Temos dereito a unha vida digna

1
DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA Vivir e traballar dignamente na nosa Terra. Iso queremos. Algo cada día máis difícil nunha Galiza na que ter emprego xa non garante estar fóra da pobreza e da exclusión social, na que a sangría da emigración volve cebarse coa nosa mocidade e na que comedores sociais, roupeiros e axudas extraordinarias son paisaxe cotiá de cada día máis galegos e galegas. A política de recortes non trouxo recuperación, senón xustamente o contrario: máis desigualdade. Hoxe toca decidir entre seguir por ese camiño ou apostar polo dereito a termos unha vida digna. O Partido Popular aínda se atreve a inventar unha recuperación que non se ve por ningures, despois de arrasar coas conquistas sociais de décadas de loita sindical en Galiza, onde o pobo galego, e en particular a clase obreira, tivo a coraxe de organizarse para plantar batalla contra unha explotación desalmada que só perseguiu destruír Galiza. As políticas destinadas a minorar o impacto da crise non eran outra cousa que a excusa perfecta para o capital conxugar as súas contas: espolio das caixas galegas, dos aforros, das pensións, roubo enerxético, privatización da sanidade, eliminación do gasto social, dos sectores produtivos ou destrución voraz do medio físico. Sobre o balance para Galiza e as consecuencias para o pobo só falou o nacionalismo. Hoxe é 2015, atrás queda 1972, no que rexurdiu o sindicalismo de clase en Galiza. Mais seguimos no mesmo espazo tendo que reclamar cuestións semellantes: emprego digno, condicións laborais, acceso á formación, seguridade social, pensións, vivenda, liberdades públicas. Portanto, temos o recordo, temos a experiencia, e temos a capacidade. Nós nunca dubidamos da nosa capacidade. Sabemos que Galiza é un país rico e nunca nos cansaremos de pregoalo. E da semente heroica de Amador e de Daniel, e de tantas persoas que por defender a súa dignidade sufriron cadea, despedimentos e golpes; debemos recoller forza para conquistar a liberdade do pobo galego: a soberanía da nosa nación será a chave sobre a que asentar un país rico, democrático e próspero para todos os traballadores e traballadoras galegas. TEMOS DEREITO A UNHA VIDA DIGNA 10 DE MARZO bng.gal

Transcript of Temos dereito a unha vida digna

DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA

Vivir e traballar dignamente na nosa Terra. Iso queremos. Algo cada día máisdifícil nunha Galiza na que ter emprego xa non garante estar fóra da pobreza eda exclusión social, na que a sangría da emigración volve cebarse coa nosamocidade e na que comedores sociais, roupeiros e axudas extraordinarias sonpaisaxe cotiá de cada día máis galegos e galegas. A política de recortes nontrouxo recuperación, senón xustamente o contrario: máis desigualdade. Hoxetoca decidir entre seguir por ese camiño ou apostar polo dereito a termos unhavida digna.

O Partido Popular aínda se atreve a inventar unha recuperación que non se vepor ningures, despois de arrasar coas conquistas sociais de décadas de loitasindical en Galiza, onde o pobo galego, e en particular a clase obreira, tivo acoraxe de organizarse para plantar batalla contra unha explotación desalmadaque só perseguiu destruír Galiza.

As políticas destinadas a minorar o impacto da crise non eran outra cousa que aexcusa perfecta para o capital conxugar as súas contas: espolio das caixasgalegas, dos aforros, das pensións, roubo enerxético, privatización dasanidade, eliminación do gasto social, dos sectores produtivos ou destruciónvoraz do medio físico. Sobre o balance para Galiza e as consecuencias para opobo só falou o nacionalismo.

Hoxe é 2015, atrás queda 1972, no que rexurdiu o sindicalismo de clase enGaliza. Mais seguimos no mesmo espazo tendo que reclamar cuestiónssemellantes: emprego digno, condicións laborais, acceso á formación,seguridade social, pensións, vivenda, liberdades públicas. Portanto, temos orecordo, temos a experiencia, e temos a capacidade.

Nós nunca dubidamos da nosa capacidade. Sabemos que Galiza é un país rico enunca nos cansaremos de pregoalo. E da semente heroica de Amador e deDaniel, e de tantas persoas que por defender a súa dignidade sufriron cadea,despedimentos e golpes; debemos recoller forza para conquistar a liberdade dopobo galego: a soberanía da nosa nación será a chave sobre a que asentar unpaís rico, democrático e próspero para todos os traballadores e traballadorasgalegas.

TEMOS DEREITO A UNHA VIDA DIGNA

10 DE MARZO

bng.gal