· Web viewA composición pertence ao xénero das cantigas de amigo, as características máis...

54
LINGUA E LITERATURA 1º BACHARELATO TEXTOS DE AMPLIACIÓN TEXTOS LITERARIOS COMENTADOS Edicións Xerais de Galicia S.A.

Transcript of  · Web viewA composición pertence ao xénero das cantigas de amigo, as características máis...

Page 1:  · Web viewA composición pertence ao xénero das cantigas de amigo, as características máis sobranceiras que nos permiten identificala coma tal é o emprego dun eu lírico feminino

LINGUA E LITERATURA

1º BACHARELATOTEXTOS DE AMPLIACIÓN

TEXTOS LITERARIOS COMENTADOS

Edicións Xerais de Galicia S.A.

Page 2:  · Web viewA composición pertence ao xénero das cantigas de amigo, as características máis sobranceiras que nos permiten identificala coma tal é o emprego dun eu lírico feminino

TEXTO DE AMPLIACIÓNUNIDADE 1. LINGUA E SOCIEDADE: AS LINGUAS COMO SISTEMA DE COMUNICACIÓN

Que é unha lingua?As linguas que podemos observar varían enormemente. O español e o chinés son moi distintas unha doutra; o español e o inglés tamén, pero bastante menos; menos aínda o español e o italiano, o español e o galego, o español de Madrid e o de Huelva, o de Albacete e o de Ciudad Real, o do meu primo e o meu. Non hai dúas persoas que falen exactamente igual. Incluso unha mesma persoa non fala igual ao longo da toda a súa vida, nin en distintos momentos do mesmo día.

A non ser que definamos dalgunha forma o que é unha «lingua», será imposible facer un reconto. E se entendemos o termo en maneiras distintas, os resultados do reconto serano tamén. Un problema é que existe un continuo, unha diferenciación gradual, desde a lingua practicamente idéntica a si mesma que utiliza unha persoa na súa propia casa ao longo dun mesmo día, á diferenza radical que separa o español do ¡kung. Non obstante, algo de común queda entre ambas, de xeito que en ningún momento chegamos a confundir calquera lingua humana con calquera medio de comunicación animal. Ningunha lingua humana que exista ou existise se semella a nada que non sexa outra lingua humana, a calquera outra lingua humana. Algo hai de común a todas elas, que as separa das «linguaxes animais». Máis aínda: todas as linguas humanas se parecen bastante entre si. Unha mostra disto é que resulta posible dicir o mesmo en calquera lingua do mundo (diferenzas culturais e tecnolóxicas á parte) como demostraron ao longo da historia tradutores e intérpretes, pero resulta imposible traducir calquera cousa dunha lingua humana a unha «linguaxe animal».

De xeito que as linguas humanas, pese ás súas enormes diferenzas entre si, son esencialmente variantes dunha mesma cousa, igual que todos os seres humanos somos simples variantes dun mesmo tipo.

Bernárdez, E.: ¿Qué son las lenguas?, Madrid, Alianza

CUESTIÓNS1. Comenta, a partir do texto, os distintos tipos de variedades que se dan no interior das

linguas.2. Reflexiona sobre o que hai de común e mais de diferente entre as distintas linguas.

• Que tipo de criterios utilizamos para diferenciar unhas linguas doutras?• E as «linguas humanas» e as «linguaxes animais»?

Page 3:  · Web viewA composición pertence ao xénero das cantigas de amigo, as características máis sobranceiras que nos permiten identificala coma tal é o emprego dun eu lírico feminino

TEXTO DE AMPLIACIÓNUNIDADE 2. LINGUA E SOCIEDADE: AS FUNCIÓNS SOCIAIS DA LINGUA. BILINGÜISMO, CONFLITO E DIGLOSIA

Bilingüismo aditivo e subtractivoEsta distinción ten un carácter sociolingüístico e está relacionada coas actitudes lingüísticas dos individuos que se converten en bilingües. Así, a actitude positiva ou negativa das persoas cara á aprendizaxe da L2 é un factor clave no desenvolvemento dese proceso. Se non se percibe a nova lingua como unha ameaza para o mantemento da lingua e cultura da súa L1, o bilingüismo será aditivo. En cambio, se a incorporación da nova lingua se realiza sen poñer os medios precisos e se percibe como unha ameaza, o bilingüismo vivirase como subtractivo. Xa que logo, o bilingüismo aditivo supón un éxito no proceso de aprendizaxe, mentres que o bilingüismo subtractivo indica un fracaso académico no programa de ensino bilingüe.

Un aspecto especialmente interesante neste punto é a hipótese da competencia subxacente común. As habilidades implicadas no uso dunha lingua non dependen dos seus aspectos formais (da súa morfoloxía, sintaxe, vocabulario etc.), senón que están relacionadas coa adquisición de habilidades lingüísticas en xeral. Así, cando aprendemos unha lingua non só estamos a interiorizar os aspectos formais desa lingua, senón que estamos facendo algo moito máis importante: desenvolvemos as habilidades necesarias para usar a linguaxe, habilidades que son comúns a todas as persoas, independentemente dos trazos lingüísticos utilizados. Por iso, insístese na existencia dunha competencia subxacente común ao uso das distintas linguas. Esa competencia común será o resultado de aprender máis e mellor algunha das linguas, que pode ser transferida á outra ou outras linguas, coa condición de que se teña contacto con elas e exista motivación para usala(s). (...)

Por exemplo, un neno/a dunha familia estranxeira, de chegada recente, ten competencia no uso da linguaxe a partir da súa propia lingua, competencia que será utilizada para a aprendizaxe dunha nova lingua (galego, castelán ou as dúas); ademais, se aprende unha nova lingua no contexto escolar, desenvolverá certas habilidades que serán transferidas para que mellore o coñecemento da súa propia lingua. Polo tanto, o bilingüismo aditivo conséguese cando se produce un proceso bidireccional de transferencia dunha lingua a outra –da L1 á L2 e da L2 á L1– e multidireccional, no caso de que sexan tres ou máis as linguas implicadas. (...)Nos programas bilingües galego-castelán, unha instrución temperá en galego, que desenvolva as habilidades de lectura e escritura en galego (tanto para o alumnado que a ten como L1 como para quen a ten coma L2), non fomentará soamente o desenvolvemento das habilidades en galego, senón que se estarán tamén desenvolvendo competencias conceptuais e lingüísticas máis profundas, que estarán directamente vencelladas ao desenvolvemento da alfabetización no castelán. Dito con outras palabras: aínda que os aspectos superficiais (pronuncia, fluidez etc.) de galego e castelán están claramente separados, existe unha competencia cognitiva/académica subxacente que é común ás dúas linguas, e esa dimensión competencial común permite a transferencia da competencia cognitiva/académica e a relacionada coa alfabetización cara á outra lingua.

A. Fernández Paz, A. M. Lorenzo Suárez e F. Ramallo: A planificación lingüística nos centros educativos

CUESTIÓNS1. Explica coas túas propias palabras en que consiste a hipótese da competencia subxacente

común.

Page 4:  · Web viewA composición pertence ao xénero das cantigas de amigo, as características máis sobranceiras que nos permiten identificala coma tal é o emprego dun eu lírico feminino

2. Recorrendo aos argumentos que ofrece o texto, xustifica a adquisición dun bilingüismo aditivo, tanto para os galegofalantes como para os castelanfalantes.

3. Na época da ditadura franquista, os rapaces galegofalantes que eran escolarizados única e exclusivamente en castelán, pensas que acadarían un bilingüismo aditivo ou subtractivo? Que consecuencias podía traer consigo isto para a súa primeira lingua, o galego?

Page 5:  · Web viewA composición pertence ao xénero das cantigas de amigo, as características máis sobranceiras que nos permiten identificala coma tal é o emprego dun eu lírico feminino

TEXTO DE AMPLIACIÓNUNIDADE 3. LINGUA E SOCIEDADE: O GALEGO E A SÚA HISTORIA: PERÍODO DE FORMACIÓN. AS ORIXES

A romanización da GallaeciaOs factores que contribuíron a esa intensa romanización foron moitos e variados: a vida militar, que presenta

un dobre aspecto: por unha parte a chegada aquí das lexións, e por outra a emigración de moitos indíxenas como lexionarios, que se van relacionar en latín con xente de todo o imperio e que ao voltaren ás súas terras traerán novas técnicas, novos obxectos etc., e polo tanto a nova lingua. O comercio: os mercadores levan aos núcleos urbanos indíxenas as novidades da cultura romana. Novas e máis adiantadas técnicas facían prosperar as vellas industrias, o que puña en contacto as cidades hispánicas con todo o Imperio romano, xa que os produtos das súas industrias circulaban así por todo o mundo coñecido. Tamén na agricultura proporcionan os romanos aos castrexos grandes adiantos: apréndenlles procesos novos de cultivar a terra e danlles instrumentos moito máis axeitados para o desenvolvemento dunha agricultura máis progresiva.

Como é fácil supor, estes adiantos na cultura material levaban consigo unha romanización lingüística, xa que cos novos obxectos ían as novas palabras. Todo iso fíxose posible nun curto espazo de tempo grazas á admirable rede de comunicacións, a cal facilitou tamén a baixada dos castrexos das montañas para formar agrupamentos ao lado das estradas; ese asentamento rematou coas loitas tribais que existiron segundo sabemos polos escritores romanos.

O último factor que entrou en xogo foi o cristianismo. A Gallaecia e as Asturias, que chegaban polo sur ata o río Douro e polo leste a Cantabria, tiveron desde o principio unha grande autonomía dentro da Hispania Citerior, e no ano 216, con Caracalla, constituíron unha provincia á parte, baixo o nome de Gallaecia. Os límites xeográficos desta provincia teñen unha grande importancia, xa que presenta, ata hoxe, un léxico común, e foi tamén dentro destes límites onde se deron os memos fenómenos de evolución lingüística que van separar o conxunto de falas pertencentes ao NO peninsular da fala castelá que se está a formar ao sur de Cantabria e norte de Burgos:

a) a conservación do F- (lat. FARINAM, gal. fariña fronte ao castelán harina).b) o paso de LY e C´L a ll (lat. mulierem, oculum, gal. muller, ollo fronte ao castelán mujer, ojo.c) a conservación de -MB- (lat. lumbrum, gal. lombo fronte ao castelán lomo).d) J-, GE- > *z > *s (lat. januarium, gal. xaneiro fronte ao castelán enero; lat. generum, gal. xenro fronte ao

castelán yerno). e) -SCE- > *s lat. piscem, fascem, gal. peixe, feixe fronte ao castelán pez, haz).As falas astur-leonesas coinciden exactamente co galego nestas mesmas solucións.

Constantino García: Galego onte, galego hoxe

CUESTIÓNS1. Que factores condicionaron a romanización da Gallaecia?2. Cales son os trazos que caracterizan as linguas do noroeste peninsular?

Page 6:  · Web viewA composición pertence ao xénero das cantigas de amigo, as características máis sobranceiras que nos permiten identificala coma tal é o emprego dun eu lírico feminino

TEXTO DE AMPLIACIÓNUNIDADE 4. LINGUA E SOCIEDADE: O GALEGO E A SÚA HISTORIA: O GALEGO ANTIGO, SÉCULOS IX-XV

O NACEMENTO DA LINGUA GALEGAEu son a LINGUA GALEGA, idioma en que estades a ler agora mesmo. Vouvos contar a historia da miña vida,

unha vida longa, chea de grandes momentos, mais tamén de circunstancias adversas. A que algunha vez vos fixestes perguntas como estas: ¿De onde vén a lingua que falo? ¿Houbo algunha época en Galiza en que non se falase máis que galego? ¿Por que hai nenos, nacidos en Galiza coma min, que non falan galego?

Proveño dunha familia de alta estirpe; o meu pai é o latín, e teño varios irmáns, un deles xemelgo, o portugués, mais tamén outros como o catalán, o castelán, o francés, o italiano etc.

En min está sintetizada toda a historia e a personalidade do pobo a que pertencedes, e podemos afirmar que Galiza só existe desde que eu existo. Nacín cos vosos devanceiros, convosco sigo a vivir e cos vosos fillos continuará a miña existencia.

ONDE COÑECEREDES CÓMO FUN A LINGUA NORMAL DE GALIZA DURANTE 700 ANOSVin ao mundo arredor do século IX d.C., filla do latín, nun lugar chamado Gallaecia, cuxa extensión superaba amplamente as actuais fronteiras do país; por nacer na Gallaecia puxéronme por nome Galega. ¿Que vos parece se coñecemos un pouco máis do meu lugar de nacemento?

Durante séculos houbo na Península Ibérica dúas realidades políticas dominantes, a Gallaecia cristiá e a Hispania árabe. A medida que eu me ía formando e diferenciando do latín, foise estabelecendo na Gallaecia unha autoridade real, na que Galiza era o centro de poder e mesmo os reis, desde o reinado de Ordoño II, ostentaban o título de emperadores. Tanto fose desde Galiza, Asturias ou León, todos se titulaban reis da Gallaecia e moitos asentaron a súa capital en Santiago ou na parte occidental do territorio. ¿Sabíades que tivemos moitos reis, todos galego-falantes? Ramiro I, Afonso II, Ramiro II, Afonso V, García, Afonso VI... Así se demostra na crónica castelá que narra como recebeu Afonso VI en Toledo a triste nova da morte do seu fillo:

y en la lengua que se usaba dijo con dolor y lágrimas que quebraba el corazón: «Ai meu fillo! ¡Ai meu fillo! ¡Alegría do meu corazón e lume dos meus ollos, solaz da miña vellez!...»

X. R. Freixeiro Mato e A. Gómez Sánchez: Historia da Lingua Galega

CUESTIÓNS1. Intenta responder as preguntas do primeiro parágrafo.2. Xustifica por que se sinala o portugués como irmán xemelgo do galego.3. Explica coas túas propias palabras a seguinte afirmación: «Galiza só existe desde que eu existo». Estás de acordo

con ela? Debatédeo na clase.4. Busca información dos diferentes reis que se nomean no texto.5. Continúa ti a historia da lingua galega ata o período dos Séculos Escuros. Faino tamén en primeira persoa, coma

se foses ela, continuando coa personificación.

Page 7:  · Web viewA composición pertence ao xénero das cantigas de amigo, as características máis sobranceiras que nos permiten identificala coma tal é o emprego dun eu lírico feminino

TEXTO DE AMPLIACIÓNUNIDADE 5. LINGUA E SOCIEDADE: O GALEGO E A SÚA HISTORIA: O GALEGO MEDIO, SÉCULOS XVI-XVIII

A defensa do idioma maternoUn non aguanta cando sente que alguén esqueceu o seu idioma nativo. Que diremos dos que fixeron por esquecelo? É unha necesidade pensar que poida haber unha lingua, viva ou moirta, que sexa mellor para explicar os seus conceptos ca aquela que cada un mamou e usou en toda a súa infancia.

É moi útil que se estuden, se saiban, se entendan e se falen linguas estrañas, pero sen esquecer a nativa. Antes ben, débese procurar que as estrañas sirvan para entender e mellorar a propia. Xa se irá vendo neste glosario que a lingua galega non teñen por que desprezala os casteláns palurdos, que non a entenden, e non falan senón coma un papagaio aprendiz, nin merece ser esquecida dos nativos, aínda que leven moitos anos en rexións remotas.

F. Martín Sarmiento

CUESTIÓNS1. Quen foi frei Martín Sarmiento?2. Expresa a túa opinión sobre o contido do texto. Cres que segue a ter actualidade tres séculos despois?

Page 8:  · Web viewA composición pertence ao xénero das cantigas de amigo, as características máis sobranceiras que nos permiten identificala coma tal é o emprego dun eu lírico feminino

TEXTO DE AMPLIACIÓNUNIDADE 6. LINGUA E SOCIEDADE: O GALEGO E A SÚA HISTORIA: O GALEGO MODERNO: DO SÉCULO XIX ATA 1916

O Rexurdimento¿Cal é, ó final, o balance que se pode facer do Rexurdimento? Houbo un avance, isto é innegable, no terreo do cultivo poético, e non porque durante o XVII, o XVIII e os inicios do XIX non se chegase a publicar ningún texto, senón porque de 1840 en diante se asistiu a un notable incremento da producción coroado polas obras hoxe clásicas de Rosalía, Curros e Pondal. Tampouco consistía novidade, en sentido estricto, a elaboración de prosa e teatro en lingua galega, pois iso xa se fixera esporadicamente na época pregaleguista anterior ó Rexurdimento (...). En troques disto, a aparición de publicacións periódicas escritas integramente en idioma galego si supuxo unha novidade digna de ser subliñada, pois ábrelle irrenunciablemente campo de cultivo a unha lingua que necesitaba perentoriamente ampliar horizontes; merecen lembrarse aquí sobre todo O Tío Marcos d’a Portela, O Galiciano e A Monteira (...).

Nesta orde de cousas hai que situar a producción gramatical e lexicográfica que se foi publicando desde a década de 1860. Salvo a Gramática gallega (1868) de Saco Arce, ningunha destas obras era parangonable ao labor inxente realizado por Sarmiento no século XVIII, pero, en cambio, as súas posibilidades de influír efectivamente no corpo social foron maiores cás da obra do benedictino (...). O primeiro diccionario galego publicado foi o Diccionario gallego-castellano (1863) de Fancisco Javier Rodríguez; o primeiro texto gramatical, o Compendio de gramática gallega-castellana (1864) de Francisco Mirás; virían logo El habla gallega (1868) de Cuveiro Piñol, a Gramática gallega (1868) de Saco Arce, o Diccionario gallego (1876) de Cuveiro Piñol e o Diccionario gallego-castellano (1884) de Marcial Valladares (...).

Á parte disto, outro dos grandes froitos do Rexurdimento foi o feito de que con el se puxo sobre a mesa o debate público sobre o porvir do idioma de Galicia, aínda que daquela tal debate soamente lle interesaba a unha minoría cultivada que se encontraba no dilema de abandonar definitivamente o galego, como fixeran e viñan facendo as clases sociais a que ela pertencía, ou loitar pola súa pervivencia. Mais ó finaliza-lo século XIX a introducción do galego no ensino, na vida relixiosa ou nas diversas administracións civís continuaba sendo unha quimera.

Eu creo que as aspiracións que durante aquelas décadas expresaron persoas como Juan Manuel Pintos, Manuel Murguía, Rosalía de Castro, Juan Antonio Saco Arce, Antonio de la Iglesia, Valentín Lamas Carvajal, Alfredo Brañas e outros se viron fanadas polas propias limitacións dos rexurdimentistas. Reclamaban a rehabilitación social do galego, pero a sociedade na que predicaban isto, moito máis forte como grupo ca eles como individuos, non estaba preparada sequera para comprender esta proposta, canto máis para aceptala e poñela en práctica. Procedentes case todos eles dos minoritarios sectores cultivados que xa abandonaran o galego e que como grupo o desprezaban, non foron capaces de superar no terreo persoal o férreo convencionalismo que en materia de idioma imperaba naquela Galicia e non asumiron o galego como lingua válida para todo. En xeral a súa práctica lingüística non foi consecuente coas ideas que propalaban, e isto sen dúbida tivo que lles restar creto e capacidade de persuasión ante a cidadanía en xeral, e máis particularmente ante as persoas da súa mesma posición social menos proclives ó galeguismo (...).

Ramón Mariño Paz: Historia da lingua galega

CUESTIÓNS1. Cales foron as verdadeiras novidades que achegou o Rexurdimento á historia da lingua galega, segundo o autor

do texto?2. No plano sociolingüístico, cal é o prexuízo que non superaron os principais protagonistas do Rexurdimento

galego, segundo o texto?

Page 9:  · Web viewA composición pertence ao xénero das cantigas de amigo, as características máis sobranceiras que nos permiten identificala coma tal é o emprego dun eu lírico feminino

TEXTO DE AMPLIACIÓNUNIDADE 7. LINGUA E SOCIEDADE: VARIACIÓN INTERNA DA LINGUA: OS REXISTROS LINGÜÍSTICOS

A lingua da rede: o inglés e a paralinguaÉ a xuventude a que aceptou máis axiña as normas do xogo da rede ó se-lo grupo máis preparado para o acceso á informática (falta de reparo, convivencia cos ordenadores desde a infancia, manexo do inglés...) ó que se lle engade o desexo de descubrir novos mundos e culturas característico deste grupo de idade. (...) Partindo da base da xuventude dos que acceden maioritariamente á rede, tampouco nos ha de estraña-la enorme tendencia á absorción de anglicismos que presenta este grupo. (...)

A consecuencia directa deste convivir coa lingua saxoa constitúena a multitude de anglicismos que se descobren nos espazos frecuentados polos surfeadores, hackers e demais usuarios dos sitios da Internet, quen por medio dun simple search poden atopar aquel top ou aquel colega que xa hai tempo quería recibi-la música do grupo de moda, pero esquecera atacar ou atachea-lo file no último mail. Todo isto está a crear unha nova e incontrolable tradición de discurso que está funcionando, en cada unha das linguas diferentes do inglés, como acicate para o cambio lingüístico.

Denomino aquí paralingua todos aqueles recursos tipográficos que se desenvolven co teclado do ordenador coa fin de simbolizar un referente concreto: iconos, ideogramas etc. sen barreiras lingüísticas. (...)

Ideogramas: Para que as chamadas «conversas virtuais» teñan realmente carácter de imitación dun diálogo oral habitual, cómpre botar man de determinados elementos (sempre gráficos) que permitan a impresión de observacións de tipo irónico, de exclamación, de tristura etc. Este tipo de ideogramas son tamén coñecidos co nome de Emoticons (conxunto de iconos especializados na expresión de emocións). En 1980, Scott Fahlman foi o primeiro en utiliza-lo primeiro, e máis sinxelo, ideograma; o coñecido «Smiley». Xirando a cabeza cara abaixo e á esquerda podemos descubrir que estamos ante unha cara humana onde os dous puntos representan os ollos, o trazo o nariz e a paréntese un sorriso. Partindo deste concepto desenvolvéronse multitude de novos ideogramas:

; ) sorriso cun chisco de ollo: D o usuario estase a rir de ti: DDD o usuario estase a rir de ti a gargalladas (...)Xunto a este aparato iconográfico cabe apuntar todos aqueles mecanismos gráficos que posibilitan a expresión

de determinados riscos prosódicos, así, o asterisco denota expresión de sentimento ou de marcación exclusiva da palabra que acompaña:

> A ti xa sei que non che importa, pero a *min* si, e *moito* > De veras que *non* sei de que me falasOutra posibilidade moi aceptada é a de escribir con maiúsculas as palabras que se queren salientar:> ¿Estás seguro de que lle queres EN SERIO ou é só un dos teus xogos?Tamén é común a repetición dos signos de interrogación ou de admiración para remarca-la intención:> Noraboa!!!!!!!

María Xesús Bello Rivas: «O ordenador como medio de comunicación lingüística: entre oralidade e escrita», Cadernos de Lingua, 17

CUESTIÓNS1. Resume as características da linguaxe empregada na mesaxería electrónica, correos electrónicos ou chats. Que

pretendemos os usuarios co emprego destes recursos? Pon exemplos doutros recursos que se utilizan con estes mesmos fins, como abreviaturas do tipo ‘xq’ = porque, ou onomatopeas.

2. Elabora unha listaxe o máis ampla posible de Emoticons (tamén podes inventar algunha que che pareza útil e que non estea fixada polo uso).

3. Analiza a túa propia fala na busca de anglicismos. Despois entre toda a clase facede unha posta en común, clasificándoos por campos semánticos. Que campos semánticos predominan? A que cres se debe? Consideras que se trata dun fenómeno prexudicial para as diferentes linguas?

Page 10:  · Web viewA composición pertence ao xénero das cantigas de amigo, as características máis sobranceiras que nos permiten identificala coma tal é o emprego dun eu lírico feminino

TEXTO DE AMPLIACIÓNUNIDADE 8. LINGUA E SOCIEDADE: AS LINGUAS DO MUNDO. A EUROPA MULTILINGÜE

A crónica dunha morte anunciadaA diversidade lingüística e cultural das tribos humanas está desaparecendo a gran velocidade. Se non modificamos os factores que provocan este proceso, entre un 75 e un 90 por cento das seis mil linguas faladas hoxe terán deixado de falarse no ano 2100. Como en todo desastre destas características non se trata dunha morte natural (algo do tipo «uns chegan, outros se van»); a palabra xusta neste caso é a de asasinato. As linguas desaparecen como consecuencia do terrible impacto que o imperialismo occidental está ocasionando: os sistemas educativos formais, os medios de comunicación e en particular a televisión (o que non sae na televisión non existe ou non é certo) silencian as voces diverxentes e producen o que xa se ten chamado a McDonaldización do mundo. As febles linguas minoritarias non teñen apenas posibilidades de sobrevivir nese contexto porque o aumento das comunicacións a distancia e a universalización do coñecemento salvagardan o prestixio exclusivo dunhas poucas linguas. As autoestradas da información, as novas tecnoloxías ou a construción de entidades políticas supra-estatais preséntansenos como luxos de última moda ante os que, segundo nos canta unha publicidade máis que tendenciosa, paga a pena perder as raíces culturais de noso. Cun século de marxe non semella en absoluto doado remediar este desenlace: a globalización mata.

De entrada, podería pensarse que a perda do mosaico de linguas faladas no centro de África, no Cáucaso ou nas illas do Pacífico (tres áreas xeográficas onde a relación entre diversidade de linguas e número de habitantes é particularmente densa) podería ser unha vantaxe. Algúns ilusos pensarán que a homoxeneización permitirá que, por fin, como soñaba Leibniz, o ser humano poida entenderse mellor cos seus semellantes. Con todo, non nos entendemos mellor cos veciños por coñecer o dialecto que falan; as estratexias de comprensión deben de viaxar por camiños que non son de índole exclusivamente lingüística. O que parece aveciñarse, máis ben, é o dominio das linguas mellor abeiradas á sombra do poder, de forma que a lingua deixa de ser un sistema de comunicación ou un sistema de representación das ideas para se converter, ante todo, nun dispositivo de riqueza. As pouco exploradas relacións entre linguaxe e poder saen agora á luz porque as persoas que se senten seguras das linguas que falan expoñen mellor as súas ideas, son máis convincentes e expresivas, escriben máis cartas, informes, reclamacións e suxestións, acoden aos tribunais internacionais, forman opinión e espallan as súas ideas dunha forma impensable para quen fala linguas sen acceso á escrita, linguas sen prestixio. Como a perda de linguas e culturas diferentes resulta moi semellante á perda de diversidade biolóxica, nos últimos anos unha lingüística comprometida cos valores éticos comezou a esgrimir argumentos a favor da linguo-diversidade e nos medios académicos fálase xa dunha nova disciplina: a Ecolingüística.

Teresa Moure: Grial, núm. 160 (2003)

CUESTIÓNS1. Estás de acordo coa opinión que expresa a autora sobre a influencia da globalización no mantemento da

diversidade lingüística? Por que? Podes atopar exemplos concretos da McDonaldización extraídos da túa vida cotiá?

2. Cres que sería posible aproveitar os instrumentos e recursos que ofrece o actual mundo globalizado na dirección contraria, isto é, en lugar de provocar a homoxeneización, poñelos ao servizo da diversidade? Ocorréseche algunha idea neste sentido?

3. En que medida consideras que o dominio lingüístico pode outorgar poder? Que tipo de dominio lingüístico e que clase de poder? Intenta poñer exemplos concretos.

4. Busca información en Internet sobre a nova disciplina da que se fala no texto, a Ecolingüística.

Page 11:  · Web viewA composición pertence ao xénero das cantigas de amigo, as características máis sobranceiras que nos permiten identificala coma tal é o emprego dun eu lírico feminino

TEXTO DE AMPLIACIÓNUNIDADE 9. LINGUA E SOCIEDADE: AS LINGUAS DA PENÍNSULA IBÉRICA

Linguas en contacto en España: antecedentes históricosNo século XVIII a instauración dos Borbóns no trono español representou a adopción do modelo de Estado unitario francés tanto na orde administrativa como na lingüística. Unha política que de conseguir modernizar España posiblemente acadaría os seus obxectivos, pero a mediados do século XIX España parecía incapaz de superar a súa decadencia. E foi daquela cando xurdiron os nacionalismos periféricos e se reformulou o nacionalismo español.

En Cataluña, aínda que o castelán era a lingua da administración e do poder político, e tamén a lingua da cultura escrita, o catalán seguía sendo a lingua habitual da poboación. A difusión das ideas do romanticismo, reivindicando as linguas e as tradicións populares, provocou un renacemento literario e unha recuperación dos usos cultos do catalán. Pero, paralelamente, en Cataluña producírase un importante desenvolvemento industrial, e a conxunción entre os dous movementos e a impresión de que España non estaba en condicións de asumir nin a súa pluralidade nin os novos supostos económicos provocaron a eclosión dun nacionalismo que pronto contou cun amplo consenso social. Nas Illas Baleares e en Valencia, territorios onde tamén se mantiña o uso do catalán nas súas variedades locais, floreceu un certo renacemento literario pero non un movemento de reivindicación política.

No País Vasco, pola mesma época, produciuse como en Cataluña unha afirmación da identidade colectiva e un proceso de industrialización. A diferenza de Cataluña, a lingua vasca non tiña unha tradición literaria importante e só contaba cunha minoría de falantes, de xeito que a afirmación da identidade referíase en primeiro lugar á herdanza étnica e cultural. E tamén a diferenza de Cataluña o proceso de industrialización nun primeiro momento foi visto como unha ameaza á identidade e ás tradicións vascas e só lentamente se produciu unha aproximación.

Finalmente en Galicia o uso do galego era aínda máis xeral que o do catalán en Cataluña. Pero Galicia era unha rexión economicamente deprimida e a lingua aparecía como ligada á pobreza e á ignorancia. E aínda que houbo un movemento de renovación literaria, como non coincidiu cun desenvolvemento económico nin xurdiu unha clase burguesa capaz de apoiar as novas formulacións, a reivindicación política da identidade galega quedou reducida a algúns grupos intelectuais.

A República española, instaurada en 1931, procurou responder a estas aspiracións aprobando estatutos de autonomía para Cataluña, e logo para o País Vasco e para Galicia, pero foron de curta duración. O réxime franquista, xurdido da guerra civil de 1936, adoptou unha política rixidamente centralista e unificadora en canto á lingua.

Miquel Siguan: Bilingüismo y lenguas en contacto

CUESTIÓNS1. Resume as diferenzas que destaca Miquel Siguan entre Cataluña, o País Vasco e Galicia, canto á situación

sociolingüística das súas linguas propias.2. Reflexiona a partir do texto sobre a relación entre a situación económica e política dun grupo lingüístico e a

vitalidade da súa lingua.3. Que cres que quere dicir o autor coa afirmación «unha política que de conseguir modernizar España posiblemente acadaría os seus obxectivos»?

Page 12:  · Web viewA composición pertence ao xénero das cantigas de amigo, as características máis sobranceiras que nos permiten identificala coma tal é o emprego dun eu lírico feminino

TEXTO DE AMPLIACIÓNUNIDADE 10. LINGUA E SOCIEDADE: O PORTUGUÉS E A LUSOFONÍA

Cabo Verde e Galiza afianzan as súas relacións culturais e comerciais nas xornadas GaleguiaCabo Verde foi o protagonista da primeira edición das xornadas Galeguia, organizadas pola Fundación Via Galego e que teñen como principal obxectivo achegar cada ano un país de fala galego-portuguesa ao público da Galiza. A cultura, o turismo e a pesca foron os principais eixos sobre os que xiraron as actividades deste encontro, que tivo lugar na Coruña, Santiago e Vigo do 17 ao 20 de outubro.

Segundo Ângelo Gonçalves, director de actividades da Fundación Via Galego, «foi unha experiencia extraordinaria en que comprobamos en primeirísima persoa a potencialidade internacional da nosa lingua». «A Fundación está plenamente satisfeita co desenvolvemento das xornadas. Foron realizados moitos contactos entre caboverdianos e galegos e temos firmes esperanzas de que se concreten nos próximos meses motísimas parcerías, xa que estamos completamente certos de que eses primeiros contactos van dar lugar a moitísimos outros».

Entre estes contactos que sinala Gonçalves destaca unha visita comercial que a primeiros do ano próximo van realizar a Cabo Verde empresarios do sector pesqueiro, segundo se anunciou nunha mesa redonda celebrada no Centro Tecnolóxico do Mar, en Vigo. Tamén cabe destacar o encontro entre empresarios do sector turístico de ambos os dous países.

Mesas redondas, un recital poético, unha proxección de documentais ou un obradoiro de música popular caboverdiana foron parte tamén das xornadas Galeguia, nas que en ningún momento foi necesaria a utilización de tradutores. «Resultou sorprendente constatar en determinados axentes a consciencia plena da capacidade da nosa lingua, que foi en todo momento utilizada por persoas que mesmo non a utilizan habitualmente, porén que decidiron empregala para se comunicaren cos caboverdianos», asegura Ângelo Gonçalves, quen afirma que «moita xente nos fixo chegar que xornadas como estas de fundacións como Via Galego son da máxima utilidade e necesidade para o país».

Longa Lingua, nº 10

CUESTIÓNS1. Reflexiona sobre as posibles relacións entre o mundo económico-empresarial e as linguas.2. Debatede na clase sobre outras posibles vías de contacto entre os países lusófonos e Galicia, como por

exemplo que se puidesen ver as televisións portuguesas en Galicia.3. Que vantaxe temos os galegos para relacionarnos cos países da denominada lusofonía e como poderiamos aproveitala en maior medida?

Page 13:  · Web viewA composición pertence ao xénero das cantigas de amigo, as características máis sobranceiras que nos permiten identificala coma tal é o emprego dun eu lírico feminino

TEXTOS LITERARIOS COMENTADOSUNIDADE 14. A LÍRICA MEDIEVAL I: A CANTIGA DE AMIGO E A CANTIGA DE AMOR

Page 14:  · Web viewA composición pertence ao xénero das cantigas de amigo, as características máis sobranceiras que nos permiten identificala coma tal é o emprego dun eu lírico feminino

TEXTO 1

Martín Codax

Mandado hei comigoca vén meu amigo,e irei, madre, a Vigo.

Comigo hei mandadoca vén meu amado,e irei, madre, a Vigo.

Ca vén meu amigoe vén san e vivo,e irei, madre, a Vigo.

Ca vén meu amadoe vén vivo e sano,e irei, madre, a Vigo.

Ca vén san e vivoe d’El Rei amigo,e irei, madre, a Vigo.

Ca vén vivo e sanoe d’El Rei privado,e irei, madre, a Vigo.

COMENTARIOA presente cantiga foi composta a partir da segunda metade do século XIII polo xograr, posiblemente vigués,

Martin Codax. Trátase dunha das sete composicións que se conservan do autor contidas no chamado Pergamiño Vindel, folla do estilo das empregadas polos xograres nas súas representacións. Como peculiaridade, cómpre salientar que esta é unha das seis composicións que chegaron a nós coa notación musical, importantísimo para sabermos como era a melodía deste tipo de cantigas.

A composición pertence ao xénero das cantigas de amigo, as características máis sobranceiras que nos permiten identificala coma tal é o emprego dun eu lírico feminino (segundo a Arte de Trobar, trazo definitorio das cantigas de amigo); a presenza do amigo e, neste caso, a figura da nai como interlocutora da namorada.

No poema, unha moza ten noticia do regreso do seu amigo, san, vivo e como privado do rei, polo cal se alegra e anuncia á súa nai o desexo de ir a Vigo recibilo, cidade recorrente na obra des te xograr. Débese interpretar que o amigo regresa da guerra, concretamente dalgunha campaña de reconquista das promovidas polos reinos cristiáns no sur da Península contra os musulmáns, xa que este tipo de composicións se adoitaban interpretar con motivo da marcha das hostes cristiás enviadas a Andalucía.

Tocante á estrutura, a idea principal, o regreso do amigo, aparece exposta na primeira estrofa (Mandado hei comigo / ca vén meu amigo, / e irei, madre, a Vigo). As restantes cinco estrofas repiten este motivo principal con lixeiras variacións e sen apenas progresión. Esta estrutura repetitiva, idónea para o canto, conséguese a través dunha serie de artificios literarios, típicos da lírica medieval galego-portuguesa, que pasamos a comentar.

Dende o punto de vista formal, a composición axústase totalmente á tradición da cantiga de amigo. Está composta por estrofas de dous versos pareados máis un refrán, e seguen o paralelismo, que é o trazo máis significativo deste tipo de cantigas.

O paralelismo é un procedemento repetitivo que enlaza as estrofas de dúas en dúas, facendo que os versos da segunda estrofa sexan unha pequena variante dos versos da primeira. Cada unha das estrofas presenta dous versos seguidos dun refrán, tal e como observamos na cantiga de Martin Codax:

Page 15:  · Web viewA composición pertence ao xénero das cantigas de amigo, as características máis sobranceiras que nos permiten identificala coma tal é o emprego dun eu lírico feminino

Mandado hei comigo Aca vén meu amigo, Be irei, madre, a Vigo. refrán

Comigo hei mandado A’ca vén meu amado, B’e irei, madre, a Vigo. refrán

Ademais do paralelismo, a composición estrutúrase mediante outro dos procedementos formais típicos das cantigas de amigo que serve para encadear os sucesivos pares de estrofas: trátase do leixaprén. Este recurso consiste na repetición dos segundos versos dun par de estrofas como primeiros versos do par seguinte, tal e como podemos comprobar:

Mandado hei comigo Aca vén meu amigo, Be irei, madre, a Vigo. refrán

Comigo hei mandado A’ca vén meu amado, B’e irei, madre, a Vigo. refrán

Ca vén meu amigo B (2º verso recollido da 1ª estrofa do 1º par)e vén san e vivo, Ce irei, madre, a Vigo. refrán

Ca vén meu amado B’ (2º verso recollido da 2ª estrofa do 1º par)e vén vivo e sano, C’e irei, madre, a Vigo. refrán

A xeito de conclusión, pódese dicir que esta composición escrita por Martin Codax ao xeito tradicional serve de exemplo perfecto para ilustrar en que consiste a cantiga de amigo, xénero máis significativo da nosa lírica medieval por presentar características temáticas e formais que o distinguen do resto da lírica galego-portuguesa, características que beben da tradición popular do noso pobo, anterior ao trobadorismo.TEXTO 2

Don Denís, Rei de Portugal

Senhor, en tan grave díavos vi que non poderíamais; e por Santa Maríaque vos fez tan mesurada,doédevos algún díade mi, senhor ben talhada.

Pois sempre ha en vós mesurae todo ben e cordura,que Deus fez en vós feitura qual non fez en mulher nada, doédevos algún díade mi, senhor ben talhada.

E por Deus, senhor, tomade mesura por gran bondade

Page 16:  · Web viewA composición pertence ao xénero das cantigas de amigo, as características máis sobranceiras que nos permiten identificala coma tal é o emprego dun eu lírico feminino

que vos el deu, e catadequal vida vivo coitada,e algún doo tomadede mi, senhor ben talhada.

COMENTARIOA presente composición é obra do rei Don Denís, que viviu dende 1261 a 1325 e foi o autor que maior número de composicións nos deixou nos Cancioneiros. Consérvanse cento trinta e oito cantigas, das cales setenta e tres son de amor, cincuenta e unha de amigo, once de escarnio e tres pastorelas. A profesora Carolina Michaëlis estima que esta produción debe datar do período comprendido entre os dezasete e os corenta anos.

Senhor, en tan grave día é unha cantiga de amor na cal aparece un bo número dos tópicos que conforman a singularidade da cantiga de amor galego-portuguesa fronte á cançó provenzal; xénero que inaugurou o amor cortés e que foi o modelo que inspirou os compositores de Galicia e Portugal.

Na cantiga, composta de tres estrofas (ou cobras, como se denominan na Arte de Trobar), o trobador invoca a senhor para que se apiade del pola coita que padece dende o momento en que a viu. A súplica por parte do trobador para que a senhor sinta compaixón del é o tema principal da cantiga, reforzado polo último par de versos de cada estrofa, onde está incluído o refrán (doédevos algún día / de mi, senhor ben talhada).

A primeira estrofa comeza cun dos tópicos máis comúns da cantiga de amor, isto é, o amor a primeira vista. O motivo da primeira visión como orixe da coita ten, na maioría dos casos, un enfoque negativo e son comúns as expresións de maldición do día en que tivo lugar ese primeiro encontro, tal e como acontece na cantiga de Don Denís: Senhor, en tan grave día / vos vi que non podería / mais).

Na segunda estrofa introdúcese o tópico da descrición da amada. Como manda a tradición da lírica amorosa galego-portuguesa, a amada é unha dama abstracta, idealizada e intanxible, de aí que a descrición sempre empregue fórmulas moi vagas relativas á súa maneira de ser (e por Santa María / que vos fez tan mesurada; Pois sempre ha en vós mesura/e todo ben e cordura; E por Deus, senhor, tomade / mesura por gran bondade/que vos el deu); a calidades relativas á súa fermosura (que Deus fez en vós feitura / qual non fez en mulher nada) ou ao talle perfecto (senhor ben talhada).

Na terceira e última estrofa faise referencia explícita ao trazo máis peculiar da escola galego-portuguesa: a coita (e catade / qual vida vivo coitada). Fronte ao amor físico e ao joi (alegría) da cançó, na cantiga de amor galego-portuguesa predomina o amor platónico e a frustración amorosa que se traduce na coita de amor.

Polo que respecta á forma da composición, esta é unha cantiga de refrán, posto que presenta un retrouso ao final de cada cobra (de mi, senhor ben talhada). Este trazo compárteno parte das cantigas de amor –as que non son de mestría– coas cantigas de amigo. O paralelismo propio das cantigas de amigo tamén está presente nesta composición e prodúcese entre os penúltimos versos das dúas primeiras estrofas, versos que anteceden o refrán (doédevos algún día / de mi, senhor ben talhada). Na última estrofa, este verso sofre unha variación que rompe o paralelismo (e algún doo tomade / de mi, senhor ben talhada), o que serve para acentuar a súplica dirixida á senhor.

O esquema métrico é a a a b a b; c c c b a b; d d d b a b con versos octosílabos, típicos das cantigas de amor. Posto que o esquema de rimas é diferente para cada unha das estrofas, estas reciben o nome de cobras singulars. A rima é consonante e femia, xa que os versos rematan en sílaba grave.Polo que acabamos de comentar, esta cantiga de amor é un exemplo representativo da escola galego-portuguesa, tanto pola súa forma (neste caso por ser unha cantiga de refrán, forma que comparte coas cantigas de amigo, xenuinamente galegas) como polo seu contido (ao aparecer os tópicos da senhor e da coita propios desta escola trobadoresca).

Page 17:  · Web viewA composición pertence ao xénero das cantigas de amigo, as características máis sobranceiras que nos permiten identificala coma tal é o emprego dun eu lírico feminino

TEXTOS LITERARIOS COMENTADOSUNIDADE 15. A LÍRICA MEDIEVAL II: A CANTIGA DE ESCARNIO. A PASTORELA E OUTROS XÉNEROS

Page 18:  · Web viewA composición pertence ao xénero das cantigas de amigo, as características máis sobranceiras que nos permiten identificala coma tal é o emprego dun eu lírico feminino

Afonso X

Non quer’eu donzela feaque ant’a mia porta pea.

Non quer’eu donzela feae negra come carvón,que ant’a mia porta peanen faga come sisón.Non quer’eu donzela feaque ant’a mia porta pea.

Non quer’eu donzela feae velosa come can,que ant’a mia porta peanen faga come alermán.Non quer’eu donzela feaque ant’a mia porta pea.

Non quer’eu donzela feaque ha brancos os cabelos,que ant’a mia porta peanen faga come camelos.Non quer’eu donzela feaque ant’a mia porta pea.

Non quer’eu donzela fea,velha, de maa cor,que ant’a mia porta peanen me faça i peior.Non quer’eu donzela feaque ant’a mia porta pea.

COMENTARIODentro do conxunto das composicións burlescas, que consitúen o terceiro conxunto canónico do lirismo medieval galego-portugués, estamos diante dunha cantiga pertence ao xénero de maldicir. O motivo de clasificármola deste xeito reside no feito de que a burla se leva a cabo mediante unha linguaxe directa e explícita que non deixa espazo para dobres interpretacións, matices... propios, polo contrario, dos textos encarninos. No caso que nos ocupa, Afonso X realiza unha parodia do esquema do fin’amors que lle é propio á cantiga de amor; é dicir, podemos observar na cantiga que analizamos un verdadeiro retrato inverso da sofisticada senhor dos cantares amorosos. Fronte a un vocabulario no que fremosa, bela, cumprida de sén!, beldade, mesura son os termos habituais para expresar o conxunto de calidades físicas e morais que adornan a dama, agora vemos como fea, velosa, velha, de maa cor son os termos que definen o aspecto da doncela que é obxecto da sátira. A rudeza dos termos, as comparacións inequívocas: «negra come carvón»; «nen faça come sisón» (isto é, «como unha abetarda, unha ave de mal cheiro»), «nen faça como alermán» (é dicir «non faga como as arrudas silvestres, outras aves de mal cheirar»), que non admite, como xa apuntamos, dúbidas interpretativas fan que situemos a composición de Afonso X no grupo do maldicir.

Polo demais, desde o aspecto formal, a cantiga está realizada en catro estrofas singulares –denomínanse dese xeito, toda vez que cada unha delas posúe un sistema de rimas propio: a b a b A A; a b a b A A; a c a c A A; a d a d A A, logo dun dístico inicial de esquema 7’x 7’x. Nin que dicir ten, temos de comprender a cantiga no conxunto daquelas que fan relación aos costumes e defectos físicos e que constitúen un grupo numeroso dentro do apartado do escarnio e maldicir galego-portugués medieval.

Page 19:  · Web viewA composición pertence ao xénero das cantigas de amigo, as características máis sobranceiras que nos permiten identificala coma tal é o emprego dun eu lírico feminino
Page 20:  · Web viewA composición pertence ao xénero das cantigas de amigo, as características máis sobranceiras que nos permiten identificala coma tal é o emprego dun eu lírico feminino

TEXTOS LITERARIOS COMENTADOSUNIDADE 16. A LÍRICA MEDIEVAL III: O CANCIONEIRO RELIXIOSO: AS CANTIGAS DE SANTA MARÍA. A PROSA MEDIEVAL

«Esta é como Santa María feze estar o monge trezentos anos ao canto da passari˜a, porque lle pedía que llequal era o ben que havían os que eran en Paraíso»

Quen a Virgen ben serviráa Paraíso irá.E daquest’un gran miragre / vos quer’eu ora contar, que fezo Santa María / por un monge, que rogar-ll’ía sempre que lle mostrasse / qual ben en Paraís’ha,Quen a Virgen ben servirá...e que o viss’en sa vida / ante que fosse morrer.E porend’a Gloriosa / veedes que lle foi fazer:fezlo entrar en u˜a horta / en que muitas vezes jaQuen a Virgen ben servirá...entrara; mais aquel día / fez que ua font’achou mui crara e mui fremosa, / e cab’ela s’assentou.E pois lavou mui ben sas mãos, / diss’: «Ai, Virgen que seráQuen a Virgen ben servirá...se veerei do Paraíso, / o que ch’eu muito pidí, algún pouco do seu viço / ante que saia d’aquí, e que sabia do que ben obra / que galardón haverá?» Quen a Virgen ben servirá...Tan toste que acabada / houv’o mong’a oraçón,oíu u˜a passarinna / cantar log’en tan bon son, que se escaeceu seendo / e catando sempr’aláQuen a Virgen ben servirá...Atan gran sabor havía / daquel cant’e daquel lais,que grandes trezentos anos / estevo assí, ou máis,cuidando que non estevera / senón pouco, com’estáQuen a Virgen ben servirá...mong’algu˜a vez no ano, / quando sal ao vergeu.Des i foiss’a passarinna, / de que foi a el mui greu,e diz: «Eu d’aquí irme quero, / ca oí, mais comer querráQuen a Virgen ben servirá...o convent’. E foise logo / e achou un gran portalque nunca vira, e disse: / «Ai, Santa María, val! Non é est’o meu mõesteiro, / pois de mi que se fará?»Quen a Virgen ben servirá...Des i entrou na eigreja, / e houveron gran pavoros monges quando o viron, / e demandoull’o priordizend’: «Amigo, vós quen sodes / ou que buscades acá?»Quen a Virgen ben servirá...Diss’el: «Busco meu abade, / que agor’aquí leixei, e o prior e os frades, / de qui mi agora quiteiquando fui a aquela horta; u seen quen mi o dirá?»Quen a Virgen ben servirá...Quand’est’oíu o abade, / téveo por de mal sén,e outrossí o convento; / mais desque souberon bende como fora este feito, / disseron «Quen oiráQuen a Virgen ben servirá...

Page 21:  · Web viewA composición pertence ao xénero das cantigas de amigo, as características máis sobranceiras que nos permiten identificala coma tal é o emprego dun eu lírico feminino

nunca tan gran maravilla / como Deus por este fezpolo rogo de sa Madre, / Virge Santa de gran prez!E por aquesto a loemos; / mais quen a non loaráQuen a Virgen ben servirá...máis d’outra cousa que seja? / Ca, per Deus, gran dereit’é pois quanto nós lle pedimos / nos dá seu Fill’a la fepor ela, e aquí nos mostra / o que nos depois dará».Quen a Virgen ben servirá...

COMENTARIOA presente composición ocupa o número 103 dentro do conxunto das cantigas de Santa María (CSM) de Afonso X «o Sabio». Chega ata nós a través de tres testemuños: no Códice E do Escorial (E) ocupa o número 103; da súa parte, no Códice T do Escorial (T) figura igualmente coa numeración 103; no Códice de Toledo (To) leva o número 93.

Canto á datación do texto, sabemos que as CSM conforman unha colección que foi elaborada ao longo de diferentes etapas. O reinado de Afonso X –naceu o monarca en 1221– vai desde 1252 deica 1284. Nunha primeira etapa, que situamos entre 1270-1274, atoparíanse un conxunto de 100 composicións integradas nun cancioneiro, hoxe perdido, antecedente de To. Entre 1274 e 1277, Afonso X decidiu duplicar o número de textos, levando adiante a confección de T. En consecuencia, estamos diante dunha cantiga que pertence aos primeiros estadios na elaboración do conxunto mariano alfonsí.

Para levar adiante o seu proxecto, o monarca botou man de todo tipo de materiais que lle puidesen resultar útiles. Deste xeito, as CSM –no seu verdadeiro afán enciclopédico arredor da figura da Virxe– incorporan un amplo conxunto de tradicións e de lendas entre as que se inclúen, por exemplo, mariais latinos medievais, coleccións de santuarios peninsulares... (Santa María de Vilatorga, Nosa Señora de Tudía, Santa María de Terena etc. son algunhas das romaxes peninsulares cuxa tradición é utilizada por Afonso X no proxecto das CSM). No caso concreto que nos ocupa, estamos diante do célebre relato do milagre de San Ero de Armenteira: segundo a lenda, un nobre galego do século XII –transformado en frade– a quen se debe, precisamente, a fundación do mosteiro de Santa María de Armenteira (Meis, Pontevedra).

O texto que comentamos está incluído dentro do conxunto das cantigas narrativas. O corpo da composición de tales textos vén determinado pola fórmula do exemplum:

a) Introdución –con indicación da fonte á que se acode– arredor do milagre que vai ser narrado.b) Relato do milagre.c) Conclusión.Podemos comprobar así mesmo que a cantiga analizada responde aos apartados da retórica clásica; en especial

á inventio e a dispositio, toda vez que a pretensión do texto é a de recrear/entreter e, asemade, aleccionar moralmente aos oíntes. A inventio aparece, á súa vez, en dous apartados:

– O refrán inicial.– O texto narrativo que desenvolve aquilo que foi brevemente apuntando no propio refrán.Da súa parte, a dispositio organízase en:– Exordio.

– Narratio: unha narratio que se espalla, realmente, nunha conclusión –diferente, neste caso, da formulada pola retórica clásica– a xeito de coro popular no cal as xentes amosan a súa alegría por seren privilexiados asistentes aos feitos marabillosos que acaban de acontecer.

Page 22:  · Web viewA composición pertence ao xénero das cantigas de amigo, as características máis sobranceiras que nos permiten identificala coma tal é o emprego dun eu lírico feminino

TEXTOS LITERARIOS COMENTADOSUNIDADE 17. OS EPÍGONOS TROBADORESCOS. A LITERATURA DO GALEGO MEDIO. A ILUSTRACIÓN

X. CORNIDE SAAVEDRA

A Filida¿Viche, Filida amada, o paxariñoque, arando deses aires nas campiñas,descoidado se achanta polas liñasque cauto cazador pós no camiño?

¿Viche que forza fai para soltarsee levar a bicada aos seus paxaros(parte do corazón e fillos caros)que deixara no niño ao remontarse?

Pois viche a quen che adora pola vidaque, chantado no ichó de un imposibre,cata aquí, cata aló se acha saída

para fuxir, podendo verse libree acurruxarse firme no teu seoen que chocara atento o seu deseo.

COMENTARIOA composición «A Filida» é unha das escasas manifestacións cultas de poesía en galego producida durante os Séculos Escuros. Data do século XVIII e é obra do ilustrado Xosé Andrés Cornide Saavedra (1734-1803), quen destacou pola autoría de libros de Historia Natural e de Xeografía que contiñan moitos datos de interese sobre Galicia. Ademais dos seus traballos historiográficos, escribiu algunhas composicións en galego, entre elas o poema que nos ocupa, considerado por gran parte da crítica unha das pezas máis destacadas da literatura galega en xeral e particularmente dos Séculos Escuros.

«A Filida» é un soneto de temática amorosa no cal un eu lírico se dirixe á súa amada para con fesarlle a magnitude do seu amor a través dunha metáfora. No poema, o amado é coma un paxariño que loita, ante as vicisitudes, por volver ao seu niño, isto é, ao colo da súa amada.

Como prescribe o tipo de estrofa escollida –o soneto– desde o punto de vista da estrutura podemos distinguir dúas partes diferenciadas. Na primeira parte, correspondente cos dous cuartetos, a voz lírica dirixe a atención da amada cara a un paxariño que, malia saberse preso das trampas dun cazador, tenta liberarse con todas as forzas pensando nas crías que deixou no niño cando saíu buscar alimento. A segunda unidade estrutural correspóndese cos dous tercetos; neles identifícase o paxaro co amante –o propio eu lírico–. Así como o paxaro loita por liberarse e regresar ao niño, o amado loita por acurruncharse no seo da súa amada, o único lugar en que se sente libre.

Ademais da perfecta construción dos hendecasílabos e da delicadeza da metáfora, cómpre salientar, no nivel fónico, a abundancia en todo o poema de africadas e fricativas (o que se traduce na presenza de f, z, s, x e ch). Sirva como exemplo o primeiro terceto: Pois viche a quen che adora pola vida / que, chantado no ichó de un imposibre, / cata aquí, cata aló se acha saída. Esta repetición de sons pode interpretarse como fonosimbólica: os fonemas fricativos e africados recórdannos o chiar dos paxaros.A calidade literaria deste soneto cobra maior importancia ao ser unha das escasas testemuñas de literatura culta dos Séculos Escuros.

Page 23:  · Web viewA composición pertence ao xénero das cantigas de amigo, as características máis sobranceiras que nos permiten identificala coma tal é o emprego dun eu lírico feminino

TEXTOS LITERARIOS COMENTADOSUNIDADE 18. A LITERATURA DO SÉCULO XIX. O PRERREXURDIMENTO

XOÁN MANUEL PINTOS

Poema acróstico

Queira Deus que esta gaita ben tocadaUn recordo lle valla ao bo Gaiteiro,E que millenta máis onda o primeiroVeñan tocar tamén a Gaita amada.

Inda permita Deus que sea soadaVoando moi vistoso o meu plumeiroArrolado cos chíos do punteiro,Garrido se mostrando na alborada.

Avante vaia en todas romarías,Levada polas vilas e arredoresInda sexa a mestra das folías.

Calada nunca estea. E de primoresInzando os sons preñados, e alegrías,A busquen homes leigos e doutores.

COMENTARIOXoán Manuel Pintos, autor do poema que nos ocupa, naceu en Pontevedra en 1811 e pertence aos chamados precursores do Rexurdimento. Vinculado ao provincialismo, coma a maioría dos precursores, traballou durante toda a súa vida pola dignificación da lingua e da cultura galegas. En 1853 publicou o primeiro libro da literatura galega contemporánea, A Gaita Galega, libro fundacional do Rexurdimento, onde se mesturan textos didácticos, diálogos en verso e prosa e poemas líricos. A obra está estruturada en sete partes ou «foliadas», e a liña xeral vén marcada polo diálogo entre o Gaiteiro e un mozo castelán chamado Pedro Luces, o tamborileiro, a quen o Gaiteiro instrúe na lingua e outras particularidades de Galicia. O tema central de A Gaita Galega é a defensa dos costumes galegos, das xentes, dos lugares e, sobre todo, da lingua de Galicia.

O «Poema acróstico» é o último texto que aparece na «Foliada 1ª» de A Gaita Galega. A composición encádrase dentro do eixe temático presente nesta obra de Pintos relativo á defensa dos costumes e da cultura galegos. Concretamente, o soneto enxalza e dignifica a figura do gaiteiro e da gaita, símbolo de Galicia por antonomasia que dá título á obra en que se insire o poema.

O soneto, de versos hendecasílabos, está posto en voz do Gaiteiro, figura que representa a defensa dos intereses e dos valores de Galicia. Este personaxe expón en terceira persoa o seu desexo de que a tradición musical da gaita –metáfora da cultura galega e de Galicia en xeral– se valore e perdure no tempo.

O poema divídese en dúas partes ou unidades estruturais. Na primeira parte, conformada polos dous cuartetos, a voz lírica invoca a Deus para que se recoñeza a figura do gaiteiro e para que a tradición da gaita perdure. A segunda parte está integrada polos dous tercetos, neles exprésase o desexo, no primeiro deles, de que a gaita siga a ter presenza nas festas e romarías populares («Avante vaia en todas romarías»), e, no segundo, exprésase tamén a arela de que, dignificado o seu son, estea igualmente valorada tanto polas clases «populares» coma polas clases «privilexiadas»: «Calada nunca estea. E de primores / inzando os sons preñados, e alegrías, a busquen homes leigos e doutores». Este último verso apunta un dos temas recorrentes na obra de Pintos, como é a crítica ás clases privilexiadas de Galicia que tradicionalmente estiveron vinculadas co rexeitamento do propio, sexa o idioma ou calquera outra manifestación cultural, e coa valoración e apropiación do alleo, isto é, da ideoloxía centralista negadora da identidade social e cultural de Galicia.

Page 24:  · Web viewA composición pertence ao xénero das cantigas de amigo, as características máis sobranceiras que nos permiten identificala coma tal é o emprego dun eu lírico feminino

A interpretación complétase facendo referencia a que o poema, como indica o título, é un acróstico, isto é, unha composición na cal as letras iniciais de cada verso, lidas en vertical, forman unha frase; neste caso «Que viva Galicia». O acróstico afasta o poema da temática costumista e achégao á social-patriótica: como xa apuntamos, a gaita e mais o gaiteiro son símbolos de Galicia, que debe ser defendida tanto por leigos coma por doutores e que é loada na frase que se le en vertical. No poema, como noutras composicións de Pintos, Galicia aparece como unha unidade, de acordo coa reivindicación provincialista que se posicionaba en contra da división en catro provincias que se produciu en 1833.

Page 25:  · Web viewA composición pertence ao xénero das cantigas de amigo, as características máis sobranceiras que nos permiten identificala coma tal é o emprego dun eu lírico feminino

TEXTOS LITERARIOS COMENTADOSUNIDADE 19. O REXURDIMENTO I: ROSALÍA DE CASTRO

ROSALÍA DE CASTRO

Campanas de Bastabales

IIIPaseniño, paseniño,vou pola tarde caladade Bastabales camiño.Camiño do meu contento;e en canto o sol non se esconde,nunha pedriña me sento.E sentada estou mirandocomo a lúa vai saíndo,como o sol se vai deitando.Cal se deita, cal se esconde,mentres tanto corre a lúa sen saberse para onde.Para onde vai tan soiasin que ós tristes que a miramosnin nos fale nin nos oia.Que se oíra e nos falara,moitas cousas lle dixera,moitas cousas lle contara.

COMENTARIOA presente composición está incluída no coñecido poema rosaliano «Campanas de Bastabales», pertencente a Cantares gallegos (1863), o primeiro poemario escrito en lingua galega por Rosalía de Castro co cal se inicia o Rexurdimento pleno das nosas letras. Neste libro, Rosalía compón trinta e seis poemas en forma de glosas de cantares populares, utilizando un estilo sinxelo e popular, mais non por iso falto de altura poética. Na primeira composición toma a voz unha moza a quen invitan a cantar, na última das composicións volve aparecer a mesma voz poética. O resto aparece en voz desta mesma moza, de distintos personaxes populares e mesmo dun eu lírico identificado con Rosalía.

«Campanas de Bastabales» é o décimo primeiro poema dos Cantares. Trátase dunha glosa do cantar popular que encabeza a composición: Campanas de Bastabales, / cando vos oio tocar, / mórrome de soidades. A glosa contén un total de cinco partes numeradas, a composición que nos ocupa é a número tres.

A pequena historia que desenvolve o presente poema relata, en primeira persoa, o camiño que unha muller percorre cara a Bastabales. Chegado un momento, a muller senta nunha pedra agardando a que saia a lúa, e cando isto sucede, mentres a contempla, pensa no marabilloso que sería poder falar con ela e contarlle cousas. Na composición están presentes dous temas recorrentes na obra de Rosalía, a natureza (E sentada estou mirando / como a lúa vai saíndo, / como o sol se vai deitando) e a melancolía e saudade: a muller, soa e triste, síntese identificada coa soidade da lúa (Para onde vai tan soia / sin que ós tristes que a miramos / nin nos fale nin nos oia). «Campanas de Bastabales» xunto con «Como chove miudiño» son os dous únicos poemas de Cantares galegos que posúen unha temática intimista, liña que prevalecerá no seguinte poemario de Rosalía de Castro Follas novas.

No poema, a voz lírica que fala en primeira persoa é identificada por gran parte da crítica como un trasunto da propia Rosalía. Tanto en «Campanas de Bastabales» coma en «Como chove miudiño», a poeta expresa as súas vivencias e recordos persoais.

A métrica e os recursos estilísticos do poema teñen unha raíz popular. De feito, as estrofas seguen o modelo métrico do cantar popular que abre a composición: trátase de coplas de tres versos co esquema a b a.

Page 26:  · Web viewA composición pertence ao xénero das cantigas de amigo, as características máis sobranceiras que nos permiten identificala coma tal é o emprego dun eu lírico feminino

Formalmente, o poema destaca polo uso de figuras de repetición: reduplicación (Paseniño, paseniño); paralelismo (como a lúa vai saíndo / como o sol se vai deitando; cal se deita, cal se esconde; nin nos fale, nin nos oia; moitas cousas lle dixera / moitas cousas lle contara) e anáfora –que reforza o paralelismo– (moitas cousas lle dixera / moitas cousas lle contara; como a lúa vai saíndo / como osol se vai deitando). Alén disto, todas as estrofas da composición están concatenadas, isto é, repítese ao principio dun verso unha palabra que pertence ao verso precedente:

Paseniño, paseniño,vou pola tarde caladade Bastabales camiño.

Camiño do meu contento;e en canto o sol non se esconde,nunha pedriña me sento.

E sentada estou mirandocomo a lúa vai saíndo,como o sol se vai deitando.

Cal se deita,cal se esconde,mentres tanto corre a lúasen saberse para onde.

Para onde vai tan soiasin que ós tristes que a miramosnin nos fale nin nos oia.

Que se oíraenos falara,moitas cousas lle dixera,moitas cousas lle contara.

En Cantares gallegos, Rosalía de Castro dignifica a poesía popular e, ao mesmo tempo, prestixia a lingua galega poñendo de manifesto a súa aptitude para a expresión lírica. Coa publicación de Cantares gallegos ábrese, como xa apuntamos, un novo camiño na historia da literatura galega. A obra de Rosalía animou á escrita en galego e influíu notablemente na obra producida polos seus contemporáneos; ademais transcendeu e revalorouse co tempo, ata chegar aos nosos días en que se converteu nun referente fundamental e nun clásico de valor universal.

Page 27:  · Web viewA composición pertence ao xénero das cantigas de amigo, as características máis sobranceiras que nos permiten identificala coma tal é o emprego dun eu lírico feminino

TEXTOS LITERARIOS COMENTADOSUNIDADE 20. O REXURDIMENTO II: EDUARDO PONDAL E CURROS ENRÍQUEZ

TEXTO 1

EDUARDO PONDAL

Cando no escarpado Ougalapunta a soa floriña,anunciando ao cazadordo ano a estación garrida;cando da doce Fungarás curvas praias marinasen nó tecido voandochegan as lixeiras píllaras;entonces do bardo a almaque soña entre as uces irtas,apoiado na súa arpa,en donde o vento suspira;mentres que os fillos dos homesdanse ás faenas da vida,entonces do bardo a almavisita a melancolía.

COMENTARIOO Rexurdimento das letras galegas veu da man de tres grandes figuras literarias: Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Eduardo Pondal. Pondal, autor do poema que nos ocupa, naceu en Ponteceso en 1835. A comarca de Bergantiños será determinante na súa obra, pois estas terras van ser escenario e protagonistas do mundo mítico que recreará nos seus poemas.

A composición de Pondal motivo de comentario leva por título «A alma do bardo» e é unha primeira versión do poema «Cando no escarpado cabo» incluído en Queixumes dos pinos (1886), obra clave do escritor que recolle gran parte da súa produción poética. No seu afán por dotar a Galicia dun pasado glorioso, que dignifique a historia do pobo galego fronte á cultura dominante procedente de Castela, os poemas de Queixumes dos pinos constitúen unha sucesión de cantos que recollen a memoria mítica de Galicia e proxéctana cara a un futuro esperanzador.

O poema, composto por dezaseis versos, pode dividirse en dúas partes con dous motivos principais. A primeira parte correspóndese cos oito primeiros versos; nela, a presenza da natureza propia da obra de Pondal é a protagonista. A paisaxe pondaliana está representada por unha natureza áspera e esquiva, presente no poema (escarpado Ougal, uces irtas). Os topónimos empregados (Ougal, Fungar) sitúan a composición nas terras de Bergantiños, escenario, como xa apuntamos, do seu mundo literario.

Na segunda parte (oito últimos versos) aparece o motivo central da composición: a figura do bardo. O bardismo, ligado ao celtismo, é un dos motivos principais da obra do bergantiñán. O propio Pondal, chamado entre os seus contemporáneos o Bardo das letras galegas, considérase a si mesmo o vate elixido para instruír o pobo galego e liberalo da súa escravitude. Baixo esta consideración, a figura do bardo amósase como un trasunto do poeta. No poema fica presente a concepción aristocrática da figura do vate (o bardo oponse a «os fillos dos homes»), un ser elixido entre o resto dos mortais para guiar o pobo. Este destino fatal é o motivo de que a figura do bardo acostume a aparecer ligada á saudade, tal e como sucede nos versos que nos ocupan: mentres que os fillos dos homes / danse ás faenas da vida / entonces do bardo a alma / visita a melancolía.

Canto aos recursos estilísticos, o máis salientable é a presenza de hipérbatos, propios da poesía de Pondal (do ano a estación garrida; entonces do bardo a alma); a anáfora entre o primeiro e o quinto verso (Cando no escarpado Ougal.../ Cando da doce Fungar...) e a repetición do verso en que se inspira o título do poema (entonces do bardo a alma). Propio da épica é o recurso de substituír un substantivo por unha perífrase (a estación garrida = primavera; a soa floriña = a camariña).

Page 28:  · Web viewA composición pertence ao xénero das cantigas de amigo, as características máis sobranceiras que nos permiten identificala coma tal é o emprego dun eu lírico feminino

Canto á métrica, está composto por versos octosílabos onde predomina a rima asonante. Pondal, coa súa obra, perseguía dous obxectivos fundamentais: no aspecto lingüístico, preten

día dignificar a lingua galega e convertela nun idioma culto. No aspecto literario, tentaba arredarse do realismo e costumismo predominantes na época para procurar as raíces prehistóricas de Galicia coa mesma intención de dignificar a nosa cultura. O intelectualismo presente na súa obra fixo que en vida non gozase do mesmo recoñecemento e aceptación popular que tiveron Rosalía e Curros, recoñecemento que se supliu co paso dos anos, cando pasa a ser referente de importantes poetas.

Page 29:  · Web viewA composición pertence ao xénero das cantigas de amigo, as características máis sobranceiras que nos permiten identificala coma tal é o emprego dun eu lírico feminino

TEXTOS LITERARIOS COMENTADOSUNIDADE 20. O REXURDIMENTO II: EDUARDO PONDAL E CURROS ENRÍQUEZ

TEXTO 2

MANUEL CURROS ENRÍQUEZ

Na chegada a Ourense da primeira locomotora

Velaí vén, velaí vén avantandocómaros e corgas e vales e cerros.¡Vinde vela, mociños e mozas!¡Saudádea, rapaces e vellos!

Por onde ela pasafecunda os terreos,espértanse os homes,florecen os eidos.

Velaí vén, velaí vén tan houpada,tan milagrosiña, con paso tan meigo,que parece unha Nosa Señora,unha Nosa Señora de ferro.

Tras dela non veñenabades nin cregos,mais vén a fartura¡e a luz!, ¡e o progreso!

Catedral, demagogo de pedra,dun pobo fanático erguida no medio,repenica esas chocas e campanasen sinal de alegría e contento.

Asocia esas vocesao son dos pandeiros,¡aos santos sorrisosde terras e ceos!

E ti, río dos grandes destinos,que os himnos ensaias dos triunfos ibéricos,requeimadas as fauces de sede,vén o monstro a beber no teu seo.

Bon samaritano,dálle auga ao sedento,que a máquina é o Cristodos tempos modernos.

COMENTARIO

Page 30:  · Web viewA composición pertence ao xénero das cantigas de amigo, as características máis sobranceiras que nos permiten identificala coma tal é o emprego dun eu lírico feminino

Manuel Curros Enríquez é, xunto con Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, un dos máximos expoñentes do Rexurdimento da literatura galega. O que caracteriza a obra de Curros Enríquez é que concibe a poesía como un instrumento a través do cal se poden poñer de manifesto e denunciar as inxustizas sociais que minguaron a liberdade e o progreso de Galicia. A obra de Curros foi a iniciadora dunha liña social-patriótica na poesía galega que tivo grandes cultivadores na nosa literatura como pode ser o caso do poeta, celanovés coma Curros, Celso Emilio Ferreiro.

«Na chegada a Ourense da primeira locomotora» é unha das composicións de Aires da miña terra (1880), poemario que recolle gran parte da produción poética do autor. No libro diferéncianse catro liñas temáticas fundamentais: a liña social, a costumista, a narrativa e a lírico-intimista; o poema que nos ocupa pertence á primeira das liñas mencionadas.

Neste poema Curros Enríquez expresa a defensa das ideas de progreso e liberdade que se opoñen taxativamente ás ideas da Igrexa católica. Para Curros, a Igrexa representa os valores das clases dominantes, a oposición ao progreso, así como o mantemento do sistema foral, do cal esta insti tución era a principal beneficiaria, co que isto supuña de freo para o avance social e económico do agro galego e de Galicia en xeral. Esta idea exponse no poema a través dunha serie de símbolos. A locomotora simboliza a redención, o progreso, a luz e a riqueza; por oposición, a catedral –asociada aos abades e aos cregos– simboliza a demagoxia, o inmobilismo, o fanatismo e a pobreza. Outro elemento presente no poema é o río, que simboliza a historia e o movemento.

En «Na chegada a Ourense da primeira locomotora» podemos diferenciar tres unidades estru turais dependendo do destinatario ao que se dirixe o eu lírico. A primeira unidade comprende as catro primeiras estrofas. O eu lírico diríxese a mozos, mozas, rapaces e vellos para anunciar a chegada da locomotora (¡Vinde vela, mociños e mozas! / ¡Saudádea, rapaces e vellos!). Nesta primeira parte xa aparece exposta a oposición progreso/Igrexa que comentabamos anteriormente. Así, a locomotora é sinal de tempos mellores (Por onde ela pasa / fecunda os terreos, / espértanse os homes, / florecen os eidos), e identifícase cunha virxe, mais cunha virxe ligada ao progreso e afastada da Igrexa católica (parece unha Nosa Señora, / unha Nosa Señora de ferro. / Tras dela non veñen / abades nin cregos, / mais vén a fartura / ¡e a luz!, ¡e o progreso!).

A segunda unidade estrutural abrangue a quinta e a sexta estrofa. Neste caso, o destinatario é a Catedral, que aparece ligada ao fanatismo relixioso (Catedral, demagogo de pedra, / dun pobo fanático erguida no medio, / repenica esas chocas e campanas / en sinal de alegría e contento). Por último, a terceira unidade confórmana as dúas últimas estrofas, nas cales o destinatario é o río. Nesta parte a locomotora volve identificarse cunha figura relixiosa, neste caso Cristo: que a máquina é o Cristo / dos tempos modernos. A fe cristiá na mordenidade debería ser substituída pola fe na máquina, isto é, na ciencia.

Canto aos recursos estilísticos, cómpre salientar a reduplicación da fórmula velaí vén no verso (velaí vén, velaí vén avantando) e a repetición que se establece entre o primeiro e o noveno verso (velaí vén, velaí vén avantando e velaí vén, velaí vén tan houpada). O ritmo do poema tamén se consegue a base de repeticións das mesmas estruturas sintácticas (mociños e mozas e rapaces e vellos; fecunda os terreos, espértanse os homes, florecen os eidos). Tamén cómpre nomear a utilización do polisíndeto en cómaros e corgas e vales e cerros ou en mais vén a fartura / ¡e a luz! ¡e o progreso!, recurso que lle imprime dinamismo ao poema. O esquema métrico é –a –a, e altérnanse en cada estrofa versos de arte maior (de 10, 11 e 12 sílabas) e de arte menor (de seis sílabas).

Este poema recolle as características máis destacadas da obra de Curros: o compromiso do poeta coa defensa dos dereitos dos cidadáns, a defensa de Galicia e o anticlericalismo progresista.

Page 31:  · Web viewA composición pertence ao xénero das cantigas de amigo, as características máis sobranceiras que nos permiten identificala coma tal é o emprego dun eu lírico feminino

TEXTOS LITERARIOS COMENTADOSUNIDADE 21. OUTROS AUTORES DO REXURDIMENTO

HERACLIO PÉREZ PLACER

O can de San Roque

IDon Xan da Cova e Gómez, autor de corenta obras literarias, o coñocido e moi lembrado escritor da cidade de Ourense ten entre outras moitas habilidades a de ser escultor.

Así fai un Santo Cristo de Barro que unha Purísima de carballo. Como tódolos xenios ten unha chea de cobizosos, polo cal non debe causar estrañía oír que murmuren de se os seus cantos son así ou andando e ata ver algún máis atrevido que non repare en xurar que son máis mal feitos cós versos de Lois de Maside ou de Pinal do Carballiño, que entre nós sexa dito, son peores ca unha dor de barriga.

Anque no mundo todo é posíbel, ¿quen dá creto ó que di a xente?A Don Xan dáselle unha figa todo canto murmuran, e a proba da súa validencia é que non ten mans para dar

feito os encargos que lle choven de cote das aldeas.Pero de todos eles o que lle deu máis nombradía foi o San Roque que lle encargaron os veciños de Cudeiro.Inda hoxe cando lle mentan o conto ri con certa sorna anque xurando, eso si, que a culpa tivérona eles, ¿quen

lles mandou lembrarse cando non había tempo para faguer as cousas como Deus manda? El xa os advertira denantes.

II

Page 32:  · Web viewA composición pertence ao xénero das cantigas de amigo, as características máis sobranceiras que nos permiten identificala coma tal é o emprego dun eu lírico feminino

O conto foi o seguinte: Encargáronlle un San Roque coa obrigación de telo feito nun termo fixo. Era pouco o tempo, mais Don Xan puxo mans á obra, e o día sinalado entregou o santo, feito e dereito, por máis que inda levaba a pintura fresca.

Carto riba carto, pagáronlle o importe e el quedou contento dos parroquianos e os parroquianos del. Saíu o santo na procisión e despois foi posto no altar maior causando a admiración dos lavercos.

Así pasaron as cousas canto ós tres ou catro días comezaron a notar os veciños que o can de San Roque devecía.

O crego, non sabendo darlle xeito ó sucedido maxinou que era un milagre co cal noso Señor quería botarlle ós fregueses na cara a pouca esmola que lle dan á igrexa co cal choveron naqueles días esmolas por tódolos choveres.

En tratando de encher o papo sempre foron os cregos paxaros de conta.Con todo e a pesar das esmolas o can devecía a todo devecer e púñase máis fraco que se puxo Alfredo Brañas

con tanto rexionalismo e tanto ripio. A xente estaba asustada, e o mesmo crego, a pesar de que estaba como todos eles curado de espanto, comezaba a preocupalo o choio e así andaban as cousas cando o milagre que por tal se tiña chegou ós oídos do señor Bispo, o cal ordenou que a toda présa lle levasen o santo á súa presencia para ver polos seus ollos a verdade do caso.

En consecuencia meteron o santo nun gueipo e con todo o coidado posíbel leváronllo á súa ilustrísima. Mirouno por tódalas beiras e, non crendo que Deus se entretivese en tales parvadas e moito menos cun santo tan carrancudo, tivo receo de que alí debía de haber algunha mangancha, e mandou chamar ó seu autor.

Co gabán encheito de graxa e a súa cara de sancristán xubilado presentouse Don Xan dispos to a contestar a todo canto lle preguntaran, por suposto mentres lle conviñese.

Xurar, xuraba que non se decataba por qué o can devecía, pero tanto e tanto o apretou o señor Bispo, que ó fin tivo que botar fóra o que tiña dentro e puxo ó descuberto todo o negocio, faguendo que a súa ilustrísima, o mesmo que os demais que alí estaban, tiveran que apretar coas dúas mans os cadrís para non irse correndo para o outro mundo a forza de tanto rir.

A cousa non era para menos. Como lle deran tan pouco tempo para faguer o santo, fixera o can de nabo e xa se sabe que cando este se seca, devece de todo e engurúñase...

COMENTARIONo Rexurdimento da literatura galega o xénero literario máis importante tanto cualitativa coma cuantitativamente foi a lírica. Non obstante, algúns autores cultivaron a prosa e, xa que logo, son os precedentes da consolidación deste xénero na literatura galega, que terá lugar nas primeiras décadas do século XX, moi especialmente entre os membros da Xeración Nós.

Un deses precedentes é Heclario Pérez Placer, autor de tres libros de contos que combinan a narración costumista, o naturalismo e o romanticismo: Contos, lendas e tradicións (1891), Contos da terriña (1895) e Beira do lar (1901). «O can de San Roque» forma parte do primeiro dos libros.

En Contos, lendas e tradicións atópanse narracións ambientadas no rural que recrean e reelaboran relatos procedentes da tradición oral así como relatos amorosos. Se ben non se pode establecer un esquema estrutural común a todos eles, si é certo que comparten características que se repiten. Os contos de Heraclio Pérez Placer posúen unha estrutura básica composta por unha presentación, unha anécdota e un final. Tal é o caso de «O can de San Roque».

«O can de San Roque», quinto relato incluído no volume, conta unha anécdota humorística, de carácter popular, atribuída a don Xan da Cova, «o coñocido e moi lembrado escritor» e escul tor ourensán. Os veciños dunha pequena parroquia encárganlle ao protagonista a talla dun San Roque coa condición de que estea para unha data sinalada. Don Xan cumpre co prometido e o San Roque desfila na procesión da aldea na data acordada. Ao pasar os días, os veciños decátanse de que o can que acompaña o santo mingua cada día máis. O crego, nun primeiro momento, atribúe o feito a un aviso divino: o can devece en sinal do pouco copiosas que son as esmolas dos fieis. Esta teoría axiña é desbotada, pois malia o aumento na cantidade de esmolas o can segue a minguar. Daquela, o Bispo de Ourense pide que lle leven o santo para poder ver e xulgar o acontecido; receoso de que neste asunto lle estivesen a dar gato por lebre, mandou chamar tamén ao seu autor. Logo de interrogar a Xan da Cova, este acaba confesando que, movido pola présa, tivo que facer o can con nabo, hortaliza que ao secar mingua e se engurra.

Page 33:  · Web viewA composición pertence ao xénero das cantigas de amigo, as características máis sobranceiras que nos permiten identificala coma tal é o emprego dun eu lírico feminino

O conto preséntase dividido en dúas partes numeradas e de desigual extensión. Esta división axuda a diferenciar as distintas partes de que se compón a historia. A primeira, ou presentación, serve para presentar o personaxe principal e mais para introducir a anécdota. Na segunda parte desenvólvese o nó da historia –o encargo da talla de San Roque– e, no último parágrafo, o desenlace humorístico: o can de San Roque fora feito con nabo e por iso minguaba co tempo.

A voz narradora refire a historia en terceira persoa, que corresponde a un narrador heterodiexético, isto é, o que está ausente da historia que se conta. Así e todo, a voz do narrador inte rrómpese nalgúns momentos para dar paso á voz do autor que inserta comentarios sobre os personaxes ou xuízos de valor de tipo humorístico:

«Como tódolos xenios ten unha chea de cobizosos, polo cal non debe causar estrañía oír que murmuren de se os seus cantos son así ou andando e ata ver algún máis atrevido que non repare en xurar que son máis mal feitos cós versos de Lois de Maside ou de Pinal do Carballiño, que entre nós sexa dito, son peores ca unha dor de barriga.»

Polo que se refire á temporalización, o conto non se localiza nun momento concreto, aínda que ao narrar unha anécdota dun personaxe real vivo no intre en que se conta a historia, pódese deducir que o relato está ambientado a mediados do século XIX. A historia arrinca no presente coa presentación do protagonista e deseguido, mediante unha técnica de evocación do pasado, pásase a relatar o conto.

Con respecto á espacialización, os contos de Pérez Placer adoitan estar emprazados en lugares concretos, tal é o caso deste conto, ambientado en Ourense e na aldea de Cudeiro. Neste caso, o espazo non é motivo da narración ao non se incluír descricións da paisaxe, senón que se constitúe como o escenario en que o narrador desenvolve a anécdota e sitúa os personaxes. O feito de seren lugares concretos imprímelle verosimilitude á historia que se narra.«O can de San Roque» mostra apenas unha das facetas de Heraclio Pérez Placer, a narración costumisma, pero Pérez Placer forma parte da promoción de escritores de finais de século pendentes das novidades europeas e que incluíu nas súas obras aspectos propios do naturalismo, do simbolismo ou do modernismo. Heraclio Pérez Placer foi, xunto con Francisco Álvarez de Nóvoa e López Ferreiro, un dos mellores narradores de finais do século XIX e un dos pioneiros da prosa en lingua galega.