Unidade e Diversidade Lingüística. Políticas Lingüísticas Da UE

29
Educación e linguas en Galicia B. Silva Valdivia Educación e linguas en Galicia Máster en Profesorado de Secundaria Unidade e diversidade lingüística. Políticas lingüísticas da Unión Europea

description

Unidade de linguas en galicia

Transcript of Unidade e Diversidade Lingüística. Políticas Lingüísticas Da UE

Page 1: Unidade e Diversidade Lingüística. Políticas Lingüísticas Da UE

Educación e linguas en Galicia B. Silva Valdivia

Educación e linguasen GaliciaMáster en Profesorado de Secundaria

Unidade e diversidade lingüística.Políticas lingüísticas da Unión Europea

Page 2: Unidade e Diversidade Lingüística. Políticas Lingüísticas Da UE

Educación e linguas en Galicia B. Silva Valdivia

Preguntas-guía iniciais

• É normal ou excepcional que se falen varias linguas nun mesmo país? Que exemplos de Estados unilingües podemos citar en Europa?

• Correspóndese habitualmente a realidade lingüística coa oficialidade lingüística? Citade algún exemplo europeo de correspondencia e de discrepancia.

• Existen distintas maneiras de organizar o plurilingüismo? Identificade dous exemplos diferentes en Europa.

• Que perspectivas lle vedes á diversidade lingüística nun mundo globalizado? Que pode pasar coas linguas en Europa?

Page 3: Unidade e Diversidade Lingüística. Políticas Lingüísticas Da UE

Educación e linguas en Galicia B. Silva Valdivia

É habitual ou excepcional o plurilingüismo?

No mundo existen arredor de 7.000 linguas e menos de 200 Estados, o que dá unha media de máis de 30 linguas por cada entidade política recoñecida como país independente. Polo tanto, o plurilingüismo é a norma e o monolingüísmo a excepción.

A ‘lingua’ é un concepto vago no que se combinan parámetros estruturais (distancia con outras variedades lingüísticas) e sociais (conciencia colectiva da diferenza). Isto significa que existe variación lingüística mesmo en contextos considerados monolingües

Page 4: Unidade e Diversidade Lingüística. Políticas Lingüísticas Da UE

Educación e linguas en Galicia B. Silva Valdivia

Unha lingua é antes ca nada unha noción cultural produto da historia (...) Moitas linguas constituíronse por un proceso histórico que dentro dun espazo xeopolítico promoveu unha variedade lingüística superpoñéndoa ás outras existentes nese espazo. Noutras condicións, a configuración de linguas podería ter sido outra (...)

O Estado italiano moderno consumou a conversión do italiano en lingua italiana, nun proceso integrador e subordinador das outras variedades daquela península, que non tiveron a mesma sorte (...)

O leonés, o castelán e o aragonés poderíanse ter constituído como tres linguas independentes se se consolidasen tres estados independentes, do mesmo xeito que diversos estados escandinavos favoreceu o establecemento de diversas linguas escandinavas (...)

G. Bibiloni: Llengua stàndard i variació lingüística

Page 5: Unidade e Diversidade Lingüística. Políticas Lingüísticas Da UE

A distribución da diversidadelingüística no planeta

Educación e linguas en Galicia B. Silva Valdivia

Page 6: Unidade e Diversidade Lingüística. Políticas Lingüísticas Da UE

Educación e linguas en Galicia B. Silva Valdivia

Page 7: Unidade e Diversidade Lingüística. Políticas Lingüísticas Da UE

Linguas e poboación por continentes

Educación e linguas en Galicia B. Silva Valdivia

Page 8: Unidade e Diversidade Lingüística. Políticas Lingüísticas Da UE

Educación e linguas en Galicia B. Silva Valdivia

A perda da diversidade lingüística

• Desde que Colón chegou a América, o número de linguas reduciuse á metade.

• Neste século poden desaparecer entre o 50% e o 95% das linguas existentes.

• O 10% das linguas actuais viven cos últimos falantes; o 40% interrompeu a súa transmisión xeracional e outro 40% sofre procesos diversos de substitución.

• O 95% da humanidade fala o 5% das linguas; o 5%, o 95%

Page 9: Unidade e Diversidade Lingüística. Políticas Lingüísticas Da UE

Vitalidade lingüística(UNESCO)

Xa non ten falantes.Extinguida

Fálana só os máis vellos e de forma esporádica.

Situación crítica

Só a falan as xeracións máis vellas. Os demais pódena entender, pero non a falan.

En grave perigo

Os nenos xa non a aprenden na familia como lingua materna.

En perigo

A maioría dos nenos falan a lingua, pero está restrinxida a algúns ámbitos.

Vulnerable

Todas as xeracións falan a lingua. A transmisión interxeracional é continua

A salvo

Page 10: Unidade e Diversidade Lingüística. Políticas Lingüísticas Da UE

As relacións de poder entre as linguas

Educación e linguas en Galicia B. Silva Valdivia

Page 11: Unidade e Diversidade Lingüística. Políticas Lingüísticas Da UE

Educación e linguas en Galicia B. Silva Valdivia

Que linguas se falan en máis países e por que?

Número de países con cada lingua oficial, por continentes

ÁFRICA AMÉRICA ASIA EUROPA OCEANÍA TOTAL

Inglés 15 14 7 3 11 50

Francés 17 2 3 4 1 27

Español 1 18 1 20

Chinés 3 3

Hindi 1 1

Xaponés 1 1

Page 12: Unidade e Diversidade Lingüística. Políticas Lingüísticas Da UE

Educación e linguas en Galicia B. Silva Valdivia

Sobre a valoración das variedades lingüísticas

• “Todas las prácticas lingüísticas se valoran con arreglo al patrón de las prácticas legítimas, las prácticas de los dominantes (...) Los usos sociales de la lengua deben su valor propiamente social al hecho de que tales usos tienden a organizarse en sistemas de diferencias que reproducen el sistema de las diferencias sociales”(Bourdieu, P. (1985): ¿Qué significa hablar?,Akal)

• “Cuando una persona habla, nos dice no sólo quién es (hombre o mujer; niño, joven o adulto) y de dónde es, sino también a quéclase social pertenece y cuánto capital cultural posee. Dicho de otra manera, qué es y cuánto vale a los ojos de la sociedad”. (Lomas, C. et al., Textos de Didáctica de la Lengua y la Literatura22)

• “Unha lingua é un dialecto cun exército” (Max Weinreich)

Page 13: Unidade e Diversidade Lingüística. Políticas Lingüísticas Da UE

Educación e linguas en Galicia B. Silva Valdivia

Status, valoración e uso das linguas

Poder / status dos falantes

Valoración das linguas

Actitudes lingüísticas

Comportamentos lingüísticos

Page 14: Unidade e Diversidade Lingüística. Políticas Lingüísticas Da UE

Educación e linguas en GaliciaB. Silva Valdivia

Lingua minoritaria e lingua minorizada

• ‘Minoritario’ é un concepto cuantitativo, de maneira que unha lingua minoritaria será aquela que ten poucos falantes (aínda que isto é sempre relativo, porque depende de con quen se compare)

• ‘Minorizado’ é un concepto cualitativo que alude ao uso efectivo que se fai dese idioma e, en último termo, ao seu status social. Unha lingua minorizada é aquela que, independentemente do número de falantes, non ten unha implantación plena en todos os espazos de uso, senón que está desprazada en moitos deles por outro idioma máis poderoso co que convive.

Page 15: Unidade e Diversidade Lingüística. Políticas Lingüísticas Da UE

Educación e linguas en GaliciaB. Silva Valdivia

Linguas minoritarias e linguas minorizadas

L. minorizada L. non minorizada

L. minoritaria

Bretón

Albanés

L. non minoritaria

Francésno Canadá

Francés en Francia

Page 16: Unidade e Diversidade Lingüística. Políticas Lingüísticas Da UE

A xestión do plurilingüismo.Uniformidade e diversidade lingüística

en Europa

Page 17: Unidade e Diversidade Lingüística. Políticas Lingüísticas Da UE

Linguas Linguas minorizadasminorizadas/ minoritarias en Europa / minoritarias en Europa occidentaloccidental

Page 18: Unidade e Diversidade Lingüística. Políticas Lingüísticas Da UE

Educación e linguas en Galicia B. Silva Valdivia

Formas de xestión do multilingüismo

• Países que só recoñecen unha lingua oficial (a maioría)

• Países que teñen unha lingua oficial de carácter xeral, pero recoñecen a cooficialidade doutras linguas en certos territorios do Estado (España)

• Países que recoñecen oficialmente varias linguas en situacións diversas:– O bilingüismo español-guaraní do Paraguai.

– O bilingüismo inglés-francés do Camerún.

– O trilingüismo luxemburgués-alemán-francés de Luxemburgo.

– A situación de Suíza: alemán, francés e italiano como linguas oficiais da federación e o romanche no seu cantón.

– ...

Page 19: Unidade e Diversidade Lingüística. Políticas Lingüísticas Da UE

Educación e linguas en Galicia B. Silva Valdivia

A Unión Europea e as linguas

Uniformidade

• Argumentos:

– Facilitar a intercomunicacióne a mobilidade

• Consecuencias:

– Asunción dunha lingua franca.

– Papel irrelevante das outras linguas estatais.

– Ignorancia das linguas subestatais ou minoritarias.

– Perda da diversidade como trazo da identidade europea.

Diversidade

• Argumentos:– Formación de Europa como

confusio linguarum.– A diversidade lingüística e

cultural, marca de identidade europea (Strength in Diversity)

• Implicacións: – Política lingüística europea que

potencie esta idea.– Modelo educativo orientado ao

plurilingüismo

Page 20: Unidade e Diversidade Lingüística. Políticas Lingüísticas Da UE

Educación e linguas en Galicia B. Silva Valdivia

Principios dunha política lingüística europea

• Conservar o patrimonio das distintas linguas e culturas.

• Facilitar a comunicación e a interacción entre os cidadáns europeos.

• Acordar unhas liñas básicas que favorezan a converxencia das políticas lingüísticas estatais, especialmente no eido educativo.

Page 21: Unidade e Diversidade Lingüística. Políticas Lingüísticas Da UE

“El multilingüismo de las sociedades constituye una situación normal no carente de dificultades. Este es el reto inherente a la educación plurilingüe que se pretende impulsar en Europa, donde la presencia de numerosas lenguas es considerada una componente de la riqueza cultural, al tiempo que representa un obstáculo para la comprensión mutua y para la comunicación. En este panorama, se postula el plurilingüismo, es decir, la capacidad de los individuos de utilizar más de una lengua, como la forma de asegurar una mejorcomunicación entre europeos.El plurilingüismo no es considerado exclusivamente como el modo de superar el obstáculo del multilingüismo, sino como un medio deacceder a la herencia cultural europea y como marca identitaria de Europa. Mantener la diversidad y abrirse a la intercomprensiónresulta imprescindible para fomentar su cohesión interna.”U. Ruiz Bikandi, “El plurilingüismo visto desde los documentos europeos”, p. 67

Page 22: Unidade e Diversidade Lingüística. Políticas Lingüísticas Da UE

Instrumentos para unha política lingüística europea (Consello de Europa www.coe.int/lang)

• Guía para a elaboración de políticas lingüísticas educativas en Europa:http://www.coe.int/t/dg4/linguistic/guide_niveau3_EN.asp?

• O Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas: http://www.edu.xunta.es/contidos/rede_linguas/files/Marco%20Europeo%20de%20Referencia.pdf (Capítulo 1)

• O Portfolio Europeo das Linguas:http://www.edu.xunta.es/web/portfolio

Educación e linguas en Galicia B. Silva Valdivia

Page 23: Unidade e Diversidade Lingüística. Políticas Lingüísticas Da UE

O Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas

– Propón un modelo de ensinanza e aprendizaxe das linguas de base comunicativa.

– Orienta o deseño de programas de linguas e a elaboración de materiais didácticos.

– Define e gradúa as competencias.

– Establece criterios e fórmulas para medir esas competencias

Educación e linguas en Galicia B. Silva Valdivia

Page 24: Unidade e Diversidade Lingüística. Políticas Lingüísticas Da UE

“O obxectivo clave da educación plurilingüe é a competencia plurilingüe, definida como acapacidade de adquirir sucesivamente e de utilizar diversas competencias en varias linguas, en distintos graos de dominio, para cumprir diferentes funcións”

BEACCO, J.-C.; BYRAM, M. (2007) : De la diversitélinguistique à l’éducation plurilingue: Guide pour l’élaboration des politiques linguistiques éducatives en Europe, p. 128.www.coe.int/t/dg4/linguistic/guide_niveau3_FR.asp

Page 25: Unidade e Diversidade Lingüística. Políticas Lingüísticas Da UE

O Portfolio Europeo das Linguas

• Inclúe:

– Un ‘pasaporte lingüístico’ que informa sobre a competencia lingüística do seu propietario.

– Unha ‘biografía lingüística’ que facilita a autoavaliación e a creación de itinerarios formativos particulares.

– Un ‘dossier’ con materiais de apoio para avanzar nesa competencia.

Educación e linguas en Galicia B. Silva Valdivia

Page 26: Unidade e Diversidade Lingüística. Políticas Lingüísticas Da UE

“Sueño en chamicuro, pero no puedo contar mis sueños a nadie, porque ya nadie más hablachamicuro.

¡Qué solitario es ser la última!”.

Natalia Sangama en 1999 (da tribo chamicuro de Perú)

Page 27: Unidade e Diversidade Lingüística. Políticas Lingüísticas Da UE

Educación e linguas en Galicia B. Silva Valdivia

Documentos para o debate • C. Junyent: “A perda da diversidade lingüística no mundo”

http://www.consellodacultura.org/mediateca/extras/sociedades_plurilingues.pdf

• L.J.Calvet: “Identidades y plurilingüismo”http://www.campus-oei.org/tres_espacios/icoloquio9.htm

• T. Moure: “A batalla das linguas no mundo actual. Grial nº 160, p. 19-30

• J.M.Vez: “Linguas e globalización en Europa”, http://dspace.usc.es/handle/10347/2247

• Dónall Ó Riagáin: “A diversidade lingüística en Europa”http://www.consellodacultura.org/mediateca/extras/sociedades_plurilingues.pdf

• “Un reto proveitoso” (Informe Maalouf)

• U. Ruiz: “El plurilingüismo visto desde los documentos europeos”. Textos nº 60.

Page 28: Unidade e Diversidade Lingüística. Políticas Lingüísticas Da UE

UNESCO: Linguas en risco de extinción

http://www.unesco.org/new/es/culture/themes/endangered-languages/atlas-of-languages-in-danger/

Page 29: Unidade e Diversidade Lingüística. Políticas Lingüísticas Da UE

Patricia Ryan:

https://www.youtube.com/watch?v=10VqPn9FB4c

- Opinión sobre o vídeo

- ‘Lingua(s) franca(s)’ e ‘lingua(s) identitaria(s)’: papel de cada unha e fórmulas de compatibilidade

- É a lingua franca a única fórmula para transcender o espazo comunicativo da lingua propia?