Tectónica de placas
Transcript of Tectónica de placas
Tectónica de Placas.
Seminario permanente : Materiais interdisciplinares para a ESO e o
Bacharelato.
Tectónica de Placas
Conxunto de postulados que intentan explicar unha serie de fenómenos xeolóxicos como son:
• Distribución e evolución dos continentes. • Evolución dos océanos. • Formación das cordilleras. • Orixe e distribución dos sismos. • Orixe e distribución das zonas magmáticas e metamórficas. • Distribución dos seres vivos e fósiles.
Peares sobre os que se basea esta teor ía
• Deriva continental (Wegener 1915).
• Expansión do fondo dos océanos.
A expansión do fondo oceánico
O densenvolvemento cronolóxico da Tectónica de placas iniciouse coa teoría da expansión do fondo do océano e como consecuencia diso o movemento e separación dos continentes.
Esta teoría púxose de manifesto ao estudar as anomalías magnéticas do fondo do océano.
Probas da expansión do fondo oceánico
• Magnetismo das rochas oceánicas Obsérvanse bandas magnéticas coa mesma polaridade a ambos lados do rift da dorsal.
• Actividade sísmica e volcánica das dorsais.
• Velocidade das ondas sismicas nas dorsais En xeral esta velocidade é menor que no resto do océano, debido á maior temperatura que provoca dilatación e fractura das rochas. • Temperatura nas dorsais O gradiente xeotérmico na zonas das dorsais é superior ao do resto do océano. • Idade da codia oceánica Por métodos radioactivos encóntranse rochas de idades iguais situadas simetricamente a distancias semellantes do centro da dorsal.
Deriva continental.
Wegener (1915) observou a semellanza que existía na liña de costa atlántica de Africa e América do Sur e dixo que todos os continentes estiveron unidos nun gran continente e que por deriva do mesmo orixináronse os cinco continentes actuais.
¿cómo foi a der iva continental?
Deriva continental Probable distr ibución dos continentes hai 200 millóns de anos (finais do Paleozoico inicios do Mesozoico) Os continentes estaban distribuídos en dúas grandes masas continentais: Laurasia, no hemisferio norte, e Godwana, no hemisferio sur.
Der iva continental
Distr ibución dos continentes a finais do Tr iásico, hai 180 ma., 20 ma. despois de iniciar se a rotura da Panxea. Nesta imaxe móstranse as novas concas oceánicas que se van formando a medida que os continentes se separan.
Der iva continental Distr ibución dos continentes a finais do Xurásico, 65 m.a. despois da rotura da Panxea. Aquí móstrase solo oceánico xerado desde o Triásico ata o Xurásico, é dicir, durante un periodo de 45 m.a.
Der iva continental Distr ibución das masas continentais a finais do Cretácico, hai 135 ma. despois da rotura da Panxea. Nesta imaxe móstrase o solo oceánico xerado ata o Cretácico.
Der iva continental
Distribución actual dos continentes.
Probas da der iva continental
O encaixamento dalgúns continentes, como América do Sur e África; as súas liñas de costas presentan unha gran similitude.
Probas da der iva continental
A existencia de depósitos glaciais antigos en todos os continentes do hemisferio Sur, tamén evidencian que unha glaciación afectou ó supercontinente Panxea no pasado.
Probas da der iva continental
A presencia de fósiles de seres similares en rochas antigas (anteriores á fragmentación de Panxea) de continentes que actualmente están separados. Como o Mesosaurus, do que se encontraron fósiles en Arxentina e no sur de África.
Placas litosfér icas
Son extensas porcións ríxidas de litosfera que teñen forma de casquete esférico e móvense paseniño sobre a astenosfera . Principais placas litosféricas:
∙ Placa afr icana ∙ Placa euroasiática ∙ Placa amer icana ∙ Placa antár tica ∙ Placa pacífica ∙ Placa Indoaustraliana
Bordos de placas
Bordos diverxentes Fórmase litosfera oceánica a partir de materiais da Astenosfera, provocando un aumento da superficie da placa. Corresponden a movementos de separación e é o lugar donde se sitúan as dorsais oceánicas e producen como resultado a expansión do fondo do océano. Os bordos constructivos son zonas moi activas, pois ao longo da dorsal prodúcense numerosos terremotos superficiais nos que os hipocentros se localizan entre 10 e 30 quilómetros de profundidade.
Bordos converxentes
Son límites onde se enfrontan dúas placas litosféricas que se aproximan ou empurran. Tamén se chaman bordos destructivos porque neles se destrúe a litosfera oceánica.
Existen tres tipos de converxencia: Converxencia océano – océano. Converxencia océano – continente. Converxencia continente – continente.
Converxencia océano océano
Unha placa oceánica afúndese baixo outra, tamén oceánica, nun proceso denominado subducción. O chegar a certa profundidade a codia oceánica fúndese e xenera magmas que ascenden a través da zona de converxencia. Cando acadan a superficie orixinan volcáns que se aliñan en forma de arco constituíndo os arcos insulares.
Converxencia océano continente.
Unha placa oceánica introdúcese baixo outra continental mediante un proceso de subducción formándose as foxas oceánicas características destas marxes. En zonas profundas das foxas a intensa calor funde a codia oceánica e prodúcense magmas que ascenden pola placa pasiva. Nestas zonas fórmanse cordilleiras a partir dos sedimentos mariños que son pregados. Tamén hai gran actividade volcánica e sísmica.
Converxencia continente – continente Esta converxencia prodúcese cando unha placa mixta se enfronta con outra continental. Nunha primeira fase, a litosfera aceánica da placa mixta subduce baixo a placa continental. Nunha segunda fase, cando a litosfera oceánica subduciu totalmente, chocan os bloques continentais e un deles cabalga sobre o outro nun proceso inverso á subducción que se chama obducción.
Bordos neutros
Son bordos nos que interaccionan dúas placas que se desprazan lateralmente. Neles nin se crea nin se destrúe a codia. Nestes bordos localízanse as fallas transformantes xa que se deslizan lateralmente dúas placas. Estas fallas cortan perpendicularmente as dorsais e teñen varios centenares de quilómetros de lonxitude (hai casos nos que superan os 5000 km)
Nacemento dun océano a) Nos primeiros estadios, a extensión da litosfera continental e a subida do material astenosférico provocan o adelgazamento da litosfera continental formándose un rift continental.
Nacemento dun océano
b) Este proceso de adelgazamento litosférico, finalmente, produce a rotura da litosfera continental e separación dos bloques continentais, formándose un mar pouco profundo ou océano incipiente.
Nacemento dun océano c) Se a expansión do solo oceánico continúa formarase un océano, como, por exemplo, o Atlántico. A ambos lados da dorsal oceánica, por onde ascende o material astenosférico, destaca a presenza das zonas abisais e as marxes pasivas continentais que marcan a transición dende as augas profundas dos océanos ás zonas emerxidas dos continentes.
Formación de cordilleiras. I) Cordilleira per ioceánica. II) Cordilleira bicontinental.
Cordilleira per ioceánica (Andes).
A) Os sedimentos acumulados na conca sedimentaria préganse pouco a pouco.
Cordilleira per ioceánica (Andes).
B) O mesmo tempo a placa oceánica introdúcese por debaixo da continental orixinándose movementos sísmicos e magma que pode sair o exterior formando illas volcánicas.
Cordilleira per ioceánica (Andes).
C) O choque continuado das dúas placas acaba pregando a zona de tal maneira que dá lugar a unha cadea montañosa apegada o continente.
Cordiller ias bicontinentais (Hymalaya)
A aproximación dos continentes vai cerrando o océano que os separa. O solo oceánico que existe entre eles empeza a subducir.
Cordiller ias bicontinentais (Hymalaya)
Nesta fase orixínanse grandes presións que pregan os sedimentos que cobren os bordos de ambos continentes e os dos fondos oceánicos.
Cordiller ias bicontinentais (Hymalaya)
A codia oceánica desaparece e os dous continentes chocan quedando entre eles unha sutura.
5. Ciclo de Wilson
É un ciclo que explica de forma encadeada a fragmentación dun continente, a creación e destrución dunha conca oceánica, a formación dunha cadea montañosa e a colisión de dous continentes.
1 3
4
5
2
5
Etapas.
1. Un continente fragméntase debido a procesos que teñen lugar ao nivel da Astenosfera.
Etapas.
2.Na liña de fragmentación xenérase litosfera oceánica e os dous fragmentos do continente inicial comezarán a afastarse ao mesmo tempo que se crea unha conca oceánica entre ambos.
Etapas.
3. Cando a conca oceánica sexa o suficientemente antiga, os seus bordos comezan a afundirse nas zonas de subducción, converténdose en bordos de placas e
Etapas.
a conca oceánica deixa de crecer e aparece unha cordilleira pericontinental.
Etapas.
4.De forma simultánea outras dorsais están actuando noutros puntos da Terra, e os continentes poden agora ser empuxados no sentido contrario e a conca oceánica volverá pecharse, colisionando os continentes por un proceso de obducción, aparecendo unha cordilleira intercontinental.
FIN