Tendencias de sobrepeso e obesidaderevista.consumer.es/web/ga/20160701/pdf/revista-entera.pdf · un...

27
Tendencias de sobrepeso e obesidade alimentación Custodia dos fillos Ameazados polo ser humano Piscinas e asma infantil Intolerancia á frutosa O feo tamén se come Costumes que manchan os dentes saúde benestar a revista do socio consumidor Ano XLI - Época IV - N.º 210 XULLO-AGOSTO 2016 www.consumer.es

Transcript of Tendencias de sobrepeso e obesidaderevista.consumer.es/web/ga/20160701/pdf/revista-entera.pdf · un...

???

Tendencias de sobrepeso e obesidade

alimentación

Custodia dos fillosAmeazados polo ser humano

Piscinas e asma infantilIntolerancia á frutosa

O feo tamén se comeCostumes que manchan os dentes

saúde benestar

a revista do socio consumidor

Ano XLI - Época IV - N.º 210 XULLO-AGOSTO 2016 • www.consumer.es

sumario 21012 GUÍA DE COMPRA:

ATÚN E BONITO EN CONSERVAOs túnidos teñen unha elevada cantidade de proteínas de alto valor biolóxico e de grasa rica en omega-3.

34 INTOLERANCIA Á FRUTOSAEste hidrato de carbono atópase en numerosos alimentos (froitas legumes ou productos ligeiros), e supón un reto dietético para quen non a tolera.

42 RECEITAS. Menú para hidratarse no verán.

50 EN EXTINCIÓN. Dez especies emblemáticas do noso país están ao bordo da extinción se non o remedian os labores de conservación.

34

12

24Prevalencia de exceso

de peso en EspañaAnálise dAs medidAs AntropométricAs de 3966 persoAs pArA

coñecer A prevAlenciA de sobrepeso e obesidAde en espAñA

BIENESTAR E VIDA COTIÁ 4 novastecnoloxías

PAYPAL 6 dereitos 8 quenosinteresou 10 expertosnutricionistas 24 afondo

PREVALENCIA DE EXCESO DE PESO 30 entrevista dobre

DEREITOS DOS VIAXEIROS

INFORMES: 22 alimentación / COSTUMES QUE MANCHAN OS DENTES 34 alimentación / INTOLERANCIA Á FRUTOSA 36 economía doméstica / DEVOLVER OS RECIBOS DOMICILIADOS 38 saúde / NATACIóN EN PISCINAS E ASMA INFANTIL, A DEBATE 40 seguridade alimentaria / O FEO TAMÉN SE COME 46 bebé / EVITAR O TEMA DA MORTE NON É A SOLUCIóN 48 economía doméstica / CUSTODIA DOS FILLOS 50 medio natural / AMEAZADOS POLO SER HUMANO

www.consumer.esEROSKI CONSUMER é a revista do socio consumidor de EROSKI. A cooperativa EROSKI é unha asociación de consumidores que, desde hai máis de vinte e cinco anos, dedica os seus esforzos á formación e á información dos consumidores. EROSKI CONSUMER defende os dereitos recoñecidos aos consumidores de bens e servizos, co fin de que os poidan exercer de xeito responsable e esixir o seu cumprimento. EROSKI CONSUMER é un medio de comunicación comprometido coa promoción de hábitos de vida saudables, co consumo sustentable e coa conservación do medio. EROSKI CONSUMER publica informacións sobre iniciativas de responsabilidade social de EROSKI e sobre os produtos das marcas de EROSKI e, excepcionalmente, transmitirá informacións que EROSKI considere de grande interese para os seus socios e clientes.

a revista do socio consumidor

Edita: EROSKI S. Coop., co patrocinio de FUNDACIÓN EROSKI • Xullo-Agosto 2016 - N.º 210 • Tiraxe: 12.000 exemplares

director: Alejandro Martínez BerriochoasUbdirectorA: María HoyosredActorA XefA: Rosa CuevascoordinAción de redAcción e edición en internet: Miren Rodríguez edición en gAlego: Secretaría Xeral de Política Lingüística, Xunta de Galicia

distribUción: Rosa Cuevas

investigAción “A fondo”: Equipo de EROSKI CONSUMER Responsable: Rosa Cuevas Deseño e elaboración: Cristina Leciñana

oUtros contidos: Novas tecnoloxías: Claudia Caro Entrevista: Eva San Martín Alimentación: Laura Caorsi, Marisa Gómez, Juan Carlos Montero y Aitor Sánchez GarcíaSaúde: Montse ArboixEconomía doméstica: Blanca ÁlvarezBebé: Cristian VázquezMedio ambiente: Álex Fernández Muerza

deseño, mAqUetAción e preimpresión: DUPLO Comunicación Gráfica (www.duplografic.es) Fotografía: Rubén García e Becky Lawton Impresión: MCC Graphics

redAcción e AdministrAción de erosKi consUmer: Eroski Publicaciones. B. San Agustín, s/n 48230 Elorrio (Biscaia)

Telf.: 946 211 627_Fax: 946 211 222

Depósito legal: SS-907-2012 • ISSN: 2254-6480

novastecnoloxíasPayPal

O comercio electrónico en España creceu este ano un 27 %. as industrias con maiores ingresos foron as axencias de viaxes, os operadores turísticos, o transporte aéreo e a moda. Para estas compras, o 46 % dos clientes prefiren como método de pago PayPal, entre outras cousas pola seguridade e pola protección que lles brinda aos seus usuarios nunha transferencia.

a continuación, ofrécense unha serie de claves para entender mellor o fun-cionamento desta plataforma en liña de pago:

Que é PayPal?

Permítelle a calquera persoa ou empresa que dispoña de correo electrónico enviar e recibir pagos a través de Internet de forma rápida e segura. O servizo PayPal baséase na infraestrutura financei-ra existente de contas bancarias e tarxetas de crédito. Emprega sistemas avanzados de prevención contra a fraude, co fin de ofrecer un servizo seguro en tempo real. PayPal converteuse nun prazo moi curto de tempo no líder mundial dos servizos de pago a través da Rede, con millóns de usuarios rexistrados en todo o mundo.

Para que serve?

Paypal serve para poder comprar por Internet sen necesidade de usar tarxetas bancarias ou sen ter que introducir información persoal. Para usala, tan só fai falta rexistrarse cun correo electró-nico e un contrasinal. algunhas empresas coma eBay ou amazon xa teñen integrada na súa web

esta opción de pago, o que facilita o proceso de compra (só fai falta introducir o correo electrónico e o contrasinal). O pago non ten ningún cargo, salvo que implique conversión de divisas.

Estas son as accións que se poden levar a cabo con PayPal:

· Pagar as compras feitas por Internet.

· Cobrar as vendas levadas a cabo a través da Rede (empresas).

· Enviar e recibir diñeiro entre fami-liares, amigos ou particulares.

É seguro?

PayPal ten como obrigación obedecer as regras do Departa-mento do Tesouro dos Estados Unidos e tamén as da autoridade de Servizos Financeiros da Unión Europea; é dicir, opera baixo leis establecidas.

O principal obxectivo do cumpri-mento destas normas é regular o uso fraudulento das transferencias de diñeiro, como o traspaso de diñeiro negro, o lavado de diñeiro e a realización de transaccións non autorizadas, entre outras.

alén disto, convén ter en conta que PayPal é un método seguro de pago, xa que utiliza tecnoloxías desenvolvidas para poder encrip-tar toda a información confiden-cial, coma o número de conta, o número de tarxeta, os contrasinais, o nome de entidade bancaria etc., co obxectivo de que ao destinata-rio da transferencia non lle apareza ningún destes datos.

PayPal: instrucións de usoEste servizo de pago en liña converteuse en pouco tempo no máis utilizado polos consumidores, pola seguridade e pola protección que ofrece

Vantaxes e inconVenientes

Vantaxes:✔ É gratuíto, non ten comisións

nin cotas.

✔ Só se necesita un contrasinal e un correo electrónico para poder utilizar a plataforma.

✔ Non deixa ningún tipo de infor-mación sobre a conta bancaria cando o cliente realiza unha compra por Internet.

✔ Ten garantías e cobre os gastos de envío no caso de que haxa que devolver o diñeiro por unha compra insatisfeita.

✔ Pódese traspasar diñeiro de forma instantánea entre os contactos do móbil.

inconVenientes:✖ Hai moitas empresas que aínda

non teñen PayPal integrado no seu método de pago.

✖ PayPal ten poder de decisión cando hai litixios entre o cliente e o vendedor.

✖ É menos segura ca unha conta bancaria en canto a garantías.

✖ Non está apoiada por ningún banco.

✖ Se PayPal considera que o ingreso ou o envío de diñeiro dun usuario pode ser fraudu-lento, pode reterlle ese diñeiro por tempo indefinido ata que se asegure da súa procedencia.

Doutra banda, PayPal ofrece un programa de protección no que o comprador ten dereito a pedir a devolución parcial ou total do diñeiro desembolsado en calquera destes casos: artigos non recibi-dos, produtos moi diferentes á descrición do vendedor e transac-cións non autorizadas realizadas desde unha conta PayPal. a plata-forma ofrece unha cobertura de ata 1000 euros de protección.

Como se pode facer unha conta?

Crear unha conta en PayPal é moi rápido, sinxelo e intuitivo. Estes son os pasos que se deben seguir:

· Seleccionar o país e o idioma.

· Cubrir un formulario de rexistro co correo electrónico, contrasinal, nome, apelidos, enderezo postal, teléfono e tipo de tarxeta.

· Existe a opción de obter no móbil as notificacións de pago que se fan con PayPal.

· Para maior seguridade, convén vincular as tarxetas de crédito e a conta bancaria coa conta PayPal.

· Existe a posibilidade de enviar ou recibir diñeiro e vinculalo cos contactos do teléfono móbil.

· Unha vez feito o rexistro, PayPal realiza unha transferencia insigni-ficante á conta do usuario como método de verificación e activa-ción. logo de comprobado todo o proceso, PayPal retira o diñeiro. //

54

Oín que en Vitoria hai uns estafadores que se presentan nas ca-sas dicindo que van revisar a instalación do gas e que cobran uns 200 euros polas avarías que aseguran atopar e reparar. Cada canto tempo debe facerse a inspección da instalación? Quen de-be facela? Canto custa e como se paga?

Hai uns días, pedín nun bar a lista de prezos na terraza. Contes-táronme que non a tiñan e que tampouco estaban obrigados. Ademais, informáronme de que na terraza cobraban unha por-centaxe sobre o prezo en barra. Iso é legal? E, doutra banda, é correcto que un orzamento dunha obra indique o prezo e xunto a el “+ IVE” ou “IVE non incluído”?

O control periódico das instalacións receptoras de gas está regulado polo Decreto 919/2006 no eido estatal e polo Decreto 28/2002 en Euskadi. As instalacións domésticas de gas deben pasar unha inspección completa cada catro anos na Comunidade Autónoma Vasca e cada cinco anos no resto de España. Esa inspección é responsa-bilidade exclusiva da empresa subministradora de gas, que debe avisar o usuario con antelación mediante unha carta na que lle propoña unha data e unha hora para a visita. O usuario con-firmará a cita ou acordará outra coa empresa. Calquera suposto técnico que se presente de sú-peto a revisar o gas ou que chame por teléfono anunciando a súa inminente visita (como oco-rreu en Vitoria-Gasteiz) é un estafador e non se lle debe abrir a porta.

A inspección consiste en revisar o contador, as tubaxes, as chaves, as gomas e o estado de con-servación e a limpeza de toda a condución do gas, para asegurarse de que funciona ben e de que non oculta riscos. Ese traballo non se lle aboa ao técnico, que o fai enviado polo sub-ministrador, senón que será a empresa a que a cobre na seguinte factura. O prezo máximo per-mitido desta inspección fíxano as comunidades autónomas, e en Euskadi é de 59,35 euros. Ademais, non debe confundirse a instalación coa caldeira. A inspección da caldeira de gas é obrigatoria cada 2 anos, o seu prezo é libre e o responsable de que se faga é o usuario, que po-de encargarlla ao subministrador de gas, ao ser-vizo técnico da marca da caldeira ou a un técnico independente.

Os establecementos de hostalería teñen liber-dade á hora de fixaren os seus prezos, pero es-tán obrigados a mostrarllos ao público. De modo que a lista de prezos de todos os seus produtos ha de estar á vista dos clientes. Ademais, se te-ñen terraza, onde as consumicións adoitan ser máis caras, esa lista de prezos indicará tanto os prezos do interior (prezos da barra) coma os do exterior (prezos da terraza ou das mesas). E de-ben ser os prezos finais; é dicir, non poden co-brar engadidos por conceptos como “reserva”, “cuberto” ou “mesa”.

En canto á segunda pregunta, os prezos dos pro-dutos de consumo deben levar o IVE xa incluído. Porén, os orzamentos de servizos (obras, repa-racións...) poden poñer o prezo e ao lado o IVE aplicado, pero sempre se especificará a porcen-taxe, o tipo de IVE. Por exemplo: 500 euros + IVE 21 %. No entanto, sería desexable que tamén os servizos puxesen completo o prezo final para evitar que o consumidor teña que calculalo ou que teña a errónea impresión de que o custo é menor.

RESPONSABILIDADE NON CONTRACTUAL

Un bazar indemniza con 483 euros os donos dun can intoxicado con matarratas mentres compraban un transportador

Un matrimonio entrou co seu can a un bazar en Portugalete coa inten-ción de comprar un transportador. Un cartel prohibía a entrada de ani-mais, pero o dependente deixou pasar o can, e advertiu os seus donos de que debía ir nos brazos. Ao coller un transportador para examinalo, pousaron o can no chan e ao momento notaron que este estaba co-mendo algo baixo o andel. Era matarratas, posto alí á mantenta. A pa-rella correu a unha clínica veterinaria e levou un paquete do mesmo raticida. A mascota, finalmente, salvouse tras someterse a un lavado de estómago e tomar a medicación precisa. O matrimonio reclamou-lle ao bazar os 33 euros pagados ao veterinario, pero o local negouse e culpounos do ocorrido por descoidarse. A parella presentou entón unha demanda no Xulgado de 1.ª Instancia n.º 3 de Barakaldo e pediu 483 euros polo custo da clínica, polo susto, polo tempo e polo diñei-ro investidos en reclamar e ter que litigar. O responsable do bazar non respondeu á cita previa do xulgado nin compareceu ao xuízo, que na sentenza do 13 de maio de 2016 o condenou a indemnizar os deman-dantes coa cantidade que solicitaran.

COMISIÓNS BANCARIAS

Un banco devólvelle a un cidadán non cliente os 2 euros que lle cobrou por facer un ingreso en portelo

Un cidadán ingresou 25 euros na conta do Rexistro Mercantil de Sevi-lla dun banco do que non era cliente. Cobráronlle 2 euros pola xestión realizada en portelo, o que levou a este consumidor a demandar a en-tidade bancaria ante o Xulgado Mixto n.º 2 de Chiclana de la Frontera. Esta defendeuse co argumento de que esa comisión “por transferencia” se lle comunicara ao Banco de España e que, por tanto, era legal. Pe-ro, na sentenza do 9 de marzo de 2015, o tribunal fixo seu o razoamen-to do demandante e aduciu que non se pode cobrar un servizo non prestado e, neste caso, “o banco non lle presta ningún servizo ao de-mandante, senón ao seu cliente, o Rexistro Mercantil de Sevilla”. Ade-mais, o xuíz engade que esa comisión supón cobrarlle dúas veces polo mesmo servizo ao seu cliente, mediante as comisións asociadas ao seu contrato, e ao terceiro alleo á entidade polo ingreso admitido como servizo anexo ao mesmo contrato”. Por iso, condenou o banco a lle de-volver ao demandante os 2 euros da comisión ilegal.

EMISIÓN OBRIGATORIA DE FACTURA GRATUÍTA

Condenan unha operadora a lle devolver a un cliente 7,26 euros que lle cobraban por enviarlle seis facturas en papel

Un usuario demandou a súa operadora ante o Xulgado de 1.ª Ins-tancia n.º 3 de Bilbao. Pedía a devolución dos 7,26 euros que lle cobraban por enviarlle seis facturas mensuais en papel. O seu ar-gumento baseábase no dereito básico de todos os consumidores a recibiren as facturas gratuitamente, tamén aqueles que non te-ñen Internet, correo electrónico e impresora. A defensa alegou que o envío postal da factura ten un custo e que deben cobralo, pero o xulgado fixo súas as teses da demanda, suxeitas a dereito, e o 27 de maio de 2014 condenou a compañía a lle devolver ao seu cliente a cantidade indebidamente cobrada. En 2013, varias compañías tele-fónicas empezaron a lles cobrar aos novos clientes que quixesen as facturas en papel 1,21 euros por cada unha. As asociacións de con-sumidores protestaron e o Instituto Nacional de Consumo dixo que “o cobro pola emisión de facturas en papel é unha práctica abusi-va. A factura electrónica debe ser sempre autorizada polo usuario e non imposta pola compañía”.

Sent

enza

s

UN CASO SIMILAR PODE MERECER UNhA SENTENzA DISTINTA

Esta sección recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan os consumidores e os usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non hai que esquecer que, ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstancias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar sentenzas distintas.

Der

eito

s

DÚBIDAS [email protected]

Se tes dúbidas legais, mándanos un correo electrónico. Tras estudar as posibilidades de cada caso, os servizos xurídicos de EROSKI CONSUMER suxiren as actuacións máis adecuadas para cada situación. Trátase só dunha orientación, posto que as cuestións xudiciais son complexas e están cheas de circunstancias que condicionan os casos e inflúen nas sentenzas. Recorda que a única contestación ás consultas que se reciban será a publicada nestas páxinas.

Consultorio

76

Twitter é a outra rede social na que EROSKI CONSUMER (@eroskiconsumer, @E_CONSUMERma –con información espe-cífica sobre o medio natural– e @caminoasantiago –o twitter da Guía do Camiño de Santiago–) ten unha presenza moi activa. Esta é a relación dos nosos tuits máis retuiteados:

1. Día Mundial da Biodiversidade

2. Once lagos de España que che encantará coñecer

3. Como conseguir unha casa cero residuos e aforrar diñeiro

Como aumentar o consumo de froitas e verduras no verán

Coidar do can no verán en 3 pasos

Como reducir as emisións de CO2

Como evitar formigas e outros insectos na cociña

A través da combinación de alimen-tos feculentos, verduras ou hortalizas, proteicos e froita na comida e na cea pódese conseguir un equilibrio dieté-tico excelente. Velaquí algún exemplo de menú saudable:- Ensalada fresca de pataca, xudía ver-de e cebola con atún. Sandía.- Gaspacho de tomate e amorodos. Pescada á prancha con ensalada de quinoa e cabaciña. Pexego.- Ensalada de lentellas, tomate e cebola. Espetada de queixo fresco e plátano.- Escalivada de berenxena e pemento vermello e amarelo. Polo con pataca ao forno. Melón.- Sopa de sandía fresca. Pasta integral sal-teada con gambiñas e cebola. Papaia.- Ensalada grega con leituga, tomate e queixo feta. Sardiñas á prancha. To-rrada de pan integral. Cirolas.- Brotes de espinacas frescos con to-mate cereixa. Lombo á prancha con batata. Kiwi.- Brócoli ao vapor. Dourada ao forno con flanciño de arroz. Cereixas.As verduras e as hortalizas tamén po-den incorporarse en forma de aperi-tivos ou merendas. Pódense preparar uns paíños de cenoria ou cogom-bro, un petisco de tomate cereixa con amorodo ou uns dados de apio con salsa de queixo fresco.

Máis información en www.consumer.es/alimentacion

A calor do verán é moi perigosa pa-ra os cans. Durante a época estival ne-cesitan duns coidados especiais: ter sempre auga fresca preto, non quedar nunca sós no coche e protexer as súas patas do asfalto. Ademais, hai outros aspectos que convén ter en conta:- Protexelo dun golpe de calor. Os expertos recomendan colocar o ani-mal nun lugar fresco, mollalo con au-ga fría, poñerlle xeo na cabeza e no abdome e ofrecerlle auga para que beba aos poucos.- Protexer os seus oídos nas praias e nas piscinas. A otite do can débese á acción de certos tipos de bacterias e fungos que alcanzan o seu oído e provocan infección e inflamación. Pa-ra evitar esta doenza, convén recortar con coidado o pelo ao redor das ore-llas do can.- Eliminar as carrachas. A carracha morde e causa feridas na pel do can. Por iso, tras eliminar o parasito, hai que curar a ferida con detemento. O primeiro paso consiste en limpar a zona afectada pola carracha con xa-bón e auga tépeda. Despois, haberá que desinfectar o corte con antisép-tico de iodo, reducido antes cunha proporción similar de auga, mestura-da con axuda dun bote pechado que se poida axitar.

Máis información en www.consumer.es/mascotas

As emisións de dióxido de carbo-no (CO2) que producimos están cau-sando o cambio climático, unha das ameazas ambientais máis importan-tes ás que se enfronta o planeta. Os cidadáns poden:- Deixar o coche privado. O uso masi-vo de combustibles fósiles é o princi-pal responsable das emisións de CO2. Un dos seus maiores causantes é o transporte por estrada. A este respecto é salientable indicar que España pro-duce o 25 % das emisións domésti-cas totais (Europa o 20 %). Alén disto, a fraude de varias compañías automo-bilísticas nas emisións de CO2 dos seus modelos agrava o problema.- Practicar unha mobilidade susten-table. Fronte ao emprego do automó-bil, a opción pasa por usar o transporte público e esixir que haxa máis e que sexa máis ecolóxico. Se for posible, é preferible desprazarse a pé ou en bi-cicleta, tanto para os desprazamentos de lecer coma para ir ao traballo. E é interesante tamén a opción de non desprazarse grazas ao teletraballo.- Consumir enerxía renovable. Este tipo de enerxías non emiten CO2. Os consumidores poden usalas ao ins-talar na súa casa un sistema de auto-consumo con paneis solares ou ao contratar algunha das cada vez máis numerosas empresas comercializado-ras de electricidade renovable.

Máis información en www.consumer.es/ medio-ambiente

Unha hixiene correcta é clave para previr a infestación e para evitar pra-gas. Débese ter especial coidado coa comida que puido caer ao chan, xa que calquera resto, por pequeno que sexa, pode acabar converténdose no hábitat dos insectos. A continuación, ofrécense algúns consellos:- Adquirir a cantidade de alimentos que se vaia consumir nun período re-lativamente curto. Usar os máis anti-gos antes.- Comprobar, ao facer a compra, que os envases non están rotos nin teñen buracos.- Manter as zonas de almacenamento limpas e non deixar que se acumulen faragullas ou restos de comida.- Revisar de forma periódica outro ti-po de produtos, coma os alimentos para mascotas.- Non deixar que se amoreen os pra-tos sucios no vertedoiro durante moi-to tempo.- Realizar unha limpeza adecuada, xa que os insectos só quedan se teñen unha fonte de alimento e humidade permanente.- Limpar de inmediato calquera líqui-do que se derrame, sobre todo se é de refrescos ou bebidas azucradas, xa que o seu azucre atrae os insectos.

Máis información en www.consumer.es/ seguridad-alimentaria

Os que máis gustan no noso facebook

Xenxibre: usos gastronómicos e consellos para empregalo

A 87 persoas gústalles isto

Alimentos para controlar os triglicéridos

A 76 persoas gústalles isto

Contar calorías só serve para distraer

A 114 persoas gústalles isto

Reca

nto

do le

ctor

quenosinteresou Faite o noso amigo e síguenos nas redes

Os responsables da revista EROSKI CONSUMER atendemos directamente as inquietudes en EROSKI CONSUMER, RESPONDE.Os responsables da revista EROSKI CONSUMER atendemos as inquietudes, suxestións e impresións dos lectores sobre os contidos da publicación. A súa opinión é moi valiosa para nós e queremos contar coa súa colaboración para mellorar.

Pode contactar connosco:Por teléfono: de luns a venres, de 10:00 a 12:00 horas, en 946 211 627 e 946 211 487. Por correo electrónico: [email protected] redes sociais: a través do noso perfil en facebook e en twitter (ler as normas de uso).

o noso Top

98

ABC DA NUTRICIÓN

A graxaAs graxas ou lípidos da die-ta son unha fonte principal de enerxía, cuxa calidade ten un-ha profunda influencia sobre a saúde. A Federación Españo-la de Nutrición, Alimentación e Dietética (Fesnad) publicou en 2015 un informe, no que se establecen novas pautas para a inxestión de graxas e aceites na dieta. Neste documento de consenso avalíase a evidencia científica relativa para os efec-tos da cantidade e a calidade da graxa alimentaria sobre a saúde cardiovascular e emí-tense recomendacións para a poboación española adulta.A principal novidade é que o importante non debe ser o nutriente en si (neste ca-so, os ácidos graxos), senón os alimentos que o conte-ñen: aceites, carnes, produ-tos lácteos, froitos secos etc. Suxire que moitas das reco-mendacións actuais de re-ducir graxas e calorías xeran unha percepción errónea so-bre os efectos da inxestión de graxas da dieta medite-rránea, de recoñecidos be-neficios para a saúde. Así, as graxas dos froitos secos, do peixe e dos aceites vexetais son máis saudables ca os lí-pidos procedentes da carne e dos alimentos procesados. Os expertos tamén destacan que unha dieta como a me-diterránea, rica en graxa de orixe vexetal, é mellor para a saúde ca outras dietas baixas en graxa, xa que non promo-ve o aumento de peso e é idónea para a prevención de enfermidades cardiovascula-res. Así o indican diferentes estudos coma o Predimed, li-derado desde o Hospital Clí-nic de Barcelona polo doutor Ramón Estruch.

FÁLASE DE...

Información nutricional obrigatoriaA información nutricional da etiquetaxe dos alimentos per-mite coñecer os nutrientes dun determinado produto e en que cantidades están presentes. Aínda que moitos xa a incor-poraron de forma voluntaria de acordo co establecido no Re-gulamento (UE) 1169/2011, a partir do 13 de decembro de 2016 será obrigatoria. A regulación permite indicar o valor enerxético e as canti-dades de nutrientes utilizando distintos formatos: símbolos, pictogramas, sistema de se-máforos, táboa de composi-ción nutricional ou cantidades diarias orientativas. Os ele-mentos que se deberán decla-rar de forma obrigatoria serán: o valor enerxético, as graxas, as graxas saturadas, os hidra-tos de carbono, os azucres, as proteínas e o sal (xa non se pode indicar o sodio, só se o contido de sal se debe á pre-senza de sodio naturalmente presente no alimento). Así, a declaración tense que expresar obrigatoriamente “por 100 g ou por 100 ml”, o que permite comparar entre produtos. Tamén se pode usar a expresión “por porción” de forma adicional e con carácter voluntario. Toda esta información nutri-cional deberá ser sinxela e de fácil comprensión. Para iso, deberase mostrar no mesmo campo visual para que o con-sumidor poida ver o esencial con facilidade. Están exentos desta norma aqueles produtos sen trans-formar ou curados que in-clúen un só ingrediente: auga, sal, especias, té, vina-gres e aditivos alimentarios, entre outros.

OS CONSELLOS DO MES

Tomar precaucións nas comidas ao aire libreCo bo tempo, as comidas ao aire libre apetecen moito. Para go-zalas plenamente, hai que ter en conta que as temperaturas ele-vadas da época estival tamén supoñen un maior risco á hora de que proliferen bacterias causantes de toxiinfeccións alimentarias. Por este motivo, debemos ser máis coidadosos á hora de prepa-rar e consumir alimentos e seguir uns consellos básicos para ga-rantir a seguridade alimentaria. O mantemento da cadea de frío ou da hixiene no manipulado son algunhas das medidas que lembra a Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimenta-ria e Nutrición (Aecosan), na súa campaña “As bacterias tamén van de pícnic”. Conservar a cadea de frío con neveiras portáti-les para os alimentos que necesiten frío permite que se reduza a velocidade de desenvolvemento da gran maioría dos microor-ganismos. Ademais, débese evitar abrir de forma innecesaria a neveira para conservar mellor o frío e os alimentos cociñados de-ben conservarse ata o último momento no frigorífico. Tamén é importante manter a norma básica de separación de alimentos e, así, por unha banda han de colocarse os alimentos crus e por ou-tra os cociñados. Tamén hai que evitar que solten líquido e que poidan contaminar outros alimentos. Outro consello que convén lembrar é o de eludir as preparacións que conteñan ovo cru, co-mo as maionesas e outras salsas.

Gozar do xeado con moderaciónOs comités de expertos teñen diferentes opinións sobre se os xeados deben considerarse un alimento ou unha lambetada. Se-gundo o Comité de Nutrición da Asociación Española de Pedia-tría (AEP), aínda que na composición dun xeado estea presente o leite, o seu contido en azucres é elevado e, por tanto, debe con-siderarse igual ca outros produtos de repostería. Así, a Alimen-tación saudable. Guía para as familias, elaborada polo Ministerio de Educación e Ciencia e o de Sanidade e Consumo, inclúeos no apartado “lambetadas. Segundo este comité, algúns compóñen-se de auga, azucre e colorantes e outros, ademais, teñen graxa láctea ou doutra orixe, polo que achegan moitas calorías e graxas saturadas, e polo tanto debe limitarse o seu consumo. No entanto, no Libro branco dos xeados, un estudo realizado po-lo Departamento de Nutrición e Bromatoloxía da Facultade de Farmacia da Universidade de Barcelona, afirma que o xeado é un prato e non unha lambetada. Aseguran que os xeados con ba-se láctea representan unha boa opción fronte a outros doces, xa que o seu contido en leite convérteos nunha fonte interesante de calcio e de proteínas de boa calidade. Por outra banda, asegu-ran que os xeados teñen todo o valor nutritivo do leite, pero con moito azucre. Non aconsellan comer un dia-rio, pero si de forma ocasional dentro dunha dieta variada e equilibrada, e sen substituír outros alimentos básicos como a froi-ta. Nas súas recomendacións refírense sempre a xeados de leite, non aos po-los de xeo nin aos sorbetes, que deben considerarse refrescos e só achegan calorías e ningún nutriente.

O ano pasado intoxiqueime nun posto de comidas e bebidas de Málaga e, este verán, non quixera volver pasar polo mesmo. Por iso, gustaríame saber como se pode detectar a primeira vista que un peixe está en mal estado ou non é fresco. Recomendámoslle que, cando coma fóra da

casa, procure consumir peixe de tempa-da. Desta forma, será moito máis fácil ga-rantir a súa frescura. Así mesmo, debe saber que a través dos sentidos é posible detectar a primeira vista a frescura e a ca-lidade do peixe, para o que debemos de fixarnos principalmente en cinco aspec-tos: o cheiro, a pel, a textura, os ollos ou as galadas. Por unha banda, cando o pei-xe comeza a deteriorarse, emite un chei-ro forte e desagradable moi característico e fácil de diferenciar respecto do cheiro a mar e a algas que emite o peixe fresco.

Ademais, convén reparar no aspecto da pel, que ha de ser dunha cor viva e ben definida. Tamén é importante que evite adquirir peixes cos ollos afundidos e in-chados e a pupila gris, e que escolla aque-las pezas que teñan os ollos avultados e que a súa pupila sexa negra e brillante. Por outra banda, as galadas deberán estar húmidas e destacar pola súa cor rosada ou vermella intensa. En canto á súa textu-ra, canto máis ríxida e firme sexa ao tacto, maior será a frescura do peixe.

Somos catro na familia e a todos nos encanta a maionesa. Sa-bemos que non convén abusar dela, pero durante o verán non podemos evitar excedernos un pouco nos sándwichs, nas ensala-das rusas etc. Poderíame dicir cal é a diferenza entre a maionesa comprada e a feita na casa desde un punto de vista nutricional?A maionesa caseira pode ser mellor ou peor

que a comercial. Todo depende dos in-gredientes que se utilicen para elaborala e dos coidados hixiénicos e das medidas de seguridade que se tomen para ga-rantir a súa calidade. A maionesa é unha emulsión constituída basicamente por aceites vexetais, ovos ou xemas de ovo, vinagre e zume de limón. Na comercial é habitual incorporar outros ingredien-tes, como a auga, o azucre e o sal e, en ocasións, outros menos habituais, como a fécula, o amidón e unha ampla gama de aditivos (conservantes, estabilizan-tes, emulsionantes, aromas e colorantes). Polo xeral, as maionesas caseiras ten-den a ser menos salgadas que as comer-ciais, que utilizan o sal como saborizante e conservante. Porén, desde un punto de vista nutricional, a frecuencia e a can-tidade de consumo de maionesa é moi relevante, xa que na súa composición predominan as graxas e, aínda que sexan de boa calidade, elevan significativamen-te o seu valor calórico.

Doutra banda, é importante ter en con-ta as toxiinfeccións alimentarias (como a salmonelose), que aparecen como con-secuencia do emprego de ovos contami-nados. A maioría dos casos de salmonelose prodúcense por maionesas caseiras, xa que as industriais substitúen os ovos fres-cos por produtos derivados (ovoprodutos) que son sometidos a procesos de pasteuri-zación. O seu inconveniente é que non te-ñen un sabor tan rico coma o da elaborada na casa e, en moitos casos, o aceite empre-gado non sempre é de oliva, senón dou-tros vexetais, coma o millo, a soia, o xirasol ou o cártamo. A Axencia Española de Se-guridade Alimentaria e Nutrición (AESAN) establece medidas de precaución para manter baixo control a bacteria que pro-voca a salmonelose, como o uso de ovos en bo estado e con etiquetaxe correcta e a súa conservación no frigorífico tras a ela-boración do produto. Por iso, durante o verán, convén aumentar as medidas de prevención, e máis aínda nos casos en que se elabore maionesa caseira.

os expertos nutricionistasDE EROSKI CONSUMER RESPONDEN

O obxecto do Consultorio Nutricional é ofrecer unha resposta ás dúbidas que lles poden xurdir aos consumidores sobre calquera aspecto vinculado coa alimentación, nutrición e dietética. Os nosos expertos nutricionistas seleccionarán de entre todas as cuestións que cheguen a través do consultorio en liña, dispoñible en www.consumer.es/alimentacion, dúas consultas, que se responderán nesta sección da revista.

10 11

gu

ía d

e co

mp

ra a

tún

e b

on

ito

en

co

nse

rva

O peixe azul, pola súa composición nutricional, é un grande aliado da boa saúde. Dentro de todas as variedades, o atún e o bonito ocupan a primeira escala de preferencia e consumo no noso país. Sen dúbida, o peixe azul é unha “xoia nutricional” e convértese nun alimento case perfecto para incluílo en calquera tipo de dieta. Grazas ás súas propiedades antiinflamatorias e ao omega-3 que contén, reduce o risco de padecer enfermidades cardiovasculares, que é a primeira causa de morte nos países occiden-tais. Outra característica pola que destacan os túnidos é polo seu alto contido de proteínas de alto valor biolóxico, superior a case todos os peixes e carnes. Ademais, este peixe é fonte de minerais coma o fósforo e o selenio, e contén vitaminas do grupo B. Todos estes son micronu-trientes fundamentais para o bo funcionamento do noso metabolismo. As súas desvantaxes nutricionais, das que tamén falaremos nesta guía, pasan polo seu contido en mercurio —consecuencia da con-taminación ambiental— e en sodio, elevado no caso das conservas, aínda que non en todas.

IndustrIa conserveIraAs conservas teñen máis de 200 anos de historia. En 1810, Nicolas Appert ideou unha botella de vidro pechada hermeticamente na que se podía levar comida. A intención era ter alimentos en bo estado para comer nas frontes de guerra, pero o vidro non resultou ser a mellor opción pola súa fraxilidade. Foi Peter Duran quen ese mesmo ano patentou a lata de conserva. Aínda que pareza unha broma de mal gusto, inventouse a lata, pero non se ideou un sistema de apertura, co que non quedaba máis remedio ca golpeala con martelos, pedras e coite-los ou abrila coas navallas das baionetas. Non foi ata 1855 cando Ezra J. Warner inventou o primeiro abrelatas. Na actualidade, España, Tailandia e os Estados Unidos son os tres países coa industria conser-veira máis forte do mundo. Segundo datos da Aso-ciación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes (Anfaco-Cecopesca), no primeiro trimestre de 2016 España exportou máis de 23.000 tonela-das de atún por un valor superior aos 100 millóns de euros. Todo iso sen ter en conta o resto de con-

Atún e bonito en conserva: todo o bo do mar en lataOs túnidos teñen unha elevada cantidade de proteínas de alto valor biolóxico e de graxa rica en omega-3 que contribúe a diminuír os niveis de colesterol e de triglicéridos no sangue

12 13

denominación para outras especies. En can-to ao atún vermello (Thunnus thynnus), convén salientar que a industria conserveira o utiliza cada vez menos e que o seu destino principal é o Xapón. Diversas organizacións ecoloxistas e algúns países da Unión Europea consideran que se atopa en situación crítica e que, se non se frea a súa comercialización, corre un grave perigo de extinción. Existe un nome comercial que tamén debemos ter en conta. É o de “atún”, sen máis. Utilízase cando se envasa o atún alistado ou skipjack. Constitúe a gama máis baixa dos atúns, xa que ten a carne máis escura e unha textura moito máis áspera. Trátase do atún que atopamos na maioría das comidas procesadas, coma sánd-wichs ou pizzas.

o seu lugar na dIetaO atún, o bonito e os túnidos en xeral son pei-xes graxos. Isto significa que o seu contido en graxa é elevado en comparación co dos peixes magros. Posúen entre 6 e 12 gramos de graxa por cada 100 gramos de peso. Esta graxa é rica en omega-3, que contribúe a diminuír os niveis de colesterol e de triglicéridos no sangue, ra-zón pola que se lle adoita chamar “graxa boa” ou cardiosaudable. Ademais, tanto o atún coma o bonito son unha magnífica fonte de proteínas de alto valor biolóxico. Por cada 100 gramos de peixe, estas representan entre 21 e 23 gramos.Entre as vitaminas destacan as do grupo B, como a B2, que é a máis abundante nos peixes azuis, e a B9. Os peixes graxos son unha moi boa fonte de vitamina B3 e B12, esta última en cantidade superior á que podemos atopar en moitos peixes e carnes. En xeral, estas vita-minas do grupo B permiten o aproveitamento dos nutrientes enerxéticos; é dicir, hidratos de carbono, graxas e proteínas, e interveñen en numerosos procesos de grande importancia para o organismo, entre os que se atopan a formación de glóbulos vermellos, a síntese de material xenético ou o funcionamento do siste-ma nervioso e do sistema de defensas.Ao tratarse de peixes graxos, tamén posúen vitaminas liposolubles, como a A e a D. Es-tas acumúlanse de maneira principal nas súas vísceras e no músculo. A vitamina D actúa na absorción do calcio e na súa fixación nos ósos, e regula o nivel deste mineral no sangue, men-tres que a vitamina A ten como principal fun-ción o mantemento, crecemento e reparación das mucosas, da pel e doutros tecidos do corpo. Ademais, ten un papel moi importante na re-

servas, como a sepia, o polbo, as anchoas ou os mexillóns. As conservas de túnidos representan máis do 67 % do volume de vendas do sector.

atún e bonIto: sImIlares, pero non IguaIsDe todas as especies que se comercializan, as conservas de bonito do norte e de atún cla-ro son as máis aclamadas. Adoita haber certa confusión entre un e outro porque son pareci-dos, pero non iguais.

a carne. O bonito é a gama máis selecta dos atúns, e péscase con artes tradicio-nais en augas do mar Cantábrico entre xullo e outubro. Aproxímase a estas augas para reproducirse e, despois da migración, recupera forzas, aliméntase e descansa. Isto explica a calidade da súa carne, que é moito máis saborosa e a súa textura é excepcionalmente suave. Outra das súas características más significativas é a cor da súa carne, moito máis branca que a do resto de atúns.a graxa. O bonito do norte dispón dunha menor porcentaxe de graxa, mentres que o atún claro —de carne moi apreciada por ser un bocado fino, delicado e procedente de mar aberto— atinxe o 10 % en contido graxo. No bonito redúcese a un 6 %, o que o converte nun produto en boca un pouco máis seco e con menos palatabilidade. o tamaño. Outra diferenza evidente entre estas dúas especies é o tamaño. O bonito do norte, cando chega ao seu esplendor na idade adulta, non adoita exceder os 15 qui-los de peso, aínda que o habitual é atopar exemplares de entre 5 e 7 quilos nas peixe-rías. É un peixe pequeno comparado co atún claro (Thunnus albacares ou atún amarelo), que pode chegar a pesar ata 60 quilos.

dIversIdade de especIesDentro dunha lata, non sempre atoparemos a mesma especie. En xeral, as conservas conte-ñen diferentes túnidos tropicais:

Yellowfin (Thunnus albacares) patudo ou bigeye (Thunnus obesus) alistado ou skipjack (Katsuwonus pelamys)

En menor medida, tamén se pode atopar boni-to do norte ou albacora (Thunnus alalunga), unha especie que se pesca no Cantábrico, pero tamén en augas tropicais. O famoso atún claro refírese ao yellowfin, aín-da que hoxe en día se permite utilizar esta

sistencia fronte ás infeccións e é indispensable para o desenvolvemento do sistema nervioso e para a visión nocturna. Tamén participa no crecemento óseo e na produción de encimas no fígado e de hormonas suprarrenais e sexuais.Se analizamos os minerais, o atún, o bonito e os demais túnidos posúen cantidades des-tacadas de potasio, fósforo, magnesio, ferro e iodo. Este último é indispensable para o bo funcionamento da glándula tiroide, que é res-ponsable de múltiples funcións metabólicas. E, no caso das mulleres embarazadas, intervén no crecemento do feto e no desenvolvemento do seu cerebro. O magnesio utilizámolo para o bo funcionamento do intestino, dos nervios, dos músculos... Ademais, forma parte dos ósos e dos dentes, e mellora a inmunidade. O ferro é nece-sario para a xeración de hemoglobina, e a súa achega adecuada prevén a anemia ferropénica.Porén, os peixes azuis tamén teñen inconve-nientes dietéticos. Por exemplo, conteñen pu-rinas, que no organismo se transforman en ácido úrico. Por esta razón, desaconséllase o seu consumo en caso de padecer hiperuricemia ou gota. Ademais, debido á contaminación dos mares e dos océanos, estes peixes son fonte de mercurio, un metal pesado que en grandes doses resulta tóxico, sobre todo no feto e nos nenos pequenos. O mercurio concéntrase nas especies máis grandes, coma o peixe espada, a quenlla, o lucio e o atún vermello. Así, a re-comendación de precaución no consumo deste peixe (non do bonito) vai dirixida especialmente ás mulleres embarazadas ou que poidan estalo, ás mulleres que estean aleitando e aos nenos menores de 12 anos.No entanto, para a maioría da poboación os beneficios do consumo adecuado de peixe azul supera sobradamente os riscos.

gu

ía d

e co

mp

ra a

tún

e b

on

ito

en

co

nse

rva

Lata ou cristal? O proceso de conservación é o mesmo para a lata que para o frasco. A diferenza está, sobre todo, na presentación do produto e en que a lata facilita o uso de máquinas empaca-doras. A transparencia do cristal esixe unha presentación e un empaquetado manual e coidadoso. A diferenza coa lata está na forma de corte da carne. O lombo cocido e limpo córtase manualmente á altura que se requira. Os lombos, xeralmente de bonito, vanse introducindo un por un, de forma manual, no interior dos tarros.

As latas:> Garanten unha protección total.

> Son cómodas para transportar e almacenar.

> Son resistentes aos golpes (unha lata golpeada e defor-mada, por precaución, debe ser descartada sempre).

Os envases de cristal:> Permiten ver o contido.

> Teñen máis peso e son menos resistentes aos golpes.

> Unha vez abertos, admiten un maior tempo de conserva-ción (refrixerado).

Na actualidade, a industria alimentaria atópase coa pro-blemática do bisfenol A (BPA). Este produto utilízase como material de recubrimento de latas de bebidas de refrescos, latas de conservas ou briks. Este “plastificado” interno pretende evitar que o contido da lata a oxide. O bisfenol A denomínase “disruptor endócrino“ porque interfire co sistema endócrino, acelerando ou freando a actividade ou o efecto dalgunhas hormonas.

O BPA foi avaliado de novo pola Axencia Europea de Segurida-de Alimentaria (EFSA, nas súas siglas en inglés), que reduciu as súas doses diarias tolerables de 50 a 4 microgramos por quilo-gramos de peso corporal ao día. Aínda así, o organismo enga-de que a exposición da poboación europea a esta substancia non supón un risco para a saúde dos consumidores, malia que recoñece que continúa atenta a novos datos toxicolóxicos que emitan entidades de referencia. Entón, reavaliará de novo a dose recomendada.

De todos os xeitos, en 2011, a UE xa tomou medidas e apro-bou a Directiva 2011/8/UE da Comisión, do 28 de xaneiro de 2011, a través da cal se prohibiron os biberóns de plástico que levasen o compoñente bisfenol A (BPA).

1514

semáforo nutrIcIonalCanto atún ou bonito podemos comer? A respos-ta non é sinxela, xa que a Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición (Aecosan) non presenta un criterio firme sobre o tema. Na súa última actualización respecto desta cuestión, realizada en outubro de 2013, a institución sinala que o mercurio, na súa forma de metilmercurio (MeHg), é un tóxico que con-vén evitar e acompaña esta advertencia referín-dose a un estudo no que analizaron 21 mostras de atún enlatado, o representante habitual dos túnidos. A investigación concluíu que o nivel medio de mercurio (0,26 mg/kg) se situaba moi por debaixo do límite máximo establecido na UE para o mercurio en atún (1,00 mg/kg ). Aínda que a marxe existente ata alcanzar o valor da inxestión semanal tolerable é amplo, as cifras poñen de manifesto unha achega significativa das conservas de atún á inxestión de MeHg dos consumidores. En consecuencia, é de especial

de calIdadeExisten diferentes tipos de conservas de atún e de bonito no mercado. Desde o punto de vista nutricional, hai poucas diferenzas entre unhas e outras. Aínda así, hai dous consellos importantes que se deben ter en conta para medir a calidade das conservas. O primeiro, que canto menos sal conteña o produto escollido, será mellor. O se-gundo, que canta maior calidade teña o aceite de cobertura, máis calidade terá o alimento. As presentacións de atún e de bonito en con-serva máis comúns son “ao natural”, “en aceite” e “en escabeche”, pero hai moitas outras.

en aceite de oliva. A fama do aceite de oliva é suficiente como para non dubidar á hora de escoller. Numerosos estudos mostraron claros beneficios cardiovasculares do seu consumo habitual, sobre todo se se trata de aceite de oliva virxe. Con todo, non se debe pensar que saudable significa baixo en ca-lorías, dado que achega as mesmas calorías ca o resto dos aceites.en aceite de xirasol. Ata hai uns poucos anos, os nutricionistas pensaban que os áci-dos graxos do aceite de xirasol (sobre todo o omega-6) resultaban prexudiciais ante un consumo habitual. No entanto, novos datos constataron que a súa inxestión non afecta en absoluto a saúde. O aceite de xirasol é máis sensible á calor ca o de oliva, pero como o aceite de xirasol das latas de atún non foi sometido a altas temperaturas non supoñerá unha preocupación.en aceite vexetal. Aínda que non existen grandes diferenzas en canto á graxa total ou graxas saturadas, o certo é que o perfil nutricional destes aceites adoita ser un pou-

*Semáforo nutricional resultante de comprar 5 tipos distintos de atún e 4 de bonito, segundo unha ración de consumo: 52 gramos, o peso dunha lata estándar. (1) Indica a proporción achegada respecto da inxestión de referencia (IR) que unha persoa adulta necesita inxerir de cada nutriente: 2000 kcal, 70 g de graxa, 20 g de graxa saturada, 90 g de azucres, 5 g de sal e 24 g de fibra. O semáforo nutricional baséase nun sistema de cores: verde-baixa cantidade (a achega é menos do 7,5 % da IR), amarelo-cantidade media (entre o 7,5 % e o 20 %) e laranxa-canti-dade alta (máis do 20 %).

PRINCIPAIS PROPIEDADES DO ATÚN E DO BONITO EN CONSERVA QUE NOS MOSTRA O SEMÁFORO NUTRICIONAL?*

En 1 ración: (52 g de produto)

ENERXÍA GRAXA GRAXA SATURADA AZUCRES SAL FIBRA

(kcal) % IR(1) (g) % IR(1) (g) % IR(1) (g) % IR(1) (g) % IR(1) (g) % IR(1)

Atún claro en aceite de oliva 131,0 6,6 9,4 13,4 1,5 7,5 0,0 0,0 0,5 10,4 0,0 0,0

Atún claro en aceite de xirasol 128,0 6,4 8,8 12,6 1,0 5,0 0,0 0,0 0,7 14,0 0,0 0,0

Atún claro en aceite vexetal 94,7 4,7 8,6 12,3 1,0 5,1 0,0 0,0 0,5 10,6 0,0 0,0

Atún en escabeche 73,0 3,7 2,9 4,1 0,4 2,0 0,0 0,0 0,5 10,4 0,0 0,0

Atún ao natural 61,0 3,1 1,4 2,0 0,1 0,5 0,0 0,0 0,6 11,2 0,0 0,0

Bonito do norte en aceite de oliva 106,0 5,3 5,3 7,6 1,0 5,0 0,0 0,0 0,6 11,2 0,0 0,0

Ventrecha de bonito en aceite de oliva 179,8 9,0 13,7 19,6 3,5 17,5 0,0 0,0 0,4 7,6 0,0 0,0

Bonito do norte en escabeche 166,0 8,3 9,9 14,1 2,2 11,0 0,0 0,0 0,5 9,6 0,0 0,0

Bonito do norte baixo en sal 134,3 6,7 9,3 13,3 1,6 8,0 0,0 0,0 0,1 2,8 0,0 0,0

gu

ía d

e co

mp

ra a

tún

e b

on

ito

en

co

nse

rva

interese reducir a exposición a MeHg das po-boacións máis sensibles (nenos menores de 12 anos, mulleres embarazadas e lactantes) e, polo tanto, convén limitar o consumo das especies de peixe con niveis máis elevados de mercurio.Na busca dun consenso máis claro, a Food and Drugs Administration (FDA) ofrece recomenda-cións máis precisas. A poboación vulnerable debe limitar o consumo de atún fresco a 6 on-zas (170 g) por semana. Para o atún enlatado, as cantidades difiren das que se indican para os filetes de atún fresco, que tenden a conter niveis máis altos de mercurio. Non debemos esquecer que o peixe —espe-cialmente o peixe azul— é unha parte moi importante dunha dieta saudable polas propie-dades nutricionais que comentamos. Por tanto, convén ter en conta a relación risco-beneficio. Neste caso, e excluídos os grupos de risco, os beneficios son moito maiores ca os riscos, polo que deberiamos seguir consumindo peixe. Iso si, consumindo con moderación as especies que son máis susceptibles de conteren mercurio, como o peixe espada, a quenlla e o atún. Por tanto, a recomendación de consumo no caso dos homes sans (adultos) é de dúas la-tas de ao redor de 50 gramos á semana e os beneficios superarán sen dúbida os posibles riscos. No caso das mulleres en idade fértil, embarazadas ou nenos menores de 3 anos, débese evitar o consumo sempre que existan dúbidas de se se trata de atún vermello (Thun-nus thynnus). En nenos de 3 a 12 anos hai que moderar a inxestión e non se debe superar o consumo dunha lata semanal (50 gramos) se, de novo, se dubida de se se trata de atún vermello (Thunnus thynnus).

co peor (o tipo de graxas saturadas é menos saudable), polo que se o peto o permite é mellor decantarse polos enlatados con acei-te de oliva ou xirasol.en escabeche. Trátase de preparacións cu-xa base é o vinagre. A diferenza do que oco-rre co resto de presentacións, poden conter potenciadores do sabor, coma o glutamato monosódico (E-621), desaconsellados para un consumo habitual. Acostuman a ter tamén un contido notable en sal.ao natural. O seu contido en graxas é moití-simo menor, dado que non se conservaron en aceite, polo que resultan unha opción intere-sante no caso das persoas que deben con-trolar ou ben as calorías ou ben as graxas que toman. É importante lembrar que, salvo nas situacións anteriores, non ten sentido limitar as graxas do atún enlatado.con tomate. Trátase dunha receita de atún ou bonito con salsa de tomate, que adoita acompañarse de aceite de xirasol. O certo é que non existen notables diferenzas nu-tricionais entre esta presentación e o resto, aínda que achegará un maior contido en ca-rotenoides, unhas substancias presentes no tomate e que no noso organismo se transfor-man en vitamina A.sen sal. Trátase da opción máis recomenda-ble, dado que unha boa parte da poboación española sofre hipertensión. Aínda que non se padeza esta enfermidade, consumimos de-masiado sal (o dobre do recomendado pola Organización Mundial da Saúde) e os atúns enlatados acostuman a conter bastante sal, así que ten sentido decantarse por esta op-ción sempre que estea dispoñible.

1716

gu

ía d

e co

mp

ra a

tún

e b

on

ito

en

co

nse

rva

Como se elabora unha lata de atún en conserva? Cando degustamos atún en cada unha das súas múltiples variedades culinarias, moi poucas veces os consumidores nos decatamos da importancia que posúen as diferentes etapas de manexo que estes peixes atravesan desde o momento da súa pesca ata a súa presentación gastronómica nos nosos menús. No atún, cada unha desas fases ten unha gran repercusión en canto á súa futura calidade.

Unha das principais formas de procesar este tipo de peixe é enlatalo. Para iso, as empresas contan cunha serie de máquinas e equipos que elaboran os envases e as tapas de folla de lata que se utilizan posteriormente para o enchido e o selado dos produtos en conserva.

A transformación do peixe fresco nun produto listo para o consumo, en lata, realízase seguin-do os pasos que se indican a continuación:

> Recepción. O atún ou o bonito que se vai procesar provén dunha frota atuneira e é revisado por un inspector de control de calidade para a súa avaliación.

> clAsificAción. Os túnidos clasifícanse en relación co seu peso e coa súa especie.

> lAvAdO. Elimínanse as materias estrañas ou as impurezas con auga limpa a baixa temperatura.

> cORte e evisceRAdO. Realízase cando o tecido muscular aínda é firme e depende do tamaño do atún e da dimensión da peza que se desexa obter. Tras cortar, límpase retirando coidadosamente as vísceras.

> lAvAdO. Lávanse os anacos con abundante auga a temperatura ambiente para eliminar residuos.

> cOcción. A cocción realízase a unha tem-peratura de 100° C durante 4 horas para os atúns de arredor de 35 quilos.

> descAbezAdO, esfOlAdO e limpezA. Tras arrefriar, procédese á separación manual. Primeiro, retírase a cabeza do corpo e logo, con coitelos, ráspase ou quítase a pel. Despois, libéranse das espiñas e do sangue para obter os lombos de atún limpos e de excelente calidade.

> envAsAdO. Colócanse manualmente nas canles horizontais da máquina para seren

empacados e cortados dunha forma automática, acorde cos envases.

> dOsificAción de líquidO de cObeRtuRA. Ao atún empaca-

do engádeselle unha dose

de salmoira e logo o líquido de cobertura (auga ou aceite), a unha temperatura entre 60° C e 80° C. O líquido de cobertura serve como medio de transmisión de calor e elimina algunhas bacterias que poidan estar presentes.

> selAdO e lAvAdO. As latas péchanse her-meticamente para garantir a vida útil do produto. A tapa é codificada para a identi-ficación do lote correspondente. O selado debe facerse con probas de dobre peche e sen carga. Os envases xa pechados lávanse con auga quente a presión para eliminar remanentes de líquido de cobertura na superficie da lata.

> esteRilizAción. É a fase máis importante do proceso. O produto é sometido á acción do vapor directo a alta temperatura durante unha hora, coa finalidade de reducir a carga micro-biana a niveis establecidos como seguros.

> escORRidO e secAdO. Sécanse as latas.

> etiquetAxe e embAlAxe. A etiquetaxe do produto terminado realízase de forma manual. Previamente, límpase cada unha das latas, o que permite descartar aquelas que teñan algún defecto físico. As latas etiquetadas colócanse en caixas de cartón de diferentes unidades. Os cartóns embala-dos trasládanse a adegas onde se estiban ou distribúen convenientemente.

> AlmAcenAmentO/cORentenA e distRi-bución. Se os procesos se fixeron correcta-mente, obtense unha lata cun tempo de vida útil de ao redor de 4 anos ao natural e de 6 anos para o resto.

suxestIóns de compraO atún e o bonito en conserva teñen múltiples beneficios para a nosa saúde e ademais son estupendos ingredientes para compoñer receitas deliciosas. Velaquí algunhas recomendacións para lograr o máximo sabor nas nosas preparacións culinarias:

para elaborar entrantesXa sexan unhas tostas untadas, un volován recheo ou unha en-salada rusa dentro duns tomates cereixa, a opción máis segura é a do atún en aceite de oliva e esmiuzado. A razón para elixilo é que, unha vez escorrido da conser-va, se mesturará e unirá a outros ingredientes para lle dar a textura cremosa, fácil de untar e de en-cher. É importante que matiz de sabor se lle quere dar á mestura:

Se se acompaña a tosta cremo-sa de atún cuns chiles, pódese elaborar a crema con atún en escabeche, que dará un contra-punto moi saboroso.

para gornecer pratos de arroz e de pasta. Neste caso, se se em-prega unha ventrecha de atún en conserva, conseguirase unha textura moi suave para acompañar unha ensalada tépeda de pas-ta. As conservas pódense servir frías ou lixeiramente tépedas.

para os ecoloxistasO mar non é unha despensa ili-mitada e, por iso, a única pesca posible é a sustentable. En España, un dos principais consumidores de pesca do mundo, pescadores, institucións e cidadáns téñeno cada vez máis claro. Nos últimos anos, os esforzos por aumentar a pesca sustentable e controlar a ilegal están a dar os seus froitos, malia que queda un longo camiño por percorrer. Unha forma na que os cidadáns poden contribuír á sus-tentabilidade é consumindo produ-tos pesqueiros co selo do Consello de Administración Mariño (MSC). Creado en 1997 pola organización conservacionista WWF e a empre-sa Unilever, este selo de cor azul converteuse nun estándar interna-cional para a pesca sustentable e a rastrexabilidade dos produtos pes-queiros. En España, os consumido-res poden atopar diversas marcas que comercializan envases de atún certificados con esta ecoetiqueta.

Se, pola contra, se buscan uns sabores máis matizados (como nunha ensalada rusa ou unha crema suave para untar xunto cun toque de cebola e pemento confeitado), a mellor opción será a dun atún en conserva natural ou en aceite de xirasol.

para facer ensaladasSe se ten en mente preparar a mellor ensalada do mundo, necesí-tanse produtos de calidade. Para esta ensalada, entón compraranse uns lombos de atún en aceite. A idea é sacar unhas láminas de atún grandes, con boa presenza, que asegurarán o éxito da receita.

para preparar merendas e tacosPara a preparación de bocadillos, sándwichs ou patés caseiros de atún, que tanto lles gustan aos máis pequenos da casa, o idóneo é comprar unhas latiñas de atún en aceite de xirasol, que está case esmiuzado. Só se ten que escorrer o aceite da conserva e estará listo para preparar unha deliciosa e nutritiva merenda.

para servir como guarniciónAdemais de pratos fríos, como ensaladas ou sándwichs, o atún en conserva tamén pode acom-pañar preparacións un pouco máis elaboradas e utilizarse

1918

CESTA CONTIDO

CANTIDADE PREZO

1 Atún claro en escabeche EROSKI (paquete de 3 x 80 g)1 Atún en tomate ISABEL (paquete de 3 x 85 g)1 Atún claro baixo en sal EROSKI Sannia (paquete de 3 x 80 g)1 Atún en aceite de xirasol CALVO (paquete de 3 x 80 g)

240 g255 g240 g240 g

1,69 euros1,98 euros1,99 euros2,01 euros

TOTAL 975 g 7,67 euros

1 Bonito en aceite de oliva baixo en sal EROSKI Sannia2 Atún claro en aceite de xirasol CALVO (120 g / 1,29 euros)2 Aínda claro natural CAMPOS (112 g / 1,59 euros)1 Atún en aceite de oliva KAY2 Atún claro en aceite de oliva CAMPOS (160 g / 2,05 euros)

115 g240 g224 g112 g320 g

1,89 euros2,58 euros3,18 euros1,29 euros4,10 euros

TOTAL 1.011 g 13,04 euros

1 Atún claro en aceite ALBO2 Bonito do norte en aceite de oliva EROSKI (111g / 1,89 euros)1 Bonito baixo en sal CALVO1 Atún claro en aceite de oliva CAMPOS1 Atún claro en aceite de oliva FRINSA1 Atún claro natural CUCA (paquete de 3 x 70 g)

92 g222 g111 g200 g200 g210 g

1,79 euros3,78 euros2,29 euros2,49 euros2,99 euros3,39 euros

TOTAL 1.035 g 16,73 euros

1 Bonito en aceite de oliva baixo en sal ALBO1 Ventrecha de bonito en aceite de oliva OLASAGASTI1 Ventrecha de bonito ZALLO1 Bonito do norte en aceite de oliva BILLANTE 1 Ventrecha de bonito ORTIZ

120 g270 g112 g400 g110 g

2,57 euros12,02 euros

9,15 euros9,00 euros7,99 euros

TOTAL 1.012 g 40,73 euros

FAMILIA A: 2 ADULTOS + 1 NENOCONSUMO MENSUAL: 400 gramos por persoa + 200 gramos por persoa TOTAL = 1.000 gramos

Apuntamentos para o aforroOs prezos das conservas de atún e bonito son moi dispares. Van desde os 10 aos 80 euros o quilo. As diferenzas obedecen a varios factores: a especie de peixe que se emprega (atún ou bonito), o corte e a presentación (ven-trecha, lombo ou esmiuzado, o conservante que se utiliza (aceite de oliva, escabeche, aceites vexetais...) e as marcas.

A elección dunhas opcións ou doutras dependerá do tipo de uso que lle vaiamos dar á conserva, dos gustos persoais e, por suposto, do peto. Como vimos, as diferenzas nutricionais non son significativas, de modo que pode-mos beneficiarnos das propiedades saudables deste alimento sen necesida-de de gastarmos demasiado.

As recomendacións de consumo roldan os 100 gramos semanais para as persoas adultas e os 50 gramos para os nenos. En base a estas cifras, escollemos dous modelos de familia para elaborar catro cestas da compra (compostas por distintas marcas), cuxas cantidades cubran as súas necesi-dades mensuais de atún ou bonito en conserva.

A comparativa ilustra como certas eleccións poden contribuír, ou non, ao aforro. Nalgúns casos, é interesante ter en conta os formatos máis grandes, cos que se pode gozar de certas especies ou partes do atún e, ao mesmo tempo, aforrar algo de diñeiro (bonito do norte en aceite de oliva Arroyabe, lata de 1 quilo, 16,50 euros; ou bonito en aceite de oliva Isabel, lata de 1 quilo, 19,35 euros).

www.consumer.es

gu

ía d

e co

mp

ra a

tún

e b

on

ito

en

co

nse

rva

CESTA CONTIDO

CANTIDADE PREZO

1 Atún claro en escabeche EROSKI (paquete de 3 x 80 g)1 Atún en tomate ISABEL (paquete de 3 x 85 g)1 Atún en aceite vexetal CALVO (paquete de 6 x 80 g)1 Atún claro baixo en sal EROSKI Sannia (paquete de 3 x 80 g)1 Atún en aceite de xirasol CALVO (paquete de 3 x 80 g)1 Atún alistado en aceite de oliva CALVO (paquete de 3 x 80 g)

240 g255 g480 g240 g240 g240 g

1,69 euros1,98 euros3,90 euros1,99 euros2,01 euros2,29 euros

TOTAL 1.695 g 13,86 euros

2 Bonito en aceite de oliva baixo en sal EROSKI Sannia (115 g / 1,89 euros) 3 Atún claro en aceite de xirasol CALVO (120 g / 1,29 euros)2 Aínda claro natural CAMPOS (112 g / 1,59 euros) 2 Atún en aceite de oliva KAY (112 g / 1,29 euros)2 Atún claro en aceite de oliva CAMPOS (160 g / 2,05 euros)1 Atún en aceite de xirasol RAZO

230 g360 g224 g224 g320 g240 g

3,78 euros3,87 euros3,18 euros2,58 euros4,10 euros2,15 euros

TOTAL 1.598 g 19,66 euros

1 Atún claro en aceite ALBO2 Bonito do norte en aceite de oliva EROSKI (111 g / 1,89 euros)2 Bonito baixo en sal CALVO (111 g / 2,29 euros)2 Atún claro en aceite de oliva CAMPOS (200 g / 2,49 euros)2 Atún claro en aceite de oliva FRINSA (200 g / 2,99 euros) 2 Atún claro natural CUCA (paquete 3 x 70 g)1 Bonito do norte en aceite de oliva AMU TRIKUARRA

92 g222 g222 g400 g400 g210 g225 g

1,79 euros3,78 euros4,58 euros4,98 euros5,98 euros6,78 euros4,25 euros

TOTAL 1.981 g 32,14 euros

1 Bonito en aceite de oliva baixo en sal ALBO2 Ventrecha de bonito en aceite de oliva OLASAGASTI1 Ventrecha de bonito ZALLO1 Bonito do norte en aceite de oliva BILLANTE1 Ventrecha de bonito ORTIZ1 Bonito do norte en aceite de oliva ORTIZ

120 g570 g112 g400 g110 g400 g

2,57 euros24,04 euros

9,15 euros9,00 euros7,99 euros9,52 euros

TOTAL 1.682 g 62,27 euros

FAMILIA B: 3 ADULTOS + 2 NENOSCONSUMO MENSUAL: 400 gramos por persoa+ 200 gramos por persoaTOTAL = 1.600 gramos

Escolléronse dous tipos de familia para elaborar catro cestas da compra, cuxas cantidades cobren as súas necesidades mensuais de atún ou bonito en conserva

2120

alimentación

Costumes que manchan os dentesCertos hábitos alimentarios inflúen de maneira directa na saúde e na brancura dental

Os hábitos alimentarios inflúen na brancura e na saúde dos nosos

dentes. O tabaco é a principal causa de que aparezan manchas, debido á acción do alcatrán. Tamén a nicotina favorece o desenvolvemento de carie, xa que tende a diminuír o fluxo sali-var. Así mesmo, substancias como as bebidas de cola, o té, o café ou o viño tinto afectan a coloración dos dentes e xeran manchas. Agora ben, existen alimentos capaces de branquear os dentes? Velaquí al-gúns mitos respecto desta cuestión:

MITO: Comer unha mazá, unha ce-noria ou un apio a dentadas é bo para limpar e puír os dentes e as enxivas. Ademais, estes alimentos incrementan a produción de sali-va, que é un protector natural dos dentes.

REALIDADE: Non está demostrado que estes alimentos estimulen máis a produción de saliva ca outros. En xeral, a produción de saliva aumen-ta cos alimentos ácidos.

MITO: Os amorodos conteñen un en-cima que se atopa na maioría das pastas dentífricas branqueadoras, o ácido málico. Convén comelas a dentadas para que se freguen cos nosos dentes.

REALIDADE: Isto é falso. Como si-nala o odontólogo Ricardo Lau, os alimentos que máis ácido málico con-teñen son a mazá e a uva. Ademais, o ácido málico non se usa como bran-queador. Os dentífricos branqueado-res conteñen partículas de produtos abrasivos (coma o sílice e o carbo-nato cálcico) de diferentes tamaños. Doutra banda, os amorodos, pola súa cor e por ser ácidas, poderían

producir máis tintura (alteracións da cor orixinal) ca branqueamento dos dentes, aínda que conteñen outras propiedades nutritivas.

MITO: Os cítricos conteñen importan-tes cantidades de vitamina C que contribúe a aumentar a produción de saliva e favorece o branquea-mento natural e a limpeza bucal en xeral. Ademais, os cítricos teñen a particularidade de lles achegar bri-llo aos dentes.

REALIDADE: A vitamina C é anti-oxidante, elimina radicais libres e, en certo xeito, actúa como antibac-teriana. Tamén axuda á cicatriza-ción pola estimulación da síntese de coláxeno. Por iso, o seu papel máis ben é o de axudar á saúde das enxivas. Non se recomendan algunhas prácticas frecuentes, co-mo fregar os dentes con zume de limón e de pomelo.

Alimentos con cor: arroz de paella (con colorante), pastas con salsa de tomate, carnes vermellas, peixe azul, ketchup, mostaza, café só, té só, viño tinto, chocolate negro...

Influencia na saúdeA saúde dos dentes e da boca está relacionada coa saúde e co benestar xeral. A capacidade de mastigar e de tragar a comida é esencial para obter os nutrientes necesarios para o or-ganismo. Pero, ademais, un problema estético nos dentes pode afectar de forma negativa a capacidade de comu-nicación, ao falar e ao rir, o que pode repercutir na autoestima.Hai tres grandes tipos de enfermida-des bucais: a carie, a erosión e o des-gaste dos dentes, e as enfermidades periodontais ou das enxivas. De todas elas, a primeira é a enfermidade máis

común dos dentes. Os principais fac-tores para previla son: a hixiene bucal, o uso de flúor e o consumo modera-do de alimentos carioxénicos; é dicir, azucres e carbohidratos de todo tipo. Que máis se debe ter en conta?

Crese que os azucres simples (azu-cre de mesa, caramelos, lambeta-das...) son máis carioxénicos que a pasta, o arroz, o pan ou as froitas. No entanto, os alimentos con hidra-tos de carbono complexos (cereais coma o pan, galletas, arroz, pastas alimenticias, patatas, legumes etc.) tamén se degradan facilmente na boca debido a unha substancia que contén a saliva (alfa amilase) e por bacterias que aumentan a acidez da cavidade bucal, o que destrúe a integridade do esmalte e pode afectar o resto de compoñentes do dente.

En función de canto se pega aos dentes un alimento, este ten máis

risco de causar carie, en com-paración cos alimentos

que desaparecen da boca con rapidez. As

patacas fritas e as galletas pé-ganse aos dentes durante máis tempo ca os caramelos e xeran máis acidez. Os azucres solubles das lambetadas dilúense en menos tempo e, por tanto, prexudican me-nos os dentes.

Comer ou beber con moita fre-cuencia tamén é prexudicial por-que non se lle dá tempo ao esmalte dos dentes a remineralizarse por completo. Por iso, o mellor conse-llo é limitar o número de inxestións (consumo de comida ou de bebidas) con carbohidratos a un máximo de seis veces ao día.

Os queixos curados aumentan o flu-xo de saliva e protexen os dentes. O queixo, ademais, contén calcio, fosfa-tos e caseína, unha proteína láctea que protexe contra a desmineraliza-ción. Acabar unha comida cun anaco de queixo axuda a contrarrestar a acción dos ácidos producidos polos alimentos ricos en carbohidratos consumidos na mesma comida.

O leite tamén contén calcio, fosfato e caseína, mentres que o azucre do leite, a lactosa, é menos carioxéni-co ca outros azucres. O café e o té manchan menos os dentes cando se toman con leite.

Os edulcorantes intensos (coma sa-carina, ciclamato, acesulfamo-K e as-partamo) e os substitutos do azucre (coma isomalt, sorbitol e xylitol) non poden fermentarse polas bacterias da boca e non a prexudican. De feito, as gomas de mascar sen azucre es-timulan o fluxo de saliva, contribúen á prevención de carie e, consumidas tras unha comida, aceleran a limpeza dos restos de alimentos.

www.consumer.es

En conclusión, é recomendable levar unha alimentación variada e comple-ta; evitar os petiscos e outros hábitos prexudiciais coma o tabaco ou o café en exceso, e comer unha froita ou un-ha hortaliza a dentadas de cando en vez favorecerá unha dentadura sa e con bo aspecto.

Alimentos que axudanNa actualidade, existen técnicas odontolóxicas para branquear os den-tes e quitar as manchas. Esta opción é efectiva, sobre todo para quen pa-deceu algunhas enfermidades infantís ou tomou certos medicamentos na in-fancia, durante a formación dos den-tes. Estes casos teñen difícil solución a través da propia alimentación. Aínda así, tras recorrer a este tipo de tratamentos, os alimentos si que po-den desempeñar un papel importante. Despois dun branqueamento dental, durante as seguintes 24 ou 48 horas é importante levar unha “dieta branca”; é dicir, escoller alimentos sen cor e

evitar outros que si a teñen: Alimentos sen cor: arroz branco, pasta con queixo ou nata, carnes brancas, peixe branco, lácteos, chocolate branco...

2322

afondoAnálise dAs medidAs AntropométricAs de 3966 persoAs pArA coñecer A prevAlenciA de exceso de peso e obesidAde AbdominAl en espAñA

A prevAlenciA de sobrepeso estimAdA nA poboAción AdultA en espAñA é do 39,6 % e A de obesidAde do 21,6 %, segundo A enquisA nutricionAl dA poboAción espAñolA (enpe)

3 de cada 5 persoas de 25 a 64 anossofre exceso de peso

A prevalencia mundial de obesidade duplicouse entre 1980 e 2014, segun-do datos da Organización Mundial da Saúde (OMS). En 2014, o 39 % das persoas adultas de 18 ou máis anos tiña sobrepeso e o 13 % era obesa. En 2013, máis de 42 millóns de nenos menores de cinco anos tiñan sobrepeso.A OMS define a obesidade e o sobrepeso como unha acumulación anor-mal ou excesiva de graxa que pode ser prexudicial para a saúde. Este problema débese fundamentalmente a un desequilibrio enerxético entre as calorías consumidas e gastadas. En liñas xerais, a humanidade au-mentou a súa inxestión de alimentos hipercalóricos (ricos en graxa, sal e azucres, pero pobres en vitaminas, minerais e outros micronutrientes) e reduciu considerablemente a actividade física realizada, o que supón un fomento do sedentarismo.O exceso de peso converteuse nun dos problemas máis importantes de saúde pública no mundo. Segundo a OMS, tanto a obesidade coma o so-brepeso están relacionados con máis mortes ca o baixo peso. Presentar valores altos no índice de masa corporal (IMC) e obesidade abdominal asóciase con mortalidade, morbilidade, discapacidade e, polo tanto, cun estado de saúde deteriorado e cunha baixa calidade de vida. Ademais, a obesidade é un factor de risco de enfermidades como a diabetes mellitus tipo 2, as enfermidades cardiovasculares e algúns tipos de cancro.Esta situación levou a Fundación EROSKI a poñer en marcha en 2014 a Enquisa Nutricional da Poboación Española (ENPE), xunto á Sociedade Española de Nutrición Comunitaria (SENC), co obxectivo de describir a prevalencia de obesidade total e abdominal nunha mostra represen-tativa da poboación española e tamén para analizar a distribución de distintos indicadores de adiposidade corporal (porcentaxe de masa total do corpo composto de graxa).

24 25

Análise dAs medidAs AntropométricAs de 3966 persoAs pArA coñecer A prevAlenciA de exceso de peso e obesidAde AbdominAl en espAñA afondo

talle que se adoita utilizar para identificar o sobre-peso e a obesidade nos adultos. Aínda que o IMC proporciona información útil sobre o exceso de peso na poboación (é a mesma medida para ambos os sexos e para os adultos de todas as idades), a OMS recomenda considerala a título indicativo porque é posible que non se corresponda co mesmo nivel de grosor en diferentes persoas.Pola súa banda, o perímetro da cintura utilízase para estimar a prevalencia da obesidade abdomi-nal. No entanto, este indicador pode sobreestimar ou subestimar o risco dos individuos altos e baixos, xa que non ten en conta o talle. De modo que, como alternativa, os expertos do ENPE propuxeron o ín-dice cintura-talle, un bo indicador de adiposidade abdominal, similar ao perímetro da cintura.

principAis conclusiónsEn España, un IMC alto e un perfil de dieta in-adecuada eríxense como os dous principais fac-tores de risco á hora de desenvolver unha en-fermidade, segundo un informe elaborado polo Institute for Health Metrics and Evaluation con datos do ano 2013. As conclusións do estudo ENPE inciden principal-mente no primeiro aspecto e os resultados non son alentadores. Os expertos do estudo ENPE conclúen que a prevalencia de obesidade xeral e de obesida-de abdominal en España é alta, aínda que presenta unha distribución desigual entre as distintas comu-nidades autónomas.

En total, 3966 persoas distribuídas por todo o terri-torio nacional (máis de 210 persoas por comunidade autónoma) achegaron as súas medidas antropomé-tricas. O 52 % eran mulleres e todos os participan-tes tiñan idades comprendidas entre os 25 e os 64 anos: o 30 % de 45 a 54, un 28 % entre 35 e 44, outro 21 % entre 55 e 64 e o 20 % de 25 a 34. Ademais, segundo o seu nivel educativo, o 43 % tiña estudos primarios ou menos, o 34 % contaba con estudos se-cundarios e o 23 % contaba con estudos superiores.Esta investigación foi dirixida por varios espe-cialistas: o director, Javier Aranceta (profesor de Nutrición Comunitaria na Universidade de Navarra, presidente do Comité Científico SENC e investiga-dor na Rede CiberOBN); a coordinadora, Carmen Pérez Rodrigo (SENC-Fundación FIDEC) e os investigadores, Goiuri Alberdi (SENC-School of Medicine en University College of Dublin), Natalia

clAsificAción do peso utilizAdA, en función do índice de mAsA corporAl (imc)Xeral ÍNDICE

SobrepeSo IMC ≥ 25

obeSidade IMC ≥ 30

En función de criterios establecidos pola SEEDO

baixo peSo IMC < 18,5

NormopeSo IMC = 18,5-24,9

SobrepeSo i IMC = 25,0-26,9

SobrepeSo ii IMC = 27,0-29,9

obeSidade i IMC = 30,0-34,9

obeSidade ii IMC = 35,0-39,9

obeSidade iii IMC = 40,0-49,9

obeSidade iV IMC ≥ 50

FONTE: Enquisa Nutricional da Poboación Española (ENPE) e Revista Española de Cardioloxía.

clAsificAción dA obesidAde AbdominAl (oA) utilizAdA

SEguNDO CrItErIOS Da OMS ÍNDICE

Considerando o perímetro da cintura ou PC

oa eN homeS PC > 102 cm

oa eN mullereS PC > 88 cm

Considerando o índice de cintura-cadeira ou C-C

oa eN homeS C-C > 0,90 cm

oa eN mullereS C-C > 0,85 cm

Considerando o índice de cintura-talle ou C-t

oa eN amboS oS SexoSC-T > 0,5 cm

C-T > 0,55 cm

FONTE: Enquisa Nutricional da Poboación Española (ENPE) e Revista Española de Cardioloxía.

FONTE: Enquisa Nutricional da Poboación Española (ENPE) e Revista Española de Cardioloxía.

CálCulos:

Índice de masa corporal (IMC)= peso (kg)/ talle (m)2.

Índice de cintura-cadeira (C-C)= perímetro da cintura (cm)/ perímetro da cadeira (cm).

Índice cintura-talle (C-T)= perímetro da cintura (cm)/talle (cm)

Índice de adiposidade corporal (IAC)= perímetro da cadeira (cm)/talle (m)

MEDIDAs:

Talle (cm)

Peso corporal (kg)

Perímetro da cintura ou PC (cm)

Perímetro da cadeira (cm)

Ademais, insisten na necesidade dunha mellor vixi-lancia sistemática, especialmente nos grupos de poboación con maior risco e a implementación de estratexias preventivas de carácter xeral dirixidas a toda a poboación e accións asistenciais específicas para os individuos afectados.

exceso de peso frecuenteA prevalencia de sobrepeso estimada na poboación adulta española entre os 25 e os 64 anos alcanza o 39,3 % e é máis elevada entre os homes (46,5 %, fronte ao 32,1 % das mulleres). Pola súa banda, a prevalencia global de obesidade estímase no 21,6 %, tamén superior nos homes (22,8 %) fronte ás mu-lleres (20,5 %). Tanto o sobrepeso como a obesidade aumentan sig-nificativamente coa idade en ambos os sexos e en todos os grupos analizados a cifra é superior entre os homes.Se se suman as proporcións de prevalencia de sobrepeso e obesidade, o total entre a poboación adulta española de 25 a 64 anos é do 60,9 %: o 69,3 % os homes e o 52,6 % as mulleres. E, en concreto, a prevalencia de valores de IMC igual ou superior a 35 estímase no 5,2 % e alcanza o 6,9 % no grupo de 55 a 64 anos.Por comunidade autónoma, as taxas de obesidade máis altas atópanse en Asturias (25,7 %) e en Galicia (24,9 %), seguido de Andalucía (24,4 %), mentres que as taxas máis baixas obsérvanse nas Illas Baleares (10,5 %), Cataluña (15,5 %) e País Vasco (16,8 %).

FONTE: Enquisa Nutricional da Poboación Española (ENPE) e Revista Española de Cardioloxía.

Ramos (departamento técnico-Sprim) e Sonia Lázaro (Sprim). Ademais, a Revista Española de Cardioloxía1 publicou en abril de 2016 as conclu-sións principais do estudo.

medidAsA recompilación de datos levouse a cabo entre maio de 2014 e maio de 2015. Obtivéronse datos antro-pométricos válidos de 3801 suxeitos (o 49 % homes e o 51 % mulleres).Enquisadores profesionais formados especificamen-te para esta investigación mediu cada participante en posición de bipedestación (de pé), descalzo e con roupa lixeira. En concreto, tomáronse as seguintes medidas an-tropométricas individuais:

·Talle (cm): cun estadiómetro portátil mediuse a distancia entre a cabeza e os pés.·Peso corporal (kg): con básculas dixitais mediuse o peso do corpo distribuído entre ambos os pés.·Perímetro da cintura ou PC (cm): cunha cinta métrica inextensible buscouse o punto medio en-tre o último aro costal e a crista ilíaca e, nese punto, mediuse a circunferencia da cintura. ·Perímetro da cadeira (cm): cunha cinta métrica inextensible mediuse o punto de máxima circun-ferencia sobre as nádegas nun plano horizontal.

O talle e o peso corporal proporcionan o índice de masa corporal ou IMC. A OMS explica que se trata dun indicador simple da relación entre o peso e o

perfil dos pArticipAntesSEXO: Mulleres51,6 %

NIVEL EDUCATIVO: Primarios e secundarios64,1 %

ORIXE: Por comunidade autónoma + 210

IDADE: 35-54 anos58,1 %

1 Aranceta-Bartrina, J., Pérez-Rodrigo, C., Alberdi-Aresti, G., Ramos-Carrera, N., Lázaro-Masedo, S. Prevalencia de obesidade xeral e obesidade abdominal na poboación adulta española (25-64 anos) 2014/15: estudo ENPE. Rev. Esp. Cardiol. 2016; 69(6): 579-587.

2726

Medidas e cálculos da enquisa ENPE

Análise dAs medidAs AntropométricAs de 3966 persoAs pArA coñecer A prevAlenciA de exceso de peso e obesidAde AbdominAl en espAñA afondo

media vai dos 80,3 kg aos 82,6 kg. Pola súa banda, entre as mulleres a tendencia é similar, aínda que o incremento se produce a medida que avanza a idade. A media sobe desde os 63,5 kg ata os 70,6 kg.En canto ao talle, esta medida diminúe progresi-vamente coa idade, tanto nos homes coma nas mu-lleres. Eles pasan dunha media de 175,7 cm a 169,9 cm e elas de 162,2 cm a 158,6 cm.Por último, os valores medios das circunferencias de cintura e cadeira mostran un aumento importan-te coa idade, tanto nos homes (a cintura vai desde os 88,7 cm aos 99,7 cm e a cadeira empeza nos 97,8 cm ata os 103,5 cm) coma nas mulleres (en cintura vai de 79,9 cm a 91,8 cm e en cadeira empeza en 97,9 cm aos 104,9 cm).

índices crecentesO crecemento das medidas de acordo co aumento de idade tamén inflúe no resultado dos índices. Por tanto, crece a media de IMC (un 10 % eles e un 15 % elas) e tamén o índice medio de adiposidade corporal ou IAC (tanto en homes coma en mulleres, un 18 %).Ocorre o mesmo cos índices de cintura-cadeira e cintura-talle. Tanto nos homes coma nas mulleres aumenta en función da idade: o de cadeira arredor dun 6 % en ambos os sexos e o de talle un 16 % nos homes e un 18 % nas mulleres.

www.consumer.es

prevAlenciA de obesidAde AbdominAlA obesidade abdominal pode medirse en función de diferentes criterios. En primeiro lugar, se se ten en conta o perímetro da cintura, estímase que un 33,4 % da poboación cunha idade entre 25 e 64 anos ten obesidade abdominal; é dicir, a súa cin-tura supera os 102 cm se é home e os 88 cm se é muller. Por sexos, afecta o 43,3 % das mulleres e o 23,3 % dos homes.Estas cifras son moi superiores se se utiliza como criterio o índice de cintura-cadeira: en homes máis do 0,90 e, en mulleres, maior ca o 0,85. Así, a pro-porción de persoas entrevistadas con obesidade abdominal alcanzaría o 64,5 %.Tamén son elevadas se se ten en conta o índice de cintura-talle. Neste caso, se se sitúa o punto de corte en 0,55, a proporción é do 69,7 % e, se se sitúa no 0,55, a cifra redúcese ata o 44,4 %.A maioría das persoas con obesidade abdominal padecen tamén sobrepeso ou obesidade; é dicir, te-ñen un IMC igual ou superior a 25. Tendo en conta o criterio de perímetro de cadeira, a proporción é de 90 %. Se se usa o de cadeira-cintura, a cifra baixa ata o 72,5 % e, se se usa o de cintura-talle, está entre o 81,8 % e o 89,8 %.

peso e tAlleEntre os homes, o peso aumenta significativamente entre o grupo de 25 a 34 anos e o seguinte inter-valo de idade é o de 35 a 44 anos. En concreto, a

FONTE: Enquisa Nutricional da Poboación Española (ENPE) e Revista Española de Cardioloxía. OBESIDADE ABDOMINAL: Baséase no índice cintura-talle, cualificado como o mellor preditor de factores de risco cardiovascular.

prevAlenciA de exceso de peso e obesidAde AbdominAl por grupos de idAde

HOMES

MULLERES

SOBREPESO

OBESIDADE

Supera a media nacional en sobrepeso (39,3 %)

Supera a media nacional en obesidade (21,6 %)

Supera ambas as medias

Mapa da prevalencia de obesidade na poboación adulta (25-64 anos) en España, por comunidade autónoma

FONTE: Enquisa Nutricional da Poboación Española (ENPE) e Revista Española de Cardioloxía.

MEDIDASIDADE ExcESo DE pESo obESIDADE AbDoMInAl(1)

Franxa (anos)

Índice de masa corporal (imC)

Índice de cintura-talle

(C-T)Sobrepeso

(imC 25,0-29,9)obesidade (imC=->30)

C-T > 0,50 cm

C-T > 0,55 cm

25-34 24,5 Kg/m2 0,49 cm 24,3 % 11,4 % 40,2 % 24,5 %

35-44 25,5 Kg/m2 0,52 cm 26,3 % 19,0 % 58,0 % 36,1 %

45-54 26,0 Kg/m2 0,54 cm 35,4 % 18,8 % 65,2 % 43,8 %

55-64 28,1 Kg/m2 0,58 cm 41,6 % 32,1 % 87,1 % 66,0 %

MEDIDASIDADE ExcESo DE pESo obESIDADE AbDoMInAl(1)

Franxa (anos)

Índice de masa corporal (imC)

Índice de cintura-talle

(C-T)Sobrepeso

(imC 25,0-29,9)obesidade (imC=->30)

C-T > 0,50 cm

C-T > 0,55 cm

25-34 25,8 Kg/m2 0,51 cm 44,4 % 12,7 % 56,4 % 22,6 %

35-44 27,1 Kg/m2 0,54 cm 46,8 % 20,0 % 66,2 % 35,9 %

45-54 27,3 Kg/m2 0,56 cm 48,4 % 23,7 % 85,5 % 54,5 %

55-64 28,4 Kg/m2 0,59 cm 44,9 % 35,0 % 94,5 % 67,6 %

2928

egoñaBBlazquez

cara a caraDEREITOS DOS vIaXEIROS

“Reclamar pode ser un calvario para o consumidor”

Comeza a conta atrás para os 28 millóns de españois que viaxarán este verán. Pero unha maleta rota, un coche de alugamento máis caro do acordado ou un avión con atraso poden transformar as vacacións nun quebracabezas. E o mellor recurso é a reclamación. Begoña Blázquez, asesora do Centro Europeo do Consumidor en España, unha oficina pública de atención ao consumi-dor en calquera Estado membro da Unión Europea, lembra que aínda que reclamar poida ser molesto “é un dereito e unha loita de todos”. Esta licenciada en Dereito e activista de 28 anos aconsella armarse de pa-ciencia e, ante todo, estar informado.Seis de cada dez españois prepá-ranse para gozar do verán, tanto dentro coma fóra de España, se-gundo o barómetro “Vacacións dos Europeos 2015”, de Europ Assis-tance. Cales son os problemas máis frecuentes que se poden atopar? Os sectores máis críticos en vacacións son o transporte aéreo e o aluga-mento de vehículos. O problema cos coches de alugamento comeza cando hai danos no vehículo e a compañía quere cobrarnos. Ademais, hai em-presas que non ofertan o vehículo ao prezo final, senón a outro máis barato. Tamén nos poden persuadir para con-tratar un seguro non obrigatorio. O 76 % dos viaxeiros españois te-me perder a súa maleta ao factura-la, segundo unha enquisa dixital. Se unha aeroliña perde a equipaxe, que se debe facer en primeiro lugar? O primeiro paso é reclamarlle á compa-ñía, e isto hai que facelo canto an-tes. Débense respectar os prazos de reclamación que fixa o Convenio de

Montreal, que son sete días para ma-letas danadas e dez días en caso de recibir a maleta con atraso. Se non respectamos eses prazos, a compañía deixa de ter a responsabilidade de compensarnos. Atrasos de voos, cancelacións e so-brerreservas —sobrevenda de bi-lletes por parte da aeroliña— son problemas habituais que acontecen nas vacacións. Nun mes de verán, unha media de 4500 voos europeos son cancelados e 98.000 sofren al-gún tipo de atraso. Dio o portal de viaxes Flightstats. Que hai que fa-cer nestes casos? Se o atraso é de tres horas ou máis, temos dereito a asistencia, ao reembolso do billete ou a un transporte alternativo e a unha compensación, segundo a distancia do voo en quilómetros. No resto dos casos, o Centro Europeo do Consumi-dor en España fará de mediador coas compañías de fóra do país. E, se se trata dunha empresa española, o con-sumidor pode ir á Oficina Municipal de Información ao Consumidor do seu concello ou á Dirección Xeral de Con-sumo da súa comunidade autónoma.E se lle reclamamos á compañía pero non quedamos satisfeitos? Hai que acudir á Axencia Estatal de Segurida-de Aérea, que investigará o ocorrido e emitirá un informe que a empresa pode ou non respectar. Se aínda así non quedamos satisfeitos, sempre po-demos recorrer aos tribunais. Hai unha escena que se repite cada verán: contrátase unha viaxe cunha axencia e ao chegar ao hotel non hai cuarto ou non é como prometía. Esta situación é legal? Que debe esixir o viaxeiro? Non, non é legal. Por iso, é moi importante conservar

todos os folletos e publicidades que nos proporciona a axencia antes e despois de contratar. Ademais, hai que queixarse no mesmo momento á axencia para solucionalo. Se infor-mamos e non nos solucionan o pro-blema, hai que reclamar primeiro na axencia e despois na Oficina Muni-cipal de Información ao Consumidor ou no Centro Europeo do Consumi-dor para obter unha compensación. O viaxeiro debe prepararse para sufrir controis exhaustivos de segu-ridade nos aeroportos. Hoxe en día teñen menos dereitos? Non, existe preocupación por cambiar o sistema e os pasos que se están a dar van na dirección apropiada. O número de persoas afectadas ca-da ano en España por atrasos, can-celacións, sobrerreservas ou perda de equipaxe rolda os dous millóns, pero segundo datos da empresa Airhelp só reclama a metade. Por que reclamamos tan pouco? Recla-mar custa máis ca o que se sofre real-mente. O consumidor adoita valorar que non compensa: primeiro hai que descubrir a onde hai que ir, que docu-mentación se necesita etc. O viaxeiro sabe que o proceso de reclamar será longo. Moitos consumidores bótanse para atrás e demasiadas reclama-cións quedan polo camiño. Que recomenda? Hai que informar-se e ter paciencia. Reclamar é unha loita de todos. De feito, cantos máis consumidores reclamemos, maior con-cienciación crearemos para seguir regulando na dirección correcta. As empresas tamén estarán obrigadas a cumprir coa lexislación e as que obren mal saberán que non quedarán impunes tan facilmente.

Asesora do Centro Europeo do Consumidor

en España

3130

GutierrezesarCCalvo

cara a caraDEREITOS DOS vIaXEIROS

“Os problemas redúcense moito se se planifica ben a viaxe”

Presidente da Federación de Asociacións de

Axencias de Viaxes Españolas

Atrasos, cancelacións de voos e hoteis moi diferentes á imaxe do folleto. En demasiadas ocasións, viaxar supón sufrir un desencanto e mesmo ver vulnerados os nosos dereitos. No entanto, máis alá do enfado e da incomodidade, o consu-midor pode reducir o risco de pade-cer problemas ao viaxar? Segundo César Gutiérrez Calvo, presidente da Federación de Asociacións de Axencias de Viaxes Españolas, si que é posible e asegura que “unhas vacacións planificadas reducen os problemas”. Millóns de españois están xa de va-cacións ou prepáranse para gozar do verán. Cal é o seu consello máis básico antes de viaxar? Planificar. Antes de viaxar hai que organizar moi ben onde, canto tempo e como. Saber que se viaxamos fóra da Unión Eu-ropea podemos necesitar un visado e que este non se consegue dun día para outro. Os problemas que poden xurdir nunha viaxe redúcense moito se organizamos e planificamos ben as vacacións. Neste sentido, as axencias de viaxe danlle seguridade ao viaxei-ro e a verdade é que lle resultan de grande axuda.Segundo a Comisión Europea, os problemas relativos ás viaxes re-presentan un terzo das demandas dos consumidores. Un de cada catro viaxeiros sufriu algunha demora no seu voo. Como se pode evitar isto? Os problemas de atrasos e cancela-cións dependen das aeroliñas, dos aeroportos e do tráfico aéreo, e son situacións difíciles de planificar. Por sorte, a Unión Europea regula moi ben como podemos reclamar cando sufrimos un atraso ou unha cance-lación, e tamén que dereitos temos. O problema é que moitos viaxeiros

non saben a onde dirixirse ou como xestionar esa reclamación. Iso si, se a viaxe a contratou a través dunha axencia de viaxes, esta pódelle botar unha man e mediar. Outro dos problemas son as sobre-rreservas… Aínda que resulte incom-prensible, as sobrerreservas son le-gais. O desexable é que, se compras un billete, teñas a túa praza cando vas por ela. Os seguros de viaxe axú-dannos tamén nese sentido, xa que che dan tranquilidade por se ocorre calquera problema. As novas modalidades de compra en liña fan que moitas viaxes e pa-quetes turísticos se adquiran con pago inmediato e sen posibilidade de cambio nin reembolso. É isto xusto para os viaxeiros? A axencia de viaxes dáche a seguridade de que isto non ocorra. É ela a que contrata todos os servizos e, polo tanto, será a responsable de solucionar calque-ra problema que xurda ao longo das vacacións. Hai unha escena moi familiar que se repite cada verán, e é a seguinte: o viaxeiro contrata unha viaxe cunha axencia e, ao que chega ao hotel, non hai cuartos dispoñibles. As axencias protexen o viaxeiro nestas circuns-tancias? A axencia fará todo o posible para conseguir un cuarto semellante ao contratado e, se non se está satisfeito, pódese reclamar con garantías. É legal que prometan unha estan-cia nun complexo turístico de luxo e que se acabe nunha pensión? Non. O legal é que, se ao hotel lle xor-de un determinado problema e ten que cambiar o viaxeiro, lle busque un complexo das mesmas características.Pero que se debe facer cando se produce un engano e o hotel non é

como dicía o folleto? Nese caso hai que lle reclamar á axencia de viaxes. O viaxeiro terá moitas posibilidades de recibir unha compensación. Viaxeiros descalzos e sen cintos ou maletas abertas de par en par can-do se pasan controis nos aeropor-tos. Os viaxeiros perderon dereitos? A normativa di que os controis de seguridade nos aeroportos son ne-cesarios para a protección do viaxei-ro polo momento en que vivimos, e non nos queda outra que acatalo. Eu persoalmente acéptoos, pero se me preguntas a miña opinión como viaxeiro, direi que non me gustan. Os datos din que os españois son preguiceiros cando se trata de re-clamar. Uns 5500 pasaxeiros pode-rían pedir algunha compensación, pero só o fai a metade. Por que re-clamamos tan pouco? Reclamar su-pón esperar dúas ou tres horas nunha cola, perder tempo das túas vacacións e xera malestar. Entendo que moitas veces o deixemos pasar. A falta de ganas de estresarnos e o descoñece-mento explica que reclamemos pou-co. Ademais, reclamar pode ser difícil se tes que facelo noutro idioma. Alén diso, cando estamos de vacacións tendemos a relativizar as cousas. Ademais, as asociacións de defensa do consumidor engaden que non re-clamamos porque é difícil contactar coa axencia ou coa aeroliña. Ademais, tras un formulario vén outro, e des-pois a negativa. As axencias reducen os problemas dos viaxeiros. Cada vez estamos máis especializadas, traba-llamos con empresas no país de des-tino e conseguimos que os problemas sexan menores. E tamén intentamos que, cando xorden os contratempos, se resolvan canto antes.

www.consumer.es

32 33

Recomendacións dietéticas

Para non ter os síntomas asociados a esta intolerancia, débense evitar as fontes dietéticas de frutosa e sorbitol. É importante controlar a inxestión dos seguintes alimentos:

• as froitas: son o alimento con maior contido en frutosa. A mazá, a pera, o mango, a sandía, o melón, a papaia, os figos, a uva, a granada e as cereixas, entre outras, posúen unha maior carga de frutosa/sorbitol.

• as verduras: son outro dos alimentos fonte de frutosa, aínda que o seu contido non é tan elevado coma na froita. Hortali-zas coma os espárragos, os allos porros ou o tomate contan con cantidades relativamente maiores ca o resto de verduras.

• Legumes: os garavanzos, as lentellas ou os chícharos posúen cantidades moderadas de frutosa, polo que a súa toleran-cia debe ser avaliada, aínda que polo xeral son ben toleradas en pequenas cantidades.

• azucres e edulcorantes: o azucre en cantidades modera-das tolérase ben. Hai que evitar edulcorantes como a frutosa, o sorbitol ou o xarope de millo rico en frutosa e ler detalladamente a etiquetaxe dos alimentos doces e procesados.

alimentación

Intolerancia á frutosaEste hidrato de carbono atópase en numerosos alimentos, desde froitas ata legumes ou produtos lixeiros, e supón un reto dietético para quen non a tolera

Hoxe en día, a frutosa utilízase como ingrediente para conseguir un sabor doce nalgúns alimentos. Por tanto, é importante consultar sempre a eti-queta dos produtos para estar seguro de que non posúen frutosa. Ademais, un dos edulcorantes que máis se usan na actualidade é o xarope de millo rico en frutosa, un ingredien-te empregado para lles dar un sabor doce ás bebidas e aos alimentos, e que se obtén do procesado industrial do millo.O sorbitol tamén parece afectar de maneira negativa a absorción de frutosa, de modo que se recomenda evitar as fontes dietéticas de sorbitol para mellorar a absorción de frutosa. O sorbitol é un polialcohol presente de forma natural nalgunhas froitas e verduras, aínda que o seu maior consumo vén dado hoxe en día po-la inxestión de alimentos lixeiros ou sen azucres, posto que se utiliza co-mo edulcorante artificial nesta gama de alimentos (E-420).

Dieta controladaO obxectivo principal da dieta contro-lada en frutosa será evitar todos os síntomas asociados a este tipo de in-tolerancia, á vez que se consegue o máximo equilibrio dietético. Con todo, é importante lembrar que este tipo de alimentación afectará a inxestión de alimentos tan básicos, necesarios e saudables como a froita ou a verdura, de maneira que existe risco de que a dieta sexa deficitaria en vitaminas e minerais; sobre todo, en vitamina C e en fibra. Antes de retirar alimentos (ou grupos de alimentos), ou de facer ou-tras modificacións, é fundamental con-sultar cun dietista-nutricionista para asegurar o equilibrio na alimentación.

Non sempre sen frutosaOutra cuestión moi interesante é que unha dieta controlada en frutosa non significa sempre levar unha dieta sen frutosa. O que debe evitarse é o ex-ceso; é dicir, a cantidade que produce os síntomas e que varía segundo cada persoa. As pequenas cantidades de frutosa poden ser ben absorbidas ou mes-mo ben toleradas sen a presenza de síntomas asociados á súa inxestión. Isto significa que realizar a dieta de maneira correcta pasa por coñecer o grao de tolerancia individual á fruto-sa; é dicir, a cantidade de frutosa que admite cada individuo sen a apari-ción de síntomas.Habitualmente, comézase realizando unha dieta estrita para que desapa-rezan os síntomas. Despois, vanse reintroducindo de maneira gradual pequenas cantidades de alimentos ricos en frutosa ata coñecer a tole-rancia individual. Neste proceso de reincorporación progresiva de ali-mentos con frutosa, recoméndase empezar por cantidades moderadas e non mesturar distintos alimentos ricos en frutosa nunha mesma comi-da. A idea consiste en probar tan só un alimento novo cada día, un mé-todo que permitirá discriminar que produtos e en que cantidades é posi-ble incluír na dieta. Rexistros diarios da inxestión e de control de síntomas poden axudar a establecer a toleran-cia de distintos alimentos.

www.consumer.es

A frutosa é un hidrato de carbono, un tipo de azucre que non só se

atopa de maneira natural nas froitas, tamén está presente noutros alimen-tos coma o mel, os produtos lixeiros ou certos legumes. Algunhas persoas sofren intolerancia á frutosa ou ma-labsorción e a súa inxestión pode ocasionarlles dor abdominal, gases ou mesmo diarrea. O motivo é un fallo na absorción intestinal deste mono-sacárido, que lle impide ao organismo procesar de maneira correcta este hi-drato de carbono.Habitualmente, o diagnóstico de into-lerancia á frutosa realízase mediante

o test de hidróxeno (breath test), que mide o hidróxeno producido e o que se elimina mediante o alento tras a inxestión dunha determinada canti-dade do carbohidrato en cuestión. O diagnóstico médico e o asesora-mento dun especialista en nutrición é fundamental, non só para pautar un-ha dieta adecuada, senón para non confundir distintas doenzas, como a malabsorción á frutosa coa intoleran-cia hereditaria á frutosa, unha enfer-midade metabólica que provoca unha acumulación de frutosa no fígado e nos riles, o que causa hipoglicemia, náuseas, vómitos e dor abdominal.

Moi presente na dietaA frutosa atópase, sobre todo, en ali-mentos como a froita, as verduras e os legumes. Outro alimento moi rico en frutosa é o mel. Tamén o azucre de mesa (ou saca-rosa) contén frutosa, posto que se compón dunha molécula de frutosa e doutra de glicosa. No entanto, di-versos estudos puxeron de manifesto que, cando a frutosa vai acompañada de glicosa, esta mellora a súa ab-sorción. Por iso, a recomendación actual é evitar o exceso de frutosa; é dicir, evitar todos os alimentos cuxo contido de frutosa sexa maior ca o de glicosa e, en cambio, potenciar o consumo de alimentos con igual can-tidade de frutosa e glicosa. Mesmo se suxire utilizar glicosa para mellorar a absorción de alimentos ricos en fru-tosa, xa que a maioría das persoas

con intolerancia á frutosa asi-mila ben o azucre en canti-

dades moderadas.

3534

Como reter un reCibo e evitar un desCuberto

O cargo dun recibo na conta corrente cando non se ten o diñeiro suficiente para aboalo é motivo suficiente para que o banco abra un descuberto. Esta situación adoita deberse a un descoido, pero sae moi caro, xa que o banco cobraralle ao seu cliente por tres conceptos:

• Reclamación por posicións debedoras: a entidade pode pedirlle un diñeiro ao cliente en números vermellos polas xestións que teña que realizar para avisalo de que se atopa en descuberto e que debe aboar o diñeiro que debe.

• Comisión por descuberto: a entidade pode cobrala cando o cliente faga un cargo ou dispoña de diñeiro da súa conta sen ter saldo suficiente. O habitual é que se aplique sobre o maior saldo en descuberto durante o período de liquidación.

• Xuros debedores: o banco impón uns tipos de xuro bastante elevados cando a conta está en números vermellos. Como o descuberto tácito se entende como un préstamo que a entida-de lle fai ao cliente, aplícaselle unha porcentaxe sobre o diñeiro que debe.

En definitiva, o descoido rara vez baixa dos 40 euros.

Pero hai un modo de evitalo, que é reter o recibo e pagalo máis tarde. O usuario pode pactar co banco a posibilidade de que o avise con antelación a que se produza o descuberto e pode pedirlle que non o cobre ata que haxa diñeiro na conta. A fórmula é sinxela: as entidades bancarias poden deter a orde de cobro uns días, o tempo suficiente para que o consumidor ingrese o diñeiro que falta.

economía doméstica

As facturas domiciliadas tamén se poden devolverO consumidor ten dereito a devolver recibos domiciliados sen ter que xustificar a súa actuación, malia que esta operación ten os seus riscos

Domiciliar os recibos é unha das solucións máis cómodas para os

usuarios. Facturas de calquera tipo, xa sexan domésticas (luz, gas, auga, lixo...) ou doutro tipo (por exemplo, do ximnasio), cárganse automaticamente na conta corrente cunha periodicidade establecida.Neste proceso, os bancos adoitan esi-xir unha copia do DNI do titular da conta na que se quere domiciliar as facturas. Segundo o Banco de España, todas as entidades deben gardar os xustificantes oportunos que acrediten

Para evitar este e outros inconvenien-tes adicionais, é aconsellable esgotar outras opcións antes de devolvelo. En-tre elas, cumprir cos requisitos nece-sarios para darse de baixa no servizo (enviar un burofax, notificar por telé-fono etc.). Ademais, a devolución dun-ha factura pode supoñer que corten o servizo contratado nun breve espazo de tempo.

Devolución de ata o 3 % dos recibosA domiciliación dos recibos do fogar é unha operación que pode xerar a devolución de entre o 1 % e o 3 % dos gastos das facturas. Esta posibilida-de esténdese a case todos os servizos (auga, luz, gas, telefonía...), xa que é unha práctica cada vez máis habitual entre os bancos co obxectivo de fide-lizar os seus clientes. Aínda que os importes que poden aforrar as familias non son especta-culares, serven para conter as subi-das que experimentan estes servizos todos os anos. De todos os xeitos, as entidades fi-nanceiras decidiron implantar un to-pe máximo que non poderá excederse baixo ningún concepto —está esta-blecido ao redor do 20 ou 30 euros cada mes— e que adoita ir acompa-ñado doutras vantaxes complementa-rias, entre as que destaca a exención de comisións e outros gastos na súa xestión e mantemento.

www.consumer.es

a súa dilixencia na xestión e a súa falta de responsabilidade na eventual devolución deste envío. No entanto, o problema xorde cando o consumidor non está conforme co pa-go dun recibo domiciliado ou cunha parte del, ou ben cando non hai diñei-ro na conta ese mes e non se quere xerar un descuberto ou, sinxelamente, cando hai un erro no documento.As solucións para resolver este tipo de conflitos son cada vez maiores e xogan a favor dos clientes, que recu-perarán o seu diñeiro en poucos días. Ampáraos o dereito para devolver os recibos sen que teñan que xustificar a súa actuación, xa que non se necesita achegar ningunha proba.

Como faceloLograr que o banco non pase a factura da luz ou do ximnasio é moi sinxelo. Basta con lle dar unha orde á sucur-sal para que non se cargue o recibo correspondente, o que se pode facer a través de Internet se se ten contratado o servizo de banca en liña. As facturas devolveranse de inmedia-to, co único requisito de que esta ope-ración se formalice nun prazo máximo de oito semanas. Pasado este período, xa non se poderá devolver. Ademais, para evitar futuras complicacións, po-derá solicitárselle ao banco que non se aboen máis facturas a partir dese momento. Deste xeito, conseguirase que xa non se carguen en conta e que non teña que repetirse a operación.

Os perigosA devolución dos recibos domésticos po-de xerar máis dun problema. O principal é ingresar nunha lista de morosos (RAI ou ASNEF), o que dificultará a contrata-ción dalgúns produtos na propia entida-de, entre eles as vías de financiamento, como créditos e hipotecas.

3736

saúde

Natación en piscinas e asma infantil, a debateNingún estudo confirmou de forma fidedigna unha asociación directa entre nadar en piscinas durante a infancia e desenvolver asma

A relación entre natación e asma é un tema moi cuestionado no que

os científicos non se poñen de acordo. Aínda que a actividade física é en xe-ral beneficiosa, por agora os expertos non chegaron a un punto de encontro, nin dispoñen de información sólida, á hora de lle recomendar á poboación que nade por saúde. Nos últimos anos, publicáronse di-versos estudos (especialmente de orixe belga) que sostiñan que nadar en piscinas podía constituír un ris-co para o desenvolvemento de asma infantil e outras enfermidades alérxi-cas. Os culpables de que isto puidese ocorrer eran os compostos derivados dos produtos químicos utilizados pa-ra desinfectar a auga das piscinas (subprodutos da cloración considera-dos irritantes).

Neste sentido, o Centro de Investi-gación en Epidemioloxía Ambiental (CREAL) de Barcelona tamén realizou un estudo no que se detectaron certos efectos nocivos para a saúde respira-toria dos subprodutos da cloración ou DBP, ben por contacto dérmico con es-tes compostos químicos ou ben por vía inhalada. Con todo, o impac-to mediuse a moi curto prazo: 40 minutos despois de que os participantes da inves-tigación nadasen.

En dúbidaNa actualidade, estas conclusións puxéronse en dúbida. Principalmente, debido ao traballo máis amplo e re-cente realizado sobre este asunto ata o momento. Trátase dunha investiga-ción levada a cabo entre o CREAL e a Universidade de Bristol (Reino Unido) que analizaba unha mostra de 5738 nenos británicos, aos que se seguiu desde o seu nacemento ata os 10 anos. O estudo, publicado en American Journal of Respiratory and Critical Care Medicine, non detectou unha asociación directa entre nadar en

piscinas durante a infancia e o desenvolvemento de

asma. Asegura que os

pequenos que practican natación te-ñen o mesmo risco de desenvolvela ca os que non o fan. E conclúe que este deporte, lonxe de aumentar o risco de asma nos nenos, podería mellorar a función pulmonar e, mesmo, protexer fronte ao desenvolvemento desta en-fermidade respiratoria.

Mesmo riscoEntre os case 6000 participantes na investigación, preto do 50 % entre os 4 e os 7 anos nadaban en piscinas polo menos unha vez á semana, mentres que o 20 % non o facía nunca ou case nunca. Ademais, ao chegar á idade de 7 anos, un de cada cinco nenos pade-cera asma algunha vez. Os investigadores comprobaron que os que nadaran con maior frecuencia durante a infancia non tiñan máis ris-co de ter esta enfermidade aos 7 anos ou aos 10 anos e tampouco rexistra-ban síntomas respiratorios nin alér-xicos, como sibilancias, febre do feo, dermatite atópica ou eccema.No entanto, a pesar de que estes bos resultados corroboran a teoría de que a natación non é nociva para a saú-de respiratoria, os expertos reiteran que estes datos deberán confirmarse con máis investigacións do mesmo tipo noutros países. En España, por exemplo, xa existen iniciativas simi-lares, aínda que hai un seguimento reducido e, por tanto, convén esperar a obter máis resultados, tal e como indica Cristina Villanueva, investiga-dora do CREAL e unha das autoras do traballo.

Principio de precauciónNin este último traballo do CREAL e da Universidade de Bristol, nin tam-pouco outros elaborados en Alemaña, en Italia e na rexión de Cataluña, ato-paron que existise unha relación entre ir á piscina e un risco máis elevado de asma entre a poboación infantil. Precisamente, no estudo do CREAL e da Universidade de Bristol, cabe-ría a posibilidade de que os nenos participantes non tivesen asma nin se detectase un risco aumentado de des-envolvelo polo feito de nadar porque, precisamente, quen acode á piscina con regularidade é quen goza de máis saúde e practica a natación como par-te dun estilo de vida saudable. Posto que as dúbidas respecto das bondades ou prexuízos das piscinas para a saúde respiratoria continúan, os expertos afirman que seguirán in-vestigando para concluír se os subpro-dutos da cloración elevan o risco de padecer outras enfermidades menos frecuentes ou se poderían afectar a saúde das persoas que pasan moitas horas cada día nas piscinas, coma os traballadores.Por tanto, mentres debe imperar o principio de precaución e recomen-dan controlar e reducir os niveis dos compostos químicos derivados da desinfección da auga das piscinas. O obxectivo desta medida é garantir que estean por debaixo duns límites segu-ros para a saúde e, deste xeito, con-seguir que se manteñan os beneficios da natación.

www.consumer.es

3938

seguridadealimentaria

O feo tamén se comeAs froitas e as verduras imperfectas teñen a mesma calidade en termos de sabor e textura ca outras máis atractivas porque os defectos adoitan ser superficiais

A pesar desta relaxación, e segundo o informe Global food, waste not, want not, publicado en 2013 polo Instituto de Enxeñeiros Mecánicos, o 30 % do que sae do campo en realidade nunca alcanza o mercado debido aos crite-rios de calidade e á falta de criterios estéticos. Malia estas cifras, xa son numerosas as iniciativas, en países coma Francia, Reino Unido ou Espa-ña, que buscan darlle saída a este tipo de produtos e reducir o desperdicio de alimentos.

O papel da aparenciaA aparencia é, segundo a Organiza-ción das Nacións Unidas para a Ali-mentación e a Agricultura (FAO), a primeira impresión que o consumidor recibe e o compoñente para a acepta-ción e a compra. Aínda que é un dos aspectos que máis se perciben e valo-ran, non ten por que estar relacionado

As froitas e as verduras seguen uns criterios específicos de for-

ma e aparencia antes de chegaren ao supermercado. Está demostrado que o consumidor se fía bastante do que ve e da aparencia, e proba diso é que adquire as froitas e as verduras máis “atractivas”. Entre o 20 % e o 40 % dos produtos frescos que non son “esteticamen-te satisfactorios” refúganse, segundo o Programa ambiental das Nacións Unidas (UNEP). Na maioría dos ca-sos, faise por motivos que nada teñen que ver coa calidade do produto.

NormativaAta o ano 2009, a normativa europea era moi estrita co aspecto das froi-tas que podían venderse: tíñanse que rexeitar gran cantidade de produtos porque non cumprían cos estritos cri-

terios de comercialización segundo os cales as froitas e os vexetais debían ter unha forma específica. Quedaban entón fóra da cadea alimentaria ce-norias con tres raíces ou cogombros demasiado curvados.A partir de 2009, a UE relaxou as normas e autorizou a venda de de-terminados produtos que ata o mo-mento non se podían comercializar. Albaricoques, espárragos, cenorias ou coles de Bruxelas, entre moitos ou-tros, empezaron a venderse, sen ter en conta a súa forma e tamaño, pero coa condición de que se etiquetasen de maneira que se distinguisen entre as categorías “extra”, “clase I” e “clase II”. Para outros produtos coma mazás, kiwis ou cítricos, só se permitiu co-mercializar os que tiñan a forma e o peso habitual, aínda que cunha maior permisividade.

coa calidade, a non ser que se trate de deformacións ou defectos morfoló-xicos. Tal como indica este organis-mo, nalgúns casos a forma responde máis ben a un factor de madurez e de sabor. Ata agora, que un froito sexa máis uniforme ca outro dependía de compoñentes de calidade coma o ta-maño, a forma ou a cor. A partir destes estándares, os vexetais divídense en distintas categorías.Pero, en moitos casos, os defectos das froitas e das verduras non afectan as súas calidades comestibles, aínda que se asocie un produto sen defec-tos a máis fresco. A aparencia deste tipo de produtos frescos está influen-ciada por aspectos coma o clima, a rega, o chan ou a variedade durante o proceso de crecemento, que é can-do se poden formar os defectos mor-folóxicos ou fisiolóxicos. Debe terse

en conta que non é o mesmo defecto físico de forma ca unha lesión que se produce durante a manipulación do produto. Nestes casos, unha greta na froita podería converterse na porta de entrada a patóxenos causantes de podremias.

Desperdicio de alimentosUn total de 1,3 millóns de toneladas de alimentos desperdícianse cada ano en todo o mundo, o que causa graves perdas económicas, segundo o Programa das Nacións Unidas para o medio ambiente (PNUMA). A acep-tación dos produtos “feos” reduciría de maneira significativa estas cifras e proporcionaríalles maiores beneficios aos implicados na cadea de submi-nistración, como produtores, comer-ciantes polo miúdo e consumidores. Segundo datos da FAO, en todo o planeta rexéitase case o 40 % das

froitas e hortalizas antes de chegar ao consumidor e, na Unión Europea, unha das principais razóns é, sobre todo, estética.Aquí é onde entraría en xogo o papel do espigado, unha iniciativa europea destinada a evitar o desperdicio de alimentos. Segundo a acción europea enmarcada en “Días temáticos de pre-vención 2014. Acabar co desperdicio de alimentos”, a idea do espigado é recoller aquelas froitas e verduras que non son aptas para a venda debido a unha sobreprodución ou porque es-tán deformes, danadas ou non teñen o tamaño adecuado. Os produtores eu-ropeos deben tiralas porque non cum-pren coas normas establecidas. Pero, en lugar de desperdicialas, xorde a idea de recollelas e de trasladalas a bancos de alimentos ou similares.

www.consumer.es

4140

Sabes como funciona o semáforo? É un sinxelo código de cores que indica se a cantidade dos nutrientes que compón a receita é alta, media ou baixa. Informa sobre as calorías e os nutrientes máis importantes desde o punto de vista da saúde: azucres, graxa, graxas saturadas e sal. As receitas pre-sentan normalmente ingredientes cuxa porcentaxe sobre a inxestión de referencia (IR) é alta; é dicir, predomina a cor amarela. Estes pratos están concibidos como prato principal dunha comida ou dunha cea. O seu tamaño de ración é superior e a súa achega nutricional é máis elevada. Por este motivo, as receitas teñen uns puntos de corte diferentes aos dos produtos.• A cor verde indica que a ración de consumo de cada nutriente achega menos do 10 % da inxestión de referencia; é dicir, unha cantidade baixa do nutriente. • A cor amarela indica que achega entre o 10 % e o 35 % da IR; é dicir, unha canti-dade media do nutriente. • A cor laranxa indica que achega máis do 35 % da IR; é dicir, unha cantidade alta do nutriente. * A inxestión de referencia para un adulto.

Unha ración contén: GRAXA CALORÍAS GRAXA SATURADA AZUCRES SAL 151 10g 1,7g 3,6g 1g

8 % 15 % 8 % 4 % 10 %

Primeiro pratoEnsalada dE cabaciña crúa con lEntEllas E vinagrEta dE nEctarina

ingredientes: 200 g de lentellas cocidas 100 g de cabaciña 50 g de ceboliña vermella 50 g de pementos vermellos 40 ml de aceite de oliva 20 ml de vinagre balsámico 40 g de nectarina 40 g de leitugas variadas - Un chisco de sal

como se elabora:Para esta ensalada, utilízanse lentellas xa cocidas, lavadas e escorridas, que se adere-zan cunha vinagreta balsámica e cuns ana-quiños de nectarina. Córtanse nunhas finas láminas a cabaciña, a ceboliña vermella e unhas tiras de pementos vermellos asados. Despois, prepárase unha base de leitugas variadas e, sobre elas, colócanse as lente-llas aderezadas e escorridas do aderezo. Encima, agréganse as hortalizas cortadas en finas láminas e aderezadas coa vinagreta anteriormente escorrida das lentellas.

comentario dietético:As lentellas contan cunha elevada con-centración de nutrientes. Ademais, son unha gran fonte de proteínas e hidratos de carbono, o que achega moita enerxía. Son ricas en fibra e baixas en graxa. Na súa composición nutricional, destaca a presenza de vitaminas A, B1, B2, B3, B6, C e E, ademais de potasio, fósforo, calcio, ferro, magnesio e sodio. Prepáranse con cabaciña, un vexetal cun 95 % de auga e apenas contido calórico, e rico en fós-foro, potasio, magnesio e calcio e vitami-nas B3 e A. A presenza de cebola engade vitaminas do grupo B, E e C e ten, ade-mais, unha potente acción antioxidante. Tamén achega potasio, magnesio, fós-foro, calcio, sodio e xofre. Finalmente, a nectarina, cun baixo contido calórico, proporciona unha elevada cantidade de vitamina A, fibra e potasio. Trátase dunha receita moi equilibrada.

rece

itas

xullo

-ag

ost

o

Menú para hidratarse no veránO Libro branco da hidratación, da Sociedade Española de Dietética e Ciencias da Alimentación (SEDCA), salienta a importancia da auga por ser “un recurso da natureza necesario para a vida e esencial para o conxunto da alimentación”. O ser humano é dos poucos mamíferos que elimina auga coa transpiración, o que o fai máis fráxil ás temperaturas elevadas do verán. Polo tanto, hidratarnos ben no verán é unha cuestión de supervivencia. A sede axúdanos a detectar os baixos niveis de auga no organismo, pero en ocasións increméntase cando se comen certos alimentos moi salgados ou doces. Así, para garantir un bo estado de hidratación, é conveniente elixir alimentos frescos e variados, con abun-dantes verduras, hortalizas e froitas.

3,05€por

persoa*

cantas calorías necesitamos ao longo do día?

% calorías totais A nosa proposta % calorías

ALMORZO 20-25 % - Crocante de arroz inflado 27 % (501 kcal) (400-500 kcal) e froitos secos - Iogur líquido con polpa de froita

MEDIA MAÑÁ 5-10 % - Zume de laranxa con 10 % (180 kcal) (100-200 kcal) framboesa e cereixas

COMIDA 30-35 % - Ensalada de cabaciña crúa con 28 % (515 kcal) (600-700 kcal) lentellas e vinagreta de nectarina* - Tartar de salmón fresco e aguacate* - Sorbete de sandía* - Pan integral de trigo

MERENDA 5-10 % - Receita de carpaccio de melón con 11 % (224 kcal) (100-200 kcal) queixo, noces e crocante de xamón - Mazá

CEA 20-25 % - Ensalada de tomate, ravos, 24 % (438 kcal) (400-500 kcal) remolacha e cebola salteada - Tortilla de cabaciña e pemento verde - Pan integral de trigo - Amorodo e amorodo grande

MÁXIMO 2.000 kcal(*) Pratos preparados e explicados nesta revista

4 Media 10’-15’ 0,28

Primeiro pratoEnsalada dE cabaciña crúa con lEntEllas E vinagrEta dE nEctarina

sobremesasorbEtE dE sandía

segundo pratotartar dE salmón frEsco E aguacatE

4342

Sabes como funciona o semáforo? É un sinxelo código de cores que indica se a cantidade dos nutrientes que compón a receita é alta, media ou baixa. Informa sobre as calorías e os nutrientes máis importantes desde o punto de vista da saúde: azucres, graxa, graxas saturadas e sal. As receitas pre-sentan normalmente ingredientes cuxa porcentaxe sobre a inxestión de referencia (IR) é alta; é dicir, predomina a cor amarela. Estes pratos están concibidos como prato principal dunha comida ou dunha cea. O seu tamaño de ración é superior e a súa achega nutricional é máis elevada. Por este motivo, as receitas teñen uns puntos de corte diferentes aos dos produtos.• A cor verde indica que a ración de consumo de cada nutriente achega menos do 10 % da inxestión de referencia; é dicir, unha cantidade baixa do nutriente. • A cor amarela indica que achega entre o 10 % e o 35 % da IR; é dicir, unha canti-dade media do nutriente. • A cor laranxa indica que achega máis do 35 % da IR; é dicir, unha cantidade alta do nutriente.* A inxestión de referencia para un adulto.

Unha ración contén: GRAXA CALORÍAS GRAXA SATURADA AZUCRES SAL 242 20g 3g 3,5g 0,4g

12 % 29 % 16 % 4 % 7 %

Sabes como funciona o semáforo? É un sinxelo código de cores que indica se a cantidade dos nutrientes que compón a receita é alta, media ou baixa. Informa sobre as calorías e os nutrientes máis importantes desde o punto de vista da saúde: azucres, graxa, graxas saturadas e sal. As receitas pre-sentan normalmente ingredientes cuxa porcentaxe sobre a inxestión de referencia (IR) é alta; é dicir, predomina a cor amarela. Estes pratos están concibidos como prato principal dunha comida ou dunha cea. O seu tamaño de ración é superior e a súa achega nutricional é máis elevada. Por este motivo, as receitas teñen uns puntos de corte diferentes aos dos produtos.• A cor verde indica que a ración de consumo de cada nutriente achega menos do 10 % da inxestión de referencia; é dicir, unha cantidade baixa do nutriente. • A cor amarela indica que achega entre o 10 % e o 35 % da IR; é dicir, unha canti-dade media do nutriente. • A cor laranxa indica que achega máis do 35 % da IR; é dicir, unha cantidade alta do nutriente. * A inxestión de referencia para un adulto.

Unha ración contén: GRAXA CALORÍAS GRAXA SATURADA AZUCRES SAL 19 0g 0g 4g 0g

1 % 0 % 0 % 4 % 0 %

sobremesasorbEtE dE sandía

ingredientes: 600 g de sandía 100 ml de auga 50 g de edulcorante en po 50 ml de zume de limón 10 ml de zume de laranxa - Canela moída

como se elabora:Quítase a casca e as sementes da sandía e tritúrase a polpa ata que quede un puré. Á parte, mestúrase o edulcorante coa auga e déixase cocer ata que adquira a consistencia do xarope. Retírase o xarope do lume, engádese o zume de limón e o de laranxa e déixase arrefriar a mes-tura. Despois, únese o xarope co puré de sandía, vértese nun recipiente ancho e déixase repousar no conxelador. Cada 30 minutos durante 2 horas, remóvese a mestura e logo déixase conxelar, pero hai que ter coidado e supervisalo para que quede en forma de picado ou sorbete e non conxelado e uniforme. Finalmente, sérvese conxelado e acompañado dun-has follas de menta ou de cecimbre.

comentario dietético:A sandía é unha das froitas máis saborosas do verán. Ademais, o seu agradable aroma e o seu sabor, así como a súa intensa cor, convértena nun alimento propicio para a elaboración de refrescantes e saborosas sobremesas. Para esta receita, empréganse principalmente sandía e edulcorante, este último para non aumentar o seu contido en azucres e calorías. Aínda así, diversos investigadores advirten que, aínda que os edulcorantes baixos en calorías son segu-ros desde un punto de vista toxicolóxico, o seu elevado sabor doce (moi superior ao do azucre) pode xerar unha alteración da percepción do gusto se se usan en gran-des cantidades. Isto pódese traducir nunha maior preferencia, inconsciente, cara aos alimentos máis doces e nunha menor pre-ferencia cara a alimentos saudables (como poden ser as froitas ou as hortalizas), o que desequilibrará a alimentación.

segundo pratotartar dE salmón frEsco E aguacatE

ingredientes: 300 g de lombo de salmón fresco 200 g de aguacate 100 g de tomate fresco 20 g de ceboliña fresca 1 lima 40 ml de aceite de oliva virxe extra 10 g de ceboliño fresco - Un chisco de sal

como se elabora:Para previr problemas co Anisakis, é imprescindible conxelar o lombo de sal-món durante 24-48 horas. Despois, para que non perda as súas propiedades nin a súa textura, desconxélase dentro do frigorífico de maneira lenta, pero segura. Cando o salmón fresco estea desconxe-lado, córtase en pequenos dados, que se mesturan e maceran con zume de media lima, aceite de oliva e un pouco de sal, durante 30 minutos e gardado na neveira, para que colla aromas e sabor. Unha vez mariñado, escórrese coa axuda do coador. Logo, córtase en anacos a ceboliña fresca, o tomate moi maduro e o aguacate pelado, todo en cadradiños. Agrégase ao salmón escorrido, mestú-rase con coidado, xunto cun pouco de ceboliño tamén cortado en anacos, e déixase repousar outros 30 minutos na neveira antes de servir. Sérvese en forma de ensalada cunhas folliñas de leitugas variadas e anaquiños de tomate e, coa axuda dun aro de montaxe, dáselle unha

forma cilíndrica. No momento de servir, empóase con ceboliño acabado de cor-tar en anacos.

comentario dietético:O salmón é o ingrediente principal. É un peixe azul, fonte de vitaminas A, B3, B6, C e de minerais coma o sodio, fósforo, calcio, potasio, magnesio e ferro. Tamén ten calidades cardiopro-tectoras grazas á elevada presenza de ácidos graxos omega 3. Nesta receita, prepárase con aguacate, un alimento cuxa composición nutricional é case perfecta: é cardiosaudable, grazas á achega de ácidos graxos omega 3; é fonte de fibra; ten grandes cantidades de vitamina E, C e A, o que lle confire o seu gran poder antioxidante; con-tén zinc, ferro, selenio, sodio e fósforo; axuda no crecemento e na reparación da masa muscular debido á cantidade e á calidade das proteínas que contén; é antiinflamatorio e sacia e protexe o sistema inmunitario.

rece

itas

xullo

-ag

ost

o 4 Fácil +2h 0,74 4 Media 30’-40’ 2,03

4544

O dó nOs nenOs

Cando a morte afecta os nenos, xa non só como unha curiosidade senón pola perda concreta dun ser querido, tamén hai que ter en conta a súa idade para acompa-ñalo. A Sociedade de Psiquiatría Infantil, da Asociación Española de Pediatría, ofrece algunhas reco-mendacións: realizar os menos cambios posibles no ambiente e nas actividades do cativo, atender con sensibilidade as súas nece-sidades, animalo a falar sobre a persoa falecida e, en xeral, non tratar de evitar a tristeza do neno, senón darlle todo o apoio posible para axudarlle a soportar a situación.

As manifestacións de ira, que poden ir desde pesadelos ou xogos violentos ata irritabili-dade ou amolo cara a outros membros da familia, son normais nos pequenos cando sofren unha perda deste tipo. Outras conse-cuencias posibles son un baixo rendemento escolar ou regresións cara a condutas xa superadas (chupar o dedo, facer pis na cama etc.). Se estes problemas son moi intensos ou persisten máis alá dos seis meses, aconséllase acudir á consulta dun psicólogo infantil.

bebé

Evitar o tema da morte non é a soluciónCando os nenos preguntan, é aconsellable responderlles con sinceridade, con delicadeza e da maneira máis concreta posible

Entre os seis e os oito meses, os pe-quenos xa desenvolven unha noción de permanencia dos obxectos que lles permite sentir a ausencia da persoa coa que estableceron un vínculo máis forte, que acostuma a ser a nai. En consecuencia, se morre unha persoa moi próxima, o neno sentirá a súa falta. Pero, máis alá diso, a morte é só unha palabra. “Non hai unha com-prensión cognitiva do seu significa-do”, apunta a guía.

Preguntas e fantasíasNa etapa seguinte, a que abarca desde os tres ata os seis anos, con-vén ter en conta tres características dos nenos: tenden a ser egocéntricos, predomina neles a subxectividade e o pensamento máxico e interpretan de forma literal o que escoitan ou o que acontece ao seu redor. Isto lé-vaos, por unha banda, a pensaren na morte como un estado temporal e re-versible. “Poden asemellalo a durmir ou a unha forma de soño, polo que imaxinan que a persoa que faleceu espertará ou volverá nalgún momen-to”, explica a FMLC.Por outra banda, como non son ca-paces de comprender que as fun-cións vitais se interrompen de modo permanente, imaxinan que os mor-tos comen, pensan, falan e mesmo que observan, desde onde están, o mundo dos vivos. Preguntan cousas como: “onde está?, ten frío ou fame?, por que non vén?, cando o imos ver?”. Ademais, mestúranse ideas como a de que persoas do seu ámbito poden morrer coa de que eles mesmos e os seus pais “son eternos e nunca mo-rrerán”. Noutras palabras, aínda non entenden por completo o concepto de universalidade da morte.

Claridade e realidadeSegundo os expertos da FMLC, dado que os pequenos interpretan os feitos de modo literal, o máis importante é “utilizar unha linguaxe clara, precisa e real” á hora de responder as súas preguntas relacionadas coa noción da morte ou co feito de morrer. Dé-bese falar co neno con delicadeza e coidado, pero sempre con sinceridade e da maneira máis concreta posible. Isto quere dicir que se deben evitar metáforas do tipo: “o avó foise”, “es-tá durmido”, “está véndonos desde o ceo” etc.Os especialistas apuntan tamén a que, sen caer en respostas demasiado longas ou metafísicas, se deixe claro que a morte é irreversible, que as per-soas que morren xa non poden andar, sentir, respirar etc., e que, pola mesma razón, eles xa non as volverán ver. Nalgún momento, o razoamento do menor chegará á conclusión de que os seus pais tamén morrerán. A res-posta recomendada é dicirlles que si, pero que iso ocorrerá cando sexan “moi, moi, moi maiores”. Segundo a guía, o uso de múltiples “moi” implica que as persoas adoitan falecer cando son anciás e, polo tanto eles (os ne-nos) xa serán persoas adultas, o que é unha forma de lles dar seguridade.Do mesmo xeito, se a morte dunha persoa do ámbito máis próximo do pequeno se debeu a unha enfermi-dade, débeselle aclarar que iso pasa cando as persoas están “moi, moi, moi enfermas”, para axudarlle a entender que as enfermidades teñen distintos graos e que estar enfermo calquera día non implica un risco de morte.

www.consumer.es

A morte é un tema que se evita porque produce inquedanza e

angustia. Cando os fillos comezan a facer preguntas, os adultos adoitan responder con evasivas ou cambian de tema. Coma se, ao non falar dela, a morte non existise ou os pequenos a descoñecesen.Pero eles intúena, observan os cam-bios que se dan ao seu redor, e se cando desexan saber non obteñen respostas acaban por inventar as súas propias teorías. O problema ra-dica en que esas teorías “son sempre

limitadas”, polo saber emocional e o pensamento egocéntrico e máxico propios da súa idade. En consecuen-cia, a angustia e o malestar do neno serán maiores, o que se ve incremen-tado polo feito de non poderen obter seguridade das contestacións dos seus pais.

Por curiosidade En ocasións, o neno empeza a pre-guntar pola morte só por curiosidade. Quere saber onde está ese avó que só aparece en fotos, que pasou coa

mascota ou que é o ceo. Para respon-derlles de forma apropiada, é impor-tante saber como conciben a morte os menores ou que idea teñen dela.Nunha primeira etapa, desde o na-cemento e ata os dous anos de ida-de aproximadamente, a morte non é máis ca unha palabra, segundo ex-plica a Fundación Mario Losantos del Campo (FMLC) en Explícame que pasou, unha guía “para lles axudar aos adultos a falar da morte e do dó cos nenos” que se converteu nunha referencia na materia.

4746

economía doméstica

Custodia dos fillos: 7 factores elementais para o xuíz Antes de outorgar a custodia, o xuíz ten moi en conta o ámbito social e familiar, a relación de cada proxenitor cos fillos, así como as opinións dos nenos

Un divorcio ou separación con fillos supón tomar a decisión

máis importante de todo o proceso: con quen deben residir os menores. En ocasións, hai un acordo amigable entre os cónxuxes; porén, noutras é o xuíz quen debe tomar esa decisión.En España, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), en 2014 a custodia dos fillos concedéuselle á nai no 73 % dos casos, ao pai no 5 % e foi compartida no 21 % dos procesos, e só no 0,4 % se lles outorgou a outras institucións ou familiares.

2Tempo e dispoñibili-dade real dos pais. Os horarios laborais poden xogar en contra dos proxenitores. Se

a axenda de traballo dun deles está chea, non será doado que lle outor-guen a custodia, pois tense moi en conta a dispoñibilidade do pai ou da nai para lles brindar aos nenos o coi-dado que necesitan. Hai que darlles calidade sobre todo, pero tamén can-tidade, para poder fraguar con eles unha relación de amor, respecto e estabilidade.

3Medios económicos pa-ra coidar dos fillos. O xuíz, antes de decidir o tipo de custodia, fixarase tamén en que

o proxenitor teña capacidade econó-mica suficiente para poder manter os seus fillos. É imprescindible entregar-lle os menores a quen poida cubrir as súas necesidades básicas.

4Vínculo afectivo previo. Un xuíz sempre debe valorar o vínculo afectivo previo. Isto é, revisar en retrospectiva a calidade do nexo

que estableceu o neno co seu pai e coa súa nai. Neste sentido, son esenciais o tempo compartido, quen favoreceu en maior medida a autoestima ou con cal dos proxenitores é mellor a comunicación do menor. Estas cuestións son vitais fron-te ao futuro, posto que o fillo irá crecendo e un pai ou unha nai que lle dea confian-za e autoestima axudaralle máis á hora de ser independente e de socializarse.

5Opinións dos fillos. É im-portante escoitar o neno ou o adolescente e que a súa opinión sexa atendida. Porén, hai que

ter precaución neste punto. Os peque-nos son manipulables e poden elixir o proxenitor que menos os corrixa, que lles prometa máis bens materiais ou que se faga a vítima. Aínda así, segun-do os psicólogos, hai que escoitalos e

ter en consideración as súas opinións, sobre todo se son xa adolescentes.

6Opinións dos psicólogos. Para garantir o acerto na reso-lución xudicial, os xuíces poden solicitar que se practiquen as

probas necesarias para ditaminar quen debe ter a custodia. Por exemplo, que os pais e os fillos realicen entrevistas con psicólogos e que se elabore un informe. Non é determinante, pero o contido des-te documento inflúe na decisión final.

7Os antecedentes dos pais. Se os proxenitores son persoas conflitivas ou que re-solven os seus problemas de

maneira violenta e se teñen problemas importantes con débedas ou algun-ha adicción, non se estimará oportuno concederlles a custodia. Por iso, o xuíz tamén terá en conta os antecedentes do pai e da nai, e cal foi a súa evolución.

www.consumer.es

Para determinar que proxenitor debe ter a custodia ou se debe ser com-partida por ambos, sempre rexe o principio do beneficio do menor. Ade-mais, o xuíz ten moi en conta múl-tiples circunstancias, coma o ámbito social ou familiar, a relación de cada pai cos fillos ou as opinións destes cando teñen a idade suficiente para explicarse. A continuación, enuméranse sete as-pectos que se teñen moi en conta pa-ra conceder a custodia.

1Custodia dos fillos: an-te todo, o menor. A cus-todia non é un dereito dos pais, senón dos fillos. Por iso,

é esencial ter en conta a estabilida-de emocional do fogar onde vivirá o menor, aquel que lle proporcione o equilibrio necesario para crecer e desenvolverse. Outros aspectos de-terminantes que tamén considerará o xuíz para que o menor teña unha vida equilibrada teñen que ver co ámbito social ou familiar, a separación dos irmáns, o exemplo que dean os pais e a existencia dunha boa relación coa nova parella (se a hai) e cos fillos des-ta.Ademais, o equilibrio do pequeno verase afectado se a persoa que ob-tén a custodia ten problemas de saúde mental. Por iso, observarase se algún dos proxenitores é inmaturo, violento ou conflitivo. Tamén se ten en conta se se atopa en estado depresivo ou se padeceu algún trastorno, durante ou despois da á separación.

4948

medionatural

Ameazados polo ser humanoDez especies emblemáticas do noso país están ao bordo da extinción se non o remedian os labores de conservación

España é o país con maior biodi-versidade de Europa, pero coma

o resto de países soporta diversas ameazas causadas polos seres huma-nos. Algunhas especies, coma o aguia imperial ibérica, o atún vermello, o lince ibérico ou o oso pardo sófrenas con maior impacto e chegaron a un-ha situación límite que podería ser irreversible. Os labores de conservación están lo-grando avances que proban que, se se poñen medios, a súa salvación é posible. A continuación, descríbense dez animais emblemáticos españois en grave perigo de desaparición.

➀Aguia imperial ibérica (Aquila adalberti)

A aguia imperial ibérica é unha das aves máis impresionantes do mundo, cos seus máis de dous metros de envergadura, pero é tamén unha das máis escasas do planeta. A súa po-boación minguou nas últimas déca-das; de feito, en 1970 reduciuse a 50 parellas. O seu estado segue a ser “crítico”, aínda que grazas a distintos

esforzos de conservación aumentou a unhas 250 parellas en zonas do centro e do suroeste de España e hai dúas parellas de recente instalación en Portugal, tal e como sinala a or-ganización conservacionista WWF.

➁Peixe anxo (Squatina squatina)

Era unha especie de quenlla moi común en grandes áreas do Atlán-tico nordés, do Mediterráneo e do Mar Negro. A sobrepesca destas zonas levouna á extinción local no Mar do Norte e en grandes rexións do norte do Mediterráneo. Por iso, o ano pasado a Lista vermella da Unión Internacional de conservación da natureza (UICN) clasificaba a súa situación como “en perigo crítico”.

➂Atún vermello (Thunnus thynnus)

O atún vermello é o exemplo máis ilustrativo da “crise pesqueira global”, segundo WWF, que puxo en grave perigo unha gran diversidade de

mediterránea. É moi difícil atoparse cunha, xa que só quedan uns poucos centenares. Na actualidade, é un dos dez mamíferos máis ameazado.

➅Lince ibérico (Lynx pardinus)

O lince ibérico é o felino máis amea-zado do planeta e só sobrevive en liberdade nun par de localidades da Península Ibérica (Doñana e Serra Morena oriental). Segundo WWF, que-dan uns 220 exemplares, ameazados pola destrución e a alteración do seu hábitat, pola mortalidade directa por disparos, lazos, cepos e polos atrope-los en estradas. Por iso, puxéronse en marcha diversos proxectos de recupe-ración e protección da especie, como o xenoma lince ibérico, que descodificou a súa información xenética básica.

➆Oso pardo (Ursus arctos)

Hai séculos, o oso pardo estendíase por toda Europa, unha situación que cambiou drasticamente nas últimas

décadas. O máis grande dos nosos mamíferos terrestres atópase illado en dúas zonas diferentes: algo máis dunha decena de individuos nos Pireneos e unha poboación estable na Cordilleira Cantábrica, dividida á súa vez en dúas subpoboacións cuns 130 exemplares.

➇Furabuchos balear (Puffinus mauretanicus)

Esta ave, endémica das Baleares, ten unha poboación duns 6400 indivi-duos, segundo datos da organización ornitolóxica SEO/BirdLife. Por iso, o ano pasado entraba na Lista verme-lla da UICN como “en perigo crítico”. Esta especie experimentou unha diminución moi rápida por diversas ameazas, en particular a depredación das súas colonias de cría e a pesca incidental.

➈Pita do monte cantábrica (Tetrao

urogallus cantabricus)A pita do monte cantábrica é a maior das galináceas españolas. Recibe o

seu nome polo son que emite du-rante o celo, parecido ao do “uro”, antepasado dos bóvidos domésticos. As poboacións das montañas cánta-bras (hai outra gran poboación en Pireneos) son as máis ameazadas do mundo e estímase que non sobrevi-ven máis de 500 ou 600 exemplares adultos.

➉Visón europeo (Mustela lutreola)

A mediados do século XX, este pequeno mamífero podíase atopar polas zonas fluviais de case toda Europa, desde o norte de España ata Romanía e Rusia. Na actualida-de, a Lista vermella da UICN sinala que este mustélido está “en estado crítico”. No entanto, o Ministerio de Medio Ambiente (Magrama) afirma que a poboación ibérica é a única da súa área de distribución mundial con posibilidades de salvarse, grazas aos labores de recuperación.

www.consumer.es

especies comerciais. A sobrepesca e a pesca ilegal levaron o atún vermello a estar nunha década en perigo de des-aparición. Na actualidade, só queda entre un 10 % e un 15 % da poboación orixinal, segundo datos da ONG.

➃Rato de almiscre (Galemys pyrenaicus)

Este pequeno mamífero habitaba os ríos das montañas do centro e do norte da Península Ibérica. A al-teración e a contaminación do seu hábitat provocou a súa desaparición en practicamente todo o Siste-ma Central. Diversos proxectos de recuperación, coma Life+ Desmanía, iniciado en 2012 pola Fundación Bio-diversidade, traballan para mellorar o seu hábitat e recuperar a especie.

➄Foca mediterránea (Monachus monachus)

Aínda que pareza incrible, o Medite-rráneo alberga focas nas súas augas. O nome desta especie é Monachus monachus, coñecida como foca

5150

Se a rutina esgota as túas ideas,

EROSKI CONSUMERproponche

menús infantís Receitas saudables para todos os días.

Coida a alimentación dos teus fillos en:

www.consumer.es

Accede á web de receitas con este código