politicasocial.xunta.gal  · Web viewPara as actuacións que estean rematadas na súa totalidade...

50
PROCEDEMENTO PARA A SOLICITUDE E XUSTIFICACIÓN DE SUBVENCIÓNS CONCEDIDAS A TRAVÉS DA ORDE DO 4 DE XULLO DE 2016 A CORPOACIÓNS LOCAIS PARA O INVESTIMENTO EN CENTROS DE INCLUSIÓN E EMERXENCIA SOCIAL E DE PROGRAMAS A DESENVOLVER PARA A INCLUSIÓN SOCIAL DA POBOACIÓN XITANA, INMIGRANTE E OUTRAS PERSOAS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de desenvolvemento rexional ) Subdirección Xeral de Inclusión e Integración Social 1

Transcript of politicasocial.xunta.gal  · Web viewPara as actuacións que estean rematadas na súa totalidade...

Page 1: politicasocial.xunta.gal  · Web viewPara as actuacións que estean rematadas na súa totalidade antes do 30 de novembro de 2016, presentarase a xustificación antes do 5 de decembro

PROCEDEMENTO PARA A SOLICITUDE E XUSTIFICACIÓN DE SUBVENCIÓNS CONCEDIDAS A TRAVÉS DA ORDE DO 4 DE XULLO DE 2016 A CORPOACIÓNS LOCAIS PARA O INVESTIMENTO EN CENTROS DE INCLUSIÓN E EMERXENCIA SOCIAL E DE PROGRAMAS A DESENVOLVER PARA A INCLUSIÓN SOCIAL DA POBOACIÓN XITANA, INMIGRANTE E OUTRAS PERSOAS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de desenvolvemento rexional )

Subdirección Xeral de Inclusión e Integración Social

Dirección Xeral de Inclusión Social

Consellería de Política Social

1

Page 2: politicasocial.xunta.gal  · Web viewPara as actuacións que estean rematadas na súa totalidade antes do 30 de novembro de 2016, presentarase a xustificación antes do 5 de decembro

18 DE XULLO DE 2016

A Subdirección Xeral de Inclusión e Integración Social, presenta neste documento unha guía coas indicacións que deben seguir as corporacións locais subvencionadas para o cumprimento das obrigas sinaladas na Orde e para unha correcta xustificación das actuacións desenvolvidas, xunto coa relación de documentación relacionada coa dita Orde.

1. SOLICITUDE E XUSTIFICACIÓN DE INVESTIMENTO EN CENTROS DE INCLUSIÓN E EMERXENCIA SOCIAL E UNIDADES FUNCIONALMENTE VINCULADAS

1.1. ASPECTOS XERAIS (art. 4.1.)

Segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2008 pola que se regulan os requisitos específicos que deben cumprir os centros de inclusión e emerxencia social, son centros de inclusión e emerxencia social aqueles nos que se atenden as necesidades de persoas afectadas por situacións valoradas de exclusión social e, se é o caso, se posibilitan e impulsan actuacións programadas que favorezan a súa efectiva inclusión sociolaboral.

De conformidade co previsto no artigo 8 do Decreto 24/1995, do 28 de xullo, polo que se regulan os servizos sociais de atención primaria, e para os efectos da orde anterior, terán a consideración de centros de inclusión e emerxencia social os seguintes:

- Albergues- Centros de acollida e inclusión- Comedores sociais- Centros de atención social continuada- Centros de día de inclusión social- Outras unidades vinculadas funcionalmente aos centros:

o Unidade de hixieneo Servizo de duchao Servizo de roupeiroo Servizo de lavandaríao Unidade de rúa

Os tipos de actuacións que se poden subvencionar nestes grupos son as seguintes:

2

Page 3: politicasocial.xunta.gal  · Web viewPara as actuacións que estean rematadas na súa totalidade antes do 30 de novembro de 2016, presentarase a xustificación antes do 5 de decembro

1ª Construción, ampliación, reforma e mellora dos centros, así como a adquisición de inmobles que garden unha relación directa coas actuacións anteriores

2ª Adquisición e instalación de equipamento e moblaxe, así como a adquisición de vehículos de transporte vinculados á prestación dos servizos propios do centro, excluíndose expresamente os vehículos turismos.

En ningún caso, serán subvencionadas os gastos derivados de actuacións de mantemento xeral das infraestruturas nin a mera substitución de materiais deteriorados polo uso. Tampouco se subvencionará o material consumible ou non inventariable, entendendo por tal aquel cuxa duración estimada sexa inferior a un ano.

Non se sinala un número máximo de solicitudes para este tipo de subvención.

Unicamente, con respecto ás solicitude para a ampliación da superficie destinada para a atención das persoas usuarias , serán subvencionables as adquisicións de terreos e de bens inmobles nos que exista unha relación directa entre a compra e os obxectivos da operación, ata o límite do 10% do gasto total subvencionable da operación.

1.2. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES (art.13.1)

1 mes a contar desde el día seguinte a la publicación en el DOG

1.3. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES (art. 13.3)

Unicamente por vía electrónica (https://sede.xunta.es), a través de formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).

1.4. COMPATIBILIDADE DAS AXUDAS (art. 12)

Todas as actuacións sinaladas anteriormente estarán financiadas con FEDER (Programa Operativo do FEDER Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 “Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación”) e son incompatibles coa percepción de calquera outra axuda pública segundo se especifica no artigo 12 da Orde.

Esta axudas xustificaranse a través conta xustificativa do gasto realizado.

1.5. DOCUMENTACIÓN PARA SOLICITUDE (art. 14)

- Anexo I (solicitude)

3

Page 4: politicasocial.xunta.gal  · Web viewPara as actuacións que estean rematadas na súa totalidade antes do 30 de novembro de 2016, presentarase a xustificación antes do 5 de decembro

- Anexo II : Memoria técnica xustificativa da actuación que se vai desenvolver, incluíndo como se atende os condicionantes de xénero no proxecto proposto.

Este anexo conterá como mínimo a seguinte información:

o Tipo de centro para o que se solicita subvencióno Modalidade de subvencióno Descrición do investimentoo Número de persoas destinatarias potenciaiso Coordinación do proxecto que se vai desenvolver o Orzamento desagregado dos gastos polos períodos subvencionados

No caso de subvención para construción, reforma ou ampliación e cando así o esixa a normativa:

o Proxecto de reforma ou adaptación o Informe de viabilidade dos servizos administrativos da corporación local donde

estea ubicado o Orzamentos necesarios para a execución da obra (se superan os 18.000 €

xuntaranse 3 orzamentos para cada unha das partidas implicadas)

No caso de subvencións para equipamento e vehículos de transporte vinculados á prestación dos servizos do centro:

o Memoria xustificativa da súa necesidade e documento das súas condicións técnicas

o Desagregación dos orzamentos

A información mínima requirida no anexo II poderá ser ampliada, a discreción da entidade solicitante, nunha memoria complementaria.

1.6. ACEPTACIÓN DA SUBVENCIÓN

Tal e como sinala o artigo 20.5 da Orde de convocatoria, a corporación local beneficiaria, unha vez recibida a resolución da concesión da subvención, deberá comunicar no prazo de dez días a súa aceptación comprometéndose a executar o programa ou actuación subvencionado no prazo e condicións establecidos na convocatoria. No caso de non comunicar o dito extremo no prazo indicado entenderase tacitamente aceptada.

Prazo: 10 días contados desde o día seguinte á notificación da resolución.

4

Page 5: politicasocial.xunta.gal  · Web viewPara as actuacións que estean rematadas na súa totalidade antes do 30 de novembro de 2016, presentarase a xustificación antes do 5 de decembro

1.7. INICIO DE ACTIVIDADES

O período de referencia para as axudas de investimento será desde o momento en que se presente a solicitude de axuda ata o 31 de marzo de 2017. En ningún caso serán subvencionables actuacións xa rematadas no momento da solicitude.

1.8. SOLICITUDE DE ANTICIPO

Non se concederán anticipos.

1.9 PUBLICIDADE DAS ACTUACIÓNS. PLAN DE COMUNICACIÓN DO FEDER

No artigo 23.1.d) da Orde de convocatoria sinálase como obriga para as entidades “Facer constar, en todo tipo de publicidade e información relativos aos programas e actuacións concedidos a condición de subvencionada pola Consellería de Política Social, se é o caso, polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional 2014/2020 e o Fondo Social Europeo 2014/2020, segundo o establecido no anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello”. Para estes efectos, a Subdirección Xeral de Inclusión e Integración Social ten publicado na web da Xunta de Galicia as instrucións sobre como realizar correctamente a publicidade das actuacións subvencionadas.

A Subdirección Xeral de Inclusión e Integración Social solicitará indicadores de comunicación e a proba que xustifique o dito indicador, a través duns formularios que serán facilitados pola Subdirección para cada momento de xustificación. Neste enlace atópanse as instrucións para o cumprimento das medidas de publicidade e comunicación de fondos.

http://politicasocial.xunta.gal/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Axudas/04_07_16_Instrucions_Plan_Comunicacion_FEDER_FSE_1420.pdf

1.10. INFORMACIÓN AOS/AS USUARIOS/AS FINAIS DAS ACTUACIÓNS DAS ENTIDADES COFINANCIADORAS

No artigo 23.1.e) da orde de convocatoria sinálase que a entidade debe informar, no seu caso, ás persoas destinatarias de que as actuacións nas que participan están financiadas pola Xunta de Galicia (Consellería de Política Social) e polo FEDER e/ou FSE, así como dos obxectivos dos fondos.

Para dar cumprimento a este punto realízanse as seguintes accións:

5

Page 6: politicasocial.xunta.gal  · Web viewPara as actuacións que estean rematadas na súa totalidade antes do 30 de novembro de 2016, presentarase a xustificación antes do 5 de decembro

- Colocación dos logos e dos obxectivos dos fondos, nos diplomas de asistencia das actuacións de carácter formativo, enquisas e en toda a documentación relacionada coa actuación que se achegue ou manexe a persoa que participa nunha actuación

- Colocación do cartel co logo e lema do FEDER naquelas dependencias nas que se realizan actuacións subvencionadas tamaño mínimo A3 nun lugar destacado e visible. Esta medida de comunicación é obrigatoria en todas a actuacións subvencionadas

- Colocación dos logos na documentación relacionada coa Protección de datos (como é o caso da autorización para a recollida e tratamento dos datos de carácter persoal que asina a persoa que participa nas actuacións subvencionadas)

- Informar na páxina web da corporación, no caso de dispoñer dela, sobre a actuación e a axuda financeira recibida da Unión Europea, obxectivos e resultados da operación.

Están a disposición das entidades, na páxina web da Consellería de Política Social os logos que deben empregar en toda a documentación relacionada coa actuación subvencionada.

Enlace aos logos:

http://politicasocial.xunta.gal/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Axudas/04_07_16_Logo_FSE_e_FEDER_2014_2020.doc

1.11. INDICADORES DE EXECUCIÓN E DE RESULTADO

Para o cumprimento das esixencias da Dirección Xeral de Planificación e Fondos e o FSE tal e como sinala o artigo 25.1.f), as entidades deberán realizar as actuacións precisas para recoller información suficiente relativa ao rexistro de indicadores de execución e resultado, enumerados no artigo 5 do Regulamento (UE) núm. 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo ao FSE.

No caso das axudas ao investimento en centros de inclusión e emerxencia social, realizarase un reconto global da capacidade máxima de persoas para as que está deseñado o centro e, no caso de adquisición de equipamento de uso social, farase unha estimación da poboación beneficiaria durante a súa vida útil.

Esta información será solicitada na xustificación final, nos prazos que estableza a Dirección Xeral de Planificación de Fondos, a través do documento que se achega:

6

Page 7: politicasocial.xunta.gal  · Web viewPara as actuacións que estean rematadas na súa totalidade antes do 30 de novembro de 2016, presentarase a xustificación antes do 5 de decembro

http://politicasocial.xunta.gal/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Axudas/04-07-16_Certificado_estimacion_persoas_2016.doc

1.12. XUSTIFICACIÓN

Adoptará o sistema de conta xustificativa do gasto realizado (art.26).

As corporacións locais beneficiarias, que desenvolvan o investimento ao longo de todo o período subvencionado, deberán xustificar cada anualidade de xeito independente; polo que existen dous momentos para a presentación de xustificación.

Para as actuacións que estean rematadas na súa totalidade antes do 30 de novembro de 2016, presentarase a xustificación antes do 5 de decembro de 2016, coa documentación referida no apartado de xustificación final, sempre que non se opoña ao que se estableza na orde da Consellería de Facenda que regula as operación de peche de exercicio.

Requisitos

Os xerais da orde de convocatoria

Contía máxima da axuda

200.000 euros para todo o período.

Para os efectos de determinar o importe da subvención haberá que aterse ao orzamento presentado pola entidade solicitante, e esta non poderá superar o 80% do orzamento total.

Primeira xustificación

A primeira xustificación correspondente ás actuacións non rematadas abarcará as actuacións realizadas desde o momento en que se presente a solicitude de axuda ata o 30 de novembro de 2016. As entidades disporán ata o 5 decembro de 2016 para presentar a seguinte documentación:

- Solicitude de pago parcial (non hai modelo oficial)- Declaración responsable (Anexo IX)- Relación clasificada dos gastos realizado total ou parcialmente da anualidade 2016http://politicasocial.xunta.gal/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Axudas/04-07-16_Modelo_Relacion_clasificacion_Gastos_2016.xls

7

Page 8: politicasocial.xunta.gal  · Web viewPara as actuacións que estean rematadas na súa totalidade antes do 30 de novembro de 2016, presentarase a xustificación antes do 5 de decembro

- Facturas ou documento contable de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, con expresión do seu número, acredor, data de emisión, concepto e importe e data de pagamento

- Documentos acreditativos de ter realizado os pagamentos do correspondente gasto- No caso de compra venda, achegarase escritura onde constará que o inmoble obxecto

da subvención se destinará, polo menos durante os 20 anos seguintes, á finalidade que serviu de fundamento á petición e, no caso de obra, a correspondente licenza municipal.

- No caso de efectuarse gastos subcontratados deberán achegar : o proposicións económicas presentadaso informe ou documento equivalente no que se baseou a proposta de

adxudicación e a adxudicación.

Esta documentación poderá ser substituída unicamente polo documento de adxudicación definitiva cando, en aplicación do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, non sexa esixible outra documentación.

Xustificación final

Comprenderá as actuacións realizadas entre o 1 de decembro de 2016 ata o 31 de marzo de 2017, as entidades disporán ata o 30 de abril, para presentar a documentación que se relaciona de seguido; excepto, no caso de actuacións de construción, ampliación, reforma e mellora de centros (que teñen unha data de execución posterior ao 31 de marzo de 2017) na que a data máxima é o 5 de decembro de 2017:

- Declaración responsable (Anexo IX)- Relación clasificada dos gastos realizado total ou parcialmente da anualidade/s a xustificarhttp://politicasocial.xunta.gal/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Axudas/04-07-16_Modelo_Relacion_clasificacion_Gastos_2016.xls- Facturas ou documento contable de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico

mercantil ou con eficacia administrativa, con expresión do seu número, acredor, data de emisión, concepto e importe e data de pagamento

- Documentos acreditativos de ter realizado os pagamentos do correspondente gasto- No caso de compra venda, achegarase escritura onde constará que o inmoble obxecto

da subvención se destinará, polo menos durante os 20 anos seguintes, á finalidade que serviu de fundamento á petición e, no caso de obra, a correspondente licenza municipal.

- No caso de efectuarse gastos subcontratados deberán achegar :

8

Page 9: politicasocial.xunta.gal  · Web viewPara as actuacións que estean rematadas na súa totalidade antes do 30 de novembro de 2016, presentarase a xustificación antes do 5 de decembro

o proposicións económicas presentadaso informe ou documento equivalente no que se baseou a proposta de

adxudicación e a adxudicación.

Esta documentación poderá ser substituída unicamente polo documento de adxudicación definitiva cando, en aplicación do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, non sexa esixible outra documentación.

- Memoria da actuación das actividades realizadas, segundo o guión establecido no Anexo XII- No caso de construción: Certificado no que se estableza un reconto global da

capacidade máxima de persoas para as que está deseñado o centro, no modelo que se achega neste enlace:http://politicasocial.xunta.gal/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Axudas/04-07-16_Certificado_estimacion_persoas_2016.doc

- No caso de adquisición de equipamento de uso social: certificado no que constará unha estimación da poboación beneficiaria durante a súa vida útil, no modelo que se achega neste enlace: http://politicasocial.xunta.gal/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Axudas/04-07-16_Certificado_estimacion_persoas_2016.doc

2. SOLICITUDE E XUSTIFICACIÓN DE PROGRAMAS SUBVENCIONADOS DIRIXIDOS Á INCLUSIÓN SOCIOLABORAL DE COLECTIVOS DE ELEVADA VULNERABILIDADE Á EXCLUSIÓN SOCIAL E LABORAL

2.1. ASPECTOS XERAIS (art. 4.2.)

Os programas dirixidos á inclusión sociolaboral de colectivos de elevada vulnerabilidade á exclusión social e laboral, poden adoptar as seguintes tipoloxías :

a) Programas dirixidos á inclusión social da poboación xitana

b) Programas dirixidos á inclusión social da poboación inmigrante

c) Programas dirixidos á inclusión social de persoas en situación ou risco de exclusión social

9

Page 10: politicasocial.xunta.gal  · Web viewPara as actuacións que estean rematadas na súa totalidade antes do 30 de novembro de 2016, presentarase a xustificación antes do 5 de decembro

d) Programas complementarios de educación e apoio familiar dirixidos á inclusión social dos menores a cargo.

A metodoloxía que poden adoptar as actuacións destes programas son as seguintes:

1ª Atención desenvolvida a través de itinerarios de inclusión sociolaboral con acompañamento (en adiante itinerarios de inclusión sociolaboral)

2ª Actuacións de adquisición e mellora das competencias sociais e profesionais, deseñadas para adquirir unha formación básica e de tipo laboral específica e adaptada ás necesidades das persoas en situación de exclusión social, en adiante actuacións formativas.

3º Actuación de mediación e/ou educación, accións realizadas en presenza dos participantes, de contido integrador ou educacional que versen sobre problemáticas dos participantes ou outros aspectos que afecten a súa integración.

2.2. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Segundo o art. 13.1., o prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ( vai desde o 19 de xullo de 2016 ata o 18 de agosto de 2016, ambos incluídos).

Preferentemente, por vía electrónica (https://sede.xunta.es) e opcionalmente en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2.3.COMPATIBILIDADE DAS AXUDAS

Todas as actuacións sinaladas anteriormente estarán financiadas con FSE (Programa Operativo do FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 “Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación”) e non poderán estar financiadas por ningunha outra axuda pública de fondos comunitarios, segundo o artigo 12 da Orde. Isto quere evitar posibles duplicidades de subvencións comunitarias nunha mesma actuación, situación que toma relevancia ao financiarse por medio de custes simplificados. Todo isto esixe que as actuacións que se presenten queden claramente identificadas cun contido mínimo.

2.4. DOCUMENTACIÓN PARA SOLICITUDE

- Anexo I (solicitude)

10

Page 11: politicasocial.xunta.gal  · Web viewPara as actuacións que estean rematadas na súa totalidade antes do 30 de novembro de 2016, presentarase a xustificación antes do 5 de decembro

- Anexo III : Documento específico para descrición de programas dirixidos á inclusión social da comunidade xitana)

- Anexo IV : Documento específico para descrición de programas dirixidos á inclusión social da poboación inmigrante: “atención a través de itinerarios e accións formativas”

- Anexo V : Documento específico para descrición de programas dirixidos á inclusión social da poboación inmigrante: “asesoramento legal en materias propias de estranxeiría”

- Anexo VI: Documento específico para descrición de programas dirixidos á inclusión social da poboación inmigrante: “mediación intercultural”

- Anexo VII : Documento específico para descrición de programas dirixidos á inclusión social de persoas en situación ou risco de exclusión social

- Anexo VIII: Documento específico para descrición de programas complementarios de educación e apoio familiar dirixidos á inclusión social dos menores a cargo.

Estes Anexos (III ao VIII, un para cada actuación solicitada), conterán como mínimo a seguinte información:

a) Datos da corporación solicitante

b) Denominación da actuación

c) Tipo de actuación

d) Xustificación da necesidade social e localización territorial

e) Obxectivos e descrición xeral da actuación que deberá estar adaptada ás persoas destinatarias, a cal deberá incorporar a perspectiva de xénero nos termos definidos no artigo 14.1.j) desta orde.

f) Descrición dos recursos humanos e materiais que van utilizar para garantir o axeitado desenvolvemento da actuación, especificando a titulación do persoal e a dedicación horaria á actuación para a que se solicita a subvención. No caso de accións formativas que impliquen un equipamento especial deberá indicarse neste punto.

g) Cronograma da actuación:

11

Page 12: politicasocial.xunta.gal  · Web viewPara as actuacións que estean rematadas na súa totalidade antes do 30 de novembro de 2016, presentarase a xustificación antes do 5 de decembro

Para a atención desenvolvida a través de itinerarios de inclusión sociolaboral con acompañamento e apoio á conciliación deberán indicarse as horas de atención previstas e o número de persoas a atender, tal e como se sinala no anexo. Nas actuacións formativas laborais teóricas/prácticas indicarase a/s data/s de inicio e de finalización, as horas totais teórico/prácticas con docente previstas para cada período, as horas totais en empresa sen docente e o número previsto de persoas participantes.Deberase sinalar se se van aboar bolsas de asistencia ás persoas participantes, así como o número de días que van acudir á parte teórico-práctica ou axudas para transporte, no caso de apoio á conciliación e/ou formación teórica adaptada dirixida á adquisición do permiso de conducir. Si se aboan bolsas as persoas participantes, a contía da bolsa será de 4,5 € día de asistencia e participante, cun importe máximo do 25% do importe total da acción formativa. Este módulo, en ningún caso, será de aplicación ás persoas participantes titulares dunha renda de inclusión social de Galicia que inclúa ese complemento nas datas de realización da actuación formativa.Se a actuación solicitada é de mediación intercultural, de educación e apoio familiar e/ou de formación teórica adaptada dirixida a adquisición do permiso de conducir e precisa axudas de transporte cubrirase o apartado correspondente.

h) Perfil, criterios de selección das persoas destinatarias das actuacións. Indicarase, de ser o caso, a/s problemática/s específica/s das persoas usuarias, e deberá axustarse ao establecido nos artigos 3.1 e 3.3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de Inclusión Social de Galicia.

i) Metodoloxía que se vai empregar no desenvolvemento da actuación, a cal deberá incorporar a perspectiva de xénero describindo os axustes que se introducirán en función dos roles diferentes que asumen homes e mulleres na sociedade e que poden condicionar o acceso e a calidade da súa participación.

j) Avaliación cualitativa prevista, especificando os obxectivos, os indicadores e os resultados previstos.

A información mínima requirida nos anexos correspondentes poderá ser ampliada, a discreción da entidade solicitante, nunha memoria complementaria.

2.5. ACEPTACIÓN DA SUBVENCIÓN

Tal e como sinala o artigo 21.5. da Orde de convocatoria, unha vez recibida a resolución da concesión da subvención, a corporación local deberá comunicar no prazo de dez días a súa aceptación, comprometéndose a executar o programa ou actuación subvencionada no prazo e

12

Page 13: politicasocial.xunta.gal  · Web viewPara as actuacións que estean rematadas na súa totalidade antes do 30 de novembro de 2016, presentarase a xustificación antes do 5 de decembro

condicións establecidos na convocatoria. No caso de non comunicar o dito extremo no prazo indicado entenderase tacitamente aceptada.

Prazo: 10 días contados desde o día seguinte á notificación da resolución.

2.6. INICIO DE ACTIVIDADES

O período de referencia para a imputación dos gastos dos programas será do 1 de novembro de 2015 ao 31 de marzo de 2017.

A xustificación correspondente a 2016 comprenderá as actuacións realizadas dende o 1 de novembro de 2015 ata o 30 de novembro de 2016 e presentarase con data límite do 5 de decembro de 2016. Para a xustificación final, e coa finalidade de acreditar a realización total das accións así como o cumprimento da finalidade para a que se concedeu a subvención, a corporación local beneficiaria deberá presentar con data límite 30 de abril de 2017 a documentación relativa ás accións subvencionadas ata o 31 de marzo de 2017

2.7. CONTABILIDADE SEPARADA

No artigo 25.1.c) establécese que a corporación local subvencionada deberá manter de forma separada na contabilidade o ingreso da axuda percibida e conservar toda a documentación relativa á subvención durante un período de tres anos que se contará a partir do 31 de decembro seguinte á presentación destas contas perante á Comisión Europea, data esta que se publicará oportunamente no Diario oficial de Galicia (data que aínda está por determinar).

No caso de empregar o custe real no transporte interurbano este deberá ser obxecto dunha contabilidade separada, que permita seguir unha pista de auditoría sobre o gasto financiado.

2.8. PUBLICIDADE DAS ACTUACIÓNS. PLAN DE COMUNICACIÓN DO FSE

No artigo 25.1.d) da orde de convocatoria sinálase como obriga para as corporacións locais “Facer constar, en todo tipo de publicidade e información relativos aos programas e actuacións concedidos a condición de subvencionada pola Consellería de Política Social, se é o caso, polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional 2014/2020 e o Fondo Social Europeo 2014/2020, segundo o establecido no anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello”. Para estes efectos, a Subdirección Xeral de Inclusión e Integración Social ten publicado na web da Xunta de Galicia as instrucións sobre como realizar correctamente a publicidade das actuacións subvencionadas.

http://politicasocial.xunta.gal/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Axudas/04_07_16_Instrucions_Plan_Comunicacion_FEDER_FSE_1420.pdf

13

Page 14: politicasocial.xunta.gal  · Web viewPara as actuacións que estean rematadas na súa totalidade antes do 30 de novembro de 2016, presentarase a xustificación antes do 5 de decembro

A Subdirección Xeral de Inclusión e Integración Social solicitará indicadores de comunicación e a proba que xustifique o dito indicador, a través duns formularios que serán facilitados pola Subdirección para cada momento de xustificación.

2.9. INFORMACIÓN AOS/AS USUARIOS/AS FINAIS DAS ACTUACIÓNS DAS ENTIDADES COFINANCIADORAS

No artigo 25.1.e) da orde de convocatoria sinálase que a corporación local debe informar, no seu caso, ás persoas destinatarias de que as actuacións nas que participan están financiadas pola Xunta de Galicia (Consellería de Política Social) e polo FSE, así como dos obxectivos dos fondos.

Para dar cumprimento a este punto realízanse as seguintes accións:

- Incorporar xunto á sinatura da persoa participante no itinerario os logos correspondentes e o eixo prioritario que financian a actuación

- Colocación dos logos e dos obxectivos dos fondos, nos diplomas de asistencia das actuacións de carácter formativo, enquisas e en toda a documentación relacionada coa actuación que se achegue ou manexe a persoa que participa nunha actuación

- Colocación do cartel co logo e lema do FSE naquelas dependencias nas que se realizan actuacións subvencionadas tamaño mínimo A3 nun lugar destacado e visible. Esta medida de comunicación é obrigatoria en todas a actuacións subvencionadas con fondos europeos

- Colocación dos logos na documentación relacionada coa Protección de datos (como é o caso da autorización para a recollida e tratamento dos datos de carácter persoal que asina a persoa que participa nas actuacións subvencionadas)

Están a disposición das corporacións locais, na páxina web da Consellería de Política Social os logos que deben empregar en toda a documentación relacionada coa actuación subvencionada.

Enlace aos logos:

http://politicasocial.xunta.gal/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Axudas/04_07_16_Logo_FSE_e_FEDER_2014_2020.doc

14

Page 15: politicasocial.xunta.gal  · Web viewPara as actuacións que estean rematadas na súa totalidade antes do 30 de novembro de 2016, presentarase a xustificación antes do 5 de decembro

2.10. DOCUMENTACIÓN PARA O CUMPRIMENTO DA LOPD

Tal e como sinala o artigo 31 as corporacións locais estarán obrigadas ao cumprimento da normativa en materia de protección de datos de carácter persoal e en concreto, da Lei orgánica 15/1999. de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e ao Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da dita lei. Así mesmo, os datos de carácter persoal das persoas beneficiarias atendidos incorporaranse ao ficheiro de datos de carácter persoal Xestión de Servizos Sociais, creado pola Orde do 15 de decembro de 2011.

Para tales efectos:

- O persoal das entidades que trate cos datos de carácter persoal das/os participantes nas actuacións subvencionadas asinará a correspondente cláusula de segredo profesional. Aquelas persoas que xa a teñan asinada de anos anteriores, non será necesario que a volvan asinar. Estas cláusulas serán asinadas e enviadas ao Servizo de Coordinación de Programas de Inclusión ou ao Servizo de atención ás persoas inmigrantes segundo corresponda, unha vez se resolva a Orde de subvención. O modelo pódese descargar no seguinte enlace: http://politicasocial.xunta.gal/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Axudas/04_07_16_Clausula_Segredo_Profesional_2016.doc

- As persoas participantes asinarán a autorización para a recollida dos seus datos de carácter persoal. Existen dous modelos de autorización:

o Autorización na que o participante permite a comunicación de datos a terceiros para o cumprimento do itinerario de inclusión. O modelo de cláusula está no seguinte enlace:http://politicasocial.xunta.gal/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Axudas/04_07_16_Clausula_Participante_2015.doc

o Autorización na que o participante non permite a comunicación de datos a terceiros para o cumprimento do itinerario de inclusión. O modelo de cláusula está no seguinte enlace:http://politicasocial.xunta.gal/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Axudas/04_07_16_Clausula_Participante_Oposicion_Comunicacion_2015.doc

15

Page 16: politicasocial.xunta.gal  · Web viewPara as actuacións que estean rematadas na súa totalidade antes do 30 de novembro de 2016, presentarase a xustificación antes do 5 de decembro

2.11. INDICADORES DE RESULTADO INMEDIATO

Para o cumprimento das esixencias da Dirección Xeral de Planificación e Fondos e o FSE tal e como sinala o artigo 25.1.f), as corporacións locais deberán realizar as actuacións precisas para recoller información suficiente relativa ao rexistro de indicadores de execución e resultado, enumerados no artigo 5 do Regulamento (UE) núm. 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo ao FSE.

Para estes efectos seranlles facilitados os oportunos cuestionarios que terán que respectar os criterios de integridade dos datos. A estes efectos, a corporación local debe recadar e custodiar unha declaración das persoas participantes ou outra documentación análoga que lle permita responsabilizarse da súa declaración conxunta perante a Dirección Xeral de Inclusión social. Os formularios e as instrucións están a disposición das entidades no seguinte enlace:

http://politicasocial.xunta.gal/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Axudas/04_07_16_Formulario_Rexistro_Indicadores_FSE_2016.pdf

http://politicasocial.xunta.gal/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Axudas/04_07_16_Instrucions_Indicadores_Comunicacion_FSE_2016.doc

A recollida de datos relativos aos indicadores de execución e resultado é concreta para cada tipo de actuación subvencionada.

Esta información será solicitada, por vía electrónica, nos prazos que estableza a Dirección Xeral de Planificación de Fondos, a través da aplicación habilitada para estes efectos por esa Dirección Xeral e no caso de actuacións de itinerarios de inclusión sociolaboral, será rexistrada polas entidades e extraída directamente da aplicación informática pola Subdirección Xeral de Inclusión e Integración Social, baixo instrucións previas que serán facilitadas con suficiente anticipación .

2.12. SOLICITUDE DE DOCUMENTACIÓN

Finalmente e en calquera caso, o artigo 25.1.j) da Orde de convocatoria sinala que as corporacións locais subvencionadas debe remitir no prazo de dez días os informes e demais documentación que reclamen os órganos competentes da Consellería de Política Social, polo que a maiores da sinalada, poderá solicitarse outra documentación que non conste neste procedemento.

16

Page 17: politicasocial.xunta.gal  · Web viewPara as actuacións que estean rematadas na súa totalidade antes do 30 de novembro de 2016, presentarase a xustificación antes do 5 de decembro

Todos os documentos de referencia que se presentan nesta guía son orientativos para calquera das actuacións realizadas con anterioridade a esta convocatoria. Na medida do posible a documentación que non se axuste a estes modelos, debe conter a información mínima necesaria.

2.13. XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓNS PARA PROGRAMAS E DETERMINACIÓN DO IMPORTE DAS SUBVENCIÓNS

Segundo o que se establece nos artigos 20.4 e 27 da orde, a continuación presentamos as indicacións para a determinación do importe das axudas e a xustificación das actuacións dos programas presentados para a inclusión social da comunidade xitana, para a inclusión social da poboación inmigrante, para a inclusión social de persoas en situación ou risco de exclusión social e de educación e apoio familiar dirixidos á inclusión social dos menores a cargo.

De toda a documentación necesaria para a xustificación das actuacións subvencionadas deberá enviarse un exemplar orixinal ou copia compulsada e outro en formato electrónico ao enderezo de correo que se comunique á corporación, no caso de que sexa requirido.

No caso de non presentarse a xustificación no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela, deberase enviar ao número de fax 981 545 638, correspondente á Subdirección Xeral de Inclusión e Integración Social, o oficio de presentación da documentación co seu correspondente selo de entrada.

A documentación relativa a este procedemento de xustificación estará dispoñible na páxina web da Consellería de Política Social, desde este enlace ao portal de Política Social:

http://politicasocial.xunta.gal/web/portal/axudas?p_p_id=ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_P37k&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_col_id=column-3&p_p_col_count=1&_ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_P37k_content=%2Fopencms%2FBenestar%2FContidos%2FAxudas%2Faxuda_0027.html&category=Tema/Inclusion/&friendlyURL=/portada-de-inclusion&activo=Axuda

A continuación expoñeremos a o método de cálculo do importe da acción subvencionada e a documentación necesaria para xustificar cada unha desas actuacións desenvolvidas, independentemente do programa ao que estea vinculado.

17

Page 18: politicasocial.xunta.gal  · Web viewPara as actuacións que estean rematadas na súa totalidade antes do 30 de novembro de 2016, presentarase a xustificación antes do 5 de decembro

2.13.1. ACTUACIÓNS DE ATENCIÓN DESENVOLVIDA A TRAVÉS DE INTERVENCIÓN SOCIAL : ITINERARIOS DE INCLUSIÓN SOCIOLABORAL CON ACOMPAÑAMENTO

Módulo a aplicar

Segundo o artigo 20.4.a) 1º o módulo a aplicar a este tipo de actuacións será de 19,62 €/hora de traballo efectivo realizado por persoal técnico titulado cun máximo de 2.436 horas para todo o período subvencionable, que se corresponden coa dedicación ou o coste dun/dunha profesional técnico titulado medio a xornada completa durante os 17 meses do período subvencionable. Polo tanto o importe máximo da subvención por itinerarios sería 2.436 horas x 19,62 € = 47.794,32 €

Para esta dedicación horaria debe atenderse a un mínimo de 57 persoas, das cales un 60% deberán ter realizadas un mínimo de seis actuacións presenciais das numeradas no artigo 5.2.a) (valoración social individual, deseño dun itinerario, revisión dos obxectivos ou actuacións, medidas de acompañamento, asesoramento xurídico en materia de estranxeiría, orientación social e laboral, seguimento do itinerario sociolaboral, seguimento da escolarización dos menores, seguimento das medidas de acondicionamento das vivendas e convivencia en vivenda normalizada, seguimento de pautas hixiénico-sanitarias, información sobre procesos orientados ao realoxo, mellora de habilidades sociais básicas, técnicas de búsqueda de emprego, sempre que, dentro desas seis se estas actuacións inclúan, polo menos, a valoración social individual, deseño e/ou revisión dos obxectivos ou actuacións, e realización de accións dirixidas á mellora das habilidades sociais básicas)

É dicir, supoñendo que se realizan o máximo de horas totais por todo o período subvencionable (2.436 h) o número de persoas mínimas que habería que atender serían 57, das cales 35 deben ter realizados itinerarios de maior intensidade (PDFs con 6 actuacións e asinados polos participantes e polo persoal técnico) e 22 persoas atendidas sen esixencia de itinerario, pero dos que deben ter unha información mínima para o rexistro dos “indicadores de execución” (que se explican máis adiante). A atención mediante itinerarios pode realizala unha ou máis dunha persoa sempre que teña titulación media porque a unidade subvencionada é o traballo profesional (número de horas) desenvolvido, non o número de profesonais que o realizan.

En canto ao período subvencionable, o artigo 11.3 sinala que as actuacións que se subvencionan deberán efectuarse entre o 1 de novembro de 2015 e o 31 de marzo de 2017, e, polo tanto, existen dous momentos de xustificación:

1º período de execución das actuacións son 13 meses

18

Page 19: politicasocial.xunta.gal  · Web viewPara as actuacións que estean rematadas na súa totalidade antes do 30 de novembro de 2016, presentarase a xustificación antes do 5 de decembro

2º período de execución das actuación son 4 meses

No caso de non ser así (menos horas, menos persoas participantes ou menor porcentaxe delas que teñan 6 actuacións), o importe subvencionable reducirase proporcionalmente.

A continuación, preséntanse exemplos aclaratorios, partindo de que, como se indica na orde, a regra de tres a seguir para o cálculo total do importe da subvención sería :

2.436 horas subvencionadas ----------- 57 participantes

Nº horas realizadas pola entidade ---- X participantes a xustificar

X = 57 x nº horas declaradas (time sheet)/2436 = participantes a xustificar x 60% (IPIS necesarios) = Nº IPIS (PDFs) + Nº persoas atendidas con indicadores execución

Exemplo 1: Sen incidencias

Unha entidade realiza unha actuación de 1.700 horas para o total dos 17 meses subvencionables: 1º período que se xustifican 1.300 horas e no segundo período 400 horas

* Para a xustificación total os cálculos son:

1.700 h x 19,62 € = 33.354 € importe subvencionado

* Para o cálculo de participantes necesarios a xustificar, haberá que seguir a seguinte regra de 3:

2.436 horas ----57 participantes

1.700 horas ---- X participantes

X = 40 participantes x 60% = 24 IPIS (PDFs) + 16 persoas atendidas con indicadores execución

* Para a 1ª xustificación (1.300 horas) os cálculos serían :

1.700 horas ------ 40 participantes

1.300 horas ------- X participantes

X = 31 participantes totais x 60% = 19 IPIS (PDFs) necesarios

Para calcular o importe a percibir:

19

Page 20: politicasocial.xunta.gal  · Web viewPara as actuacións que estean rematadas na súa totalidade antes do 30 de novembro de 2016, presentarase a xustificación antes do 5 de decembro

1.700 horas ------ 33.354 €

1.300 horas ------- X € X = 25.506 € importe a percibir nunha 1ª xustificación

Para xustificar este extremo deberán ter atendidas, como mínimo, a 31 persoas.

* Para a 2ª xustificación (400 horas) os cálculos serían:

40 totais – 31 = 9 participantes (5 Ipis nuevos) e os 24 itinerarios (PDFs)

Para calcular o importe a percibir:

1.700 horas ------ 33.354 €

400 horas ------- X €

X = 7.848 € importe a percibir na 2ª xustificación

De todas aquelas persoas que teñan un PDF asinado, non é obrigatorio o envio do formulario de execución, posto que se estaría a duplicar a información

Exemplo 2 (NON atendidas /SI IPIS): Caso no que NON se xustifiquen o número total de persoas mínimas que deben ser atendidas, pero si se fan os itinerarios que corresponderían ao total de horas (a estes efectos se descontarán as horas considerándose como NON REALIZADAS)

Seguindo co exemplo anterior: Se a entidade xustifica 1.700 horas deberían atenderse a 40 persoas (60% de IPIS), pero, se na realidade só atenden a 35 participantes (menos dos que deberían segundo as horas) e se fixeron 24 itinerarios de maior intensidade (PDFs que si se corresponden) + 11 persoas atendidas con so os indicadores de execución, para chegar a cantidade a pagar debe aplicarse o que chamamos “porcentaxe de redución” que supón este incumprimento.

É dicir, o primeiro cálculo sería: 1.700 h x 19,62 € = 33.354 €

Non obstante, como non se acadou o número de participantes necesarios calcularemos o importe coa porcentaxe que supón este incumprimento:

1.700 horas ----- 40 participantes

X horas ---------- 35 participantes

20

Page 21: politicasocial.xunta.gal  · Web viewPara as actuacións que estean rematadas na súa totalidade antes do 30 de novembro de 2016, presentarase a xustificación antes do 5 de decembro

X = 1.487,5 horas x 19,62 € = 29.184,75 € importe total subvencionado

Exemplo 3 (SI atendidas/NON IPIS): Caso no que Si se atenden ao total das persoas correspondentes ás horas xustificadas, pero NON chegan a xustificar o número total de itinerarios que deberían corresponder (60%)

Seguindo co exemplo anterior, fanse 1.700 horas e se atenden ao total de 40 participantes pero finalmente so se realizan 10 itinerarios (con PDF) + 30 persoas so con indicadores, calcularase o importe coa porcentaxe de redución que supón este incumprimento:

1.700 horas ----- 24 IPIS

X horas ---------- 10 IPIS

X = 708,33 horas x 19,62 € = 13.897.49 € importe total subvencionado

Exemplo 4 (NON atendidas/NON itinerarios) : Caso no que NON se xustifiquen nin número total de persoas mínimas que deben ser atendidas, nin os itinerarios mínimos necesarios segundo as horas xustificadas

Seguindo co exemplo das 1.700 horas no que se deben atender ao total de 40 participantes con 24 itinerarios, pero finalmente se atienden 35 persoas e se fan 15 itinerarios, o importe sería

1.700 horas ----- 24 IPIS

X horas ---------- 15 IPIS

X = 1.062,5 horas x 19,62 € = 20.846,25 € importe total subvencionado

XUSTIFICACIÓN

As corporacións locais beneficiarias que desenvolvan actuacións ao longo de todo o período subvencionado deberán xustificar cada anualidade de xeito independente, polo que existen dous momentos para a presentación de xustificación.

Para as actuacións que estean rematadas na súa totalidade antes do 30 de novembro de 2016, presentarase a xustificación antes do 5 de decembro de 2016 coa documentación referida no apartado de xustificación final, sempre que non se opoña ao que se estableza na orde da Consellería de Facenda que regule as operacións de cerramento do exercicio.

21

Page 22: politicasocial.xunta.gal  · Web viewPara as actuacións que estean rematadas na súa totalidade antes do 30 de novembro de 2016, presentarase a xustificación antes do 5 de decembro

As actuacións xustificaranse a través das modalidades de custos simplificados previstas no artigo 67.1b) e d) do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 e 14.2 do Regulamento (UE) núm 1304/2013. Excepciónase a axuda de transporte para o desprazamento interurbano, na que se reembolsará o custo real efectivamente incorrido e aboado, e que se se xustificará a través da modalidade de conta xustificativa.

A primeira xustificación correspondente as actuacións non rematadas abarcará as actuacións realizadas ata o 30 de novembro de 2016. As corporacións locais disporán ata o 5 decembro de 2016 para presentar a seguinte documentación:

- Solicitude de pagamento parcial (non hai modelo oficial)- Declaración responsable (Anexo IX)- Memoria económica e xustificativa (Anexo X)- Certificación das accións realizadas ata 30 de novembro de 2016 a través das follas

mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas ao programa (asinadas polo/a traballador/a e a persoa responsable da entidade) no que conste un resumo do número total de horas no período subvencionado. O modelo está dispoñible no seguinte enlace: http://politicasocial.xunta.gal/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Axudas/04_07_16_Mod_Rex_Horas_Mensuais_Traballador_Itinerarios_2016.xls

- Cuestionario (formulario) de indicadores de execución (non de resultado) das persoas atendidas. Este cuestionario está a disposición das corporacións locais, xunto coas instrucións, na web da consellería e no seguinte enlace: http://politicasocial.xunta.gal/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Axudas/04_07_16_Formulario_Rexistro_Indicadores_FSE_2016.pdf

http://politicasocial.xunta.gal/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Axudas/04_07_16_Instrucions_Indicadores_Comunicacion_FSE_2016.doc

Este cuestionario poderá substituírse polo expediente con rexistro de actuacións no caso de participantes que realizasen un mínimo de seis actuacións das establecidas no artigo 5.2.a): é dicir, o PDF que se extrae da aplicación informática de Inclusión Social, asinada polo/a técnico/a responsable do itinerario e polo/a persoa participante. Este PDF será entregado sempre coa xustificación final, non nesta primeira xustificación.

22

Page 23: politicasocial.xunta.gal  · Web viewPara as actuacións que estean rematadas na súa totalidade antes do 30 de novembro de 2016, presentarase a xustificación antes do 5 de decembro

A Xustificación final comprenderá as actuacións realizadas entre o 1 de decembro de 2016 ata o 31 de marzo de 2017. As corporacións locais disporán ata o 30 de abril de 2017, para presentar a seguinte documentación:

- Declaración responsable (Anexo IX)- Memoria económica e xustificativa (Anexo X)- Memoria da actuación das actividades realizadas, segundo o guión establecidos no

Anexo XI- Certificación das accións realizadas desde o 1 de decembro de 2016 ata o 31 de marzo

de 2017 a través das follas mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas ao programa (asinadas polo/a traballador/a e a persoa responsable da entidade) no que conste un resumo do número total de horas no período subvencionado. A Subdirección pon a disposición das corporacións locais un modelo deste documento:http://politicasocial.xunta.gal/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Axudas/04_07_16_Mod_Rex_Horas_Mensuais_Traballador_Itinerarios_2016.xls

- Certificación do número total de persoas atendidas no período subvencionado e a relación asinada por cada participante acreditativa de atención recibida, que se realizará a través dos seguintes documentos:

o Para as persoas atendidas que non acadasen seis actuacións achegarase o cuestionario (formulario) de indicadores de execución (non de resultado), seguindo as instrucións facilitadas na páxina web.http://politicasocial.xunta.gal/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Axudas/04_07_16_Formulario_Rexistro_Indicadores_FSE_2016.pdf

http://politicasocial.xunta.gal/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Axudas/04_07_16_Instrucions_Indicadores_Comunicacion_FSE_2016.doc

o Para as persoas atendidas que teñan como mínimo seis actuacións achegarase o PDF Expediente que se extrae da aplicación informática, asinada polo/a técnico/a responsable e pola persoa participante

- Certificado de realización e finalización individualizada, onde conste os resultados obtidos ata a data por cada participantes. Este documento so será necesario para as persoas atendidas que teñan como mínimo seis actuacións. Na aplicación informática de Inclusión Social, no menú de Xestión Documental Inclusión, está a disposición das corporacións locais un documento no que se explica cómo se pode extraer este documento da propia aplicación informática.

23

Page 24: politicasocial.xunta.gal  · Web viewPara as actuacións que estean rematadas na súa totalidade antes do 30 de novembro de 2016, presentarase a xustificación antes do 5 de decembro

Rexistro de Itinerarios con seis actuacións presenciais na aplicación informática:

Os expedientes dos itinerarios de seis actuacións necesarios para xustificar o pago do módulo, serán uns documentos en formato PDF dos expedientes (itinerarios) rexistrados na aplicación informática e que deberán vir asinados polo responsable técnico do itinerario e polo propio participante titular do dito expediente (un por cada participante).

A información mínima que debe conter cada un dos expedientes para que se admita como xustificante técnico para o pagamento do módulo é: a información básica do/a participante, o proxecto de inclusión, a valoración social e por último ter asociadas, como mínimo seis actuacións das que se enumeran na Orde de convocatoria no artigo 5.2.a) e neste mesmo apartado. Este PDF poderá ser complementado con outra documentación que tamén se extrae da aplicación informática, como é o Word de proxecto de inclusión e os formularios de rexistro de cada unha das actuacións vinculadas a cada participante. En concreto, as corporacións locais para todos os itinerarios de inclusión que se vinculen a esta Orde, deben ter asinado o documento “Word Proxecto” que se extrae da aplicación informática. Este documento debe estar asinado, tamén, pola persoa participante.

Os/as técnicos/as das corporacións locais subvencionadas no marco da aplicación informática funcionarán como “equipos de inclusión” . As corporacións locais e os seus equipos de inclusión rexistrarán a información necesaria para xustificar as actuacións realizadas con cada unha das persoas participantes (Expedientes, Actuacións, Insercións, etc.). No caso das corporacións locais que veñen tendo acceso á aplicación informática en anos anteriores, empregarán os mesmos datos de acceso para o rexistro dos datos. As corporacións locais ás que se lles subvencione a atención desenvolvida a través dos itinerarios de inclusión sociolaboral por primeira vez, achegaránselles os datos de acceso para o rexistro dos expedientes vinculados a esta/s nova/s actuación/s e recibirán a correspondente formación sobre o manexo da aplicación informática.

Para aquelas persoas participantes que sexan perceptores da RISGA, deberá rexistrarse no seu expediente este feito, en concreto, no campo “Perceptor da RISGA” do formulario de alta/edición de Expediente.

Para as persoas participantes nas accións específicas para persoas inmigrantes, deberá constar no seu expediente como “factor principal de exclusión” o valor Inmigrantes/refuxiados, no formulario de alta/edición de expediente así como o país nacionalidade (no campo correspondente) e pais de orixe.

No caso de duplicidade de participantes na aplicación informática, a corporación local poñerase en contacto coa Subdirección, para a resolución desta incidencia.

24

Page 25: politicasocial.xunta.gal  · Web viewPara as actuacións que estean rematadas na súa totalidade antes do 30 de novembro de 2016, presentarase a xustificación antes do 5 de decembro

As corporacións locais deben rexistrar na aplicación informática, obrigatoriamente, todas as actuacións para as que non é precisa a presenza de persoas pero que son necesarias para a concesión dos obxectivos do proxecto de inclusión, tales como a prospección do mercado laboral, a intermediación laboral activa e/ou a coordinación con outros dispositivos.

Moitas das intervencións sociais, no marco do itinerarios de inclusión sociolaboral, realizadas cos participantes, poden ter continuidade no tempo (coincidindo con dúas ou máis convocatorias de subvencións).

Para estes casos o que hai que facer é:

1º rexistrar a baixa de todos os expedientes que se van a empregar para xustificar a subvención, cando se teña por finalizadas todas as actuacións necesarias. Para os participantes cos que se vaia a continuar en próximas convocatorias, antes do rexistro desta baixa, rexistrarase unha actuación de tipo “avaliación de obxectivos”

2º para os participantes cos que se vaia a continuar nunha nova convocatoria de subvención, haberá que rexistrar un novo expediente, no que unha vez gardado, a primeira actuación a rexistrarlle será a de revisión e/ou establecemento de obxectivos (no campo “resultados obtidos desta actuación” quedará claramente especificada a necesidade da continuidade das invertvencións).

2.13.2. ACTUACIÓNS REALIZADAS POLO MÉTODO FORMATIVO

Módulo aplicable na formación laboral teórico práctica : artigo 20.4.a) 3º

O importe do módulo que se aplica a estas actuacións formativas laborais teórico/prácticas, sempre que comporten a presenza de monitorado para o seu desenvolvemento será de 4,5 €/hora/participante, agás as accións formativas que precisen para o seu desenvolvemento dun equipamento especial, no que acadará un importe de 6,75 € /hora/ participante. Cun máximo de 16.000€.

O importe final establecerase en función da participación efectivamente consignada nos partes de asistencia.

Incrementos sobre este módulo:

Esta cantidade poderá incrementarse con bolsas por asistencia ás accións formativas: 4,5 €/día de asistencia/participante cun importe máximo do 25% do

25

Page 26: politicasocial.xunta.gal  · Web viewPara as actuacións que estean rematadas na súa totalidade antes do 30 de novembro de 2016, presentarase a xustificación antes do 5 de decembro

importe total da acción formativa (entendendo que o importe total da acción formativa e a cantidade subvencionada) .

Este complemento en ningún caso será de aplicación ás persoas participantes que sexan titulares dunha renda de inclusión de Galicia que inclúa este complemento nas datas de realización da acción formativa.

Módulo aplicable na formación práctica non laboral en dependencias dunha empresa: artigo 20.4.a) 4º

No caso de prácticas non laborais en dependencias dunha empresa, o importe do módulo será de 3 € /hora/participante, cun máximo de 4.000€

Módulo alfabetización e adquisición de competencias nas linguas da sociedade de acollida: artigo 20.4.a) 5º

O importe do módulo será de 19,07 €/ hora, cun máximo de 2.436 horas

Módulo de formación teórica adaptada dirixida á adquisición do permiso de condución do tipo B ou C: artigo 20.4.a) 7º

O importe do módulo será de 4,5 € /hora/participante.

Incremento sobre este módulo:

Poderá incrementarse con axudas para o desprazamento urbano, interurbano, por lonxanía desde o domicilio ou inexistencia do recurso no municipio de residencia, ou, no caso de utilizar vehículo particular, deberá xustificarse a inexistencia de transporte público ou horario deste incompatible coa realización da acción formativa. As contías son: para o transporte público urbano: 1,5 € día/asistencia; para transporte público interurbano: custo real do desprazamento e para vehículo particular: 0,19 €/km

Requisitos comúns as accións formativas

- Controlar a asistencia ás accións formativas. Cinco persoas, como mínimo, deben ter dereito a certificación acreditativa da realización da acción formativa. Se non se acada este número considerarase non realizada e, polo tanto, non se procederá ao pagamento.

- As persoas propostas para a certificación acreditativa da realización dunha acción deste tipo deberán ter asistido como mínimo ao 60 % do total das súas horas.

26

Page 27: politicasocial.xunta.gal  · Web viewPara as actuacións que estean rematadas na súa totalidade antes do 30 de novembro de 2016, presentarase a xustificación antes do 5 de decembro

- Contratar un seguro de para o alumnado ou participantes nas actuacións que cubra tanto os riscos que poidan ter durante o desenvolvemento das actividades como os desprazamentos para a asistencia a elas.

- Cando a actuación teña por obxecto a formación teórica adaptada dirixida á adquisición do permiso de condución tipo B ou C, será requisito indispensable que a persoas estea recibindo atención para a inclusión sociolaboral financiada ou non por esta convocatoria e que esta formación estea incluída no proxecto de inclusión sociolaboral da persoa que a reciba, sendo obrigatorio que se rexistre no apartado “Proxecto de inserción” do itinerario (PDF Expediente).

- No caso de formación teórica adaptada dirixida á adquisición do permiso de condución Tipo B ou C, que contemple o incremento para transporte deberá xustificarse a necesidade de uso de transporte público urbano ou interurbano, por lonxanía desde o domicilio ou inexistencia do recurso no municipio de residencia, ou, no caso de utilizar vehículo particular, deberá xustificarse a inexistencia de transporte público ou horario deste incompatible coa realización da acción formativa.

XUSTIFICACIÓN

As corporacións locais beneficiarias que desenvolvan as accións formativas ao longo de todo o período subvencionado deberán xustificar cada anualidade de xeito independente, polo que existen dous momentos para a presentación de xustificación.

Para as actuacións que estean rematadas na súa totalidade antes do 30 de novembro de 2016, presentarase a xustificación antes do 5 de decembro de 2016 coa documentación referida no apartado de xustificación final.

A primeira xustificación correspondente as actuacións non rematadas abarcará as actuacións realizadas ata o 30 de novembro de 2016. As corporacións disporán ata o 5 decembro de 2016 para presentar a seguinte documentación:

- Solicitude de pagamento parcial (no hai modelo oficial)

- Declaración responsable (Anexo IX)

- Memoria económica xustificativa (Anexo X)

- Cuestionario (formulario) de indicadores de execución (non de resultado) das persoas atendidas. Este cuestionario está a disposición das entidades, xunto coas instrucións, no seguinte enlace:

27

Page 28: politicasocial.xunta.gal  · Web viewPara as actuacións que estean rematadas na súa totalidade antes do 30 de novembro de 2016, presentarase a xustificación antes do 5 de decembro

http://politicasocial.xunta.gal/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Axudas/04_07_16_Formulario_Rexistro_Indicadores_FSE_2016.pdf

http://politicasocial.xunta.gal/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Axudas/04_07_16_Instrucions_Indicadores_Comunicacion_FSE_2016.doc

- Certificación das actuacións realizadas ata o 30 de novembro de 2016 a través dos partes de asistencia (Asistencia a formación (follas compresivas das horas dedicadas ao programa)) onde conste o número total de horas de formación asinados pola persoa participante, o/a responsable técnico/a da realización da actuación e a persoa responsable da entidade. No caso de prácticas non laborais en dependencias dunha empresa deberán conter, ademais, a sinatura do/a responsable na empresa. O modelo de certificación está a disposición das entidades no seguinte enlace:http://politicasocial.xunta.gal/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Axudas/04-07-16_FOLLAS_DE_ASISTENCIA_FORMATIVAS.xls

Achegamos as instrucións para o cumprimento das follas de rexistro:http://politicasocial.xunta.gal/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Axudas/04-07-16_InstruccionsParteAsistenciaeAxuda2016.pdf

- Certificación de finalización/realización da actividade subvencionada comprensiva da relación de persoas asistentes e do número total de horas realizadas por cada unha delas, a través do documento “certificación final das actuacións formativas con ou sen "axudas-bolsas" individuais” (resumo de horas dedicadas) e no caso de bolsas por asistencia a acción formativa sinalar, tamén, a contía diaria percibida por cada persoa xunto co importe total percibido por este concepto. Modelo dispoñible no seguinte enlace:http://politicasocial.xunta.gal/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Axudas/04-07-16_CERTIFICADOS_DE_AXUDAS_BOLSAS_V1.xls

- No suposto de formación teórica adaptada dirixida á adquisición do permiso de condución tipo B ou C as persoas participantes deberán ter rexistrada esta actuación no proxecto de inclusión do expediente na aplicación informática e no suposto de ter percibido axudas de desprazamento deberá achegarse a seguinte documentación:

o Documentación acreditativa no caso de uso de transporte público interurbano (tickets) ou certificado da persoa responsable da entidade, no caso de uso de vehículo particular ou de transporte urbano

28

Page 29: politicasocial.xunta.gal  · Web viewPara as actuacións que estean rematadas na súa totalidade antes do 30 de novembro de 2016, presentarase a xustificación antes do 5 de decembro

- Xustificante bancario de pago á compañía aseguradora do seguro (non é necesario achegar a póliza).

- Para as accións de alfabetización e mellora de competencias nas linguas da sociedade de acollida, presentaranse tamén a Certificación das accións realizadas ata 30 de novembro de 2016 a través das follas mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas ao programa (asinadas polo/a traballador/a e a persoa responsable da entidade) no que conste un resumo do número total de horas no período subvencionado. O modelo está dispoñible no seguinte enlace: http://politicasocial.xunta.gal/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Axudas/04_07_16_Mod_Rex_Horas_Mensuais_Traballador_Itinerarios_2016.xls(na casilla de “actuación subvencionada” deberán indicar que se trata dunha acción de alfabetización e mellora de competencias nas linguas da sociedade de acollida)

A xustificación final comprenderá as actuacións realizadas entre o 1 de decembro de 2016 ata o 31 de marzo de 2017 . As entidades disporán ata o 30 de abril para presentar a seguinte documentación :

- Declaración responsable (Anexo IX)- Memoria da actuación das actividades realizadas, segundo o guión establecido no

Anexo XI- Cuestionario (formulario) de indicadores de execución (non de resultado) das persoas

atendidas. Este cuestionario está a disposición das entidades, xunto coas instrucións, no seguinte enlace:http://politicasocial.xunta.gal/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Axudas/04_07_16_Formulario_Rexistro_Indicadores_FSE_2016.pdf

http://politicasocial.xunta.gal/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Axudas/04_07_16_Instrucions_Indicadores_Comunicacion_FSE_2016.doc

- Memoria económica e xustificativa (Anexo X) - Certificación das actuacións realizadas a través dos partes de asistencia (Asistencia a

formación (follas compresivas das horas dedicadas ao programa)) onde conste o número total de horas de formación asinados pola persoa participante, o/a responsable técnico/a da realización da actuación e a persoa responsable da entidade. No caso de prácticas non laborais en dependencias dunha empresa deberán conter,

29

Page 30: politicasocial.xunta.gal  · Web viewPara as actuacións que estean rematadas na súa totalidade antes do 30 de novembro de 2016, presentarase a xustificación antes do 5 de decembro

ademais, a sinatura do/a responsable na empresa. O modelo está dispoñible no seguinte enlace: http://politicasocial.xunta.gal/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Axudas/04-07-16_FOLLAS_DE_ASISTENCIA_FORMATIVAS.xls

- Certificación de finalización da actividade subvencionada comprensiva da relación de persoas asistentes e do número total de horas realizadas por cada unha delas, a través do documento “certificación final das actuacións formativas con ou sin "axudas-bolsas" individuais” (resumo de horas dedicadas) :http://politicasocial.xunta.gal/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Axudas/04-07-16_CERTIFICADOS_DE_AXUDAS_BOLSAS_V1.xls

- No caso de ter pagado bolsas por asistencia a acción formativa deberán:o Facer constar a súa necesidade na memoria de actuacións. A xustificación da

necesidade realizarase de forma xeral para a actuación formativa (non de forma individual para cada participante). Esta bolsa non pode ser percibida por participantes titulares dunha renda de inclusión social de Galicia que perciban este complemento

o Contía diaria percibida por cada persoa xunto co importe total percibido por este concepto. Esta información achegarase a través do documento “certificación final das actuacións formativas con ou sen "axudas-bolsas" individuais” (resumo de horas dedicadas) (xa explicado anteriormente e dispoñible no seguinte enlace:http://politicasocial.xunta.gal/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Axudas/04-07-16_CERTIFICADOS_DE_AXUDAS_BOLSAS_V1.xls

- No suposto de formación teórica adaptada dirixida á adquisición do permiso de condución tipo B ou C as persoas participantes deberán ter rexistrada esta actuación no proxecto de inclusión do expediente na aplicación informática e no suposto de ter percibido axudas de desprazamento deberá achegarse a seguinte documentación:

o Documentación acreditativa no caso de uso de transporte público interurbano (tickets) ou certificado da persoa responsable da entidade, no caso de uso de vehículo particular ou de transporte urbano

- Xustificante bancario de pago á compañía aseguradora do seguro (non é necesario achegar a póliza).

- Para as accións de alfabetización e mellora de competencias nas linguas da sociedade de acollida, presentaranse tamén Certificación das accións realizadas desde o 1 de

30

Page 31: politicasocial.xunta.gal  · Web viewPara as actuacións que estean rematadas na súa totalidade antes do 30 de novembro de 2016, presentarase a xustificación antes do 5 de decembro

decembro de 2016 ata o 31 de marzo de 2017 a través das follas mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas ao programa (asinadas polo/a traballador/a e a persoa responsable da entidade) no que conste un resumo do número total de horas no período subvencionado. A Subdirección pon a disposición das corporacións locais un modelo deste documento:http://politicasocial.xunta.gal/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Axudas/04_07_16_Mod_Rex_Horas_Mensuais_Traballador_Itinerarios_2016.xls

(na casilla de “actuación subvencionada” deberán indicar que se trata dunha acción de alfabetización e mellora de competencias nas linguas da sociedade de acollida)

Enquisas de avaliación

As corporacións locais que desenvolvan actuacións formativas, achegaránselles uns modelos de enquisas para a avaliación de ditas actuacións, aínda que para isto, poderán empregar modelos de enquisas de valoración propios que xa formen parte do protocolo de actuación da corporación subvencionada ou ben as que se lles facilite desde esta Subdirección. Existen diferentes modelos de enquisas dependendo do tipo de actuación subvencionada (competencias clave, formación laboral), dispoñibles no seguintes enlace, baixo o título AVALIACIÓN CURSOS 2016/17:

http://politicasocial.xunta.gal/web/portal/axudas?p_p_id=ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_P37k&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_col_id=column-3&p_p_col_count=1&_ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_P37k_content=%2Fopencms%2FBenestar%2FContidos%2FAxudas%2Faxuda_0027.html&category=Tema/Inclusion/&friendlyURL=/portada-de-inclusion&activo=Axuda

Esta documentación deberá obrar en poder das corporacións locais, polo que non existe prazo de entrega.

Farase mención dos resultados de estas avaliacións, na memoria de cada unha das actuacións formativas subvencionadas.

Xestión de diplomas de asistencia a actuacións formativas

Aquelas corporacións locais que desexen achegar diplomas de asistencias das actuacións de carácter formativo aos seus participantes, poderán facelo a aquelas persoas que teñan asistido

31

Page 32: politicasocial.xunta.gal  · Web viewPara as actuacións que estean rematadas na súa totalidade antes do 30 de novembro de 2016, presentarase a xustificación antes do 5 de decembro

ao 60 % do total de horas da acción formativa, que conterán como mínimo a información que figura no modelo achegado no seguinte enlace:

http://politicasocial.xunta.gal/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Axudas/04-07-16_Modelo_Diploma_Entidades_2016.doc

2.13.3 ACTUACIÓNS REALIZADAS POLO MÉTODO DE EDUCACIÓN / MEDIACIÓN

Módulo de asesoramento xurídico en temas de estranxeiría: artigo 20.4.a) 2º

O importe do módulo será 23,05 €/hora cun máximo de 2.436 horas, que se corresponderá coa dedicación dunha persoa con titulación en dereito a xornada completa.

Módulo de mediación intercultural: artigo 19.4.a) 8º

O importe do módulo é de 19,07 €/hora traballada, cun máximo de 2.436 horas para o período subvencionable.

Incremento sobre este módulo, para desprazamentos do persoal técnico dedicado á actuación:

Poderá incrementarse con axudas para o desprazamento urbano, interurbano, por lonxanía desde o domicilio ou inexistencia do recurso no municipio de residencia, ou, no caso de utilizar vehículo particular, deberá xustificarse a inexistencia de transporte público ou horario deste incompatible coa realización da acción formativa. As contías son: para o transporte público urbano: 1,5 € día/asistencia; para transporte público interurbano: custo real do desprazamento e para vehículo particular: 0,19 €/Km.

Módulo de educación e apoio familiar: artigo 20.4.a) 9º

O importe do módulo é de 19,62 €/hora traballada, cun máximo de 2.436 horas para o período subvencionable.

Incremento sobre este módulo, para desprazamentos do persoal técnico adicado á actuación:

Poderá incrementarse con axudas para o desprazamento urbano, interurbano, por lonxanía desde o domicilio ou inexistencia do recurso no municipio de residencia, ou,

32

Page 33: politicasocial.xunta.gal  · Web viewPara as actuacións que estean rematadas na súa totalidade antes do 30 de novembro de 2016, presentarase a xustificación antes do 5 de decembro

no caso de utilizar vehículo particular, deberá xustificarse a inexistencia de transporte público ou horario deste incompatible coa realización da acción formativa. As contías son: para o transporte público urbano: 1,5 € día/asistencia; para transporte público interurbano: custo real do desprazamento e para vehículo particular: 0,19 €/Km.

XUSTIFICACIÓN

As corporacións locais beneficiarias que desenvolvan as accións de mediación e/ou educación ao longo de todo o período subvencionado deberán xustificar cada anualidade de xeito independente, polo que existen dous momentos para a presentación de xustificación.

Para as actuacións que estean rematadas na súa totalidade antes do 30 de novembro de 2016, presentarase a xustificación antes do 5 de decembro de 2016 coa documentación referida no apartado de xustificación final.

A primeira xustificación correspondente as actuacións non rematadas abarcará as actuacións realizadas ata o 30 de novembro de 2016. As corporacións disporán ata o 5 decembro de 2016 para presentar a seguinte documentación:

- Solicitude de pagamento parcial (no hai modelo oficial)

- Declaración responsable (Anexo IX)

- Memoria económica xustificativa (Anexo X)

- Cuestionario (formulario) de indicadores de execución (non de resultado) das persoas atendidas. Este cuestionario está a disposición das entidades, xunto coas instrucións, no seguinte enlace:http://politicasocial.xunta.gal/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Axudas/04_07_16_Formulario_Rexistro_Indicadores_FSE_2016.pdf

http://politicasocial.xunta.gal/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Axudas/04_07_16_Instrucions_Indicadores_Comunicacion_FSE_2016.doc

- Certificación das accións realizadas ata 30 de novembro de 2016 a través das follas mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas ao programa (asinadas polo/a traballador/a e a persoa responsable da entidade) no que

33

Page 34: politicasocial.xunta.gal  · Web viewPara as actuacións que estean rematadas na súa totalidade antes do 30 de novembro de 2016, presentarase a xustificación antes do 5 de decembro

conste un resumo do número total de horas no período subvencionado. O modelo está dispoñible no seguinte enlace: http://politicasocial.xunta.gal/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Axudas/04_07_16_Modelo_Rexistro_Horas_Mensuais_Traballador_Mediacion_2016.xls

- Documento Word seguimento da actuación que se extrae da aplicación de inclusión social.

- Copia da demanda do servizo por parte do/a persoa beneficiaria- Parte horario diario ou semanal de atención

http://politicasocial.xunta.gal/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Axudas/04_07_16_Rexistro_Diario_Actuacion_Mediacion_2016.doc

http://politicasocial.xunta.gal/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Axudas/04_07_16_Rexistro_Semanal_Actuacion_Mediacion_2016.doc

- No caso de axuda para o transporte do persoal técnico, achegarase o documento acreditativo do uso de transporte público (tikets de pagamento) ou certificado da persoa responsable da corporación acreditativo do uso dun vehículo particular.

- No caso de programas para a comunidade xitana, achegarase o Word proxecto, no que deberán estar especificadas as accións de apoio familiar e/ou mediación.

A xustificación final comprenderá as actuacións realizadas entre o 1 de decembro de 2016 ata o 31 de marzo de 2017 . As entidades disporán ata o 30 de abril para presentar a seguinte documentación :

- Declaración responsable (Anexo IX)

- Memoria económica xustificativa (Anexo X)

- Cuestionario (formulario) de indicadores de execución (non de resultado) das persoas atendidas. Este cuestionario está a disposición das entidades, xunto coas instrucións, no seguinte enlace:http://politicasocial.xunta.gal/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Axudas/04_07_16_Formulario_Rexistro_Indicadores_FSE_2016.pdf

34

Page 35: politicasocial.xunta.gal  · Web viewPara as actuacións que estean rematadas na súa totalidade antes do 30 de novembro de 2016, presentarase a xustificación antes do 5 de decembro

http://politicasocial.xunta.gal/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Axudas/04_07_16_Instrucions_Indicadores_Comunicacion_FSE_2016.doc

- Certificación das accións realizadas desde o 1 de decembro de 2016 ata o 31 de marzo de 2017, a través das follas mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas ao programa (asinadas polo/a traballador/a e a persoa responsable da entidade) no que conste un resumo do número total de horas no período subvencionado. O modelo está dispoñible no seguinte enlace: http://politicasocial.xunta.gal/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Axudas/04_07_16_Modelo_Rexistro_Horas_Mensuais_Traballador_Mediacion_2016.xls

- Documento Word seguimento da actuación que se extrae da aplicación de inclusión social.

- Copia da demanda do servizo por parte do/a persoa beneficiaria- Parte horario diario ou semanal de atención

http://politicasocial.xunta.gal/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Axudas/04_07_16_Rexistro_Diario_Actuacion_Mediacion_2016.doc

http://politicasocial.xunta.gal/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Axudas/04_07_16_Rexistro_Semanal_Actuacion_Mediacion_2016.doc

- No caso de axuda para o transporte do persoal técnico, achegarase o documento acreditativo do uso de transporte público (tickets de pagamento) ou certificado da persoa responsable da corporación acreditativo do uso dun vehículo particular.

- No caso de programas para a comunidade xitana, achegarase o Word proxecto, no que deberán estar especificadas as accións de apoio familiar e/ou mediación.

A maiores da documentación xustificativa para cada unha das accións, a corporación local deberá presentar unha memoria conxunta de todo o programa subvencionado, segundo o establecido no Anexo XI.

35