VALENTÍN PAZ ANDRADE - Naron · Galegas neste 2012, porque, tal e como establecen os membros desta...

34
Letras Galegas 2012 VALENTÍN PAZ ANDRADE CONCELLARÍA DE EDUCACIÓN SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Transcript of VALENTÍN PAZ ANDRADE - Naron · Galegas neste 2012, porque, tal e como establecen os membros desta...

Page 1: VALENTÍN PAZ ANDRADE - Naron · Galegas neste 2012, porque, tal e como establecen os membros desta institución , “este ... Xoán Bautista Andrade, quen esperta os intereses pola

Letras Galegas 2012

VALENTÍN PAZ

ANDRADE

CONCELLARÍA DE EDUCACIÓN

SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Page 2: VALENTÍN PAZ ANDRADE - Naron · Galegas neste 2012, porque, tal e como establecen os membros desta institución , “este ... Xoán Bautista Andrade, quen esperta os intereses pola

Xornalista, avogado, economista, empresario, intelectual, investigador literario e histórico,

escritor e político. A polifacética traxectoria de Valentín Paz Andrade foi o que motivou a súa

elección por parte da Real Academia Galega como figura á que se dedica o Día das Letras

Galegas neste 2012, porque, tal e como establecen os membros desta institución , “este

home soubo plasmar o seu compromiso co país en diversas facetas, tanto no ámbito político,

empresarial como literario”.

FORMACIÓN

Naceu o 23 de abril de 1898 en Lérez (Pontevedra) e faleceu o 19 de abril de 1987 en Vigo.

Entre os acontecementos que viviu están a ditadura militar de Primo de Rivera, a República,

a frustración da autonomía galega, a Guerra Civil e a ditadura militar de Francisco Franco, a

restauración monárquica, a recuperación democrática e o novo Estatuto.

Estudou bacharelato en Pontevedra. Posteriormente estudou Dereito na Universidade de

Santiago de Compostela e licenciouse en 1921 con brillantes notas. Foi o seu tío, o poeta

Xoán Bautista Andrade, quen esperta os intereses pola literatura a Valentín Paz Andrade. Foi

el quen lle presentou a Alfonso Rodríguez Castelao, un dos intelectuais que máis influíu na

súa obra.

XORNALIMO

O xornalismo será o eixo central da vida de Valentín Paz Andrade. Comeza o seu labor como

xornalista en 1916 escribindo no xornal La Correspondencia de Pontevedra e en 1917 será,

aínda que só uns meses, xefe de redacción do xornal La Provincia. Semanario Popular

Independiente.

En 1918 foi sometido á súa primeira causa xudicial por un artigo que publicou no semanario

El Pueblo co título “El solar para la Artillería” no que insinuaba que existía corrupción por

parte da Comisión Técnica Militar á hora de decidir sobre os terreos onde situar os cuarteis

de Artillería. O asunto foi finalmente sobresido.

En 1921 marchou para realizar o servizo militar a Marrocos, lugar no que España estaba a

librar unha guerra colonial. Neste contexto da Guerra do Rif fixo de cronista de guerra para

diferentes xornais galegos desde África.

Page 3: VALENTÍN PAZ ANDRADE - Naron · Galegas neste 2012, porque, tal e como establecen os membros desta institución , “este ... Xoán Bautista Andrade, quen esperta os intereses pola

Entre 1922 e 1926 dirixe o diario Galicia, un xornal de carácter liberal, independente e

galeguista, no que tamén colaboran Castelao, Risco, Maside, Vilar Ponte... En 1924 Valentín

é condenado a un mes de cárcere polo carácter dos seus artigos debido á censura existente

durante a ditadura de Primo de Rivera, e este xornal pecha, polo mesmo motivo, en 1926.

En 1927 fundou a primeira revista técnica do sector marítimo Industrias Pesqueras, aínda

hoxe unha das máis veteranas no mundo das publicacións profesionais do mar. Foi director

desta publicación entre 1942 e 1987 e hoxe diríxea o seu fillo Alfonso Paz Andrade. Unha vez

máis, en 1957, ingresa no cárcere por publicar, nesta revista, un artigo da súa autoría

considerado crítico co réxime franquista.

Ao longo da súa vida, ademais de dirixir Galicia e Industrias Pesqueras, colaborou

asiduamente en diferentes publicacións como La Correspondencia Gallega, Alma Galaica, El

Noroeste, Gaceta de Galicia, Vanguardia Gallega, El Pueblo Gallego, El Sol, La

Calle, Industrias Conserveras, La Noche, Faro de Vigo, La Voz de Galicia,

Emigrante, Informaciones, Información Comercial Española, Vieiros, Grial, El País, etc.

AVOGADO E POLÍTICO

Durante a súa etapa de estudante de Dereito en Compostela é cando dá comezo a súa

militancia activa na política, máis concretamente, no nacionalismo. Pasou a formar parte do

movemento galeguista colaborando coas Irmandades da Fala e en 1919 participa na II

Asemblea Nacionalista realizando nun mitin en Compostela xunto con Antón Vilar Ponte, Luís

Peña Novo, Arturo Noguerol, Vicente Risco, Euxenio Montes e Castelao, reforzando con este

último unha relación política, ademais da relación de amizade iniciada anos antes en

Pontevedra e que xa nunca abandonarían.

Nun acto galeguista en Vigo en 1920 reclama a restauración da cadeira de Lingua e

Literatura galegas na Universidade de Santiago e faino en galego. Logo do acto orixinouse

unha manifestación dende a rúa Nova á praza do Obradoiro que tivo unha gran participación.

En 1929, aínda baixo a ditadura de Primo de Rivera, é escollido concelleiro da corporación

municipal de Vigo, aínda que a súa maior actividade se centra na avogacía.

Foi presidente do Grupo Autonomista Galego en 1930 e militante e secretario, desde 1934,

do Partido Galeguista. Participou, xunto con Lois Tobío, Carballo Calero e Vicente Risco,

Page 4: VALENTÍN PAZ ANDRADE - Naron · Galegas neste 2012, porque, tal e como establecen os membros desta institución , “este ... Xoán Bautista Andrade, quen esperta os intereses pola

membros do Seminario de Estudos Galegos, na elaboración do anteproxecto do Estatuto de

Autonomía de Galicia.

En 1931 foi candidato a deputado por Pontevedra nas Cortes Constituíntes polo Partido

Galeguista xunto con Castelao e Cabanillas, mais non sae escollido por mor dunha fraude

electoral.

A partir de 1927, Paz Andrade comeza a prestar servizos como avogado a unha organización

de armadores viguesa radicada en Bouzas, o que case lle custa a vida en 1932 a causa duns

disparos que sofre durante unha folga nos peiraos vigueses por parte duns traballadores

descontentos.

En 1936 sae do Partido Galeguista para pasar a formar parte das listas do Partido de Centro

Democrático, aínda que non saíu electo como deputado tampouco nesta ocasión. A través do

xornal El Pueblo Gallego fixo campaña a prol da aprobación do Estatuto de Autonomía do 36.

Tras o golpe militar, a implicación política de Valentín Paz Andrade no bando republicano

levouno a axudar na fuxida a varios dos seus camaradas, así como tamén a interceder, sen

éxito, pola salvación de Alexandre Bóveda. En setembro do 36 sufrirá tamén el a represión

franquista sendo desterrado a Verín durante tres meses, onde sufriu un atentado a mans

dunha cuadrilla falanxista do que sae ileso. Pouco despois, nese mesmo ano, foi enviado a

Requeixo da Queixa (Trives) para endurecemento da súa condena. Na soidade de Trives

coñeceu a súa futura esposa, dona Pilar Rodríguez Prada coa que casará en 1939, e coa que

tivo o seu único fillo en 1940, Alfonso, así chamado en homenaxe a Castelao. A finais do 37

pode regresar a Vigo, onde recupera lentamente a súa actividade profesional.

En 1939 volve ser desterrado a Villanueva de la Serena (Badaxoz) de onde o saca finalmente

o presidente da sociedade La Marítima, Manuel Xestoso Costas, enviándoo a unha reunión en

Bilbao da Federación Española de Armadores de Buques de Pesca na condición, non perdida,

de asesor xurídico dos empresarios de Bouzas.

Despois da morte de Franco, formou parte da 'Comisión dos 10' , Comisión negociadora da

Transición, da oposición democrática en representación de Galicia (con Cañellas, Felipe

González, Tierno Galván, Jordi Pujol, Santiago Carrillo, etc) para negociar co goberno de

Adolfo Suárez os pasos a dar para a transición democrática. Entre 1977 e 1979 foi elixido

senador por Pontevedra, dentro da Candidatura Democrática Galega e foi defensor da

autonomía desde posicións críticas.

Page 5: VALENTÍN PAZ ANDRADE - Naron · Galegas neste 2012, porque, tal e como establecen os membros desta institución , “este ... Xoán Bautista Andrade, quen esperta os intereses pola

EMPRESARIO E INTELECTUAL

O mundo do mar e da pesca foi unha das súas principais actividades profesionais. Ademais

de fundación da empresa Pescanova, realizou numerosos estudos, ensaios e conferencias

sobre este tema.

Destacamos o seu primeiro libro técnico Los puertos nacionales de pesca en España.

Aportación al estudio del problema, obra publicada en 1928.

Na década dos 50 foi comisionado pola FAO (Organización das Nacións Unidas para a

Alimentación e a Agricultura) para favorecer o desenvolvemento da pesca en Latinoamérica.

Así, impartiu cursos sobre economía e xurisprudencia pesqueira, ao tempo que escribiu

numerosos ensaios sobre a cuestión e colaborou asiduamente en xornais da época. A estadía

en América foi, ademais, aproveitada para recuperar o contacto co galeguismo do exilio,

especialmente co Centro Gallego de Buenos Aires, que, en 1955, publicou o seu libro de

poemas Pranto Matricial, en memoria de Castelao, e, en 1959, Galicia como tarea, unha

escolma das súas conferencias sobre a situación económica e política de Galicia impartidas

no mesmo Centro Gallego, e que constituíu un verdadeiro manifesto político nacionalista de

signo progresista. Ademais, a FAO publica as leccións de Paz Andrade no libro Principios de la

economía pesquera. En 1960 participa na fundación, con capital do industrial lucense Xosé

Fernández López, da empresa Pescanova, da que foi designado vicepresidente e á que en

moi pouco tempo consegue, grazas ao seu profundo coñecemento do sector, converter na

maior armadora europea de buques conxeladores.

Valentín Paz Andrade ademais de mostrar a súa preocupación pola situación socio-económica

de Galicia en diferentes artigos periodísticos, fíxoo tamén a través de obras como Galicia

como tarea, La marginación de Galicia, El capital como factor del desarrollo de Galicia, El

sistema económico de la pesca en Galicia, Producción y fluctuación de las pesquerías, ou Los

derechos sobre el espacio marítimo.

Como escritor de literatura publica a súa obra de poesía Pranto matricial; o ensaio

literario La anunciación de Valle Inclán ; o seu segundo poemario, Sementeira do vento , que

recunca e amplía os temas xa recollidos en Galicia como tarea. En 1964 foi proposta a súa

entrada na Real Academia Galega por Otero Pedrayo, Domingo García-Sabell, Xesús Ferro

Couselo e Francisco Vales Villamarín. No entanto, o seu ingreso non foi posible ata o 11 de

febreiro de 1978, cando leu o discurso A galecidade na obra de Guimaraes Rosa, ao que deu

resposta Álvaro Cunqueiro. Neste mesmo ano publicou o libro de poemas Cen chaves de

sombra e, no 1982, deu ao prelo Castelao na luz e na sombra, a biografía máis importante

Page 6: VALENTÍN PAZ ANDRADE - Naron · Galegas neste 2012, porque, tal e como establecen os membros desta institución , “este ... Xoán Bautista Andrade, quen esperta os intereses pola

que existe sobre Castelao. En 1985, publica Galiza lavra a sua imagen, obra na que agrupa

traballos diversos que mesturan a erudición coa interpretación de moi diversas cuestións.

Paz Andrade amosa tamén a súa preocupación política en artigos como O modelo federal

para a constitución do Estado galego da obra Testemuñas e perspectivas en homenaxe ao

Seminario de Estudos Galegos (1978).

Con respecto á lingua galega, Valentín Paz Andrade defendeu a ideoloxía do

reintegracionismo lingüístico e incluso preside en Pontevedra unha reunión da comisión por

un “Acordo ortográfico común”. Esta ideoloxía lingüística deféndea e reflíctea en diferentes

obras como, artigos, entrevistas,…

PREMIOS

Como consecuencia de todo o seu labor, tanto xornalístico como literario, foi galardoado en

numerosas ocasións:

Foi elixido membro da Real Academia Galega (1964)

Foi elixido membro da Academia Galega das Ciencias (1985)

Recibiu o Pedrón de Ouro (1975)

Recibiu a medalla da Cidade de Pontevedra (1979)

Recibiu a medalla Castelao (1984)

Recibiu a medalla de ouro Cidade de Vigo (1986)

Recibiu o premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo (1986)

ÚLTIMOS ANOS

En 1985 ingresa na Academia Galega das Ciencias cun discurso sobre un matemático galego

O home dentro do sabio: Pedro Joseph Bermés (1770-1824).

Ata a súa morte en Vigo, en 1987, a presenza de Paz Andrade en conferencias, entrevistas,

homenaxes e recoñecementos é constante. En todas se pode constatar unha preocupación

sobre o camiño que estaba tomando o proxecto autonómico.

Page 7: VALENTÍN PAZ ANDRADE - Naron · Galegas neste 2012, porque, tal e como establecen os membros desta institución , “este ... Xoán Bautista Andrade, quen esperta os intereses pola

BIBLIOGRAFÍA ESENCIAL

En galego

Pranto matricial. Edicións Galicia, Buenos Aires, 1955. Sementeira do vento. Galaxia, Vigo, 1968. A galecidade na obra de Guimaraes Rosa. Edicións do Castro, Sada, 1978. Cen chaves de sombra. Edicións do Castro, Sada, 1979. Castelao na luz e na sombra. Edicións do Castro, Sada, 1982. Galiza lavra a sua imagen. Edicións do Castro, Sada, 1985. Epistolario. Edicións do Castro, Sada, 1997.

En castelán

Los puertos nacionales de pesca en España. Aportación de Vigo al estudio del problema. Unión de Entidades Viguesas, Vigo, 1928.

Producción y fluctuación de las pesqierías. Unesa, Madrid, 1954. Principios de economía pesquera. FAO, Chile, 1954. Sistema económico de la pesca en Galicia. Citania, 1958.

Galicia como tarea. Edicións Galicia, Buenos Aires, 1958. La anunciación de Valle-Inclán. Losada, Buenos Aires, 1967. El capital como factor de desarrollo de Galicia. Banco del Noroeste, A Coruña 1970. La marginación de Galicia. Siglo XXI, Madrid, 1970

Xornalismo, poesía e ensaísmo económico, literario ou político, son as ocupacións da ampla

bibliografía de Paz Andrade. A continuación presentamos unha escolma de textos das súas

obras poéticas Pranto matricial, Sementeira do vento e Cen chaves de sombra.

Page 8: VALENTÍN PAZ ANDRADE - Naron · Galegas neste 2012, porque, tal e como establecen os membros desta institución , “este ... Xoán Bautista Andrade, quen esperta os intereses pola

Pranto matricial foi un

libro de poemas escrito

en memoria de Castelao.

Pranto

matricial

Page 9: VALENTÍN PAZ ANDRADE - Naron · Galegas neste 2012, porque, tal e como establecen os membros desta institución , “este ... Xoán Bautista Andrade, quen esperta os intereses pola

1 O que todo galego choraría Chora, terra, teu pranto

Das augas, e dos eidos, e dos ares,

as vivas páreas cósmicas da raza,

en mantelo de brétemas envoltas,

que noso fin ao noso orixe ligan.

Deita nas aurias leiras do horizonte

labradas de solpores e de abrentes,

en ádoas de luz a debullarse,

as sementes feridas da túa dor.

Arpa de nobres cordas esquecidas

ceiba teu son no corazón retido,

e fai acordes en total latexo

almas, paxaros, ríos e paisaxes.

Chora, Terra, teu pranto xeneroso.

O que todo galego choraría,

en roda de multánime silencio

e ollares abatidos,

sobre do longo corpo derrubado

que fora vivo mastro en loita núa;

perto daqueles beizos, seca fonte

da verba nunca dantes máis belida;

do peito petrucial, refrorecido

de mapoulas pampeiras,

que envexan a nacencia das chorimas;

xunto das postas maos voltas ao xelo,

onde a eito agromaron do seu arte,

no cerne da galega patronía,

vizosas primaveras.

Chora, Terra, teu pranto matricial.

O que todo galego choraría,

se inda chorar puidera,

até cubrir de bágoas o mare.

Page 10: VALENTÍN PAZ ANDRADE - Naron · Galegas neste 2012, porque, tal e como establecen os membros desta institución , “este ... Xoán Bautista Andrade, quen esperta os intereses pola

2

Dor da paisaxe Das augas deloridas, doce pranto que escorra pola face das alboradas,

deica a raíz das herbas,

destilado na pinga dos orballos,

e dea seu latexo a noite e día

nas rezadoras choivas que soerguen

o canto-chao das tellas,

e o responso románico das gárgolas

sobre as pedras mortas de Snt Yago.

O cristalino pranto manadeiro

polos ollos das pontes,

onde o pulso dos ríos esmorece,

e se acugula co solpor calado,

na verdecida soidade dos vales,

toda a dor da ribeira sen cantigas,

dos cruceiros e as ánimas sen luz,

dos camiños sen lida labradora,

dos fogares sen sangue gomarizo.

Pranto baril dos ventos galgadores

alimentados co sal da Ría,

que xa non baten velas de Rianxo,

e te chaman, Daniel, con voz ferida,

-nas agullas dos lentos piñeirales,

verdes coros arpados do Salnés-

ou con voz dos abismos, roncadeira,

na crátera fadal das oleaxes,

pé das rochas de Sálvora.

O salaio de ferro das motoras,

coa agonía da néboa e dos naufraxios,

chámante polas bocas de Marín;

e o nacarado choro das buguinas,

uibando nos salgados areales,

sobre as laxes rachadas dos cantiles,

nos cabos onde escachan as tormentas…

co folgo máis sostido e sonoroso

que brotara de peitos mariñeiros.

E aló, nos curutos desnevados

das serras estremeiras,

ou polas corredoiras dos lugares

esquecidos no ermo,

a corna inxel que tallan os pastores,

buguinada da urce,

ceiba tamén no azul fanal aberto

a coita da montaña taciturna,

ferida polo mesmo desconsolo.

Page 11: VALENTÍN PAZ ANDRADE - Naron · Galegas neste 2012, porque, tal e como establecen os membros desta institución , “este ... Xoán Bautista Andrade, quen esperta os intereses pola

3

A terra e os sinos

Foi a terra levada,

barro materno ao barro teu xuntado,

con líricos loureiros,

no camposanto de Padrón unxidos

polo amor e a dor de Rosalía…

sagra primeira estrofa deste pranto.

Para compoñer as outras,

tanguidos a unha man de Sul a Norde,

os sinos todos das eirexas todas

que por todos redobran,

e tamén se ouvirán polos escuros,

non recollerán no coral de bronce

a dimensión da nosa desventura.

Por ti, Daniel, a máis dos campanarios,

siñaleiros da morte empadroada,

han de dobrar, da vida, acentos novos;

han de dobrar as cordas dos espíritos;

das cousas, seus metales:

das cousas,

nas que os homes deixamos en anacos

Page 12: VALENTÍN PAZ ANDRADE - Naron · Galegas neste 2012, porque, tal e como establecen os membros desta institución , “este ... Xoán Bautista Andrade, quen esperta os intereses pola

4

Alá lonxe… Que se escoiten agora

seus líquidos acentos alá lonxe,

vibradoiros na libre

rede dos meridiáns ultramarinos.

E mergullen, Daniel, no mesmo pranto

os ronseles postreiros

das túas singraduras á deriva

abraiante de Marte;

dende o trópico a fogo pintigado

ao balbordo de Hudson, e ás peladas

serras de Araucania.

En Cuba se derramen, e no Mare

de Cortés, e no ardente

mato dos bandeirantes paulistamos,

e nas punas do inca,

e nas pampas do gaucho cabalgadas,

con Don Segundo Sombra polos médanos.

Océano de terras

escontra o dique sísmico dos Andes,

mexido polo zonda sequioso

e por quillas sen leme navegado;

natureza auroral que se espreguiza

co inxerto de vidas esgazadas;

foro aberto do mundo,

onde a estrela dos parias tamén loce;

mapa de libramento presentido,

onde o sangue romeiro dos galegos

a ventureira vocazón renova.

Page 13: VALENTÍN PAZ ANDRADE - Naron · Galegas neste 2012, porque, tal e como establecen os membros desta institución , “este ... Xoán Bautista Andrade, quen esperta os intereses pola

5

Teu destino

Sementador leixado,

peregrino namorado dos roteiros

cara o destino da Galiza abertos;

flor das vidas chagadas na acedume

incerta do desterro:

o de morrer alá teu sino era.

Alá, sen escoitar as elexías

do violín dos cegos,

e a zanfona de pedra dos Profetas,

que tan só por ti soar puidera,

O de morrer sentindo na agonía,

a quentura arterial dos emigrados,

lonxe do morno ollar das Dolorosas

talladas ao respaldo dos cruceiros.

O de ancorar a nao, desarborada,

nos peiraos de alén-mar,

abrindo regos novos á saudade;

reencendendo os pábilos da ialma

na Galiza migral, e na Galiza

que aínda agarda, Daniel, o teu retorno…

Page 14: VALENTÍN PAZ ANDRADE - Naron · Galegas neste 2012, porque, tal e como establecen os membros desta institución , “este ... Xoán Bautista Andrade, quen esperta os intereses pola

6

Cando ti volvas… Na matricial Galiza, sempre túa,

que dende a Torre de Hércules ao Miño

un facho acenderá por cada illa,

cando ti volvas polo mare;

de toxo unha fogueira en cada monte,

cando ti volvas polo mare;

dos castros na coroa unha cachela,

cando ti volvas polo mare;

unha loura candea en cada pino,

cando ti volvas polo mare;

o seu cirio de frouma os alciprestes,

cando ti volvas polo mare;

luces de ardora branca en cada mastro,

cando ti volvas polo mare;

un farol mariñeiro en cada dorna,

cando ti volvas polo mare;

veliñas á xanela en cada casa,

cando ti volvas polo mare;

e as pérolas das bágoas derramadas,

cando ti chegues polo mare,

cando ti chegues polo mare…

Page 15: VALENTÍN PAZ ANDRADE - Naron · Galegas neste 2012, porque, tal e como establecen os membros desta institución , “este ... Xoán Bautista Andrade, quen esperta os intereses pola

Sementeira do vento

inclúe unha escolma de

poemas de diferentes

épocas. Aparecen os

ecos dos desterros en

Estremadura e en Serra

de Queixa, xunto a

homenaxes ao mar, ao

vento, á emigración, aos

mariñeiros,… ademais

inclúe os seis poemas de

Pranto matricial.

Sementeira

do vento

Page 16: VALENTÍN PAZ ANDRADE - Naron · Galegas neste 2012, porque, tal e como establecen os membros desta institución , “este ... Xoán Bautista Andrade, quen esperta os intereses pola

Rústicas nais

Na cruz dos vosos corpos dobradizos

sobre os agros de pan,

as raíces do barro floreceron.

Sangue o centeo foi,

o millo carne,

enfornados ao longo dos invernos

entre leira e lareira.

Só pola lei dos glóbulos que escoan

de vedrañas nacentes

a se xuntar na vosa ánfora salva,

aínda Galiza escoita o seu latexo,

as súas cores loce

sen adobíos emprestados,

no viveiro dos pobos en promesa,

como roseira que mantén vizosos

o ouro do seu polen,

de pétalas e arume o seu tesouro.

Longas maternidades

reschoradas a fío no mandil,

para longas anadas sen amor,

o lenzo a relembrar das despedidas

trestemido no ar,

e a seguir para os tortos asoballos

da vida en soidade,

para o bater das neves e das chuvas,

para fames e loitos e naufraxios.

Mais pola seiva morna que alimenta

a ramada baril das vosas veas,

pola candea que nos vosos peitos

Page 17: VALENTÍN PAZ ANDRADE - Naron · Galegas neste 2012, porque, tal e como establecen os membros desta institución , “este ... Xoán Bautista Andrade, quen esperta os intereses pola

reencenden as fontes matriciales

e os cruxoles do ser da nosa xente

coa voz que criou,

ás cinzas do pasado que destilan

nos úteros do tempo para vir…

aínda nós somos nós.

A mesma mao para o sacho e para a teta,

na Virxe e no trasno a mesma fe,

un agarimo ao neno,

outro agarimo

a benquerida sombra que deixara

no leito de follatos

o home que foi voso aquela noite.

Firmes seos de nai onde amadriga

das sementes o celme

para recebar as íntimas fontelas

das que recibe o seu feitío o ser,

e para fundir nos eslabóns do sangue

os acentos no pobo xenerados,

o fomento da loita,

a vontade de amar e residir.

Rústicas nais de entranas repartidas

entre os fillos e os eidos,

cal se nos hemisferios da crianza

tamén zugarán os meniños leite

das úberes da Terra.

Eu sinto día e noite a me roer

a cega dor da vosa carne lúcida,

parideira de brancas andoriñas

no cedo xa tolleita para o amor,

a se trocar varona de mantelo,

Page 18: VALENTÍN PAZ ANDRADE - Naron · Galegas neste 2012, porque, tal e como establecen os membros desta institución , “este ... Xoán Bautista Andrade, quen esperta os intereses pola

sempre coa sorte revirada en trinca

ao timoeiro da pobreza.

Tamén sinto a desonda

do voso matriarcado escurecido,

orfo de lúa e de luceiro orfo,

a devalar axiña

sobre os areales do presente

e cara as parameiras do porvir.

E se sinto unha esperanza,

ou na destinación do noso pobo

ou na perpetuación do noso ser,

arquiveiras da esencia dunha raza!

non é senón aquela

que aínda podemos pór agora e sempre

na virtude baril do voso leite.

[Pousa Nova do Mar, 1966]

Page 19: VALENTÍN PAZ ANDRADE - Naron · Galegas neste 2012, porque, tal e como establecen os membros desta institución , “este ... Xoán Bautista Andrade, quen esperta os intereses pola

As úberes do medo

Se isto é vivir… eu vivo

vivo aínda

neste val de viventes espantallos

munxidores das úberes do medo,

mais a xeito dun prófugo da morte,

que por teima dos outros

houbo de recuncar quixera ou non,

nos arriscados xogos de facer

ventureiro resgate da súa vida.

Experimentei en quente catro veces

mal gobernada Dona da Gadaña!

o axexo dos teus tarsos…

nos meus pasos,

e o tronce dos aceiros tolleodres

ou a facer peneira no meu coiro,

ou a trillar meus osos

e deixar debulladas pola area

espigas do meu sangue.

Fuxir fuxín con vida…

non sei como,

aos tiros dunha banda arremesados

e os pelouros da outra,

para aboiar despois facendo o morto,

como cortiza a flote

mexida no ir e vir de cada ola,

sen bourel de loureiro

ao pairo polas augas de ninguén.

Cando a febre do chumbo viña a menos

ou viraban as lúas,

seus ferrollos abrían as cadeas

Page 20: VALENTÍN PAZ ANDRADE - Naron · Galegas neste 2012, porque, tal e como establecen os membros desta institución , “este ... Xoán Bautista Andrade, quen esperta os intereses pola

ou súas soidades os desterros,

e non faltaban no poleiro galos

con gorxa de papel de oficio chea,

para me pór á sombra

ou me liscar co demo unha tempada.

Escomasí o meu remorso sinto

de non ter até agora merecido

tantos fanados holocaustos

e condecoracións do… revirallo,

tanto calafateo de suturas

e versiculación de cicatrices,

tanto derramamento de garoubas

que atinguiron os brancos

e marraron no fin,

tanto xemer de folios e de ferros

mexido contra aquelo…

que non fun.

Farei nunca reconto dos aldraxes

que nas táboas da lei que o pobo dita

non teñen cabemento

ou son aínda máis que mágoa honra.

Un non ha ser tan solo

a suma do que quixo e do que fixo,

illado na súa illa,

a forza remador contra corrente,

pois os rodicios da inxustiza allea,

contra do non querer do muiñeiro

tamén moen para un.

O tempo foi correndo

nos reloxos sen corda moitas veces,

e nas vísperas de días que virán

Page 21: VALENTÍN PAZ ANDRADE - Naron · Galegas neste 2012, porque, tal e como establecen os membros desta institución , “este ... Xoán Bautista Andrade, quen esperta os intereses pola

van indo xa de seca pouco a pouco

as úberes do medo.

Pois mentres agardamos, agardamos…

a mudanza do sino,

eu confesar quixera boamente,

que se non fixen da desgraza sorte,

sempre tomei a ben aquelo todo

que por mal me foi feito.

Algún refrán dixo de vellos que…

cando non nos acaban

tanto os paus como as dores fortalecen.

[Vigo, 1966]

Page 22: VALENTÍN PAZ ANDRADE - Naron · Galegas neste 2012, porque, tal e como establecen os membros desta institución , “este ... Xoán Bautista Andrade, quen esperta os intereses pola

As miñas horas sen ti…

Amor;

Lonxe da túa voz o meu ouvido

sen ter o mel de sonos que viñera

a me enlevar na doce transparencia…

horas escuras son

as miñas horas.

Sen o regueiro azul do teu ollar

nos pousos da verdade cada cousa,

nin a cunha ateigada da túa mao

para sede de luz do meu espírito…

horas de area son

as miñas horas.

Sin o ar dos teus pasos

ao pé dos meus no mesto labirinto

que ha percorrer o tren das arelanzas

onde fan seu viaxe nosas vidas…

horas sen rumo,

cegas singraduras,

son as horas,

amor,

sen ti vividas.

Sobresolares horas do México

maduro

e tamén verde,

nas razas de obsidiana e de limón,

no sangue feito pedra de pirámides

que aínda escoa na historia,

siñada pola serpe e o quetzal.

Page 23: VALENTÍN PAZ ANDRADE - Naron · Galegas neste 2012, porque, tal e como establecen os membros desta institución , “este ... Xoán Bautista Andrade, quen esperta os intereses pola

Horas da Veracruz dos marimbeiros,

madrepórica filla das marés,

corpo na bris do Golfo

sobre pés de corais

e cadril de mestizas abalado.

Do Guanaxato de ouro

e de Tasco da prata,

vividuras de gloria esmorecida

dende o fulgor dos séculos mineiros.

Das noites de Acapulco

no luaral Pacífico arxentadas,

con dormición de Venus nas areas

e sensual ondulación do mar

no colo das caletas.

Horas reverdecidas na esmeralda

sabaneira dos chibchas,

con Santa Fe de Bogotá e da Chuva

cuberta pola sombra de Ximénez

e o bafo dos cabalos de Bolívar.

Horas do Cauca longas

de languidez procesional do río

rimadas na nocturna

sonata da arboreda adormecida

polo arrolo das garzas,

e a lírica gorxa do turpial,

Mañáns do Mato Grosso,

co sabiá cantor nas mangabeiras,

fatos de garimpeiros aos diamantes,

vaqueiros e boiadas

ao trote nas veredas do sertao.

Page 24: VALENTÍN PAZ ANDRADE - Naron · Galegas neste 2012, porque, tal e como establecen os membros desta institución , “este ... Xoán Bautista Andrade, quen esperta os intereses pola

**

Horas das travesías esteares

nos desertos do éter navegadas,

sen quentura de peitos,

agarimo de falas

nin paisaxe amantío,

levando sempre a morte suspendida

do folgo dos mecánicos pegasos.

Horas esvaradizas

pola fraga de ferro das cidades

e a cobra das estradas,

onde ferven motores, ferven razas,

baixan os urubús cheirando a prea

aos recintos da xente,

e asoballando a vida que tiñamos

o galope dos dólares redobra.

Horas sen ar do trópico amarelo

queimadas nas raxeiras litorais,

xunto o espeso xermolar da cénaga

e a barba lacustre do manglar,

ou na farra criolla,

feira dos semellantes entintados,

xemida en tangos e mexida en rumbas

nos esturdios caixóns dos “night club´s”.

**

As miñas horas que para ti naceran,

as a eito vividas de maos dadas

denantes ter do noso lar fuxido…

as miñas horas que para ti naceran

baixo un ledo repique de campás…

Page 25: VALENTÍN PAZ ANDRADE - Naron · Galegas neste 2012, porque, tal e como establecen os membros desta institución , “este ... Xoán Bautista Andrade, quen esperta os intereses pola

revivirán somentes

cando a túa

quentura globular reviva en min,

cando aos meus brazos tornes

orballada

polo luar das noites da Galiza,

envolta aínda

no resplandor da chama

que acendes a cotío na lareira

onde quece os seus sonos o noso amor.

[São Paulo, 1959]

Page 26: VALENTÍN PAZ ANDRADE - Naron · Galegas neste 2012, porque, tal e como establecen os membros desta institución , “este ... Xoán Bautista Andrade, quen esperta os intereses pola

Cen chaves de sombra é

unha colectánea de versos

de diferentes épocas, pois

inclúe fundamentalmente

poemas do desterro en

Serra de Queixa e da

transición política. Son

catro agrupamentos de

poemas: “Ora na hora”, “As

cinzas de Marte”,

“Romanceira de Casteligo”

e “Agora eres canzón”.

Cen chaves de

sombra

Page 27: VALENTÍN PAZ ANDRADE - Naron · Galegas neste 2012, porque, tal e como establecen os membros desta institución , “este ... Xoán Bautista Andrade, quen esperta os intereses pola

As palabras Vén o ar ateigado de palabras,

cada mañán chamando aos nosos vidros,

para pór a xermolar son e semente.

As palabras de cote están falando

e somos nós os xordos ao mensaxe

que no seo das sílabas carrexan.

Polas palabras somos outra cousa,

e non primaz materia dunha besta,

só desbravada en nós polas palabras.

Son palabras as ondas do gran río

da fala, que morre un pouco e nace

do mencer ao luar de cada día.

A eito marteladas nos falares

do pobo, que as mestura ao seu suor,

limadas cal semánticas moedas

nas forxas oficiais do saber,

sempre as palabras teñen lei de onda

a devalar na vida dos demais.

É de palabras a primeira música

que dá tremer de luz ao noso tímpano,

e de palabras o primeiro río

que verte ao noso canle súas ondas,

e se fai subterráneo en cada noite

para renascer no leito das auroras.

Page 28: VALENTÍN PAZ ANDRADE - Naron · Galegas neste 2012, porque, tal e como establecen os membros desta institución , “este ... Xoán Bautista Andrade, quen esperta os intereses pola

Denantes das palabras foi a choiva

linguaxe de cristais da natureza,

de verticales sílabas composto,

elemental vocabulario líquido

das claves seminales sobre a terra,

a descifrar polas meniñas da alma.

Palabras insonoras baixo o sono

como peixes de acuarium apagado

que a memoria repesca na vixilia.

Palabras e memoria dúas forzas

que xa casadas nascen lonxe, lonxe…

no orbe prebabélico do home.

E cando chega a morte a nosa beira,

cando nos pasaporta para o nada,

o que de certo pasa e se rexistra,

o que nos deixa listos para o embarque

na dorna por Caronte tripulada…

é o naufraxio de todas as palabras.

[Vigo, 1970]

Page 29: VALENTÍN PAZ ANDRADE - Naron · Galegas neste 2012, porque, tal e como establecen os membros desta institución , “este ... Xoán Bautista Andrade, quen esperta os intereses pola

Non escoitedes Non escoitedes voz onde non trema

o vidro do seu tempo,

mainamente,

como na pel das augas treme a bris

tinguida no brancor dos amieiros.

Non escoitedes voz na que se esquezan

as raíces do barro que nos dou

feitío de criaturas,

amor pra repartir cos semellantes

quentor do noso sangue.

Non escoitedes ecos en retorno

dos paredóns da morte.

A vida virá sempre a sulcos novos

pra se facer fecunda

no grao de cada espiga.

[Pousa Nova do Mar, 1977]

Page 30: VALENTÍN PAZ ANDRADE - Naron · Galegas neste 2012, porque, tal e como establecen os membros desta institución , “este ... Xoán Bautista Andrade, quen esperta os intereses pola

Noso Alexandre, mártir Trinta e seis, trinta e seis, trinta e seis…

Taquicardia da historia dunha imaxe

con pulsación esmorecida.

Trinta e seis, trinta e seis, trinta e seis…

Que ancho o peito teu para os balazos,

con corazón equidimensionado,

alcouve pola idea frolecido,

Que regueiro de folgo pra unha fe

por un agosto tráxico xiado,

ao despuntar un día a mañanciña!

Trinta e seis, trinta e seis, trinta e seis…

Toda a xeografía da Galiza,

eiquí as aldeas, acolá as cidades,

da miñota fronteira até Teixido,

da Curota ao Caurel,

alí cabía dun costado a outro

mapa do corazón comprometido,

augas, montanas, pobos,… que lavabas

cal loriga carnal do pensamento,

aquel da Galiza acriboada

ao cuspir os fusiles sobre ti.

Trinta e seis, trinta e seis, trinta e seis…

Sete cruces na tampa como escudo,

sete cruces e o calix do Grial,

tatuaxe azul dos símbolos amados,

unha terra a ceibar de alleas poutas,

unha xente a curar da praga exódica,

unha patria a facer.

Page 31: VALENTÍN PAZ ANDRADE - Naron · Galegas neste 2012, porque, tal e como establecen os membros desta institución , “este ... Xoán Bautista Andrade, quen esperta os intereses pola

Sete, catorce… tiros na Caeira,

contra un pino dos himnos de Pondal,

contra un pino de froumas a cair,

contra un pino de ponlas a chorar!

Trinta e seis, trinta e seis, trinta e seis…

E unha bandeira da Galiza a furto,

cadaleito a pechar,

para o teu peito aquecer no máis alá.

[Vigo, 1976]

Page 32: VALENTÍN PAZ ANDRADE - Naron · Galegas neste 2012, porque, tal e como establecen os membros desta institución , “este ... Xoán Bautista Andrade, quen esperta os intereses pola

Canto ao Catro de Nadal

Galiza abría os ollos despois da negra sombra

que murchara no cedo as roseiras de abril.

De novo puña os pés no camiño de volta

ao encontro de forzas circias dentro de si.

As rúas eran ríos de peitos xa rimados,

na arela de facer unha patria coas mans,

desxugar cabezallas que esmagan os destinos

devolvendo aos galegos a imaxe do seu chan.

A pulsación do pobo a devalar no asfalto

reinzou as calzadas de latexos votivos,

de calcañares firmes na fe remanecida

de que non máis seremos os decote vencidos.

A voz autonomía cobrou azas de pomba

que os sonos arrolara do pobo a camiñar

A voz autonomía quente de pulsos ledos

debullou a súa mensaxe no sangue popular.

Labregos a esquecer o símbolo da fouce,

mariñeiros en terra pola Terra a remar,

os señores collidos do brazo dos obreiros,

mulleres das aldeas con donas da cidá.

As viúvas e os orfos das vendimas noitebras,

e os das segas lívidas rente do paredón,

da súa dor sacaron contrición de silencio

e na ara da Terra cancelaron súa dor.

Page 33: VALENTÍN PAZ ANDRADE - Naron · Galegas neste 2012, porque, tal e como establecen os membros desta institución , “este ... Xoán Bautista Andrade, quen esperta os intereses pola

E ninguén reclamaba desforra nin ordalío,

nin das vellas feridas cicatrices furgou.

Tódalas voces unha erguendo o mesmo canto,

tódolos berros berro de reliberación.

A bandeira galega na destra tremeloce,

ao compás reondean símbolo e corazón.

As prazas eran urnas traslúcidas e abertas,

quiñentos mil sufraxios e brazos un millón.

Repican bronces novos nos vellos campanarios,

voces remanecidas desde a raíz do tempo,

a Galiza de onte e a Galiza de hoxe,

alicerce e palanca do mesmo pensamento.

Galiza dixo agora na linguaxe de Euclides,

súa palabra acesa nas luces de mañán,

quere facer a pulso seu anaco de historia

con ferramenta dócil ao sangue matricial.

[Pousa Nova do Mar, decembro 1977]

Page 34: VALENTÍN PAZ ANDRADE - Naron · Galegas neste 2012, porque, tal e como establecen os membros desta institución , “este ... Xoán Bautista Andrade, quen esperta os intereses pola

BIBLIOGRAFÍA CONSULTADA

Carballa, Xan. Biografía de Valentín Paz Andrade. Editorial Galaxia, Vigo, 2012.

Carballa, Xan. Valentín Paz Andrade. Antoloxía. Editorial Galaxia, Vigo, 2012.

Información sobre a vida e obra de Valentín Paz Andrade na web:

Páxina web da Real Academia Galega: http://www.realacademiagalega.org/letras-actual

Páxina web sobre a figura de Valentín Paz Andrade da Consellería de Cultura, Educación

e Ordenación Universitaria: http://www.valentinpazandrade.es/