Visións dende o tesón

4
Visións de (e divagacións sobre) o Tesón O presente é un artigo con vocación de inacabado: é imposible na actualidade poñer fin á evolución do tesón ou a particularidades do mesma, como o seu uso. Fálase dun xeito distendido, aportando notas para contribuír a unha visión actual dos tesóns, non como algo definitivo, de autoridade ou mesmo científico (1). --- A ría de Ribadeo, parte final da xerada polo Eo e que comeza sendo ría de Abres, ten como medida aceptada para a súa extensión 1740 ha (17,4 km 2 ou 17 400 000 m 2 ) isto é, uns 3000 campos de fútbol (2). No seu interior alberga bancos de area dos que algúns sobresaen sobre o nivel da baixamar, formando os chamados tesóns. Istos aparecen cunha superficie separada da costa e que se distingue á primeira vista dos diversos bancos de lama, máis asociados á zona costeira e interior (os da Liñeira, Os Bloques, Vilavella, As Aceas, ...) (3). Fórmanse varios tesóns separados uns dos outros por canles; cada un é como un individuo coa súa propia vida, que ó longo dos anos presenta variacións en forma, tamaño ou mesmo (a través da producións de unións e particións) do número existente, influenciados por mareas, correntes fluviais e obras sobre a ría... pero todos participan do mesmos substrato de area mariña uniforme e fina, a base de restos de cuncha na súa meirande parte, que sobresae en diversos puntos sobre a baixamar dando a imaxe de separación física (razón pola que varío de "tesón" a "tesóns" nalgúns puntos posteriores. Area, auga, marea: tres elementos que configuran, definición por medio, os tesóns. A area é o seu constituínte, o seu espírito, a súa manifestación. A auga, a vida que aporta a area e o elemento que os mantén illados, virxes e diferenciados. E a marea o seu cambio de fisionomía, ciclo a ciclo, e a súa preservación e renovación. Cambio de fisionomía que é evidente; nas cartas náuticas pódese seguir a evolución dos bancos de area, co resultado de que a derradeira editada é máis parella a un plano de 1920 (Sección Hidrográfica) que á disposición actual, máis parella en troques ós perfís que aparecen nun plano de 1957 (G.Espina). O anterior, estando en 2003, é chocante cando a Carta náutica que se pode mercar agora dice estar actualizada en agosto de 2001 aínda que os seus perfís vese que son anteriores e non actualizados nesa data. Na fig.1 fago un esbozo do perfil actual [agosto 2003] dos tesóns na marea baixa (4). A ter en conta que nestes momentos nos que escribo está en marcha o dragado da ría, que xa variou o perfil do tesón nun curto prazo de tempo. Na actualidade, e tradicionalmente, o das Figueiras, coñecido por o tesón da Berlinga, é o máis importante polo seu porte, chegando a unha altura duns dous metros sobre a cota de marea baixa (5), e máis en mareas vivas, así como máis visitado. Ten en marea baixa unha superficie descuberta que pasa dun cuarto de quilómetro cadrado, cun monto total de area estimable en máis de catro millóns de metros cúbicos (6). Ten abondo maior extensión, e tamén maior volume que os outros tres tesóns citados. A súa forma é variable segundo o estado da marea, pero na marea baixa preséntase como ovalada pola súa formación. Do mesmo xeito que da zona das Figueiras acumula Ilustración 2: Tesóns na ría de Ribadeo e circulación (2003) Ilustración 1: Tesóns na ría de Ribadeo

description

 

Transcript of Visións dende o tesón

Page 1: Visións dende o tesón

Visións de (e divagacións sobre) o TesónO presente é un artigo con vocación de inacabado: é imposible na actualidade poñer fin

á evolución do tesón ou a particularidades do mesma, como o seu uso. Fálase dun xeito distendido,aportando notas para contribuír a unha visión actual dos tesóns, non como algo definitivo, deautoridade ou mesmo científico (1).

---A ría de Ribadeo, parte final da xerada polo Eo e que comeza sendo ría de Abres, ten

como medida aceptada para a súa extensión 1740 ha (17,4 km2 ou 17 400 000 m2) isto é, uns 3000campos de fútbol (2). No seu interior alberga bancos de area dos que algúns sobresaen sobre o nivelda baixamar, formando os chamados tesóns. Istos aparecen cunha superficie separada da costa e quese distingue á primeira vista dos diversos bancos de lama, máis asociados á zona costeira e interior(os da Liñeira, Os Bloques, Vilavella, As Aceas, ...) (3). Fórmanse varios tesóns separados uns dosoutros por canles; cada un é como un individuo coa súa propiavida, que ó longo dos anos presenta variacións en forma,tamaño ou mesmo (a través da producións de unións eparticións) do número existente, influenciados por mareas,correntes fluviais e obras sobre a ría... pero todos participan domesmos substrato de area mariña uniforme e fina, a base derestos de cuncha na súa meirande parte, que sobresae endiversos puntos sobre a baixamar dando a imaxe de separaciónfísica (razón pola que varío de "tesón" a "tesóns" nalgúnspuntos posteriores.

Area, auga, marea: tres elementos que configuran,definición por medio, os tesóns. A area é o seu constituínte, oseu espírito, a súa manifestación. A auga, a vida que aporta aarea e o elemento que os mantén illados, virxes e diferenciados.E a marea o seu cambio de fisionomía, ciclo a ciclo, e a súapreservación e renovación. Cambio de fisionomía que éevidente; nas cartas náuticas pódese seguir a evolución dosbancos de area, co resultado de que a derradeira editada é máisparella a un plano de 1920 (Sección Hidrográfica) que ádisposición actual, máis parella en troques ós perfís queaparecen nun plano de 1957 (G.Espina). O anterior, estando en2003, é chocante cando a Carta náutica que se pode mercaragora dice estar actualizada en agosto de 2001 aínda que osseus perfís vese que son anteriores e non actualizados nesa data.Na fig.1 fago un esbozo do perfil actual [agosto 2003] dostesóns na marea baixa (4). A ter en conta que nestes momentosnos que escribo está en marcha o dragado da ría, que xa variouo perfil do tesón nun curto prazo de tempo.

Na actualidade, e tradicionalmente, o das Figueiras,coñecido por o tesón da Berlinga, é o máis importante polo seuporte, chegando a unha altura duns dous metros sobre a cota demarea baixa (5), e máis en mareas vivas, así como máisvisitado. Ten en marea baixa unha superficie descuberta quepasa dun cuarto de quilómetro cadrado, cun monto total de areaestimable en máis de catro millóns de metros cúbicos (6). Tenabondo maior extensión, e tamén maior volume que os outrostres tesóns citados. A súa forma é variable segundo o estado damarea, pero na marea baixa preséntase como ovalada pola súaformación. Do mesmo xeito que da zona das Figueiras acumula

Ilustración 2: Tesóns na ría de Ribadeo e circulación (2003)

Ilustración 1: Tesóns na ría de Ribadeo

Page 2: Visións dende o tesón

area máis alta pero na que se afunden os pés, pola parte de Ribadeo presenta un horizonte máisplano, con suaves afondamentos sucesivos e zonas nas que as formas de pequenas ondas suaves quedeixan as olas mancan os pés ó correr.

Polo ano 95 pasábase a pé, como se reflexa na última carta náutica dispoñible, dende azona das praias de San Román ata a Berlinga, e na actualidade, pásase dende o banco da Liñeira(dende a zona SO do tesón). O tesón ténse dividido en sectores, como outras veces, no que sedividiu en Berlinga norte e Berlinga sur, se ben hoxe está partido en catro anacos diferentes do queo principal, como xa foi dito, é o das Figueiras. Este verán, as correntes arredor do tesón, para subir,sepáranse para unha e outra canle arredor do banco de area na zona NO, e para baixar, na SO, comose amosa no gráfico (fig.2) de xeito que a auga que pasa pola canle das Figueiras vai (ou ven)exclusivamente da Liñeira.

O tesón situado hoxe fronte a Castropol déixase ver pouco, e cando a marea o permitepresenta unha forma en U cos dous picos cara á saída da ría, mentres a parte central se orienta cara áVeiga.

O situado en fronte ó peirao de Mirasol está orientado en dirección NO-SE. É o menor,tamén con diferencia, e case parece un anexo do da Vilavella pola pouca profundidade da canle queos separa, sendo tamén de non moita profundidade a canle entre el e o de Castropol. Estápracticamente na súa totalidade de superficie descuberta na beira da ría de administración galega, óigual que o da Vilavella, de maior importancia na actualidade.

O tesón da Vilavella é o único que está colonizado por vexetación de pouco tamaño , nasúa zona sur, presentando unha variación da area canto máis ó sur con máis aportes de materiaisfluviais e consistencia de lama. Este tesón está practicamente unido en mareas vivas á zona doCostal (saínte sur da enseada da Vilavella)

Correspondendo coa circulación de auga na ría, a medida que os tesóns avanzan cara óseu interior, están máis achegados á vertente occidental, deixando as canles máis profundas navertente oposta: polo chamado efecto Coriolis, a auga tende a circular na ría no sentido contrario ásagullas do reloxio, e así, na parte externa, as corrientes intensas de entrada de auga na ría dende omar, ó norte, prodúcense particularmente pola zona achegada a Ribadeo, mentres os aportes de augado río corren de xeito preferente pola zona oriental, a máis achegada a Asturias. Na zona deinfluencia preferente dunha ou outra corrente hai maior transporte de materiais, mentres que nabeira oposta hai maior depósito: na parte entre Ribadeo e as Figueiras, o tesón fórmase pegado ábeira oriental, en canto máis dentro na ría, máis pegados á beira occidental.

Os tesóns están aumentando de tamaño, teñen un maior volume a cada ano que pasa,polo que é necesario dragar a ría para facilitar a navegación ou a botadura dos estaleiros, aínda quemesmo poderían desaparecer baixo os recheos da ría, hoxe dunha magnitude comparable a algúnsdos tesóns (teño entendido que hai outro recheo xa sinalizado, a piques de comezar, na rada deMirasol) (7)

É curiosa a persistencia das estruturas que se poden realizar no tesón. En concreto, teñoa experiencia de que un montón de area feito nun momento (uns 20cm de altura) deixara unhamarca distinguible máis de catro ciclos de marea despois (se ben con bo tempo).

Os tesóns poden asombrarnos coa súa diversidade dentro do que parece ser a primeiravista unha uniformidade case total. Non só se presenta o caso da diferente marca que se fai na area ópisar, senón que as súas irregularidades son chamativas, dependendo principalmente da forza damarea a que estea sometida cada zona. Ninguén viu unha árbore no tesón, pero tamén podemosatopar nas súas beiras pequenos bancos de peixes ou mesmo alevíns que escapan ás nosas pisadasnas augas someiras, indicando unha función manifesta como centros xestores de riqueza piscícola.O anterior obsérvase mellor na suba de marea no tesón máis meridional, onde os entrantes de augaque se forman na area poden estar cheos de pequenos exemplares en profundidades da orde duncentímetro. Non tódolos tipos de peixes escapan como defensa ante as nosas pisadas. Os ariegosescóndense e de cando en cando poden dar algún susto ós visitantes. Tamén se esconden osmoluscos, pero excepción feita da zona de cultivo ó sur da Vilavella, quedan fóra da vista e daatención dos turistas dos tesóns.

Page 3: Visións dende o tesón

Os turistas ... a turismática (ocasional ou reiterada) e a turislóxica (8) amosan que ostesóns poden facer sombra á zona das Catedrais polos seus encantos: dende nadar ata eles e ter aidea de converterse nun Robinsón nunha illa deserta ou un explorador de novas terras, ata ainvasión motorizada en embarcacións de moi diferentes características, a colonización e conquistapor unhas horas dun territorio virxe e que por sorte voltará a selo na próxima baixada de mareaofrece un encanto especial. Pode acabarse xogando ó fútbol con porterías incluídas, facendo unmuro de area, dando un paseo ou correndo, tomando o sol ou admirando a vista instalado nunha pazvivificante, entre outras moitas circunstancias, o desfrute do tesón ofrece un abano de sensaciónsque vai sendo difícil atopar en outros lugares. Exceptuaría algunhas das anteriores actividades sóalgún tempo no mes de agosto, no que se poden ver na beira das Figueiras grupos de embarcaciónsabarloadas e pode que máis de tres ducías de persoas na superficie emerxida, o que elimina algo, tansó algo, desa calma e plenitude que se acada noutros momentos. Aínda neste caso, non deixa de sercurioso o cruzarse con pegadas doutra xente. Os diferentes entornos que fan as diversasinclinacións, resistencia da area, ondulacións de moitos tipos ou falta delas, cunchas nasuperficie, ... non son inacabables, pero parece mentira a súa diversidade nuns poucos metros.

E falando de turistas, os tesóns, considerados como praias exclusivamente, tampoucoteñen desperdicio. Unha baixada de marea poderase usar para volver dende a parte do tesón que daá punta Penalba ata as praias que van do estaleiro das Figueiras ata a Ponte dos Santos, facendo uncómodo paseo turístico por diante das Figueiras, sen apenas mover os brazos. Naturalmente, orecorrido contrario, á hora da subida de marea. Do mesmo xeito, resisten a comparación con eseschamados pola propaganda paraísos tropicais de praias desertas e augas transparentes: mesmo atemperatura da auga nos baxíos da zona de pendente suave é xeralmente varios graos superior aoutras partes da ría ou do Cantábrico (especialmente subindo a marea un día soleado, claro)

Por desgracia, a contaminación tamén pode observarse na súa superficie ou as súasaugas, aínda que en moita menor medida que nas praias da ría ou do mar. Se tomamos comoexemplo o chapapote, ten autolimpiado natural: na ría entrou pouco, e, ó flotar, pasou pola súa beiraou por riba, pero non depositou na súa area. Sempre é desagradable atoparse nadando á veira doTesón ... e pegarse de cara cunha masa negra flotante, unha das chamadas galletas, pero sabemosque está de paso a outros lugares menos agraciados pola natureza.

O tesón ten outras potencialidades, literarias, de estudio, invención ou mesmo para oseu uso en sentido figurado. É neste derradeiro no que quero rematar o paseo verbal polo tesón. Nunsignificado moderno, O Tesón é unha asociación veciñal. O feito de aparecer e desaparecer, peropermanecer, estar no momento apropiado, é a imaxe que se precisa para que unha asociación asípermaneza e faiga labor sen afacerse con outras obrigas ou devocións que as que se pretenden nunprincipio. E esa é a imaxe que se pretende da asociación, unha entidade que está presente emaniféstase no momento oportuno. Os estatutos son sinxelos, baseándose en buscar o ben do pobo.Para quen queira consultalos, en http://personal.redestb.es/agremon/estatutosteson.rtf (**). Corepouso, igual que os tesóns, esperamos que medre tendo en conta de non facer o equivalente aestorbar a vexetación.

Antonio Gregorio Montes

1. Como as presentes letras non pretenden reflectir un detalle, precisión e metodoloxíacientíficos, remito ós interesados á documentación doada por Isidoro Asensio que existe naBiblioteca Municipal de Ribadeo "El Viejo Pancho" sobre aspectos relacionados co tema.

2. Medidas estipuladas fai tempo, que habería que variar lixeiramente tanto pola acción naturalde fixación de terras que xa non se inundan, por exemplo, como pola acción humana derecheos.(*)

3. A ter en conta que a orixe da lama da zona interior da ría son os ríos, mentres da area dosbancos da parte exterior é o mar. Tamén, que a acumulación de area ven facilitada poladiminución de volume de auga a desaloxar da ría pola colmatación (recheo) do interior,

Page 4: Visións dende o tesón

desequilibrando a entrada e saída de material arrastrado polas correntes mareais.4. Tense unha moi boa vista do tesón das Figueiras dende a Atalaia, e do conxunto dos tesóns

dende o Parador, se ben remito ás fotos aéreas que se poden ver en Foto Miguel para terunha visión máis precisa do entorno xeográfico.

5. No Mapa Topográfico Nacional 10-III de 1999 adxudica a este tesón unha altura de 3msobre o nivel do mar, se ben neste caso considérase a altura media do Mediterráneo enAlicante. Neste mesmo documento, o máis actualizado xeográficamente que atopei en cantoa perfís, non aparecen máis tesóns visibles, pero o tesón das Figueiras aparece practicamenteco contorno actual.

6. Considerada a zona interior comprendida entre as cotas máis profundas das canles deseparación con terra firme ou os outros bancos.

7. Como cuestión lateral, pero significativa respecto dese aspecto, unha cita en relación á praiados Bloques, máis de vinte anos antes da súa construción: "Teniendo en cuenta laconfiguración de la ría y de su litoral, el origen de las arenas, exclusivamente marino, y eljuego de marejadas, corrientes y mareas, creemos muy dudoso el resultado que se pudieraconseguir con tal obra" (Hernández-Pacheco, F.; Asensio Amor, I. Sobre la formaciónartificial de una playa en la margen occidental de la ría del Eo. Boletín del InstitutoEspañol de Oceanografía nº118. Madrid 1965)

8. A fuer de informal, permítaseme introducir dúas novas palabras: turismática, como estudiodos movementos turísticos, e turislóxica, como lóxica seguida na análise do comportamentodos turistas ou veraneantes.

* O artigo foi publicado sen unha aclaración precisa:. Se se colle a Liñeira, e como referencia a ría amedio encher, a extensión que se pode obter no Sixpac é de 9,63 km², unha vez descontados os peiraos de Ribadeo. Outras correccións ou variacións poden ser feitas, co que os 8,5 km² citados porAsensio poden ser considerados unha medida válida tomada con marea baixa e incluíndo os tesóns e a Liñeira, pero non os bancos máis achegados á terra na zona de marismas e a desembocadura do río Grande. Así, segundo condicións e definición, a ría pode variar grandemente de extensión.

** Os estatutos están na actualidade en http://o-teson.blogspot.com/2008/07/estatutos-reformados-da-asociacin-de.html