Vigo outubro - decembro 2019 - Afundación...Garcia Borda,Sergio Blanco,Lorena De Orte, Paula...
Transcript of Vigo outubro - decembro 2019 - Afundación...Garcia Borda,Sergio Blanco,Lorena De Orte, Paula...
Tempada abonos de TEATROVigo outubro - decembro 2019
Divinas palabrasde Ramón María del Valle-Inclán
DIRECCIÓN/ADAPTACIÓNJosé Carlos Plaza
ESCENOGRAFÍAPaco Leal
ELENCOMaría Adánez e Charo López
PRODUCIÓNProducciones Faraute Centro Dramático Nacional
O texto é a culminación do ciclo mítico de Valle-Inclán cunha estética moi próxima aos esperpentos. O tráxico, o dramático, o cómico e o grotesco xúntanse nesta traxi-comedia, onde é evidente a influencia de Goya e as súas Pinturas Negras, dos dis-parates, dos horrores da guerra. E tamén evidente a influencia de Solana, Dalí e de toda unha corrente española que chega ata os nosos días –con Buñuel á cabeza– nunha auténtica sinfonía de cores, sons e sentimentos.
11 de outubro | 20.30 hDuración: 1 h 45 min | Castelán
María Adánez e Charo López soben á escena para re-presentar esta magnífica obra de Valle-Inclán baixo a coidada dirección de José Carlos Plaza.
La Stradade Federico Fellini
DIRECCIÓNMario Gas
VERSIÓNGerard Vázquez
ELENCOAlfonso Lara, Mar Ulldemolins e Alberto Iglesias
PRODUCIÓNConcha Busto Producción
20 de outubro | 20.00 h Duración: 1 h 35 min | Castelán
La Strada é unha das historias de Federico Fellini que máis lirismo destila. A versión que agora sobe ás táboas, protagonizada por Mar Ulldemolins, Alfonso Lara e Alberto Iglesias, é fiel ao universo felliniano, coa si-natura de Gerard Vázquez e a dirección de Mario Gas. Estamos na Italia de posguerra. Unha inocente moza é vendida pola súa nai a un forzudo de circo para que o axude no seu espectáculo ambulante. Pouco a pouco aflora entre eles unha especie de romance que non chega a fraguar polo orgullo del e a timidez dela. Cando entre en escena a fi-gura do Tolo, a vida dos dous cambiará para sempre.
O neorrealismo de La Strada de Fellini aparece en esce-na, contando coa dirección de Mario Gas.
Perfectos desconocidosde Paolo Genovese
DIRECCIÓNDaniel Guzmán
VERSIÓNDavid Serrano e Daniel Guzman
ELENCOAlicia Borrachero, Antonio Pagudo, Fernando Soto, Elena Ballesteros, Jaime Zataraín, Ismael Fritschi e Inge Martín
PRODUCIÓNPentación, Milonga e El Niño
14 de novembro | 20.30 h Duración: 1 h 45 min | Castelán
Un grupo de amigos de toda a vida que-da para cear. Un deles propón un xogo: compartir as mensaxes e chamadas que vaian entrando aos seus móbiles men-tres dure o encontro. Ao primeiro todo é moi divertido, estalan gargalladas, mais a medida que a noite avanza, a cousa vai-se complicando e van saíndo secretos de cada un dos integrantes ao estrado. A co-media vaise diluíndo e a obra pasa ao dra-ma. Baseada no filme do director italiano, Paolo Genovese, estamos ante unha críti-ca contra o uso e o abuso das novas tec-noloxías en liña.
Tras o éxito da adaptación cinematográfica de Alex de La Iglesia chega esta versión teatral.
TOC TOCde Laurent Baffie
DIRECCIÓNEsteve Ferrer
VERSIÓNJulián Quintanilla
ELENCOCarmen Arévalo, Esteve Ferrer, Laura Hernando, Sara Moros, Paco Obregón, Fran Sariego e Ana Trinidad
PRODUCIÓNLazona
8 de decembro | 19.30 h Duración: 1 h 45 min | Castelán
Seis personaxes coñécense na sala dun afamado psiquiatra. Todos sofren diferen-tes tipos de Trastornos Obsesivo Com-pulsivos. Tendencia a dicir obscenidades (Coprolalia), repetición sistemática de palabras ou frases (Palilalia), necesidade patolóxica de contar obxectos (Aritmo-manía), medo extremo a enfermar (Noso-fobia)... Eses son algúns dos TOC que so-fren os protagonistas da obra e, na busca da cura, foron todos dar a unha consulta dun psiquiatra, que os convocou, mais que non aparece. Acabarán sendo eles mesmos quen saquen as súas propias conclusións.
Logo de dez tempadas en cartel, chega a Vigo esta di-vertida comedia cun éxito que reside en converter a risa na terapia que necesitamos para ver a vida doutro xeito.
Muerte en el Nilode Agatha Christie
DIRECCIÓN/ADAPTACIÓNVíctor Conde
ESCENOGRAFÍAAna Garay
ELENCOPablo Puyol, Adriana Torrebejano, Cisco Lara, Ana Rujas,Ana Escribano, Miquel Garcia Borda,Sergio Blanco,Lorena De Orte, Paula Moncada, Dídac Flores
PRODUCIÓNDiffusio
Muerte en el Nilo, novela publicada en 1937, comeza co asasinato dunha rapaza adiñeirada durante unha viaxe de noivos polo Nilo. A medida que pasan os días van xurdindo máis mortes e, canda elas, apare-cen probas das que se ocupará o detective Hércules Poirot... Estamos ante unha revi-sión contemporánea do clásico de Agatha Christie, cunha dramaturxia actualizada, unha posta en escena anovada, música, coreografía escénica e proxeccións.
19 de decembro | 20.30 hDuración: 1 h 50 min | Castelán
Versión sensual, con música en directo, que pretende afondar nas emocións dos seus personaxes.
INFORMACIÓN TEMPADA DE ABONO VIGO
Venda da tempada completa do 30 de maio ao 8 de setembro. Días 27 e 28 de maio para persoas abonadas á tempada anterior.
Unha vez renovado o seu abono, se desexan cambiar a ubicación da súa butaca, en fun-ción da dispoñibilidade, poden facelo o día 29 de maio no 902 504 500
OBRAS
Divinas palabras (11 outubro, 20.30 h)La strada (20 outubro, 20.00 h)Perfectos desconocidos (14 novembro, 20.30 h)TOC TOC (8 decembro, 19.30 h)Muerte en el Nilo (19 decembro, 19.30 h)
BUTACA ANF. 1 ANF. 2 ANF. 3
100 € 92 € 84 € 70,4 €
Entradas á venda en ataquilla.com e abonos no 902 504 500Todos os abonos teñen un 20 % de desconto con respecto ao prezo do billete.*
* Gastos de xestión á parte
Outras bonificacións e descontos xerais:
• Persoas mozas: carné xove• Maiores de 65: carné de xubilación• Persoas desempregadas: carné correspondente
Aplicarase un desconto adicional do 10 % con respecto ao prezo do abono.
Axúdanos a conservar o medio ambiente, gardando este folleto ata a fin da tempada. A programación pode sufrircambios e as duracións das obras son aproximadas.
O p
ape
l de
ste f
olle
to é
10
0 %
re
cic
lad
o e
fo
i pro
du
cid
o b
aixo
un
ha
xest
ión
fo
rest
al r
esp
on
sab
le.
De
pó
sito
leg
al:
C 8
73-2
019
Teatro Afundación VigoPolicarpo Sanz, 13986 120 078
Afundación @Afundacion_orgafundacion.org