Tema 2 Naturales

16
2. Niveis de organización nos animais Ao longo do día realizamos unha chea de actividades. Pensa, por exemplo, en todo o que fas ti: móveste, falas, estudas, respiras, medras, o teu corazón latexa continuamente... Todas estas actividades requiren que levemos unha boa alimentación para obtermos a materia e a enerxía que necesitamos; e coma nós, o resto dos animais, para poder levar a cabo as funcións vitais de nutrición, relación e reprodución. Agora ben, os animais somos seres vivos heterótrofos, é dicir, temos que alimentarnos doutros organismos xa que, a diferenza das plantas, non somos capaces de fabricar o noso propio alimento. E conseguir alimento é unha tarefa que non resulta doada. Por iso, moitos animais desenvolvemos a capacidade de desprazármonos activamente e somos capaces de detectar cambios no medio que nos rodea. Ao igual que as plantas, os animais somos seres vivos pluricelulares que temos diferentes niveis de organización. A parte máis pequena con vida na que podemos dividir un animal é a célula animal. Cada unha delas nútrese, relaciónase e divídese. As células organízanse para formar tecidos que, á súa vez, forman os órganos, que son os que constitúen os aparatos e sistemas do corpo do animal. O reinos Antes de ver os niveis de organización e as funcións que desenvolven os animais debemos saber que son os animais e que os diferencia dos reinos das plantas, dos fungos, moneras e protistas. Recórdalo? A célula animal A célula animal é un tipo de célula eucariota, que constitúe a unidade anatómica e fisiolóxica máis pequena capaz de realizar as funcións vitais. Recorda que, ao igual que as células vexetais, as animais teñen un núcleo ben definido, citoplasma, algúns orgánulos comúns e membrana plasmática. Non obstante, diferéncianse en que as células animais non teñen cloroplastos nin parede celular. Para observar células empregamos microscopios.

description

Transcript of Tema 2 Naturales

Page 1: Tema 2 Naturales

2. Niveis de organización nos animaisAo longo do día realizamos unha chea de actividades. Pensa, por exemplo, en todo o que fas ti: móveste, falas, estudas, respiras, medras, o teu corazón latexa continuamente... Todas estas actividades requiren que levemos unha boa alimentación para obtermos a materia e a enerxía que necesitamos; e coma nós, o resto dos animais, para poder levar a cabo as funcións vitais de nutrición, relación e reprodución.Agora ben, os animais somos seres vivos heterótrofos, é dicir, temos que alimentarnos doutros organismos xa que, a diferenza das plantas, non somos capaces de fabricar o noso propio alimento. E conseguir alimento é unha tarefa que non resulta doada. Por iso, moitos animais desenvolvemos a capacidade de desprazármonos activamente e somos capaces de detectar cambios no medio que nos rodea.

Ao igual que as plantas, os animais somos seres vivos pluricelulares que temos diferentes niveis de organización.

A parte máis pequena con vida na que podemos dividir un animal é a célula animal. Cada unha delas nútrese, relaciónase e divídese.

As células organízanse para formar tecidos que, á súa vez, forman os órganos, que son os que constitúen os aparatos e sistemas do corpo do animal.

O reinosAntes de ver os niveis de organización e as funcións que desenvolven os animais debemos saber que son os animais e que os diferencia dos reinos das plantas, dos fungos, moneras e protistas. Recórdalo?

A célula animalA célula animal é un tipo de célula eucariota, que constitúe a unidade anatómica e fisiolóxica máis pequena capaz de realizar as funcións vitais.

Recorda que, ao igual que as células vexetais, as animais teñen un núcleo ben definido, citoplasma, algúns orgánulos comúns e membrana plasmática. Non obstante, diferéncianse en que as células animais non teñen cloroplastos nin parede celular.

Para observar células empregamos microscopios.

Page 2: Tema 2 Naturales

As células animais están formadas por:

Membrana plasmática: é unha envoltura fina que rodea á célula, a través da cal a célula intercambia substancias co medio que a rodea.

Citoplasma: é a parte da célula situada entre o núcleo e a membrana plasmática. Inclúe un líquido viscoso denominado citosol e os orgánulos.

Orgánulos: son compartimentos situados no citoplasma que realizan funcións concretas. Destaca o núcleo, que está delimitado por unha membrana e contén a información para controlar o funcionamento celular.

Esta é a estrutura básica da célula animal; con todo, as células poden diferenciarse para adquirir outras formas que lles permiten realizar funcións características. Por iso dentro dun animal encontraremos varios tipos celulares.

Page 3: Tema 2 Naturales

Os tecidos animaisOs tecidos son un conxunto de células do mesmo tipo que se agrupan para realizar a mesma función. 

Os tecidos dos animais agrúpanse en:

Tecido epitelial, formado por células que se unen estreitamente para recubrir superficies corporais internas, como os vasos sanguíneos, ou externas, como a pel.

Tecido conxuntivo, ten unha función de soporte, que dá forma ás estruturas corporais e aos órganos, ao mesmo tempo que os protexe, os cohesiona e os illa.

Tecido muscular, formado por células que teñen a capacidade de contraerse e permiten o movemento de órganos e do propio animal. Aparece, por exemplo, nos músculos, no estómago e no corazón.

Tecido nervioso, especializado en procesar información.

Os órganos nos animaisUn órgano está formado por un grupo de tecidos que funcionan de modo coordinado para realizar unha función. Así, por exemplo, o corazón bombea o sangue e os ovarios producen gametos.

Page 4: Tema 2 Naturales

Aparatos e sistemas nos animaisAlgunhas das funcións que realizan os animais son moi complexas, polo que requiren que varios órganos se asocien para desenvolvelas.

Desta maneira aparecen os aparatos e sistemas, que son un grupo de órganos que se asocian para realizar una tarefa común.

Page 5: Tema 2 Naturales

3. NutriciónA función de nutrición é unha das tres funcións que realizan os animais. Supón a obtención de:

Materia: que utilizan para medrar, reparar tecidos ou reproducirse.

Enerxía: que empregan para realizar as funcións vitais e calquera outro tipo de actividade (pensar, rir, correr, saltar, durmir...).

Como os animais non podemos fabricar o noso propio alimento, temos que tomalo do medio. A función de nutrición comeza cando captamos o alimento. No interior do noso corpo trasformarémolo para extraer del as substancias que necesitamos para vivir. Ademais, necesitamos captar osíxeno. Como resultado da nosa actividade, prodúcense substancias de refugallo que teñen que ser expulsadas cara ao exterior.

A función de nutrición lévase a cabo mediante catro procesos:

Dixestión: serve para transformar os alimentos que inxerimos en substancias que as nosas células poidan empregar.

Respiración: supón a captación de osíxeno, necesario para o funcionamento das células, e a eliminación do dióxido de carbono, substancia de refugallo que producen as células durante a súa actividade.

Circulación: permite que substancias útiles para a célula cheguen ata elas e as de refugallo sexan transportadas cara a órganos encargados de eliminalas.

Excreción: permite a eliminación de substancias de refugallo cara ao exterior.

Page 6: Tema 2 Naturales

A dixestión 

As células dos animais non poden usar o alimento tal e como se inxire. É necesario transformalo en substancias máis sinxelas das que obteñen a materia e a enerxía que precisan. Este proceso de transformación denomínase dixestión.A captación do alimento, un paso previo á dixestiónO primeiro reto ao que se enfrontan os animais é conseguir alimento.

Existe un grande número de especies animais e cada unha delas pode empregar estratexias moi diferentes para obtelo. Podemos distinguir:

Animais que se alimentan a través da pel. É o caso das tenias, que son parasitos que viven no intestino doutros animais. Toman directamente os nutrientes do medio, polo que carecen de aparato dixestivo.

Animais filtradores. Son capaces de conseguir o alimento que está na auga,  filtrándoa. Este tipo de captación do alimento é común en animais que viven fixos ao fondo mariño como as esponxas ou algúns vermes mariños. Tamén, noutros animais moito máis grandes como a balea franca.

Animais que se alimentan de líquidos, como o sangue ou o zume das plantas. Posúen estruturas que lles permiten obter o alimento:

cortando e xusto despois lambendo o líquido que brota (lampreas ou vampiros).

picando e succionando (como as samesugas, que chuchan o sangue das súas presas).

Animais que atrapan as súas presas (depredadores). Todos eles teñen en común que posúen estruturas na boca que permiten atrapalas e mastigalas.

Estes animais teñen mandíbulas, dentes ou picos especialmente adaptados a esta función. Tamén se poden axudar das súas extremidades ou apéndices. Algúns animais incluso posúen toxinas coas que inmobilizan as presas. Por exemplo, algunhas serpes posúen velenos cos que inmobilizan ou matan as súas presas antes de inxerilas.

Page 7: Tema 2 Naturales

Animais que se alimentan de plantas (herbívoros). Teñen estruturas na boca adaptadas para triturar a materia vexetal. Os ruminantes, como por exemplo as vacas, posúen moas planas moi resistentes.

O aparato dixestivoO alimento capturado polo animal pasa ao aparato dixestivo, que é o encargado de acollelo e transformalo en substancias máis sinxelas mediante a dixestión. A dixestión comeza neste momento, ao inxerir o alimento.

Agás algúns invertebrados, a maioría dos animais posúe un aparato dixestivo formado polo tubo dixestivo, cun orificio de entrada, a boca, e outro de saída, o ano, e unha serie de glándulas anexas, como o fígado ou o páncreas, as cales liberan substancias que facilitan a dixestión. Aquelas substancias que non poden ser dixeridas expúlsanse, en forma de feces, polo ano.

O tubo dixestivo tamén presenta algunhas diferenzas entre os grupos de animais para adaptarse ao alimento que estes consomen. Por exemplo, o estómago, órgano que forma parte do tubo dixestivo, pode ter formas moi diferentes segundo a especie.

Page 8: Tema 2 Naturales

A respiración Ademais das substancias que obtemos a partir dos alimentos, os animais necesitanosíxeno para viviren. Os animais terrestres obtemos este osíxeno da atmosfera e os acuáticos, da auga.

Ademais, as células producen dióxido de carbono como substancia de refugallo que ten de ser eliminado.

O aparello respiratorio é o encargado de captar o osíxeno do ambiente e de expulsar o dióxido de carbono, é dicir, realiza o intercambio de gases.

Aparato respitatorioAlgúns animais de pequeno tamaño que viven na auga ou en ambientes moi húmidos non teñen aparato respiratorio, xa que respiran pola pel (respiración cutánea). A pel destes animais é moi fina e está permanentemente húmida.Noutros animais aparece un aparato respiratorio formado por órganos especializados en captar osíxeno e eliminar o dióxido de carbono:

Traqueas: son condutos moi finos que se comunican co exterior a través dun pequeno orificio. Estes condutos ramifícanse para chegar a todas as células do corpo. Aparecen en insectos e outros artrópodos terrestres.

Branquias: son órganos especializados no intercambio de gases. Poden estar no interior do corpo, como no caso dos peixes, ou verse externamente, como en moitos vermes mariños.

Pulmóns: son órganos con forma de saco, especializados no intercambio de gases, que aparecen nos vertebrados. O caso dos anfibios é peculiar, xa que os adultos respiran por pulmóns mentres que as crías fano por branquias. Ademais, tamén teñen respiración cutánea.

Page 9: Tema 2 Naturales

A circulaciónA circulación é un proceso mediante o cal se distribúen as substancias que as células necesitan para vivir e, ao mesmo tempo, recóllense as substancias de refugallo que xeran.

Algúns invertebrados, como as esponxas ou algúns vermes planos, carecen de aparato circulatorio; outros, como os moluscos ou os insectos, teñen un aparato circulatorio moi sinxelo. Así e todo, a maioría dos animais ten un aparato circulatorio formado por:

Un líquido, o sangue, no que se transportan substancias. Os vasos sanguíneos, que son os condutos polos que circula este líquido. Se saen do

corazón cara ao resto do corpo denomínase arterias. No caso de que cheguen ao corazón chámanse veas.

O corazón, un órgano que ten a capacidade de contraerse para impulsar o sangue.

A excreciónComo consecuencia da súa actividade, as células producen substancias que non teñen ningunha utilidade para o animal ou incluso poden ser tóxicas. Por tanto, estas substancias de refugallo teñen que ser eliminadas ao exterior mediante un proceso coñecido como excreción.

Algúns animais acuáticos poden eliminar estas substancias ao medio acuático, polo que non posúen aparato excretor. É o caso das esponxas.

Noutros animais, as substancias de refugallo pasan ao sangue e son conducidas ata órganos que as eliminan cara ao exterior. Por exemplo, nos peixes, as branquias teñen unha función excretora.

Noutros animais, os órganos máis importantes implicados na excreción son:

Os pulmóns, as branquias ou as traqueas, que son os encargados de eliminar o dióxido de carbono.

o fígado, que elimina substancias tóxicas verténdoas cara ao tubo dixestivo. as glándulas sudoríparas. os riles, que filtran o sangue para eliminar certas substancias tóxicas a través dos ouriños.

Xunto coas vías urinarias forman o aparato urinario.

4. RelaciónUn miñato que voa buscando unha presa, unha anémona que recolle os seus tentáculos durante a baixada da marea ou unha cabra montesa que camiña por unha montaña moi escarpada, precisan diferente información do medio. Necesítana para evitar ser comidos, para atopar alimento, para non deshidratarse, para buscar abeiro, descansar...

Page 10: Tema 2 Naturales

A función de relación nos animais é o conxunto de procesos polos que obteñen información do medio que os rodea, ou do seu corpo, para tomar decisións axeitadas á contorna.

Na función de relación implícanse:

Órganos sensoriais: son órganos encargados de recibir os estímulos. Sistema nervioso: é o encargado de procesar a información para elaborar unha resposta

axeitada a cada estímulo. Órganos efectores: son os encargados de executar a resposta.

Un órgano sensorial é activado por un certo estímulo. Este órgano envía información ao sistema nervioso, que a procesa para elaborar unha resposta axeitada. Despois manda a información aos órganos efectores, que a executan. As respostas poden consistir en realizar movementos ou liberar algunha substancia.

Page 11: Tema 2 Naturales

Órganos sensoriais

Os ambientes en que habitan os animais son moi diversos (animal acuático ou terrestre, animal nocturno ou diurno...), polo que non todos necesitan obter a mesma información do medio.

Vexamos un exemplo máis concreto: para un animal que vive no interior do solo, como unha toupa, ten moita importancia recoñecer olores ou movementos na terra, pero non tanto as imaxes, xa que alí todo está escuro. Por iso teñen moi desenvolvido o sentido do tacto e do olfacto e non tanto o da vista.

A recepción de estímulos comeza en órganos que conteñen células receptorasespecializadas en responder a un tipo concreto de estímulo, como a luz, a temperatura, a presión, as imaxes ou os sons.Os órganos sensoriais poden estar situados no interior do corpo ou na superficie e reciben tanto información do exterior como do interior do corpo.

Algúns sentidos seranche coñecidos, xa que os posúe o ser humano. É o caso da vista, o gusto, o olfacto, o tacto, o oído, o equilibrio, a sensación de dor... Para cada un deles posuímos órganos especializados.

Non obstante, hai moitos animais que posúen sentidos que non están presentes nos seres humanos, como:

Algunhas serpes poden detectar calor. Grazas a isto diferencian as súas presas, ao recoñecelas porque destacan sobre un fondo frío.

Algúns peixes empregan débiles sinais eléctricos para comunicarse en augas turbias. Outros animais son capaces de detectar o campo magnético terrestre e orientarse grazas a

el, como se dispuxesen dun compás no seu corpo. Abellas, bolboretas, tartarugas, salmóns ou pombas empregan este sentido nos seus desprazamentos.

Page 12: Tema 2 Naturales

Sistema nerviosoO sistema nervioso está formado por tecidos e órganos especializados en procesar información.

A información que reciben os órganos sensoriais non pode ser interpretada directamente, polo que se transforma nun tipo de sinais que o sistema nervioso si pode procesar.

A partir desta información elabora unha resposta axeitada ao estímulo recibido e envía información aos órganos efectores para que executen a resposta.

Órganos efectoresOs órganos efectores son os encargados de executar a resposta que o sistema nervioso elaborou.

Poden ser respostas de dous tipos:

que impliquen movemento, nese caso estarán implicados os músculos, por exemplo. secretoras, no caso de que se libere algunha substancia. Nestoutro caso están implicadas

diferentes glándulas.

Implicados na función de relación Exemplo

Órganos sensoriais Ollos, oído...

Sistema nervioso Cerebro, medula...

Órganos efectores Músculos, glándulas...

Page 13: Tema 2 Naturales

5. ReproduciónA reprodución é o proceso mediante o cal os animais teñen descendentes.

Nos animais distínguense dous tipos de reprodución:

Asexual. Intervén un proxenitor que dá lugar a un novo individuo exactamente igual a el, a partir dunha zona do seu corpo que se divide activamente. As esponxas, as medusas ou augamares e algúns vermes teñen reprodución asexual.

Sexual. É necesaria a intervención de dous proxenitores, un macho e unha femia. Cada un deles produce un tipo de células especializadas na reprodución, os gametos: óvulo no caso das femias e espermatozoide, no dos machos.

É o tipo máis común de reprodución nos animais. Incluso os animais que poden reproducirse asexualmente tamén o fan sexualmente.

Os animais posúen órganos especializados na produción de gametos, denominadosgónadas. Xunto cunha serie de condutos que se ocupan de transportar gametos, forman o aparato reprodutor.O óvulo e o espermatozoide únense nun proceso chamado fecundación para comezar o desenvolvemento dun novo individuo. A fecundación pode ser de dous tipos:

Fecundación externa: ocorre fóra do corpo do animal, como acontece en peixes e en moitos invertebrados. Só se pode producir na auga ou en medios moi húmidos, xa que os espermatozoides necesitan un medio no que poder moverse ata acadaren o óvulo.

Fecundación interna: ocorre no interior do corpo do animal, como no caso de mamíferos, aves e insectos. Para depositaren os espermatozoides dentro do corpo da femia, os machos posúen órganos copuladores. Este proceso denomínase cópula.

Despois da fecundación comeza o desenvolvemento dun novo individuo. Moitos animais adquiren as características de adultos ao comezo das súas vidas, é dicir, son xa moi semellantes aos seus proxenitores, diferenciándose só no tamaño e na capacidade reprodutiva.

Page 14: Tema 2 Naturales

Porén, outros poden sufrir un cambio moi drástico no seu corpo, chamado metamorfose, para adquirir a aparencia de adulto. Dáse, por exemplo, en insectos ou anfibios.

Como resultado do proceso de reprodución obtéñense novos individuos, que irán medrando e madurando ata que tamén eles acaden a capacidade de producir gametos. A partir deste momento poderían reproducirse. Dise que acadan a madurez sexual.

O ciclo de vida dun animal representa as fases polas que vai pasando desde o seu nacemento ata que se reproduce e dá un novo individuo, o cal comezará de novo o ciclo.