terra de iria · 2018. 3. 5. · A Terra de Iria é unha entidade histórica, xeográfica,...

42
Anxo Angueira TERRA DE IRIA TERRA DE ROSALÍA DE CASTRO

Transcript of terra de iria · 2018. 3. 5. · A Terra de Iria é unha entidade histórica, xeográfica,...

  • Anxo Angueira

    TERRA DE IRIA TERRA DE ROSALÍA DE CASTRO

    terra de iria 6/7/09 10:03 Página 3

  • Unha iniciativa da Asociación de Escritores en Lingua Galega

    Polas características técnicas de esta edición:© Polo texto: Anxo Angueira© Promocións Culturais Galegas, S.A. Impresión e acabamento: Norprint Artes Gráficas, S. A. 4780-583 Santo TirsoI.S.B.N.: 978-84-8341-327-2Depósito legal: VG 328-2009

    terra de iria 6/7/09 10:03 Página 2

  • A Terra de Iria é unha entidade histórica,xeográfica, económica, social, cultural e po-lítica que, polo menos, cómpre remontar áépoca sueva (Iria era sé episcopal do rei-no suevo de Galicia) e que hoxe continúapervivindo. Correspóndese co que na ac-tualidade aínda é o arciprestado de Iria, queabarcaría os concellos actuais de Padrón,Cesures, Valga, Rois, Dodro, Catoira eRianxo. Aínda que non imos incluír estesdous últimos, tamén eles pertencerían aesta unidade xeográfica que se correspondecoas ribeiras do Ulla final (a estas terraschamáballe Borobó Ullán), ese Ulla nave-gábel desde a Arousa deica Cesures, o Ullafarto que sobe e devala coas marés, o Ullano que deita caudal o Sar de Rosalía e queaínda nos trague e nos leva dornas, balan-dros, galeóns.

    7

    terra de iria 6/7/09 10:03 Página 7

  • TERRA DE IRIA

    No epicentro da Terra de Iria

    ATerr

    terra de iria 6/7/09 10:03 Página 8

  • Propomos dúas viaxes complementarias:unha que é factíbel realizar a pé, que abarcaríao núcleo central desta terra, e outra para aque sería preciso o coche e que nos levaríapola periferia, por así decelo. Nos dous casosimos escoller como punto de partida o queresulta un lugar coñecido, un epicentro cul-tural de Galicia: a Casa-Museo de Rosalía deCastro na Matanza, unha casa común de tó-dolos galegos.

    Anxo Angueira

    9

    terra de iria 6/7/09 10:03 Página 9

  • terra de iria 6/7/09 10:03 Página 10

  • ““PPaaddrróónn,, PPaaddrróónn.. SSaannttaa MMaarrííaa.. LLeessttrroovvee””

    Rosalía veu morrer a esta casa da Matanzaporque amaba a súa terra. Pero cómpre lem-brar que nin esta nin ningunha na que viviufoi da súa propiedade. Ela, con Murguía, quenunca tivo casa de seu, edificou a casa, paratodos e para sempre, das letras nacionais.Neste lugar, convertido con moito esforzonunha especie de santuario laico, celébrasetamén, á sombra da lata que ten por de fron-te, un acto cultural de referencia: a entregados premios Pedrón de Ouro. E tamén podevisitarse o Centro de Estudos Rosalianos,aínda escasamente dotado. Todo é ben ser epaz neste agradábel recuncho de Galicia.

    A Matanza, aquí ó pé da estación ferro-viaria, é aldea que pertence á freguesía deSanta María de Iria. Se saíndo da Casa-Museo

    11

    terra de iria 6/7/09 10:03 Página 11

  • collemos un camiño de chapacuña á esquer-da imos continuar por outras aldeas da mes-ma parroquia. Primeiro temos que cruza-lasnaves da Picusa, vello referente industrial,peleteiro e proletario da bisbarra. Deixamosá esquerda as pequenas aldeas de Luáns e OCouto. Axiña, no alto do camiño, damos covalo que circunda as terras do pazo da Arre-tén, casagrande, como a propia Rosalía dicía,en que foi nada súa nai e que agora resultacase irrecoñecíbel despois das numerosas“intervencións” de reacondicionamentoque padeceu. Unha ferida máis no patrimo-nio histórico e artístico de Galicia. A Arreténé unha aldea encantadora que nos ofrece aín-da esas latas, esas parras que cobren rúas e ca-miños e que, comúns a tódalas aldeas, sontodo un símbolo da Terra de Iria. Da Arreténbaixamos por unha corredoira encantadoracamiño de Iria, vella vía romana, a XIX doitinerario Antonino, e damos entón cos res-tos de dous castros. Sobre o da Barronca esta-ba edificada a Rocha Branca, residencia dosarcebispos composteláns ata ser derrubadapolos Irmandiños. A ela veu morrer Rodrigode Luna, cuxo pétreo sepulcro, no ouso de

    TERRA DE IRIA

    12

    terra de iria 6/7/09 10:03 Página 12

  • Santa María, é un dos maiores atractivos davella igrexa iriense. Axiña divisámo-las súastorres, o enorme magnolio da vella fábrica deLámparas Yria, que nos lembra a figura de Es-tanislao Pérez Artime, moi relevante figurado republicanismo padronés e gassetista, exa tamén as inconfundíbeis oliveiras do ce-miterio de Adina, inmortalizado por Rosalíade Castro. Aquí no cemiterio, beirado por unvalo e polo camiño de Santiago, o valo no que

    Anxo Angueira

    Da Arretén a casa nobre

    rI ia

    ed

    terra de iria 6/7/09 10:03 Página 13

  • sentou a “Estranxeira na súa patria”, estamoscalcando un centro neurálxico da historia deGalicia. Iria foi capital galaica na prehistoria,no Imperio Romano, no reino suevo de Gali-cia... E só o seu protagonismo minguou ó sertrasladada a súa capitalidade para Composte-la, onde acabou callando a lenda xacobea. Osdetalles da súa historia poden lerse moi benna Crónica de Santa María de Iria (1468) deRui Vasques, tesouro tamén lingüístico deprimeira magnitude. A igrexa colexiata su-friu varias remodelacións, conservando aportada de traza gótica, pero con interesan-tes retábulos e capelas interiores, maior-mente de filiación barroca. No ouso,acompañando o de Rodrigo de Luna, outrosepulcro anónimo garda para os popularesirienses os segredos para sandalo mal de aire.Murguía testemuña que Rosalía de pícaraserviuse das súas propiedades. Polo adro deSanta María, sarcófagos, lápidas, pedras mi-lenarias... Fronte do adro, a casa dos cóengos,hoxe sede da poderosa Fundación CamiloJosé Cela, o Premio Nobel nado aquí perto,na casa de John, de Jorge Trulock ó pé da vía,e enterrado tamén na Adina, como Rosalía,

    14

    TERRA DE IRIA

    terra de iria 6/7/09 10:03 Página 14

  • aínda que esta seguiu o camiño de Compos-tela, coma a diocese e Prisciliano. Quen leaPau de buxo (Madera de boj) advertirá a forteimpronta que tiveron Galicia e mais Iria notraxecto de retorno deste singular viaxeiro.

    De Iria chegamos a Padrón cruzando aveiga e, a ser posíbel, despois de cruza-lasúa canle, pola beira do Sar. O Morgadáncondúcenos á Igrexa de Santiago, gardadorado famoso pedrón, a ara romana que se in-corporou á lenda xacobea e que agora, repro-ducida, adorna varias prazas e lugares da vila.Padrón é a vila continuadora da vella Iria, de-positaria actual da súa capitalidade económi-ca, social e administrativa. A “ponliña verde,fada branca ó pé dun río” que dixera Rosalía,é unha vila animada, especialmente os do-mingos, coa súa espectacular feira. E aíndasoubo gardar os seus principais referentes ar-quitectónicos. Un paseo polas súas rúas léva-nos ó Pazo do Arcebispo de Quito, á praza deBaltar, á de Macías o Namorado, á rúa Xoan

    Anxo Angueira

    terra de iria 6/7/09 10:03 Página 15

  • TERRA DE IRIA

    Visitamos xardín, horta, capela...

    terra de iria 6/7/09 10:03 Página 16

  • Rodríguez, en que se criou con súa nai Ro-salía, ó interesante edificio do Concello, aFondo de Vila, emblemática porta sur dePadrón, onde achamos un fermoso cruceiroe a refeita casa do patín. Desde aquí chega-mos ó paseo do Espolón, beira do Sar, e ca-miñamos río arriba, como as marés daArousa que aquí chegan, baixo estes fermo-sos plátanos so os que pasearon Manoel An-tonio e Bernardino Graña (Se o noso amor eos peixes Sar arriba andasen). É este talvez olugar máis emblemático da vila, presididopola estatua de Rosalía. A pedra que faimira-la nosa autora cara o Sar, edificadapolo carto da emigración, convoca arredorda súa figura toda unha liña galeguista e de-mocrática desta vila que non esmoreceu ninco franquismo: Ruíz Pons, Ramón Rey Bal-tar, Octavio Sanmartín, Camilo Agrasar,Beiró Buxán... Así e todo, hai unha data es-pecialmente memorábel vinculada a estaestatua, xusto un ano despois da súa inau-guración: a Páscoa de 1958. O acto era a co-roación de Ramón Cabanillas, xa moivelliño. Os versos de Aquilino Iglesia Alva-riño e as palabras de Otero Pedrayo, aínda

    Anxo Angueira

    17

    terra de iria 6/7/09 10:03 Página 17

  • resoantes na lembranza de quen alí escoitou,ó pé de Rosalía e diante dunha multitude en-tre a que figuraban os mociños das Festas Mi-nervais, constituíron un dos primeiros actospúblicos de resistencia antifranquista e unhaproba de que os elos entre xeracións, desde oprimeiro e máis principal que os xuntaba,permanecían inalterados na longa noite.

    Cruzamos a ponte sobre o río, e batemoscoa Fonte do Carme. Sobre ela o conventodominico, cuxo fermoso belvedere balaus-trado en pedra é de obrigada visita. Á dereitaa Trabanca de Arriba, a de Nicasio Pajares,que nos leva en centro trinta e seis chanzospagos por Vidal Cepeda ó Santiaguiño doMonte, onde se celebra emblemática romaríao Día da Patria Galega. Á esquerda a Traban-ca de Abaixo, que, pasada a Fonte do Vilar,nos interna no Concello de Dodro e nos con-duce a Lestrove.

    Deixamos o pazo arcebispal señorial-mente murado á esquerda e, chegados á Pra-za, un lugar con fonte e cuberto, subimospolos camiños desta extensa aldea de Les-trove, cara as Torres de Hermida. Trátasedunha edificación ben antiga que recompuxo

    18

    TERRA DE IRIA

    terra de iria 6/7/09 10:03 Página 18

  • as vellas torres defensivas no que agora é unimpoñente e fascinante pazo. É dunha bele-za cativadora e única. Recuperada comocasa de turismo rural por Marina Vázquez,descendente de Xosé Hermida, o curmánimprescindíbel de Rosalía, que tantas vecesa acolleu aquí, garda esta casa memoria denon poucos feitos literarios e políticos deintensa incidencia na historia de Galiciaque a súa dona soubo sabiamente docu-mentar. Fóra da amizade de Castelao con

    Anxo Angueira

    Vive a memoria de Don Tanis

    terra de iria 6/7/09 10:03 Página 19

  • Xosé Hermida –hai evidentemente un Sem-pre en Galiza ó dispor do visitante– e fóra doPacto de Lestrove de 1930 asinado entre es-tas paredes, Marina Vázquez non deixa deconsignarnos que se garda aquí o tesouroconmemorativo deseñado por Camilo DíazBaliño –mestura de nacionalismo, masoneríae republicanismo– que recolle os nomes detantos e tantos que despois, coma el mesmo,foran asasinados, e un poema do poeta za-pateiro Xesús San Luís Romero adicado ó

    TERRA DE IRIA

    Na casa de John Trulock xúntanse camiños

    LíRoSa A

    terra de iria 6/7/09 10:03 Página 20

  • anfitrión, Xosé Vázquez Batalla: ¡Ouh, velloloitador repubricano!. Memoria que estarre-ce e que fascina. Esta si que é casa de Rosalía,se a nosa autora tivo realmente algunha –¡sinlar nin arrimo!, ¡miña casiña meu lar!–, casada súa estirpe liberal e laica, republicana.Aquí viviu con Murguía, aquí lle naceron fi-llos, aquí escribiu, datou o memorábel artigo"Padrón y las inundaciones" e compuxo, sendúbida, aquel “Como chove miudiño”. Des-de aquí, ou aínda mellor se subimos ó mira-doiro das Penas, pouco máis arriba,podemos enxergar toda a xeografía do poe-ma, a xeografía persoal da nosa autora e a daTerra de Iria que ela amaba: Laíño, Lestrove,Padrón, Iria, San Lois, Valga, Campaña, oMeda...

    Lestrove, unha aldea alegre, de músicos elonga veiga, a do poeta Fortunato CrucesAngueira, pode pasearse moi ben polos seusrueiros. De regreso a Padrón, agora podemosdeternos no pazo arcebispal, hoxe restauradoe dedicado á hostalería como Pazo de Lestro-ve. Resulta tamén dunha beleza singular, coasúa carballeira e os seus anexos (capela, pom-bal, lagar, lavadoiro), aínda que talvez cómpre

    Anxo Angueira

    21

    terra de iria 6/7/09 10:03 Página 21

  • destacar o seu chafariz coroado por unhaescultura de Santiago peregrino. Os arcebis-pos composteláns tiñan como residencia derecreo, despois daquela rocha Branca de Iria,esta “pesada nave que encallou na fresca bra-ña”, en palabras de Rosalía.

    Xa na vila padronesa, cruzámo-lo Sar e asrúas en dirección ó punto de saída. Pero an-tes aínda batemos cun recuncho de cativa-dora beleza: o Xardín Botánico. Deseñadopor man neoclásica de avenidas e rúas, liñas,

    22

    TERRA DE IRIA

    Padrón é de perderse por rúas e prazas, como a de Macías

    terra de iria 6/7/09 10:03 Página 22

  • redes entrecruzadas, é de perderse por entreos múltiples aromas, sombras e texturas ve-xetais. Nun recanto da doce frescura, Macíaso Namorado, probabelmente padronés, “cati-vo da miña tristura”. En todos, a lembranza deRosalía de Castro, “lágrima triste na miña dorvertida”. As sequoias xigantes, os pradairos,

    Anxo Angueira

    Rosalía ollando as marés do Sar

    terra de iria 6/7/09 10:03 Página 23

  • as palmeiras, as camelias, magnolios, sal-gueiros..., árbores e plantas exóticas fannosperder no labirinto das evocacións. E a unnada estamos outravolta na casa da Matanza.

    TERRA DE IRIA

    terra de iria 6/7/09 10:03 Página 24

  • PPeerriiffeerriiaa ddee IIrriiaa

    Agora é preciso o coche. Desde a propia Casada Matanza collemos dereitura, pola estradaque leva a Bea, cara Herbón, a terra dos afa-mados pimentos. Ó chegar a Herbón desviá-monos á dereita cara o convento franciscano,edificado no século XIV e situado nun encla-ve privilexiado. Recíbenos fermoso cruceiroe unha frondosa carballeira na que tamén dansombra centenaria varias sobreiras, escena-rio da romaría do san Benitiño. Ó baixar carao convento, do que paga a pena visita-la igre-xa e mailo claustro e diante da palmeira quelembra a Xoán Rodríguez evoca-la novelade Otero Las palmas del convento, vemos,como na coñecida cantiga, a San Benito (enrealidade San Francisco) botar auga polopeito.

    25

    terra de iria 6/7/09 10:03 Página 25

  • TERRA DE IRIA

    Fermosa Santa María de HerbónHeRBón

    terra de iria 6/7/09 10:03 Página 26

  • Seguindo co coche cara o río Ulla, beirá-molo uns metros ata dar cunha ponte e deté-monos. Trátase dunha estampa imprescindíbel:as pesqueiras de Herbón. O río ancorado flúepolas canles que co vuitrón son a trampa, defebreiro a abril, dese animal estraño, chupa-pedras, a lamprea.

    Seguimos pola beira da horta murada doconvento e axiña vemos un magnífico romá-nico do século XII, moi pouco coñecido:Santa María de Herbón. Cómpre deterse acontemplalo nun paseo circundante que in-clúa o ouso, a porta do sur, a fachada princi-pal, os contrafortes, as gárgolas... Desde o seuadro, ollando o val de Herbón, despedímo-nos desta terra negra e lenturenta de desfor-zados labregos e subimos de novo para aestrada de Padrón a Bea. Axiña atopamos unUlla fluíndo estrepitoso, espectacular, polagorxa do Lapido, tan perto da mansedume deHerbón, entre máis pesqueiras. Aquí unhapista á esquerda ofrécenos a posibilidade desubir ó Meda. Paga a pena, é unha referenciada Terra de Iria. O seu cume é unha atalaiaprivilexiada desta xeografía: o Ulla camiñan-do cara o mar, o Sar baixando de contra a

    Anxo Angueira

    27

    terra de iria 6/7/09 10:03 Página 27

  • Amahía, os montes de Rois, Castro Valente,o Pico Sagro, todas estas aldeíñas..., e alá lon-xe a Arousa e as súas illas, incendiadas en ou-tono e sempre cos solpores.

    Baixando do Meda continuamos Ulla arri-ba cara o fermoso val de Carcacía: Lamas, Ca-sal, Sobrerribas, Cruxeiras, Rial, Guimaráns,Pousada, Sande, Sinde, Outeiro, Ribadulla,Rumille, Curral... Antes de chegar ó nemoro-so e coñecido lugar do Xirimbao, xa en Teo,detémonos en Sinde, unha encantadora al-deíña á beira do Ulla que nos ofrece unhasvistas magníficas sobre o río, aquí couto pes-queiro de salmóns. Salvando un outeiro deuces vermellas, uz moural e carpaza, code-sos e carrouchas sobre o que se ergue un sen-lleiro copudo pino manso, ronseando,facendo a volta sobre unha veiguela poboadaagora de palla milla fantasmática, o Ulla en-tra nunha breve gorxa e é enviado por un tu-pido túnel de arboredo.

    Volvemos á estrada e retrocedemos unsmetros para cruza-la ponte que nos leva á ou-tra beira, onde, contra o mapa das provincias,continúa a ser San Pedro de Carcacía e Conce-llo de Padrón. Damos con Bandín, onde é de

    28

    TERRA DE IRIA

    terra de iria 6/7/09 10:03 Página 28

  • Anxo Angueira

    Nas páxinas da historia sempre está Requeixo

    terra de iria 6/7/09 10:03 Página 29

  • visita-la capela da Mercé, especialmente po-las vistas que ofrece. Continuamos baixandopola marxe esquerda do río. A un quilómetrode Bandín soben pistas cara o Castro Valente,descrito por Murguía e López Ferreiro, undos máis grandes e importantes destas te-rras. Desde o cume, en realidade son tres bi-cos, monte bravo e penedoso, irmán doMeda, lárgase a mellor treita sobre o Ulla dasbrañas de Laíño. Despois chegamos ó Moro-no, ó Confurco, Condes e Cortiñas, aldeasagora da parroquia de Santa María de Herbónque volven confirma-la Terra de Iria contra adivisión provincial decimonónica.

    E chegamos a Requeixo, xa no concello deCesures. Esta vella aldea, coma todas as destepequeno concello, segregado do de Valga en1925 (Infesta, Carreira, San Lois, Porto, so-bre todo Porto), son de estirpe mariñeira.Mariñeiros de río, de salmón, lamprea, muxoe zamborca, do trafego fluvial da madeira es-pecialmente por galeóns, pescadores en dor-na deica fóra da Arousa. Fican na memoria os

    TERRA DE IRIA

    terra de iria 6/7/09 10:03 Página 30

  • baleiros, pescadores en meco ou dorna quebalaban no muxo. Sarmiento, na matrículade mariña do ano 1754 adscrita a Pontevedrano seu libro de viaxe a Galicia dese ano, reco-lle que en Padrón e Ponte Cesures hai 79 ma-riñeiros e 12 embarcacións, mentres que enRequeixo hai, respectivamente, 185 e 43,cando en Rianxo había, por exemplo, 152 e23. Pero é que nin Noia nin o Son, nin a Po-bra, nin Vilagarcía ou Carril, nin Portonovoou Sanxenxo, nin Baiona ou a Guarda supe-raban eses números. Non só memoria, aínda

    En Iria respírase o ar de Dume

    31

    terra de iria 6/7/09 10:03 Página 31

  • fican mariñeiros en Cesures, míticos os Pica-follas, cuxa festa principal, naturalmente, é ado Carme, celebrada aínda non hai moito conregatas de dornas.

    En Requeixo cómpre visita-la súa igrexade estirpe románica ó pé da estrada Padrón –Pontevedra, a de Malvar, e despois subir ómirador do Pino Manso por ver a paisaxe in-dustrial na ribeira do Ulla, especialmente narive gauche das vellas telleiras entre Cesurese Catoira, e as súas voltas do río cara o mar;achegarse á praza de San Lois, o antigo laza-reto, ó edificio do vello alfolí de fermosa can-tería, fautoría, que leva inscrita so o topete dafachada a súa función primitiva, aínda queefémera, (almacéns da renda do tabaco) e adata de construción (1795), proba da histó-rica vida comercial de Cesures a través, sendúbida, do trafego fluvial; evocar a Maside e aBorobó, ilustres cesureños, a Cerámica Celtaque aquí tivo e ten asento...

    Cesures é tan pequeno… Desandando ocamiño de Santiago continuamos cara Valga

    TERRA DE IRIA

    terra de iria 6/7/09 10:03 Página 32

  • pola estrada de Pontevedra. Propomos unhavisita seguindo as parroquiais de San Miguelde Valga, Setecoros, Xanza, Campaña e Cor-deiro. Nelas poderemos admirar vestixiosrománicos (especialmente en Xanza e Cam-paña) e nomeadamente barrocos. En todasteremos unha sensación de dominio xeográ-fico, especialmente en Setecoros, Xanza eCordeiro. Valga é un concello que regan oValga e o Louro antes de deitaren as súas au-gas no Ulla. O viaxeiro atopará, aquí e acolá,fermosos recunchos. Desde as brañas pé doUlla cruzadas polo comboio e asombradaspor garzas e parrulos, deica os esgreviosmontes nos que non faltan petróglifos, comoa Pedra das Serpes, non lonxe de Laceiras, ouos muíños de vento, felizmente restauradosen Cordeiro. Terra de hórreos esveltos eabondosos pombais, de cruceiros espectacu-lares, coma o de Beiro (fins do XVI), de so-brios pazos, coma a casagrande do Sisto ou ade Raxoi ou da de Seárez. Na propia capitaldo concello, na praza fronte ó Campo da Fei-ra chaman a atención os soportais de CasaManeiro, ó lado da de Potel. Este é o territoriode Agustina Otero Iglesias, Carolina Otero, a

    Anxo Angueira

    33

    terra de iria 6/7/09 10:03 Página 33

  • personaxe máis famosa, sen dúbida, de Val-ga. Aquí mesmo naceu aínda que agora, ondeestivo a súa casopa, hai unhas escolas que le-van o nome de Manuel Vicente Cousiño, ocura Carrandán. Carolina está nun nomeposto nunha lápida do cemiterio do Leste deNiza e nas incontábeis páxinas que a súa vidafoi xerando. Desde Renato Ulloa a Marga doVal, desde Borobó a Torrente Ballester, Caro-lina Otero non deixou de inspirar perma-nentemente artigos, libros, historias... E deCordeiro é natural, e consérvase a casa enque naceu, o insigne Xesús Ferro Couselo,aínda que, agás esporádicos artigos, dedicoua súa inmensa erudición e capacidade de tra-ballo a Ourense: Museo Arqueolóxico Pro-vincial, Agrupación Cultural Auriense eBoletín Auriense. Dos seus contributos es-critos destacan A vida e a fala dos devancei-ros e "Cómo e por qué os escribanos deixaronde empregar o galego". Pero del é importan-te toda unha biografía entregada sen desmaioá nosa lingua, á nosa cultura, á nosa dignida-de nacional.

    Saímos precisamente por Cordeiro caraCatoira, camiño de Vilagarcía para cruza-lo

    34

    TERRA DE IRIA

    terra de iria 6/7/09 10:03 Página 34

  • río e mudar de ribeira. Saudaremos entón asTorres de Oeste na terra de Xelmírez, as can-tadas por Rosalía de Castro en inesquecíbelpoema de Follas Novas coma un auténtico“pego negro”, todo un referente na Terra deIria.

    Ó pasa-la ponte subimos río arriba e che-gamos ó concello de Dodro, un concello quecoma Valga, entre brañas que o Ulla enchenas marés e esgrevios montes preludio doBarbanza, ofrece o encanto de numerososvales e aldeíñas. Esta parroquia pola que en-tramos é San Xoán de Laíño, que ten comocapital Imo, unha aldea sumamente encanta-dora, coa súa eira beirada de hórreos, os seuscamiños cubertos de latas, a casa grande dosAguirre, pombais, hortas, muíños… Precisa-mente acaba de ser recuperada a memoria dopoeta Luís Aguirre del Río, autor en castelándo tempo de Rosalía de Castro que fixo uncontributo excepcional co seu vocabularioGalego–Castelán. Tío de Sixto Aguirre, un

    Anxo Angueira

    terra de iria 6/7/09 10:03 Página 35

  • TERRA DE IRIA

    Rois é de moito cruceiro

    RoiS

    terra de iria 6/7/09 10:03 Página 36

  • dos que, debuxados pola man de CamiloDíaz Baliño, foi fusilado en 1936. Un dosque non morreron. E foi recuperada grazas ábibliofilia de Xusto Cortizo e á investigaciónde Avelino Abuín de Tembra, polígrafo ta-mén de Imo, articulista e notábel poeta daXeración das Festas Minervais. Tamén deImo era, e na súa parroquial está enterrado,Xosé Ramón Reboiras Noia.

    Moi perto de Imo pódense visitar a Cruzdo Abelán, interesante cruceiro de capela doséculo dezasete (1672), chantado nun puntoque separa moi claramente as aldeas do mon-te e as do val, e os petróglifos de Bouza Aba-dín, dos que chama a atención o labirintodeseñado aproveitando a chamativa promi-nencia dunha rocha. Desde os altores estes avista sobre as brañas de Laíño resulta espec-tacular.

    De Imo, rumbo norte, collemos para a fre-guesía veciña de San Xián de Laíño. A súaigrexa, de grandes proporcións e notábel re-tábulo barroco, volve ofrecer a sensación dedominio xeográfico. As aldeas de Laíño,coma tódalas da Terra de Iria, insistimosmáis unha vez, caracterízanse por estaren

    Anxo Angueira

    37

    terra de iria 6/7/09 10:03 Página 37

  • cubertas en rúas e quinteiros polas consabi-das latas ou parras, coma en Rial de Lagoa.En Tallós, capital do Concello, pode verse aescola construída polo carto da emigraciónarxentina, todo un emblema da memoriamáis recente desta terra, como algunhas ca-sas e outras construcións de “americanos”,en Tarrío e en Manselle especialmente, ani-madores sociais e políticos nos tempos da IIRepública cuxos proxectos e vidas tronzou ogolpe fascista empurrándoos de novo ó exi-lio. Tamén en Tarrío, aldea natal de EusebioLorenzo Baleirón, chorado poeta morto enplena mocidade, pode visitarse o pazo dosBallesteros, hoxe reacondicionado. O quenon pode visitarse é o pazo de Dodro, a Torredo Marqués de Bendaña na aldea de Vigo, do-ado polo seu último dono a Franco e cuxaspedras, nun acto de barbarie artística incom-parábel, foron levadas para Meirás.

    Desde a parroquial de San Xián de Laíñosubimos pola estrada que nos leva a Rois.Pasamos entón polo val de Traxeito, Pexe-gueiro, Paizal e Rialiño para baixar por For-marís a Antequeira. Por todas estas aldeas demontaña, e nós escoitámolo na Chisca, o 30

    38

    TERRA DE IRIA

    terra de iria 6/7/09 10:03 Página 38

  • Anxo Angueira

    Urdilde na estrema Iria

    terra de iria 6/7/09 10:03 Página 39

  • de abril, noite de Walpurgis, con longos col-meiros acesos, berrábase polos campos cofroito xa nado do centeo, do liño e da avea:

    Lume ó pan, lume ó pan:cada freba seu toldán.

    Lume ó liño, lume ó liño:cada freba seu serriño.

    Lume á avea, lume á avea:cada freba súa saca chea.

    Rois é o máis grande e variado Concello daTerra de Iria. Recolle, coma todos, augas parao Ulla e probabelmente non haxa outro queverta tantas no Sar. Agora ben, unha parte daparroquia de Urdilde deita cara o Tambre emoito de Augasantas e Ermedelo vai paraNoia polo rego do Treito, o Manle e o Moares.Rois é a verdadeira montaña, poboada de ca-balos bravos, a pequena inmensidade de Iria.

    TERRA DE IRIA

    terra de iria 6/7/09 10:03 Página 40

  • Para coñecer Rois, un algo das terras deQuinta e do Baleirón, cómpre percorre-lassúas parroquias –unha ducia– e os seus luga-res –máis dun cento. E sobre todo é impres-cindíbel axudarse dun exemplar de OConcello de Rois: Historia, Economía e Artede Clodio González Pérez. Se tódolos conce-llos de Galicia e das franxas estremeiras doEo-Navia, do Bierzo e das Portelas tivesen untraballo similar a este, o retrato da nosa cul-tura sería outro. Hai que beicer esforzos

    Anxo Angueira

    41

    Un recuncho encantador: Herbogo

    terra de iria 6/7/09 10:03 Página 41

  • TERRA DE IRIA

    Os prados fanse soutos en Oín

    terra de iria 6/7/09 10:03 Página 42

  • coma este porque grazas a eles un concellohumilde, absolutamente rural, sen mesmocentros culturais e económicos de impor-tancia, ensínasenos así enormemente ricoen arte e en historia. Na Antequeira, parro-quia de Oín, que fai de capital do concello,podemos ver o seu pazo. Solaina, patín, fies-trais, capela, camelias e magnolios, pradai-ros, fonte, pombal, hortas..., un conxunto degrande beleza. E entón podemos apaña-laestrada de Noia, chea de voltas e relanzos.Deixamos primeiro a igrexa de San Mamedeá nosa dereita mentres cruzamos a Riaseiraque baixa da Chisca e Xei, aldeas da parro-quia de Buxán que se pode visitar nun ramalda esquerda. Seguindo camiño a Noia, ó pédo coto da Medela, a parroquia de Santa Ma-ría de Leroño, cuxa igrexa aínda ten algo dorománico vello e xa no alto a parroquial deSan Vicenzo de Augasantas, enterrada so asponlas dun pradairo, e por de fronte, do ou-tro lado da estrada, un precioso cruceiro de

    Anxo Angueira

    terra de iria 6/7/09 10:03 Página 43

  • TERRA DE IRIA

    A auga de Rois fluíndo cara o Sar

    terra de iria 6/7/09 10:03 Página 44

  • capela (s. XVII). Estamos nun planalto mo-dulado por gándaras, páramos e senras queagora son lameiros inmensos, sucado por te-nues fíos de salgueiro, poboado por aldeas deErmedelo e a propia Augasantas. De Auga-santas baixamos cara Urdilde e de Urdilde denovo a Antequeira por unha estrada á beirado río Liñares que nos amostra encantadoraspaisaxes das freguesías de San Miguel deCosta e San Pedro de Herbogo, cuxas igrexasson unha fermosura. Antes de chegar á Ante-queira viramos na Pontenova á esquerda. Po-demos visitar aí as parroquias de Seira,Sorribas e Ribasasar, moi evocadora da pas-torela de Xoan Airas de Santiago, camiño deFrancos. É de visitar aquí, cruzando o ríoTinto, a carballeira en que se celebra unha fei-ra das que non quedan, o San Martiño, e o es-pectacular e próximo cruceiro, así como opazo dos Rivero de Aguilar no Faramello.Neste límite da Terra de Iria tamén está unhadas máis fermosas das súas aldeas, igualmen-te ó pé do Castro Lupario: Angueira de Cas-tro. E entón regresamos deixando Rois eseguindo a derrota do camiño de Santiago(“Vin de Santiago a Padrón”): Angueira de

    Anxo Angueira

    45

    terra de iria 6/7/09 10:03 Página 45

  • Suso de máis latas, Santa María de Crucesrománica, santuario barroco da Escravitu-de, ledicia incomparábel de Pazos, terra doexcelente narrador Xavier Queipo (Portados Mariños, Anteportas, Cambela, A Rúa,O Souto, Romarís, Quintáns), e xa Iria, agar-dándonos coa súa Adina de vellas oliveiras ediferentes estranxeirías, e finalmente a Ma-tanza, o epicentro que propomos. Porqueesta Terra de Iria ten como bandeira Rosalíade Castro. E que outra ía ter se ela é bandeiratamén de toda Galicia?

    46

    TERRA DE IRIA

    terra de iria 6/7/09 10:03 Página 46