Tema 2. As preguntas da Filosofía.

13
TEMA 2. AS PREGUNTAS DA FILOSOFÍA Que podo saber?____ responde a Epistemoloxía Que debo facer? ______ responde a Ética Que me cabe esperar? _____ responde a Metafísica Resúmense nunha: Que é o ser humano?

Transcript of Tema 2. As preguntas da Filosofía.

Page 1: Tema 2. As preguntas da Filosofía.

TEMA 2. AS PREGUNTAS DA FILOSOFÍA

● Que podo saber?____ responde a Epistemoloxía

● Que debo facer? ______ responde a Ética

● Que me cabe esperar? _____ responde a Metafísica

Resúmense nunha:

● Que é o ser humano?

Page 2: Tema 2. As preguntas da Filosofía.

Asuntos que sempre importaron á Filosofía

● O concepto de SER, básico en Metafísica.● Cal é a esencia das cousas?● Que cousas existen realmente? Unhas só aparentan ser,

outras son realmente.

● A actividade produtiva humana:● Filosofía da tecnoloxía.A acción transformadora humana.

Como se relaciona a ciencia ca técnica, ca ética e a política?

● Estética. A arte e a idea de beleza.

Page 3: Tema 2. As preguntas da Filosofía.

Orixe da Metafísica

– Xa existe nos mitos e relixións das civilizacións antigas que trataban temas de índole metafísica como

● A orixe do mundo● A inmortalidade da alma● O problema da divinidade

– Os primeiros filósofos gregos (presocráticos, s VI aC) tratárona porque querían

● Explicar a orixe e formación do mundo● Explicar porque cambian todas as cousas

– Aristóteles (s IV aC) senta as súas bases como “Filosofía primeira”– Andrónico de Rodas (s I aC) ponlle o nome.

Page 4: Tema 2. As preguntas da Filosofía.

Definición e evolución da Metafísica

● Aristóteles pretendía facer unha ciencia ou Filosofía primeira que dera fundamento aos outros saberes, dalgún xeito era unha reflexión sobre a ciencia e referíase a dous tipos de cuestións:

– Como se relacionan as ciencias cos seus obxectos (ou temas).

– Pode haber unha ciencia que estude todo?● Máis tarde entendéuse por metafísica o saber sobre o trascendente, o que

está máis alá do físico (“meta” é unha partícula que en grego significa máis alá de). Meta+física: estudo do que está máis aló do físico, é dicir , estudo do que non ten materia.

● Kant (s XVIII). Afirma que se a metafísica trata eses tres temas, alma, mundo e deus, entón non pode ser unha ciencia. Esas tres nocións representan ideais, pero ideais postulados pola moral, é dicir, verdades que se admiten, pero non poden ser demostradas cientificamente.

Page 5: Tema 2. As preguntas da Filosofía.

Temas da Metafísica: ser, alma, Deus

● O “Ser” (segundo Aristóteles)

● É un termo análogo, ten varios usos: predicativo e existencial.● Cando facemos un uso existencial do concepto, aparece o problema do ser, é

dicir, que é o esencial nunha cousa e que é o aparente?● O esencial é a substancia

● É o que identifica a un obxecto e o distingue doutros.● Permanece inalterada nos cambios que ten ese ser.● É o que soporta os accidentes ou calidades dese ser.

● O aparente son os accidentes● Son as características dos obxectos que poden variar, por iso

non son as esenciais dese ser

● O “Ser” (segundo Descartes, s XVII). O mundo está formado por substancias de 3 tipos: pensante, extensa e divina.

● Descartes caracteriza a substancia pola súa independencia doutras

● O “Ser” (segundo Hume, s XVIII)fai unha crítica radical da metafísica e rexeita a idea de substancia porque non procede de nada que sexa observable, o mesmo que a idea de Deus e a de alma.

Page 6: Tema 2. As preguntas da Filosofía.

Temas da Metafísica: ser, alma, Deus

● Alma é un concepto que contén varios elementos:

● Principio que dá vida ó corpo. Definición de Aristóteles● Principio de coñecemento racional (a razón é a alma).Prevaleceu esta noción na

maioría dos filósofos.● É inmortal.● É a característica que define ós seres humanos e que os distingue do resto dos

animais.● Oponse ao corpo e é independente del. Afirma isto Platón e tamén Descartes.

● Deus ● O ser humano ten conciencia relixiosa dende o Paleolítico superior, época na

que xa se facían enterramentos.● Os enterramentos demostran o anhelo de inmortalidade do ser humano e o

desexo de recordo.● De aí nace a idea dunha realidade que trascende ó home e de seres superiores

a el.

Page 7: Tema 2. As preguntas da Filosofía.

Críticas á Metafísica

● Nietzsche ● Critica que os valores da MORAL procedan da RELIXIÓN.● Critica a metafísica por non basearse no mundo real, senón noutro

mundo que non é o vivido polo home. Deste xeito, segundo el, a metafísica menospreza a vida real.

● Os valores morais teñen que crearse a partir da vida real da xente.

● Marx (Materialismo histórico)

● A Metafísica é ideoloxía, é dicir, unha mentalidade creada polos poderosos para ocultar a explotación do proletariado. Afirma que a relixión é o “opio do pobo”, é dicir, a relixión serve para manter tranquila á xente oprimida que en lugar de rebelarse, soña con ser premiada por Deus no outro mundo.

Page 8: Tema 2. As preguntas da Filosofía.

Nova actitude metafísica● A Metafísica pretendía saber sobre cousas non observables.

● Foi criticada por iso e pensouse que desaparecería e que só quedaría como saber a ciencia.

● Pero a ciencia non dá ás persoas consolo nin respostas cando se atopan en situacións límite, por iso reaparece unha nova actitude Metafísica.nova actitude Metafísica.

● Novos temas: a morte, o sentido da vida, a liberdade …

● Existencialismo (A. Camus)

– Nihilismo: a vida non ten sentido, é absurda. Só hai proxectos frustrados.

● Humanismo marxista

– Os traballadores están alienados porque viven explotados polos capitalistas.

– Pero a revolución fará que os traballadores se unan nunha loita solidaria para lograr un futuro mellor: unha sociedade sen clases sociais nin propiedade privada.

● Nietzsche

– Critica toda a cultura occidental (a filosofía, a moral, a relixión). Afirma que Deus morreu, é dicir, toda esa cultura, e polo tanto tamén morreu a moral cristiá cuxos valores eran negativos para as persoas: a culpa, o remordemento...

– Afirma que nacerá un novo ser humano, con valores que afirmarán a vida (o superhome).

Page 9: Tema 2. As preguntas da Filosofía.

ACCIÓN PRODUTIVA. TECNOLOXÍA.

● Techne significa “arte”: regras para lograr eficacia nunha actividade.

● Tecnoloxía: teorías e técnicas para lograr a eficacia práctica da ciencia.

– Toda tecnoloxía é unha técnica porque segue regras.

– Hai técnicas que non son tecnoloxía porque non aplican teorías da ciencia.

● Relación entre ciencia, técnica e tecnoloxía na historia:

– Na Idade Antiga: ● Distínguese entre ciencia, técnica e praxe. Prioridade da praxe (ética)● O ideal da ciencia era a contemplación, o saber por saber, sen

buscar a utilidade. ● Por iso a matemática é a ciencia máis importante, aínda que

nalgúns campos se facían observacións (astronomía, bioloxía).● Non se pretende cambiar a natureza para beneficiarse dela.

– Na Idade Media:

● Segue separada a ciencia da técnica, pero con excepcións.● A Igrexa manda en ambas.

Page 10: Tema 2. As preguntas da Filosofía.

ACCIÓN PRODUTIVA. TECNOLOXÍA.

● Idade Moderna

● Renacemento:

– Unión entre ciencia e técnica.– Ambas queren liberarse do control da Igrexa e da política. Ex: Leonardo e Galileo.– Grazas á técnica, a ciencia progresa moito. Ex: aplicación do telescopio en Astronomía para

demostrar o heliocentrismo de Copérnico; ou do microscopio para demostrar a existencia de pequenos organismos invisibles a simple vista.

– A ciencia xa non será contemplativa, senón que buscará utilidade: é instrumental● Barroco

– A ciencia e a técnica independízanse da relixión e da política. Cren que a ciencia é autónoma● Ilustración

– Sepárase radicalmente a ciencia da relixión e da política. Ex:Despois A. Comte propón que a ciencia é a etapa superior das ideas humanas.

● Época posmoderna

● Escola de Frankfurt (por ex. Habermas) denuncian que ciencia e técnica son IDEOLOXÍA, son novas crenzas que serven para ocultar a verdadeira realidade.

● Dende 1950 nace a conciencia ecolóxica; defende que a sociedade e a economía teñen que organizarse dun xeito máis respetuoso co medio.

● Th. Kuhn afirma que se aceptan teorías científicas por motivos non científicos, por ex por razóns económicas, políticas, etc. A ciencia non é autónoma, está influída por intereses diversos.

Page 11: Tema 2. As preguntas da Filosofía.

ACCIÓN PRODUTIVA. TECNOLOXÍA.

Trazos e problemas da sociedade posindustrial● Definición de sociedade posindustrial: a derivada dos cambios na cultura e no

sistema produtivo despois da 2ª Revolución industrial.

● Trazos desta sociedade

– Organización científica do traballo para lograr máis eficacia na produción.

– Especialización profesional co mesmo fin; non importa a ética.

– Informatización.

– Globalización debida á proliferación do comercio internacional.

● Problemas da sociedade posindustrial

– Paradoxo económico-social.

– Expansión dos aparellos tecnolóxicos sofisticados.

– Incremento do tempo libre e grande oferta de actividades para o ocio

– Grandes inversións en mediciña.

– Mellora das infraestruturas.

– Proletarización dos traballadores nos países desenvolvidos e miseria e escravitude no Terceiro mundo.

– Graves consecuencias ecolóxicas: contaminación, esgotamento de recursos...

Page 12: Tema 2. As preguntas da Filosofía.

ACCIÓN PRODUTIVA. ESTÉTICA.

● Arte é todo o que produce o ser humano (arte VS natureza).

● Requisitos para que algo sexa artístico:

– Que axude a entender mellor e en profundidade a vida.

– Que mellore a nosa sensibilidade.

– Que fomente a reflexión e a tranquilidade.

– Que favoreza as relacións sociais.

● Valor da arte

– Ata o Renacemento recoñecíaselle valor educativo.

– Dende entón ten valor mercantil, sobre todo na actualidade.

Page 13: Tema 2. As preguntas da Filosofía.

Imaxe tomada de INTEF