XILDAS

25

description

BOOK

Transcript of XILDAS

Page 1: XILDAS
Page 2: XILDAS

O SOUTO DE FIGUEIRIDO

O final dese abafante verán significaba para Catuxa algunhas cousas boas: podería, por exemplo, encher o bandullo coas uvas recollidas na vide do avó, ou ir cos seus irmáns, Iria e Nuno, apañar castañas ao souto de Figueirido.

Page 3: XILDAS
Page 4: XILDAS

SESGAÑA

Sesgaña contaba cun castelo grande e dúas pontes que cruzaban o río: a Ponte Vella, que comunicaba con Tordollobre, e a Ponte Nova, que chegaba até o Lugar da Veiga.

Page 5: XILDAS
Page 6: XILDAS
Page 7: XILDAS

MÓRTIMER

Mais case un ano despois de coidados e boa vida convertérase nunha negra bóla de pelo que gustaba de pasar as horas mortas a durmir co bandullo cara ao ceo, nunha postura moi pouco felina.

Page 8: XILDAS
Page 9: XILDAS

TORDOLLOBRE

Era o mellor amigo de Catuxa no colexio; porén, case nunca coincidían fóra do recinto escolar, xa que Ulises vivía en Tordollobre, no outro lado da ría.

Page 10: XILDAS
Page 11: XILDAS

O LUGAR DO SAPO

O avó, o pai do pai dos irmáns, vivía no Lugar do Sapo, un pequeno rueiro composto por tres casas arredor dunha aira e un lavadoiro onde nadaban sapos e ras.

Page 12: XILDAS
Page 13: XILDAS

A PRAZA DO CHAFARIZ

Nuno, malia estricar o brazo todo o que puido, non conseguiu deter o balón, que pasou a rentes dos dedos da súa man esquerda. A pelota continuou a súa traxectoria polo aire até pousar na pía da fonte, onde ficou aboiando na auga.

Page 14: XILDAS
Page 15: XILDAS

MERCADO VELLO

-Maldituria sexa a miña sorte! –bufou Xildas entre lágrimas -. Desde que cheguei a esta viluria vivín no Mercadurio Vellurio e fun feliz. Cada noite saía do meu agochurio para facer falcatradurias.

Page 16: XILDAS
Page 17: XILDAS

A FRAGA DO CONDE

Nacera había 110 anos na Fraga do Conde, afastada un bo feixe de quilómetros río arriba da vila de Sesgaña. A fraga era un territorio verde e salvaxe que gabeaba polas abas dos montes en ambas as dúas beiras do río.

Page 18: XILDAS
Page 19: XILDAS

O CASTELO DE SESGAÑA

Nun recanto do patio erguíase a vella torre, a única que ficaba de pé tras o incendio provocado séculos atrás polas revoltas campesiñas.

Page 20: XILDAS
Page 21: XILDAS

A COSTA DO CAL

A Costa do Cal zigzagueaba entre os rexos castiñeiros do Souto de Figueirido, cuxas poboadas pólas facían de falsos paraugas para os catro nenos e o trasno.

Page 22: XILDAS
Page 23: XILDAS

A FRAGA DA CURUXEIRA

Segundo se afastaban do Lugar do Sapo e se ían internando na Fraga da Curuxeira, a costa facíase máis e máis estreita, até transformarse nun angosto carreiriño flanqueado por toxos que lles rabuñaban as pernas.

Page 24: XILDAS
Page 25: XILDAS

finalMoitas grazas a todos!!!