Unidade 6 a_composición

19
COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959 UNIDADE 6: A COMPOSICIÓN. PROFESORA: Sara Estarque Moreno MATERIA: Educación Plástica e Visual CURSO: 3º da ESO email: [email protected] www.sanjosedelaguia.com

Transcript of Unidade 6 a_composición

Page 1: Unidade 6 a_composición

COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”

r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO

Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959

UNIDADE 6:

A COMPOSICIÓN.

PROFESORA: Sara Estarque Moreno

MATERIA: Educación Plástica e Visual

CURSO: 3º da ESO

email: [email protected]

www.sanjosedelaguia.com

Page 2: Unidade 6 a_composición

COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”

r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO

Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959

OBXECTIVOS DA UNIDADE

• Observar as imaxes do entorno cultural e identificar nelas os principais fundamentos

compositivos.

• Comprender, identificar e definir os formatos.

• Comprender, identificar e definir os ritmos compositivos.

• Comprender, identificar e definir os esquemas compositivos.

• Distinguir os diferentes esquemas, ritmos e leis da composición e relacionalos con outras

linguaxes expresivas.

• Expresarse con creatividade utilizando os esquemas e ritmos requiridos, transmitindo

emocións ou sentimentos individuais e do grupo.

COMPETENCIAS DA UNIDADE

• COMPETENCIA CULTURAL E ARTÍSTICA.

◦ Identificar e recoñecer formatos equilibrios, ritmos e esquemas compositivos, no

proceso de deseño de obras artísticas, así como saber empregalo no proceso de

deseño en producións propias.

◦ Comprender os valores estéticos das manifestacións artísticas doutras épocas e

culturas.

• AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL.

◦ Tomar decisións de xeito autónomo e avaliar os resultados antes e despois da toma

de decisións tanto durante o proceso creativo tanto persoal en grupo.

◦ Establecer estratexias de planificación, previsión de recursos, de anticipación e de

avaliación do resultados

• COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ.

◦ Traballar en equipo con actitudes de respecto, tolerancia e cooperación, valéndose

das habilidades sociais.

◦ Respectar as quendas de palabra, valorar a opinión do outro, escoitar activamente

aos compañeiros.

email: [email protected]

www.sanjosedelaguia.com

Page 3: Unidade 6 a_composición

COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”

r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO

Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959

• COMPETENCIA EN APRENDER A APRENDER.

◦ Reflexionar sobre os propios procesos de creación.

• TRATAMENTO DA INFORMACIÓN DIXITAL.

◦ Facer uso dos recursos tecnolóxicos para a procura de información sabendo

discriminar, organizar e sintetizar a información relevante.

◦ Empregar as tecnoloxías como medio de comunicación que facilite e proceso de

ensinanza-aprendizaxe.

• COMPETENCIA MATEMÁTICA.

◦ Desenvolver o gusto pola certeza e a súa busca a través do razoamento mediante a

utilización de elementos e soportes matemáticos: resolución de problemas.

• COMPETENCIA NO COÑECEMENTO E INTERACCIÓN CO MEDIO FÍSICO.

◦ Observar, experimentar e descubrir o emprego dos formatos, os equilibrios, os ritmos

e os esquemas compositivos na arte e nas creacións propias.

◦ Facer un bo uso dos materiais de traballo, reciclando sempre que sexa posible e

mantendo o entorno limpo e ordenado.

• COMPETENCIA NA COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA.

◦ Expresarse correctamente incorporando o vocabulario específico sobre o formato, o

equilibrio, o ritmo e o esquema compositivo, no proceso de deseño coma no proceso

de presentación aos compañeiros.

SECUENCIACIÓN DO TRABALLO NA UNIDADE

• Do 24 de abril ao 22 de maio: Conceptos e exercicios rápidos persoais de concepto.

• O 22 de maio: exame.

• O 29 de febreiro: recuperación se fose preciso.

• Do 26 de maio ao 19 de xuño: O proxecto cooperativo desta unidade farase en

combinación co traballo na seguinte unidade. O tema está por determinar, a técnica será

o origami e dentro deste, os módulos sonobe.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DA UNIDADE

• Diferenciar tipos de formato e recoñecelos

email: [email protected]

www.sanjosedelaguia.com

Page 4: Unidade 6 a_composición

COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”

r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO

Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959

• Diferenciar tipos de esquema compositivo e recoñecelos

• Diferenciar tipos de ritmos e recoñecelos

• Diferenciar tipos de equilibrio visual e recoñecelos

• Aplicar correctamente os ritmos, esquemas e equilibrios en composicións rápidas

persoais.

• Realizar a traballo cooperativo en grupo segundo os criterios propios deste.

email: [email protected]

www.sanjosedelaguia.com

Page 5: Unidade 6 a_composición

COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”

r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO

Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959

A COMPOSICIÓN.

Cada forma nun cadro debe responder a tres aspectos principais: ao elemento que representa, á

cor que contén e ás outras formas que, con ela, compoñen a totalidade do cadro.

Que hai de innovador na túa roupa ou na música que escoitas?

É importante a innovación?

Cres que foi innovador o cubismo e Juan Gris?

email: [email protected]

www.sanjosedelaguia.com

"The painter's window", Juan Gris, 1925

Page 6: Unidade 6 a_composición

COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”

r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO

Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959

FUNDAMENTOS DA COMPOSICIÓN.

Antes de comezar lembrade que traballaremos e analizaremos en xeral cadros nesta

unidade porque son mais doados para comprender estes conceptos.

A composición é un proceso organizativo que ordena os elementos visuais para

configurar a expresión artística. Coma proceso que é a composición é todo o conxunto de

accións por medio das cales o artista elixe aqueles elementos da obra que farán de soporte do

que pinte, esculpa ou compoña, segundo sexa o caso, dándolle coherencia, sentido e

relacionando o significado que busca coa a súa obra e o aspecto formal desta. Os elementos

fundamentais cos que o artista conta son:

• o formato, que se refire ao aspecto que ten o soporte sobre o que realizaremos a obra;

• o esquema compositivo, que se refire as liñas

fundamentais que organizan os pesos e forzas

visuais que vertebrarán a obra;

• o ritmo, que é a relación de movemento que os

elementos da obra poden establecer entre si;

• os equilibrios visuais, que é compensación de

masas e pesos visuais da obra.

O Formato

O formato dun cadro e elemento da composición que se centra

no tamaño, aspecto e orientación espacial da superficie sobre a que se

realiza a obra artística. Cando estudamos o formato dunha obra

analizamos a forma externa de todo o cadro, como se orienta en canto a

vertical ou a horizontal ou como de grande ou pequeno é este. O tipo de

formato que empreguemos nunha obra influirá directamente sobre o

significado final da obra. Segundo o formato que teñan podemos

clasificar as obras en:

email: [email protected]

www.sanjosedelaguia.com

"Le Canigou", Juan Gris, 1921.

"Candlestick and playing

cards", George Braque,

1909.

Page 7: Unidade 6 a_composición

COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”

r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO

Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959

Formatos:

• Formato rectangular vertical : son obras que responden a forma ou se

poden enmacar dentro dun rectángulo disposto sobre o seu lado menor.

Na cultura occidental tradicionalmente relacionamos a liña vertical coa

elevación cara Deus, co crecemento, coa estabilidade. por isto este tipo

de formatos potencian a sensación de elevación, transcendencia e

equilibrio.

• Formato rectangular horizontal : Son aquelas

obras plásticas que podemos enmarcar dentro

dun rectángulo que teña coma base o seu lado mais grande. A

liña horizontal está relacionada coa nosa posición de

descanso, repouso, a firmeza. pero tamén coa morte ou o

inerte. Así estas obras con tendencia horizontal potencian a

sensación visual de repouso, estabilidade, firmeza.

• Formato cadrado : son aquelas obras que teñen un aspecto

global próximo ao cadrado. O cadrado é a figura xeométrica

mais fácil de visualizar pola súa simplicidade, é unha forma que,

polas súas proporcións, elimina toda posibilidade de

movemento. Así, este tipo de obras potencian a expresión do

equilibrio mais estable, froito do inamovible, non da

compensación de forzas coma pasa no rectángulo vertical.

• Formato circular : son aquelas obras

que poden ser enmarcadas ou que están feitas dentro dunha

forma circular. O círculo é unha forma pechada que contén

movemento de seu, o movemento que describe un círculo é

sempre envolvente cara o seu interior facendo que o seu punto

central posúa toda a potencia e importancia compositiva da

obra que conteña esta forma. Ademais, como é unha forma sen

base, arrédase do chan dando unha certa sensación de

suspensión no aire, de afastamento con respecto ao que sucede

na terra. Na nosa tradición máis clásica da arte Occidental, os Tondos (nome italiano

email: [email protected]

www.sanjosedelaguia.com

"Large woman

standing, II",

Giacometti, 1959.

"The Dream", Constantin

Brancusi, 1959.

"Composition in red, blue

and yellow", Piet

Mondrian, 1930.

"Taddei Tondo",

Michelangelo Buonarroti,

1504.

Page 8: Unidade 6 a_composición

COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”

r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO

Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959

para as composicións redondas) son contedores de obras normalmente espirituais e

relixiosas sendo habitualmente o Neno Xesús e mais a Virxe os seus protagonistas.

Tamén é un tipo de formato que remite a feminidade, ao ventre materno, ao

nacemento.

• Formato ovalado : O óvalo é un círculo que perdeu parte da súa potencia de movemento

en canto que aínda que podemos desprazar un ovoide por unha superficie o seu

movemento vaise ver limitado polo seu achatamento. A

diferencia do círculo, un óvalo posúe dous centros o que fai

que cando empregamos óvalo en posición horizontal, haxa

dous puntos de máxima tensión na obra, sendo,

normalmente, o dereito o máis importante dos dous. É un

formato que comparte parte da súa expresión de

feminidade, movemento, nacemento, ventre. co círculo,

pero ao estar achatado é unha expresión algo máis

relaxado. Cando traballamos co óvalo na vertical perdemos os dous centros e estamos

máis próximos aos formatos circulares.

• Formato tridimensional : Os formatos

tridimensionais aportan aos formatos planos

aquelas características propias da superficie na

que foran pintadas. Así un fresco nunha parede

adquire tamén unha potencionalidade de seren

“fiestra” a unha realidade (real ou inventada)

que habería máis aló das paredes da estancia na

que fora pintado; unha cúpula achega a

composición ao ceo cara o que se orienta a visión

do observador cando a mira.

• Formatos irregulares : Os formatos irregulares son todos

aqueles que non responden a ningunha das formas

anteriores. Son formatos que, precisamente, pola súa

email: [email protected]

www.sanjosedelaguia.com

"Sir Endymion Porter and Anthony

Van Dyck", Van Dyck, 1628

Cúpula da Capela da Virxe do Pilar en

Zaragoza, Francisco de Goya, 1780.

Page 9: Unidade 6 a_composición

COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”

r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO

Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959

irregularidade, fomentan a expresión do dinamismo e o movemento. Son formatos moi

empregados no mundo do cómic ou da publicidade.

• Formato Rectángulo Áureo : O rectángulo áureo é un

formato que responde a cálculos matemáticos. Os

matemáticos da Grecia clásica conseguiron determinar o

número áureo, que é un número derivado da relación

existente entre as medidas de infinidade de elementos

naturais, dende o home ata as árbores, flores, animais,

cunchas. Vos deixo un pequeno vídeo no que vos amosa

esta relación matemática e diferentes elementos da natureza

(http://www.etereaestudios.com/docs_html/nbyn_htm/nbyn

_mov_vimeo.htm). En canto ás sensación que transmite, un

rectángulo que garda as proporcións áureas proporciona á composición unha sensación

de harmonía, serenidade e estabilidade.

Os Esquemas Compositivos.

O esquema compositivo dunha obra é o conxunto de liñas

principais sobre as que, ou grazas as que, organizamos os espazos e os

elementos que formarán parte da composición. Todo formato

compositivo ten un punto ou varios punto de máxima tensión e a

organización que determinemos ten que telo en conta para conseguir

aproveitar correctamente as sensacións que de seu aporta o formato da

obra. Para determinar o esquema compositivo dunha obra artística

poden ser: liñas rectas, curvas, figuras xeométrica, redes modulares.

Os esquemas compositivos poden ser dende simples, onde

cunha soa liña, xa sexa recta ou curva, ou unha figura xeométrica simple, organizamos todo o

contido da obra; pero tamén poden ser composición complexas, onde se combinan diferentes

liñas compositivas simples para organizar a obra. No noso caso imos a aprender a recoñecer os

esquemas compositivos máis simples aínda que o fagamos analizando obras complexas.

As liñas de composición se poden recoñecer tanto nas formas dos elementos máis

importantes da obra, coma la liña que describen entre eles pola súa ordenación. Pero neste tipo

email: [email protected]

www.sanjosedelaguia.com

"Leda Atómica", Salvador

Dali, 1949.

"A morte de Marat", J. L.

David, 1793.

Page 10: Unidade 6 a_composición

COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”

r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO

Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959

de análise, un dos elementos máis importes a ter en conta é a mirada dos personaxes que

aparecen na obra que poden describir a liña compositiva principal da obra.

Así, dentro dos esquemas compositivas simples temos:

• Esquema Triangular : os elementos da obra organízanse en

función dun triángulo que se sitúa no centro da obra. As

composicións triangulares centran a atención,

normalmente no centro do triángulo, son composición cun

certo dinamismo determinado polas liñas diagonais que

pechan o triángulo.

• Esquema enAaspa : O

esquema compositivo en aspa é un esquema moi

dinámico polo emprego das diagonais a pesar da súa

simplicidade. As liñas das aspas conteñen unha grande

tensión que atopan no seu punto de corte o punto de

máxima tensión da obra. Son obras que atraen a mirada

cara o centro de ditas liñas.

• Esquema compositivo en Diagonal : Son composicións

sinxelas, normalmente de poucos elementos e

organizados en función dunha única liña diagonal. Na

nosa cultura occidental onde lemos de esquerda a

dereita, cando a liña vai dende a parte baixa esquerda á

parte alta do cadro da esquerda, estamos ante unha

composición crecente, polo que as sensacións serán

positivas, de crecemento, de ascensión, elevación. cando a liña vai da parte alta

esquerda a baixa da dereita, estamos ante unha composición que

descende, que se achega a sensacións negativas, baixar, caer.

• Esquema compositivo en Cuña : é un esquema no que dúas

diagonais converxen nun mesmo punto facendo deste o punto de

máxima tensión e contendo entre elas os elementos máis

email: [email protected]

www.sanjosedelaguia.com

"Adoración dos pastores", Bartolomé

Murillo, 1655-1660.

"Composition A 19", Laszlo Moholy

Nagy, 1927.

"A Maja Espida", Francisco de Goya E

Lucientes, 1790-1800.

"Anciana espulgando

a un neno", Murillo,

1660-1670.

Page 11: Unidade 6 a_composición

COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”

r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO

Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959

importantes da obra. Coma nas obras en diagonal, segundo cara onde se oriente a cuña

poderemos achegarnos ao descenso ao ascenso.

• Esquema compositivo en T : son composicións que se

organizan en función de dúas liñas que se cortan

formando un T. Son normalmente composicións

simétricas nas que ambos lados da T están

compensados en peso visual. A liña vertical do T contén

o/os elementos de maior tensión e importancia da

composición. Na pintura clásica é unha das

composicións máis empregadas para representar as obras que representan a crucifixión,

o cal non implica que todas estas representación sigan este esquema. Son composicións

harmónicas con unha certa tendencia a ascensión polo emprego da

vertical pero limitado pola liña horizontal superior.

• Esquema compositivo ovalado : Os elementos principais deste tipo

de obras organízanse en función dunha forma ovalada que ocupa

boa parte da superficie. Esta forma fai concentrar a atención da

obra no centro do óvalo cara o que se orientan todas as formas.

Moitas veces estas composicións veñen determinadas máis polas

miradas dos personaxes da obra que polas formas que aparecen na

obra. Cando o óvalo esta disposto na vertical aporta sensacións de

elevación e ascensión á obra mentres que cando o óvalo está disposto na horizontal, as

obras achéganse á serenidade e repouso do formato horizontal.

• Esquema compositivo en L : É un esquema no que os elementos

organízanse en función de dúas liñas rectas que forman un L

maiúsculo, que este pode estar tanto mirando cara a esquerda

coma mirando cara a dereita sen variar isto en moito a sensación

que potencia. Son composicións sereas, claras e de poucos

elementos, onde o seu lugar de máxima tensión está en torno ao

punto de cruce de ambas liñas.

email: [email protected]

www.sanjosedelaguia.com

"A crucifixión", Giotto, 1302.

"A Crucifixión",

O Greco, 1600.

"O xove Mendigo",

Murillo, 1650.

Page 12: Unidade 6 a_composición

COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”

r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO

Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959

• Esquema compositivo radial : Son composicións nas que os

elementos organízanse en torno a un centro e en función de

diversos raios de circunferencia. Ao ser unha composición

organizada en torno a diagonais é moi dinámica e xera un centro de

gravidade no que converxen todos os raios e que contén a máxima

tensión da obra.

Os Ritmos Compositivos.

Un ritmo, coma na música, é a sucesión acompasada

de elementos ou formas que compoñen un movemento visual

ou ritmo visual. Do mesmo xeito que nunha melodía podemos

identificar sons e tempos que marcan a velocidade e

movemento que transmite a canción, nunha composición e por

medio da organización dos seus elementos, podemos

determinar un ritmo que será o que siga mirada do observador

ao atoparse coa imaxe.

Nas obras que se emprega o ritmo compositivo coma recurso se teñen en conta tanto

os elementos e o aspecto destes coma a súa organización sobre a superficie. Así podemos

organizar os ritmos en:

• a forma que describen os elementos que forman a composición, e así temos:

◦ rectilíneos , que describen unha liña recta,

◦ curvos , que describen unha liña curva,

◦ quebrados , que describen unha liña quebrada,

◦ ondulados , que describen unha liña ondulada.

• A disposición no espazo, somo se organizan os elementos no espazo;

email: [email protected]

www.sanjosedelaguia.com

"A Aldea e Eu" Marc

Chagall, 1911.

Ballet.

Page 13: Unidade 6 a_composición

COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”

r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO

Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959

◦ continuos , cando os elementos seguen unha progresión de aspecto lineal,

sen grandes cambios,

◦ alternos , nos que se combinan dous elementos, ou formas os tamaños de

xeito regular,

◦ descontinuos , cando os elementos non seguen unha regularidade continua

nin alterno, senón que semella repetir unha secuencia,

◦ crecente ou decrecente : cando os elementos van medrando ou decrecendo

de tamaño.

(une cada unha destas imaxes co ritmo que consideres máis axeitado, as veces é

ambiguo ou confuso trátase de atopar aquel que mellor lle acaia)

O Equilibrio Visual.

Todas as composicións visuais están determinadas polo

peso visual e as forzas visuais que atopamos nelas. Cada elemento

que empregamos dentro dunha composición ten un peso que ven

determinado pola súa cor, polo seu tamaño, pola súa posición

dentro do espazo da obra e máis pola súa relación de

proximidade, ritmo, semellanza. co resto dos elementos da obra.

email: [email protected]

www.sanjosedelaguia.com

Page 14: Unidade 6 a_composición

COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”

r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO

Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959

Así, en canto a cor os elementos máis pesados son aqueles que teñan cores cálidas e estean

saturadas. Tamén en canto á cor, pesarán máis as formas que teñan unha cor que contraste

claramente co fondo da obra. En canto ao tamaño terán máis peso os elementos máis grandes,

en canto a forma terán máis peso as formas xeométricas simples. Finalmente teremos en conta

tamén o recorte do elemento, así as formas que non estean recortadas, xa sexa por estar tapadas

por outras formas, xa sexa por non aparecer completas na composición, terán máis peso que as

recortadas. Coma sempre estas cosas nas composición rara vez aparecen illadas e simplificadas,

así que teremos que ter en conta todos estes principios ao mesmo tempo cando queiramos

determinar onde situar o peso dunha composición para poder compensar unhas características

con outras.

Para poder determinar o equilibrio visual dunha obra tanto cando estamos

compoñendo coma cando estamos analizando, temos que, primeiro de nada, trazar un eixo

imaxinario vertical que divida a obra en dúas partes que nos permitan organizar os dous lados

desta. Segundo como ordenemos os elementos podemos ter obras dende moi estables a

totalmente inestables, é preciso controlar a estabilidade visual dunha obra para que esta

responda aquelo que queremos transmitir con ela. Cando organizamos os elementos da obra

tanta importancia teñen os elementos coma os espazos que deixamos entre eles. O seguinte

esquema exemplifica dun xeito doado como organizamos os pesos visuais nunha obra:

Segundo o tipo de equilibrio e organización dos elementos que

empreguemos para unha obra teremos os seguintes tipos de equilibrios

compositivos:

• Simetría Axial : É unha composición moi estable onde os

elementos de igual ou case igual peso visual sitúanse equilibrados

a ambos lados dun eixo imaxinario que divide a obra en dúas

partes iguais.

email: [email protected]

www.sanjosedelaguia.com

"O matrimonio

Arnolfini", Jan Van Eyck,

1434.

Page 15: Unidade 6 a_composición

COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”

r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO

Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959

• Simetría radial : Nas composición con simetría radial os

elementos organízanse de xeito rítmico en función de varios eixos

radiais. Son composicións moi estables nas que os elementos

tendes a ser iguais ou practicamente iguais, nas que o centro da

obra exerce o papel de organizador dos pesos.

• Lei da Balanza : nestas composicións os pesos visuais da obra

sitúanse a ambos lados

dun eixo vertical central

que posúe peso visual de seu, e os pesos laterais

están equilibrados polo tamaño e tipo de cores

empregados, son obras nas que temos formas

semellantes a ambos lados da composición. Son

composicións estables, de pouco dinamismo

visual, foron empregadas moito noutras épocas

para imaxes narrativas, que permiten facer unha lectura pausada da imaxe.

• Lei da Balanza : A lei da balanza é un tipo de equilibrio

compositivo que ten a súa orixe na lei da balanza pero

na que se compensan formas que non teñen o mesmo

tamaño, cor , forma. senón que se compensan os pesos

visuais tendo en conta o seu peso visual e non o seu

aspecto. Así compensamos, por exemplo, elementos

pequenos de cor intenso e de forma totalmente regular,

coma no exemplo con masas moi grandes de cor moito

menos intenso e irregulares.

• Lei dos terzos : é un tipo de equilibrio compositivo no que

a superficie da obra está organizada en función dunha

división do espazo en 9 espazos iguais que se determina

dividindo a obra en tres partes iguais vertical e

horizontalmente. Neste tipo de composición os puntos

de máxima tensión están nos cortes destas liñas así que

os elementos máis importantes serán situados entorno a

email: [email protected]

www.sanjosedelaguia.com

"Límite circular IV, ceo e

inferno", M. C. Escher,

1960.

"Frontal de Urgel ou dos Apóstolos", Anónimo,

s. XII.

"The fighting Temeraire turned to

her Last Berth to be bronken up",

William Turner, 1838-1839.

"A persistencia da Memoria", Salvador

Dali, 1931.

Page 16: Unidade 6 a_composición

COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”

r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO

Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959

eles. É un tipo de organización espacial moi empregada na publicidade e a fotografía

pola súa dinámica estable, é dicir, por permitir xerar espazos con dinamismo pero moi

ben compensados.

• Uniformidade de masas : As composicións que empregan a

uniformidade de masas coma equilibrio compositivo non

queren que ningún espazo nin elemento da obra teña máis

importancia que os demais, senón que a superficie total da

obra estea composta por un continuo de elementos polo que

pasee a mirada do observador mentres observa a obra, que

reparte a súa atención dun xeito uniforme entre todos os

elementos presentes na composición.

• Divisións que parten do rectángulo Áureo : O

rectángulo áureo proporciona múltiples divisións

internas que xeran diferentes centros de atención de

maior ou menor importancia en función da situación

que ocupe no espazo, do seu tamaño, da narración,

da dirección de lectura..

email: [email protected]

www.sanjosedelaguia.com

"Anatomy Lesson", Rembrandt, 1630.

"Lizard, fish, bat", M. C.

Escher.

Page 17: Unidade 6 a_composición

COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”

r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO

Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959

CRÉDITOS DAS IMAXES

“The painter's window”, Juan Gris, 1925,

http://en.wikipedia.org/wiki/File:The_painter%27s_Window_Juan_Gris.jpeg

“Le Canigou”, Juan Gris, 1921,

http://en.wikipedia.org/wiki/File:Le_Canigou_Juan_Gris.jpeg

“Candlestick and playing cards on a table”, Georges Braque, 1910,

http://pictify.com/273390/georges-braque-candlestick-and-playing-cards-on-a-table

“Large woman standing II”, Alberto Giacometti, 1959,

http://www.fondationbeyeler.ch/en/collection/alberto-giacometti

“The Dream”, Constantin Brancusi, 1959:

http://pictify.com/147792/constantin-brancusi-the-dream

“Composition in red, blue and yellow”, Piet Mondrian, 1930:

http://en.wikipedia.org/wiki/File:Mondrian_Composition_II_in_Red,_Blue,_and_Yellow.

jpg

“Taddei Tondo”, Michelangelo Bounarroti, 1504,

http://en.wikipedia.org/wiki/Tondo_(art)

"Sir Endymion Porter and Anthony Van Dyck", Van Dyck, 1628,

http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Sir_Endymion_Porter_and_van_Dyck_by_Ant

hony_van_Dyck.jpg

Cúpula da capela da Virxe do Pilar de Zaragoza, Francisco de Goya, 1780:

http://losrecursosturisticosderaquel.blogspot.com.es/2014/02/ruta-de-arte-neoclasico-

en-zaragoza.html

“Calvin and Hobbes”, Bill Waterson:

http://gomighty.com/arlexpy/ears-and-eyes-connect-to-brain-eventually-brain-might-

let-feet-know-too/

email: [email protected]

www.sanjosedelaguia.com

Page 18: Unidade 6 a_composición

COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”

r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO

Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959

“Leda Atómica”, Salvador Dali, 1949:

http://pavlopoulos.wordpress.com/articles/salvador-dali-leda-atomica-1949/

“A morte de Marat”, J. L. David, 1793:

http://es.wikipedia.org/wiki/La_muerte_de_Marat

“Adoración dos Pastores”, Bartolomé Murillo, 1655, 1660:

http://www.artehistoria.jcyl.es/v2/obras/906.htm

“Composition A 19”, Laszlo Moholy Nagy, 1927:

http://arttattler.com/archivelaszlomoholynagy.html

“A Maja espida”, Francisco de Goya e Lucientes, 1790-1800:

http://es.wikipedia.org/wiki/Goya

“Vella espulgando a un neno”, Diego de Velázquez, 1660-1670:

http://quepasaenelinsti.over-blog.com/article-la-picaresca-en-la-pintura-espa-ola-

111640256.html

“Crucifixión”, Giotto, 1302:

http://www.artehistoria.jcyl.es/v2/obras/15348.htm

“A Crucifixión”, Greco, 1600:

http://es.wikipedia.org/wiki/La_crucifixi%C3%B3n_(El_Greco)

“O xove mendigo”, Murillo, 1650:

http://es.wikipedia.org/wiki/Joven_mendigo

“A Aldea e Eu”, Marc Chagall 1911:

http://www.epdlp.com/cuadro.php?id=163

Ballet:

http://mipaginadeballet.galeon.com/Ballet4.htm

“O Matrimonio Arnolfini”, Jan Vna Eyck, 1434,

http://es.wikipedia.org/wiki/Jan_van_Eyck

email: [email protected]

www.sanjosedelaguia.com

Page 19: Unidade 6 a_composición

COLEXIO “SAN JOSÉ DE LA GUÍA”

r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO

Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959

“escher

http://www.tocamates.com/2012/06/escher-y-las-matematicas.html

“Frontal de Urgell o dos Apóstolos”, anónimo s. XII:

http://es.wikipedia.org/wiki/Frontal_de_la_Seo_de_Urgel_o_de_los_Ap%C3%B3stoles

“The Fighting Temeraire turnes to her last Berth to be broken up”, Joseph Mallord

William Turner, 1838-1839,

http://es.wikipedia.org/wiki/El_Temerario_remolcado_a_dique_seco

“A persistencia da memoria”, Salvador Dali, 1931,

http://arte.laguia2000.com/pintura/la-persistencia-de-la-memoria-dali

“Lizard, fish, bat”, M. C. Escher,

http://profesalvamiralles.blogspot.com.es/2012/11/arts-escher.html

“Anatomy lesson”, Rembrandt, 1630,

http://es.wikipedia.org/wiki/Rembrandt

email: [email protected]

www.sanjosedelaguia.com