate da época medieval, o portugués e o castelán alcanzaron

#

1. Indica se estas afirmacións son certas (C) ou falsas (F). Despois transforma as falsas en certas.

•A finais do século xi, Don García de Galicia, aca-bou sendo rei de León e tamén de Castela.

•A lingua galega acada o seu máximo esplendor na Idade Media tal como reflicte a nosa lírica medie-val.

•O texto en galego máis antigo atopado en Galicia é o Foro do bo burgo de Castro Caldelas (1228).

•Na Idade Media o galego non estivo plenamente normalizado xa que non foi a lingua administrativa nin institucional.

•O artífice da independencia portuguesa foi Afonso Raimúndez.

•No século xiv, Portugal constitúese como reino in-dependente.

2. Elixe a opción que completa estes enunciados.

•O galego só subsiste na literatura popular oral xus-to cando se introduce en Galicia a imprenta, no...

A. século xix. B. século xv. C. século xviii.

•A partir do século xv, na nosa lingua comeza a es-tenderse...

A. a presenza dos castelanismos. B. o uso do infini-tivo conxugado. C. a terminación -ión fronte a -ón.

•O galego tivo presenza no certame literario dos Xogos Florais...

A. de Pontevedra en 1863. B. de Lugo en 1856. C. da Coruña en 1861.

•Respecto da funcionalidade lingüística, a única función na que o galego medra no século xix é a...

A. internacional. B. cultural. C. de identidade.

Reforzo

Ampliación

Esquema

3

230

1. Describe as situacións sociolingüísticas do Galego Antigo, o Galego Medio e o Galego Moderno.

— Deseguido, compáraas e indica como evolucio-nou o galego en cada unha das funcións ao longo das tres etapas.

— Pon en común as túas análises co resto dos com-pañeiros e establecede unhas conclusións conxuntas.

2. Indica que trazos propios do galego medieval se po-den destacar neste texto.

Este dia, mes e ano, eno dito lugar, Fernand Mjgelles, pedre-yro, diso que, por quanto el no era cotento da vjda que fasja co Dominga, sua moller, e por no cabsar mal de hu u ou de outro, que se queria apartar e quitar dela e se quitaua.

Apontamento notarial para unha carta de separación matrimonial (1457)

Século viii ata 1916

Galego antigo Galego modernoGalego medio

Contexto histórico Contexto históricoContexto histórico

Situación sociolingüística Situación sociolingüísticaSituación sociolingüística

Características lingüísticas Características lingüísticasCaracterísticas lingüísticas

3. Resume, nunha táboa como a seguinte, os feitos que supuxeron un avance ou un retroceso para a lingua galega no século xix.

4. Prepara unha exposición oral sobre o seguinte tema: historia da lingua galega desde o século viii ata 1916: circunstancias históricas e situación sociolingüística de cada etapa.

— Elabora un guión no que recollas cada un dos aspectos que vas tratar.

— Ensaia varias veces a túa exposición e corrixe o que non te convenza.

O galegO retrOCede...

. . . . . . . . . . . . . . . .

O galegO avanza...

. . . . . . . . . . . . . . . .

Page 14: Sociolingüística O galego desde o século viii ata 1916edebe.com/educacion/documentos/114057-0-529-Lingua BACH1.pdf · Co remate da época medieval, o portugués e o castelán alcanzaron

#

231

O galego desde o século viii ata 1916

AVALIACIÓN3Grande atrevemento é, sin duda, pra un probe inxenio como o que me cadrou en sorte, dar á luz un libro cuias páxinas debían estar cheias de sol, de armonía e daquela naturalidade que, unida a unha fonda ternura, a un arrulo incesante de palabriñas mimosas e sentidas, forman a maior belleza dos nosos cantos populares. Á poesía galle-ga, toda música e vaguedade, toda queixas, sospiros e do-ces sonrisiñas, mormuxando unhas veces cos ventos miste-riosos dos bosques, brilando outras co raio de sol que cai sereniño por enriba das auguas dun río farto e grave que corre baixo as ramas dos salgueiros en frol, compríalle para ser cantada un esprito subrime e cristaíño, si así o pode-mos decir; unha inspiración fecunda como a vexetación que hermosea esta nosa privilexiada terra; e, sobre todo, un sentimento delicado e penetrante, para dar a conocer tan-tas bellezas de pirmeiro orden, tanto fuxitivo raio de her-mosura como se desprende de cada costume, de cada pensamento escapado a este pobo a quen moitos chaman estúpido e a quen quisais xuzguen insensibre, estrano á devina poesía. Mais naide ten menos que eu teño as gran-des cualidades que son precisas pra levar a cabo obra tan difícile, anque naide tampouco se pudo achar animado dun máis bon deseo pra cantar as bellezas da nosa terra naquel dialecto soave e mimoso que queren facer bárbaro os que non saben que aventaxa ás demais linguas en do-zura e armonía. Por esto, inda achándome débil en forzas e non habendo deprendido en máis escola que a dos nosos probes aldeáns, guiada solo por aqueles cantares, aquelas palabras cariñosas e aqueles xiros nunca olvidados que tan docemente resoaron nos meus oídos desde a cuna e que foran recollidos polo meu corazón como harencia propia, atrevinme a escribir estos cantares, esforzándome en dar a conocer como algunhas das nosas poéticas costumes inda conservan certa frescura patriarcal e primitiva, e como o noso dialecto doce e sonoro é tan apropósito como o pir-meiro para toda clase de versificación. [...]

Cantos, bágoas, queixas, sospiros, seráns, romerías, pai-saxes, devesas, pinares, soidades, ribeiras, costumes, todo aquelo, en fin, que pola súa forma e colorido é dino de ser cantado, todo o que tuvo un eco, unha voz, un runxido por leve que fose, con tal que chegase a conmoverme, todo esto me atrevín a cantar neste homilde libro pra desir unha vez siquera i anque sea torpemente, ós que sin razón nin conocemento algún nos desprezan, que a nosa terra é dina de alabanzas, e que a nosa lingua non é aquela que bastardean e champurran torpemente nas máis ilustradísi-mas provincias cunha risa de mofa que, a desir verdade (por máis que ésta sea dura), demostra a iñorancia máis crasa i a máis imperdoable inxusticia que pode facer unha provincia a outra provincia hirmán por probe que ésta sea. Mais he aquí que o máis triste nesta cuestión é a falsedade con que fóra de aquí pintan así ós fillos de Galicia como a Galicia mesma, a quen xeneralmente xuzgan o máis des-preciable e feio de España, cando acaso sea o máis hermo-so e dino de alabanza. [...]

Foi este o móvil principal que me impeleu a pubricar este libro que, máis que nadie, conozo que necesita a indulxen-cia de todos. Sin gramática nin regras de ningunha clas, o lector topará moitas veces faltas de ortografía, xiros que disoarán os oídos dun purista; pro ó menos, e pra disculpar en algo estes defectos, puxen o maior coidado en repro-dusir o verdadeiro esprito do noso pobo, e penso que o conseguín en algo... si ben dunha maneira débil e froxa. ¡Queira o ceo que outro máis afertunado que eu poida describir cos seus cores verdadeiros os cuadros encantado-res que por aquí se atopan, inda no rincón máis escondido e olvidado, pra que así, ó menos en fama xa que non en proveito, gane e se vexa co respeto e adimiración mereci-das esta infortunada Galicia!

Rosalía de Castro, Prólogo de Cantares Gallegos

1 Responde estas cuestións sobre o texto:

•Como describe Rosalía a nosa terra? E a poe-sía galega?

•Que consideración ten da nosa lingua? Coin-cide coa que teñen fóra de Galicia? Por que?

•Ela considera que é a persoa apropiada para loar a Galicia? Que inconvenientes ten? E vantaxes?

•Que pensa Rosalía sobre os prexuízos esten-didos sobre Galicia e a lingua galega?

•Que describe Rosalía en Cantares Gallegos?

•Que consideración ten da lingua que empre-ga? Por que ten esa consideración?

•Cales son os obxectivos que impulsaron a Rosa-lía a compoñer e publicar Cantares gallegos?

2 Reflexiona e explica o significado dos treitos destacados no texto. Ten en conta o que aprendiches na unidade.

3 Que aspectos do galego do século xix se reflic-ten no texto?

4 Procura no texto anterior características fono-lóxicas, ortográficas, morfosintácticas e léxi-cas do galego do século xix.

Page 15: Sociolingüística O galego desde o século viii ata 1916edebe.com/educacion/documentos/114057-0-529-Lingua BACH1.pdf · Co remate da época medieval, o portugués e o castelán alcanzaron

232

A falaNa comarca da serra de Gata, Cáceres, encóntrase

un recuncho máxico: o Val de Xálima ou Val do Ellas. Está composto polos concellos de Valverde do Fresno, As Ellas e San Martín de Trebello. A paisaxe, as súas tradicións, o seu aceite de oliva e a «fala» engaiolan o visitante. O illamento deste val, por mor da orografía, permitiulles aos seus 5 000 habitantes conservar unha lingua ou «a fala», como lle chaman eles, con tres va-riantes derivadas do antigo galego-portugués levado ao val por colonos galegos no século xiii: mañego, valver-deiro e lagarteiro.

Contra os prexuízosOs prexuízos (por razón de sexo, de raza, de relixión, de lingua…), sostidos ao longo do tempo, provocan nas persoas un complexo de inferioridade e un autoodio interiorizados moi difíciles de superar. De feito, sobreviven a varias xeracións. Os lingüísticos, coma os demais, orixinan discriminacións e inxustizas. Neste contexto, escribiu Séchu Sende Made in Galiza no que se basearon dúas alumnas de 1.º de Bacharelato do Fogar de Santa Margarida, na Coruña, para gravaren un vídeo no que dan Instrucciones para hablar gallego.

Xogos de salónO rei Sabio, Afonso X, realizou o primeiro manuscrito europeo dedicado á teoría do xogo do xadrez, Libro de xadrez, dados e táboas e, ademais, ordenou que se impar-tiran, obrigatoriamente, ensinanzas deste xogo aos cabaleiros do seu reino pois ades-trábase a intelixencia e proporcionaba cultura e moral. Só se xogaba en castelos e palacios pois daquela unicamente podían xogar, o mesmo ca ler, cregos, nobres e aristócratas. Libros e xadrez estaban pro-hibidos para as clases máis desfavoreci-das.

AUDIOVISUAL

NEW

SOCIETY

MUSIC

Folclore e tradiciónA vitalidade do folclore e da literatu-ra oral constátanse no século xix. Tamén na música. Marcial del Ada-lid (1826-1881), virtuoso do piano, está considerado o primeiro com-positor nacionalista galego pola súa recolección de melodías folclóricas, pola incorporación de textos en ga-lego e pola súa alusión á mitoloxía celta (Adeus meniño, adeus, Can-cioneiro de Inzenga, Cantares vellos e novos…). É autor, ademais, das primeiras óperas en galego: Pedro Madruga e Inés e Bianca.

ZONA

FOLK

Desde 1975No ano 2005 o Festival de Ortigueira entrou no grupo de eventos de Inte-rese Turístico Internacional.

https://www.youtube.com/user/fes-tivalDeOrtigueira

Page 16: Sociolingüística O galego desde o século viii ata 1916edebe.com/educacion/documentos/114057-0-529-Lingua BACH1.pdf · Co remate da época medieval, o portugués e o castelán alcanzaron

233

O galegO deSde O SéculO viii ata 1918ud. 3

Gastronomía medievalA gastronomía da península acolleu novos ingredientes entre os séculos xi e xiii

por mor das Cruzadas. De Oriente van chegar trigo sarraceno, anís, comiño, canela, xenxibre, noz moscada, azafrán —a especia máis cara—, cebolas… A incor-poración de moitos destes elementos posibilitou, por exemplo, a elaboración de chourizos e técnicas de preparación de alimentos que incluían vinagre, mostaza e outros prebes. A gastronomía galega, con dous mil anos de historia, caracterízase pola abundan-cia e pola calidade dos seus produtos naturais. Da Idade Media consérvanse aínda hoxe moitas receitas da cociña conventual, se ben a maioría son pouco coñecidas, como por exemplo a repostería do convento das bernardas de Pantón. Outra sobre-mesa derivada das tortas medievais elaboradas con froitos secos e froitas confeita-das que chegou ata nós é a famosa torta de Mondoñedo.— Observades na actualidade a introdución de ingredientes foráneos na gastrono-

mía? De onde proceden? Como chegan ata nós?

NEW

INDUSTRI

Pan de CeaUn destes lugares ligados ao pan e a un mosteiro medieval é San Cristovo de Cea. No ano 1137 a orde de San Bieito fundou o mosteiro cisterciense de Santa María a Real de Osei-ra e o seu abade chegaría a ostentar o título de conde de Cea. A tradición panadeira de Cea está vinculada a este mosteiro e converteuse así na «vila do bo pan».

A actividade panadeira da vila vaise incrementando co tempo. No século xiii, o rei Sancho IV concédelle o privilexio de Igrexa e feira mensual e, en 1752, cando o Marqués da Ense-nada ordena realizar un censo na vila, recóllese como oficio da maior parte dos veciños de Cea o de panadeiros e catalóganse ata doce fornos.

No século xix, en 1883, nunha das primeiras guías de Galicia séguese a falar do pan de Cea como «un pan de trigo exquisito que se vende no mercado de Carballiño e noutras vilas próximas, onde é moi apreciado».

Hoxe en día, o pan de Cea segue a ser a principal actividade agroindustrial deste concello, ao que se dedican máis de vinte fornos.

O pan...Pero sen dúbida ningunha, o alimento máis importante da alimentación medieval de todas as clases sociais foi o pan. Aínda que o trigo era o cereal máis consumido na Europa da Idade Media, en España eran o centeo, a cebada e a avea os cereais consumidos habitualmente, sobre todo en forma de pan. En Galicia, a importancia do pan é capital desde hai séculos. Os primeiros pans fixéronse con landras; posteriormente, pan negro para os pobres —de millo ou boroa e de centeo— e pan branco para os ricos —o pantrigo—. A importancia deste alimento converteu os panadeiros nun dos primeiros gremios das vilas e cidades medievais.

SOCIETY

Page 17: Sociolingüística O galego desde o século viii ata 1916edebe.com/educacion/documentos/114057-0-529-Lingua BACH1.pdf · Co remate da época medieval, o portugués e o castelán alcanzaron

234

Léxico e Semántica Formación de palabras. Polisemia. Antonimia

SociolingüíStica

3. Le o seguinte texto e contesta as cuestións que van deseguido.

“Pese a ter sido globalmente e de forma abusiva repu-tada a sociedade medieval de agraria e señorial —pola propaganda da burguesía liberal decimonónica—, o cer-to é que a partir do século xii o fenómeno urbano ad-quire rapidamente carta de natureza e eríxese nun dos seus elementos característicos, fundamental e mesmo protagonista desde os puntos de vista económico, social e político. Mais o prexuízo anterior determinou unha marcada preferencia das investigacións cara ao mundo rural (sobre todo nas perspectivas socio-económicas) e señorial (na política), en tanto a historia das cidades fi-caba notoriamente relegada.”

Anselmo López Carreira, A cidade medieval galega. Edicións A Nosa Terra

— Explica o significado das palabras decimonónica e prexuízo.

— Escribe todas as palabras que saibas das familias léxicas de agraria e de sociedade.

— Sinala todas as palabras derivadas que hai no texto e segmenta e analiza os seus compoñentes.

— Explica os procedementos de composición de palabras que presenta o texto.

4. As palabras que van deseguido poden ter varias acepcións. Di polo menos dúas de cada unha.

Peón: . . . . . . . . . . . . . .

Toro: . . . . . . . . . . . . . .

Planta: . . . . . . . . . . . . . .

Polo: . . . . . . . . . . . . . .

Acordar: . . . . . . . . . . . . . .

5. Relaciona cada palabra co seu contrario. Di se é un antónimo, un recíproco ou un complementario.

prólogo temperán

sedentario adversario

amo rexeitar

salgado soso

relativo barullento

adherir rabudo

aceptar servo

serodio nómade

rebelo distanciar

silandeiro absoluto

partidario epílogo

basto sutil

1. Le o seguinte texto e contesta as cuestións que van deseguido.

Cando o taberneiro rematou de ler aquela nova inque-dante —un neno suicidárase pegándose un tiro na sen dereita— falou o vagamundo descoñecido que acababa de xantar moi pobremente nun curruncho da tasca ma-riñeira e dixo:

—Eu sei a historia dese neno.

Pronunciou a palabra neno dun xeito moi particular. Así foi que, os catro bebedores de augardente, os cinco de albariño e o taberneiro calaron e escoitaron con xesto inquiridor moi atento.

—Eu sei a historia dese neno —repetiu o vagamundo—. E, tras unha solerte e ben medida pausa, encomenzou:

—Alá polo mil oitocentos trinta, unha beata que des-pois morreu de medo viu saír do camposanto florido e recendente da súa aldea a un vello moi vello en coiro. […]

Rafael Dieste, “O neno suicida” en Dos arquivos do trasno. Ed. Galaxia

— Sinala as palabras compostas e analiza e explica os procedementos de composición.

— Busca os substantivos do texto e segméntaos nos seus constituíntes, indica cal é a palabra base da derivación e explica o valor do elemento derivati-vo (sufixo ou prefixo).

— Fai o mesmo cos adxectivos do texto.

— Explica o significado das palabras: solerte e re-cendente.

2. Le o texto e responde as cuestións.

“Desbotada xa actualmente a idea, baseada na historio-grafía romántica tradicional, de que a conquista romana supuxo o abandono total e inmediato dos castros indíxe-nas da época prerromana, hai que falar das diversas res-postas e evolución que ofreceron estes ao longo dos sé-culos de dominación imperial.”

Felipe Arias Vilas, A romanización de Galicia. Edicións A Nosa Terra

— Cantas sílabas teñen as palabras: idea, historio-grafía, indíxenas, época, prerromana e evolu-ción?

— Sinala as formas verbais, segméntaas nos seus constituíntes e indica cal é a palabra base da derivación. Expresa o valor de cada un destes constituíntes.

— Escribe todas as palabras que saibas das familias léxicas de actual e de romana.

— Explica o significado das palabras: historiografía e tradicional.

Page 18: Sociolingüística O galego desde o século viii ata 1916edebe.com/educacion/documentos/114057-0-529-Lingua BACH1.pdf · Co remate da época medieval, o portugués e o castelán alcanzaron

Formación de palabras. Polisemia. Antonimia Ortografía

235

Normativa. S/X, R/ø, N/Ñ, B/V.

3. O galegO desde O séculO viii ata 1916

4. Corrixe o texto seguinte.

“Século xvi: en distintos documentos desta época en-cóntranse referencias moi concretas, e mesmo detalla-das, sobre as aceas. Seguindo un orde cronolóxico, selec-cionamos os fragmentos de maior interés para o tema […].

A presa está moi alterada polo paso de duas estradas e polo abandono xeral. A ela van dar as augas do regato da Trave, coas que se enchía, ademais das do mar, para o funcionamento dos muíños. É de reducidas dimensións, e o frente está formado polo edificio e mais o muro. Este, que está feito con sillares, mide 18 metros de longo e continúase cun tramo de rochas e pedras; na súa parte máis ancha mide 3,60 m, estreitándose só un pouco cara ao extremo. Ten duas comportas, situadas unha xunto á outra, que pola cara que dá ao mar forma un arco; só se conserva unha delas, que é de ferro. Cara ao extremo do muro e a continuación das comportas, hai tallamar, e máis adiante un aliviadeiro de 1,40 m de ancho, seguido xa do tramo de rochas e pedras.

Begoña Bas, Muíños de marés e de vento en Galicia. Fundación Pedro Barrié de la Maza

5. Sinala a palabra correcta nos seguintes pares.

componer / compoñer estrano / estraño

permamiño / pergamino comunión / comuñón

tesina / tesiña rañura / ranura

marquesiña / marquesina secaño / secano

6. Sinala a afirmación incorrecta.

a) Despois de b, d e n vai sempre v.

b) Escríbense con b as palabras que comezan por abu- abun- e abur-.

c) Escríbense con v, as formas verbais acabadas en -er e os seus derivados.

d) Os verbos rematados en -bir e -buír escríbense con b-.

7. Reescribe o texto corrixíndoo segundo a normativa actual da RAG.

“Aquelo era soio xemer. Brancos e negros, portugueses, galegos… Chegabamos en camiós pola mañán, e veña darlle á picaraña abrindo gávias sin cabo no mato adoecido. O día enteiro baixo a lapra do sol, aburados polos moxardos, entre cóbregas e bechocos de todos os grandores. Tiñamos que bulir. Eso berraba o capatás, coa gorxa e cos ollos. E coa orde de non beber auga máis de catro veces no día. Tras de nós viñan poñendo tu-baxes de ferro. Había que darlles feito.”

Xosé Neira Vilas, Na outra banda do mar.Lapra: lapa ou laparadamoxardo: moscardo

1. Corrixe o texto segundo a nomativa actual da RAG.

ESMAIÁBASE DE FASQUÍAS

“En Os dous de sempre de Castelao atopámo-la seguinte frase: A muller de Pedro esmaiábase de fasquías e deixábase cair esmorecida nos brazos da súa nai para gomitar…, onde aparece a voz fasquía. Quen non saiba o significado desta verba e consulte un diccionario galego moderno, quedará sen sabe-lo sentido que ten a voz fasquía en galego, xa que todos eles din que unha fasquía é unha tira de maderia serrada e longa…, definición copiada dos diccionarios portugueses e que non explica a nosa verba.

Vexamos outros exemplos de Castelao: Un de tantos pa-quetes que navegan polo lombo do Atlántico entra bruando nas augas de Vigo, doído de fasquía, para safarse na grea de vencidos e doentes que porta no bandullo...; Non abondou con ser a súa muller! Pasar noxos e fasquías á súa veira!...

Coido que polo contexto podemos decatarnos que fas-quía ten o significado de náusea, asco, noxo, fastío, etc. Os diccionarios galegos antigos traen máis ou menos estes sinónimos desta voz fasquía, que sen dúbida nin-gunha naceu como derivado do verbo fasquiar que re-sultou do cruce das voces fastiar e asquear.

Modernamente está moi estendido o uso de fasquía como aparencia, aspecto, traza, cariz, etc. Non teño idea de quen foi o primeiro que usou esta acepción de fas-quía. Coido que foi alguén que relacionou esta voz coa faz ou face, que a aplicaría a quen tivese cara ou aspecto de fasquía e despois pola sonoridade desta verba pasaría a ser figuradamente ‘aspecto noxento’ e logo simplemen-te ‘aspecto’.”

Constantino García, Retrincos da lingua. La Voz de Galicia

2. Sinala a palabra correcta de cada serie.

bisesto - bisexto - bisiexto - bixesto

esaserar - exaxerar - esaxerar - exaserar

excabar - excavar - escavar - excabar

exéxese - exésese - esésexe - eséxese

estranxeiro - extranseiro - extranxeiro - estranseiro

osíxeno - oxíseno - oxíxeno - osíseno

3. Sinala a palabra correcta nos seguintes pares.

cuñar / cruñar microsurco / microsuco

madrastra / madrasta proprio / propio

frustar / frustrar aldraba / aldaba

fragrancia / fragancia esporón / espolón

garapiñada / garrapiñada orquestrar / orquestar

aprazable /aprazabre cumprir / cumplir