Terra tempo147 48 3/2/09 13:34 Página 89 · fará a recensión do primeiro libro da súa...

26
Rosalía de Castro-Murguía María Pilar García Negro Rosalía de Castro Manuel Murguía Ignotus Manuel Murguía Para lermos axeitadamente a Rosalía no terceiro milenio Aurora López e Andrés Pociña Rosalía, matrimonio e opción afectivo sexual Francisco Rodríguez Sánchez Sombra do meu asombro Marica Campo Dossier Rosalía-Murguía Sesquicentenario do seu matrimonio Familia Rosalía-Murguía cos seus fillos

Transcript of Terra tempo147 48 3/2/09 13:34 Página 89 · fará a recensión do primeiro libro da súa...

Page 1: Terra tempo147 48 3/2/09 13:34 Página 89 · fará a recensión do primeiro libro da súa compatriota e futura esposa: La Flor. É ben chamativo como se ve im-pelido a dar conta dunha

Rosalía de Castro-MurguíaMaría Pilar García Negro

Rosalía de CastroManuel Murguía

IgnotusManuel Murguía

Para lermos axeitadamente a Rosalía no terceiro milenioAurora López e Andrés Pociña

Rosalía, matrimonio e opción afectivo sexualFrancisco Rodríguez Sánchez

Sombra do meu asombroMarica CampoDo

ssie

r

Rosalía-MurguíaSesquicentenario do seu matrimonio

Familia Rosalía-Murguía cos seus fillos

Terra tempo147_48 3/2/09 13:34 Página 89

Page 2: Terra tempo147 48 3/2/09 13:34 Página 89 · fará a recensión do primeiro libro da súa compatriota e futura esposa: La Flor. É ben chamativo como se ve im-pelido a dar conta dunha

90 terra e tempo xullo-decembro 2008

Dossier | Rosalía-Murguía

Hai cento e cincuenta anos, no 10de Outubro de 1858, contraían matri-monio, en Madrid, na igrexa de San Il-defonso, Rosalía de Castro (1837-1885)e Manuel Murguía (1833-1923). Elachegara a esta capital na primavera de1856, xusto despois da celebración dobanquete de Conxo, que reunira, enxantar fraternal, estudantes e obreirosde Compostela. El procuraba abrirsepaso como xornalista e escritor, a des-peito dos desexos de seu pai que que-ría para o fillo a mesma carreira de far-macéutico que el desempeñaba. En1857, en páxinas de La Iberia, Murguíafará a recensión do primeiro libro dasúa compatriota e futura esposa: LaFlor. É ben chamativo como se ve im-pelido a dar conta dunha curiosa dico-tomía que tan marcante resultará napersonalidade e na obra da escritorafundacional da literatura galega con-temporánea: ela é muller pola alturados seus sentimentos, mais home po-la franqueza con que os expresa… Así,en simbiose de urxencia, o Murguía de24 anos vai intentar resumir ou expli-car o que constituirá, andando o tem-po, motivo de admiración, de estrañe-za ou de crítica represiva: paraEduardo Pondal, será moito máis doque “poetisa”: “poeta insigne” é para obardo bergantiñán. Posuída dun xenio

“viril” (naturalmente, na connotaciónpositiva da estereotipia tradicional)será para Unamuno ou para Salvadorde Madariaga. A propria autora, paraalén de facer do cuestionamento e crí-tica da División Sexual do Traballo -ede todas as súas consecuencias e ad-herencias- columna vertebral de todaa súa produción, vai plantexar a per-gunta fundamental, no pórtico da súaobra capital, Follas novas (1880): “Da-quelas que cantan ás pombas i ás fro-res / todos din que teñen alma de mu-ller; / pois eu, que n´as canto, Virxe daPaloma, / ¡ai!, ¿de qué a terei?”.

En Terra e Tempo facémonos ecodeste sesquicentenario, agradecén-domos moi cordialmente a colabo-ración experta e entusiástica de ro-salianistas ben coñecedores da obrada nosa escritora. Incluímos nestemonográfico dous textos fundamen-tais do proprio Murguía: o retrato deRosalía de Castro que forma partede Los Precursores (e que ela xa nonpuido chegar a ler, pois faleceu antesda súa publicación) e o relato “Igno-tus” que cerra este libro e que, conMurguía como amanuense ou trans-critor, espella claramente un episo-dio da vida de Rosalía en Composte-la, no terríbel ano da fame de 1853.A tradución ao galego débese a Die-go Pardo Amado, xóven investigadorcuxa magnífica Tese de Licenciatura,que versa sobre a institución do ma-trimonio e o seu reflexo na obra ro-saliana, en breve verá a luz. AuroraLópez e Andrés Pociña, coa súa sa-piencia proverbial na nosa autora,esclarecen, máis unha vez, aspectoscruciais da vida e personalidade de-la, adoito aqueloutrados ou esqueci-dos e cuxa comprensión resulta im-prescindíbel para a adecuadainterpretación da súa produción.Francisco Rodríguez, autor da mo-numental Tese de Doutoramento so-bre Rosalía de Castro que marca,nos estudos sobre a nosa escritora,un antes e un despois, tal e comoafirmou hai vinte e un anos ClaudePoullain, ilumina nesta ocasión as-pectos dos menos e pior tratados no

universo ideolóxico e afectivo de Ro-salía. Marica Campo, en fin, pon oramo inmellorabelmente a esta re-cordación monográfica cunha tetra-loxía poética dedicada á nosa auto-ra, de quen se declara devota fillaliteraria e continuadora do ronselaberto por ela hai cento cincuentaanos.

O traballo de Murguía como his-toriador, etnógrafo, crítico literario,xornalista, patriota irredutíbel... éinxente nos seus case noventa anosde vida. Nos cuarenta e oito que Ro-salía de Castro alcanzou en vidamortal, compuxo, a pesar de tantasdificuldades e penurias da súa vida,do acoso sofrido polas súas posi-cións avanzadas e a súa rebeldía,unha obra en verso e en prosa quesegue a ser un manancial inesgotá-bel, viveiro e estímulo de novasabordaxes, de novas pesquisas e,sobre de todo, a rentes do chao,precisado dunha leitura integral. AGaliza pola que ambos dous tantotraballaron, e da que tanto se doe-ron, aínda non os colocou, malia to-das as aparencias, no lugar acorde ásúa dedicación e á súa entrega pa-triótica. Estas páxinas, por tanto,aspiran a avanzar un chanzo máis nocoñecemento e aprezo de parellatan significada da nosa historia con-temporánea, na intelixencia de quepublicacións como a presente e,aínda, o nacionalismo galego con-temporáneo todo o deben a perso-nalidades como as que aquí recoñe-cemos e celebramos �

Rosalía de Castro-Murguía

María Pilar García Negro

Rosalia de Castro retratada por ModestoBrocos

Recanto do Río Sar no cal a publicación "VidaGallega" sitúa a inspiración dunha das obrasde Rosalía

Terra tempo147_48 3/2/09 13:34 Página 90

Page 3: Terra tempo147 48 3/2/09 13:34 Página 89 · fará a recensión do primeiro libro da súa compatriota e futura esposa: La Flor. É ben chamativo como se ve im-pelido a dar conta dunha

xullo-decembro 2008 terra e tempo 91

Rosalía-Murguía | Dossier

– Quen es ti e que che falta?

– Son un bardo alemán; cando fa-

lan alí dos primeiros pronuncian

o meu nome. Fáltame o que a

moitos na Alemaña; cando falan

alí dos desgrazados, repiten ta-

mén o meu nome.

H. HEINE

O viaxeiro que baixando de San-tiago a Padrón, deixase á súa dereitaa antiga colexiata de Iria e seguisepolo agreste e solitario camiño que,flanqueando pequenos outeiros e através de prados eternamente verdes,conduce á aldea da Arretén, situadanunha aba do Miranda, chegaría benaxiña ao portón que dá entrada aopatio e casa señorial dos Castro, e évalo e límite e cabeza da rústica po-boación que se estende aos seus pés.A nova vivenda, fiel reflexo do manoirbretón, ocupa, sen dúbida ningunha,o mesmo espazo que a vella fortaleza,desde a cal se defendían aquelas gar-gantas e vixiaban ao mesmo tempoos vasalos levadores das contiguasherdades. Pouco se precisa, vendoaquel edificio, para comprender quemáis dunha e máis de vinte xeraciónsse criaron baixo os seus teitos.

A nova morada, que conserva aín-da a disposición, os pormenores, o arda casa nativa da décimo sexta centu-ria, é o que se di un pazo campesiñodo século XVIII. Nel as dúas arquitec-turas, renacemento e estilo restaura-do, danse a man a través de douscen-tos anos. A arcada que sostén oespazoso balcón de pedra que corre aolongo da fachada ten o selo caracterís-tico das construcións galegas de me-diados do século pasado. A mesma ca-pela en que campa o escudo da familiae leva a data de 1585, é tamén do esti-lo que denominei dos mestres deobras. Mais o novo e o vello, o que per-tence a tempos máis afastados e o quecase nos corresponde, uníronse ecompenetraron de tan íntima maneirae tomaron tal ar de vetustez, que o seusó aspecto delata á primera vista a ve-lla e gloriosa casa feudal, grata ao po-eta e ao historiador, porque como ser

vivo fala do pasado con voz máis elo-cuente que as mesmas crónicas ás ca-les se fiou a lembranza dos que habi-taron as extensas salas, as vastassoidades e os lugares confiados ao seupaternal goberno.

Ao entrar no patio e subir a escali-nata que dá entrada á xa esquecida vi-venda, gáñannos de golpe as tristezasque producen sempre na nosa alma ossupremos abandonos. Reina o silencioapenas turbado polo chío dos paxaros,que ao vervos entrar abandonan es-pantados a vella cornixa por onde pa-seaban gravemente. Áchase alí algo deaustera e santa soidade, só posíbeldentro dos antigos mosteiros, dos ca-les eran irmáns polo destino, os caste-los e vivendas señoriais. Mais ¡ai! can-do o home se achega a semellantesruínas –en pé ou non, tanto ten- sén-tese como tocado da tristeza de queestán cheas. Flotan sobre elas non sesabe que de frío e morto que aflixeprofundamente. A nada das glorias hu-manas é máis que nunca visíbel. E envan os altos carballos enchen de som-bra e de rumores o bosque umbrío ouse recortan no horizonte; en van a fon-te desborda sobre a pía as súas augase os ventos suspiran nas grandes sa-las, noutrora poboadas de voces har-moniosas; nada turba aquela paz soli-

taria que é o seu nimbo, mais nada écapaz tampouco de apagar a penosaimpresión que a súa soa vista desper-ta nas almas sensíbeis. Ocorre pregun-tarse que ficará de nós, cando os queparecían eternos non son xa máis quecousas que dormen no esquecemento.

Contan os mariños, que cando unbuque está próximo á súa ruína, as ra-tas que poboan a bodega abandonan ovello casco: así fixeron os nobres desegunda orde. Deixaron de vivir entreos campesiños, que eran os seus fillos,e do seu amor, que era a súa forza, per-dendo deste xeito un poder que des-cansaba no ben que facían e en nonpermitir que se fixese o mal. Aqueleslares en que durante séculos se pren-deu un mesmo lume, e que eran refu-xio dunha familia que non se extinguíaxamais; aquelas casas de onde non sesaía senón na procura da gloria e áscales non se voltaba máis que en de-manda da paz e da morte, están hoxebaleiras e desertas. Faltan as aguias, eno niño abandonado non se quentanos pitiños. Batidas por todos os ventose todas as desgrazas, están en pé, co-mo para nos dicir que aínda hai maio-res soidades, que aínda hai ruínasmáis tristes e elocuentes que as queaquelas mudas pedras encerran e de-latan, e son as que se aniñan no cora-zón do home, é igual que as vingativasEuménides, devórano e atormentan.Porque se non é para iso, para que da-quela? Que fan en pé?.

Esta antiga casa, como todas. Aodesprendérense os seus fillos dunpoderío que xa non exercían, perde-ron até o instinto de conservación.Fuxiron asustados da súa propiatumba. Inútiles xa, mudaron de fogarpara morrer máis descoñecidos, e na-da, nada os lembraría, se unha mullerda súa raza –reunindo en si todas asperdidas enerxías e renovando as pa-sadas aptitudes– non tivese feito in-mortal aquel antigo apelido, e sagra-da aquela orixe, pois éncheo e cobrecos resplandores do seu xenio.

Mais isto non foi sen tomar parasi tamén todas as desgrazas propiasdas familias que perecen. Desde os

Rosalía CastroManuel Murguía

[Tradución de Diego Pardo Amado]

Manuel Murguía de mozo

Terra tempo147_48 3/2/09 14:05 Página 91

Page 4: Terra tempo147 48 3/2/09 13:34 Página 89 · fará a recensión do primeiro libro da súa compatriota e futura esposa: La Flor. É ben chamativo como se ve im-pelido a dar conta dunha

92 terra e tempo xullo-decembro 2008

Dossier | Rosalía-Murguía

seus primeiros anos, estivo xa, mate-rialmente, entre a vida e a morte; pare-cía levar no seu corazón os secretos te-rrores que sentiu a súa nai todo otempo que a tivo nas súas entrañas.Baixo estes ceos que lle son tan propi-cios, nestas risoñas chairas de Iria Fla-via, ao pé dos outeiros que as cercan,e beiras das correntes que as fecundantería pasado a súa vida, se os primei-ros contratempos non a obrigasen amarchar á triste cidade en que nacera1

e á cal tornaba para facer dela a súaúnica patria e a patria dos seus fillos.Atrás deixaba as lembranzas da infan-cia e os seus primeiros ceos risoños.Sempre que as durezas do invernocompostelán, os seus fríos aires e con-tinuas chuvias a puñan á beira do se-pulcro, en que tantas veces tivo postoo seu pé, tornaba ás alegres veigas ebañábase nas súas mornezas e vivíados seus claros resplandores. Respi-rando estas brisas, que levan a un tem-po nas súas ás o perfume do campo eo das ondas, os feridos pulmóns reno-vábanse e tomaban nova forza; e a quechegaba semellante a unha planta quese inclina e agosta, erguíase e reverde-cía, tornando á vida, ás ilusións da mo-cidade, a todo canto de risoño enche ásúa hora o corazón das doncelas. Pare-ce que aquí, baixo este mesmo ceo on-de, como noutro tempo, procurou ago-ra o seu doce refuxio, tiña querealizarse sempre o prodixio da súa in-fancia, e que estas chairas, -como o ve-llo sepulcro sobre o cal a puxeron mo-ribunda e devolveuna viva- tiñan paraela a mesma virtude e renovaban, can-do era preciso, o antigo milagre.

A existencia é, na verdade, ben do-ada para todos aqueles a quen as con-trariedades da vida non fatigan dema-siado; mais ¡que pesada carga para osque persegue a desgraza, e cantomaior aínda para os que marchan sus-pendidos sobre o afán dos seus pro-pios pensamentos! E se a alma ator-mentada é a dunha muller?....Benpode dicirse daquela que os seus sufri-mentos non han de ter límite, que aspenas se duplican ao caer sobre o seucorazón, que as súas bágoas, lonxe de

seren para ela un consolo, chaman condobre forza as novas bágoas. Quen ascoñece? Quen as conta? A quen intere-san? Quen é nin que importa, así sexaa máis ilustre, así a máis coñecida?Que outro camiño, senón o da morte,ve ante os seus ollos? A mesma noto-riedade, non é para ela un perigo?.

Por máis que a comparación sexavulgar, sempre se dirá da muller que,como a violeta, tanto máis agochadavive, tanto é mellor o perfume que ex-hala. A muller debe ser sen feitos e senbiografía, pois sempre hai nela algo aque non debe tocarse. Limitada a súaacción ao círculo da vida doméstica,todo o santifica desde que entra noseu fogar. Ten na terra unha misión dosceos, e a súa felicidade debe consistiren enchela sen vangloria nin remor-sos. Trasládase toda enteira aos seusfillos, vive no seu corazón, sen que assúas penas sexan outras que as que osferen ou con eles se relacionan.

E se isto é verdade, ¿Qué dicir dequen non fixo outra cousa que sopor-

tar os múltiplos golpes que a maltrata-ron e a canto máis amaba na terra? Sese referisen coa súa terrible verdade ossufrimentos experimentados, antes,agora, en todo tempo, ben se vería quepoucos días de felicidade contou, quelongo e duro foi o seu cativeiro, e deque maneira inusitada os contratem-pos dobraron alma tan enérxica e apai-xonada. ¡Como a foron procurar ao si-lencio da súa casa e ao apartamentodo seu voluntario desterro, feríndoa nomedio dos seus fillos, ausente o queera o seu amparo, cando crían que ogolpe que lle asestaban era o únicoque lle faltaba para morrer!

Dise que así proba o ceo os seusescollidos!...

Esta vida de dor comezou axiñapara ela, porque física e intelectual-mente a súa precocidade foi grande.Contaba apenas once primaverascando compuxo os seus primeirosversos e tivo que mudar o seu traxede nena polo da muller. Con el íanseas alegrías da infancia e chegaban os

Retrato de xuventude de Rosalía de Castro

Terra tempo147_48 3/2/09 14:06 Página 92

Page 5: Terra tempo147 48 3/2/09 13:34 Página 89 · fará a recensión do primeiro libro da súa compatriota e futura esposa: La Flor. É ben chamativo como se ve im-pelido a dar conta dunha

xullo-decembro 2008 terra e tempo 93

Rosalía-Murguía | Dossier

primeiros coidados, aqueles queasaltan as mozas tan axiña se arris-can nos sendeiros do mundo. ¡E queamargos e tristes para os que, tocan-do apenas nos límites da mocidade,teñen xa que loitar coa tristísima rea-lidade! Fica sempre no seu corazónun non se sabe que de baleiro, quenada enche. Isto teñen os prematurosdesencantos: cando se sentiu todo oseu peso, xamais se esquecen. Pasa-rá o mar sobre eles, como di o poeta,e non será quen de apagar a manchaque deixan no noso corazón.

Isto foi casualmente o que acon-teceu á nosa escritora: levou sempreaberta a ferida causada polos primei-ros desencantos.

Os ventos da desgraza, que tanrudamente se desataron contra ela,comezaron por afastala de todo cantoamaba; da súa terra, da súa nai, dassúas esperanzas e até dos soños, benmodestos por certo, posíbeis a unhamoza de provincias. Nela non ficabaxa en pé, nos seus mellores anos, se-nón a firmeza da súa alma e a bonda-de sen límites que a enche. A mesmapoesía que encantara as súas horassolitarias foi esquecida por completo:non parecía outra cousa, senón quese preparaba para a morte, agardán-doa coa doce voluptuosidade dequen sabe que só así poderá escaparás tribulacións que a esperan.

Lonxe da súa casa e dos coidadosmaternais, sufrindo como poucos asinclemencias do ceo madrileño, asíntimas dores que a aflixían –e que sópodía facer tolerábeis unha brancaluzada de xuventude, -as incertidu-mes que enchían a súa alma sen ho-rizonte nin esperanza, as tristezas daausencia rendíndoa ao seu peso, ferí-rona tan sen piedade, que houbo mo-mentos en que puido esperar confia-da que as horas da súa dor seríanbreves e que axiña as portas da eter-nidade se abrirían de par en par.

E canto tardaba para ela esta ho-ra da suprema liberdade!

Das seductoras promesas que un-ha prematura xuventude se compra-cera en despregar perante os seus

ollos, non ficaba unha soa que non ti-vera erguido o voo na procura dou-tras almas máis felices en que facer oseu niño. A realidade facíaa coas sú-as espiñas; as asperezas da vida, cosdesenganos en que son tan pródigas.Ás súas grandes tristezas engadíanseas dores materiais, as inacabábeisangustias que lles son propias e osacerbos presentimentos que enxen-dran.

Estas horas solitarias formaron oseu corazón e impregnárono parasempre da profunda melancolía quebaña as súas composicións. As mu-sas necesitan tocar coas súas ás a re-alidade; a este prezo comprarán sem-pre os seus triunfos; mais ¡ai! elapodía moi ben pasar sen tan amargocáliz, porque non o ambicionaba. Co-ñezo cantos inmortais, di o poeta,que son un puro xemido. A que ama-ba a serenidade da alma e dos ceos, aque pedía tan só paz e silencio, al-gunhas primaveras máis, os horizon-tes da patria, as rosas dos seus cam-

pos e os tornasoles dos mares do seupaís, non merecía por certo poder di-cir tan axiña e con tanta verdade co-mo ela, que baixo os seus loiros ca-belos aniñaba a dor.

Car sous cheveux blondes je connais ladouleur.2

O mesmo coidado que outros po-ñen en se deixar ver e conquistar unposto no mundo literario, puxo elasempre en fuxir aos vans ruídos e pe-rigosas facilidades. Os versos que enhoras de tristeza escapaban dos seuslabios, eran esquecidos ao día se-guinte. Ninguén os coñecía. Foi nece-saria unha serie de circunstanciasfortuítas para que algunhas desascomposicións traspasasen os límitesdo fogar e se desen á estampa. Non alevaba a tanto o máis pequeno entu-siasmo, nin menos o amor que pui-desen inspirarlle as pobres fillas doseu corazón e das súas horas solita-rias. Porque desde os primeiros pa-sos dixérase a si mesma que nin bus-caba a gloria nin a amaba en maneira

Retrato de Manuel Murguía realizado polo seu fillo, Ovidio Martínez-Murguía

Terra tempo147_48 3/2/09 14:06 Página 93

Page 6: Terra tempo147 48 3/2/09 13:34 Página 89 · fará a recensión do primeiro libro da súa compatriota e futura esposa: La Flor. É ben chamativo como se ve im-pelido a dar conta dunha

94 terra e tempo xullo-decembro 2008

Dossier | Rosalía-Murguía

ningunha. Así compréndese que, gra-zas a esa mesma indiferenza, saísen áluz as súas primeiras poesías, sendomans alleas as que lles prodigaron oscoidados que toda publicación recla-ma dos autores. Ignorándoo, e nonimportándolle, sen esperanzas e ta-mén sen amor propio, deixounas ir áventura, sen se coidar máis delas ninpensar que puidesen interesar a nin-gunha alma, nin menos durar máisalá do que duran as rosas, as súas ir-más na fermosura e tamén na brevi-dade da vida. Así o desexaba ao me-nos.

E tiña razón! Non porque aquelasbreves páxinas non fosen acredorasaos eloxios que, sen coñecer a súaautora, tiven o doce consolo de llesprodigar, senón porque non todasmerecían as honras da impresión. Nasúa inexperiencia da vida literaria, dacal tan afastada se achaba, non podíacomprender que os primeiros donsda musa deben ser coidadosamentepreparados e escollidos pola man doautor, pois deciden ás veces dunhavida, e rompen ou afirman unha vo-cación. Calquera, ao ler aqueles ver-sos, sabendo que a súa autora aíndanon fixera vinte anos, tería dito que aatormentaban as ansias do aplausopúblico, cando o seu libro era casual-mente a proba do ningún aprezo quefacía de tales cousas e do lonxe quese achaba de crer que con el se abríao camiño que debía conducila aostriunfos que a agardaban. A ilusiónsque sobre este punto puidera abrigar,ficaban á porta da casa en que espe-raba concluír os seus días sen ambi-ción, enchendo os deberes de espo-sa, nunha grata medianía e nun santoe perpetuo esquecemento. Talvezpensaba que non os sobreviviría, gra-zas, xa á morte material que tan per-to de si vía, xa a aqueloutra gloriosa e

que tantas mulleres de grandes dotesaceptan, o día que entran no fogarconxugal para ser a súa éxida.

A malaventura de Galiza, que enmáis dunha ocasión viu malograr osseus mellores enxeños, non quixopor esta vez que enmudecese aquelavoz, nin se rompese aquela lira. Foiunha desgraza para a nosa escritora?Estou tentado a crelo así. Conserván-dose para a súa patria, conservouseasí mesmo para os seus grandes in-fortunios.

Non os vou contar. Para que? Undía veu formar comigo o novo fogar ecrear unha familia. Desde entón unhaé a vontade e un o amor baixo desteteito, visitado por cantas aflicións po-den caer sobre as almas feridas per-petuamente. Sós deixounos a naiquerida, e sós tamén aquel fillo ama-dísimo, que non viviu máis que otempo necesario para facer no nosocorazón eterno recordo, inconsolábela perda. Entre estes dous sepulcros,todo un mundo de contrariedades.Breves os días do sol, aladas as ditas,fugaces as alegrías, sós constantes eduradeiros os rigores da fortuna.Consólannos os fillos que nos rode-an, en cuxos ollos brilla xa un raio da-quela intelixencia que co sangue reci-biron no seo de súa nai, e cuxocorazón parece formado coas mes-mas xenerosas fibras. Reflíctese ne-les, que prometen ser coroa da súaancianidade, consolo dos seus derra-deiros días.

Unha verdadeira noite reinaba noceo literario de Galiza. Os soldadosandaban dispersos, os combates eranimposíbeis. De todo aquel rumor, detodas aquelas esperanzas nadas á ca-lor da revolución de xullo, non ficabamáis que un eco, unha esperanza quevivía e se manifestaba nas columnasde El Miño, o xornal que dunha ma-

neira máis decisiva influíu nos desti-nos do noso país. Nel refuxiárasecanto conservabamos de vivaz e fe-cundo, nel reflectíase o espírito dun-ha xeración que parecía ter traído aomundo como única tarefa, a de crearunha nova Galiza e fecundar os xer-mes de vida que este pobo encerra.Perseguíase un imposíbel? Non é do-ado dicilo, aínda que pola miña parteaseguro que ninguén acreditaba ensemellante cousa. Tiñan fe na virtua-lidade da súa obra: crían nos seus mi-lagres. Tentar a rexeneración a queaspiraban, era unha proba de que seía a algo sólido e durábel. Non queríamorrer sen ter combatido naquel es-pecialísimo torneo, en que a damados nosos pensamentos era a peque-na patria. E pois todo o que vive seresiste á morte, aceptouse a loita, co-mo unha proba de que aínda vivia-mos.

Cada un escolleu o seu posto, e anosa escritora, que, como a mullergala, seguía aos seus ao combate, co-ñecendo que podía axudalos, colo-couse resoltamente nas primeiras fi-las.

Como medio máis eficaz de voltará vida a un pobo que á forza de des-grazas apenas se tiña conciencia de sipropio, tratábase por todos de pene-trar nos seus limbos, alumealos conaquela luz necesaria, para que cantonos pertence tomase corpo e fose vi-síbel aos ollos dos demais. O pasadocoas súas sombras, o presente coassúas dúbidas e desalentos, canto foraGaliza, canto era aínda, ou podía se-lo, pedíannos unha ollada e un pen-samento. Sentiamos como por instin-to, que antes de nada era precisorehabilitar o país galego, realizar assúas esperanzas e traducir en feitos oque aínda non puidera pasar da cate-goría de tentativas máis ou menosafortunadas. Esta dirección pura-mente provincial, non era na verdadecousa nova, mais tomaba nas nosasmans maior forza. Por máis que puxé-semos nisto a nosa alma e o nososangue, outros antes quixeran o quenós: non era a primeira vez que se

Entrada na fábrica de Fiados Barcón, Ferrol afinais do XIX. Empregadas formando en filaagardando ao patron

Terra tempo147_48 3/2/09 14:06 Página 94

Page 7: Terra tempo147 48 3/2/09 13:34 Página 89 · fará a recensión do primeiro libro da súa compatriota e futura esposa: La Flor. É ben chamativo como se ve im-pelido a dar conta dunha

xullo-decembro 2008 terra e tempo 95

Rosalía-Murguía | Dossier

perseguían tan nobres ideais, probada vitalidade dos pensamentos quenos animaban. Se antes non se reali-zara, era porque faltara a unidade nostraballos, e unha máis clara nociónen todos da obra emprendida. Así re-sultou estéril, pois só podía ser fe-cunda sendo completa.

As novas correntes tiñan polotanto maior eficacia, pois dirixíanse aunha fin, clara, definida, concreta.Consagradas polo suceso, alentadaspolo dobre interese da curiosidade ecariño con que eran recibidas polopaís, compréndese que, pois a em-presa era aceptada, fose máis fácil.Todos querían poñer a súa pedra notemplo que se levantaba e aportar áobra común o seu esforzo ou o seusacrificio.

Nunca por tanto se sentían máisvivamente eses desexos, nin toma-ban máis corpo, nin eran máis firmestan nobres propósitos, como cando,lonxe da patria, e en medio das soi-dades castelás, pensábase nos cam-

pos paternos e críanse ver os hori-zontes que os limitaban. Así era, queentre o ausentes se falaba deles co-mo os profetas super flumina Babilonis.Pensade agora que pasaría no cora-zón dunha doente nova e soa, quedeixando en Galiza a nai e a filla, sen-tíase de novo languidecer e morrerbaixo o ceo para ela sempre inhospi-talario da España central.

Era unha morna tarde dos primei-ros días da primavera castelá. O solalumeaba a vasta extensión, o ar erapuro e tibio, apenas sentíase pasarcomo un suspiro. As plantas en xer-me exhalaban os aromas que anun-cian os fermosos días: o ceo era claroe transparente, o temple suave, oshorizontes dilatados; só faltaba paraanimar aquel cadro as árbores, as no-sas amadas árbores, as ondas crista-linas, os perfumes dos prados e osseus verdes intensos, os ruídos deque están poboados os vales e os ou-teiros galegos. Rodeábanos a desola-da estepa, sen unha sinuosidade que

rompese a liña igual e extensa, senmáis tons que os quentes e enteirospropios daquelas chairas. Só aló, aofondo, o vello Guadarrama, en cuxobico branqueaba a neve, recortaba ohorizonte que os últimos raios do solencendían e fermoseaban.

Contemplando este cadro, e lem-brando en presenza de semellantesesterilidades a exuberancia dos cam-pos galegos, sentiu a nosa escritora anecesidade de escribir e publicar unlibro en que se reflectisen con toda asúa poesía e pureza, as paisaxes e avida enteira da xente do noso país. Equerendo romper con canto a rodea-ba e era tan pouco acepto, prometeu-se a si propia escribilo en lingua ma-terna. E aquela mesma noite, presa aalma das profundas tristezas dequen, sen tocar nos seus vinte e catroanos, se cría xa cun pé no sepulcro;sospeitando que xa non voltaría a verde novo o ceo da triste Compostela,baixo o cal a agardaban, trazou coaman rápida e coa brevidade da im-provisación, aqueles versos tan tris-tes e tan fermosos que levan por glo-sa a canción popular máis enconsonancia co estado do seu espíri-to, Adios rios, Adios fontes, versos que vi-ron daquela a luz en El Museo Univer-sal.

Tal foi a orixe dun libro que tanespecial infuxo exerceu na literaturagalega contemporánea. Fillo do exal-tado amor do país, concibido en horada máis fonda melancolía, reflectiunas súas páxinas algo do inocente exuvenil dunha alma que non viviraaínda e a amargura dos que non es-peran vivir moitos días e están perpe-tuamente cun pé no insondábel.

Ela como ningún outro!.... porquepreparándose a acometer a súa em-presa, sentiu que se recrudecían osseus males e que se achaba máis per-to que nunca do sepulcro. Talvez des-exaba xa penetrar nas súas tebras eque acabasen para sempre as incerti-dumes que a tiñan constantementeesperando o seu fin. Talvez ansiabaaquel momento en que, como ao ir-landés que sucumbe nas soidades do

Ofrenda froral na tumba de Rosalía nos anos20. Este espazo será un lugar fundamental deperegrinación galeguista

Terra tempo147_48 3/2/09 14:06 Página 95

Page 8: Terra tempo147 48 3/2/09 13:34 Página 89 · fará a recensión do primeiro libro da súa compatriota e futura esposa: La Flor. É ben chamativo como se ve im-pelido a dar conta dunha

96 terra e tempo xullo-decembro 2008

Dossier | Rosalía-Murguía

Novo-Mundo, lle fose dito ao ente-rrala:

-Ea!Volta a Galiza! Volta á túapatria!- Porque o certo era que lon-xe da súa terra se sentía acabar senremedio.

Foi, pois, necesario voltar ao país.Só os aires natais podían salvala. Ena súa procura veu confiada, candotodos crían que non vería caer máisfollas que as que comezaban a agro-mar nas árbores das avenidas, gratasao seu corazón e aos seus ollos, tanpoboadas para nós das máis doces esantas lembranzas. Mais ¡ai! que ou-tras cousas queridas viu caer antespara non se erguer máis, pois a pou-co de chegar á súa casa, a súa naimorreu de golpe nos seus brazos ecando menos o esperabamos. Aquelcorazón, ferido por tantas ausencias,quebrouse ao fin ao peso dos antigossufrimentos. Deus non quixo negarlleo supremo favor de que a filla máisque amada, estivese ao seu lado pararecoller o seu derradeiro suspiro e amirada postrema.

Esta dor das dores foi para elaprofundo e inapagábel. Como Leo-pardi, para dicir tamén, “que o malque a privara do uso da vida, non lledaba sequera a esperanza da morte”,pois nin chegaba o consolo, nin o es-quecemento era posíbel, nin acababade romperse o fráxil vaso da súa exis-tencia. Ao fin triunfou a xuventude egozou algunhas horas de paz; maisapenas se dirixía aos seus soños dou-tros días unha mirada indiferente. Oproxecto que abrigaba de consagrar a

Galiza as primicias da súa musa, po-día darse por abandonado, pois nun-ca como daquela se sentiu máis dis-posta a se sepultar por completo epara sempre na escuridade do fogar evivir nas súas apacíbeis quietudes.Non abrigando desexo ningún de glo-ria, ¿para que escribir? Dicíase. E naverdade que para interromper aquelfondo silencio, para dar vida aos mor-tos de entón, parece como que seprecisaba algo máis que a voz dunhamuller e os acentos dunha musa do-bremente feminina.

Mais foi así. Impreso o primeiroprego dos Cantares, sen que diso tive-ra nova, viuse obrigada a escribir oresto do libro a medida que as caixasdemandaban orixinal. Á présa, sendar tempo a que secasen as cuarti-llas, sen corrixir nin ler ao día seguin-te o escrito a véspera, fecunda, abun-dante, espontánea sobre todaponderación, foi dando, hoxe unha,mañá outra, a maior parte das com-posicións que forman aquel pequenovolume. Dun só golpe e case sen er-guer a pena do papel, escribiu as se-senta oitavas do Conto de vidal. PastorDíaz, a quen a morte non permitiu es-cribir as páxinas que debían precede-los, aseguraba non ter lido nada máiscorrente, nin máis puro, que aquelesversos. Engadía, que se compraceríaen dicilo así. Que lle agradaba aque-la nova aurora e aquel fresco ar dapatria, que viña encerrado nas estro-fas máis completamente populares alle falar dos floridos campos de Gali-za. Que así como ao frente das poesí-as de Zorrilla fixera a defensa do ro-mantismo -polo inaugurado antes, nasúa cela de colexial- faría o eloxio domovemento provincial, que tantascousas novas traía á superficie, quetantas e tan nobres revelacións facíae do cal tivera, así como unha visióne un presentimento. Porque aquelgrande home de Estado, a quen nonagradaba a unidade de Italia, casual-mente porque rompía tradicións e es-farelaba pobos, aseguraba que asprovincias españolas estaban desti-nadas –pola gran diversidade do seu

sangue- a reconstruírense e recobra-ren a súa fisonomía nun período nonmoi afastado. Contra o que algúnsespíritos superficiais aseguran, sosti-ña que a tendencia a crear a pequenapatria é o que ha de salvar dun com-pleto esnaquizamento a canto hai devital nos pobos europeos. É o únicovivaz e orixinal que posúe a socieda-de moderna, atacada como ningunhaoutra, do mal nivelador da unidade eda centralización.

Mais o que máis a agradaba erater escrito o libro naquel docísimodialecto que falara na súa infancia.Ponderaba por demais achalo despo-suído de voces bárbaras e xiros pro-saicos con que tantos lixaron a linguae a poesía galega. Os versos caden-ciosos e fáciles irmanábanse ao fincunha dicción propia e sen afectaciónnin pretensión ningunha, tan confor-me coa índole dos asuntos e que se-mellaba a corrente dun río, candoarrastra con rapidez o que se confíaás súas ondas. Até entón ninguén fa-lara a nosa lingua con máis purezanin mellor acerto. O noso idioma sa-ía dos seus labios completo e feito,tanto que se os cantares popularesque glosa non fosen en itálica, nin-guén sabería distinguilos dos que sedebían á súa inspiración. Eis a verda-deira pedra de toque en que se ha deavaliar o enxebre da súa linguaxe,non empregado aínda na produciónliteraria. O día en que un completocoñecemento da poesía popular fagaposíbeis tales comparacións, veraseque a nosa escritora, non só tiña oinstinto, o candor e a expresión dossentimentos populares, senón quefalaba a lingua do seu pobo, coa mes-ma sinxeleza e afecto que o noso per-dido cancioneiro.

¿Fixo ben en empregar o galegonun libro destinado a describir aspaisaxes, os costumes, as supersti-cións, nunha palabra, as cousas deGaliza e das súas xentes? Hai quen odubida, por crer a cousa filla dun pa-saxeiro capricho e non dun move-mento reflexivo; porque se pensaque o emprego dos dialectos3 é un re-

Emilio Castelar y Ripoll (Cádiz, 1832 — SanPedro de Pinatar, Murcia, 1899). Autor doprólogo a "Follas Novas" de Rosalía. Político eescritor español, último presidente daPrimeira República Española

Terra tempo147_48 3/2/09 14:06 Página 96

Page 9: Terra tempo147 48 3/2/09 13:34 Página 89 · fará a recensión do primeiro libro da súa compatriota e futura esposa: La Flor. É ben chamativo como se ve im-pelido a dar conta dunha

xullo-decembro 2008 terra e tempo 97

Rosalía-Murguía | Dossier

troceso; porque se teme a canto falaá provincia do que perdeu, e en fin,porque hai moitos a quen non llesimporta sacrificar ao Moloch moder-no, a centralización, estas pequenasagrupacións ao parecer tan insignifi-cantes e estériles, que tendo unhahistoria, unha lei, unha lingua e unharaza, conservan aínda todos os ele-mentos constitutivos dun Estado.Ademais fálase da patria!...

Con só lembrar, que entre todas, aidea e noción da patria é a menos su-ceptíbel dunha verdadeira definición,fica indicado que difícil será dar a en-tender coa claridade debida o que se-xa semellante entidade. Fixando a mi-rada no sereo horizonte, vendo comotremen ao paso do vento os salguei-ros que medran ás beiras do seu río, ecomo o pequeno outeiro cerra o pasoaos homes e aos rumores lonxanos, ocampesiño –como o cruzado que a ca-da cidade que vía preguntaba ao seuamo: “Señor, ¿non é esta Xerusalén?”-abranxendo cunha ollada os límitesda súa aldea, pode preguntarse: -Noné esta a miña patria?.

Pois ben, a despeito de todo, isodinse hoxe as provincias, e moi en es-pecial as de linguaxe propia; o mes-mo en España que na Francia, en Ita-lia que en Austria, en Rusia que enInglaterra. O poeta, que é sempre oque anuncia a boa nova e consagra osseus triunfos, non se nega á resurrec-ción deses pobos, non mortos senónesquecidos, antes iníciaa, proclámaae santifica, póndose ao servizo de tannova causa. Novus rerum nascitur ordo!dinse, a repetir as proféticas palabrasdo seu mestre Virxilio.

Non fixo outra cousa a nosa auto-ra, ferida polas inxustizas de que eravítima o seu país. Á súa voz de inspi-rada, fixo xurdir canto era de Galiza erecobrar o seu antigo predominio. Opopular, o primeiro: ¿E que máis pro-pio e máis íntimo que os seus senti-mentos e a súa lingua? A que tan no-va foi enxalzada por ter refrescado apoesía nas purísimas ondas da inspi-ración popular, e aberto á lírica espa-ñola un novo camiño4 ¿Por qué se ha

de negar o dereito de erguer da súaprostración a fala materna e colocalaá altura dunha lingua literaria? En-téndese acaso que todos son, a pou-co que o tenten, capaces de levar acabo tan grandes, tan gloriosas resu-rreccións?

Díxose dos Cantares que se os po-etas se agrupasen por familias, a súaautora debía formar ao lado de Ro-berto Burns, na dos poetas popula-res: e cando foi cuestión de Follas No-vas, sinalouse o seu parentesco conH. Heine. Hai nisto contradición?Non na verdade. Cada libro pertencea unha época da súa vida e respondea un estado do seu espírito. No pri-meiro, o obxectivo enche e alimentaunhas páxinas consagradas por com-pleto á descrición do país e a ser afiel expresión dos costumes e senti-mentos da súa xente. No último, osubxectivo recobra todos os seus de-reitos e móstrase tan poderoso, quemereceu por isto ser considerada co-mo un insigne poeta lírico, e en espe-cial como un grande elexíaco. Maisnun e outro libro resulta unha perso-nalidade e vese un fin. Completándo-se, dan realizada a obra de redenciónque se propuxo a autora, por máisque xa nos Cantares se ache resolta.

E na verdade que sen a precipita-ción con que foi escrito este libro, ce-gadas certas lagoas5 e dispostas e en-xalzadas as composicións dun modotal que formasen un todo correlativo,como así o pensara, teriamos desdeentón un afortunado equivalente deMireya, sen a monotonía que imprimea esta obra a combinación métricausada polo poeta da Provenza e senos inconvenientes dunha acción a cu-xo relevo e movemento se sacrificanás veces pormenores e trazos, quenon está ben pasar en silencio candose trata de dar a coñecer o elementopoético dun pobo calquera. Por fortu-na, puido ben axiña completar e re-matar en Follas Novas a obra tentada, eisto con tal forza e dun modo tal, queaté nas poesías máis persoais e enque os sentimentos da autora se pre-sentan con toda a súa enerxía e ex-

clusivismo, puido ver a crítica un mo-do delicado e novo de contar as pe-nas que aflixen a Galiza e á súa xentecampesiña. De tanta vida están dota-das as ardentes estrofas, e de tal mo-do o poeta soubo confundir e amal-gamar os seus propios sentimentos edores cos da rexión cuxas belezasdescribe e cuxas desgrazas conta!

O suceso acadado polos Cantaresfoi grande, en especial fóra do paíspara o cal foran escritos. Aínda dura,pero máis que noutro sitio en Cata-lunya. Diríase que era un libro seu.Os seus críticos dedicáronlle exten-sos artigos, os seus poetas traducirona maior parte das composicións. Eranatural que así sucedese. Iniciábasepara Galiza nos Cantares o movemen-to que alí estaban levando a cumpri-do termo. Era un soldado que viña acombater nas súas filas: xa non sepodía dicir que só de labios catalánssaía a protesta.

As múltiplas e entusiastas felici-tacións que con tal motivo recibiudaquela terra de homes libres, con-trastaban dolorosamente cos profun-dos silencios doutras xentes.6 Van erao indisputábel triunfo, inútiles osaplausos recollidos baixo outros ce-os. O desencanto teríaa gañado, teríadubidado da súa obra e de si mesma,

¿Fixo ben en empregar o galego nun librodestinado a describir as paisaxes, os costumes, as supersticións, nunha palabra, as cousas deGaliza e das súas xentes?

Terra tempo147_48 3/2/09 14:06 Página 97

Page 10: Terra tempo147 48 3/2/09 13:34 Página 89 · fará a recensión do primeiro libro da súa compatriota e futura esposa: La Flor. É ben chamativo como se ve im-pelido a dar conta dunha

98 terra e tempo xullo-decembro 2008

No primeiro, unha case visióndos tempos en que viviron os nososavós, permítelle describir tipos e cos-tumes que parecen tomados do natu-ral e no seu tempo. Tanta é a verdadee tanta a graza con que están trazadasfiguras, paisaxes, escenas e senti-mentos, que o lector acredita ter co-ñecido os heroes do relato e telosaínda diante dos ollos. É unha tristehistoria doutrora, bañada por un plá-cido raio de sol e alegrada con algúnssorrisos. Os descendentes dos heroespasean aínda polos mesmo lugaresca eles. O drama das dores resigna-das desenvólvese con todo vigor nasanimadas páxinas. Vese desde logo,que as boas almas de que se trata vi-viron en realidade e pasaron por estemundo tan só para gañar o outro.

En El caballero de las botas azules, sonmáis notorias estas cualidades e veseque están levadas a un grao de per-fección, que acusa un verdadeiro pro-greso nas facultades do escritor. Es-tán estas ben de manifesto; moi cegoha de ser quen non as vexa. Unha fá-bula nova, curiosa, que obriga a pen-sar nalgo máis que no que se le, un-has escenas habilmente presentadas,un diálogo inimitábel e uns tiposacabados; eis o que se encontra na-quel libro, ao cal faltou tan só nacer atempo para ter a fortuna que acada-ron outros, ben distantes por certodo seu valor e transcendencia.

Neste irmán menor de El doctorLañuela, a máis fría ironía sazona assúas páxinas, mais moi en especial odiálogo entre o home e a musa, quevai no libro á maneira de introdución.Non creo que se escribira entre nós enos nosos días cousa que o iguale.Non parece obra dunha muller. A nonser por algúns toques delicados e porcompleto femininos que o esmaltan,diríase fuxido da pena de H. Heine.Non hai máis sarcasmo en Atta Froll-ni, tampouco máis poesía.

No seu conxunto o libro presentaalgunhas desigualdades, polo xeral fi-llas do asunto e maneira de o tratar;mais capítulo por capítulo e personaxepor personaxe, é dunha unidade e

Dossier | Rosalía-Murguía

se non estivese convencida de quehabían de pasar anos, antes que a se-mente deitada no suco, puidese xer-molar, crecer, ondular ao paso dosventos propicios e por fin madurar aespiga aos raios dun sol de liberdade.

Caracteriza a poesía desta escri-tora, o ser eminentemente persoal,elexíaca, ora chea de abismos, oracasta e inocente como deusa queapenas desata o seu cinto de ouronin descinxe a túnica. Natureza poresencia sensíbel, é como harpa sus-pendida en que xemen os ventos; or-ganización moral que das máis no-bres, todo canto toca imprégnao darectitude da súa alma compasiva.

Aquelas estrofas, breves e caden-ciosas, que parecían ter agromadodun golpe baixo o ceo de Grecia, en-cerran os apaixonados acentos dunhamusa entre xermánica e do mediodía.Están cheas da esencia das súas dores. Asúa graza e ondulación feminina tém-planse e colorean ás veces cos trazosdun humorismo en que desabafa asangustias dun corazón eternamenteaflixido. Sinxela e pura, até reproduciren todo o seu candor e realidade aprodución popular, ten acentos apai-xonados que saen do íntimo e comu-nica aos demais o lume que abrasa assúas entrañas: semellante ao raio, que

fende os espazos e encende e queimacanto encontra ao paso. Por isto nonse acha nada de indeciso nos seus ver-sos: fillos dunha inspiración real, le-van o selo do seu enérxico carácter eda súa alma chea de tenrura. A expre-sión é sempre exacta, poética abun-dante; o movemento natural; a formapura, sen énfase, simple e grandiosano medio dunha sinxeleza purísima. Aversificación fluída; o metro rico e va-riado, caprichoso case; a rima espon-tánea. Pódese dicir que xamais poetaningún na nosa terra posuíu, en máisalto grao o poder da forma.

É esta condición esencial en to-das as obras marcadas co selo pode-roso dunha personalidade poética.Non hai ningún gran escritor que nonposúa a forma en máis ou menosgrao, nin ningún poema famoso quecareza dela. A pureza e serenidade deGoethe transparéntase nuns versosque teñen a limpidez das claras co-rrentes e dos ceos azuis. Byron colo-rea as ardentes estrofas, rápidas, ner-viosas, coa luz que escintila da súaalma de lume.

Nunha palabra, o fondo e a formaalíanse de tal maneira nas obras doxenio, que son como a alma e o corpo;non poden separarse sen perigo demorte, nin existir cada unha de por si.Aínda que non en tanto grao comonas artes plásticas, a forma é un ele-mento esencial na produción literaria:a mesma poesía non pode pasarse senos encantos da medida e da rima.

Non o dubidedes, pois; cando unpoeta posúe a forma en toda a súavariedade e riqueza, posúe tamén ovigor e a forza necesaria para animaro bloque inmaterial e producir asobras, xa que non se digan inmortais,duradeiras ao menos.

A nosa escritora publicou taménalgúns libros en prosa. Os principaisson; Ruinas, El caballero de las botas azu-les, e El primer loco. Cada un pertence aun xénero dado, mais en todo se des-cobre a poderosa orixinalidade dasúa autora. Non se parecen a nada;non teñen antecedentes, nin hai moi-tos capaces de seguilos.

O mesmo amor á terra natal que inspirou os seus versos galegos, anima tamén os que escribiuen castelán. Todo é neles igual, a nota, a cor, o perfume, a luz, mesmo o triunfo acadado

Busto de Manuel Murguía na Coruña.

Terra tempo147_48 3/2/09 14:06 Página 98

Page 11: Terra tempo147 48 3/2/09 13:34 Página 89 · fará a recensión do primeiro libro da súa compatriota e futura esposa: La Flor. É ben chamativo como se ve im-pelido a dar conta dunha

xullo-decembro 2008 terra e tempo 99

dunha realidade tal, que seduce e en-cadea. Casualmente nisto estriba todoo seu encanto, e que o lector esteaconstantemente esperando o impre-visto. Que ao final se pregunte estredubidoso e confiado, se é verdade queo comprendeu e aínda que pretendasaber o que quixo facer a autora, nes-te, por algo chamado conto estraño,nada importa. Outro tanto sucede conEl doctor Lañuela e con todos os fillos le-xítimos do humorismo; pérdense noinexplicábel. O mesmo agridoce deque se di posuidora a burlona musaque inspira o home que ha de pór oaxóuxere ao gato, baña as páxinas to-das deste libro por completo orixinal.Que sexa o bo cabaleiro a personifica-ción do século presente, ou que sirvatan só para agrupar ao seu arredor e fa-cer resaltar algunhas figuras dun cómi-co perfecto; que unha constante ironíanon permita distinguir ben o que haide transcendental na obra, non é cou-sa que deba preocupar a ninguén, poisficando aberto o campo á curiosidadenon satisfeita, cumpre de todo o pro-grama que a musa burlona trazou aodas botas azuis. –Que será? Que nonserá? Pregúntanse a cada momento ospersonaxes todos da obra: non con-clúe tan mal esta, cando o lector ao pe-char o libro ten tamén que se pregun-tar. –Que será? Que non será?

Non se dá igual caso ao ler as ar-dentes páxinas de El primer loco: traba-llo breve, apaixonado, cunha finalida-de, e aínda puidera dicirse cun obxectopráctico que escapou á crítica. Máisque un conto, é un estudo psicolóxico,en que, á maneira que empeza agora ase entender que deben ser escritas asnovelas, descríbese un estado da almae estúdase unha paixón. Non hai ver-dadeira fábula polo tanto, e a que haiestorba. Flota o heroe entre o real e oideal, entre o que é e o que cre ser, en-tre o sentimento da suprema xustizaque o anima e goberna, e a inxustizadeclarada dalgunhas das súas accións.Mais no fondo, aparece en toda a súaplenitude e sufrindo as consecuenciasdo seu estado moral, como un homeque toma as súas visións por realida-

des, e cuxa diaria e viva exaltación,raiana da loucura, non lle permite por-tarse como cordo.

As contadas páxinas en que sedesenvolve a acción, son ás vecesdunha elocuencia magoante. A almavehemente do heroe preséntasenosatormentada por unha constante vi-sión: para el non hai no mundo máisque unha idea, un punto claro e bri-llante, ela. É un atleta que loita bra-zo a brazo cun inimigo imaxinario,ao cal non é posíbel que venza. Por-que este inimigo invisíbel, maissempre presente, é o seu propio corazón.

O mesmo amor á terra natal queinspirou os seus versos galegos, ani-ma tamén os que escribiu en caste-lán. Todo é neles igual, a nota, a cor,o perfume, a luz, mesmo o triunfoacadado: triunfo que xa non pode teraos seus ollos os dourados resplan-dores doutrora, pois achouna de no-vo triste, ferida polo mal, prostrada esen consolo. Estas poesías, escritasao pé do río que baña os campos enque pasou a súa infancia e nos calesse reflicten como nas ondas as paisa-xes que bordan as súas beiras, estáncheas das antigas amarguras que pa-recían presaxiar as dores que hoxe aaflixen. As rosas da súa infancia me-dran nas roseiras que coida baixo osceos amados, os ventos da ría deloi-ran a veiga, os montes que ve desde asúa xanela son os mesmos que víanoutros tempos; todo é igual, só quefaltan ao seu arredor algúns seres, eno seu corazón moitas esperanzas; sóela, sendo a mesma, é distinta. Nosseus ollos non se reflicte xa outra luzque a do mal que a consome e ani-quila....................................................�

1 Naceu na casa do Camiño Novo, que fai

esquina á estrada de Conxo, casa que,

sendo propiedade dos avós do Sr. Ro-

mero Ortiz, é posíbel que nacese nela ta-

mén aquel home público. En Padrón vi-

viu na rúa que leva o nome do poeta

máis insigne que produciu esta vila, do

autor de El siervo libre de amor.2 Ernestina Dronet.- A un sceptique.3 O galego non é dialecto do castelán, se-

nón idioma. Se se quere considerar co-

mo tal dialecto, faise forzoso dicir que o

é do portugués.4 F. de Paula Canalejas, no seu artigo críti-

co dos Cantares, saudou a autora como

unha esperanza da lírica española. Follas

Novas e En las orillas del Sar, dirán se aquel

ilustre e malogrado escritor se equivo-

cou no seu xuízo.5 Tamén detiveron á autora os límites

impostos polo editor, que non quería

arriscarse a máis do posíbel, cun públi-

co ao cal se daba por primeira vez un

volume de versos en galego. A non ser

por esta especial circunstancia, o seu

libro tería acadado aquel desenvolve-

mento necesario, para que respondese

por enteiro aos propósitos que abriga-

ba a autora, que non eran outros que

os de dar vida e acción ás múltiplas es-

cenas, paisaxes e mariñas de Galiza,

así como a todo canto se refere ás cou-

sas dos homes que a poboan e ás pai-

xóns que os dominan.6 Non hei de calar que moitos dos seus

versos pasaron de tal xeito ao dominio

público, que entre os contos populares

que recollín viñeron bastantes dos seus,

atribuídos xa á musa popular. Nun ser-

món de entroido na Coruña, intercalan-

do o seu autor nel a glosa de S. Antonio

bendito, a moitedume, que descoñecía se-

mellantes versos, desatouse en aplau-

sos, e pediu unha e dúas veces a súa re-

petición. E digo descoñecía, porque

aínda non se fixera a segunda edición do

libro, e a primeira apenas corría máis

que entre uns poucos. Outro tanto acon-

teceu en Madrid. Representábase o sai-

nete de Don Juan de la Cruz Las castañeras

picadas, e ao que facía o papel de mozo

de corda ocorréuselle recitar en certa es-

cena, no canto dos versos do autor, os

de Adios rios, adios fontes, que se fixeron re-

petir catro veces por xentes alleas ao

país galego.

Rosalía-Murguía | Dossier

Última foto coñecida de Manuel Murguía

Terra tempo147_48 3/2/09 14:06 Página 99

Page 12: Terra tempo147 48 3/2/09 13:34 Página 89 · fará a recensión do primeiro libro da súa compatriota e futura esposa: La Flor. É ben chamativo como se ve im-pelido a dar conta dunha

100 terra e tempo xullo-decembro 2008

Dossier | Rosalía-Murguía

Toda a miña vida lembrarei aque-la inesquecíbel noite en que se deu aprimeira representación de Dalila, dra-ma inmoral segundo uns, moral aténon sei onde, segundo outros, maispara ti, para min, fermoso sempre ecompleto no seu conxunto e os seuspormenores, e sobre maneira grato ásnosas almas polas lembranzas, quenelas erguían e pola doce auréola depoesía que o circunda. A obra de Oc-tavio Feuillet, era entón analizada ediscutida con igual encarnizamentoque hoxe as de Zola. As mesmas quei-xas, os mesmos argumentos, a mes-ma defensa. Non se dirá que os tem-pos cambian, nin que o home é unanimal mudábel por propia vontade.

Eu falárache xa do Proverbio e odrama non era máis que aquel, des-cartado dalgunhas escenas imposí-beis no teatro; polo mesmo, candoconcluído o primeiro acto me ache-guei ao teu palco e a conversa se fixoxeral e falouse, como se falaba da-quela da obra, puiden preguntarche.

-Que che parece?-Gústame moito! Dixéchesme, e

entón ocupámonos do primeiro actoe as nosas obervacións dirixíronseaos personaxes do drama, ao que co-ñeciamos de antemán, eu polo Prover-bio, ti o que del che falara.

Desde logo conviñemos en que afilla de Sertorio o mestre de música, éunha fermosa e xemente figura quepasa sobre o libro como unha brancasombra, prestando o perfume e casti-dade necesarios ao cadro terríbel quese desenvolve nas súas páxinas e aocal, faltando ela, falta a poesía, faltatodo o bo, a alma purísima daquelcorpo corrompido.

Falamos de Carnioli, innobre fi-gura, a un tempo de bufón e de in-sensato, destinada polo autor a de-rramar sobre as máis tristes escenasun raio de alegría, a lle dar o seu for-te claro-escuro, a pór unha nota so-rrinte naquela grave sinfonía. Ao ou-vilo non sabe un dicirse, se debechorar ou rir, se ha de se queixar ounon, cando as súas palabras lixeirascomo o epigrama grego, e punzantes

como unha verdade desconsoladora,caen rápido sobre o noso corazóndeixando nel cravada a vivente frechada súa ironía. Da princesa… da prin-cesa dixemos pouco e esquecémolaaxiña: mais ao pronunciar o seu no-me, lembramos a Roswein, artista aquen o luxo e a fermosura embriaga-ron un momento. E digo un momen-to, porque o xenio pode pór o pé noabismo e deixarse tragar por el, maisiso, só de repente, cando os ollos ce-

gos para o perigo non o visen, candoa súa alma non se teña podido dar asi mesma a voz de alerta.

Carnioli achara o artista nas mon-tañas de Albania cando Roswein nonera outra cousa que un pobre pastorde ovellas, un rapacete bastante torpepara que, a pesar dos doces sons quearrincaba á súa frauta, deixasen de seafastar do seu carón e de esquecelo;porque nin atraía o gando, como ospastores das églogas, nin detiña os

IgnotusA. R. C.

Manuel Murguía

[Tradución de Diego Pardo Amado]

Cadro de Murguía conservado na Casa-Museo de Rosalía

Terra tempo147_48 3/2/09 14:06 Página 100

Page 13: Terra tempo147 48 3/2/09 13:34 Página 89 · fará a recensión do primeiro libro da súa compatriota e futura esposa: La Flor. É ben chamativo como se ve im-pelido a dar conta dunha

xullo-decembro 2008 terra e tempo 101

Rosalía-Murguía | Dossier

viaxeiros que cruzaban polos salvaxese poéticos desfiladeiros albaneses.Precisábase un Carnioli, un monoma-niaco, que arrincase á miseria e ao es-quecemento, aquela perla cuberta deterra e abandonada no corazón dun-has montañas descoñecidas.

-Meu Deus! –díxenche cando fala-mos da verosemellanza e realidadedaquela primeira figura do drama-cantos xenios como Roswein se teránperdido, por non ter achado no seucamiño ninguén que os comprende-se, e soubese o que valían, e moitasveces porque eles mesmos non se co-ñecían sequera! – Tanto é iso certo,respondeches, que che vou contar oque presenciei en Santiago no tristí-simo inverno de 1853, ano fatal paraGaliza, en que a fame fixo baixar ásnosas cidades, como verdadeiras hor-das de salvaxes, homes que xamaispisaran as rúas dunha poboación,mulleres que non coñecían outroshorizontes que os que se estendíanperante as choupanas erguidas namáis afastada soidade: verdadeiroslobos que non abandonan o seu to-bo, senón nos días das grandes deso-lacións. Todos os días, novas horasde angustias traían ás nosas prazas erúas, bandas de infelices famentos,que de porta en porta, ían deman-

dando pan para os seus fillos mori-bundos, para as súas mulleres exte-nuadas pola miseria e o duro da esta-ción. Os seus xemidos chegaban aomáis fondo e conmovían os corazónsmáis insensíbeis. Era unha escena dedor que se renovaba a cada momen-to, unha ferida que o tempo ensan-chaba, recrudecía e facía insoportá-bel. Caían polos camiños, e nas rúasda cidade. Outros morrían na soidadeda súa casa deserta. Fai falta velo pa-ra saber o que era aquela multitude,sempre crecente, sempre famenta eescuálida, que, como as ondas domar, ruxía xordamente erguendo asmans en aceno de súplica, mostran-do desesperada as chagas que a cu-brían. Nin un anaco de pan para sesustentaren, nin un farrapo para cu-brírense, nin unha esperanza no seuceo para se animar e soportar o azou-te que a dezmaba. Repetíase a eternalección na nosa historia, e as herbasdos campos voltaban a servir de ali-mento á xente campesiña. A gran ca-ridade dos seus irmáns non era sufi-ciente. Aos que perdoaba a fame,dezmábaos a febre; aos que Deus da-ba forzas para resistir, non lles deixa-ba bágoas nos ollos para chorar asdiarias aflicións. Non sei como puidoresistir o noso país tan supremas do-

res. Fai falta pensar que este pobosufrido encerra tan gran dose deenerxía e de recursos que lle é permi-tida a seguridade de non sucumbirxamais ao dobre flaxelo da fame e dapeste: que é tan sensato, que sabesoportar as maiores desgrazas senque a ameaza veña aos seus labios.Porén, confeso que se durase máistempo todo, non sei o que vomitaríaaquel preñado de tempestades; o quedarían de si aqueles días sombrizos esen consolo posíbel. Queira o ceoque non volten a amañecer para Gali-za! porque estou seguro que acabadaxa a paciencia, se os indecisos che-gan a se arriscar, darán ao mundo unterríbel exemplo e dirán con dolorosaelocuencia do que son quen, candoestouran as cóleras dos pobos quesen se queixaren, sufriron tanto comoo noso. Asegúroche que é posíbeldescribir, con toda verdade, aquelesrostros descoñecidos, aqueles seresque falaban unha xerga1 inintelixíbel,até para os que falabamos galego.Comprendo desde aquela, o estuporda Europa romana, cando os bárba-ros se desbordaron sobre ela, igualque un río caudaloso saído da marxe.Traxes, costumes, fisonomías, modu-lación de voz, todo era novo para nós.As montañas de Galiza, ben o sabes,

A prensa da emigración estivo sempre atentaá figura de Rosalía e Murguía polo querepresentaban de recuperación da identidadee autoestima dos galegos

Terra tempo147_48 3/2/09 14:06 Página 101

Page 14: Terra tempo147 48 3/2/09 13:34 Página 89 · fará a recensión do primeiro libro da súa compatriota e futura esposa: La Flor. É ben chamativo como se ve im-pelido a dar conta dunha

102 terra e tempo xullo-decembro 2008

Dossier | Rosalía-Murguía

son un deserto a onde non se cheganunca e do cal todo se ignora. Dixé-ronme que alí se garda en toda a súapureza os nosos antigos costumes, ecréoo: ouvín daquela cantos popula-res que daban a coñecer un pobo po-eta. Cantos cheos de sensíbel tenru-ra, descoñecida entre nós. Ouvín osseus aires ¡que música máis en con-sonancia coa letra! e que máis bendixese aos que saben sentir, de quelugares era orixinaria! Flotaba ao no-so arredor como o rumoreo da tarde,xemía como o vento que pasa por undesfiladeiro; tiña toda a frescura da-queles cumios cubertos de neve, eramisteriosamente sinxela, como oscostumes das xentes que as habita-ban. Que novos mundos se descubri-

ron ás miradas investigadoras quetodo o observaban, mídeno todo enada esquecen!... Aqueles días deloito serviron moito ao noso país:acostumárono a confiar menos naprovidencia, que sen ser menos xus-ta por iso, púxoa máis unha vez ábeira do sepulcro.

En tan amargos días achábameeu na miña casa, onde se reuniranalgúns amigos da familia, e falábasedaquela dos temores que se abriga-ban de que unha nova desgraza vi-ñese a facer maior a que estabamosa sufrir. Despois da fame, a peste asúa irmá xemelga, despois delas aemigración.

Sorprendeunos aquel día, candomáis enguedellados estabamos na

conversación, unha música estraña enunca ouvida. Os sons saían dun ins-trumento máis descoñecido que amesma música. Parecía unha frauta,mais os seus acentos eran máis apa-gados, non parecían modulados porun ser humano. Escoitamos todos;era aquilo un verdadeiro tesouro deinspiración. Notas arxentinas, caen-do como perlas sobre un escudo demetal sonoro, vibraban, estendíanse,semellaban o vento a xemer entre aspólas, ondas que batían contra as ro-chas en solitario lugar, paxaros quecruzaban polo oculto dun bosqueque non pisa pé humano. Músicaideal, fresca, nova, que tomaba assúas imaxes da natureza, mais dunhanatureza virxe e descoñecida paranós. Asomamos á xanela, porque osestraños sons viñan da rúa, mais arúa estaba deserta; ollamos as xane-las das casas de enfrente, mais esta-ban abertos e baleiros os cuartos.Voltamos a escoitar e desta volta cri-mos que a música soaba dentro danosa mesma casa: novas e inútilesinvestigacións case nos fixeron des-istir do empeño de achar o misterio-so modulador de tan sublimes can-tos. Houbo un momento en que nosdixemos. –É forzoso saber de ondeveñen tan harmoniosos sons!

E asomámonos á xanela. A rúaestaba deserta, só un neno farrapen-to, un aldeaniño de quen ninguén fa-cía caso, acurrunchado ao pé da nosaporta, tendía a sucia man aos transe-úntes. Non dicía unha palabra, pare-cía faltarlle a un tempo a vontade e avoz para demandar a esmola, no no-me daquel que tanto ama as súascriaturas.

Non sei quen dixo: -Será ese neno?Estas palabras chamaron ao meu

corazón dunha maneira tal que medixen: -Si, ese é!

Deixei a sala, baixei sorrindo eachegueime ao pobre neno, e tocán-dolle no ombro pregunteille. –Quefas aí?

O pobriño volveu a cabeza e fi-toume cos seus grandes ollos. Xa-mais esquecerei a expresión de estra-

Fai falta pensar que este pobo sufrido encerra tangran dose de enerxía e de recursos que lle épermitida a seguridade de non sucumbir xamaisao dobre flaxelo da fame e da peste

Terra tempo147_48 3/2/09 14:06 Página 102

Page 15: Terra tempo147 48 3/2/09 13:34 Página 89 · fará a recensión do primeiro libro da súa compatriota e futura esposa: La Flor. É ben chamativo como se ve im-pelido a dar conta dunha

xullo-decembro 2008 terra e tempo 103

o que lle daba un verdadeiro aspectosalvaxe, -e non creas que exaxeroeran os seus cabelos encrispados co-mo as púas dun porco espiño. Pobreneno!

Vestido xa coa roupa que lle de-mos, e o que era mellor para el, re-posto algún tanto o seu estómago, fi-xémolo asubiar, cousa doada para oinocente, cando iso era o seu oficio.Daquela foi cando voltamos ouviraquela música nunca ouvida que tan-to nos sorprendera, aqueles sons do-císimos que non criamos puidesensaír de semellantes labios. Que no-tas! Que ritornellos! Que vibracións!aseguro que non ouvín xamais cousaparecida. Os aires máis populares donoso país tiñan dobre encanto ouvín-dollos a el. Os das súas montañas,eran melodías fresquísimas, que a uncorazón sensíbel, levábano, atento,comprimido, anhelante, dun lado aooutro seguindo as ondulacións docanto.

Mais o que nos conmoveu fonda-mente, o que fixo sentir algo máisque a compaixón que inspiraba aquelpobre aldeaniño, foi, cando esque-cendo todo, o sitio e a ocasión, cren-do acharse nas súas soidades, soñan-do con elas talvez, tivo un momentode inspiración e deixou ouvir as igno-tas e melancólicas harmonías. Nadahabía nelas que lembrase outros mo-tivos, era unha música nova, un ver-dadeiro tesouro de agarimo, de va-guidade, de tristeza. Así a deberancompor as súas primeiras melodíasos primeiros músicos de todos os po-bos! Que sinxeleza! Canta poesía na-quelas notas soltadas ao acaso poraquel paxaro errante que unha vez fó-ra do niño, soña con el e deixa fuxir oseu queixume, a súa pregaria, o seucántico de amor, para que o homenon o esqueza xamais.

-Estas son cousas que eu fago!Respondeu sinxelamente aos quepasmados de ouvilo, preguntábanllequen lle aprendera todo aquilo. Asídebeu de responder Zurbarán, candoera pastor aos que lle fixeron igualpregunta ao ver os seus debuxos.

Rosalía-Murguía | Dossier

ñeza e de ansiedade que se reflectiuna súa mirada. Apenas puido erguer-se, e murmurou, mellor dito berroualgunhas palabras das cales só en-tendín, pan, nai, Deus. Santa Trindadeen quen o desventurado puxera todaa súa esperanza.

Collino da man e subín con el,máis contento que se acabase de ato-par un tesouro. Metino na cociña, fí-xeno tomar algúns alimentos, e aquelpobre neno sentiu que a vida voltabaa animalo.

-De onde es? pregunteille. -Da montaña,-respondeume.-Quen te trouxo aquí, meu fillo?-Ninguén! Morreu miña nai que

andaba a pedir2 e nós viñemos porquena aldea ninguén nos daba.

Díxome despois que tiña un ir-mán que menos idade ca el; desgra-zados nenos, fillos da miseria, queamargamente mercan as vosas nais opracer da maternidade!

-Que facías á porta?-Nada!-Non pedías?-Non señora. Púxenme a asubiar

como facía na montaña para que nosdesen pan. Mais ninguén se achegoua min. Tiña fame e sono e non pui-den seguir asubiando: non me da-ban nada… E os ollos daquel infelizasolagáronse de bágoas. –Tiña me-do, lembrábame de miña nai, prose-guiu…

Eu non puiden resistir a tan sin-xela expresión de dor, e chorei ta-mén. Aquelas palabras, triste queixadun inocente e dun desamparado,

caeron sobre o meu corazón comopingas de lume.

Presenciei despois escenas con-movedoras, en que o sufrimento eratan grande que parecía que o corazónía estourar en mil anacos, mais esesufrimento só trouxo á miña alma omedo, nunca aquela doce simpatía,aquela santa compaixón e vaga tris-teza que se apoderou da miña alma ávista daquel infeliz… Apenas se osfarrapos cubrían as súas carnes quei-madas pola intemperie,… mais dixenmal as súas carnes, cando el na reali-dade non era máis que un esqueleto,cuberto con algo que o fixese menosrepugnante á vista.

Cando entrei na sala, todas asolladas se dirixiron cara a min comoa preguntar:

-Que é iso?-Aquí está señores, dixen daque-

la, o músico sublime a quen hai pou-co desexaban coñecer.

E erguéronse e arrodeárono e fi-xéronlle mil preguntas, e o que foipara el máis axeitado apresuráronsea deixar na súa manciña, algunhasmoedas de cobre que poucas vecesvira xuntas e outras de prata que nonvira nunca. Foi para el a mellor colec-ta da súa vida; estou seguro que nonvolveu ter outra igual na vida.

Era preciso velo para saber ossentimentos que podía inspirar. Asúa figura traía o riso aos labios a pe-sar da gran compaixón que a súa soavista facía nacer nas nosas almas. Erapequeno, fraco, a cabeza máis desen-volvida do debido, a mirada inteli-xente, viva aínda que envurullada porun non se sabe que de precoz queafundira nas súas órbitas os grandesollos negros que tanta expresión da-ban ao seu rostro. O nariz era fino eben delineado, a boca grande, páli-dos os labios, a cor indefiníbel. Mais

Terra tempo147_48 3/2/09 14:06 Página 103

Page 16: Terra tempo147 48 3/2/09 13:34 Página 89 · fará a recensión do primeiro libro da súa compatriota e futura esposa: La Flor. É ben chamativo como se ve im-pelido a dar conta dunha

104 terra e tempo xullo-decembro 2008

E porén, estrañáronse da súaresposta, ollándose os uns aos ou-tros, como quen pide permiso paracrer nas palabras daquel neno, quedescoñecía a gloria do xenio e a ne-cidade dos que queren pasar por ta-les. Eu pola miña banda nondubidei, era demasiado neno e de-masiado salvaxe, para coñecer a vai-dade. Ficaba porén unha dúbida namiña alma.

-Será un inspirado, díxenme, ví-ronse tantos que empezaron destexeito!

E para me asegurar separeime doseu carón e collendo unha guitarrainglesa que tiña ao lado preludiei afermosísima barcarola da Estranxei-ra. Naquel instrumento máis sonoroque a nosa guitarra, as notas parecí-an vibrar sobre a auga adquirindo asídobre flexión e por tanto maior har-monía e encanto. Ao escoitar as pri-meiras notas, o salvaxe rapazestremeceuse como asombrado, bus-cando coa vista o que tocaba, e ven-do que era eu púxose resoltamentecabo de min, sen que o detivese o re-ceo do sitio e das xentes entre quense achaba. Escoitando atento e convisíbel emoción, mirábame cos seusgrandes ollos, e parecía dicirse algo asi mesmo, caéndolle as bágoas unha

a unha, ao longo das súas descarna-das meixelas.

Ah! Suspirei entón, este neno éun verdadeiro músico!3 E para meconvencer máis puxen sobre o sofá aguitarra e fixen aceno a todos paraque o deixasen só.

Saímos e el ficou na sala. Ben axi-ña vímolo ollar atentamente pero senatreverse a pór sobre ela as súasmans, aquela caixa sonora onde aca-baban de resoar os conmovedoressons, despois feriu de golpe as cor-das e lanzaron estas o seu longoqueixume. Un movemento nerviosoaxitou os seus músculos, as bágoassaían dos seus ollos máis abundan-tes e cando a última onda sonora seapagou e ficou todo en silencio, vol-tou a ferir unha corda. Vibrou esta, unson longo e cadencioso deixouse ou-vir, o salvaxe artista escoitou atenta-mente, e despois voltou a ferir outracorda e tornou a escoitar e así bas-tante tempo.

A miña proba era segura, paramin aquel aldeán era un verdadeiromúsico.

Houbo entre os circundantesquen falou de que semellante tesou-ro non debía perderse, que debía fi-car na cidade e aprenderlle que sei eucantas cousas máis!... O único quesei é que ao saír da miña casa xa seesqueceran.

Só nós lle dixemos:-Virás xantar aquí todos os días.E voltou, mais estou tentado a

crer que non tanto na procura de ali-mento, como para ouvir aquelas es-trañas melodías que tanto o encanta-ran. Porque entre todas nós, a minera a quen procuraba e prefería. Émeimposíbel lembrar agora as palabrase as súplicas con que me rogaba quetocase, nin a atención con que escoi-taba, nin a fidelidade con que garda-ba na súa memoria a música que llefaciamos ouvir; só lembro que téndo-lle preguntado nunha ocasión a quenquería máis de todas nós, respondeusen vacilar que a min. Excusado serádicir o porqué da súa predilección.

Unha mañá veunos dicir, adeus!

Non sei que vaga tristeza se apo-derou da miña alma, pois todo me di-cía que era a última vez que o vía.Non dubidei un momento de queaquel xenio inculto, que arreboladopolas ondas, chegara unha vez ás ri-beiras do mundo, se perdía para sem-pre, o día en que voltase ao seu mar,ás súas montañas, ao seu esquece-mento eterno.

Queres saber a onde ía co seu ir-mán cativo, aquela alma poética,aquel artista vagabundo?

A apañar espigas, como Ruth, nocampo do rico!... �

1 O Sr. D. Xoán Manuel Pintos, que mere-

cía, polos seus grandes coñecementos,

ser o autor, do noso descoñecido Diccio-

nario gallego, confesábame, que xamais fi-

xera maior acopio de voces que naquel

tristísimo ano da fame. Se esta ocasión ti-

vese sido aproveitada para coñecer o no-

so Folk-lore, seguramente que teriamos

hoxe podido presentar á consideración

de todos, un pasado poético, superior

até ao dos mesmo pobos que pasan por

poéticos por excelencia.2 Frase peculiar con que os mendigos das

nosas catro provincias dan a entender

que viven de esmola.3 Non é este de quen falamos, o único mú-

sico, que puidera chamarse inculto, que

produciu Galiza. En Santiago, cuxo cabi-

do custea unha cátedra de música, vive

talvez a estas horas, mais de todos mo-

dos vivía cara a 1880, un rapaz como de

catorce anos de idade, cuxa graza e sen-

timento para o canto e cuxo volume de

voz era tal que chamaba grandemente a

atención de cantos o ouvían. Por se vive

aínda en dita cidade, direi que por aquel

tempo tiña a súa cova na rúa dos Lagar-

tos, e que daquela coidaba dos cabalos

dos coches, na Tenencia. Os soldados

dábanlle do seu rancho e os rapazotes

da súa idade do pan que tiñan, para que

cantase. Non se dirá que falta ao pobo o

instinto da arte e que non gosta das sú-

as dozuras. Lémbrense os principios de

Gayarre, de Uetan, e no noso mesmo pa-

ís os da Cepeda, e pénsese no que pui-

dera chegar a ser o rapaz compostelán

de quen falamos.

Dossier | Rosalía-Murguía

Terra tempo147_48 3/2/09 14:06 Página 104

Page 17: Terra tempo147 48 3/2/09 13:34 Página 89 · fará a recensión do primeiro libro da súa compatriota e futura esposa: La Flor. É ben chamativo como se ve im-pelido a dar conta dunha

xullo-decembro 2008 terra e tempo 105

Rosalía-Murguía | Dossier

1. Que a poeta galega Rosalía deCastro (1837-1885) foi a máis precla-ra figura da poesía en lingua galegaata os nosos días, e, a carón da cu-bana Gertrudis Gómez de Avellanadae da estremeña Carolina Coronado,cima da poesía feminina do séculoXIX en lingua española, é cousa quexa ninguén discute. As incontábeisedicións que das súas obras poéticasfundamentais, tanto en galego (Can-tares gallegos, 1863; Follas novas, 1880)como en castelán (En las orillas del Sar,1884), ou das súas novelas, ou doconxunto da súa escrita, seguen a vera luz un ano tras outro son testemu-ña incontestábel da pervivencia deRosalía, con independencia do seuinmenso significado como represen-tante exemplar e guieiro ideal de to-do un pobo, a nación galega, dende oseu tempo até hoxe en día.

Rosalía segue interesando, apro-ximadamente un século e mediodespois da xestación e publicacióndas súas obras. Segue a ser lida, esegue a engaiolar as mentes. No en-tanto esa lectura debe facerse á luzdos moitos avances que a investiga-ción sobre ela experimentou nos úl-timos cincuenta anos. Nese tempofoise superando a famosa queixa, re-petida unha e mil veces, de que nonposuímos unha biografía fiábel daescritora, debido por riba de todo áexistencia de grandes lagoas de in-formación, que se refiren entre ou-tros aspectos á nenez de Rosalía, cer-tos pormenores da súa mocidade,vicisitudes dos primeiros tempos dematrimonio, natureza e cronoloxíadas múltiples e diferentes enfermi-dades que poboan a súa existencia,penurias económicas do seu lar. Moi-tas destas lagoas na información de-ron pé, por moitos anos, a teoríasmáis ou menos verosímiles, e máisou menos importantes, que van den-de os momentos en que se especula-ba encol da data auténtica do nace-mento de Rosalía, da identidade deseu pai, un crego, do número e donome dos fillos e das fillas que tivo,etc. Non é preciso lembrar que son

moitos os aspectos que agora pode-mos coñecer con seguridade, sobretodo grazas á procura e descubri-mento de documentos orixinais porparte dunha serie de fervorosos e fer-vorosas rosalianistas, cuxos nomes etítulos aparecen sempre en publica-cións da nosa autoría sobre Rosalíade Castro, porque a honestidade nainvestigación sempre nos pareceuunha norma primordial e inescusá-bel; pero aquí só recordaremos tales

nomes en casos imprescindibles, porrazóns de espazo.

Imos presentar e comentar so-mente unha pequena selección dedatos novos, coñecidos nestes últi-mos anos, e que proceden da investi-gación que vimos facendo en colabo-ración dende hai máis de trinta anos,e, por suposto, tamén da realizadapor outros colegas. De nosa colleitalembraremos, polo seu carácter xeral,os tres longos volumes bibliográficos

Para lermos axeitadamente a Rosalía no terceiromilenio

Aurora López e Andrés Pociña

Universidade de Granada

Terra tempo147_48 3/2/09 14:06 Página 105

Page 18: Terra tempo147 48 3/2/09 13:34 Página 89 · fará a recensión do primeiro libro da súa compatriota e futura esposa: La Flor. É ben chamativo como se ve im-pelido a dar conta dunha

106 terra e tempo xullo-decembro 2008

Dossier | Rosalía-Murguía

Rosalía de Castro. Documentación biográ-fica y bibliografía crítica (1837-1990)1, anosa edición crítica, a primeira eúnica até o presente, da súa Poesíagalega completa2, e de forma especial onoso libro Rosalía de Castro. Estudiossobre a vida e a obra3. Das achegasdoutros salientaremos de momento,como esencial, a publicación dosdous primeiros volumes das Cartasde Murguía, editados por X. R. Barrei-ro, actual Presidente da AcademiaGalega, e X. L. Axeitos4, investigadore Académico: nelas atopamos, a mi-údo por primeira vez, cantidade dedatos sobre a vida de Rosalía e asúa familia, acontecementos priva-dos, publicación das súas obras,opinións de personalidades con-temporáneas, etc. As contribuciónsdeste material deben obrigarnos adesmentir, a cambiar, a matizar, ve-llas afirmacións sobre a vida e a per-soa Rosalía, que axudarán paraconstruírmos unha imaxe máis au-téntica da muller e da escritora e pa-ra modificar en aspectos fundamen-tais a interpretación da súa escrita.

2. Con relación á sempre chea deinterrogantes, problemática e contro-vertida nenez de Rosalía, contamosagora cun dato fundamental, descu-berto hai só dez años e aínda non su-ficientemente divulgado, que pode-mos resumir dicindo que en data de17 de setembro de 1842, cando Rosa-lía era unha meniña de só cinco anos,vivía xa coa súa nai, dona Teresa deCastro y Abadía, na vila de Padrón.

Este precioso dato foi descubertonun rexistro de poboación do Conce-llo de Padrón, no ano 1996, por Ma-nuel Pérez Grueiro, bibliotecario doConcello de Neda (A Coruña); alí apa-rece rexistrada como residente en Pa-drón unha unidade familiar compos-ta por estas tres mulleres: Dª Teresade Castro, a súa filla Rosalía de Cas-tro (sic), e a criada María Martínez; in-dícase tamén que o estado civil deDona Teresa é o de solteira, e queconta 36 anos de idade.

Daquela é obrigatorio corrixir oerror tradicional de afirmar como ver-dade incontrovertíbel que a meniña,despois de ser bautizada no Hospitaldos Reis Católicos de Santiago, na-quel tempo hospicio da cidade com-postelá, pasara ao coidado da familiado seu pai, criándose en Ortoño, atéque anos despois, en data imprecisa,se fixera cargo dela a súa nai. Sabe-mos agora con absoluta seguridade esen discusión posíbel que ós cincoanos vivía Rosalía xa coa súa nai, queprobablemente nin sequera chegou asepararse da pequena; e coa mesmaseguridade é falso que Dona Teresanon a recoñecera como filla e non alevara a vivir con ela até os dez, doceou máis anos de idade, como decotese dicía e se escribía. Este error sobrea nenez de Rosalía, sobre a supostacovardía e dureza da súa nai (quecontrastaba tanto co inmenso cariñoque lle profesaba a poeta, posto demanifesto, por exemplo, no libriñopoético A mi madre, publicado no 1863con motivo do pasamento de dona

Teresa), e sobre supostos traumas in-fantís derivados da privación de pai ede nai durante a maior parte da in-fancia, son moeda corrente nas bio-grafías sobre Rosalía, e mesmo enpublicacións recentes, xa que logomoi posteriores ao importantísimodescubrimento de que falamos, cou-sa absolutamente inadmisíbel.

Deste modo, tocante á nenez deRosalía segue vixente o serio proble-ma de ser filla de solteira, e para col-mo froito dunhas relacións cun crego,mais de ningunha maneira filla dun-ha nai inhumana, que por vergonza ecovardía a abandonaría nos anos de-cisivos da nenez. Moi ao contrario:aos cinco anos vivía Rosalía coa súanai, que a fai constar como filla au-téntica no padrón do Concello de Pa-drón, e coa súa filla, aínda moi nova,muda dona Teresa a súa residencia aSantiago, quizais coa razón funda-mental de que a nena poda recibirunha educación axeitada, moi supe-rior á que naqueles tempos era nor-mal nunha muller, mesmo de familiafidalga. Moitas afirmacións sobre ocarácter de Rosalía e aspectos da súaescrita deben corrixirse á luz destesdatos.

3. Até hai pouco, sabiamos dagran afición de Rosalía polo teatro,posta de manifesto por algunhas ac-tuacións dramáticas súas, xa dendemoi nova. En 1916, no seu Discurso deingreso en la Real Academia Española, queversou sobre a nosa escritora, Augus-to González Besada escribía (segun-do a tradución de María Pilar GarcíaNegro): “Deron-lle unha educaciónmoi superior á que se costumaba darás xovens do seu tempo, ainda ás denobre estirpe e posición moi folgada,e ela, esta educación. permitiu-lle, enidade moi temperá, coñecer correcta-mente o francés, debuxar con facili-dade, tocar o piano e a guitarra e can-tar con afinación. É fama que aosquince anos fixo parte nunha funciónteatral, que, para fins benéficos, orga-nizou a Sociedade “Liceo de Santia-go”, e aos dezasete interpretou o pa-

Casa museo de Rosalía de Castro

Terra tempo147_48 3/2/09 14:06 Página 106

Page 19: Terra tempo147 48 3/2/09 13:34 Página 89 · fará a recensión do primeiro libro da súa compatriota e futura esposa: La Flor. É ben chamativo como se ve im-pelido a dar conta dunha

xullo-decembro 2008 terra e tempo 107

Rosalía-Murguía | Dossier

pel de protagonista da Rosmunda, deGil y Zárate, arrebatando ao público,que lle botou frores e pombas”5.

Ademais das dúas representa-cións aludidas, tiñamos moi ben do-cumentada6 unha famosa actuaciónde Rosalía, no ano 1860, un ano e tresmeses despois da voda con ManuelMurguía e cando Alejandra, a primei-ra filla da parella, tiña tan só sete me-ses de idade. Foi en Santiago, o 31 dexaneiro, actuando Rosalía no dramahistórico Antonio de Leiva, de Juan deAriza, representado a prol dos feridosen África. O xornal La Joven Galicia deSantiago, do día 5 de febreiro, relata-ba acontecementoo deste xeito: “Laautora de ‘La Hija del Mar’, la notableescritora gallega ha dado en la nochedel martes una cumplida prueba desu talento artístico que el público hasabido apreciar con repetidos aplau-sos, llamándola al final al foro a don-de se le arrojaron palomas, coronas yle leyeron un bellísimo soneto del jo-ven señor Paz y una composición delseñor Seijas que fue unánimementeaplaudida. Leyéronse también unanotable composición del señor Cas-tro Pita, que se repartió impresa, yotra del señor Alonso”. Aínda pode-mos ver agora o Programa da repre-sentación (por exemplo, na Bibliote-ca da Fundación Penzol en Vigo).

Até o ano 2000, isto era canto sesabía sobre as actuacións teatrais deRosalía. No entanto, nesa data, unestupendo descubrimento realizadopola investigadora María Victoria Ál-varez7, deu á luz o dato importantísi-

mo de diversas actuacións de Rosa-lía, situadas en datas imprecisas,mais dentro do bienio 1855-1856: enE. H., comedia nun acto, adaptada aescena española por Mariano Pina;queda a dúbida se Rosalía fixo o pa-pel de doña Casta ou o de Luisa; en¡¡Vaya un par!!, comedia nun acto,adaptada do francés por Manuel Gar-cía y González; a poeta desempeñouo papel de Luisa, único personaxe fe-minino da obra; en Un par de alhajas,comedia nun acto, de Enrique de Cis-neros, deu vida ao personaxe da pro-tagonista, doña Petra; en Un dóminecomo hay pocos, comedia nun acto,adaptada por Juan del Peral; Rosalíafixo o papel de Julia de Mendoza; enEl preceptor y su mujer, comedia endous actos, adaptada do francés porLuis Olona; Rosalía interpretou o pa-pel de Clara; en La verdad en el espejo,comedia en tres actos e en verso, deAntonio Hurtado; Rosalía encarnou aprotagonista, doña Isabel de Velasco.Daquela, na actualidade, sen necesi-dade de supor nada nin facer arrisca-das conxecturas, sabemos que Rosa-lía non só amaba o teatro, senón quesubiu moitas veces ós escenarioscando era nova; sabemos, tamén, daestupenda acollida das súas interpre-tacións polo público.

Isto lévanos a unha conxecturade moito interese biográfico: segun-do é sabido, no mes de abril de 1856Rosalía marchaba para Madrid, ondeía vivir na casa da súa parente donaJosefa Carmen García Lugín y Castro,na rúa da Ballesta, número 13, baixo,perto do actual edificio da Telefónica.Algunhas veces pensárase que qui-zais Rosalía fora a Madrid coa inten-ción de probar fortuna no teatro co-mo actriz. Agora pensamos con maiorrazón que é moi posíbel. É certo quenon era unha profesión axeitada paraunha rapaza de boa familia, de castafidalga para sermos precisos exactos;mais cómpre non esquecer que Rosa-lía foi sempre unha adiantada defronte ás normas do seu tempo.

De todas as maneiras, malia nonconservarmos obra teatral escrita por

Rosalía, a súa habelencia para a ex-presión en diálogo, tanto na obra enverso como en prosa, cadra moi bennunha escritora que, como sabemosagora con toda seguridade, amabaprofundamente o teatro, e a miúdosubiu aos escenarios como intérprete.

4. Tocante á formación cultural deRosalía de Castro, resulta claro que éasunto de enorme transcendencia,sobre todo dende que, xa ao poucodo seu pasamento en 1885, comezoua desfigurarse a súa imaxe auténtica,que sempre resultou politicamenteperigosa, para convertela na “santi-ña”, na cantora inspirada das belezasde Galicia, na mulleriña puro senti-mento e pouca formación, que escri-bía insuperábeis poemas só por puraintuición e inspiración divina, etc.Belezas deste teor escribíronse enmoitas biografías e ensaios sobre Ro-salía; o peor e que aínda seguen es-cribíndose, mesmo en publicaciónsde data moi recente.

No ano 1959, aparece en Lugo unlibriño, Contribución ao estudo das fontesliterarias de Rosalía, que era o Discursode ingreso na Real Academia Galega,lido o día 17 de maio de 1958, pordon Ricardo Carballo Calero8, o mei-rande investigador de Rosalía de to-dos os tempos. O insigne profesor es-tuda e rastrexa na escrita da nosapoeta a pegada das súas lecturasdestes autores: Espronceda, Aguirre,Murguía, Trueba, Camoens, Heine,Bécquer, Campoamor, Selgas, Hoff-mann, Ros de Olano, Byron, Lérmon-tov, Poe, George Sand, Díaz Corbelle,Ferrán, Ruiz Aguilera, e aínda algúnsmáis. Daquela, despois do documen-tadísimo Discurso de Carballo Caleroe despois da súa publicación, nin-guén que tivese, ou que teña, un chis-co de sentidiño podía ou pode seguirfalando da incultura de Rosalía.

Xa naquelas datas sostiña Carba-llo Calero, moito antes de ser achadoo documento sobre a nenez de Rosa-lía que antes comentamos: “Hai unintre en que dona María Tereixa daCruz de Castro e Abadía asume púbri-

La hija del mar, primeira novela en Castelán

Terra tempo147_48 3/2/09 14:06 Página 107

Page 20: Terra tempo147 48 3/2/09 13:34 Página 89 · fará a recensión do primeiro libro da súa compatriota e futura esposa: La Flor. É ben chamativo como se ve im-pelido a dar conta dunha

108 terra e tempo xullo-decembro 2008

Dossier | Rosalía-Murguía

ca e valerosamente os seus deberesde nai, e Rosalía reside en Santiago.Bouza Brey cree que denantes de1852 debéu de comenzar a recibireducación en Compostela, e sospeitaque durante a súa estancia nisa cida-de poido frecuentar as aulas da So-ciedad Económica de Amigos del Pa-ís, que sustentaba, con moitasoutras, cadeiras de música e deseño.En 1853 Rosalía sabía tanxer a guita-rra, segundo a testemoia de Murguía,e amosaba grande interés pola músi-ca. Sabemos tamén que deseñaba,afeición que trasmitiu aos seus fillosAleixandra e Ovidio. Rosalía frecuen-ta o Liceo de San Agustín, onde se re-laciona con Aurelio Aguirre, EduardoPondal, Luis Rodríguez Seoane, e, se-gundo iste derradeiro, co propio Ma-nuel Murguía [...]. Se é verdade queescribía versos dende os oito ou osonce anos, é natural que continuaraescribíndoos ininterrumpidamente”9.

Daquela non a menor dúbida so-bre a gran cultura de Rosalía, seme-llante á dos escritores-homes do seutempo e, dende logo, moito máisgrande do que era normal nunha mu-ller do século XIX. Isto que estamos adicir xa se sabía a mediados do sécu-lo XX, e que algunha xente persistaen escribir que Rosalía era unha po-

bre aldeá de escasas letras, mais deinmensa inspiración, produce vergo-ña e rabia.

Agora dispomos, ademais dotestemuño principal sobre a súa cul-tura que é o conxunto da súa escri-ta, de moitos datos que amosan orespecto que espertaban nos tem-pos de Rosalía as súas obras, a súacultura, a súa autoridade literaria.Proceden en boa parte das Cartas aMurguía de que falamos antes, sobretodo do volume II, que comprendeas cartas correspondentes aos anos1868 a 1885.

Dende sempre sabiamos que omáis culto dos tres grandes poetasdo Rexurdimento da literatura gale-ga, Eduardo Pondal, tiña verdadeiradevoción pola persoa e pola obra deRosalía. En Cartas a Murguía atopa-mos varias dirixidas por Pondal a Ro-salía e ao seu home nas que o bardobergantiñán confesa o respecto e ad-miración que sente pola autoridadeliteraria de Rosalía. Recordaremos sódúas mostras:

Carta do 31 de marzo de 1864(Pondal a Rosalía): “Por lo demás,mucho deseo que U. siga buena, cu-rada completamente de sus antiguosmales, para que U. pueda ser feliz ydedicarse a trabajar en nuevas pro-

ducciones; pues por lo que a mí toca(y mi juicio valdrá poco), doy a U. elprimer lugar entre los jóvenes galle-gos que se dedican a la literatura ytambién entre la mayor parte de loshombres que en nuestro país se dedi-can a ella. Si está pues buena, y no lehace daño, trabaje, y denos a leerbuenas cosas”10

Carta do 18 de maio de 1884, pou-co despois de publicarse En las orillasdel Sar (Pondal a Rosalía): “Mi muyestimada y distinguida amiga: ávida-mente, y con un placer indecible, heleído las estrofas de su última colec-ción poética, En las orillas del Sar. /Excuso decir a V. que todas, todas,me parecieron muy bellas; y auncuando sus brillantes trabajos ante-riores no vinieran en su abono, el queahora nos presenta, bastaría por sísolo a manifestarla, no como poetisa,sino como poeta insigne. / Da a V.,pues, su mas cumplida enhorabuenay las más expresivas gracias por su fi-na atención este su sincero amigo”11.

Desta consideración tan devotade Pondal, pasamos á expresada pordúas mulleres moi significativas nopanorama cultural español do séculoXIX. A primeira delas é nada menosque Pilar Sinués de Marco (1835-1893), escritora que ten o mérito, re-levante sobre todo para o seu tempo,de dirixir a famosa revista El Ángel delHogar, publicada en Madrid. Véxasecon canto interese pide a Murguíaque interceda ante Rosalía para quelle mande unha colaboración para asúa revista, en carta do 18 de marzode 1866: “Terminado ya este asunto,quiero pedir a U. el favor de que meenvíe alguna cosa para El Angel, y se-rá doblada la merced si la acompañaalguna otra de su apreciable Sra., cu-yo talento he admirado siempre quehe visto alguno de sus libros y tiernaspoesías: suplico a U. ofrezca mi con-sideración y amistad e interpongasus buenos oficios para que favorezcaalguna vez mi pobre semanario, queenviaré a Ustedes”12.

A outra muller importante á quealudimos é Emilia Serrano, Baronesa

Dende sempre sabiamos que o máis culto dos tresgrandes poetas do Rexurdimento da literaturagalega, Eduardo Pondal, tiña verdadeira devociónpola persoa e pola obra de Rosalía

Rosalía segue a ser un punto de referencia central da nosa cultura

Terra tempo147_48 3/2/09 14:06 Página 108

Page 21: Terra tempo147 48 3/2/09 13:34 Página 89 · fará a recensión do primeiro libro da súa compatriota e futura esposa: La Flor. É ben chamativo como se ve im-pelido a dar conta dunha

xullo-decembro 2008 terra e tempo 109

Rosalía-Murguía | Dossier

de Wilson (1845-1922), escritora e un-ha das mulleres máis destacadas doseu tempo no eido cultural e político.Nunha carta a Murguía do 20 de mar-zo de1867, loaba deste xeito os Canta-res gallegos de Rosalía: “He tenido oca-sión de leer algunas entregas de sunotable Historia de Galicia y tambiénen Lugo, tuve un gran placer en leerlos cantares gallegos de su esposa, enlos cuales y en particular en su intro-ducción, hay mucho amor a su país ynobles y elevados pensamientos”13.

Poderíamos seguir moito tempoamosando casos de escritores e ho-mes famosos na vida cultural galega eespañola do século XIX que gaban aRosalía como muller esencial na lite-ratura e na cultura daquel tempo. Nontemos o espacio preciso, mais lembra-remos dúas testemuñas ignoradas ataagora, que corresponden aos cultospais de dúas figuras primordiais da li-teratura española, Ramón del Valle-In-clán e Antonio Machado.

Entre xuño e xullo de 1867 apare-ce en Lugo a mellor das novelas deRosalía, El caballero de las botas azules,na que a escritora brilla como exce-lente coñecedora e crítica da socieda-de española non galega e do Madriddo seu tempo. Aa novela supuxo unavanzo moi importante da narrativaespañola do século XIX, e agora, cadavez máis, acada eloxios nos estudiosde historia da literatura, malia quesegue a ser unha obra de lectura nonsempre comprendida. Por eso, resul-ta moi sorprendente a loanza que lletributa, medio ano despois de publi-cada, Ramón del Valle Bermúdez, opai de Valle-Inclán, nunha carta aMurguía do 24 de xaneiro de 1868;nela, con moito tino, supón que a no-vela vai resultar polémica: “Mi muyquerido amigo: al acabar de leer ayernoche la interesante novela El caballe-ro de las botas azules, que no había teni-do el gusto de ver antes porque se-pultado en este destierro he ignoradomucho tiempo esa publicación, habíaformado el propósito de escribir a U.hoy, [...] tenga la bondad de felicitar asu Sra. por el excelente libro que aca-

ba de publicar. Ignoro cual pueda serla acogida que halle en el público ycual fuese el juicio que de él hubie-sen hecho los críticos, lo que importamuy poco tratándose de expresar laimpresión que he sentido al leerlo,en lo que por lo demás no hubieraninfluido aquellas circunstancias nipoco ni mucho; pero creo que si nome ciega el afecto o no soy muy ne-gado, ese libro tiene que alcanzar unéxito extraordinario”14.

Doutra parte, no volume II dasCartas a Murguía temos estupendasmostras da gran amizade epistolarque manteñen Manuel Murguía e An-tonio Machado Álvarez, pai do famo-so poeta homónimo. Desas cartaslembraremos só unha, do 20 de abrilde 1881, escrita en Sevilla, que reflic-te a súa crítica positiva do meirandelibro poético de Rosalía, Follas novas,aos poucos meses de ser publicado:“Recibí a su tiempo su larga y afec-tuosa e instructiva carta y bastantedespués el magnífico libro Follas novasque hice anunciar repetidas veces enla Enciclopedia y que trasladé a undistinguido literato amigo mío paraque hiciese un extenso juicio de ella,siendo esta la hora en que ni ha he-cho el juicio ni fuera devuelto el libro.Dé U. en mi nombre un millón de gra-cias a su Sra. y pídale un millón deperdones por mi falta de energía deno haber arrancado el libro de miamigo y haber hecho yo su crítica,aunque fuera más desautorizada”15.

Rematamos este aspecto, anquepagaría a pena falar moito máis del,

pois non debe aturarse tantas inexac-titudes e parvadas que seguen a di-cirse con relación á cultura de Rosa-lía. A este propósito, preguntamosaos que dubidan dela e, cousa aíndapeor, atrévense a dicilo por escrito:¿que figura literaria “inculta”, do sé-culo XIX, colabora, ou é obxecto derecensións eloxiosas, xa en vida, entantas revistas literarias e culturaiscomo o foi Rosalía? Velaí senón a lis-ta cronolóxica das revistas nas quepublicou, ou que falaron dela e dasúa obra: La Discusión (Madrid), El Mu-seo Universal (Madrid), La Iberia (Ma-drid), Galicia (Madrid), El Contemporá-neo (Madrid), El Avisador. Diarioindependiente (A Coruña), La SoberaníaNacional (Madrid), El Angel del Hogar(Madrid), Revista de España (Madrid),Lo Gay Saber (Barcelona), El Correo deGalicia (editado en Ourense), RevistaGalaica (O Ferrol), El Heraldo Gallego(Ourense), La Renaixensa (Barcelona),La Ilustración Gallega y Asturiana (Ma-drid), Revista de Galicia (Santiago), Farode Vigo (Vigo), Gaceta de Madrid (Ma-drid), Gaceta de Galicia (Santiago), LaIllustració Catalana (Barcelona), La Vozde Galicia (Montevideo), Los Lunes delImparcial (Madrid), La Nación Española(Buenos Aires), Época (Madrid), ElPorvenir. Diario democrático-progresista(Madrid), e, por último, a revista ita-liana La Rassegna Nazionale (Firenze),que publicou o 1 de xullo de 1885 un-ha noticia moi gabanciosa de En lasorillas del Sar, que chegou á casa deRosalía, en Padrón, o mesmo día doseu pasamento, segundo relata Ma-nuel Murguía.

5. No ano 1985 celebrouse o Cen-tenario da morte de Rosalía cunhaserie de homenaxes, entre os que bri-llou de modo especial o “CongresoInternacional sobre Rosalía de Castroe o seu tempo”, tido os días 15 a 20de xullo en Santiago de Compostelae outras cidades galegas; as Actas deCongreso, publicadas en tres volumes,quedan como testemuño imperece-doiro da importancia daquel aconte-cemento, e como xoia da bibliografía

Pondal escribindo a última estrofa dos Eoas.Sinala a revista na que sae a foto a curiosidadede que este autor escribía de pé as súascomposicións poéticas

Terra tempo147_48 3/2/09 14:06 Página 109

Page 22: Terra tempo147 48 3/2/09 13:34 Página 89 · fará a recensión do primeiro libro da súa compatriota e futura esposa: La Flor. É ben chamativo como se ve im-pelido a dar conta dunha

110 terra e tempo xullo-decembro 2008

ción desta estrofa ía outra que resul-taba absolutamente crítica da situa-ción social do pobo galego. Dicía así:

Por xiadas, por caloresDesde qu’amañece ó diaDou á terra os meus sudores,Mais canto esa terra criaTodo... todo é dos señores.Sirva como exemplo e testemuño

da moita e profunda denuncia socialque hai non só en Follas novas e En lasorillas del Sar, mais tamén en Cantaresgallegos, que, non obstante, acostumapresentarse como un libro meramen-te folclórico. En tan supostamentefolclórico libro atópase a declaraciónnacionalista más grande e máis sen-tida que se escribiu nas poesía gale-ga do século XIX:

Probe Galicia, non debesChamarte nunca española,Qu’España de ti s’olvidaCando eres ¡ay! tan hermosa.Cal si na infamia naceras,Torpe, de ti s’avergonza,Y á nay qu’un fillo despreçaNay sin coraçon se noma...Veñamos agora aos nosos días.

Ollando cara a un pasado non moi re-moto, as bases do nacionalismo gale-go atópanse, entre outros escritores eideólogos, en dúas figuras de princi-pios rexionalistas, dun lado ManuelMartínez Murguía, doutro Alfredo Bra-ñas, autor do libro El regionalismo, Bar-celona, 1889. Pois ben, dende a pers-pectiva política actual, a figura deMurguía é admirada, defendida e rei-vindicada polas forzas progresistas, ede modo salientable polo BNG, men-tres que a figura de Brañas parece aveces terse convertido en “propieda-de” da dereita máis cavernícola, sobretodo do PP. Por contra, resulta curio-so comprobar de que maneira lóxica enatural tanto Murguía como Brañassenten un fondo respecto e admira-ción pola obra de Rosalía, pois vennela un vehículo das ideas rexionalis-tas que, cada un á súa maneira, de-fenden e propugnan. Agora, despoisda publicación das Cartas de Murguía eoutros documentos, teremos que es-tudar de novo de que maneira Mur-

guía influíu en aspectos da obra dasúa dona, porque sabía dende sempreque por medio dela podían espallarsede modo moi axeitado aquelas ideasrexionalistas, defensoras dunha pa-tria galega propia, que compartían edefendían Rosalía e Murguía �

1 A Coruña, Fundación Pedro Barrié de la

Maza Conde de Fenosa, 1991-1993.2 Rosalía de Castro, Poesía galega completa I

Cantares gallegos, Edición de Andrés Poci-

ña e Aurora López, Santiago, Sotelo

Blanco, 1992; Poesía galega completa II Follas

novas, Poemas soltos, traduccións, Santiago,

Sotelo Blanco, 2004.3 Santiago, Edicións Laiovento, 2000. Da-

tos novos ten a versión española, publi-

cada pola mesma editorial en 2004.4 Cartas a Murguía I, Edición, introducción

e notas Xosé Ramón Barreiro Fernández

e Xosé Luís Axeitos, A Coruña, Funda-

ción Barrié, 2003; Cartas a Murguía II, Ed.,

intr. e notas X. R. B. F. e X. L. A., A Coru-

ña, Fundación Barrié, 2005.5 Texto galego segundo a edición de Mª

Pilar García Negro, Vigo, Promocións

Culturais Galegas, 2004, p. 41; o orixinal

é: A. González Besada, Discursos leídos ante

la Real Academia Española en la recepción pú-

blica del Excmo. Sr. D. Augusto González Besa-

da el día 7 de mayo de 1916, Madrid, Impr.

Clásica Española, 1916, p. 36.6 Vede o noso Rosalía de Castro. Estudios so-

bre a vidae a obra, cit., pp. 36-37, onde co-

mentamos a abundante documentación

existente sobre esta representación.7 Mª V, Álvarez Ruiz de Ojeda, “Rosalía de

Castro, actriz: noticias e documentos”,

Rev. de Estudios Rosalianos 1 (2000), pp. 11-

43.8 R. Carballo Calero, Contribución ao estudo

das fontes literarias de Rosalía, Lugo, Edicio-

nes Celta, 1959.9 R. Carballo Calero, Op. cit., pp. 23-24. 10 Cartas a Murguía, cit., vol. I, pp. 231-232.11 R. Carballo Calero, “Referencias a Rosa-

lía en cartas de sus contemporáneos”,

Cuadernos de Estudios Gallegos 18 (1963),

pp.303-313.12 Cartas a Murguía, I, p. 363.13 Cartas a Murguía, I, p. 493.14 Cartas a Murguía, II, p. 18.15 Cartas a Murguía, II, pp. 389-390.

Dossier | Rosalía-Murguía

rosaliana. É por aqueles tempos can-do estudiosos, mais sobre todo estu-diosas, do mundo enteiro comezan ainsistir na reivindicación do feminis-mo de Rosalía, moi presente na súaobra, cousa que agora, vinte anosdespois, xa conta con moitos estu-dios serios e profundos. Falta aínda,en cambio, unha revisión máis amplae axeitada do papel de Rosalía comopropulsora de ideas nacionalistas.Digamos algo a este respecto.

Xa dende a publicación de Canta-res gallegos, en 1863, Rosalía comezoua ser obxecto de unha mitificación eunha deformación moitas veces re-cordadas, porque ela resultaba políti-camente “perigosa”. Nós tivemos afortuna de que nos fose confiada aedición crítica, realmente a primeiraedición crítica, de toda a poesía gale-ga de Rosalía, que foi publicada endous volumes por Edicións SoteloBlanco, en 1992 e 2004. Pois ben,Cantares gallegos sae en Vigo, en 1863,mais o cantar 15, “Adios, rios; adios,fontes”, aparecera dous anos antesen Madrid, na revista El Museo Univer-sal, onde levaba por título “¡Adiosqu’eu voume!”. No poema, o eu-poé-tico que lamenta que ten que aban-donar Galiza, na edición de 1863 di:

Mais son probe e ¡mal pecado!A miña terra n’é miña,Qu’astra lle dán de prestadoA veira por que camiñaÔ que naceu desdichado.No entanto, no texto publicado

en El Museo Universal, a queixa eramoito máis dura, pois a continua-

Xa dende a publicación de Cantares gallegos, en1863, Rosalía comezou a ser obxecto de unhamitificación e unha deformación moitas vecesrecordadas, resultaba políticamente “perigosa”

Manuscrito de poemas de Rosalía

Terra tempo147_48 3/2/09 14:06 Página 110

Page 23: Terra tempo147 48 3/2/09 13:34 Página 89 · fará a recensión do primeiro libro da súa compatriota e futura esposa: La Flor. É ben chamativo como se ve im-pelido a dar conta dunha

Manuel Murguía, ao contrario queRosalía, tivo unha longa vida, aden-trándose 23 anos no século XX. Oprolífico historiador, ensaísta e arqui-veiro, conviviu en matrimonio cunhamuller de “enérgico carácter”, segun-do el (Rosalía de Castro, en Los Precurso-res, 1885). Perseguida pola desgraza,camiñou sobre “el abismo de sus pro-pios pensamientos” (ibidem). O esposonon poupou clareza en termos abs-tractos, recoñecendo os poucos díade felicidade dos que a súa mullerdesfrutou en vida, os contratempos egolpes de maltrato que padeceu. Nunmomento histórico no que as mulle-res debían ser “sin hechos ni biogra-fía”, admitía que Rosalía era unhaalma feminina “atormentada”, tor-mento que, tratándose dunha muller,sempre resultaba maior por incomu-nicábel socialmente. As mulleres degrandes dotes intelectuais, como eraa súa esposa, tiñan que aceitar unha“muerte gloriosa (...) el día que entranen el hogar conyugal para ser égida”(ibidem)

Murguía aludiu ao mar de contra-riedades que perseguiron a Rosalía,especialmente após 1877. Nós pode-mos constatar que, a partir desa datasobre todo, hai fenómenos políticose económicos, sucesos familiares quecontribúen a que a sensación rosalia-na sexa de maior derrota e desespe-ranza. Estamos no réxime da Restau-ración, previo fracaso do sexeniorevolucionario. Entre moitos desen-cantos, Rosalía ve como se esvae aposibilidade dun Estado Españolplurinacional. O seu corazón é atrave-sado pola dor derivada da morte enaccidente do seu fillo Honorato Ale-jandro, antes de cumprir os dousanos. As dificultades económicas pa-ra facer fronte ás necesidades fami-liares abren o umbral da pobreza senrequilorios. Murguía afástase pormáis tempo do fogar. Malia o seu si-lencio e recollemento, padece ata-ques de menosprezo como muller eescritora. Sente o deterioro físicoprogresivo e irreversíbel: a súa últimafilla, Valentina, nace morta, pasados

a penas tres meses do accidente mor-tal de Honorato. Murguía recoñeceque as adversidades acabaron pordobregar “alma tan enérgica y apasio-nada” (ibidem). Desafortunadamentenon escribiu o libro que Rosalía me-recía, malia ser consciente de que osescritos entusiastas a ela referidosdescoñecían o que fora a súa alma.Así o afirmaba á altura de 1917 (De laimportante influencia que en su tiempo tuvoen Galicia la obra literaria de Rosalía deCastro, en La Temporada en Mondariz, 22de xullo 1917).

Xa que logo, Murguía era cons-ciente da dignidade persoal, da pode-rosa capacidade intelectual, da bon-dade e enerxía da muller con quencasara. Asemade subliñou a disposi-ción rosaliana a recoñecer a Galizacomo “la única patria y la patria desus hijos” (Los Precursores). Para Ro-salía a única saída non convencionalestaba na profesión de escritora, ten-do en conta a súa capacidade poéti-ca. Murguía é reiterativo indicando o

desencanto sentimental sufrido porRosalía na mocidade. Alude ao seudesamparo nun Madrid no que nonvía horizontes. O seus status socio-económico, a falta de contactos ade-cuados, o seu carácter nada procliveao disimulo e á notoriedade, coutabaas súas ansias de intervir socialmen-te. O coñecemento persoal mutuoacabou en matrimonio, xa encintaRosalía. Como lembraba AugustoGonzález Besada (Rosalía Castro. Notasbiográficas, 1916), a parella estaba tansobrada de capacidades intelectuaiscomo escasa de recursos. Nestas cir-cunstancias, ela estaba abocada aunha especie de ansiedade autorial:tiña dificultades para publicar e sem-pre por intercesión do marido; eraproclive a indagar ou desvendar oque había de estraño ou anormal narealidade, actitude que era fonte deconflito, a comezar pola súa adhesiónpatriótica a un país, a un pobo, des-prezado. Proclive a expresarse con in-tencionalidade na escrita, como in-

xullo-decembro 2008 terra e tempo 111

Rosalía-Murguía | Dossier

Rosalía, matrimonio e opción afectivo-sexual

Francisco Rodríguez Sánchez

A morte de Rosalía (cadro da súa casa-museo)

Terra tempo147_48 3/2/09 14:06 Página 111

Page 24: Terra tempo147 48 3/2/09 13:34 Página 89 · fará a recensión do primeiro libro da súa compatriota e futura esposa: La Flor. É ben chamativo como se ve im-pelido a dar conta dunha

112 terra e tempo xullo-decembro 2008

Dossier | Rosalía-Murguía

tervención pública rexeneradora, es-taba á vez premida polo coidado e asnecesidades dunha familia numero-sa, nada menos que seis fillos a ali-mentar e educar. Independente noseu criterio, era sensíbel ao dardomaledicente e á ameaza social, candoevidenciaban inxustiza e hostilidadecontra a dignidade de Galiza e a ca-pacidade de pensamento libre damuller. Consecuentemente, a comu-nicación de Rosalía con Murguía pro-ducíase no campo das ideas, no acti-vismo das urxencias a prol darexeneración do país e da restaura-ción da súa lingua e literatura, papelno que ela tiña un valor relevante einsubstituíbel. Nesta función semprecontou co amparo intelectual e o res-peito do marido, que admiraba a súacapacidade e talento artísticos. EnMadrid, lonxe da patria, ela con sen-sación de desterro e sen perspecti-vas, coñecéranse, seguramente tendonoticias un da outra previamente. Ro-salía non era precisamente unha mo-za vulgar no Santiago da década dos50. Actriz, recitadora e cantante, decomportamento aberto e sen prexuí-zos, incluíndo a amizade con mozos,non pasaba inadvertida nos círculosdemocráticos ou conservadores san-tiagueses. Rodríguez Seoane, Aurelio

Aguirre, Eduardo Pondal, entre ou-tros, partillaban con ela actividades eamizade.

O inconveniente para Rosalía, co-mo muller que non quería limitarse a“ocupaciones propias de su sexo”, tal ecomo o padrón e a documentación pú-blica aludían ás mulleres casadas, nondesapareceron pola comuñón espiri-tual e a axuda social de Murguía. As li-mitacións e inconvenientes proviñandun sistema instaurado socialmente ede grande peso obxectivo. A comezarpolo feito de que, actuando Murguíacomo mascarón de proa perante as ca-sas editoriais para lograr a publicaciónda obra da súa muller, alimentaba aopinión de que era el quen a inspirabae mesmo quen a escribía. Convertíaseasí Rosalía no seu produto, opiniónque foi mesmo debidamente contesta-da, con ironía punzante, por ela (“LasLiteratas”, Almanaque de Soto Freire para1866). En efecto, amizades do matri-monio, vinculadas ao mundo editorial,deron a luz as súas obras, inicialmenteen ámbitos democráticos e progresis-tas especialmente: J. Compañel, LaCrónica de Ambos Mundos, El Museo Uni-versal, Diario de La Coruña, Soto Freire, LaPropaganda Literaria de AlejandroChao... Obrigados a unha convivenciafamiliar irregular por mos dos avatares

políticos e das dificultades económi-cas, esta irregularidade agudizouse so-bre todo coa Restauración, desde1875, o que coincide coa visión máisproblemática do mundo e coa angus-tia e o desacougo máis punzante enRosalía. Os fillos sempre estiveron acargo dela, contando sempre ao seucarón con familiares maternos e cria-das da súa confianza.

Poren, xa a partir de 1871, Rosa-lía detecta maiores dificultades paraabrirse paso no mundo editorial,xusto no momento no que non haicensura. Lémbrese que Follas Novastarda case 10 anos en ver a luz unhavez xestada, por certo, gran parte de-la no desterro de Simancas, e non re-sulta o éxito que tiña significadoCantares Gallegos, cando menos nasminorías cultas e na emigraciónamericana. Hai aquí un punto de in-flexión en relación á súa participa-ción activa na creación dunha litera-tura nacional en lingua galega: acélebre deserción da que tanto seten falado e que, sen lugar a dúbidas,foi provocada pola hostilidade exter-na, como moi ben recoñece Murguíatamén nos dous textos xa citados. Oslibros que seguen a Follas Novas, ElPrimer Loco (1881) e En las Orillas delSar (1884), expresan a derrota, a súaposición actitudinal, a dignidade, orecollemento social, sen renunciar aun patriotismo aceirado. Son taménintentos de procurar ingresos nunmercado en lingua española, quetampouco lle foi nunca favorábel.Rosalía deixa de escreber prólogosen prosa para xustificar ou explicaros seus libros de poemas, porque xanon hai nada que explicar nen quexustificar. Só existe a convicción dedeixar constancia dunha experienciahistórica e psico-social.

Rosalía conxugou sempre o abis-mo do seu pensamento, o desacougoe a dor proprias cunha grande capaci-dade de identificación e comuñón co-as dores e os sufrimentos colectivos.Así se converteu nunha especie de hi-póstase do pobo galego como pobonegado, das súas clases populares,

Rosalía conxugou sempre o abismo do seupensamento, o desacougo e a dor proprias cunhagrande capacidade de identificación e comuñóncoas dores e os sufrimentos colectivos

Manifestación contra a escolas laicas en Santiago a principios de século. A atmósfera defundamentalismo relixioso afogará a creatividade aínda durante décadas logo da morte de Rosalía

Terra tempo147_48 3/2/09 14:06 Página 112

Page 25: Terra tempo147 48 3/2/09 13:34 Página 89 · fará a recensión do primeiro libro da súa compatriota e futura esposa: La Flor. É ben chamativo como se ve im-pelido a dar conta dunha

xullo-decembro 2008 terra e tempo 113

afectos, con claras insinuacións ho-mo-eróticas entre personaxes mascu-linos e con potente crítica do signifi-cado dos estereotipos heterosexuaispara as mulleres burguesas. Moitosmisterios, moito do inefábel presenteen poemas de Follas Novas ou En lasOrillas del Sar está vinculado á angus-tia que provoca o desexo que non seasume socialmente. O amor que nonse atreve a dicer o seu nome está li-teralmente aludido por Rosalía en“Santa Escolástica”, o primoroso epotente poema claramente biográficode En las Orillas del Sar: a expresiónapaixonada dun amor en chave ho-mofílica, enlevo perante a fermosuradunha santa e insinuante significadosimbólico de querubíns e serafíns naimaxinaría católica. Un seu amigo eadmirador, Alfredo Vicenti, na críticaa El Primer Loco (La Ilustración Gallega yAsturiana, número 14, 18 de maio de1881) fala ás claras de que o protago-nista é un personaxe travestido: uncorpo de home que esconde alma demuller. O inefábel en Rosalía podeconcretarse a través do traballo deaproximación e de esforzo desvenda-dor representado pola súa escrita li-teraria.

Cantas mulleres foron capaces,como ela, de revelar os paradoxos, ascontradicións e o desacougo que, anivel persoal e colectivo, padecía ahumanidade? Cantas, naquel contex-to histórico, o fixeron e, en particulardo seu status económico, da súa pro-cedencia social e dentro dun matri-monio con múltiples fillos e necesi-

dades? Cantas desde unha perspecti-va ideolóxica similar? Cantas escrito-ras padeceron os abismos da incom-prensión pública e de ameaza socialaté tal extremo ? Cantas chegaron,pese a ser tan mostrativa dun dramavivido persoalmente, a seren tan sim-bólicas dunha nación?. Desde logonen Pardo Bazán no século XIX nenVirginia Woolf no XX poden compa-rárselle. A primeira non tiña o seustatus económico-social e estaba in-tegrada na Restauración. A segunda édoutro tempo histórico moi poste-rior, e polas súas posicións psíquicase sociais máis individualista. Posibel-mente si teñan pontos de contactoRosalía e Virginia por unha certa ten-dencia á autodestrución, mesmo aosuicidio, e o que xa denominamosansiedade autorial.

A biografía rosaliana vaise debu-xando devagar, saíndo das brétemasda normatividade falsificadora, parapasar a exteriorizar o conflito e a es-trañeza, o pasmo polo non asumidonen permitido. O desacougo polodesexado e non logrado. Estamos in-mersos nunha fase crítica de longopercurso. Temos de lograr máis coñe-cementos biográficos externos aíndaocultos e censurados. Temos que se-guir indagando na súa obra literaria.O pobre Murguía, á altura de 1862, noseu Diccionario de Escritores Gallegos, re-feríase sintomaticamente á escritoraRosalía como “madre y esposa aman-te, como fue hija cariñosa”. Xa entónpretendía agachar o que el mesmosabía e estaba a cada paso máis ac-tuante na obra literaria da súa muller:os abismos do seu pensamento. Nonmentía Murguía. Só ocultaba unhaparte substancial da verdade. Nos de-rradeiros anos da súa vida, recorreu afacelo en grao máis considerábel: ha-bía que lograr recoñecemento e inte-gración para Rosalía. Subliñando osaspectos máis problemáticos e hete-rodoxos non o lograría, para alén dedescubrir os segredos máis doloro-sos que o afectaban ou recoñecer aexistencia de abismos para el inefá-beis... �

Rosalía-Murguía | Dossier

como desprezadas, das mulleres co-mo marxinadas, do anormal no terreoafectivo-sexual, do non oficial e pos-tergado no terreo cultural e lingüísti-co. As circunstancias tiveron unhagrande importancia na evolución deRosalía e nas posibilidades de desen-volvemento das súas capacidades,como sen dúbida o tiveron na posibi-lidade dunha vida libre e feliz paramoitos sectores do xénero humano.Falámos de que nela cobra moita im-portancia a explicación-revelación doestraño. Non se calibrou aínda debi-damente o feito de que toda a súaobra está tinxida polo afán de inda-gación e revelación desde o pasmoperante o estraño, o ignorado, o inex-plicábel, o tabú, o presentido peronon exteriorizado nen concretado.Neste aspecto falta aínda moito porclarificar. Rosalía revela con símbo-los, exposición de situacións chocan-tes, angustias, conflitos da concien-cia e externos, entre outros, o quepoderíamos denominar unha terceiraopción afectiva e sexual, a que non sereduce ao binomio home/muller he-terosexual. Curiosamente é na déca-da dos 60 do século XIX cando algúnsintelectuais alemáns, sen dúbida pa-ra salvaren os homosexuais da perse-cución e do pecado, chegaron a falardun terceiro sexo. Rosalía, concreta-mente en El Caballero de las Botas Azules,representa a Musa, a inspiradora donovo mundo, nun ser andróxino, unterceiro sexo. Ao longo da novelaasistiremos precisamente a lecciónsde tolerancia e apertura no terreo dos

Virginia Woolf

Terra tempo147_48 3/2/09 14:06 Página 113

Page 26: Terra tempo147 48 3/2/09 13:34 Página 89 · fará a recensión do primeiro libro da súa compatriota e futura esposa: La Flor. É ben chamativo como se ve im-pelido a dar conta dunha

114 terra e tempo xullo-decembro 2008

Dossier | Rosalía-Murguía

O QUE VÍAS NO ESPELLO

Daquelas que cantan as pombas e as frores …Rosalía

Ouh rosa, Rosalía, ao outro lado, un nomeorballando palabras na fervenza das horaspara dicir o abraio do que vías no espello:Estadea de escravas, toda a noite no rostro,todo o mundo nas costas, collidas na arañeirade paixóns e velenos no amor que inventaron.

Oh rosa, Rosalía, a ser alén dos mortospor fin dona de ti, do lume das avoase das nais e das fillas por séculos infindos.Por séculos e séculos de mulleres sen nome,e tamén sen palabra, que verteron carraxe no teu cuspe e un berro no teu berro acedísimo.

Oh rosa, Rosalía, que o lume das avoase das nais e das fillas, o que xa está contigo,sexa sempre connosco, desbote a negra sombra,asombre a noite negra da xeira desigual,do pago desigual, da vontade cativa.

E que voen as pombas e que murchen as flores:Somos donas de nós para sermos mulleres.

VELAÍ A MULLER

Mais ve que o meu corazóné unha rosa de cen follas.

Rosalía

Velaí a muller que baila soano cavorco da noite:Verte entre os pés a rosa de cen follascomo unha chuvia maina desfollada,e ondas dun mar de cinsavan e veñen nas praias da cintura.Velaí a muller que canta soanos oídos do vento:A gorxa ensanguentada e o alarido,o salmo e o murmurio e o salouco,o eco e o silencio,o tanxer dunha cítara sen cordas.

Velaí a muller que vai ao portoe chama polos barcos:Veñen coa proa rota no horizonte,chegan coa treboada nas enxarcias,ela sempre vixíae pon velas de soños polos mastros.

Velaí a muller que está parindoun país coa palabra:

Nai en verbo de amor a encherlle a bocaque ten leite de seu para crialo,terra ou Rosalía,clara estirpe de nós cara ao futuro.

HAI UNHA MOITEDUME

“... i alí onde o corvo pousasoia enterrada está”.

Rosalía

Tecías, tecelá, señora Rosalía,fíos de sombra para o teu asombronun ritual sen pombas e sen flores,igual que un suicidio.

Pendurabas da lúa,como un cadro tristísimo, a canseira dos días,todo o abraio de ser, toda a carraxede vivir nun país deshabitadopolos seus moradores hora a hora.

Soa diante do espello, eras ti e eras todasa recontar moedas de desgraciaou doas dun tesouro envelenado e falso.

Camiño do areal... e ninguén te esperaba,botoute fóra o mar...

Mais somos multitudecegada pola luz da Negra Sombraa salmodiar un nome: R o s a l í a.

LENDO A ROSALÍA

Se desangro o delirio no viño da palabravés da idade distante, toda a morte vadeas.Apartando sudarios e fitas e coroasacodes ao meu porto e eu teño sobre a mesaa vida que nos deches: Follas Novas, Cantares,o teu sangue ancorado nesta beira da ausencia.

Chegas, falas e acendes a candea de novo,alentas ao meu lado, dásme luz a manchease tamén me dás sombra, e tamén me dás medoe unha dor que me abrangue e me afoga e me medra.

E sinto que te quero, que es da miña casa,miña nai, miña amiga, a miña compañeira.E dóiome de ti e quero acalentarte,pero xa te me vas para baixo da pedra.

Non acho crisantemos para enganar a mortecando cala a túa voz ferida de camelias.

(1996)

Sombra do meuasombro

Marica Campo

Terra tempo147_48 3/2/09 14:07 Página 114