Teoría tema 4
Transcript of Teoría tema 4
XÉNERO DOS SUBSTANTIVOS
O xénero feminino pódese formar:
Substituíndo o –o final por –a; por exemplo: cativo/cativa.
Engadindo –a se remata nunha vogal tónica; por exemplo: avó/ avoa.
Substituíndo –án por á; por exemplo: capitán/capitá.
Substituíndo –ón por oa; por exemplo: patrón/patroa.
Engadindo –a se remata en consoante distinta de -n; por exemplo: portugués/ portuguesa.
Engadindo unha terminación especial como –ina, -esa, -isa; por exemplo: príncipe/ princesa; poeta/ poetisa; bailarín/bailarina.
Cunha palabra diferente; exemplo: padriño/madriña

NÚMERO DOS SUBSTANTIVOS
Os substantivos teñen número singular ou plural.
O plural fórmase:
Engadindo –s se o singular remata en vogal ou en -n; por exemplo: avó/ avós.
Engadindo –es se o singular remata en -r ou en -z; por exemplo: coz/ coces; amor/amores.
Engadindo –es se o singular é unha palabra grave ou un monosílabo que remata en -l; por exemplo: pel/ peles; túnel/túneles.
Engadindo –is se o singular é unha palabra aguda e remata en –l (perde o –l); por exemplo: papel/ papeis.
Non varía se o singular é unha palabra rematada en –x ou -s; por exemplo: o tórax/ os tórax; o lapis/os lapis.

ACENTUACIÓN DAS PALABRAS ESDRÚXULAS
Nas palabras ESDRÚXULAS a sílaba tónica é a antepenúltima.
Sempre levan acento gráfico: cárcere, máxico, anécdota.
EXPRESIÓN ESCRITA: O contoO conto é unha narración breve de feitos imaxinarios ou reais, protagonizada por un pequeno grupo de persoaxes e que sigue un argumento sinxelo.
Os conto componse de tres partes:• Introdución. Parte incial do conto; explica quenes son as personaxes e onde e cando ocorre a
historia.
• Nó. Parte que narra O que acontece ao longo do conto.
• Desenlace. Parte que explica como acaba o conto.