Sonoro empeño · A mostra titúlase así por unha poesía de Rafael Alberti que se titula «A la...

17
Sonoro empeño Actividade para escolares de 4º de Educación Primaria a 2º de ESO

Transcript of Sonoro empeño · A mostra titúlase así por unha poesía de Rafael Alberti que se titula «A la...

Page 1: Sonoro empeño · A mostra titúlase así por unha poesía de Rafael Alberti que se titula «A la pintura». A música é o fío condutor desta viaxe artística. p. 5 As asociacións

Sonoro empeñoActividade para escolares de 4º de Educación Primaria a 2º de ESO

Page 2: Sonoro empeño · A mostra titúlase así por unha poesía de Rafael Alberti que se titula «A la pintura». A música é o fío condutor desta viaxe artística. p. 5 As asociacións

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Sonoro empeño. Actividades para escolares de 4º EP a 2º ESO • 2

A Área Educativa de Afundación proponche un reto: coñecer desde a túa casa a exposición «Sonoro empeño» a través dunha visita virtual. Deberás observar, ler e responder ás diferentes fichas de investigación que deseñamos para o teu entretemento. Ao final deste documento tes as respostas a todas as cuestións, para que poidas comprobar se acertaches ou procurar o que non saibas.

Antes de comezar, deixámosche o enlace da visita virtual para que poidas pasear polas salas de exposición. Tamén engadimos os enlaces ás páxinas web das coleccións de arte de ABANCA e Afundación, así poderás investigar mellor sobre as obras e os artistas.

Page 3: Sonoro empeño · A mostra titúlase así por unha poesía de Rafael Alberti que se titula «A la pintura». A música é o fío condutor desta viaxe artística. p. 5 As asociacións

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Sonoro empeño. Actividades para escolares de 4º EP a 2º ESO • 3

Convidámosvos a viaxar pola exposición «Sonoro empeño. A música nas Coleccións ABANCA e Afundación».

Pero … por que unha mostra leva como título Sonoro empeño? Escolle unha ou varias opcións:

• Por unha poesía de Rafael Alberti que se titula «A la pintura».

• Por un empeño da persoa responsable das exposicións, que é moi testuda e empeñouse en titulala así.

• Pola súa relación cunha casa de empeños.

• Porque ao comisario (a persoa que se encarga de deseñar

a exposición) pareceulle un conxunto de palabras moi cultas.

Atendendo ao título e botando unha ollada ás obras que hai na exposición, cal é o tema da exposición?

Page 4: Sonoro empeño · A mostra titúlase así por unha poesía de Rafael Alberti que se titula «A la pintura». A música é o fío condutor desta viaxe artística. p. 5 As asociacións

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Sonoro empeño. Actividades para escolares de 4º EP a 2º ESO • 4

Page 5: Sonoro empeño · A mostra titúlase así por unha poesía de Rafael Alberti que se titula «A la pintura». A música é o fío condutor desta viaxe artística. p. 5 As asociacións

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Sonoro empeño. Actividades para escolares de 4º EP a 2º ESO • 5

A mostra, se te fixas, ten 4 partes. Saberías asociar o contido de cada unha das partes co seu título?

Iconografía musical Intento de pintar unha melodía

Sinestesia Representación visual de escenas ou instrumentos musicais

Festas e danzas Os nenos e a música

Música na infancia Música e danza nas festas e as reunións sociais

Nas páxinas seguintes propoñémosche una serie de retos que suman arte e música. O que fixemos foi asociar maneiras de pintar a ritmos musicais que coñeces

para que poidas comprendelos mellor… imos alá!

Page 6: Sonoro empeño · A mostra titúlase así por unha poesía de Rafael Alberti que se titula «A la pintura». A música é o fío condutor desta viaxe artística. p. 5 As asociacións

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Sonoro empeño. Actividades para escolares de 4º EP a 2º ESO • 6

ARTE E MÚSICA DE IDENTIDADE GALEGA

Sobre a música

Galiza posúe unha ampla herdanza folclórica de cancións e danzas populares.

O carácter particular da súa música é a súa suave melancolía que dá os matices necesarios para facer que sexa doce, cadenciosa, penetrante e entrañable, en harmonía coa paisaxe galega.

Son recomendado

Busca un audio de música tradicional galega para que che axude nesta viaxe artística e musical. Por se non se che ocorre nada ou non sabes onde buscar, deixámosche algunha suxestión na páxina de respostas.

Sobre a arte

A arte galega tentou ao longo de todas as súas etapas de vida representar Galiza, como?

h Articulando con temas e paisaxes galegos onde as nosas tradicións quedasen

representadas.

h Os temas galegos poden verse representados de maneira máis realista ou

de maneira máis vanguardista, pero sempre con Galiza como tema de fondo.

Este tipo de arte chámase REXIONALISMO.

Page 7: Sonoro empeño · A mostra titúlase así por unha poesía de Rafael Alberti que se titula «A la pintura». A música é o fío condutor desta viaxe artística. p. 5 As asociacións

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Sonoro empeño. Actividades para escolares de 4º EP a 2º ESO • 7

Busca as seguintes obras e completa os datos.Cal das dúas encaixa mellor co movemento do rexionalismo?

Por que o dis? Razoa a rúa resposta.

Músico frente al marLuis SeoaneABANCA Colección de Arte

Escena popular gallegaPablo Ruiz Picasso1895ABANCA Colección de Arte

Page 8: Sonoro empeño · A mostra titúlase así por unha poesía de Rafael Alberti que se titula «A la pintura». A música é o fío condutor desta viaxe artística. p. 5 As asociacións

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Sonoro empeño. Actividades para escolares de 4º EP a 2º ESO • 8

ARTE E MÚSICA SEN ESTRUTURA

Sobre a música

O jazz é un xénero de música derivado de melodías e ritmos afroamericanos.

A principal característica do jazz é que non se apega de maneira estruturada a unha partitura, senón que se basea na improvisación e a libre interpretación.

Sobre a arte

A arte tamén pode crearse sen unha estrutura, como?

h Articulando unha paleta de cores improvisada, que non se pareza á realidade.

h Dispersando as imaxes en fragmentos, coma un quebracabezas, por todo o espazo pictórico. Adeus perspectiva!

Este tipo de arte chámase CUBISMO.

Son recomendado

Busca un audio de música de jazz para que che axude nesta viaxe artística e musical. Por se non se che ocorre nada ou non sabes onde buscar, deixámosche algunha suxestión na páxina de respostas.

Page 9: Sonoro empeño · A mostra titúlase así por unha poesía de Rafael Alberti que se titula «A la pintura». A música é o fío condutor desta viaxe artística. p. 5 As asociacións

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Sonoro empeño. Actividades para escolares de 4º EP a 2º ESO • 9

Busca as seguintes obras e completa os datos.Cal das dúas encaixa mellor co movemento cubista?

Por que o dis? Razoa a rúa resposta.

ArpegiosRafael Úbeda

2004Colección de Arte Afundación

La educación en la infancia (tríptico)1952Julia MinguillónColección de Arte Afundación

Page 10: Sonoro empeño · A mostra titúlase así por unha poesía de Rafael Alberti que se titula «A la pintura». A música é o fío condutor desta viaxe artística. p. 5 As asociacións

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Sonoro empeño. Actividades para escolares de 4º EP a 2º ESO • 10

ARTE E MÚSICA CLÁSICA

Sobre a música

Chámase así á música escrita entre os anos 1790 e 1820.

Búscase unha música delicada, brillante, alegre, plástica e equilibrada. A melodía é a alma da música, convértese no elemento básico. Busca reflectir perfección e refinamento.

Sobre a arte

A arte tamén pode ser serena e equilibrada, como?

h Con cores que imitan á perfección o mundo que nos rodea.

h Creando composicións que pretenden ser imaxe e semellanza da realidade mesma, como fotografías pintadas ou esculpidas.

Este tipo de arte chámase REALISMO ou ACADEMICISMO.

Son recomendado

Busca un audio de música clásica para que che axude nesta viaxe artística e musical. Por se non se che ocorre nada ou non sabes onde buscar, deixámosche algunha suxestión na páxina de respostas.

Page 11: Sonoro empeño · A mostra titúlase así por unha poesía de Rafael Alberti que se titula «A la pintura». A música é o fío condutor desta viaxe artística. p. 5 As asociacións

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Sonoro empeño. Actividades para escolares de 4º EP a 2º ESO • 11

Busca as seguintes obras e reflexiona sobre elas.Cal das dúas encaixa mellor co movemento academicista?

Por que o dis? Razoa a rúa resposta.

Marsias é un personaxe clásico, pero… quen era ese tal Marsias? Busca a súa historia.

MarsiasIsidoro BrocosABANCA Colección de Arte

El éxtasis del descanso. La danzaCarlos Maño

2002Colección de Arte Afundación

Page 12: Sonoro empeño · A mostra titúlase así por unha poesía de Rafael Alberti que se titula «A la pintura». A música é o fío condutor desta viaxe artística. p. 5 As asociacións

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Sonoro empeño. Actividades para escolares de 4º EP a 2º ESO • 12

ARTE E MÚSICA CON MOITA POTENCIA

Sobre a música

O heavy metal é un estilo musical nacido a finais dos anos 60 do século XX como derivación do rock duro.

Caracterízase por un ritmo forte e repetitivo e porque se toca enerxicamente a un volumen moi elevado e distorsionando o son.

Unha variedade do heavy é o heavy metal. Este formato a potencia sonora é moi importante así coma os sons metálicos e os instrumentos eléctricos.

Sobre a arte

A arte tamén pode ser forte, dura e enérxica, con temas escuros de fondo, como?

h Articulado cunha paleta de cores escuras, terras, negros e vermello sangue. Onde as

figuras están contorneadas en negro.

h Deformando a realidade ata convertela en espazos asfixiantes, nocturnos e sombríos.

Este tipo de arte chámase INFORMALISMO.

Son recomendado

Busca un audio de música heavy para que che axude nesta viaxe artística e musical. Por se non se che ocorre nada ou non sabes onde buscar, deixámosche algunha suxestión na páxina de respostas.

Page 13: Sonoro empeño · A mostra titúlase así por unha poesía de Rafael Alberti que se titula «A la pintura». A música é o fío condutor desta viaxe artística. p. 5 As asociacións

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Sonoro empeño. Actividades para escolares de 4º EP a 2º ESO • 13

Busca as seguintes obras.Cal das dúas encaixa mellor co movemento informalista?

Por que o dis? Razoa a rúa resposta.

Agora busca o título da obra de Broto… por que se titula así e que cres que significa?

Tabula rasa, a Arvo Pärt1988José Manuel BrotoABANCA Colección de Arte

La lechera1923Román NavarroColección de Arte Afundación

Page 14: Sonoro empeño · A mostra titúlase así por unha poesía de Rafael Alberti que se titula «A la pintura». A música é o fío condutor desta viaxe artística. p. 5 As asociacións

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Sonoro empeño. Actividades para escolares de 4º EP a 2º ESO • 14

ARTE E MÚSICA CON MOITA ALMA

Sobre a música

Estilo musical nacido na década de 1960 como derivación do rock&roll e que se caracteriza polo uso de melodías e ritmos complexos cunha instrumentación bastante fixa (basicamente guitarra eléctrica, baixo eléctrico, teclado e batería) e cun ritmo enérxico. Todo iso a miúdo ligado a unha actitude provocativa. Desenvolveu multitude de variantes e deu paso a novos estilos, coma o pop, o punk ou o heavy.

Sobre a arte

A arte tamén pode ser apaixonada, pode representar movemento, como?

h Con cores fortes, chillonas, onde elementos de realidade cambian de cor.

h Deformando figuras, paisaxes. Afastándose da realidade.

Este tipo de arte chámase EXPRESIONISMO.

Son recomendado

Busca un audio de música rock para que che axude nesta viaxe artística e musical. Por se non se che ocorre nada ou non sabes onde buscar, deixámosche algunha suxestión na páxina de respostas.

Page 15: Sonoro empeño · A mostra titúlase así por unha poesía de Rafael Alberti que se titula «A la pintura». A música é o fío condutor desta viaxe artística. p. 5 As asociacións

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Sonoro empeño. Actividades para escolares de 4º EP a 2º ESO • 15

Busca as seguintes obras e observa con calma.Cal das dúas ten máis trazos do movemento expresionista?

Por que o dis? Razoa a rúa resposta.

El bajista1997Francisco LeiroColección de Arte Afundación

El piano1990Elena GagoColección de Arte Afundación

Page 16: Sonoro empeño · A mostra titúlase así por unha poesía de Rafael Alberti que se titula «A la pintura». A música é o fío condutor desta viaxe artística. p. 5 As asociacións

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Sonoro empeño. Actividades para escolares de 4º EP a 2º ESO • 16

RESPOSTASAOS EXERCICIOS

p. 3

A mostra titúlase así por unha poesía de Rafael Alberti que se titula «A la pintura».

A música é o fío condutor desta viaxe artística.

p. 5

As asociacións de título e definición son:

• Iconografía musical. Representación visual de escenas ou instrumentos musicais.

• Sinestesia. Intento de pintar unha melodía.• Festas e danzas. Música e danza nas festas e as

reunións sociais.• Música na infancia. Os nenos e a música.

p. 7

Escena popular gallega, de Pablo Ruiz Picasso. Debuxo de cando era un neno e o seu pai traballaba na Couña, o seu mestre pídelle que pinte escenas populares galegas. Calcúlase que Picasso tería uns 12 anos cando fixo este debuxo. Máis información sobre esta obra aquí.

p. 9

Arpegios, de Rafael Úbeda. As imaxes espallábanse no espazo, coma se flotasen. Aínda que non é un cubista puro, Úbeda rompe coa perspectiva, e as súas imaxes parecen un auténtico crebacabezas visual. Máis información sobre esta obra aquí.

p. 11

Marsias, de Isidoro Brocos. É un debuxo de academia, de cando os artistas aprendían o oficio, debuxando imaxes para practicar as proporcións, as sombras…

Marsias é un personaxe mitolóxico que desafiou a Apolo, o deus que, entre os seus moitos poderes, tiña o poder da harmonía, era o deus da música. O desafío era musical: quen tocaba mellor a frauta. Por suposto, Marsias perdeu.

Isidoro Brocos foi o mestre de Picasso cando este residía na Coruña. Máis información sobre esta obra aquí.

p. 13

Tabula rasa, a Arvo Pärt,de José Manuel Broto. Esta obra leva o título dunha peza musical dun recoñecido compositor chamado Arvo Pärt. Máis información sobre esta obra aquí.

p. 15

El bajista, de Francisco Leiro. Leiro crea unha peza aparentemente inacabada: o seu músico non ten trazos, e os que posúe tenos esaxerados e acentuados. O seu baixista atrapa unha enorme nota, unha esaxeración da capacidade dos artistas de atrapar a música. Ademais, a nota musical é vermella, unha cor pura e intensa, e está forrada dun tecido suave, en contraste co basto do traballo da madeira. Máis información sobre esta obra aquí.

SUXESTIÓNSMUSICAIS

Pablo Carpintero. Os instrumentos musicais na tradición galega (2009) é un completísimo libro para ver, ler e escoitar. Seguro que está na biblioteca do teu cole, pero aquí telo tamén dispoñible en liña, de balde.

Abe Rábade é un recoñecido pianista de jazz galego. Preme na imaxe para escoitar «10 contra 9», un tema do seu CD Doravante (2018). Se tes a oportunidade de ver a Abe en concerto, non a perdas!

A Orquesta Sinfónica de Galicia gravou esta preciosa peza de Elgar durante estes días de confinamento, cada un dos músicos desde a súa casa. Se aínda non a escoitaches, a que agardas?

Un poema de Rosalía e guitarras eléctricas? non pega nada!… ou quizais si? Os veteranos Astarot non ven problema en mesturar literatura e música. Preme na imaxe para escoitar «Adiós ríos, adiós fontes», do seu CD Séptimo pecado (2013).

Máis guitarras: «A culpa foi de Leño» é un adianto do novo traballo de Zënzar, Benvidas ao futuro (2020). Por certo, a portada do CD é de Laura Romero, a baixista do grupo, que tamén é debuxante. Moito talento!Se tedes algunha dúbida ou queredes contarnos algo, podedes escribirnos a [email protected]

Encántanos saber de vós!

Page 17: Sonoro empeño · A mostra titúlase así por unha poesía de Rafael Alberti que se titula «A la pintura». A música é o fío condutor desta viaxe artística. p. 5 As asociacións