XINKGOS DO PAZO DE FONSECA -...

8

Transcript of XINKGOS DO PAZO DE FONSECA -...

Page 1: XINKGOS DO PAZO DE FONSECA - mediorural.xunta.galmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/biodiversidade/... · xeralmente coa beira picuda, flores brancas, tetrámeras,
Page 2: XINKGOS DO PAZO DE FONSECA - mediorural.xunta.galmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/biodiversidade/... · xeralmente coa beira picuda, flores brancas, tetrámeras,

XINKGOS DO PAZO DE FONSECA

O xinkgo é unha singular árbore asiática, do grupo das ximnospermas, que amosa follas planas e caedizas con forma de abano, flores unisexuais dioicas, hai pés macho e pés femia, e sementes recubertas dunha sarcotesta carnosa fedorenta. Utilízase adoito como árbore ornamental en parques e xardíns pola súa rusticidade e polo bonito efecto decorativo das súas follas, que toman unha cor amarela dourada antes de caer.

No xardín de Fonseca medra unha parella de xingkos monumentais, o de maior altura é femia e o máis cativo macho, os dous de extraordinaria feitura, con fermosos portes e grandes dimensións.

Os troncos son monopódicos en ambos os casos, e ramifican a bastante altura, con pólas en disposición radial arredor do fuste, formando copas regulares, de contorno redondeado no pé macho e case piramidal no exemplar femia. A copa do exemplar feminino ten menor tamaño pola perda de ramas debida á competencia con outras árbores xa desaparecidas.

O estado sanitario é bo e, aínda que chaman a atención en calquera época do ano, no outono adquiren unha coloración amarelo-dourada espectacular.

Nome común: Xinkgos do Pazo de FonsecaNome científico: Ginkgo biloba L.Provincia: A CoruñaConcello: Santiago de CompostelaParroquia: Santiago de CompostelaLugar: Pazo de Fonseca

Altura: 21,70 e 27,20 mPerímetro normal: 3,00 e 2,60 mDiámetro de copa: 16,95 e 13,05 mIdade estimada: 110-130 anos

GALICIA

Page 3: XINKGOS DO PAZO DE FONSECA - mediorural.xunta.galmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/biodiversidade/... · xeralmente coa beira picuda, flores brancas, tetrámeras,
Page 4: XINKGOS DO PAZO DE FONSECA - mediorural.xunta.galmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/biodiversidade/... · xeralmente coa beira picuda, flores brancas, tetrámeras,

ACIVRO DO PAZO DE CASANOVA

O acivro é un arbusto ou pequena árbore sempre verde con grande importancia ecolóxica e paisaxística que medra silvestre en toda Galicia, aínda que é máis común nas montañas do norte, leste e sur. Follas simples, alternas, xeralmente coa beira picuda, flores brancas, tetrámeras, unisexuais dioicas, hai pés macho e pés femia, e froito carnoso drupáceo de cor vermella cando madura. O contraste entre a cor das follas, verde escura e brillante, e os froitos vermellos que aparecen nos exemplares femininos confírenlle notable valor ornamental, polo que se ve adoito en parques e xardíns a pesar do seu lento crecemento.

O exemplar do Pazo de Casanova é o máis grande entre os coñecidos en Galicia.

No seu pé, onde se unen o tronco principal e algúns rebentos que xa están a acadar dimensións considerables,mediuse un perímetro de 3,05 m, dimensión excepcional para un exemplar desta especie.

Non se ramifica ata 3,90 m de altura, pola competencia coa sebe de buxos que o rodea. Da cruz saen numerosas ramas que medran verticalmente, evitando os demais elementos vexetais do xardín que están no seu contorno, acadando unha altura de 17,60 m.

É unha mágoa que o seu estado sanitario non sexa bo, debido fundamentalmente á limitación do espazo vital pola competencia da sebe de buxos e dunha repoboación de castiñeiros na súa proximidade, amosando ramas secas e defoliación.

Nome común: Acivro do Pazo de CasanovaNome científico: Ilex aquifolium L.Provincia: A CoruñaConcello: O PinoParroquia: Bermás de ArribaLugar: Pazo de Casanova

Altura: 17,60 mPerímetro normal: 2,47 mDiámetro de copa: 9,75 mIdade estimada: 100-125 anos

GALICIA

Page 5: XINKGOS DO PAZO DE FONSECA - mediorural.xunta.galmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/biodiversidade/... · xeralmente coa beira picuda, flores brancas, tetrámeras,
Page 6: XINKGOS DO PAZO DE FONSECA - mediorural.xunta.galmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/biodiversidade/... · xeralmente coa beira picuda, flores brancas, tetrámeras,

COCOTEIRO DE CHILE DO PAZO DE MEIRÁS

O cocoteiro de Chile é a palmeira máis austral, endémica de Chile, e ten grandes follas bipinnadas (de tipo palma) de 3 a 5 m de lonxitude. A súa área natural é moi reducida, polo que está en perigo de extinción e está protexida. En Galicia non é das palmeiras máis utilizadas con finalidade ornamental.

O exemplar monumental medra nun bancal redondo de medio metro de altura, rodeado por un muro de pedra que fai funcións de banco. A illa de terra entre a parede e a base do tronco do cocoteiro atópase completamente ateigada de pequenas palmeiras nadas das sementes caídas da árbore grande.

O perímetro do seu fuste, de 3,50 m na base, aumenta curiosamente á altura do peito ata 3,70 m, manténdose así case ata a coroa, onde se volve a estreitar. O estipe amosa unha ornamentación característica que son as cicatrices ondeantes que deixan as follas ao caer.

A súa altura, 17,30 m, indícanos que é unha das palmeiras de maior tamaño de Galicia.

Nome común: Cocoteiro de Chile do Pazo de MeirásNome científico: Jubaea chilensis (Mol.) Baill.Provincia: A CoruñaConcello: SadaParroquia: PiñeiroLugar: Pazo de Meirás

Altura: 17,30 mPerímetro normal: 3,70 mDiámetro de copa: 11 mIdade estimada: 100-125 anos

GALICIA

Page 7: XINKGOS DO PAZO DE FONSECA - mediorural.xunta.galmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/biodiversidade/... · xeralmente coa beira picuda, flores brancas, tetrámeras,
Page 8: XINKGOS DO PAZO DE FONSECA - mediorural.xunta.galmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/biodiversidade/... · xeralmente coa beira picuda, flores brancas, tetrámeras,

TULIPEIROS DE VIRXINIA DO PAZO DE SANTA CRUZ

O tulipeiro de Virxinia é unha corpulenta e fermosa árbore de folla plana e caediza orixinaria de América do Norte e plantada adoito en parques e xardíns. Amosa follas de gran tamaño, simples, alternas, bruscamente truncadasno ápice e flores grandes, de cor amarelada verdosa, con forma de campá ou tulipa. Os froitos son sámaras.

O monumento vexetal constitúeno dous exemplares que aparentemente parecen xemelgos, aínda que a dendrometría os diferencia.

Os troncos, provistos de contrafortes na base, son robustos e corpulentos, superando os 4 m de perímetro normal, cubertos de brións e fentas ata gran altura. Ramifícanse por riba dos 5 m, cando comezan a formarse copas de grandes dimensións, irregulares pola falta de pólas nalgunhas zonas, debido á competencia con outros exemplares arbóreos.

O seu estado sanitario é bo, aínda que a alta densidade do arborado no seu contorno provocará, se non se remedia, unha mingua volumétrica das copas en pouco tempo.

Nome común: Tulipeiros de Virxinia do Pazo de Santa CruzNome científico: Liriodendron tulipifera L.Provincia: A CoruñaConcello: VedraParroquia: OrtigueiraLugar: Pazo de Santa Cruz de Ribadulla

Altura: 31,40 e 38,70 mPerímetro normal: 4,30 e 4,90 mDiámetro de copa: 26,65 e 17,52 mIdade estimada: 100-130 anos

GALICIA