XEOGRAFÍA HISTORIA DA ARTE XEOGRAFÍA E HISTORIA DE … · climogramas, hidrogramas, gráficos e...

21
1 OPTATIVAS OFERTADAS POLO DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA: PARA O CURSO DE 1º BACHARELATO: HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO PARA O CURSO DE 2º BACHARELATO: - XEOGRAFÍA - HISTORIA DA ARTE - XEOGRAFÍA E HISTORIA DE GALICIA Para o curso de 1º Bacharelato: HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO 1. INTRODUCIÓN Un dos obxectivos fundamentais da materia de Historia do Mundo Contemporáneo é o coñecemento e a comprensión dos feitos e procesos históricos desenvolvidos desde finais do século XVIII, coñecemento que se considera básico para entender o presente e a sociedade actual, xa que tanto un coma a outra forman parte dun proceso inacabado que se configura con elementos herdados do pasado. No tratamento desta materia resulta de vital importancia o manexo de moi diferentes fontes de información, destacando as fontes primarias como fonte de coñecemento que o alumnado debe analizar e comentar para construír a súa propia visión dos feitos e procesos históricos. Complemento de gran interese con tamén as fontes documentais audiovisuais e cinematográficas para complementar a visión de períodos históricos ou feitos máis puntuais. As unidades didácticas están organizadas en tres grandes bloques cronolóxicos1750-1914, 1914-1945 e 1945 á actualidade. A carga horaria é maior para as unidades posteriores á Segunda Guerra Mundial para que se poidan tratar con maior profundidade os temas máis directamente relacionados coa actualidade.

Transcript of XEOGRAFÍA HISTORIA DA ARTE XEOGRAFÍA E HISTORIA DE … · climogramas, hidrogramas, gráficos e...

Page 1: XEOGRAFÍA HISTORIA DA ARTE XEOGRAFÍA E HISTORIA DE … · climogramas, hidrogramas, gráficos e pirámides de poboación) deben servir ó alumnado para manexar ferramentas que lle

1

OPTATIVAS OFERTADAS POLO DEPARTAMENTO DE

XEOGRAFÍA E HISTORIA:

PARA O CURSO DE 1º BACHARELATO:

HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO

PARA O CURSO DE 2º BACHARELATO:

- XEOGRAFÍA

- HISTORIA DA ARTE

- XEOGRAFÍA E HISTORIA DE GALICIA

Para o curso de 1º Bacharelato:

HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO

1. INTRODUCIÓN Un dos obxectivos fundamentais da materia de Historia do Mundo

Contemporáneo é o coñecemento e a comprensión dos feitos e procesos

históricos desenvolvidos desde finais do século XVIII, coñecemento que se

considera básico para entender o presente e a sociedade actual, xa que tanto un

coma a outra forman parte dun proceso inacabado que se configura con

elementos herdados do pasado.

No tratamento desta materia resulta de vital importancia o manexo de moi

diferentes fontes de información, destacando as fontes primarias como fonte de

coñecemento que o alumnado debe analizar e comentar para construír a súa

propia visión dos feitos e procesos históricos. Complemento de gran interese con

tamén as fontes documentais audiovisuais e cinematográficas para

complementar a visión de períodos históricos ou feitos máis puntuais.

As unidades didácticas están organizadas en tres grandes bloques

cronolóxicos1750-1914, 1914-1945 e 1945 á actualidade. A carga horaria é

maior para as unidades posteriores á Segunda Guerra Mundial para que se

poidan tratar con maior profundidade os temas máis directamente relacionados

coa actualidade.

Page 2: XEOGRAFÍA HISTORIA DA ARTE XEOGRAFÍA E HISTORIA DE … · climogramas, hidrogramas, gráficos e pirámides de poboación) deben servir ó alumnado para manexar ferramentas que lle

2

2. A METODOLOXÍA DIDÁCTICA A metodoloxía didáctica empregada para desenvolver esta materia debe favorecer o

traballo individual e en grupo, o pensamento autónomo, crítico e rigoroso, o uso de

técnicas e hábitos de investigación, a capacidade do alumnado de aprender por si

mesmo e a transferencia e a aplicación do aprendido. Ademais, preténdese exercitar ao

alumnado nos procedementos habituais do historiador: natureza, tipoloxía e importancia

das distintas clases de fontes, análise e utilización crítica das mesmas, contraste de

interpretacións historiográficas e utilización de información procedente dos medios de

comunicación de masas para achegarse ao coñecemento da realidade actual.

As tecnoloxías da información e da comunicación deben ser utilizadas como unha

ferramenta necesaria para a aprendizaxe, tanto polo seu carácter imprescindible na

educación superior como pola súa utilidade e relevancia para a vida cotiá e a inserción

laboral.

A natureza específica da historia -multiplicidade de factores que interveñen nunha

realidade humana, cambio permanente mais non uniforme nin no tempo nin no espazo e

irrepetibilidade dos feitos- condúcenos a que nesta disciplina, en canto materia de

ensinanza-aprendizaxe, debamos ter en conta as seguintes consideracións didácticas:

A forma de acceder ao coñecemento histórico non é uniforme dentro da

propia disciplina. Inflúen a parcela espacial e cronolóxica que se

considere. Non nos acercamos cos mesmos medios ao coñecemento

histórico máis afastado no tempo e no espazo que a unha época próxima.

Polo tanto, os medios que se utilicen non deben ser idénticos ao longo de

todo o desenvolvemento da materia.

Na clase de Historia fanse comentarios sobre valores e sobre actitudes e

ao facelo transmítense mensaxes. Isto fai o seu estudio vulnerable a

interferencias políticas e a que, con frecuencia, se confundan

consideracións de orde política e ideolóxica con consideracións de tipo

educativo. Polo que se procurará tratar os temas de estudio con

obxectividade e non emitir xuízos de valor.

A motivación é un aspecto importante para acadar unha ensinanza eficaz.

Para promover que sexa positiva, é necesario que os temas de estudio

conecten directamente cos intereses do alumnado. O emprego de medios

audiovisuais, o achegamento a problemas do seu contorno, as saídas

programadas, etc. constitúen estratexias motivadoras e atractivas.

Partindo destas consideracións as distintas Unidades Didácticas deben

enfocarse non como un conxunto de feitos illados, senón como un

conxunto de procesos e de problemas nos que se analicen as súas causas

e as súas consecuencias e as relacións existentes entre elas. Para isto, os

medios non son só materiais ( fontes e instrumentos), senón tamén

Page 3: XEOGRAFÍA HISTORIA DA ARTE XEOGRAFÍA E HISTORIA DE … · climogramas, hidrogramas, gráficos e pirámides de poboación) deben servir ó alumnado para manexar ferramentas que lle

3

conceptuais e de léxico propio desta disciplina que hai que adquirir

comprensivamente.

Na ensinanza da Historia, e en función dos contidos a tratar,

empregaremos distintas estratexias metodolóxicas. A exposición do

profesor/a será necesaria, sobre todo, ao tratar contidos conceptuais de

maior complexidade porque lle permitirá ao alumnado un mellor acceso

a eles. Para outros contidos, as estratexias de descubrimento ou de

indagación, mediante materiais que se lle proporcionen, tamén serán

necesarias porque o alumnado, ao indagar en diversas fontes, constrúen

ao seu propio coñecemento en lugar de recibir a información xa

elaborada.

O plan de traballo dunha clase variará segundo os temas a tratar:

Para a ensinanza de parcelas máis antigas que é difícil que o

alumnado se sitúe, ou para aspectos da Historia que, polo seu

afastamento espazo-temporal, non teñen unha repercusión

recoñecible no contorno, sería:

A presentación dos problemas por parte do profesor/a.

A consideración conxunta profesorado-alumnado das distintas

alternativas posibles de interpretación.

O acordo sobre a natureza e sobre as causas do proceso histórico

en cuestión.

A ilustración e comprobación das conclusións con exemplos

concretos, sempre que sexan procesos xerais.

Para abordar os aspectos relacionados co mundo actual e para o

estudo de aspectos da historia máis próxima, a vía sería partir do

concreto para chegar ao abstracto e, apoiándose en datos do contorno

próximo, inducir a curiosidade de por que é así e ir relacionando a

historia local cos seus condicionantes externos para intentar alcanzar

unha comprensión de estruturas e de procesos máis amplos, pois non

se pode entender o medio no que se desenvolve o alumnado

desconectado das súas referencias máis xerais.

A primeira das actividades de cada unha das Unidades Didácticas

actuará de ámbito motivador para o tema das mesmas e para que o

alumnado manifeste as súas opinións e sexan conscientes do que

coñecen e do que descoñecen. Así o profesor/a estará en condicións

de axustar a proposta de actividades, incorporando as conclusións

desta primeira sesión. A presentación pode ser distinta en cada caso:

Page 4: XEOGRAFÍA HISTORIA DA ARTE XEOGRAFÍA E HISTORIA DE … · climogramas, hidrogramas, gráficos e pirámides de poboación) deben servir ó alumnado para manexar ferramentas que lle

4

enquisa, visualización dun fragmento dun vídeo, observación de

gráficos, comparación de debuxos, pinturas, fotografías, etc.

Das actividades de desenvolvemento das Unidades obterase

información para a avaliación en tres niveis:

Traballo individual, no que se terán en conta aspectos como:

-A capacidade de descrición, de relación e de análise dos conceptos

históricos.

-A expresión e a comprensión dos mesmos tanto de forma oral como

escrita.

- Os conceptos específicos da U.D.

- O desenvolvemento de actitudes cara á materia.

O traballo en grupo, no que se fai especial fincapé porque permite

unha distribución de tarefas, axuda á asunción de responsabilidades

persoais e enriquece a calidade das actividades.

O funcionamento da clase. Neste caso os datos para a avaliación

derivan dos dous niveis anteriores e proporcionan unha información

xeral importante tanto para o profesorado como para os titores.

Os instrumentos de avaliación máis adecuados dentro desta

planificación son:

A observación, que nos permitirá seguir o ritmo da clase en canto á

adquisición dos contidos conceptuais e dos procedementos e, sobre

todo, dos actitudinais tanto no que se refire ao interese pola materia

como ás actitudes sociais máis relevantes, tales como a convivencia,

a tolerancia, a solidariedade e a participación crítica.

As probas, que teñen o mesmo carácter que as actividades de

desenvolvemento das U.D. e polo tanto adoptarán formulacións

semellantes, reflectirán unicamente os contidos traballados e

estableceranse nun contexto de negociación das mesmas co

alumnado a quen van orientadas. Así que calquera das actividades

que se presentan é susceptible de ser, ao mesmo tempo, actividade

de aprendizaxe e de avaliación.

Os traballos de clase e os traballos voluntarios permiten un

seguimento do nivel de organización que van acadando os

alumnos/as: busca de fontes, organización dun guión, planificación

dos pasos a seguir, corrección do emprego de información gráfica ou

estatística, etc. Débense alternar os traballos escritos con outros de

exposición oral e en formatos dixitais.

Page 5: XEOGRAFÍA HISTORIA DA ARTE XEOGRAFÍA E HISTORIA DE … · climogramas, hidrogramas, gráficos e pirámides de poboación) deben servir ó alumnado para manexar ferramentas que lle

5

3. SECUENCIACIÓN DOS CONTIDOS por avaliacións.

Primeiro trimestre:

-Da crise do Antigo Réxime hata ó Imperialismo.

Segundo trimenstre:

- Da I Guerra Mundial ata ó fascismo.

Terceiro trimestre:

-O Mundo Occidental na segunda metade do s. XX.

-África negra

-América latina.

Nos exames, o alumnado se avaliará destes contidos e progresivamente irá

demostrando o seu coñecemento da técnica de comentario de textos.

PARA O CURSO DE 2º BACHARELATO:

- XEOGRAFÍA

Page 6: XEOGRAFÍA HISTORIA DA ARTE XEOGRAFÍA E HISTORIA DE … · climogramas, hidrogramas, gráficos e pirámides de poboación) deben servir ó alumnado para manexar ferramentas que lle

6

1. Obxectivos Xerais

Dentro dos obxectivos establecidos no currículo daráselle prioridade ós

seguintes:

-Identificar e comprender os elementos básicos da organización territorial utilizando

conceptos, procedementos e destrezas específicamente xeográficas, para explicar o

espacio como unha realidade dinámica, diversa e complexa, na que interveñen

múltiples factores.

-Explicar a posición de España e de Galicia nun mundo cada vez máis

interrelacionado, no que coexisten, a un tempo, procesos de globalización na

economía e de desigualdade socioeconómica, ante a que formulanse respostas

locais; prestando unha atención especial á Unión Europea, as súas características

territoriais e as consecuencias da integración en España e en Galicia.

-Valorar a función do medio natural, dos recursos naturais e da actividades productivas

na configuración do espacio xeográfico español, recoñecer a súa relación mutua coa

sociedade, percibir a condición do home como ó axenté de actuación máis poderoso

e rápido sobre o medio.

-Adquirir conciencia espacial para participar de forma activa e responsable nas

decisións que afecten a ordenación do territorio, e valorar a necesidade de potenciar o

equilibrio natural e a equidade social. Valorar o potencial da tecnoloxía xeográfica para

resolver os desastres naturais, facer máis habitables as cidades e poñer estas

ferramentas ao servicio dos máis desfavorecidos.

Nos contidos farase fincapé no uso continuado de diferentes escalas

explicativas que relacionen Galicia, España e a Unión Europea para cada un dos

aspectos xeográficos recollidos no currículo.

Namentras o departamento non teña información relacionada cos materiais,

gráficos, temas e vocabulario a desenvolver en relación coa nova proba chamada

“Reválida” que o alumnado fará ó fin das clases de 2º Bacharelato, manteranse os

temas, gráficos e vocabulario que estaban previstos para o curso 2015-2016 en

relación coas probas de acceso á Universidade.

Asimesmo, estará presente en todo momento nas clases o desenvolvemento

das competencias clave nesta etapa:

Page 7: XEOGRAFÍA HISTORIA DA ARTE XEOGRAFÍA E HISTORIA DE … · climogramas, hidrogramas, gráficos e pirámides de poboación) deben servir ó alumnado para manexar ferramentas que lle

7

- A competencia lingüística: É obrigatorio para o alumnado saber desenvolver un tema facendo fincapé na necesidade de organizar o relato con introdución, no e desenlace, sabendo precisar o significado dos termos e conceptos básicos da materia sen dicir xeneralidades, contradicións ou vocabulario redundante que non define o termo a explicar e, finalmente, diferenciando instrucións como “enumera” ou “explica”.

- A competencia matemática: Exercicios prácticos como pirámides de poboación, material gráfico e estatístico empregados nas distintas unidades deben servir ó alumnado para acadar o obxectivo de desenvolver esta competencia.

- Aprender a aprender: A realización polo alumnado de esquemas, completar cadros gráficos, buscar información nos medios de comunicación e interpretar diferentes gráficas (mapas de tempo, climogramas, hidrogramas, gráficos e pirámides de poboación) deben servir ó alumnado para manexar ferramentas que lle sirven para aprender e para desenvolver unha aprendizaxe con diferentes referencias.

- Competencia social e cívica: Ó explicarse nesta materia moitos aspectos vencellados coa actualidade, debe desenvolver o alumnado esta competencia reflexionando sobre as consecuencias dalgúns aspectos da materia para a cidadanía, o medio, procurando manter sempre unha actitude crítica á vez que cooperativa sendo quen de propor solucións (por exemplo, respecto das agresións o medio ambente, os problemas derivados do envellecemento da poboación, a construción e uso do solo nas ciudades e os axentes que interveñen na configuración do espazo rural e no espazo urbano, os contrastes rexionais en España, en Europa e no mundo e os mecanismos de compensación das desigualdades).

- Competencia dixital: O alumnado debe aprender a manexar as “TICs” para facilitar a aprendizaxe da materia sendo quen de traballar dixitalmente para facer diagramas de barras, estatísticas, pirámides de poboación e varios tipos de gráficas, ademáis de saber buscar en internet aspectos ou informacións relacionadas coa materia.

2. Criterios de avaliación

Respecto dos criterios de avaliación teráse en conta sobre todo os seguintes:

-Obter, clasificar e utilizar informacións de contido xeográfico rocedente de fontes

variadas: cartográficas, estatísticas, textos e imaxes diversas para localizar e

interpretar os fenómenos espaciais e as súas interrelacións. Elaborar asimesmo

mapas, gráficos e informes e empregar un vocabulario específico e uns

procedementos correctos para explicar feitos e procesos xeográficos. Preparar e

realizar traballos de campo e excursións xeográficas.

Page 8: XEOGRAFÍA HISTORIA DA ARTE XEOGRAFÍA E HISTORIA DE … · climogramas, hidrogramas, gráficos e pirámides de poboación) deben servir ó alumnado para manexar ferramentas que lle

8

-Coñecer os rasgos xerais do medio natural europeo, español e galego e a diversidade

de ocnxuntos naturais; identificar os seus elementos, a súa dinámica e as súas

interaccións e atender especialmente ao papael da acción humana.

-Analizar o estado do medioambiente e dos recursos naturais de España e de Galicia,

relacionándoos coa organización social e o nivel de desenvolvemento económico para

comprender e valorar o uso racional dos recursos e o respecto polo medio ambiente.

-Distinguir os principias contrastes territoriais tanto entre CCAA como internos en

Galicia, para analizar os desequilibrios territoriais existentes en España e coñecer as

políticas europeas do desenvolvemento rexional coma o eixo Atlántico.

Tanto o vocabulario, os temas coma os prácticos serán aqueles que se inclúen como

obrigatorios para superar a proba de acceso á Universidade nesta materia. Porén, na

medida en que a traxectoria do curso o permita, afondarase noutros conceptos,

contidos e vocabulario de natureza xeográfica que darán ó alumnado unha visión máis

ampla e, á vez, máis precisa da xeografía de España. Sempre que os materiais o

permitan, afondarase na realidade xeográfica de Galicia facendo fincapé en aspectos

da xeografía que poidan resultar máis “familiares” ó alumnado.

Como as propias probas de acceso á Universidade, os exames terán preguntas

de localización, vocabulario, de desenvolver un tema e análise de supostos

prácticos.

3. Secuenciación de contidos xerais por trimestres

Primeiro trimestre:

-Xeografía física

Segundo trimestre:

-Xeografía económica (sectores produtivos) e xeografía da poboación

(demografía).

Terceiro trimestre:

Page 9: XEOGRAFÍA HISTORIA DA ARTE XEOGRAFÍA E HISTORIA DE … · climogramas, hidrogramas, gráficos e pirámides de poboación) deben servir ó alumnado para manexar ferramentas que lle

9

-Xeografia Urbana, organización do territorio, contrastes rexionais e

proxección internacional de España.

- HISTORIA DA ARTE

1. Obxectivos Xerais

Nos Obxectivos establecidos no curriculo daráselle prioridade aos seguintes:

-Comprender e valorar os cambios na concepción da arte e as súas distintas funcións

ao longo da Historia.

-Manexar a linguaxe artística de cada unha das artes visuais e utilizar diferentes

metodoloxías para a análise das obras de arte, desenvolvendo ao tempo a propia

sensibilidade e a imaxinación.

-Recoñecer e diferenciar as manifestacións artísticas máis destacadas dos principias

estilos e artistas da arte occidental e particularmente, as de Galicia situándoas no seu

contexto histórico, valorando as posibles influencias e a súa pervivencia na arte

posterior.

-Contribuir á formación estética, analítica e crítica así como a capacidade de

comunicar a empatía ante as creacións artísticas.

Dos contidos establecidos no currículo daráselle prioridade a aqueles

estilos, obras e autores que teñan unha mayor representatividade na nosa

comunidade, acudindo a diferentes estratexias de relación que permitan

incardinalos en movementos máis xerais e, sobre todo, teranse en conta para

desenvolver nas clases os estilos, autores e obras seleccionadas polo grupo de

traballo de Historia da Arte da CIUGA que se esixen ó alumnado nas probas de

Page 10: XEOGRAFÍA HISTORIA DA ARTE XEOGRAFÍA E HISTORIA DE … · climogramas, hidrogramas, gráficos e pirámides de poboación) deben servir ó alumnado para manexar ferramentas que lle

10

acceso á Universidade. Serán estas obras as que organicen propiamente o

temario da materia.

2. Criterios de avaliación

Respecto dos criterios de avaliación consideraránse prioritarios os seguintes:

-Relacionar as manifestacións artísticas co seu contexto histórico, cultural, valorando a

diversidade de correntes e modelos estéticos que poden desenvolverse nunha mesma

época e os trazos estilísticos que permiten a súa clasificación.

-Recoñecer as obras máis representativas dos grandes mestres da historia da arte,

distinguindo os trazos diferenciais do seu estilo e o que de innovación representa a

súa obra para a historia da arte.

-Manexar con precisión e rigor a terminoloxía específica de cada unha das arte

visuais.

-Utilizar un método de comentario que integre a valoración obxectiva da obra de arte e

a creatividade persoal do alumno e expresalo con claridade e corrección formal.

-Interpretar os principias códigos iconográficos da cultura visual de Occidente.

-Analizar a presencia da obra de arte na vida cotiá e nos medios de comunicación

social.

Asimesmo, a programación desta materia adáptase ás esixencias da proba de

acceso á Universidade, polo que as obras seleccionadas serán as que se esixe

coñecer para superar a dita proba.

3. Secuenciación de contidos xerais por trimestres

Primeiro trimestre:

Page 11: XEOGRAFÍA HISTORIA DA ARTE XEOGRAFÍA E HISTORIA DE … · climogramas, hidrogramas, gráficos e pirámides de poboación) deben servir ó alumnado para manexar ferramentas que lle

11

-Da arte grega á arte medieval

Segundo trimestre:

-Renacemento e Barroco

Terceiro trimestre:

-Do Neoclasicismo á segunda metade do s.XX

XEOGRAFÍA E HISTORIA DE GALICIA

Esta é unha das materias nas que se pode traballar mellor cun

grupo non moi numeroso de alumnos. É cando este grupo é menos

numeroso cando se poden facer máis fácilmente saídas extraescolares

(máis fácilmente na quenda ordinaria; máis difícilmente, na quenda

extraordinaria ou de adultos), facer fincapé nos traballos de

investigación do alumnado, tanto na súa parte de traballo de campo

como na parte da exposición dos mesmos ante o resto dos compañeiros

do curso. Aínda que, como se dice a continuación, teñamos como texto

de referencia ó da editorial Baía, tamén se aproveitarán outros

materiais, tanto escritos como audiovisuais, tendo estes últimos moita

importancia na materia (sinaladamente, reportaxes de “Historias de

Galicia”, “As orixes da industria galega”, “O agro”, etc.). Na parte de

xeografía de Galicia, terá importancia o coñecemento do mapa físico de

Galicia, coñecemento para o cal cada alumno terá que escoller unha

comarca galega sobre a que fará un traballo sobre os seus aspectos de

xeografía física e humana (económica).

Na nota, tamén se reflexará, ademáis da aprendizaxe dos

coñecementos da materia, o traballo de investigación feito en cada

Page 12: XEOGRAFÍA HISTORIA DA ARTE XEOGRAFÍA E HISTORIA DE … · climogramas, hidrogramas, gráficos e pirámides de poboación) deben servir ó alumnado para manexar ferramentas que lle

12

avaliación polo alumnado e, cando sexa posible, a valoración da

exposición pública (ante o resto dos compañeiros) do mesmo.

I. A xeografía de Galicia.

II. A historia de Galicia

Page 13: XEOGRAFÍA HISTORIA DA ARTE XEOGRAFÍA E HISTORIA DE … · climogramas, hidrogramas, gráficos e pirámides de poboación) deben servir ó alumnado para manexar ferramentas que lle

13

III. Antropoloxía cultural de Galicia.

Page 14: XEOGRAFÍA HISTORIA DA ARTE XEOGRAFÍA E HISTORIA DE … · climogramas, hidrogramas, gráficos e pirámides de poboación) deben servir ó alumnado para manexar ferramentas que lle

14

Page 15: XEOGRAFÍA HISTORIA DA ARTE XEOGRAFÍA E HISTORIA DE … · climogramas, hidrogramas, gráficos e pirámides de poboación) deben servir ó alumnado para manexar ferramentas que lle

15

Page 16: XEOGRAFÍA HISTORIA DA ARTE XEOGRAFÍA E HISTORIA DE … · climogramas, hidrogramas, gráficos e pirámides de poboación) deben servir ó alumnado para manexar ferramentas que lle

16

Page 17: XEOGRAFÍA HISTORIA DA ARTE XEOGRAFÍA E HISTORIA DE … · climogramas, hidrogramas, gráficos e pirámides de poboación) deben servir ó alumnado para manexar ferramentas que lle

17

Page 18: XEOGRAFÍA HISTORIA DA ARTE XEOGRAFÍA E HISTORIA DE … · climogramas, hidrogramas, gráficos e pirámides de poboación) deben servir ó alumnado para manexar ferramentas que lle

18

Page 19: XEOGRAFÍA HISTORIA DA ARTE XEOGRAFÍA E HISTORIA DE … · climogramas, hidrogramas, gráficos e pirámides de poboación) deben servir ó alumnado para manexar ferramentas que lle

19

Page 20: XEOGRAFÍA HISTORIA DA ARTE XEOGRAFÍA E HISTORIA DE … · climogramas, hidrogramas, gráficos e pirámides de poboación) deben servir ó alumnado para manexar ferramentas que lle

20

8.- Actividades extraescolares en relación coa materia

Page 21: XEOGRAFÍA HISTORIA DA ARTE XEOGRAFÍA E HISTORIA DE … · climogramas, hidrogramas, gráficos e pirámides de poboación) deben servir ó alumnado para manexar ferramentas que lle

21