taller do conto

8
GUSTAVO E OS CHARCOS DE COCA-COLA Ola, eu son Gustavo, e vivo nos charcos de coca-cola, e vouvos contar unha historia que ocorreu fai tempo. Coma calquera outro día, estaba eu choupando no meu charco de coca-cola, ¡plas, plas!, cando de súpeto , escoitei unhas voces; eran dous homes que querían baleirar os charcos de coca- cola, porque despois ían bebelos. Un achegouse ao meu charco e díxome: - Eh ra, quita de ahí. E eu lle respondín, - Nin falar, esta é a miña charca de coca-cola.- Entón fóronse dicindo: ¡Voltaremos! E así foi, voltaron con máis amigos, pero eu chamei a o meu amigo You, o creador da coca-cola, e negociaron e negociaron ata que chegaron a un acordo. O acordo era que eles nos deixaban en paz, e You facíalles uns cantos litros de coca- cola para eles. ¿Sabedes que aprendín entón?, que é mellor falar que pelexar. E colorín colorado o conto xa está rematado.

description

Contos dos rapaces

Transcript of taller do conto

GUSTAVO E OS CHARCOS DE COCA-COLA

Ola, eu son Gustavo, e vivo nos charcos de coca-cola, e vouvos contar unha historia que ocorreu fai tempo.

“Coma calquera outro día, estaba eu choupando no meu charco de coca-cola, ¡plas, plas!, cando de súpeto , escoitei unhas voces; eran dous homes que querían baleirar os charcos de coca- cola, porque despois ían bebelos. Un achegouse ao meu charco e díxome:

- Eh ra, quita de ahí.

E eu lle respondín, - Nin falar, esta é a miña charca de coca-cola.-

Entón fóronse dicindo: ¡Voltaremos!

E así foi, voltaron con máis amigos, pero eu chamei a o meu amigo You, o creador da coca-cola, e negociaron e negociaron ata que chegaron a un acordo. O acordo era que eles nos deixaban en paz, e You facíalles uns cantos litros de coca- cola para eles.

¿Sabedes que aprendín entón?, que é mellor falar que pelexar.

E colorín colorado o conto xa está rematado.

O GATIÑO RIN

Nunca casa moi fermosa por fora, pero moi revolta por dentro, vivía un gato que revolucionaba a todo o mundo. Este amigo noso, chamábase Rin. Rin era un gato maravilloso;era de cor branca e tamén tiña moito pelo. Facía sempre o que quería; saía á rúa a xogar con outros gatos, pero non había un so día en que non se enfadara con eles, porque sempre o quería facer el todo.

Aínda así, os seus donos queríanno moito.

Un día, Rin, coma sempre, foise xogar á rúa, pero de camiño ata alí atopou un can e...¡A QUE SE ARMOU, O CAN QUERÍAO MORDER!. O noso amigo botou a correr ata unha árbore moi grande, saltou para unha póla, e o can non conseguiu collelo.

De súpeto, apareceu un ratiño e ocorreu o seguinte:

-¿Non te dá vergoña – dixo o ratiño- abusar de alguén que é máis pequena ca ti?

-Non, eu sempre fago o mesmo e ninguén me di o que teño ou non que facer – dixo o can coma se non lle importara.

O can foise, e Rin quedouse pensando no que dixera o ratiño. El facía

sempre o mesmo cos seus amigos...

Cando xa se recuperou do susto, Rin foise para a súa casa e olvidouse por completo de que non fora xogar.

Ao día seguinte, Rin foi xunto aos seus amigos e díxolles o seguinte:

-Amigos perdoádeme, sinto moito que sempre queira mandar eu.

- Non pasa nada – dixeron todos.

- A partir de agora non será así, volo prometo – dixo Rin.

E así foi, dende aquela Rin, o noso amigo, cambiou moitísimo, e os seus donos agora están máis contentos con Rin.

E colorín , colorado este conto xa está rematado.

O ROBOT

Érase unha vez, un inventor que se chamaba Pepe e vivía nunca casa que estaba situada nun outeiro. O inventor estaba so e non tiña amigos.

Un día o inventor pensou que podía facer un robot que fose o seu amigo. E así o fixo, estivo traballando meses pero que moitos meses na súa creación.

Cando acabou de fabricalo dixo:

-¡Xa teño un amigo! – e púxoo a funcionar.-Ola ¿quen eres?- preguntou o robot

-Son Pepe o teu inventor- E eu..¿Como me chamo?-Ti chámaste…déixame pensar ¡Mmmmm!, Xa sei chamaraste

Roboprot – dixo Pepe

Nese intre cometeuse un roubo nunha cidade veciña.

-Vou detelos- dico o robot.

Despois dunha persecución por toda a cidade , Roboprot detivo aos ladrós e voltou para a casa, e deixou á policía que metera no cárcere aqueles delincuentes.

Despois de cinco anos o robot detivo aos ladróns de todas as cidades veciñas.

E agora, ¿sabedes onde traballa? Traballa nos colexios ensinando aos rapaces de infantil.

E colorín, colorado, este conto xa está rematado.

A BALEA PERCORRE O MAR

Había unha vez unha balea acabada de nacer; pasados dous meses sentiu inquetude por coñecer o mar, así que cando xa era un pouco grande díxolles aos seus pais:

-Quero percorrer mundo.

Os seus pais contestaron –Aínda es moi pequena, non podes

ir percorrer mundo polo de agora- e a nai pensaba “¡Esta rapaza

que cousas ten!.

Napta , que así se chama a nosa protagonista, ía a un colexo

chamado Auga mar. Alí aprendeu moitas cousas sobre o mar: o

nome dos océanos, os tipos de prantas mariñas, algúns nomes de

peixes…

Pasado o tempo, cando xa tiña 20 anos, foise percorrer

mundo. A súa aventura durou moitos pero que moitos meses.

Nela coñeceu a Roque, Romi e Naptiña. Eles ao final

acompañáronna para que coñeceran aos seus pais.

Un día, ían os catro polas praias de Galicia e divisaron un

peixe espada. Chamábase Ronaldo, alias “Comepeixe”. Ronaldo

empezou a molestar a Napta. Víaselle na intención que quería

comer ós peixes e deixar a Napta soa, pero os peixes tiveron

unha idea e....¡Tendéronlle unha trampa a Ronaldo!, que consistía

no seguinte: colleron algas e metéronllas nunha buguiña e

dixéronlle a Ronaldo:

-¿Por qué en vez de molestar a Napta, non escoitas o son do

mar de África na buguiña?

-¿É verdade que é a buguiña dos mares de África?

- Sí,Sí – afirmaron os peixes a coro.

Ronaldo puxo a buguiña na orella e… ¡AS ALGAS CAÉRONLLE

ENRIBA!. Ronaldo era alérxico ás algas e berrou:

-¡Axudádeme, axudádeme!!

Pero ninguén lle axudou e a Ronaldo saíronlle grans por todo o

corpo. Entón os catro peixes, fóronse e deixárono alí tirado nas

praias de Galicia e el aprendeu a lección de non molestar aos

peixes máis pequenos ca el.

E ao final, Napta levou aos seus amigos a coñecer aos seus

pais nas praias de Canarias, xa que estaban de vacacións alí, ¡pois

estaban xubilados!. Entón os pais dixéonlles aos amigos de

Napta:

-Podedes vir vivir as nosas costas de Galicia.

E dende entón viven xogando, nadando, pescando e

divirtíndose preto das costas onde nos imos no verán a praia.

E colorín, colorado este conto xa está rematado.