Unidade 1. O dereito laboral. Normas fundamentais

24
Unidade didáctica 1: O dereito laboral. Normas fundamentais.

Transcript of Unidade 1. O dereito laboral. Normas fundamentais

Page 1: Unidade 1. O dereito laboral. Normas fundamentais

Unidade didáctica 1: O dereito laboral. Normas fundamentais.

Page 2: Unidade 1. O dereito laboral. Normas fundamentais

Relacións de traballo

Relacións laborais: regulaméntanse por o dereito laboral.

Relacións laborais especiais: regulaméntanse por normas especiais e o dereito laboral.

Relacións non laborais: regulaméntanse por outras normas.

Page 3: Unidade 1. O dereito laboral. Normas fundamentais

Relación laboral

Persoal Voluntaria Por conta allea Retribuida Dependente

Page 4: Unidade 1. O dereito laboral. Normas fundamentais

Relacións laborais especiaisTeñen unha normativa propia. (R.D.) Son relacións especiais: A do servizo do fogar familiar. A de persoal de alta dirección. A dos deportistas profesionais. A dos artistas de espectáculos públicos. A dos penados en institucións carcelarias. A dos traballadores minusválidos que presten os seus servizos no centro

especiais de emprego. A dos estibadores portuarios que presten servizos a través de sociedades

estatais ou dos suxeitos que desempeñen as mesmas funciones que estas en os portos xestionados polas Comunidades autónomas.

A das persoas que interveñan en operacións mercantís por conta dun ou máis empresarios sen asumir o risco e venturas daquelas.

Calquera outro traballo que sexa expresamente declarado como relación laboral de carácter especial por unha lei.

Page 5: Unidade 1. O dereito laboral. Normas fundamentais

Relacións non laborais. A relación de servizo dos funcionarios públicos. As prestacións persoais obrigatorias. A dos conselleiros nas empresas societarias cando non

desenvolven outra actividade na empresa. Os traballos realizados a título de amizade, benevolencia ou boa

veciñanza. Os traballos familiares*, salvo que se demostre a condición de

asalariados de quen os leve a cabo. Os axentes comerciais que interveñen en operacións mercantís

asumindo o risco destas. A actividade dos transportistas con autorización administrativa A dos traballos efectuados por conta propia (autónomos)

Page 6: Unidade 1. O dereito laboral. Normas fundamentais

Traballos familiares* Consideranse

familiares, a estes efectos, sempre que convivan co empresario/a, o cónxuxe e os familiares por consanguinidade ou afinidade ata o segundo grado.

Page 7: Unidade 1. O dereito laboral. Normas fundamentais

Exercicios. 1.- María traballa como empregada do fogar no

domicilio dos señores Domínguez. Trátase dunha relación laboral?. Razona a resposta.

2.- Pepe vive na casa dos seus pais e axuda no taller que estes posúen. Non cobra ningún salario. Indica se é unha relación laboral.

3.- Alicia é voluntaria nunha ONG. Analiza se a súa relación é laboral.

4.- Susana é transportista e efectúa transportes para Cetran S.A co camión propiedade desta empresa. Trátase dunha relación laboral ou excluída?

Page 8: Unidade 1. O dereito laboral. Normas fundamentais

DEREITO

É o conxunto de principios e normas xurídicas a que están sometidas as relacións humanas en toda sociedade, cuios individuos poden ser obrigados o seu cumplimento.

Page 9: Unidade 1. O dereito laboral. Normas fundamentais

¿Quen crea o dereito? (fontes materiais) Poder Lexislativo: Cortes Xerales ou

Parlamento. Poder Executivo: Goberno, Ministerios e

Órganos de Goberno das Comunidades Autónomas.

Órganos administrativos de rango inferior: Diputacións, Municipios, Direccións Xerais…

Colectividades de persoas.

Page 10: Unidade 1. O dereito laboral. Normas fundamentais

¿Cómo se manifesta? (fontes formais)

A Lei A Costume Os principios xerais do Dereito

Page 11: Unidade 1. O dereito laboral. Normas fundamentais

Tipos de Normas Poder Lexislativo

Leis en sentido estricto (A Constitución, Leis Orgánicas, Leis Ordinarias)

Poder Executivo Normas con rango de lei (Reais decretos

Lexislativos, Reais decretos leis) Órganos administrativos inferiois

Reglamentos (Reais Decretos, Órdes das comisións delegadas do Goberno, Órdes Ministeriais, Resolucións, Bandos, Ordenanzas)

Page 12: Unidade 1. O dereito laboral. Normas fundamentais

Xerarquía das normas xurídicas Poder Lexislativo. (Cortes Xerais ou

Parlamento): 1º Costitución 2º Leis Orgánicas 3º Leis Ordinarias

Poder Executivo. Reais Decretos Leis e Reais Decretos Lexislativos Reais Decretos Órdes de comisións delegadas do Goberno Órdes Ministeriais

Page 13: Unidade 1. O dereito laboral. Normas fundamentais

Dereito laboral.

É unha rama do Dereito cuxos principios e normas xurídicas teñen por obxecto a tutela do traballo humano, produtivo, libre e por conta allea, prestada por un traballador en relación de dependencia a un empleador a cambio dunha contraprestación dineraria.

Page 14: Unidade 1. O dereito laboral. Normas fundamentais

Fontes do Dereito Laboral Fontes

externas:procedentes de fóra do territorio español.

Fontes internas: proceden do territorio español.

Page 15: Unidade 1. O dereito laboral. Normas fundamentais

Fontes Internas A Constitución española. Leis en sentido estricto:

Lei Orgánica de Liberdade Sindical Lei de prevención de riscos laborais.

Normas con rango de lei: R.D. Lexislativo, texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social. R.D. Lexislativo, texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores. R.D. Lexislativo, texto refundido da Lei de Infraccións e Sancións na Orde

Social. Regulamentos:

R.D. polo que se fixa o salario mínimo interprofesional. R.D. sobre xornadas especiais de traballo.

Convenios Colectivos Contrato de Traballo O costume laboral (debe darse nunha localidade e profesión concreta)

Page 16: Unidade 1. O dereito laboral. Normas fundamentais

Fontes Externas. Regulamentos comunitarios: Lei comunitaria

directamente aplicable en todos os Estados. Directivas Comunitarias: Supoñen unha

obriga respecto ao resultado, pero requiren unha norma interna de adaptación para a súa entrada en vigor nos Estados Membros.

Convenios da OIT: forman parte do ordenamento xurídico dos países membros cando son ratificados por estes.

Tratados ou convenios bilaterais ou multilaterais.

Page 17: Unidade 1. O dereito laboral. Normas fundamentais

Principios de aplicación do Dereito laboral. Principio de norma mínima: nas normas laborais de xerarquía superior

establecense mínimos de dereito necesario que as normas de rango inferior deberán respetar ou mellorar.

Principio pro operario ou in dubio pro operario: hai numerosos casos nos que a norma non é clara e admite, polo tanto, diferentes interpretacións, debendo aplicarse a máis positiva para o traballador.

Principio de norma máis favorable: se a unha relación laboral se lle poden aplicar varias normas, tomarase a que, en conxunto, sexa máis favorable o traballador, tendo en conta os conceptos cuantificables (salario, xornada…) de todo un ano. Deben respetarse os mínimos de dereito necesario.

Principio da condición máis beneficiosa: ante a aparición dunha norma laboral que fixe condicións peores que as contidas nos contratos, mantendránse as mellores condicións establecidas anteriormente.

Principio de irrenunciabilidade de dereitos: os traballadores non poden renunciar os dereitos que as normas lles recoñecen.

Page 18: Unidade 1. O dereito laboral. Normas fundamentais

DEREITOS BÁSICOS COMO TRABALLADOR Dereito a afiliarte libremente ao sindicato da túa

elección. Dereito de folga. Dereito de reunión. Dereito o traballo e a libre elección de profesión ou

oficio. Dereito a unha seguridade e hixiene no traballo e á

protección da saúde Dereito ao descanso necesario Dereito a unha asistencia e prestacións sociais Dereito á negociación colectiva.

Page 19: Unidade 1. O dereito laboral. Normas fundamentais

DEREITOS BÁSICOS COMO TRABALLADOR Dereito á adopción de medidas de conflito colectivo. Dereito de participación na empresa. Dereito á ocupación efectiva Dereito a non ser discriminado Dereito á integridade física, respecto á intimidade,

consideración á dignidade e protección fronte a ofensas verbais ou físicas de natureza sexual.

Dereito á percepción puntual da remuneración pactada ou legalmente establecida.

Dereito ao exercicio individual de accións derivadas do seu contrato de traballo.

E en xeral, todos os dereitos que se deriven do contrato de traballo específico.

Page 20: Unidade 1. O dereito laboral. Normas fundamentais

Deberes do traballador. Cumprir coas obrigacións concretas do seu posto de

traballo, de conformidade ás regras da boa fe e dilixencia.

Observar as medidas de seguridade e hixiene que se adopten.

Cumprir as ordes e instrucións do empresario no exercicio regular das súas facultades directivas.

Non concorrer coa actividade da empresa, nos termos fixados nesta Lei.

Contribuír á mellora da produtividade. Cantos se deriven, no seu caso, dos respectivos

contratos de traballo.

Page 21: Unidade 1. O dereito laboral. Normas fundamentais

POTESTADES DO EMPRESARIO Poder de dirección:

Ordinario: Unha das características da prestación de traballo é a dependencia, posto que se desenvolve baixo o ámbito de organización e subordinación do empresario. O poder de dirección supón:

Facultade para decidir a estructura organizativa da empresa. Facultade para ditar ordes e instruccións para o cumprimento

da prestación de traballo contemplada no contrato de traballo. Facultade para controlar o cumpriento da prestación de

traballo. Extraordinario: é unha manifestación especial do poder de

dirección, tamén chamado poder de dirección extraordinario, pois esta facultade (ius Variandi) supón a posibilidade de que o empresario varíe unilateralmente as caracteríisticas da prestación.

Page 22: Unidade 1. O dereito laboral. Normas fundamentais

POTESTADES DO EMPRESARIO

Poder disciplinario: é a facultade do empresario para sancionar os incumprimentos do traballador. Límites ao poder disciplinario:

Non se poden impoñer sancións que supoñan multa da haber (reducción de soldo). Si se permite a suspensión de emprego e soldo.

Non se poden impoñer sancións que supoñan redución dos períodos de descanso.

Page 23: Unidade 1. O dereito laboral. Normas fundamentais

Deberes do empresario

Respetar os dereitos dos traballadores. Cumprir a normativa laboral en todos os

seus aspectos. (contratos, seguridade social…)

Page 24: Unidade 1. O dereito laboral. Normas fundamentais

Exercicios Describe tres tipos de relacións de traballo consideradas

laborais, e identifica en cada unha as 5 características das relacións laborais.

Indica cal é a norma básica en materia laboral. Enumera, segundo a orde xerárquica, as distintas fontes

materiais do dereito. Un empresario sanciona un traballador, como consecuencia dos

seus incumprimentos, cun mes de suspensión de emprego e soldo, conforme ao establecido no convenio colectivo de aplicación. Analiza se o empresario pode imponerlle esa sanción.

Un empresario intenta forzar a saída da empresa do seu xefe de productos sen dereito a indemnización. Para iso, decidiu non asignarlle ningunha función. Indica e razoa se o traballador pode reclamar pola violación dalgún dos seus dereitos.