UD 12 O sistema urbano 1ª parte

64
UD 12 O SISTEMA URBANO parte 1 XEOGRAFÍA 2º BACH

Transcript of UD 12 O sistema urbano 1ª parte

Page 1: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

UD 12 O SISTEMA URBANOparte 1

XEOGRAFÍA

2º BACH

Page 2: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

POBOAMENTO RURAL POBOAMENTO URBANO

Municipio de menos de 2 000 habitantes

Municipio de entre 2 000 e 10 000 habitantes nos que máis da cuarta parte da su poboación activa traballa no sector primario.

Municipio de máis de 10 000 habitantes

En Galicia: todo núcleo que supere os 2000 habitantes

Núcleo semiurbano: municipio de entre 2 000 e 10 000 habitantes nos que menos da cuarta parte da su poboación activa traballa no sector primario

Agrocidades: municipios de de máis de 10 000 habitantes cunha economía dependente en boa medida das actividades do sector primario

Page 3: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

ELEMENTOS QUE DETERMINAN A ORDENACIÓN DUN TERRITORIO:

A ocupación humana do territorio e a súa evolución a través dos séculos

Vivendas e edificacións

Distribución espacial das edificacións e as relacións que manteñen cos elementos da paisaxe

Relacións entre os diferentes sistemas e subsistemas de asentamentos (produto de factores económicos, sociais, políticos,…)

Page 4: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

1 O PROCESO DE URBANIZACIÓN

EN ESPAÑA

Page 5: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

COMPLEXA EVOLUCIÓN HISTÓRICA DO POBOAMENTO DO TERRITORIO ESPAÑOL

Os primeiros asentamentos urbanos de pequeno tamaño teñen a súa orixe na antigüidade prerromana. Colonias costeiras fundadas por gregos, fenicios e cartaxineses: de Emporion a Gádir. Cádiz, Málaga, Cartaxena, Alacant.

Carácter defensivo

Page 6: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

Gran parte das cidades españolas teñen a súa orixe en urbes e campamentos romanos. Tarraco, Emerita Augusta, Hispalis, Lucus Augusti.

Organización provincial do Imperio

Rede de calzadas e Vías de comunicación

Capitais administrativas Mérida, SevillaCampamentos militares Lucus AugustiCentros comerciais Asentamento de inmigrantes romanos

Page 7: UD 12 O sistema urbano 1ª parte
Page 8: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

VISIGODAV-VIII

ASTURVIII-IX

MOZÁRABEX

Coa caída do imperio romano produciuse unha desestruturación do sistema urbano e unha ruralización do territorio. Durante a alta idade media (século V ao século X) os enfrontamentos entre musulmáns e cristiáns provocaron o despoboamento de amplas áreas de terreo

Page 9: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

Durante a baixa idade media (XI-XV) no sur peninsular a vida urbana floreceu nas cidades islámicas que aproveitaron e transformaron os asentamentos anteriores: Córdoba, Sevilla, Toledo, Granada, Málaga, Almería.

Córdoba foi durante o século X a cidade máis poboada e avanzada de Europa occidental

Page 10: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

No norte, os cristiáns, foron consolidando cidades (Burgos e León) e repoboando terras mediante a fundación de novos asentamentos. A medida que a “reconquista” avanzaba cara ao sur, a rede urbana de cidades cristiás foise expandindo.

A partir dos séculos XII e XIII co desenvolvemento do comercio e das ferias as cidades comezaron a crecer

Page 11: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

Desenvolvemento de cidades a través do Camiño de Santiago:Xaca, Pamplona, Logroño, Burgos, León, Astorga e Santiago de Compostela.

Page 12: UD 12 O sistema urbano 1ª parte
Page 13: UD 12 O sistema urbano 1ª parte
Page 14: UD 12 O sistema urbano 1ª parte
Page 15: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

Na idade moderna (séculos XVI e XVII) existía unha rede relativamente densa de cidades medias (Valladolid, Salamanca, León, Burgos,…). Destacaban pola súa actividade comercial: Bilbao, Sevilla (monopolio coas Indias), Barcelona ou Valencia. Valladolid, Toledo e Madrid (en 1561, Felipe II estableceu a capital en Madrid) foron importantes centros políticos debido a presenza da corte.

Page 16: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

No XVIIII coa dinastía borbónica revitalízase o urbanismo: arquitectura de estilo barroco.

Programa arquitectónico dirixido ao embelecemento de Madrid.

Xurde o modelo de Praza Maior.

PRAZA MAIOR DE MADRID

PRAZA DO OBRADOIRO

Page 17: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

El proyecto de Nuevas Poblaciones en Sierra Morena, al amparo del que se gestó la actual ciudad de La Carolina, ha sido uno de los proyectos reformadores de mayor envergadura en la historia de España. Fue una empresa urbanizadora que contempló la creación de cuarenta y cuatro pueblos y once ciudades en lugares yermos de los llanos de la Parrilla y Sierra Morena para limpiarlos de bandoleros, explotar mejor la tierra, generar riqueza y establecer unos diez mil colonos extranjeros, lo que a su vez aseguraba el camino de Madrid a Cádiz que canalizaba la casi totalidad del tráfico de mercancías y riquezas procedentes del nuevo mundo. http://www.pueblos-espana.org/andalucia/jaen/la+carolina/

Baixo o reinado de Carlos III, para paliar o despoboamento do sur da península, fundáronse novas poboación en Andalucía e en Serra Morena. Destaca a fundación da Carolina (na provincia de Xaén).

Page 18: UD 12 O sistema urbano 1ª parte
Page 19: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

A tendencia máis notable foi o declive das cidades do centro, salvo no caso de Madrid, e o paralelo crecemento das cidades da periferia. Factores que explican esta transformación:

1. Auxe do comercio nos portos cantábricos e mediterráneo (crecemento das cidades costeiras).

2. Comezo da industrualización no País Vasco (industria metalúrxica) e en Cataluña (industria téxtil).

3. O centralismo político: Madrid como gran centro administrativo e de servizos. Centro da estrutura viaria de tipo radial: as redes de transportes (estradas e ferrocarrís) confluían na capital.

4. A división provincial de España, establecida por Francisco Javier de Burgos en 1833, fixo que cada unha das capitais de provincia concentrasen novas actividades administrativas e económicas, o que as empuxou a crecer por riba doutras localidades do seu medio. As capitais de provincia, polos múltiples servizos que albergan, tenden a concentrar o crecemento urbano.

O século XIX, o século da industrialización, estivo marcado polo crecemento das cidades industriais, pola construción de ensanches urbanos e pola emigración do campo á cidade (éxodo rural).

Page 20: UD 12 O sistema urbano 1ª parte
Page 21: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

O proceso de urbanización acelerouse de forma notable no século XIX. Na segunda metade deste século, a poboación urbana pasou de ser o 16% da poboación total de España, ao 32%. Os seguintes exemplos son bos expoñentes dos cambios experimentados:As principáis cidades industriais e Madrid multiplican a súa

poboación ao longo do século XIX: Barcelona pasa de 110 000 habitantes a 533 000: Bilbao, de 12 000 a 83 000; e Madrid, de 167 000 a 544 000.

Ademáis, as capitais de provincia, polos múltiples servizos que se localizan nelas, tenden a concentrar o seu crecemento urbano. O conxunto das capitais provinciais españolas, que albergaban unha poboación de 1,2 millóns de habitantes en1833, pasou a superar os 3 millóns en 1900.

Page 22: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

Urbanización en España en 1900 Urbanización en España en 2001 INE

Page 23: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

Plan Badajoz (1952–1975) Plan de obras, colonización,

industrialización y electrificación de la provincia de Badajoz .

Obras hidráulicas. Nacieron pueblos como

Alonso de Ojeda, Los Guadalperales, Gargáligas, Valdivia, Guadiana del Caudillo, Valdelacalzada, Pueblonuevo del Guadiana, Sagrajas, Novelda del Guadiana, Gévora del Caudillo, Valdebótoa, Alvarado, Vivares, Vegas Altas o Villafranco del Guadiana.

Durante o século XX aceleráronse o crecemento urbano e o despoboamento rural. Proceso que se intentou frear en ocasións fundando novas localidades, como aconteceu en Estremadura na década de 1950 no marco do Plan Badaxoz.

Embalse de Cijara primero de los pantanos que aseguran los regadíos del Plan Badajoz. Inaugurado por Francisco Franco en 1956.

Page 24: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

El general Francisco Franco, jefe de estado, visita los nuevos pueblos de Valdelacalzada y Guadiana del Caudillo el día de su inauguración, el 8 de junio de 1951  

Page 25: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

CRECEMENTO URBANO E INDUSTRIALIZACIÓN Entre á Primeira Guerra Mundial e a crise de 1929, a

industria española rexistrou un importante crecemento, apoiada nos polos xa consolidados de Cataluña e o País Vasco. Freado polas consecuencias da crise económica de 1929 al longo da década dos trinta e pola Guerra civil.

Pero é durante a década dos sesenta e a primeira metade dos setenta do século XX, cando o país experimentou de forma máis intensa a industrialización, que se estendeu polos eixes cantábrico, mediterráneo e do Ebro, reforzando o crecemento das súas principáis cidades.

O proceso de industrialización produciu un incremento dos desequilibrios no sistema urbano español, pois a expansión acelerada das cidades situadas nos territorios con maior actividade industrial minorou o crecemento urbano das zonas menos industrializadas. Ademáis, estas zonas eran punto de partida dos emigrantes que se dirixían a traballar as rexións máis prósperas (Madrid, Barcelona ou Bilbao), o que fixo aumentar aínda máis o desequilibrio. Esta tendencia so se viu mitigada pola paulatina difusión da industria desde os polos orixinais cara aos territorios vecinos.

As políticas industriais: a política dos polos de desenvolvemento e a política de reindustrialización

Page 26: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

A política dos polos de desenvolvemento Durante os anos sesenta e principios dos setenta do século XX, o

crecemento industrial foi moi rápido, pero estaba concentrado so nalgunhas rexións: Cataluña, País Vasco e Madrid. Isto provocou graves desequilibrios territoriais; os gobernos da época promoveron políticas de localización industrial para favorecer a difusión da industria por distintas provincias. Isto levouse a cabo mediante a política de polos de desenvolvemento, entendidos estes como lugares que debían polarizar o desenvolvemento industrial e expandilo polo seu medio.

O Goberno tentou estimular as empresas industriais para que se asentasen nestes polos mediante un conxunto de medidas: establecemento de vantaxes fiscais, construción de novas infraestruturas, creación de solo industrial etc. Pódense diferenciar dous tipos de polos de desenvolvemento con relación á súa localización:

Algúns polos situáronse en cidades próximas aos principais focos industriais, para canalizar así os fenómenos de difusión das actividades produtivas e conformar eixes industriais. Foi o caso, por exemplo, dos polos de Vitoria, Pamplona, Burgos, Logroño e Zaragoza.

Outros, en cambio, creáronse en lugares periféricos co obxectivo de alcanzar un maior equilibrio territorial na industria (A Coruña, Vigo, Huelva, Córdoba, Granada etc.).

As consecuencias desta política foron moi dispares. Algúns polos impulsaron decisivamente o crecemento das súas cidades (por exemplo, Vitoria e Huelva), pero outros en cambio apenas foron capaces de atraer empresas industriais (como os de Granada e Córdoba).

Page 27: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

A política de reindustrialización Tras a crise Industrial de finais dos anos setenta e no contexto dun

novo marco político-administrativo, as políticas industriais dos anos oitenta e noventa do século XX fixéronse, sobre todo, desde as comunidades autónomas, e estiveron orientadas á reindustrialización, promovendo particularmente as industrias de alta tecnoloxía.

Para iso, creáronse parques tecnolóxicos en numerosas cidades españolas, proceso que aínda continúa na actualidade. Trátase de espazos preparados para a instalación de actividades de I+D. Estas empresas necesitan instalarse naquelas áreas que dispoñan de man de obra cualificada, universidades para levar a cabo procesos de investigación e boas infraestruturas, condicións que se dan particularmente nas grandes cidades.

Así, xurdiron numerosos parques tecnolóxicos en distintas cidades españolas, como os de Tres Cantos (Madrid). El Valles (Barcelona), Zamudio (Biscaia), La Cartuja (Sevilla) ou Boecillo (Valladolid). Na fotografía, o parque tecnolóxico de Zamudio, en Biscaia.

Page 28: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

Características da urbanización contemporáneaA partir de finais da década de 1980, superada a crise económica iniciada en 1973

Aumento ininterrompido da poboación urbana: na actualidade máis das tres cuartas partes dos españois viven en cidades

As grandes cidades (Madrid, Barcelona, Bilbao) frean o seu crecemento traslado da poboación ao ámbito metropolitano ou a favor das medias ou pequenas cidades

Cambian os factores de urbanización: perde importancia a industria como factor de urbanización e gañan relevancia as actividades do sector servicios.

Cidades-dormitorio (Móstoles e Coslada en Madrid, Hospitalet de Llobregat e Badalona en Barcelona, Guecho en Vizcaya (área metropolitana de Bilbao)

Periurbanización desprazamento da poboación e dalgunhas funcións urbanas cara á periferia

Rururbanización Urbanización do medio rural Rexións urbanas: área urbana descontinua, que forma unha

nebulosa urbana de cidades dispersas pero cunha forte densidade, de espazos sobre o territorio que teñen características urbanas. A“T” asturiana (Avilés‐Gijón‐Oviedo), golfo Ártabro coruñés (Ferrol‐A Coruña), Vigo‐Pontevedra‐Vilagarcía.

Conurbacións

Page 29: UD 12 O sistema urbano 1ª parte
Page 30: UD 12 O sistema urbano 1ª parte
Page 31: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

Factores que impulsan o crecemento das cidades nos últimos anos (Dinámica do sistema de cidades) :

A industrialización A terciarización da economía

Aumento de emprego nas administración públicas (capitais, sobre todo de comunidades autónomas)

O turismo (cidades da costa mediterránea e dos arquipélagos)

Mellora das infraestruturas de transporte

Page 32: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

Urbanización en Galicia Orixe

castros prerromanos (Vigo)

asentamentos de época romana (Lugo)

ao longo do Camiño de Santiago durante a Idade Media (Santiago, Arzúa, Melide)

Idade Moderna Desenvolvemento das cidades costeiras (Pontevedra, vigo, Baiona, A Coruña) contrarrestado no interior polas capitais de provincia e ás ses episcopais (Santiago, Ourense, Lugo e Mondoñedo)

Idade contemporánea Crecemento continuo excepto nas épocas de máxima emigración

O proceso de urbanización comeza a partir de 1936

Forte éxodo rural as capitais de provincia, as capitais municipais e vilas cabeceiras de comarcas

Industrialización , actividades comerciais e desenvolvemento do sector servicios

Rururbanización a partir dos 80 (crecemento dos concellos periféricos)

Page 33: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

Actual rede urbana galega

Cidades grandes: Bipolarización : Vigo e Coruña

Cidades medias: Santiago, Pontevedra, Ferrol, Lugo e Ourense

Pequenas cidades: Monforte, Vilagarcía,…

Numerosas vilas (entre 2000-15000 habitantes): Tomiño, A Guarda,… Periurbanización e rururbanización en

Galicia.

Page 34: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

Franxa periurbana de Santiago de Compostela.

Page 35: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

1. O PROCESO DE URBANIZACIÓN EN ESPAÑA

1.1 Concepto de cidade

1.2 Axentes sociais urbanos

1.3 Urbanismo e ordenación do territorio

1.4 Morfoloxía urbana (tipos de planos)

1.5 Funcións urbanas

Page 36: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

1.1 Concepto de cidade

Páxina 234

Page 37: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

Ligadas a actividades comerciais

Ligadas aos medios de transporte

Ligadas a actividades industriais (necesidades de man de obra, foco de inmigración da poboación rural)

Por motivos relixiosos

Recentemente, ligadas a actividade turística

Por que xorden as cidades?

Page 38: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

Factores que condicionan a localización xeográfica das cidades

Físicos (clima, topografía e accesibilidade)Zonas climáticas moderadas (cidades do mediterráneo)Zonas pouco elevadas (cidades costeiras)Zonas ben comunicadas (cruce de camiños: Madrid

/ríos: Sevilla, Zaragoza, Toledo)

HumanosAntigüidade histórica (Lugo)Actividade económica e comercial (Valencia)Proximidade a fontes de enerxía ou materias primas

(Quiroga, Barco de Valdeorras)

Page 39: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

Ámbito de localización da maior parte da poboación mundial.

Paisaxe humanizado. Espazo heteroxéneo. Espazo con alta densidade de poboación e

sen actividades agrícolas.

Os criterios (tamaño, número de habitantes, funcións económicas ou sociais,…) non sempre coinciden en todo o mundo

Concepto de cidade

Page 40: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

NÚMERO DE HABITANTES: España y Suiza: núcleos de

máis de 10.000 habitantes Galicia: núcleos de máis de

2000 habitantes No resto do mundo: 200 -

30.000 habitantes

Xapón a partir de 30.000 EEUU máis de 2.500 Canadá, Escocia e outros

países máis de 1.000 Suecia e Dinamarca máis de

200

Criterios cuantitativos

DENSIDAD DE POBOACIÓN: Unha cidade presenta

unha maior densidade de poboación ca un núcleo rural

Madrid 5.389 hab/km2 Villanueva de los Infantes

(ciudad Real) 42 hab/km2

Page 41: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

ESPACIAL: disposición da paisaxe urbana e organización do espazo.

MORFOLÓXICO: formas e tamaños de rúas e edificios (alta densidade de edificación en altura)

FUNCIONAL: actividade económica da poboación: sector secundario e terciario (industria, comercio e outros servizos); e tipo de traballo.

SOCIOLÓXICO: formas de vida da poboación, relacións sociais entre os seus habitantes, utilización do tempo de lecer (cultura urbana: diversificación nas relacións sociais, estruturas familiares menos tradicionais,.. actualmente as diferenzas deste tipo están desaparecendo a causa dos medios de comunicación).

Criterios cualitativosNon se poden contabilizar

Page 42: UD 12 O sistema urbano 1ª parte
Page 43: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

AS CIDADES MÁIS POBOADAS DO MUNDO

Page 44: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

PERFIL URBANO DE MADRID3.265.000 habitantes

Page 45: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

MADRID

Torre Repsol Torre de Cristal Torre Sacyr Torrespaña Torre Espacio Torre Picasso Puerta de Europa Vallermoso

MADRID

Page 46: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

Rañaceos

Page 47: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

1.2 Axentes sociais urbanos

Conflito de intereses

Page 48: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

Donos dos medios de produción. Buscan espazos para instalacións industriais, entrando en conflito cos propietarios do solo.

Propietarios do solo. Están pendentes da especulación, coa construción de novas áreas residenciais e a adquisición de terreos rústicos na área periurbana da cidade.

Os promotores e inmobiliarios. Os seus intereses se dirixen a inverter capitais para obter beneficios a curto prazo, para elo pelexan para conseguir axudas estatais e urbanizar ao máximo e nas condiciones que sexa.

Os urbanitas, auténticas vítimas do sistema, loitan por conseguir un espazo na cidade, a costa de sacrificios e anos de préstamos hipotecarios.

Os poderes públicos. Interveñen planificando, construíndo vivendas sociais, infraestruturas, equipamentos e moderan os enfrontamentos entre os anteriores implicados. En moitas ocasións, a planificación non alcanza plenamente os seus obxectivos, pois a cidade actual, en crises permanente, mostra o fracaso do modelo funcional e organicista, intenta recuperar a cidade tradicional e os seus valores.

Page 49: UD 12 O sistema urbano 1ª parte
Page 50: UD 12 O sistema urbano 1ª parte
Page 51: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

ERE expediente de regulación de empleo

Page 52: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

http://noticias.spainhouses.net/2011/01/la-crisis-acaba-con-153-000-empresas-en-la-construccion/

La crisis acaba con 153.000 empresas en la construcción

La crisis ha hecho que entre 2007 y agosto de 2010 desaparecieran en España 153.048 empresas del sector de la construcción, y también ha afectado a otras 27.000 compañías vinculadas a esta actividad, según un estudio dado a conocer por la consultora Axesor. De acuerdo con dicho informe, desde el comienzo de la recesión han cerrado 26.692 promotoras, 47.942 constructoras y 51.214 inmobiliarias, lo que en total supone el 41,5% de los cierres y los ceses de actividad registrados en España en los últimos tres años.

Según Axesor, hasta 2009 las bajas o ceses de empresas dependientes del ladrillo aumentaron un 36,43%, y en la actualidad uno de cada tres cierres empresariales está protagonizado por alguna promotora, constructora o inmobiliaria. Añadió que la tasa de destrucción neta se situó hasta agosto del año pasado en un 3,52% en el caso de las inmobiliarias, y en un 3,4% en construcción y promoción.

Page 53: UD 12 O sistema urbano 1ª parte
Page 54: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

1.3 Urbanismo e ordenación do territorio

Page 55: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

Conxunto de coñecementos para actuar sobre a realidade urbana, planificándoa.

Ciencia moderna xurdida a principios do século XIX ante a necesidade de facer fronte as deficiencias, desaxustes e necesidades que se manifestaron nas cidades a raíz da Revolución Industrial e das profundas transformacións e novas estruturas socioeconómicas que trouxo consigo.

Ocúpase das técnicas arquitectónicas e medios destinados á creación, desenvolvemento, reforma e progreso das poboacións, nos seus aspectos de necesidades materiais, tales como as hixiénicas e de comunicacións, estrutura física do asentamento, etc…

Que é o urbanismo?

Page 56: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

Planeamento urbanístico

Ordena a forma en que deben desenvolverse as cidades, establecendo a distribución establecendo a distribución dos diferentes usos do solo. Desta forma, trátase de evitar o crecemento incontrolado das áreas urbanas. Concrétase nunha serie de plans, que poden referirse á cidade no seu conxunto ou a determinados barrios en particular.

O Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) é o instrumento que ordena o crecemento da cidade no seu conxunto. A cantidade total de solo para desenvolver no municipio depende da previsible demanda ao longo do período de vixencia do plan.

Os concellos ocúpanse da redacción dos plans xerais, pero estes deben ser finalmente aprobados pola correspondente comunidade autónoma. Tradicionalmente, eran elaborados por técnicos, sen contar apenas coa opinión pública, pero nas últimas décadas forense abrindo cada vez máis á participación cidadá.

Page 57: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

PXOU

O PXOU establece a clasificación do solo do municipio en tres categorías:

Solo urbano, en que se inclúen os terreos xa urbanizados Solo urbanizable, que comprende aqueles terreos que se

queren desenvolver para o crecemento futuro da cidade. Estes solos cualifícanse fixando un uso (residencial, industrial, comercial etc.), e regulando a súa densidade de ocupación. O solo urbanizable divídese en sectores que se corresponden e os futuros novos barrios, cuxo deseño se regula en detalle mediante os correspondentes plans parciais. Tamén se inclúe a planificación dos seus equipamentos e vías públicas.

Solo non urbanizable, formado polos espazos que non serán ocupados polos cre-cementos futuros, e dedicaranse á produción agrícola ou á conservación da natu-reza.

Page 58: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

PXOM VIGO DOCUMENTOS TOMO I

Memoria Xustificativa TOMO II

Est. Sostibilidade Ambiental

TOMO IIINormativa Urbanística

TOMO IVDocumento de Xestión e Execución

TOMO VEstratexía de Actuación e Estudio Económico Financeiro

TOMO VICatálogo de Edificios,Bens e Elementos Protexidos

TOMO VIIEstudio do Medio Rural eModelo de Asentamento Poboacional

Page 59: UD 12 O sistema urbano 1ª parte
Page 60: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

PERI

Os Plans Especiáis de Reforma Interior (PERI) ocúpanse da remodelación de barrios xa consolidados e que requiren un tratamento específico; por exemplo, polo seu especial valor histórico ou polas precarias condicións en que se desenvolveron.

Page 61: UD 12 O sistema urbano 1ª parte
Page 62: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

A planificación estratéxica

Fronte ao enfoque de ordenación física do espazo propio da planificación urbanística, a planificación estratéxica propón definir, mediante a participación cidadá, o tipo de cidade que se desexa no futuro e propoñer as accións necesarias para encamiñarse cara a ese fin.

Trátase de que a cidade alcance un mellor posicionamento fronte as demais cidades, a través dunhas liñas de actuación que pretenden alcanzar un desenvolvemento sustentable, integrando crecemento económico, equilibrio social e respecto ao medio ambiente. O obxectivo final é mellorar a calidade de vida dos habitantes desa cidade,

Para lograr ese obxectivo é necesario contar coas institucións e a sociedade civil. Os plans estratéxicos son liderados polos concellos, pero contan coa participación dos distintos axentes económicos e sociais (empresarios, sindicatos, asociacións etc.). Esta participación canalízase a través de mesas de traballo sobre temas específicos: infraestruturas, emprego, medio ambiente etc.

Page 63: UD 12 O sistema urbano 1ª parte

O plan estratéxico comeza cunha fase de análise e diagnóstico, en que se leva a cabo unha análise DAFO (Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades).

A partir do diagnóstico fixase un marco estratéxico, formúlanse uns obxectivos, e finalmente establécense unhas liñas de actuación con accións concretas para realizar nos próximos anos.

Un bo exemplo é o plan estratéxico que se levou a cabo na cidade de Bilbao. Tras a grave crise industrial dos anos oitenta do século XX, propúxose converter a cidade nunha metrópole cultural, turística e de servizos. Utilizouse o eixe da ría do Nervión como elemento principal de transformación metropolitana, e aproveitáronse os vellos terreos portuarios e industriais para darlles novos usos.

Sobre estas bases realizáronse distintas accións, como a creación do museo Guggenheim ou o Palacio Euskalduna. Tamén se emprendeu o deseño de novas pontes e paseos, o saneamento da ría, a mellora da calidade do aire, e o fomento do transporte público mediante a construción do metro. Con todo isto, a imaxe e a funcionalidade de Bilbao cambiaron radicalmente grazas ao impulso do plan estratéxico

Page 64: UD 12 O sistema urbano 1ª parte