teatro o merlo branco
-
Upload
maria-hermes -
Category
Documents
-
view
259 -
download
25
description
Transcript of teatro o merlo branco
Ola, nenos e nenas! Benvidos ao noso
bosque!
Estade atentos, que está a piques de
acontecer algo importante…
Velaí os pais do noso protagonista. Son dous
merlos que agardan a que naza o seu filliño.
“Corre! Ven axiña! Está a piques de nacer o noso
merliño!”
“Xa teño ganas de velo! O meu merliño negro, de
cabeza negra, ollos negros, plumas negras, ...”
Shhh! Silencio! O merliño está a saír
do cascarón!
“Papá, mamá! Xa estou aquí!”
“Pero isto que é? Ti non es un merlo
negro!”
_“Xa cambiará, espera a que medre”
_ “Que vou esperar! Isto non é un merlo! Vaia
vergoña, un fillo branco!”
“Buaaa! Semella que sendo branco non podo
ser un merlo. Hei marchar para averiguar quen
son.”
Non esteas triste, merliño, que todo vaise
amañar!
O noso merliño deu cunha gaivota, e tentou
aprender dela…
…pero a pesca non se lle daba moi ben.
Máis tarde, atopou a unha cotorra…
…pero iso de falar e falar sen parar era moi
canso para el.
O flamenco díxolle que tiña que medrar…
… mais, non é tan fácil estirar de golpe.
Así que o noso merliño pensou que non podería
seguir así, sen saber quen era, e sentíuse moi triste.
“Non te preocupes” dixo o voitre! “Eu estarei
aquí por se morres”.
O merliño continuou a súa busca…
…e coñeceu á pomba mensaxeira .
“Que cansa estou!” dixo a pomba. “Toma, fai ti
o reparto.”
“Que é isto?
Premio especial para quen atope a un merlo
branco!”
“A un merlo branco dixeches? O meu merliño é
branco. Teño que atopalo”.
Namentras, o merliño branco dera coa solución ao
seu problema. Todo tiznado por terse metido
nunha cheminea, agora xa parecía un merlo negro.
“Agora sí que son un merlo. Ninguén poderá
negalo!”
“Un merlo negro de cabeza negra, ollos negros e
plumas negras.”
“Pero ti que fixeches, rapaz. Ti non eras branco?
Adeus ao meu premio. Teño que facer algo. Irei ao
muíño.”
“ Xa está! Aquí tendes un merlo branco.
Solucionado. Pero…, agora ponse a chover. Isto
non pode ser!”
“Volvo ser negro! Vaia sorte a miña! Quedei sen
premio e sen fillo!”
“Sen fillo non, papi! Aquí estou , branco de novo
por mor da choiva.”
“Meu filliño! Por fin! Branco ou negro, que máis
che ten! Ti és ti porque naciches así; e así é
como te queremos.”
“Daquela, é certo que son un merlo! As miñas
plumas son brancas, pero iso non é importante.
Eu son un merlo, e agora son feliz!
E así remata esta historia, tal e como
vola contamos agora.
Adeus! Ata a próxima!