Unión europea

13

Transcript of Unión europea

Page 1: Unión europea
Page 2: Unión europea

“É unha organización internacional creada polos gobernos nacionais como un instrumento ao que todos poden acudir para consensuar accións comúns en ámbitos de política concretos”.

As bases das súas accións son:• A UE só pode actuar nos ámbitos acordados polos gobernos.•Só debería actuar nos casos en que fora máis efectiva que os gobernos nacionais.•A UE ten as súas raíces nas diversas culturas, tradicións e linguas, asemade nos valores compartidos de democracia, liberdade e xustiza. A UE e os seus estados membros deben protexer, defender e promover este patrimonio.

Page 3: Unión europea

Na actualidade conforman a UE 27 países: Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chequia, Chipre, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Paises Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, Rumanía, Suecia.

Page 4: Unión europea

1957

Seis países: Alemaña, Bélxica, Italioa, Francia, Luxemburgo e Países Baixos únense para formar a UE. Son os chamados socios fundadores.

1973

Incorpóranse Dinamarca, Irlanda e Reino Unido.

1981

Grecia pasa a ser Estado membro.

1986Entran España e Portugal

1990Trala reunificación, a antigua República Democrática intégrase na Comunidade Europea.1995

Austria, Finlandia e Suecia entran na UE

2004A maior ampliación: Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Malta, Polonis, República Checa.

2007Incorpóranse Bulgaria e Rumanía

Page 5: Unión europea

Ano 1957: TRATADO DE ROMA polo que se constituíu a Comunidade Económica Europea (CEE). Este tratado creaba un mercado común.

Ano 1992: TRATADO DE MAASTRICHT a Comunidade Europea pasou a chamarse Unión Europea (UE) e crea e define o concepto de cidadanía europea que garante a todas as persoas catro dereitos:

A circular e residir libremente nos Estados membros. A ser elector e candidato nas eleccións municipais, e ao Parlamento Europeo, no Estado membro no que resida. A acollerse, nun terceiro país, á protección das autoridades diplomáticas de calquera Estado membro. A formular peticións ao Parlamento Europeo e reclamacións ao Defensor do Pobo Europeo.

Page 6: Unión europea

O PARLAMENTO: É a voz do pobo. A súa función é participar na adopción das novas leis.Cada cinco anos, os electores dos Estados membros elixen aos seus representantes. O seu lugar de reunión é Estrasburgo (Francia) e, as veces, en Bruxelas (Bélxica).Hai 785 eurodeputados agrupados en grupos transnacionais que reflicten a súa ideoloxía política.

O CONSELLO DE EUROPA: É a voz dos Estados membros. A súa sede está en Bruxelas e pode modificar, aprobar ou rexeitar as propostas da nova lexislación que fai a Comisión. Cada país está representado polos ministros correspondentes ao tema a debatir. Cada Estado membro exerce a presidencia por rotación, por un período de 6 meses. Desde o 1 de xaneiro faino José Luis Rodríguez Zapatero.

Page 7: Unión europea

A COMISIÓN EUROPEA: O interés común. Con sede en Bruxelas, é o brazo executivo da UE. Ainda que non pode votar lexislación é a única que ten dereito a propoñela. A Comisión é tamén a “policía” da Unión, porque é responsable de garantir que os gobernos nacionais cumplan as normas.O Presidente da Comisión José Manuel Barroso, dirixe un equipo de vinteséis Comisarios, un por cada un dos estados membros. Traballan para a comisión 23.000 persoas.

O TRIBUNAL DE XUSTIZA: O Estado de Dereito. Ten como misión garantir a interpretación correcta e uniforme das leis en toda a UE. As súas sentencias non poden ser contradecidas polos Estados membros.

Page 8: Unión europea

O TRIBUNAL DE CONTAS: A UE finánciase co diñeiro dos contribuíntes. O Tribunal de Contas ten a súa sede en Luxemburgo, supervisa as contas da comisión e pùblica un informe anual.

OUTRAS INSTITUCIÓNS

Comité Económico e Social Europeo.

Comité das Rexións.

Banco Europeo de Inversións. Banco

Central Europeo

Page 9: Unión europea

INSTITUCIÓNS DA UNIÓN EUROPEA

Parlamento europeo

Representa ao pobo da UE

ConsultaPoder

SupervisaControla

Confirma, Rexeita, Modifica

ComisiónConsejo

Tribunal de Xustiza

Controla

Poder lexislativo

Cooperación

Page 10: Unión europea

A CARTA DE DEREITOS FUNDAMENTAIS

A UE é coñecida pola súa defensa dos dreitos humanos en todo o mundo e todos os seus membros son signatarios do Convenio Europeo de Dereitos Humanos. Os dereitos concedidos aos cidadáns da UE teñen orixe diversa.Na Carta recóllense, nos seus 50 artigos, unha longa lista de dereitos tales como:

O dereito á dignidade humana.

O dereito á vida.

O dereito ao respecto pola vida privada e familiar

A prohibición da escravitude.

O dereito a un xuíz imparcial.

O dreito á liberdade de expresión.

O dereito a ser elector e elexible nas eleccións.

Page 11: Unión europea

Dereito ao desenvolvemento persoal.

Dereito a que se respecten as súas opinións e a que se consideren os seus intereses superiores.

Dereito ao nome, nacionalidade, liberdade de expresión e acceso á información.

Dereito a vivir nun entorno familiar ou a recibir outro tipo de coidados e a estar en contacto con ámbolos dous pais sempre que sexa posible.

Dereito á saúde e ao benestar, incluidos os dereitos dos nenos discapacitados, o dereito á saúde, e á asistencia médica e á seguridade social.

Dereito á educación, ao ocio, á cultura e ás artes.

Protección especial para os nenos refuxiados, os integrados en sistema de xustiza de menores, os privados de liberdade e aqueles que sofren de explotación económica, sexual ou de calquera outro tipo.

Page 12: Unión europea

TENTA DOTAR Á UNIÓN EUROPEA DUNHA CONSTITUCIÓN ÚNICA

Page 13: Unión europea

HERMAN VAN RUMPUY:

Presidente

CATHERINE ASHTON :

Alta responsable de Asuntos Exteriores.