TAREFAS PARA COMPENSAR A SUSPENSIÓN DAS 2020-07-19 · TAREFAS PARA COMPENSAR A SUSPENSIÓN DAS ......

12

Transcript of TAREFAS PARA COMPENSAR A SUSPENSIÓN DAS 2020-07-19 · TAREFAS PARA COMPENSAR A SUSPENSIÓN DAS ......

Page 1: TAREFAS PARA COMPENSAR A SUSPENSIÓN DAS 2020-07-19 · TAREFAS PARA COMPENSAR A SUSPENSIÓN DAS ... CONTACTO PARA QUE OS E AS PEQUES NON DESCONECTEN POR COMPLETO DO COLE. CONSELLOS
Page 2: TAREFAS PARA COMPENSAR A SUSPENSIÓN DAS 2020-07-19 · TAREFAS PARA COMPENSAR A SUSPENSIÓN DAS ... CONTACTO PARA QUE OS E AS PEQUES NON DESCONECTEN POR COMPLETO DO COLE. CONSELLOS

1

TAREFAS PARA COMPENSAR A SUSPENSIÓN DAS

ACTIVIDADES LECTIVAS DO 16 AO 29 DE MARZO.

Prezadas familias de 3º e de 4º:

Para compensar estes días de suspensión de actividades lectivas e tratando de

minimizar o impacto no desenvolvemento académico dos vosos fillos e fillas deixo

aquí un listado de tarefas que deberán facer, na medida do posible, durante o

período que dure dita suspensión.

Lembrade que son actividades de carácter xeral. Para repasar e ampliar algo certos

contidos que xa traballamos na clase, ou que estamos desenvolvendo.

Se notades que nalgún exercicio ou actividade concreto, o voso fillo ou filla ten

dificultade, que non o faga. Marcádeo para poder aclaralo cando volvamos ao

centro.

Mandamos o venres pasado os libros de texto, xa que non os usamos na clase, pero

conteñen actividades de carácter xeral que poden sernos útil neste caso. Os que

non os tendes poñédevos en contacto co centro a través do enderezo electrónico

e trataremos de buscar outras alternativas.

[email protected]

Agradezo de antemán o voso compromiso e implicación para que as actividades

aquí expostas poidan levarse a cabo na medida das vosas posibilidades.

Lembrade que irei actualizando actividades interactivas, recursos, etc. durante

este tempo tanto no blog de aula como na web do centro.

http://orecunchodepaula.blogspot.com/

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvalleinclanvigo/

Grazas por todo e moito ánimo a todas e todos.

Atentamente, Paula.

Page 3: TAREFAS PARA COMPENSAR A SUSPENSIÓN DAS 2020-07-19 · TAREFAS PARA COMPENSAR A SUSPENSIÓN DAS ... CONTACTO PARA QUE OS E AS PEQUES NON DESCONECTEN POR COMPLETO DO COLE. CONSELLOS

2

TAREAS PARA COMPENSAR La SUSPENSIÓN DE LAS

ACTIVIDADES LECTIVAS DEL 16 Al 29 DE MARZO.

Preciadas familias de 3º y de 4º:

Para compensar estos días de suspensión de actividades lectivas y tratando de

minimizar el impacto en el desarrollo académico de vuestros hijos e hijas dejo aquí

un listado de tareas que deberán hacer, en la medida del posible, durante el

período que dure dicha suspensión.

Recordad que son actividades de carácter general. Para repasar y ampliar algo

ciertos contenidos que ya trabajamos en la clase, o que estamos desarrollando.

Se notáis que en algún ejercicio o actividad concreto, vuestro hijo o hija tiene

dificultad, que no lo haga. Marcadlo para poder lo aclararlo cuando volvamos al

centro.

Mandamos el viernes pasado los libros de texto, ya que no los usamos en la clase,

pero contienen actividades de carácter general que pueden sernos útil en este

caso. Los que no los tenéis poneos en contacto con el centro a través de la dirección

electrónica y trataremos de buscar otras alternativas.

[email protected]

Agradezco de antemano vuestro compromiso e implicación para que las

actividades aquí expuestas puedan llevarse a cabo en la medida de vuestras

posibilidades.

Recordad que iré actualizando actividades interactivas, recursos, etc. durante este

tiempo tanto en el blog de aula como en la web del centro.

http://orecunchodepaula.blogspot.com/

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvalleinclanvigo/

Gracias por todo y mucho ánimo a todas y todos.

Atentamente, Paula.

Page 4: TAREFAS PARA COMPENSAR A SUSPENSIÓN DAS 2020-07-19 · TAREFAS PARA COMPENSAR A SUSPENSIÓN DAS ... CONTACTO PARA QUE OS E AS PEQUES NON DESCONECTEN POR COMPLETO DO COLE. CONSELLOS

3

ACCEDE AS DISTINTAS ÁREAS

CONSELLOS XERAIS PARA ESTES DÍAS ........................................................................................... 3

MATEMÁTICAS ....................................................................................................................................... 4

LENGUA CASTELLANA .......................................................................................................................... 5

LINGUA GALEGA .................................................................................................................................... 6

CIENCIAS DA NATUREZA ..................................................................................................................... 7

CIENCIAS SOCIAIS .................................................................................................................................. 8

EDUCACIÓN PLÁSTICA ......................................................................................................................... 9

VALORES SOCIAIS E CÍVICOS ........................................................................................................... 10

RECREO..................................................................................................................................................... 10

MINDFULNESS ......................................................................................................................................... 11

PROXECTO: DATOS CURIOSOS DOS XOGOS OLÍMPICOS ....................................................... 11

Aviso importante:

Temos unha carpeta compartida na nube onde subirei as actividades e

fotos do traballo para que as persoas que faltaron o venres 13 e polo

tanto non teñen o material na casa, poidan realizar as actividades

propostas. Está separado por áreas. Mandade un correo ao cole e se vos

dará acceso a este cartafol: [email protected]

A maiores hai un cartafol para que os que así o desexedes poidades ir

subindo fotos, traballo, etc. Se o preferides facer por privado podedes

mandalo ao correo electrónico do cole. A IDEA É SEGUIR MANTENDO O

CONTACTO PARA QUE OS E AS PEQUES NON DESCONECTEN POR

COMPLETO DO COLE.

CONSELLOS XERAIS PARA ESTES DÍAS

Efectos psicolóxicos da corentena en nenos e nenas e como afrontalos. Artigo do

Neuropsicólogo Álvaro Bilbao

Educlan, ferramenta educativa de apoio académico para as familias.

42 xogos e ideas creativas para facer na casa. Artigo El País

Guía de Xogos para nenos e nenas na casa. Artigo Maternidad Fácil

Page 5: TAREFAS PARA COMPENSAR A SUSPENSIÓN DAS 2020-07-19 · TAREFAS PARA COMPENSAR A SUSPENSIÓN DAS ... CONTACTO PARA QUE OS E AS PEQUES NON DESCONECTEN POR COMPLETO DO COLE. CONSELLOS

4

MATEMÁTICAS Caderno PONTE A PRUEBA E CADERNO DE CLASE

*Non se pode escribir nel. Farán as actividades no seu

caderno. Con que anoten páxina e exercicio é suficiente, non

é necesario que copien os enunciados.

En lugar de facer todos os exercicios de cada actividade,

naqueles que teñen moitos subapartados, farán 1 ou 2 de

cada en lugar de todos.

O ideal é que cada día fagan exercicios de distintas páxinas, alternando páxinas de

problemas e páxinas de cálculo.

O ritmo o marcan eles e elas e a vosa conciliación familiar. Por iso prefiro non

marcar páxinas obrigatorias. Entendo o que supón esta situación e confío na

responsabilidade dos nenos e nenas e de que van traballar moi ben e traerán

cousas feitas.

A maiores aproveitarán para estudar as Táboas de multiplicar e facer repaso de

cálculo ABN. Aquí tendes os enlaces directos as entradas do blog.

Táboas de multiplicar: cancións de Miliki, prácticas e xogos interactivos.

Cálculo ABN: repaso, xogos de sumas e restas, xogo multiplicación ABN

Repaso de cálculo monetario: xogamos coa caixa rexistradora.

Problemas interactivos: accede a web de CEIP de Loreto e no menú superior

pincha en problemas interactivos.

Usa o coco: accede a esta divertida web para acceder a problemas de varios

tipos.

A maiores poderán xogar coas cantidades de ingredientes das receitas que

fagades. Poderán medir cantos pasos mide o seu cuarto, cal é a distancia de

seguridade para previr o contaxio polo coronavirus, etc.

Page 6: TAREFAS PARA COMPENSAR A SUSPENSIÓN DAS 2020-07-19 · TAREFAS PARA COMPENSAR A SUSPENSIÓN DAS ... CONTACTO PARA QUE OS E AS PEQUES NON DESCONECTEN POR COMPLETO DO COLE. CONSELLOS

5

LENGUA CASTELLANA LIBRO DE TEXTO E CADERNO DE CLASE

*Non se pode escribir nel. Farán as actividades no seu caderno.

Con que anoten páxina e exercicio é suficiente, non é necesario

que copien os enunciados.

Deste libro, tanto os de 3º como os de 4º só farán a parte de

COMPETENCIA LECTORA, compresión e expresión escrita. Todo isto está

relacionado coa lectura que aparece no principio de cada tema.

Estes exercicios poden alternalos coas actividades interactivas do blog:

Compresión lectora: actividades interactivas da web de CEIP de Loreto e no

menú superior pincha en comprensión lectora interactivas.

A maiores poderán recitarvos as poesías que traballamos na clase e aprender

outras novas.

Poden escribir historias divertidas que logo subamos ao blog de clase (Que

pasaría, binomio fantásticos, contos ao revés, etc)

Poden tamén practicar un pouco as técnicas de teatro que estamos

traballando na clase de cara ao Festival das Letras Galegas. Aquí tendes os

vídeos que poden ver. Tricicle Slastic

Non vos esquezades do TEMPO DE LER. No

cole facemos 30 minutos diarios, pero en

vista do tempo libre que van ter sería moi

recomendable facer períodos de 30

minutos varias veces ao día. Poden escribir

na súa ficha de Fantasía todos os que

lean.

Seguro que a Emperatriz Infantil

estará encantada de que aproveiten

este tempo para ler moito.

Page 7: TAREFAS PARA COMPENSAR A SUSPENSIÓN DAS 2020-07-19 · TAREFAS PARA COMPENSAR A SUSPENSIÓN DAS ... CONTACTO PARA QUE OS E AS PEQUES NON DESCONECTEN POR COMPLETO DO COLE. CONSELLOS

6

LINGUA GALEGA CADERNO DE CLASE.

Aproveitarán estes días para contarvos cousas que pasan en galego, como facemos

nas asembleas de clase.

A maiores terán que redactar tamén no seu caderno un artigo en galego onde

conte como están vivindo eles o tema do Coronavirus. Poden facelo en modo

diario. Un pouco cada día. Lembrade escribilo dando resposta as 6 preguntas de

toda noticia: Cando, Onde, Quen, Que, Como e Por que. Aquí hai máis axuda, para

os e as que se atrevan. ¿Cómo escribir una noticia?

Poden aproveitar para ver debuxos animados en galego do Xabarín Club.

Podedes xogar ao aforcado e ao Preguntoiro.

A maiores poderán recitarvos as poesías que traballamos na clase e aprender

outras novas.

Poden escribir historias divertidas que logo subamos ao blog de clase (Que

pasaría, binomio fantásticos, contos ao revés, etc)

Poden entrar na web da RTV de Galicia e aprender moitas palabras en galego

co programa #DígochoEu.

Por suposto sería xenial que tiveran acceso a libros de lectura en galego para

poder ler no tempo diario de lectura.

Page 8: TAREFAS PARA COMPENSAR A SUSPENSIÓN DAS 2020-07-19 · TAREFAS PARA COMPENSAR A SUSPENSIÓN DAS ... CONTACTO PARA QUE OS E AS PEQUES NON DESCONECTEN POR COMPLETO DO COLE. CONSELLOS

7

CIENCIAS DA NATUREZA Aproveitarán estes días para investigar sobre a alimentación saudable. Terán que

facer unha dieta equilibrada, dicir o nome do principal nutriente de cada alimento

e cal é a súa principal función no organismo.

Deseñarán o seu prato saudable seguindo as

instrucións da Universidade de Harvard.

Terán que escribir no seu caderno o que

comeron nun día e os nutrientes que lle aportou

cada un deles. Aquí podedes repasar o que

fixemos na clase. Tarefa alimentación saudable.

Poden aproveitar para rematar o caderno de

alimentación saudable de Vegalsa Eroski que nos deron por participar no

Programa Faro da Escola.

Os e as que queiran poden escribir un artigo sobre este tema para o concurso

do Faro. Iría no xornal que mandaremos a casa a final de curso. O artigo ten

que ir sobre a alimentación saudable e o prato de Harvad. Lembrade escribilo

dando resposta as 6 preguntas de toda noticia: Cando, Onde, Quen, Que,

Como e Por que. Aquí hai máis axuda, para os e as que se atrevan. ¿Cómo

escribir una noticia?

Podedes xogar coa nutrición no blog: a alimentación, dieta equilibrada,

xogos sobre os nutrientes.

Tamén é importante que coiden a natureza que teñan na casa como plantas

e animais. Que os observen realizando as súas funcións vitais... Son as

mesmas que realizamos os seres humanos?

E como non, tamén teñen que experimentar. Aquí tendes uns enlaces a

experimentos sinxelos que se poden facer estes días na casa. Encantaríame

recibir fotos dos mesmos. Experimentos caseiros blog.

Tamén podemos seguir a proposta que nos fan dende Teachers for the

future España. Recursos para os días de cole a distancia.

Page 9: TAREFAS PARA COMPENSAR A SUSPENSIÓN DAS 2020-07-19 · TAREFAS PARA COMPENSAR A SUSPENSIÓN DAS ... CONTACTO PARA QUE OS E AS PEQUES NON DESCONECTEN POR COMPLETO DO COLE. CONSELLOS

8

CIENCIAS SOCIAIS CADERNO DE CLASE E LIBRO DE TEXTO

Aproveitarán para repasar os contidos que dimos neste

último mes, a Hidrografía e a iniciación á representación

da Terra. Lembrade que nós en clase non empregamos os

libros de texto como tal, pero para repasar os contidos

traballados serven perfectamente.

HIDROGRAFÍA: No libro de 3º aparecen nas páxinas

da 32 á 37. Logo do repaso poden facer os exercicios no seu caderno (na

parte de sociais) da páxina 41.

HIDROGRAFÍA: No libro de 4º aparecen nas páxinas da 22 e 23. Logo do

repaso poden facer os exercicios no seu caderno (na parte de sociais) da

páxina 27, para contestalas terán que volver a repasar o tema do libro

enteiro.

PLANOS E MAPAS: No libro de 3º aparecen nas páxinas da 52 á 56. Logo do

repaso poden facer os exercicios no seu caderno (na parte de sociais) da

páxina 59.

PLANOS, MAPAS E RELEVO: No libro de 4º , non aparecen, polo que os

repasarán no blog na entrada que poñemos abaixo. O que poden é ir vendo

as páxinas da 34 á 39 e xogar nesta páxina: Xogo dos mapas interactivos. A

ver se conseguen iniciarse na aprendizaxe do relevo de España e así poderán

explicarllo aos seus compañeiros e compañeiras de 3º cando volvamos á

clase. Logo do repaso poden facer os exercicios no seu caderno (na parte de

sociais) da páxina 43. Todos estes exercicios faranse consultando toda a

información do tema. Irei actualizando o blog nestes días para acompañar

este tema con explicacións interactivas. Estades atentos e atentas ao

Recuncho de Paula.

Agora toca algo que lles encanta Xogar con Google Maps e Google Earth.

Tedes máis información no blog. A representación da Terra: planos e mapas.

A maiores poderán realizar calquera experimento relacionado coa Hidrosfera... Se

vos ocorre algún? Lembrade compartilo na nube ou polo correo do cole.

Page 10: TAREFAS PARA COMPENSAR A SUSPENSIÓN DAS 2020-07-19 · TAREFAS PARA COMPENSAR A SUSPENSIÓN DAS ... CONTACTO PARA QUE OS E AS PEQUES NON DESCONECTEN POR COMPLETO DO COLE. CONSELLOS

9

EDUCACIÓN PLÁSTICA FOMENTANDO A CREATIVIDADE

Gustaríame propoñervos un reto que iamos facer na clase, pero igual é bo

momento facelo agora. Terán que construír un coche de xoguete con material de

refugallo que teñades nas casas (caixas, tapóns, etc). Ese coche terá que rodar, xa

que a idea é facer unha carreira con eles cando volvamos a clase. Así que a darlle a

esa cabeza e a empezar a construír.

Os que rematen o coche poderán crear calquera outro tipo de xoguete con

material, tamén de refugallo que teñades pola casa (caixas de cartón, tetra bricks,

botes, etc.) Logo poñeranlle un nome. Cando volvamos a clase terán que explicarlle

o seu funcionamento e as regras para poder xogar con el ao resto de compañeiros

e compañeiras.

Outra cousa que poden facer é que lles encanta é coser algo. Algúns xa sabían,

outros probaron facendo os disfraces do Entroido, e outros e outras aínda non

tiveron a oportunidade. É un asunto pendente que temos para o terceiro trimestre,

pero podedes aproveitar o encerro para poñelos a coser. De verdade que non

pensei que lles fora a gustar tanto. Non vos esquezades de ensinarme as súas obras.

E como non, poden facer as nosas benqueridas grúas de papel. Sempre serán

benvidas no noso Corredor da Paz, Sadako Sasaki. Aquí tedes un titorial, para os

que queirades axudarlles.

Por suposto que poden debuxar, colorear, construír, recorta, pegar, pregar.... e

todo o que se vos ocorra e apeteza que teña que ver coas manualidades e a

psicomotricidade fina.

Lembrade que podedes compartir todos estes traballos na carpeta da nube ou vía

correo electrónico.

Page 11: TAREFAS PARA COMPENSAR A SUSPENSIÓN DAS 2020-07-19 · TAREFAS PARA COMPENSAR A SUSPENSIÓN DAS ... CONTACTO PARA QUE OS E AS PEQUES NON DESCONECTEN POR COMPLETO DO COLE. CONSELLOS

10

VALORES SOCIAIS E CÍVICOS Continuarán co traballo da intelixencia emocional a

partir do libro O Inspector Drilo.

Comezaremos a traballar coas receitas. Na carpeta

compartida da nube terán o traballo para descargar. O

lerán e crearán a súa propia receta. Nestas dúas semana

traballarán coas receitas da Alegría e da Tristeza.

Poderán atreverse a escribir as súas propias receitas que

compartirán co resto de compañeiros e compañeiras

cando volvamos ao cole.

Pero como xa son uns expertos… poden ir investigando na casa as emocións que

detectan… E o desencadeante da mesma. Por suposto se é unha emoción

desagradable poden axudar a facer que se marche… Lembrarán o que ben senta

contar as cousas. Isto chámase Alivio.

*Este traballo pode facelo tamén o alumnado de relixión.

RECREO É importante que busquen momentos de movemento durante a xornada para

evitar que estean moito tempos sentados, especialmente diante das pantallas.

Precisan liberar enerxía. Pode ser un bo momento para facer exercicio, mínimo

media hora de mañá e media hora de tarde.

Tedes no Recuncho de Paula uns vídeos para facer actividade física na casa cos voso

peques.

Tamén podedes completar estes tempos facendo xogos de relevos a catro patas,

construír unha tea de araña co la e atravesala sen tocas os fíos. Poden xogar a goma

e a comba. Podedes xogar as agochadas ou ao escondite inglés. Todo o que se vos

ocorra que implique moverse estaría xenial. Podedes compartir as vosas ideas no

noso correo electrónico.

Page 12: TAREFAS PARA COMPENSAR A SUSPENSIÓN DAS 2020-07-19 · TAREFAS PARA COMPENSAR A SUSPENSIÓN DAS ... CONTACTO PARA QUE OS E AS PEQUES NON DESCONECTEN POR COMPLETO DO COLE. CONSELLOS

11

MINDFULNESS Nestes días de illamento podedes practicar con eles e elas todo o que facemos no

cole relacionado coa relaxación e o mindfulness (atención plena). Na carpeta

compartida tedes uns audios para practicar.

Tamén podedes facer exercicios que aprenderon co profesor de mindfulness Iván...

Poden facer margaridas coordinadas coa respiración, podedes xogar ao Simón Di,

poden respirar pechar os ollos e escoitar os sons da casa, dos veciños, etc.

Poden sentir cos ollos pechados os olores, a temperatura corporal, etc. Poden facer

un escáner corporal e xogar a facer ruídos coa respiración da abella.

Outro que lles gusta moito é o Camiño do Corazón. Poñen as mans no corazón,

pechan os ollos e coordinan cada inspiración cun paso adiante e cada espiración

outro paso adiante. Poden ir facendo este percorrido polo corredor da casa.

Este tipo de traballo pode axudar a diminuír o estrés a tensión que acumulan co

feito de non poder saír da casa, nin xogar cos seus amigos e amigas.

Para os e as que queirades máis tedes no blog un enlace a actividades de Ioga.

PROXECTO: DATOS CURIOSOS DOS XOGOS OLÍMPICOS

Se teñen tempo poden ir investigando un pouco máis sobre os xogos olímpicos e

os datos curiosos que lle chamen a atención dos mesmos.

Poden usar o caderno de Lengua e Lingua para anotar cousas que lle chamen a

atención e queiran compartir cos seus compañeiros e compañeiras á volta. Poden

ir facendo unha redacción. Con estes escrito faremos unha presentación dixital cun

procesador de texto cando volvamos ao cole.

No blog irei engadindo máis enlaces aos que temos a día de hoxe. Podedes acceder

aos mesmos dende aquí. Curiosidades sobre os Xogos Olímpicos. Curiosidades

sobre deportistas.

A maiores hai creada unha carpeta compartida na nube para que poidades facer

as vosas aportacións.