xogos populares

2
XORNADA DE XOGOS POPULARES NO CEIP MOSTERIO DE CAAVEIRO O venres 24 de abril o alumnado de terceiro ciclo do CPI Alcalde Xosé Pichel visitou o Centro de Interpretación do xogo popular situado no CEIP Mosteiro de Caaveiro, na Capela, parroquia próxima a Pontedeume. Alí estaba Xavier e o seu alumnado de sexto curso que nos acolleron no seu centro con moito agarimo. Durante a xornada os alumnos de quinto e sexto practicaron xogos populares, explicados polos seus compañeiros de A Capela; entre eles mariola, chapas, peóns, zancos, a zorregada, aro guía, xogos de pilla como a cadea ,etc Aproveitando un pequeno descanso entre os xogos, visitamos dentro do centro de Mosteiro de Caaveiro, o Centro de Interpretación do Xogo Popular. Alí vimos xogos populares de diferentes zonas de Galicia que están expostos e clasificados alí por seccións : birlos, peóns, aros guía, carriladas, tirachinas, chifres e moitísimos máis. Coincidindo coa nosa visita tiñan montada unha exposición do xoguete africano, na que seguen traballando. Tiñan moitos xoguetes feitos por pais , nais e fillos do continente africano feitos a man con materiais reciclados (botellas de plástico, latas,cordóns, fíos,arames e moitos materiais que a aquí tiramos á papeleira).

description

xornal escolar

Transcript of xogos populares

Page 1: xogos populares

XORNADA DE XOGOS POPULARES NO CEIP MOSTERIO DE CAAVEIRO

O venres 24 de abril o alumnado de terceiro ciclo do CPI Alcalde Xosé Pichel visitou o Centro de Interpretación do xogo popular situado no CEIP Mosteiro de Caaveiro,

na Capela, parroquia próxima a Pontedeume. Alí estaba Xavier e o seu alumnado de sexto curso que nos acolleron no seu centro con moito agarimo. Durante a xornada os alumnos de quinto e sexto practicaron xogos populares, explicados polos seus compañeiros de A Capela; entre eles mariola, chapas, peóns, zancos, a zorregada, aro guía, xogos de pilla como a cadea ,etc

Aproveitando un pequeno descanso entre os xogos, visitamos dentro do centro de Mosteiro de Caaveiro, o Centro de Interpretación do Xogo Popular. Alí vimos xogos populares de diferentes zonas de Galicia que están expostos e clasificados alí por seccións : birlos, peóns, aros guía, carriladas, tirachinas, chifres e moitísimos máis.

Coincidindo coa nosa visita tiñan montada unha exposición do xoguete africano, na que seguen traballando. Tiñan moitos xoguetes feitos por pais , nais e fillos do continente africano feitos a man con materiais reciclados (botellas de plástico, latas,cordóns, fíos,arames e moitos materiais que

a aquí tiramos á papeleira).

Page 2: xogos populares

Foi unha xornada de convivencia e xogos populares cos compañeiros de A Capela e ademais de aprendizaxe de novos xoguetes e xogos populares. Dende aquí estamos moi agradecidos a Xavier, mestre de educación física do cole de Caaveiro, e aos seus alumnos que fixeron de mestres e acompañantes dos xogos e fixeron que o día fora moi proveitoso.