UD 12 O sistema urbano 3ª parte

57
UD 12 O SISTEMA URBANO 3ª parte XEOGRAFÍA 2º BACH

Transcript of UD 12 O sistema urbano 3ª parte

Page 1: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

UD 12 O SISTEMA URBANO3ª parte

XEOGRAFÍA

2º BACH

Page 2: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

2 FENÓMENO URBANO EN

ESPAÑA UD 12 1ª parte Evolución da cidade, páx.

234-237

Page 3: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

2. O FENÓMENO URBANO EN ESPAÑA

2.1 A Cidade Preindustrial (páx. 235-236 + diapositivas 1- 18 da 1ª parte)

2.2 A cidade industrial(páx. 237 + diapositivas 19- 28 da 1ª parte)

2.3 A cidade postindustrial

2.4 Xerarquías e redes urbanas en España

Page 4: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

2.1 A Cidade Preindustrial

Páx. 235-236 + diapositivas 1- 18

Page 5: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

2.2 A cidade industrial

Páx. 237 + diapositivas 19- 28 (1ª parte)

Page 6: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

2.3 A cidade postindustrial

Page 7: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

Características da urbanización contemporáneaA partir de finais da década de 1980, superada a crise económica iniciada en 1973

Aumento ininterrompido da poboación urbana: na actualidade máis das tres cuartas partes dos españois viven en cidades

As grandes cidades (Madrid, Barcelona, Bilbao) frean o seu crecemento traslado da poboación ao ámbito metropolitano ou a favor das medias ou pequenas cidades

Cambian os factores de urbanización: perde importancia a industria como factor de urbanización e gañan relevancia as actividades do sector servicios.

Cidades-dormitorio (Móstoles e Coslada en Madrid, Hospitalet de Llobregat e Badalona en Barcelona, Guecho en Vizcaya (área metropolitana de Bilbao)

Periurbanización desprazamento da poboación e dalgunhas funcións urbanas cara á periferia

Rururbanización Urbanización do medio rural Rexións urbanas: área urbana descontinua, que forma unha

nebulosa urbana de cidades dispersas pero cunha forte densidade, de espazos sobre o territorio que teñen características urbanas. A“T” asturiana (Avilés‐Gijón‐Oviedo), golfo Ártabro coruñés (Ferrol‐A Coruña), Vigo‐Pontevedra‐Vilagarcía.

Conurbacións

Page 8: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

2.4 Xerarquía e redes urbanas en España

Páx. 234-235

Page 9: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

Metrópoles Kexionais e subrexionais

|

C

i

d

a

d

e

s

r

m

e

d

i

a

s

Metrópoles nacionais

Metrópoles rexionais e subrexionais|

Cidades rmedias

Cabeceiras comarcais

Page 10: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

Grandes metrópoles nacionais

Neste primeiro nivel xerárquico aparecen dúas grandes metrópoles, Madrid e Barcelona, que exercen a súa influencia sobre todo o territorio nacional e están estreitamente interconectadas coas grandes cidades europeas. A poboación de cada unha delas sitúase arredor dos cinco millóns de habitantes.

Son grandes centros de decisión empresarial, xa que concentran unha gran parte das sedes das empresas españolas. Contan con servizos moi especializados e empresas de alta tecnoloxía, En Madrid, as actividades administrativas teñen un gran peso debido a súa condición de capital do país, e en Barcelona están máis representadas as actividades industriais.

Page 11: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

Metrópoles rexionais

Metrópoles rexionais. Son áreas metropolitanas con servizos de alto rango, que organizan un espazo amplo, pero sen ter alcance nacional. A súa poboación normalmente está comprendida entre o medio millón e o millón e medio de habitantes. Varias delas son capitais de comunidades autónomas, e polo tanto, concentran funcións administrativas ligadas á capitalidade rexional, como ocorre con Sevilla, Bilbao, Valencia ou Zaragoza.

Metrópoles subrexionais. A súa área de influencia é máis reducida e a súa poboación sitúase entre os 200 000 e os 500 000 habitantes. Manteñen fluxos intensos coa correspondente metrópole rexional (por exemplo, Alacant e Murcia con respecte a Valencia). Algunhas delas son capitais de comunidades autónomas pouco extensas (como Oviedo, Santander ou a propia Murcia).

Page 12: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

Cidades Medias

A maior parte delas son capitais de provincia de tamaño medio (normalmente, entre os 50 000 e os 200 000 habitantes).

Caracterizadas polas súas actividades comerciais e de servizos de ámbito provincial, como sucede, por exemplo, en Burgos, Segovia, Ourense, Logroño, Castellón ou Xaén.

Algunhas están especializadas noutro tipo de actividades, como as industriais (Aviles) e as portuarias (AIxeciras).

Page 13: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

Cabeceiras de comarca

O último posto xerárquico do sistema urbano. Está ocupado polas cabeceiras (capitais)

comarcais, centros urbanos con servizos básicos que organizan un territorio de reducida extensión.

O seu tamaño é variable, xa que depende da poboación total da comarca, pero adoita oscilar entre os 5000 e os 20 000 habitantes.

Exemplos de cabeceiras de comarca son Astorga (León), Figueras (Xirona), Truiillo (Cáceres) ou Antequera (Málaqa)

Page 14: UD 12 O sistema urbano 3ª parte
Page 15: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

Teoría de los espacios centrales. Su autor es el geógrafo alemán CHRISTALLER, que ya en la década de los 30 observó una jerarquízación de las ciudades, según la cual el lugar central es el que presta los servicios a su zona de influencia y se constituye en centro para las localidades de rango inferior. Así tenemos una ciudad (la central) que preside a un conjunto de localidades, por ser la que mayor oferta de bienes y servicios concentra. Desde ese lugar central, que está más poblado y mejor conectado por la red de transportes, se va descendiendo a otros de menor rango.

Page 16: UD 12 O sistema urbano 3ª parte
Page 17: UD 12 O sistema urbano 3ª parte
Page 18: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

O SISTEMA URBANO ESPAÑOL

a) A xerarquía urbana.

A xerarquía urbana é a organización das cidades segundo a súa área de influencia e o seu tamaño demográfico, as súas funcións e servizos, dentro do sistema de cidades dun territorio.

O sistema urbano español vertébrase sobre dezaseis aglomeracións urbanas que superan os 500.000 habitantes:

Madrid e Barcelona contan con máis de 3.000.000 de habitantes. Madrid ocupa o primeiro con 5.500.000 de habitantes e Barcelona os 3.000.000. As dúas configuran un sistema bipolar.

Cinco aglomeracións superan os 800.000 habitantes (Valencia, Sevilla, Bilbao, área central de Asturias e Málaga) e outras nove superan os 500.000 (Zaragoza, Alacant, Vigo‐Pontevedra‐Vilagarcía, Baía de Cádiz, Murcia, Golfo Ártabro (A Coruña‐Ferrol), As Palmas, Granada, Palma de Mallorca).

Por debaixo delas vai un elevado número de cidades entre 400.000 e 100.000 habitantes como froito da descentralización urbana.

O sistema urbano español é fundamentalmente periférico (predominando no sector Mediterráneo), con dúas macrourbes no interior da península (Madrid e outra secundaria en Zaragoza). O espazo interior está pouco urbanizado.

Page 19: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

b) Distribución territorial.

Distinguimos xerarquicamente os seguintes postos: metrópole (global nacional, rexional e subrexional), cidades medianas, e capitais de comarca, todas elas vertebradas nunha rede urbana que configura unha serie de eixes dentro do espazo español e europeo.

- Metrópoles globais nacionais.É o primeiro nivel xerárquico. Están representadas por Madrid e Barcelona, aglomeracións que superan os 3.000.000 de habitantes. Nelas reside o 20% da poboación española. A súa influencia abarca a todo o territorio español e manteñen relacións estreitas co sistema urbano europeo e mundial. Teñen funcións moi diversificadas, servizos moi especializados, numerosas oficinas centrais de empresas nacionais e multinacionais e localízanse as sedes das principais institucións públicas culturais, políticas e económicas do país.

- Metrópoles rexionais e subrexionais.As metrópoles rexionais son un segundo nivel xerárquico están representadas na actualidade en España por cinco aglomeracións: Valencia, Sevilla, Bilbao, Málaga e Zaragoza. Cunha poboación comprendida entre os 1.750.000 e 750.000 habitantes. Ben comunicadas, con funcións diversificadas e servizos especializados. A súa área de influencia abarca unha extensa rexión e manteñen unha forte ligazón coas metrópoles globais ou nacionais. As metrópoles subrexionais ou rexionais de segundo orde (terceiro nivel xerárquico) son pequenas áreas metropolitanas como Vigo, A Coruña, Oviedo, Valladolid, Palma de Mallorca, Alacant... Cunha aglomeración en torno aos 700.000 e 250.000 habitantes. Igual que as metrópoles rexionais teñen funcións diversificadas e servizos especializados pero a súa área de influencia é menor que unha metrópole rexional.

- Cidades medianas.Representan o cuarto nivel xerárquico. Tamén se lles denomina centros subrexionais. Teñen unha poboación en torno os 200.000 e 50.000 habitantes. Son centros administrativos (moitas son capitais provinciais e incluso autonómicas), con importantes servizos. Santiago, Santander, Cádiz, Logroño, Cidade Real... son exemplos deste modelo.

- Cabeceiras comarcais.Representan o quinto nivel xerárquico. Son núcleos que teñen en torno aos 10.000 e 50.000 habitantes.Posen equipamentos, infraestruturas e servizos básicos a súa área de influencia abarca unha comarca. Monforte, Ponferrada, Miranda do Ebro... son exemplos deste nivel xerárquico.

Page 20: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

A morfoloxía do sistema urbano As cidades españolas repártense polo territorio de modo moi desigual, concentrándose

especialmente na franxa costeira e nos arquipélagos. Na Península, o sistema urbano adopta a forma dun anel incompleto (ao seren excluídas as cidades costeiras portuguesas), que rodea un espazo central polo xeral pouco urbanizado, salvo no caso de Madrid. Polo tanto, o sistema de cidades non cobre adecuadamente o territorio do interior peninsular.

Na periferia distínguense os seguintes eixes de concentración de cidades:

• Franxa atlántica galega. Esténdese polo occidente de Galicia, desde Ferrol ata Vigo, con prolongacións cara ao interior (Lugo e Cúrense).

• Franxa cantábrica. Ocupa o espazo comprendido entre o triángulo de cidades astu rianas formado por Oviedo, Xixón e Aviles, ata Pamplona, en Navarra, pasando por Santander e as capitais vascas.

• O val do Ebro. Como eixe de conexión entre a franxa cantábrica e o litoral mediterráneo, constitúe un eixe continuo no seu tramo occidental (desde Logroño a Zara goza), pero máis descontinuo no seu sector oriental.

• Corredor mediterráneo. É parte dun eixe europeo moi dinámico, que dentro de España se prolonga desde Xirona ata Murcia.

• Eixes andaluces. En Andalucía está o eixe urbano costeiro (de Almería a Huelva) e ; o eixe interior (da costa atlántica a Xaén).

• Eixes insulares. Aliñados ao longo dos arquipélagos balear e canario.

O interior peninsular, pola contra, non conta propiamente con eixes urbanos continuos, e caracterízase polos seguintes trazos:

• Presenza de áreas urbanas de menor tamaño. O contraste entre periferia e interior é especialmente marcado no caso das cidades de máis de 250 000 habitantes, xa que so dúas delas se atopan na Meseta (Madrid e Valladolid), cando esta ocupa case a metade do territorio da España peninsular.

. Menor densidade de cidades. No interior aparecen algúns baleiros urbanos, é dicir, áreas apenas cubertas polo sistema de cidades, o que sucede, por exemplo, no sur de Castela-A Mancha.

Page 21: UD 12 O sistema urbano 3ª parte
Page 22: UD 12 O sistema urbano 3ª parte
Page 23: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

Subsistema urbano: grupo de cidades especialmente vinculadas entre si que forman parte dun mesmo sistema urbano.

Page 24: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

Subsistema galego. É un subsistema policéntrico* en

que a capital da Comunidade Autónoma (Santiago de Compostela) se localiza nun lugar intermedio entre as dúas metrópoles rexionais (A Coruña e Vigo).

As cidades concéntranse fortemente ao longo da costa occidental. Non existe unha gradación piramidal nos tamaños das cidades maiores, os núcleos urbanos manteñen relacións bidireccionais, non xerárquicas.

Page 25: UD 12 O sistema urbano 3ª parte
Page 26: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

CONCENTRACIÓN DE NÚCLEOS URBANOSAGLOMERACIÓNS

Áreas Metropolitanas

Conurbacións

Rexións urbanas

Megalópoles

Page 27: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

Área metropolitana.

Chamamos área metropolitana á grande extensión urbana que rodea a unha cidade importante e abarca administrativamente varios municipios, entre os que existen importantes relacións económicas e sociais. As características básicas son:

• Cidade central que preside toda a área (dentro dela nace a chamada CBD).

• Relacións económicas e sociais co contorno: área de influencia.

• Rede de comunicación é esencial (movementos pendulares diarios).

• Heteroxeneidade social. O número de habitantes supera os 200/250.000.

• Coroas concéntricas arredor do núcleo central: sectorial e radial.

Orixinariamente as áreas metropolitanas constituíronse en Madrid, Barcelona, Bilbao e Valencia. Actualmente teñen maior amplitude e dispersión (cidade difusa). Canto máis ampla é a área de influencia falaremos de metrópole nacional, rexional ou subrexional.

Page 28: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

Conurbación

Fusión de dúas cidades de tamaño similar que medran en paralelo ata unirse.

Cada cidade mantén a súa independencia administrativa. A maioría prodúcese en áreas turísticas pero pode haber outro tipo de factores.

Nas conurbacións non existe unha única cidade principal, senón varias, que debido á irradiación do seu crecemento tenden a conformar unha única aglomeración urbana, aínda que de carácter espacialmente descontinuo.

Triángulo asturiano (Oviedo, Xixón e Aviles). San Fernando-Porto de Santamaría (Cádiz)

Page 29: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

Rexión urbana

Área urbana descontinua, que forma unha nebulosa urbana de cidades dispersas pero cunha forte densidade de espazos sobre o territorio que teñen características urbanas.

Por exemplo a chamada “T” asturiana (Avilés‐Gijón‐Oviedo), golfo Ártabro coruñés (Ferrol‐A Coruña), Vigo‐Pontevedra‐Vilagarcia.

Page 30: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

Megalópoles

Escala suprarrexional constituída por diversos elementos urbanos (área metropolitana, conurbacións, rexións urbanas, pequenas cidades) que forman practicamente un continuo urbano en centenas de quilómetros como por exemplo o eixe Mediterráneo.

Page 31: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

3 TRANSFORMACIÓN

S RECENTES NA ESTRUTURA DAS

CIDADES

Page 32: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

3. TRANSFORMACIÓNS RECENTES NA ESTRUTURA DAS CIDADES

3.1 Cidade difusa

3.2 Os cambios no centro urbano (degradación vs rehabilitación

3.3 Cambios de uso no solo urbano

3.4 Impacto ambiental da urbanización

Page 33: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

3.1 Cidade difusa

Page 34: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

Nas áreas metropolitanas, o límite entre a cidade e o campo non é unha liña definida. A cidade avanza sobre o campo e orixínase unha área onde se mesturan actividades urbanas e rurais.

Trátase dunha zona moi dinámica e cambiante, que pode recibir distintos nomes: cidade difusa, área periurbana ou franxa rururbana.

Page 35: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

Usos e funcións na cidade difusa

No territorio da cidade difusa organízanse as actividades en función das necesidades da metrópole e que dificilmente se poderían localizar dentro da cidade propiamente dita: urbanizacións, polígonos industriais, instalacións deportivas, campos agrícolas destinados ao mercado urbano, centros comerciais, aeroportos, vías de transporte...

Trátase dunha especie de difusión das funcións e actividades tradicionais da cidade que agora se desenvolven sobre un territorio máis extenso, de aí que se fale de cidade difusa.

Page 36: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

Causas da Cidade Difusa

O crecemento da cidade difusa débese básicamente ao elevado prezo do solo da gran cidade e foi posible, a maioría das veces, grazas ao desenvolvemento do transporte privado (automóbiles, camións, furgonetas) e ao aumento das infraestruturas viarias (autoestradas, autovías, estradas), que facilitan o achegamento á cidade de certas áreas rurais.

Esta aproximación campo-cidade converte en habitual o feito de que as persoas vivan nun lugar e que o traballo e mais os espazos de lecer se localicen en lugares considerablemente afastados de onde residen.

Page 37: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

Repercusións da Cidade DifusaNo caso de non levarse a cabo unha planificación urbanística axeitada, as repercusións do modelo de crecemento da cidade difusa poden chegar a ser moi negativas polas seguintes razóns:

Elevadísimo consumo de solo. A expansión da cidade leva a gastar solo para desenvolver actividades.

Incremento dos servizos. Aumenta a necesidade de infraestruturas de luz, auga, gas, vixilancia, recollida do lixo e toda clase de servizos públicos.

Constante mobilidade. As persoas viven nun lugar, e traballan, estudan e divírtense ou relaciónanse noutros. Esta fragmentación das súas actividades obriga a que existan moitas estradas e autoestradas, co conseguinte gasto enerxético e de tempo.

Desenvolvemento dun modelo social máis individualista. O espallamento das actividades sobre un territorio tan amplo dificulta a interacción entre as persoas, xa que se fai máis difícil ter puntos de encontro. Ademais, as urbanizacións de casas acaroadas (unifamiliares) ou de chalés illados contribúen a construír este modelo social máis individualista.

Page 38: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

3.2 Os cambios no centro urbano (degradación vs rehabilitación)

Page 39: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

• Declive e deterioración dos centros históricos

A partir da segunda metade do século XX, os centros históricos de moitas cidades españolas comezaron a sufrir unha progresiva deterioración e abandono debido Despoboamento, envellecemento e empobrecemento e a perda de actividade económica.

• Restauración e revitalización

Ao longo das últimas décadas (especialmente, a partir dos anos oitenta do século pasado), as tendencias anteriores víronse, en parte, compensadas por procesos de revitalización destas zonas Políticas públicas de conservación e revitalización e desenvolvemento do turismo cultural. Nos últimos anos produciuse en toda Europa unha auténtica explosión do turismo urbano, particularmente do denominado turismo cultural: en especial, naquelas cidades declaradas Patrimonio Cultural da Huma-nidade pola UNESCO.

Page 40: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

Declive e deterioración dos centros históricos

A partir da segunda metade do século XX, os centros históricos de moitas cidades españolas comezaron a sufrir unha progresiva deterioración e abandono.

Despoboamento, envellecemento e empobrecemento. Coa construción dos ensanches a mediados do século XIX, as clases altas comezaron a abandonar os centros históricos, e despois tamén o fixeron outros grupos sociais.

Desde mediados do século XX, intensificouse a perda de poboación nestas zonas. A maior parte dos que permaneceron eran anciáns con baixos niveis de renda, polo que o centro experimentou un proceso de envellecemento e empobrecemento.

Todo isto reflectiuse nunha deterioración urbana, xa que moitas vivendas quedaron baleiras, e noutras non se realizaron as obras necesarias de mantemento e renovación.

Perda de actividade económica. Ao mesmo tempo, a actividade económica tamén se foi desprazando cara aos ensanches, onde se podía dispoñer de edificios máis amplos e modernos para instalar os negocios.

O centro histórico so foi capaz de reter algúns centros administrativos e eclesiásticos instalados en edificios monumentais, así como os comercios tradicionais, pero gran parte do emprego trasladouse a outras zonas.

Page 41: UD 12 O sistema urbano 3ª parte
Page 42: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

Restauración e revitalización

Ao longo das últimas décadas (especialmente, a partir dos anos oitenta do século pasado), as tendencias anteriores víronse, en parte, compensadas por procesos de revitalización destas zonas.

Políticas públicas de conservación e revitalización. As administracións públicas investiron cuantiosas sumas na rehabilitación dos edificios e a mellora dos espazos públicos, rúas e prazas. Ademais, deron un novo uso a vellos monumentos, converténdoos, por exemplo, en edificios administrativos ou universitarios, e dinamizando así a vida dos centros históricos.

Desenvolvemento do turismo cultural. Nos últimos anos produciuse en toda Europa unha auténtica explosión do turismo urbano, particularmente do denominado turismo cultural: en especial, naquelas cidades declaradas Patrimonio Cultural da Humanidade pola UNESCO.

O turismo potenciou a rehabilitación dos centros históricos españois, mediante a restauración de edificios e a peonalización de rúas e prazas. Ao mesmo tempo, fóronse desenvolvendo novas actividades económicas orientadas aos turistas: comercios, hoteis, restaurantes etc.

Cambio de actitude da poboación local. A poboación local tamén cambiou a súa valoración sobre o centro histórico, xa que en lugar de percibilo como un espazo deteriorado, agora comeza a velo como un área de oportunidades económicas e tamén como un lugar agradable para vivir.

Así, os centros dalgunhas cidades están atraendo poboación nova de de maior nivel de renda, o que contribúe a conservar os edificios residenciais e revitalizar estas zonas.

Page 43: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

Pese a esta transformación dos centros históricos nos últimos anos, aínda subsisten algúns problemas; especialmente, nalgúns barrios onde, ao envellecemento da poboación e o baixo nivel de renda, se unen a marxinación social e a conformación de áreas cunha forte concentración de inmigrantes, o que dificulta a súa integración no conxunto da sociedade.

Page 44: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

3.3 Cambios de uso no solo urbano

Páx. 245 (As tendencias actuais)

Page 45: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

Causas dos cambios na estrutura urbana das cidades españolas

A mellora dos sistemas de transportes moitas actividades económicas se trasladasen cara á periferia.

Avance das telecomunicacións dispersión da poboación e os empregos, pois redúcese a necesidade de situarse preto do centro. O desenvolvemento de ferramentas como internet permite traballar ou realizar compras desde a casa, que fai diminuír os desprazamentos.

Os prezos do solo tenden a baixar segundo nos afastemos do centro e das principais vías de transporte.

A reestruturación produtiva. As empresas canalizan ao exterior gran parte das súas actividades subcontratándoas a outras compañías, polo que reducen o seu tamaño. Ademais, unha mesma empresa pode ter distintas unidades de produción repartidas pola cidade

Os cambios no consumo e o ocio maior demanda de espazos orientados cara a esta actividade. Moitos destes espazos se localizan en grande superficies situadas na periferia, o que causou un retroceso do pequeno comercio e dos espazos de ocio do centro das cidades.

A planificación urbana. Para evitar un crecemento caótico, os procesos de crecemento urbano son orientados por medio da planificación urbana, que establece diferentes usos aos que pode destinarse o solo en cada cidade, planeando reformas no interior destas.

O crecemento da economía española importante aumento da urbanización. A construción de vivendas, infraestruturas, edificios de oficinas e centros comercie multiplicouse, xerando problemas medioambientais alí onde non se planificaron ben estes desenvolvementos urbanos.

Page 46: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

Do centro a periferia

Dispersión da poboación Unha porcentaxe crecente da poboación vive nos novos espazos periféricos, xa que, debido ao menor custo do solo, é posible adquirir alí vivendas de maior extensión e calidade ca as que hai no centro. Ademais, moita xente mostra o desexo de vivir preto da natureza e escapar das incomodidades do centro das cidades: contaminación atmosférica, ruídos...

Descentralización do emprego As actividades económicas tamén se foron trasladando desde o centro á periferia. Nun principio fixérono as industrias, pero agora tamén as oficinas, o comercio, os hospitais e as universidades. O resultado é que as periferias teñen cada vez maior importancia como espazos de actividade económica. O anterior modelo centralizado, cunha concentración de actividades no centro, está dando lugar a outro máis descentralizado e complexo, con diversos polos de actividade na periferia.

Fragmentación da cidade. Os novos centros comerciais, parques empresariais ou urbanizacións se constrúen en lugares cuxos arredores non presentan ningunha outra edificación. Neste sentido, fálase dun proceso de fragmentación do espazo urbano, xa que este se presenta como un conxunto de espazos illados e conectados entre si por autovías e estradas.

Dinamismo do centro. O centro das cidades españolas mantense vivo e conserva un gran dinamismo. A isto contribuíron as políticas da Administración para rehabilitar edificios e facer máis atractivas as rúas e prazas. No interior dalgunhas cidades realizáronse importantes operacións urbanísticas, consistentes, por exemplo, en reconverter as vellas áreas industriais en novos espazos de ocio.

Page 47: UD 12 O sistema urbano 3ª parte
Page 48: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

As novas áreas de actividade económica

Nos últimos anos xurdiron diferentes actividades económicas, que transformaron a periferia das cidades mediante a creación de novos espazos:

Parques industriais e parques tecnolóxicos. As empresas demandan agora espazos industriais de maior calidade urbanística e ambiental, o que deu lugar á creación de parques industriais. Ademais, os poderes públicos impulsan o desenvolvemento de parques tecnolóxicos para acoller as empresas dedicadas á investigación e o desenvolvemento de novas tecnoloxías.

Parques empresariais. Trátase de espazos destinados a edificios de oficinas. Son ocupados non so por empresas de servizos, senón tamén por oficinas de compañías industriais. Na maioría dos casos desenvólvense para a instalación de distintas empresas: aínda que neutros se constrúen para unha soa, como por exemplo, o Campus Financeiro do Banco Santander ou a Cidade das Telecomunicacións de Telefónica, ambas na periferia de Madrid.

Centros loxísticos. O crecente desenvolvemento do transporte e das prácticas just in time fai necesario dispoñer de centros dedicados especialmente á distribución de mercadorías, dotados de amplas superficies de almacenaxe e manexo da carga. Nestes centros transfírese a mercadoría duns vehículos a outros, xa sexan cun carácter unimodal (por exemplo, duns camións a outros) ou intermodal (por exemplo, do ferrocarril ao camión).

Centros comerciais e de ocio. As novas pautas de consumo da sociedade actual inclínanse cara aos centros comerciais e de ocio, grandes superficies en que se pode atopar unha ampla oferta de establecementos: tendas de moda, supermercados, cines, bares e restaurantes etc.

Page 49: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

3.4 Impacto ambiental da urbanización

Páx. 244

Page 50: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

“Las ciudades como los sueños están hechas de deseos y temores...”

Italo Calvino

Page 51: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

VOCABULARIO

Page 52: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

Área suburbana

Área suburbana o periurbana o rururbana. Área formada por barrios ou arrabaldes das

aforas da cidade e polos municipios do extrarradio. De límites bastante imprecisos, debido ao crecemento urbano, quedaron unidos á cidade por medio de antigas estradas convertidas actualmente en grandes avenidas ou eixes urbanos.

Exemplos de arrabaldes en Madrid no século XX: San Cristóbal en Villaverde, La Fortuna en Leganés, Las Cárcavas en Hortaleza…

Page 53: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

Cualificación do solo

Técnica urbanística pola que se expresa o destino urbanístico específico atribuído a un terreo. Establece os usos aos que se dedica cada solo

A Lei do Solo en España regula o dereito a edificar e o valor do solo.

A primeira lei do solo española foi promulgada no 1956 e a máis recente data de 2008.

Page 54: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

Área Metropolitana

Chamamos área metropolitana á grande extensión urbana que rodea a unha cidade importante e abarca administrativamente varios municipios, entre os que existen importantes relacións económicas e sociais.

En España canto máis ampla é a área de influencia falamos de metrópole nacional (Madrid ou Barcelona), rexional (Valencia, Sevilla ou Bilbao) ou subrexional (Vigo ou A Coruña).

Page 55: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

PXOU

O Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) é o instrumento que ordena o crecemento da cidade no seu conxunto. Os concellos ocúpanse da redacción dos plans xerais, pero estes deben ser finalmente aprobados pola correspondente comunidade autónoma.

O PXOU establece a clasificación do solo do municipio en tres categorías: solo urbano, solo urbanizable e solo non urbanizable.

Page 56: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

Unidade Veciñal de Absorción (UVA)

Barrios e poboados de promoción oficial construídos na segunda metade do século XX para solucionar o problema do chabolismo nas áreas suburbanas das cidades. Barrios de baixo custo construídos con materiais pobres de moi baixa calidade e en moitos casos de carácter temporal (edificios paupérrimos con escasos servizos).

En Madrid A Hortaleza aínda perdura.

Page 57: UD 12 O sistema urbano 3ª parte

Xentrificación

Proceso de transformación urbana no que a poboación orixinal dun sector ou barrio deteriorado é progresivamente desprazada por outra dun maior nivel adquisitivo á vez que se renova.

Ocupación residencial dos centros urbanos por parte das clases altas, que se trasladan a vivir a ditas zonas e desprazan así aos habitantes de menores ingresos económicos que as ocupan.

Chueca en Madrid ou o Barrio del Raval en Barcelona.