Soños cumpridos

15
SOÑOS CUMPRIDOS

Transcript of Soños cumpridos

SOÑOS  CUMPRIDOS

“SOÑOS  CUMPRIDOS…”

O CONXUNTO DE CORES DO ARCO DA VELLA CONVIVE EN ARMONÍA, COLABORANDO TODAS ELAS CO RAIO DE LUZ NA NATUREZA. PERO ISTO, NON FOI SEMPRE ASÍ.CONTAN QUE FAI MOITO TEMPO AS CORES PELEXABAN TENTANDO SER CADA UNHA DELAS A MÁIS FERMOSA E A FAVORITA.

As cores do ARCO DA VELLA discutían e discutían….

A cor verde dixo: - Eu son o sino da vida e da esperanza. Son eu a que lle da cor á herba, ás prantas, ás árbores e ás frores. Sen dúbida eu son a cor máis importante…! As cores do ARCO DA VELLA discutían e discutían….

A cor verde dixo: - Eu son o sino da vida e da esperanza. Son eu a que lle da cor á herba, ás prantas, ás árbores e ás frores. Sen dúbida eu son a cor máis importante…!

As cores do ARCO DA VELLA discutían e discutían….

A cor verde dixo:  - Eu son o sino da vida e da esperanza. Son eu a que lle da cor á herba, ás plantas, ás árbores e ás flores. Sen dúbida eu son a cor máis importante…!

As cores do ARCO DA VELLA discutían e discutían….

A cor verde dixo: - Eu son o sino da vida e da esperanza. Son eu a que lle da cor á herba, ás prantas, ás árbores e ás frores. Sen dúbida eu son a cor máis importante…! As cores do ARCO DA VELLA discutían e discutían….

A cor verde dixo: - Eu son o sino da vida e da esperanza. Son eu a que lle da cor á herba, ás prantas, ás árbores e ás frores. Sen dúbida eu son a cor máis importante…!

A cor azul exclamou:  - Ti soamente pensas na terra!.... Fíxate no ceo e no mar. A auga é a base da vida e son as nubes as encargadas de absorber a auga do mar azul. Non seriades nada sen min…!

A cor amarela respondeulles soltando unha risotada:  - Eu traio o mundo da risa, da ledicia e calor. O sol é amarelo, a lúa é amarela, as estrelas son amarelas. Fixádevos nun xirasol é de cor amarelo e mira sempre cara ó sol. Sen min non habería alegría.

A cor laranxa non quedou calada:  

-Eu son a cor da saúde e da forza. Eu transporto as vitaminas máis importantes…Pensade na cenoria, as cabazas, as laranxas, mandarinas e mangos… Non estou todo o tempo dando voltas; mais cando dou cor ao amencer ou á hora do crepúsculo, a miña beleza é tan inmensa que…, que…, que ninguén pensa noutras cores. Pensan nada máis no importante que son eu.

A cor vermalla berrou:

- Eu sou a cor que representa o valor e o perigo. Sempre loito por algunha causa. Eu dolle á terra lume e sangue, sen min a terra estaría baleira como o está a  lúa. Son a cor da PASIÓN e das papoulas.

A cor púrpura que escoitaba coa boca aberta, impúsoxe ás súas compañeiras:  

- Ei…ei...ei, queridiñas! Non esquezades que eu represento a cor do PODER. Eu represento a autoridade e a sabedoría.

Os xefes dos gobernos, os reis, os emperadores, etc.; escolléronme a min como símbolo do diálogo.

De súpeto… escoitouse a voz da cor añil:  

-Ben, ben, ben... Estades todas un pouco tolas ou que!

A máis importante de todas sen dúbida son eu. Eu son a cor do silencio. Represento o crepúsculo e as augas profundas. Necesitádesme para manter o equilibrio e o contraste.

Así foi como as cores estiveron presumindo convencidas de que a súa cor era a máis importante e a pelexa ía en aumento…

De súpeto  fíxose de noite o ceo volveuse escuro e de cando en vez, soaban tronos e reflictíanse lóstregos que provocaban moito medo e as protagonistas da pelexa non puideron lucir a súa cor. fixéronse invisibles e xa non se escoitaba a súa voz.

Sen esperalo… no firmamento apareceu un gran resplandor. Tratábase dun centenar de estrelas que viñan, escandalizadas pola pelexa, a  pór paz.

A estrela maior dixo:   - Pero que barbaridades estamos oíndo. As

cores do arco da vella volvéronse tolas, de seguir así nunca máis poderán velas dende a terra.

A estrela máis pequeniña engadíu:  - Que lástima…. teño moita pena…! O meu

maior desexo sería que as cores viviran en Paz e armonía e volvera a lucir o ARCO DA VELLA.

Todas as demais desexaron o mesmo e ocurríuselles chamar á choiva para tentar de solucionar o problema.

A AUGA da CHOIVA chegou e dixo:

Cores do ARCO DA VELLA... Escoitádeme con atención:Loitades unhas contra as outras tentando ser cada unha mais importante cas demais, sen percatarse de que todas sodes necesarias e que de faltar algunha, a luz da terra non sería a mesma.Polo tanto perderíase a alegría e a ilusión. As emocións dos seus habitantes xa non serían as mesmas.

Hai que buscar unha solución para que todas poidades brilar de novo. Collédevos das mans e formade un gran arco pedindo perdón unhas ás outras e prometede que sempre estaredes xuntas colaborando e compartindo a responsabilidade da luz e da vida da terra.

Así foi coma as cores do ARCO DA VELLA, uníronse de novo e cada unha  encargouse do seu cometido, sen fachendear da súa beleza individual . Todas as cores sentíronse orgullosas de aportar cada unha a súa misión no grupo.