Unha nova aventura

10
COMO CURAMOS UNHA DOR DE BARRIGA? UNHA NOVA AVENTURA

Transcript of Unha nova aventura

Page 1: Unha nova aventura

COMO

CURAMOS

UNHA DOR DE

BARRIGA?

UNHA NOVA AVENTURA

Page 2: Unha nova aventura

Hoxe pola mañá na nosa clase

xurdiunos un gran problema…

O noso encargado púxosenos un pouquiño

enfermiño e tivemos que ver como facer para que

se puxese mellor e puidese seguir xogando e

aprendendo con nós toda a mañá.

A Diego doíalle a barriga… e despois de moito

pensar decidimos que o mellor era facerlle unha

macela como lle fai a súa mamá e a súa avoa na

casa cando lle doe moito. E puxémonos mans á

obra…… pero non pensedes que é tan sinxelo.

Deseguido vos presentamos os pasos que

tivemos que seguir para elaborar a nosa

“menciña”.

Page 3: Unha nova aventura

O primeiro que tivemos que facer foi buscar o

número de teléfono da súa mamá (xa que nós

non o sabíamos de memoria) e chamala por

teléfono para pedirlle permiso de se podiamos

darlle a macela ao noso amigo.

Page 4: Unha nova aventura

O segundo que fixemos foi o máis divertido.

Fomos á sala de profes a chamar por teléfono á

mamá de Diego (que grande era e cantas sillas

había).

Page 5: Unha nova aventura

3º Cando a mamá de Diego e a súa avoa nos deron

permiso puxémonos mans a obra; collemos unha

silla e empezamos a falar de que cousas nos

farían falla (e por esta orde as fomos dicindo,

como vedes a auga é o menos importante, o

mási importante é o azucre).

Page 6: Unha nova aventura
Page 7: Unha nova aventura

4.

Con todos os ingredientes enriba da mesa

puxémonos a traballar.

Page 8: Unha nova aventura

E saiunos unha macela riquísima

Page 9: Unha nova aventura

Que fomos tomar á nosa clase,

despois de quitarlle o sobre de

dentro.

Page 10: Unha nova aventura

Sabedes cal foi o único problema

que tivemos?

Que despois a todos nos doía a barriga e todos

queríamos unha cunca de macela.

Pero a profe non tiña para todos e tampouco

podiamos poñernos a chamas a todos os papás

e mamás, así que outro día repetiremos a

experiencia probando todos.