Un paseo pola vía ii

8
UN PASEO POLA VÍA PODEDES VER ALGO? UF!...ESTÁ MOI, MOI ESCURO! INTENTOOOO!!!

Transcript of Un paseo pola vía ii

UN PASEO POLA

VÍA

PODEDES VER

ALGO?

VER ALGO ?

UF!...ESTÁ MOI, MOI

ESCURO!

INTENTOOOO!!!

Imos empezar o noso percorrido para saber se somos capaces de

coñecer o noso entorno:

ARRINCAMOS!!!

O primeiro túnel co que nos atopamos ten o nome de TÚNEL DE SAN TIRSO:

1. a) Cantos km mide este túnel? E cm? E metros?

b) Cal é a anchura dese túnel?

Cruzamos, con moito coidado e rapidez, a N-640 e seguimos o noso percorrido. Aos

poucos metros atoparemos un merendeiro onde aproveitaremos para comer os nosos

bocadillos. Cando vos atopedes con restos do que fora unha central hidroeléctrica tedes

que:

2. a) Fotografar o cartel informativo para poder contestar as seguintes cuestións:

b) Que nome recibía?

c) En que ano foi construída e con que finalidade?

Deixamos atrás os restos da Central e seguimos:

3. a) Que nome recibe o seguinte túnel co que nos atopamos? Canto mide?

b) Que vos chama a atención deste túnel?

Antes de cruzar unha pasarela metálica podemos observar restos doutra central

hidroeléctrica. Facédelle unha fotografía a central e a pasarela. Esta ponte metálica

permítenos cruzar o río e a partir deste momento ímolo ver á nosa man dereita.

4. Ao final da pasarela entramos nun terceiro túnel de 65 m, que nome recibe?

A ESCALA DE SALMÓNS???. Isto que é? No lugar chamado Pé de Viña hai unha presa

que se empregaba tamén para obter electricidade. Como os salmóns non podían

remontala cando ían desovar á cabeceira do río Eo realizáronse unhas construcións en

forma de escaleira para facilitar a súa subida. Isto é o que se chama ESCALA

SALMONEIRA. Ao final desta escala hai un contador (con escáner e cámara de vídeo)

que rexistra os peixes que soben ou que baixan polo río.

5. a) Que finalidade ten a Escala de artesas? Cantas hai?.

b) Que características teñen as especies anádromas?.

c) A anguía compórtase do mesmo xeito co salmón?.

d) Realiza unha fotografía do cartel informativo.

e) Grava un pequeno vídeo

6. Continuamos e entraremos no túnel máis longo da ruta. Canto mide e cal é o seu

nome?.

7. Imos intentar buscar e fotografar algunhas especies vexetais que atoparedes ao longo

do percorrido. Cada grupo deberá fotografar as que lle foron asignadas e disporá da

imaxe de todas elas para poder recoñecelas ao longo da ruta.

Algunhas pistas

Salgueiro

Bidueira

Amieiro

Eucalipto

Loureiro Hedra

Carballo

Pradairo

Faroliño

Toxo

Margarida

Xesta

Uz

Vara de San Xosé

Chuchamel

Abelairiña Amorodo

Ortiga

Cardo

Silva

Orella de frade