tres en raia · @mhn.usc /mhnusc @mhnusc MATERIAIS Cortamos o cartón do tamaño que queiramos,...

3
www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc MATERIAIS Cortamos o cartón do tamaño que queiramos, pero sempre en forma de cadrado, con todos os seus lados iguais. Para isto podémonos axudar dunha regra. Se temos papeis de cores, podemos cubrir o taboleiro cun deles, pegándoo con pegamento en barra ou cola branca. Agora facemos nove círculos ou cadrados de cartón fino reutilizado tamén podemos usar cartolina, goma eva, etc. De novo, podemos axudarnos dunha regra. Agora facemos os debuxos que pegaremos sobre os tapóns, os debuxos teñen que ser do tamaño dos tapóns ou un chisquiño máis grandes. Fare- mos en total tres de abellas e tres de bolboretas. Pegamos os debuxos sobre os tapóns con cola branca ou similares e xa temos o noso tres en raia sostible listo! tres en raia regra lapis, ceras de cores ou rotuladores papel, cartolina ou cartón fino Cartón fino, cartolina, goma eva ou similares cartón ancho tapóns

Transcript of tres en raia · @mhn.usc /mhnusc @mhnusc MATERIAIS Cortamos o cartón do tamaño que queiramos,...

Page 1: tres en raia ·  @mhn.usc /mhnusc @mhnusc MATERIAIS Cortamos o cartón do tamaño que queiramos, pero sempre en forma de cadrado, con todos os seus lados iguais.

www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc

MATERIAIS

Cortamos o cartón do tamaño que queiramos, pero sempre en forma de cadrado, con todos os seus lados iguais. Para isto podémonos axudar dunha regra. Se temos papeis de cores, podemos cubrir o taboleiro cun deles, pegándoo con pegamento en barra ou cola branca.

Agora facemos nove círculos ou cadrados de cartón fino reutilizado tamén podemos usar cartolina, goma eva, etc. De novo, podemos axudarnos dunha regra.

Agora facemos os debuxos que pegaremos sobre os tapóns, os debuxos teñen que ser do tamaño dos tapóns ou un chisquiño máis grandes. Fare-mos en total tres de abellas e tres de bolboretas.

Pegamos os debuxos sobre os tapóns con cola branca ou similares e xa temos o noso tres en raia sostible listo!

tres en raiaregra

lapis, ceras decores ou rotuladores

papel, cartolinaou cartón fino

Cartón fino, cartolina, goma eva ou similares

cartón ancho

tapóns

Page 2: tres en raia ·  @mhn.usc /mhnusc @mhnusc MATERIAIS Cortamos o cartón do tamaño que queiramos, pero sempre en forma de cadrado, con todos os seus lados iguais.

www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc

os insectospolinizadores

QUE SON?Cando se fala de insectos polinizadores, o máis habitual é pensar automaticamente nas abellas. Pero, non só interveñen abellas na polinización. Dependendo do tipo de flor, serán uns ou outros os que interveñan na recollida do néctar e o pole. As principais son: abellas, abellóns, avespas, escaravellos, moscas e bolboretas. Noutras zonas do planeta tamén polinizan aves e mamíferos como os morcegos ou os colibrís!

Por que é relevante?A polinización é importantísima para a vida do ser humano. Pensemos na cantidade de alimentos que precisan deste proceso para formarse: mazás, cabaciñas... Estes non poderían producirse se non existisen os insectos polinizadores. Sábese que un 75% das especies vexetais son polinizadas por insectos e que unha terceira parte da nosa dieta depende dos insectos polinizadores (directa ou indirectamente).

Ademais, descubriuse fai pouco que case o 90% das plantas con flores do planeta dependen dos animais para a súa polinización e produción de sementes.

Como nos afecta?Todo mundo coñece que estes animaliños están en grave perigo xa que están diminuíndo moito as súas poboacións. Isto é un problema moi grave para manter a biodiversidade, xa que deixarán de reproducirse moitas especies. Existen numerosas ameazas que producen este descenso, entre as que destacan: a fragmentación de hábitats, as enfermidades (como é o caso do ácaro Varroa), a explotación agrícola intensiva onde predominan os monocultivos (deixando os polinizadores sen alimento) e o uso de pesticidas, e a introdución de especies exóticas.

Esta última e unha das maiores ameazas pois a introducción da Vespa velutina en Galcia foi a que causou maior mortalidade nos últimos anos nas poboacións de insectos polinizadores.

En canto a falta de alimento, por un lado temos os grandes monocultivos que impiden a presenza de “malas herbas”, como as margaridas, estraloques, malvas, lavandas, herbas dos carpinteiros, toxos, breixos, dentes de león, trevos e moitas máis. Por outra banda, as grandes extensións de céspede nas cidades tampouco deixan alimento os insectos. E isto fai, que se vexan moi poucos polinizadores nas cidades.

Saber un pouquiño máis...Bolboretas (Lepidópteros)

Posúen un aparello bucal alargado e enrolado en forma de espiral. Isto permítelles alcanzar o néctar presente ao fondo de flores grandes, con forma de espolón, tubulares e alargadas.

Abellas, avespas, abellóns (Himenópteros)

A maioría das abellas son solitarias. Isto significa que non viven en comunidade. Sen embargo, as máis coñecidas son as abellas melíferas e as avespas comúns, que viven en grupos, a miúdo de miles de individuos. Son especies gregarias e sociais en cuxas colonias existen diferentes castes con distintas funcións nas que están especializadas.

Page 3: tres en raia ·  @mhn.usc /mhnusc @mhnusc MATERIAIS Cortamos o cartón do tamaño que queiramos, pero sempre en forma de cadrado, con todos os seus lados iguais.

www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc

QUE APRENDEMOS SOBREos insectos polinizadores

Agora vamos a ver todo o que aprendemos e para iso vamos a contestar o seguinte test sabio:

¿Que porcentaxe das plantas con flor dependen dos animais para a súa polinización? a) Moi pouquiñas, sobre un 5% b) Ningún, as plantas con flor non dependen dos animais para a súa polinización c) Un 90% das plantas con flor

A maioría das abellas son gregarias e viven en comunidade a) Verdadeiro, gústalles máis vivir xuntas b) Falso, a maioría son solitarias c) Verdadeiro, a maioría viven en colmeas

¿Que podemos facer nós para axudar os polinizadores? a) Comprar menos froita b) Plantar plantas con flor c) Non se pode facer nada

¿Que ameazas teñen os insectos polinizadores? a) Os pesticidas e os monocultivos b) Demasiada comida c) Os cazadores