Xornal galego para o debate, a cultura, o ensino e o lecer ANO 2 | … · 2019. 1. 12. · do...

16
As Neves construe Centros de Compostaxe Comunitaria Páxina VII Páxina XIII Páxina XIV IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia Carmela Silva supervisa as obras da biblioteca de Nigrán Páxina VII IV Galardón Síntete Covelo Páxina XI Páxina XVI O Inventario de Camiños Municipais de Mos entra en vigor ANO 2 | Edición nº 13 | Xaneiro de 2019 | Precio 2 euros Xornal galego para o debate, a cultura, o ensino e o lecer O mestre do Pedra de Auga Xabier Prado crea un novo xogo: 11 Torres Páxina II Ponteareas subvenciona a creación de 30 empregos

Transcript of Xornal galego para o debate, a cultura, o ensino e o lecer ANO 2 | … · 2019. 1. 12. · do...

Page 1: Xornal galego para o debate, a cultura, o ensino e o lecer ANO 2 | … · 2019. 1. 12. · do estreno do Himno Galego ce - lebrado o 20 de decembro de 1917 no Teatro do Centro Galego

As Neves construeCentros de Compostaxe

ComunitariaPáxina VII

Páxina XIII

Páxina XIV

IV Mostra de teatroafeccionado do Val

Miñor e Oia

Carmela Silva supervisaas obras da biblioteca

de Nigrán

Páxina VII

IV Galardón SínteteCovelo

Páxina XIPáxina XVI

O Inventario deCamiños Municipais de

Mos entra en vigor

ANO 2 | Edición nº 13 | Xaneiro de 2019 | Precio 2 euros Xornal galego para o debate, a cultura, o ensino e o lecer

O mestre do Pedra de Auga XabierPrado crea un novo xogo: 11 Torres

Páxina II

Ponteareassubvenciona a creación

de 30 empregos

Page 2: Xornal galego para o debate, a cultura, o ensino e o lecer ANO 2 | … · 2019. 1. 12. · do estreno do Himno Galego ce - lebrado o 20 de decembro de 1917 no Teatro do Centro Galego

FORO A PENEIRA | Xaneiro de 2019II

Condado/Paradanta

Colaboradores: Rocio Pereira [email protected] , Anxo S.Porto Ucha, Raquel, Carlos Méixome, Vázquez, Viale Moutinho,Manuel X. Xiraldez, Fco. Puñal Suárez, Pilar Martinez, Manuel Rodríguez Alonso, Xulián Maure, Uxio Breogán, X.A. Pérez Lema,Xosé González Martínez, Manuel Bragado, Baldomero Iglésias(Mero), Nicolás Xamardo, Luis Martínez Risco, Fco. Peña Casti-ñeira, Nemesio Barxa, Andrea Goro, Anxo Mena, Inma Otero Va-rela. Manso Preto, Isabel Varela, Francisco Álvarez-KOKI.

Depósito legal: VG 226-2018

Edita: Editorial NOVAS DO EIXO ATLÁNTICO S.L. Avda. Sarmiento Rivera, 4-4ºD (36860 PONTEAREAS - GALIZA) T. 986 64 12 69 [email protected]: Publicaciones Tameiga S.L.Publicidade: Dpto. propio e axencias [email protected]ño e maquetación: Fran Eiró

Director: Guillermo Rodríguez Fdez. T.658 58 50 49 [email protected]

Tradución e correción: Montserrat Rodríguez [email protected]

Opasado 28 de novem-bro de 2018 faleceuen Valladolid o Ilmo.

Sr. don Benigno Prego Rajo,natural de Guláns (Pontea-reas), onde naceu o 4 de se-tembro de 1926, no seo dunhacoñecida e populosa familia.

Ao remate da guerra civilBenigno incorporouse comoclarinete á xa lexendaria Banda«Unión de Guláns», na quese formaron moitos músicosque deixaron fonda pegadaen Galicia, en todos os rincónsda Península Ibérica e inclusoao outro lado do mar. As pe-nurias da posguerra o levarona ingresar como músico edu-cando na Banda de Aviaciónde León, á que se incorporoutamén o seu irmán José, aquen despedimos en Vigo enxaneiro do 2018.

Benigno Prego forxou a súacarreira como músico militarcon tesón e constancia, for-mándose no Conservatorio Su-perior de Música de Madridcon mestres da talla de Fran-cisco Calés, Cristóbal Halfftere Federico Mompou.

Tras gañar as oposicións ádirección de bandas de músicamilitar, incorporouse á Bandada Seo de Urgel e logo á de Va-lladolid, terra da súa muller,coa que tivo tres fillos. Aíndaque afincado en Valladolid, Be-nigno Prego regresaba todos os

veráns ao seu Guláns natal e aCristiñade. Froito desas vivenciasfoi o pasodobre «De Guláns aCristiñade», composto por él egravado pola Banda Municipalde A Coruña baixo a batuta domestre Rogelio Groba.

Benigno Prego foi profesorde Armonía e Melodía acom-pañada no Conservatorio Pro-fesional de Música de Vallado-lid. Os seus méritos lle fixeronmerecedor do nomeamento deacadémico das Belas Artes daPurísima Concepción de Valla-dolid en 1994, onde foi consi-liario da sección de Música.

Os seus restos xacen no ce-miterio vallisoletano de LasContiendas, pero a súa músicae o seu recordo quedarán sem-pre no corazón dos que o co-ñecimos e na xa longa e pres-tixiosa nómina de ilustres mú-sicos de Guláns.

In Memoriam Benigno Prego Rajo

(1926-2018)T

res corredores o ClubCiclista Ponteareasforon seleccionados

para representar a Galicia noCampionato de España de Ci-clocrós que se disputará enPontevedra.

Un deles será Borja GómezMéndez, que volverá repetira fazaña do ano pasado eesta vez, xogando na casa,en Galicia.

Os outros dous seleccio-nados son Miguel Rodrígueze Jorge Fernández que repre-sentarán a Galicia nas cate-gorías de Cadete e Xuvenil.

Desde o club deséxanllemoita sorte a Adrián Barros,

corredor que ata fai poucosdias pertenecia ás filas doPonteareas e que agora dis-putará o Campionato da mando Froiz, equipo co que co-

rrera a tempada 2019. Unorgullo para este club queos rapaces teñan unha saídada escola e pasen ao se-guinte nivel.

3 corredores do Club Ciclista Ponteareascoa Selección Galega

OConcello de Pontea-reas adxudicou 30novas subvencións de

apoio á creación de empregopor parte da iniciativa privadana localidade. As axudas foronimplantadas no primeiro anode mandato pola decisiónpersoal do Alcalde de destinara ese fin a partida do presu-posto reservada para o seu sa-lario, ao que renunciou.

Nos tres últimos exerciciosconcedéronse un total de103.000 euros cos que seapoiou a contratación ou aconsolidación como indefini-

dos de máis de 80 traballa-dores por parte de empresase autónomos. En 2019 o Con-cello prevé convocar de novoas axudas por un importe de50.000 euros.

Represas salientou que “éa primeira vez que o Concellode Ponteareas adica recursosa apoiar e incentivar a creaciónde emprego por parte da ini-ciativa privada”.

O Alcalde fixo balanzo dou-tras iniciativas como os obra-doiros de emprego que se or-ganizaron ao longo destescase catro anos e cos que 40

persoas completaron a súaformación. “Máis da metadeatoparon traballo ao concluiro obradoiro”, sinala Represasquen engade que “a miñamaior satisfacción como al-calde é ver que se crean em-pregos en Ponteareas. Por isoapoiamos ao comercio localcomo nunca antes se fixera,defendemos ante a Xunta unhasolución para a potenciacióndo polígono industrial da Lom-ba a través do PXOM e axili-zamos e reducimos os prazosdos trámites burocráticos daslicenzas de actividade”.

O concello subvenciona a creación de 30 novosempregos e suma máis de 80 en tres anos

A.Porto Ucha e Raquel B. Alfaya

Page 3: Xornal galego para o debate, a cultura, o ensino e o lecer ANO 2 | … · 2019. 1. 12. · do estreno do Himno Galego ce - lebrado o 20 de decembro de 1917 no Teatro do Centro Galego

IIIFORO A PENEIRA | Xaneiro de 2019

Opinión

Nunca foron os gobernos mu-nicipais do Val Miñor establesen exceso. Gustaron máis de

vida axitada con gobernos en mino-ría, pactos tipo buxaina que tanpronto lle soltan a baraza atólanse enleas permanentes,interludios demaiorías absolutas que non tardabanen esmiuzarse en candidaturas inde-pendentes para amañar algún votiñocondicionante. Mesmo nos períodosde estabilidade política xeral (PP-PSOE-BNG) no Val Miñor seguiron asincertezas.

Canto máis neste escenario no queescachou a simplificación bipartidistae o proxecto común de esquerda e donacionalismo. Así que cara ao terceirodomingo de maio as incertezas sonabsolutas e non só porque falten unspoucos meses, que en política duranmenos que un deses foguetiños dasfestas de fin de ano, senón porque aspersoas chamadas a ser protagonistasdesa xornada de “exaltación democrá-tica” non saben aínda, como se o sou-besen algunha vez, o que van facer.

Incerteza agravada tanto por coin-cidir coas europeas, nas que podenxurdir sorpresas como as de hai cincoanos, cando choutou do frasco a pan-tasma de Podemos, como por poderrevirarse nunha “nai de todas as bata-llas” se Sánchez se decide por convocarpara ese día as xerais, hipótese nondesbotábel.

Nos tres concellos miñoránso únicoque semella telo decidido é o BNGque vai repetir carteise magros resul-tados. O PP chega en horas baixasquerendo disputar con Vox mentresCidadáns lle rela o voto do centro. Ecerto que na política municipal estascousas inflúen menos, pero moitomáis do que se pensa nunha sociedade

con “exceso de información” a travésdunha manchea de persoas maioresmirando a tv. todo o día. Así quequen sabe?

En Gondomar tiveron que confor-marse con Paula Bouzós que se pre-sentou voluntaria para o sacrificio,pois o “merlo branco” que procurabanou non apareceu ou non gustou deaventuras. Mentres, o alcalde queteñen, o de Baiona, non demostrounin moitas habilidades, nin moita cin-tura, nin ser quen de tirarse de enribaa alongada sombra do flamante Con-selleiro de Sanidade, e nestes remexeresperdeu a maioría por fuga interna. Doflamante empresario con eufónicos no-mes ramallosianos, Abal Valverde, quepresentan en Nigrán, nin se sabe.

Non coido que as amábeis xentesdo noroeste poidan sen-tirse atraídos polos exce-sos de testosterona pa-triótica española de Vox,pero sempre pode haberalgún “pirado” que apañealgún voto. Mais nonconsta. Quen si que constaé Ciudadanos que seica,cando menos, presentarácandidatura en Gondomar,aínda que esta sexa in-terposta a través da vellacandidatura de indepen-dentes por Gondomar, queé xogar a seguro pero limitado; collenunha estrutura partidaria xa contrastadapero eliminan o efecto sorpresa departido emerxente que o pode beneficiaren Baiona, onde seica leva a AdolfoValverde como cartel; imaxe que semellaque aínda non teñen fixada en Nigrán.

Quen xa confirmou a súa participa-ción na carreira electoral foi o ex-alcalde baionés Carlos De la Peñaá

fronte dunha candidatura independenterotulada “Nós-Baiona” e que terá quedisputar votos co PSOE do concelleiroCarlos Gómez Prado quen contará coapoio da presidenta da deputación e apretensión de desbancar a un Rodalen horas baixas como o seu partido.Onde non asoman dubidas é no PSOEde Nigrán, Juan González repetirá enon só como candidato senón comoalcalde, agás que nestes meses ocorreseun devalo que non se augura por al-gures, tras unha lexislatura na queacadou máis ou menos obxectivos perode forma tranquila, afable e con pre-senza constante.

Non é o caso de Gondomar, ondePaco Ferreira, todo un personaxe, foiquen de tirar pola borda e en dousprazos un pacto de goberno con maioríaabsoluta para non aprobar nin un or-zamento e non botar a rodar o PlanXeral como fixo o de Nigrán. Ferreira,un incontinente comunicador nas redes

sociais, semella o reverso, en negativo,de Juan González, o alcalde nigranés.

Deixamos para o final o inextricablemundo da esquerda do PSOE e do na-cionalismo externo ao BNG, o mundoen inestable construción que podemosdenominar, máis ou menos En Marea.Espazo que non acadou resultados sig-nificativos hai catro anos, agás nocaso de Gondomar no que a súa inca-

pacidade para chegar, nas pasadaseleccións, a unha candidatura conxuntafurtoulle a alcaldía e o abandono deConcello Aberto (CABE), antes as pri-meiras falcatruadas do alcalde Ferreira,debilitou a súa posición no goberno.Oumoito mudan as cousas, e non parece,ou repetirase a división, o que dificul-tará en exceso desbancaro decorador-alcalde da vila. Manifesto Miñor parecetelo doado cun liderado forte arredorde Antonio Araújo. O mundo de CABEé unha incógnita. O entendementoentre ambos unha incerteza.

O proxecto de Manifesto Miñor ficoucoutado hai catro anos ao renunciar,ou non ser quen, a presentar candida-tura en Nigrán e Baiona. Un proxectocomarcal que superase a anquilosadadivisión municipal ficou eivado e re-ducido a Gondomar. Mais a súa presenzano conflitivo goberno gondomaréscon-solidou unha marca que agora podequerer estenderse aos outros dous con-

cellos para o que terá que contar conNigrán Decide, con dous concelleirosna actualidade, e outros tantos de Iz-quierda Unida, así figura na web doconcello aínda que se presentasencomo Son Baiona. Mais as incertezasneste “espazo político”, como se au-todenominan, son tan intensas comoo gusto pola inestabilidade políticanos concellos miñoráns.

Por G. Rodríguez Dende o meu outeiro

Inestabilidades miñorás

Xornal galaico-portugués busca COMERCIAL para CONDADO E PARADANTA

Condicións: soldo fixo + comisións. Imprescindible dispoñer de coche.Dirixirse a: [email protected]

Page 4: Xornal galego para o debate, a cultura, o ensino e o lecer ANO 2 | … · 2019. 1. 12. · do estreno do Himno Galego ce - lebrado o 20 de decembro de 1917 no Teatro do Centro Galego

Aconmemoración do aniversariodo estreno do Himno Galego ce-lebrado o 20 de decembro de

1917 no Teatro do Centro Galego d´AHabana, tráeme vellas lembranzas,que, malia o tempo transcorrido,teñen para min un especial signifi-cado polas impresións que me causa-ron, e pola transcendencia social epolítica que tiveron.

Souben que Galicia tiña un himnosendo eu un rapazalo de apenas cincoou seis anos. Adoitaba daquela ache-garme á porta dunha taberna quehabía ao pé da casa familiar para es-coitar un concerto dun orfeón im-provisado, que conseguíu contaxiarmeo gusto estético pola música tradi-cional galega. Ao orfeón íanse incor-porando os integrantes de maneiranatural e progresiva en número a ca-dansúa corda de tenores, baixos, con-traaltos ou barítonos. Engaiolábanmeaquelas voces potentes e ben con-xuntadas. Así foi como fun aprendendodesde ben cativo un amplo repertoriomusical. Hoxe xa non se canta nastabernas.Pero o que máis me chamabaa atención era que sempre rematabaninterpretando unha canción que meresultaba difícil entender polos seusindescifrables versos para min: “Quedin os rumorosos/ na costa verdes-cente/ ao raio transparente/ do prá-cido luar?”… Unha vez cantado, oorfeón desfacíase decontado, aban-donando todo, ás présas, a taberna.

Preguntéi na casa o por que e descu-bríronme as razóns: era o Himno Ga-lego que estaba prohibido cantar enpúblico. Cando se me presentou apróxima ocasión, arromedeinos bo-tando a correr canda eles. Eu taménquería ter medo. Ao chegar a casarefolegando recibíronme agarimosa-mente cun sorriso cómplice.

Tiveron que pasar moitos anos paraque puidese ter a oportunidade dedignificar o noso himno e bandeira.Aconteceu por volta dos anos oitentacando, dirixíndo o Servizo de Norma-lización Lingüística do Concello deRedondela, organicei unha das moitasaccións que ali leve a cabo, para ga-leguizar os festexos populares baixoo rubro “Mil festas máis para a linguagalega”, comezando, para dálo exem-plo, polas que organizaban os conce-llos. Entre as medidas que incluínnas propostas había dúas referentesao himno e á bandeira. Ata enton,acontecía que os tratamentos que selles daban aos nosos símbolos erandenigrantes. Mentres nas espadanasdas igrexas ondeaban grandes ban-deiras españolas, a galega estaba re-servada para usos sualterno, no casode que os houbese; e na misa maiorera obrigado que a banda de músicainterpretase sempre o himno españolno intre da consagración, asociandoos fregueses o arroubo máxico datransustanciación cunha marcha quenon era nosa.

Convoquei a dez rexedores munici-pais e reunímonos no despacho doalcalde de Santiago, que daquela eraXerardo Estévez, para presentarlles aspropostas galeguizadoras. Asustados,levaron as máns á cabeza escoitandoo que lles propuña que apoiasen;pero aínda así, logo de convencelos,déronme o visto e prace. Todos menoso de Ferrol, Xaime Quintanilla. Nunreceso da reunión levoume cara undos amplos ventanais que dan á fa-chada do pazo de Raxoi, e tendo defronte á fachada da catedral, ollán-donos fite a fite, díxome: Iso nonvou poder lévalo a cabo na miña ci-dade, ou queres que os militares mefusilen como fixeron con meu pai no36?. Efectivamente, o seu pai, XaimeQuintanilla, militante da Unión So-cialista Galega,despois de abandonaro PSOE, fora paseado pola barbariefacista.

Unha vez que estaba decidida acampaña pedagóxica de galeguizar asfestas, faltabanos algo moi elemental:a partitura do Hinmo de Pascual Veigaá que habería que facerlle uns arranxos.E velaí que acordei facerlle tal pro-posta a Xosé A. García Cotarelo, Se-cretario Xeral Técnico da Presidenciada Xunta de Galicia. Aceptouna, e asífoi como Rogelio Groba, por entóndirector da Banda Municipal de A Co-ruña, foi o elixido para facelos. Edi-táronse moitas copias da partitura edistribuiríronselles a todos os concellose bandas populares de música. O queparecía imposible, conseguímolo enpoucos anos. Hoxe está xeralizada asúa interpretación nas misas maiores

das festas patro-nais. Unha vezmáis quedaba de-mostrado que aaudacia é o me-dio imprescindi-ble para avanzarmos na galeguización.Eu, desta volta, non quería ter medo.

Chovía sobre mollado. Anos antes,cando tivera a honra de ter un papelsobranceiro na dirección do naciona-lismo galego na clandestinidade, de-cidín que para identificar o noso mo-vemento non habería mellor maneiraque engadirlle unha estrela vermellaá bandeira, no medio e medio dafranxa azul. Para conseguir a popula-rización de tal símbolo enviei o deseñopor un propio, xusto por estas datasen 1975, para que llo entregase ánosa delegada no exilio portuguéscoa finalidade de editar insignias echaveiros. E así foi como se fixo po-pular a bandeira que hoxe se enarbolaen actos e manifestacións. Por certo,a primeira vez que se veu unha ban-deira coa estrela vermella,foi en fe-breiro de 1976 nunha manifestaciónconvocada en Monforte de Lemos.

Onde non tivemos éxito foi na ela-boración dun himno para a ANPG.Digo tivemos, porque aínda que funeu que o fixera tal encargo, o que oexecutou foi Antón Seoane, almamater de “Milladoiro”. No seu libro“De Voces Ceibes a Milladoiro” contacomo se xestara aquela decisión. Re-produzo varios versos daquel himno:“Obreiro é hora xa/labrego para ti ta-mén/que pide a patria/tódalasmans/”…

FORO A PENEIRA | Xaneiro de 2019IV

Opinión

Himnos e bandeiras

Por Xosé González Martínez. Presidente do Foro E. Peinador

No Parquedas Pombas

Unha gaiolaabandonada es-pera a chegada

de novas pombas.Alguen lle abriu a por-

ta tal vez para non terque botarlle de comer.

A ver se os Reis, aindaque con retraso, traennovas pombas ao seuparque.

Page 5: Xornal galego para o debate, a cultura, o ensino e o lecer ANO 2 | … · 2019. 1. 12. · do estreno do Himno Galego ce - lebrado o 20 de decembro de 1917 no Teatro do Centro Galego

VFORO A PENEIRA | Xaneiro de 2019

Opinión

[email protected] www.barxadvogados.gal

Atento como moitos de nos osacontecementos das votacionsandaluzas, os que mais e os que

menos sabíamos que o partido novo deVox, podía ter algún ou algúns repre-sentantes na comunidade andaluza,quedei sorprendido do voto mais venforte que débil da muller, co apoio auna apoloxia que moitos de nos creia-mos que era dun tempo xa esquecido,sobre todo no caso das mulleres quetanto revindican dereitos, liberdades eigualdade aos homes.

Escoitando na radio ou tamén vendoos xornais e, por suposto os mediosda t.v., quedei sorprendido que moitasdas señoras andaluzas que fixeronuso do seu dereito ao sufragio quetanto loitou pola xustiza e igualdadeoutra muller política e avogada daera republicana, como foi Clara Cam-poamor no 1931 da esquerda radical,e participando por primeira vez a mu-ller nuhas eleccions no 1933, foi aprimeira muller en conseguir sentarseno congreso español, un gran paso

atrás me pareceu como as señorasdestes tempos votaran a Vox, sin tercoñecemento do que realmente vota-ban, e a proba está nos medios decomunicación e nas entrevistas feitaspara os diferentes medios de comuni-cación, onde destacaban que facianuso do seu dereito sin coñecer osperxuizos nin beneficios políticos quepoderian contribuir esta candidaturade Vox.

O programa electoral que foi feitoe ilustrado por esta xente, levabapor bandeira, aparte da española,un slogan fascista dos antigos xaesquecidos e desprezados nas revoltas,que elas mismas levaron a cabo ataa democracia, como foron nación,patria, familia, recordándome quefoi Franco quen trouxo a España des-pois da guerra nos anos 40, estatrioloxia desenvolvida polo nacismoco lema KINDER, KÜCHE, KIRCHEque significaba neno, fogar, igresia,moi parecido a o camino que Voxquere emprender neste pais, con esto

refirome que a idea desta xente noncabe duda de que vai polo mismocamiño de absolutismo, apantalladosbaixo unas letras chamadas demo-cracia, dentro dun país de monarquíaparlamentaria.

Nas entrevistas preguntaron ás mu-lleres desa terra andaluza, por qué oseu voto a Vox, alguna dixo que eraun partido novo e había que darlesunha oportunidade, outras destas mu-lleres dician que tiñan un falar serio,sen saber si eran da dereita, dereitaradical, centro, esquerda o esquerdaradical,cousa que ninguna destas mu-lleres nin outras sabían o programaelectoral de tal conxunto político cha-mado Vox.

Cando o periodista, micrófono enman, lles comenta algunas das leisque pretenden derogar, como porexemplo a abolición do dereito aoaborto en calquer das condicions xuri-dicas, nin que tampouco existiria aleida memoria histórica, cando algunhasdas mulleres que fixieron uso do seuvoto a Vox, están intentando recuperaros corpos dos seus antepasados, e ta-men entre outras barbaridades é des-bancar a única lei que as defende

ante os abusos dos homes, que non eoutra ca violecia de xénero.

Todas as mulleres que foron entre-vistadas, tiñan as mesmas respostas:si iso que me contas o suobera anteso meu voto non o levan.

Aconsello, que eu non son quenpara dar consellos a ninguen, que asmulleres leades un pouco da historiade quen soa ante o perigro, con unacámara no congreso chea de homes eque pelexou polo voso dereito ao su-fraxio, e outras cousas como o divor-cio…,xunto a Victoria Kent que chegouun pouco mais tarde o congreso sendosocialista moderada.

Sin ir mais lonxe hoxe mesmo es-coitei que unha das mulleres quevotou a Vox, estaba moi sentida,porque diseronlle que o programaelectoral que levaban era moi bo,pero que ela o descoñecia, se nonnon tiñan o seu voto nin tola, peroxa estaba na urna.

Homes e mulleres que podedesafastar as``oscuras golondrinas´´ comodixo o poeta, mirade ben cal son osproxectos de cada partido, porqueme vexo a este paso, de volta nosanos 40.

Por Jose A. Bao Lemos

As mulleres votantes de Vox

Page 6: Xornal galego para o debate, a cultura, o ensino e o lecer ANO 2 | … · 2019. 1. 12. · do estreno do Himno Galego ce - lebrado o 20 de decembro de 1917 no Teatro do Centro Galego

FORO A PENEIRA | Xaneiro de 2019VI

Pontevedra

OCastelo de Sou-tomaior acolleata o 24 de fe-

breiro unha novidosaexposición con pezas doMuseo de Pontevedra re-lacionadas coa moda daépoca na que viviuMaría Vinyals. A mostra,titulada “A moda en de-talles: indumentaria ecomplementos (1870-1925)” ten por obxec-tivo dar a coñecer aopúblico unha época deesplendor e desenvolvementoeconómico e social da provin-cia, así como mostrar os há-bitos das personaxeshistóricas que viviron no Cas-telo de Soutomaior, como foio caso de María Vinyals.

A exposición, que presentaboa parte da colección dosfondos do Museo de Ponte-vedra e está centrada namoda feminina de finais doséculo XIX e principios doséculo XX, da a coñecer comovestían as mulleres coetáneasa Vinyals, os seus gustos,como accedían á moda oucomo eran as diferentes ten-dencias nas que o gusto pola

diversidade foi predominante,ademais dun símbolo de mo-dernidade para moitas mu-lleres. Así mesmo, mostraraseun capítulo da historia daprovincia no que as principaisprotagonistas foron as mu-lleres. Deste xeito, amosa-ranse pezas que pertenceronás irmás Domerq, á familiaGarcía Solís ou ás irmás Men-doza.

En concreto, “A moda endetalles” recolle 200 pezasde bordados, abelorios, cal-zado, cosmética, xoiería, pu-blicacións, complementos epezas únicas na moda femi-nina de finais do século XIX

e comezos do XX, moitas delasinspiradas na moda de Parísou con tecidos procedentesdos mellores almacéns de Lon-dres que convertían á modano escaparate por excelenciaque facía visible o status so-cial das mulleres. Ademais,veranse cores, complementos,tecidos que tamén se repro-ducen en obras de pintorescomo Joaquín Sorolla, granamigo de María Vinyals.

A mostra, na que taméncolabora o Museu Virtual dela Tarjeta Postal de Catalunya,poderá visitarse ata febreirona Sala de Tapices do Castelode Soutomaior.

A exposición sobre a moda da época deMaría Vinyals poderá visitarse no Castelo

de Soutomaior ata o mes de febreiroA mostra presenta boa parte da colección dos fondos do Museo de Pontevedra

centrada na moda feminina de finais do século XIX e principios do XX

AXunta de Goberno daDeputación de Ponte-vedra vén de adxudicar,

mediante procedementoaberto, o contrato para a re-dacción do proxecto básico ede execución e da realizacióndas obras na Escola de Can-tería para a súa adaptación ánormativa vixente. Os traba-llos, que terán un prazo deexecución de 9 meses, son unpaso máis do goberno provin-cial no proceso para conver-ter a Escola de Canteríanunha Entidade de FormaciónProfesional para o Emprego eun novo avance cara a obten-ción da licenza que permitasolicitar a homologación dotítulo de canteiro e canteirapara poñer en valor a forma-ción para a conservación erestauración do patrimonioartístico.

O contrato foi adxudicadoá empresa Civis Global, S.L.U.,por un valor de 440.000 euros

e contempla actuacións paraa mellora das condicións hi-xiénicas, de habitabilidade ede seguridade; medidas co-rrectoras de ruídos e de con-taminación acústica; mellorade accesibilidade; mellorasno aseos e nos servizos hi-xiénico sanitarios; así comopara a instalación dos despa-chos de dirección e coordi-nación.

A Escola de Cantería daDeputación de Pontevedra estádirixida a persoas menores de35 anos que teñan na súa po-sesión o título de graduadoescolar ou que rematasen onivel educativo equivalente.O centro educativo oferta dúasmodalidades de formación, aordinaria, en primeiro lugar,para a formación en canteiroou canteira e mestre ou mes-tra, e a específica, en horarionocturno, dirixida a persoascon coñecementos previos encantería.

Adxudicadas as obras naEscola de Cantería por

máis de 400.000€

Page 7: Xornal galego para o debate, a cultura, o ensino e o lecer ANO 2 | … · 2019. 1. 12. · do estreno do Himno Galego ce - lebrado o 20 de decembro de 1917 no Teatro do Centro Galego

VIIFORO A PENEIRA | Xaneiro de 2019

Condado/ParadantaRedacción

OPlan Revitaliza impul-sado polo GobernoLocal das Neves, en

colaboración coa Deputaciónde Pontevedra, segue adianteco seu obxectivo: que aolongo deste ano 2019 sexa po-síbel compostar todos os resi-duos orgánicos que seproducen no concello.

Os primeiros pasos déronseco inicio da distribución de1.300 composteiros individuaisaos que, agora, súmanse aconstrución de 5 Centros deCompostaxe Comunitaria queestarán situados en cinco lu-gares achegados á veciñanzaque residen en pisos, que nonteñen horta ou preto de gran-des produtores de refugallosorgánicos coma restaurantesou o comedor do colexio.

As obras comezaron no Nadalpara a colocación dun centrode compostaxe no colexio “coafinalidade de minimizar inco-modidades e continuar na zonamáis urbana pasadas as festas”,sinala o concelleiro de MedioAmbiente, Óscar González, quensubliña que todo está progra-mado para causar o menor im-pacto ou molestia á veciñanza,o comercio e a comunidadeescolar.

O alcalde, Xosé Manuel Ro-dríguez, lembra que ademaisxa van entregados case 600composteiros no resto das vi-vendas e “xa se comeza a

notar moito a redución de lixonos contedores verdes”.

Rodríguez sinala que veci-ñas e veciños coméntanlle“sorprendidos” que “antes deter o composteiro ían ao con-tedor verde unhas catro vecesa semana e agora levan unhabolsa a semana e non vaichea".Charlas en todas as parroquias

En total, o Goberno localten previsto realizar preto de30 charlas en todo o concellopara explicar aos veciños, dexeito personalizado, as vanta-xes e o funcionamento doscomposteiros. Logo, haberá unseguimento de cada un destescomposteiros, unha vez colo-cados nas casas, por parte dopersoal especializado da Aso-ciación Ecoloxista Adega.Cumprir coa normativa euro-pea en 2020

O Concello das Neves quereser un dos primeiros do conti-nente en cumprir a normativa

aprobada polo Parlamento Eu-ropeo: que os concellos dosEstados membros da Unión Eu-ropea reciclen o 50 por centodos seus residuos antes doano 2020. Este obxectivo seráa ‘ponte’ que conducirá ataoutro moito máis importante:lograr a reciclaxe do 65 porcen de todos refugallos urbanosno 2035.

Os residuos urbanos, coaxestión anterior, cando entranen descomposición, forman lí-quidos que poden contaminaro subsolo e os acuíferos, ade-mais de producir cheiros e me-tano, un gas de efecto inver-nadoiro e con gran impactono cambio climático.

Por medio da súa reciclaxeevítanse estes problemas e,ao mesmo tempo, estes refu-gallos orgánicos transfórmanseen recursos: xa que se podeobter deles por medio da com-postaxe un fertilizante naturalpara árbores e plantas.

As Neves contrúe de Centros deCompostaxe Comunitaria

OConcello de Covelofixo entrega dos ga-lardóns aos gañado-

res da cuarta edición dospremios Síntete Covelo2018 no Auditorio Municipalnun acto que estivo ameni-zado pola Coral Xuntanza deCovelo.

Os premios foron conce-didos por unanimidade doxurado no ámbito deportivoa Ana Fontán Pimentel e nosocial e cultural a FlorianoPérez Vázquez e a todos osveciños e veciñas que tra-ballaron e colaboraron naFesta do Churrasco desde oseu inicio.

Con estes galardóns o Con-cello de Covelo quere facerpúblico recoñecemento áspersoas, asociacións, empre-sas ou institucións que con-tribuísen co seu labor á pro-moción da cultura, o deporte,a arte, o patrimonio, a de-fensa do medio ambiente e

a promoción do nome de Co-velo no ámbito nacional ouinternacional.

Con este premio á futbo-lista local, Ana Fontán Pi-mentel, recoñécese a súaampla e exitosa traxectoriadeportiva en numerosos equi-pos de categoría rexional enacional e á súa condiciónde muller vinculada á defensados valores deportivos deesforzo e superación asícomo da promoción do pobode Covelo.

Tamén se recoñeceu o la-bor, entrega e dedicación deFloriano Pérez Vázquez naorganización da Festa do Chu-rrasco, que coordinou e dirixiudesde a súa primeira ediciónoficial en 1981 ata a actua-lidade, recoñecemento quese fixo extensivo a todasaquelas persoas que traba-llaron e colaboraron nas di-ferentes edicións da festadesde o seu inicio.

IV Galardón Síntete Covelo

Os galardoados Ana Fontán Pimentel e Floriano Vázquez Pérez co Alcaldee concelleiros.

Page 8: Xornal galego para o debate, a cultura, o ensino e o lecer ANO 2 | … · 2019. 1. 12. · do estreno do Himno Galego ce - lebrado o 20 de decembro de 1917 no Teatro do Centro Galego

FORO A PENEIRA | Xaneiro de 2019VIII

Humor

Por un 2019diferente!Recibimos varias tarxetas postais

de amigos debuxantespara o ano novo,

que queremos compartir cos lectores.

Simanca , Brasil - alta

Asier Sanz Elihu Duayer, Brasil, alta

Yayo Herrera, Canadá

Francisco Puñal Luis Sánchez J Bosco, Brasil - alta

Page 9: Xornal galego para o debate, a cultura, o ensino e o lecer ANO 2 | … · 2019. 1. 12. · do estreno do Himno Galego ce - lebrado o 20 de decembro de 1917 no Teatro do Centro Galego

IXFORO A PENEIRA | Xaneiro de 2019

Humor

Elena Ospina - Colombia

Harca - Comunidad Valenciana

papá noel - Luis Mac Beath Reyes Magos van a VOX - Luis Mac Beath

Ángel Boligán - México Dario Castillejos, México, alta

Page 10: Xornal galego para o debate, a cultura, o ensino e o lecer ANO 2 | … · 2019. 1. 12. · do estreno do Himno Galego ce - lebrado o 20 de decembro de 1917 no Teatro do Centro Galego

FORO A PENEIRA | Xaneiro de 2019X

PONTEAREAS

Condado/Paradanta

Opasado 29 de decem-bro, a Banda de Mú-sica Xuvenil de Xinzo

e a Coral Cantares de Xinzoofreceron o seu tradicionalconcerto de nadal ante máisde 300 persoas que encheronata a bandeira un Auditoriodo Centro Cultural Xinzo quecomeza a quedarse pequeno,tanto pola boa acollida dopúblico asistente aos con-certos, como para a propiabanda, que incrementa ano aano a súa plantilla.

“Cores de Nadal” foi o tí-tulo empregado pola Asocia-ción para o deseño desteconcerto de Nadal, no quetodas as obras que se inter-pretaron levaban como títuloa nome dunha cor.

O concerto deu comezotras a presentación dos 9novos integrantes da CoralCantares de Xinzo. Coral,que en colaboración coa Co-ral Xuntanza de Covelo ofre-ceu durante a primeira partedo concerto unha exquisitainterpretación de panxoliñasque enmudeceu a todo opúblico presente, que rom-peu en aplausos. Máis de50 compoñentes, dirixidospolo artista ponteareán XulioDomínguez, mesturaron amúsica vocal coa rítmicacorporal, o que fixo un re-sultado artístico de altísimonivel.

Na segunda parte do con-certo, a Banda de Música Xu-venil de Xinzo ofreceu unprograma de alta dificultadetécnica. Destacar a magníficainterpretación do trombónsolista Javier Otero, inte-grante da Banda de Xinzoque actualmente está a re-matar os seus estudos deGrado Profesional no CMUSde Ponteareas, na obra paratrombón solista e banda “Co-

lors” de Bert Appermont.O concerto rematou cunha

fusión entre as 3 agrupacións(Coral Cantares de Xinzo, Co-ral Xuntanza de Covelo eBanda de Música Xuvenil deXinzo), que permitiu ver sobreo esceario do Centro CulturalXinzo, a 100 persoas baixo abatuta do mestre Javier Blan-co. Nunha interpretación querecibiu unha acalorada ova-ción de todo o público pre-sente como broche de ouroao ano 2018.

Dende a Xunta Directivada Fundación Musical de Xin-zo e da Banda de Música deXinzo, que aglutina tanto ápropia Banda de Música Xu-venil de Xinzo, como á Escola

de Música de Xinzo, a Bandade Veteranos de Xinzo, e aCoral Cantares de Xinzo; que-ren desexar a todo o públicoamante da música un feliz emusical 2019.

A música coral e bandística de Xinzomaravillan ao público co seuconcerto “Cores de Nadal”

Page 11: Xornal galego para o debate, a cultura, o ensino e o lecer ANO 2 | … · 2019. 1. 12. · do estreno do Himno Galego ce - lebrado o 20 de decembro de 1917 no Teatro do Centro Galego

XIFORO A PENEIRA | Xaneiro de 2019

Redacción

Condado/Paradanta

Os días 7 e 8 de decembrode 2018 foiu presentado oxogo !11Torres" no marco

da Convenção Internacional doJogo AugustaCon celebrado nomosteiro de Tibães moi perto deBraga.

O xogo é unha versión espacialdo "Tres-En-Raia", coñecido taméncomo "Tic-Tac-Toe" en inglés ouo "Jogo do Galo" en Portugués.

Ai igual que neste, o obxectivo

é facer unha liña recta con tresfichas, mais a diferencia, aparteda tridimensionalidade, é a posi-bildade de xogar entre tres per-soas, o que o convirte nun xogomoito máis emocionante.

O xogo foi presentado anterio-mente polo seu autor, Xabier Pra-do, profesor do IES Pedra da Augade Ponteareas, no marco da Se-mana das Ciencias celebrado nestalocalidade, no cal se repartiron

copias do mesmo a tódolos centroseducativos do Concello por parteda Concellaría de Educación.

O xogo ainda non está a ser co-mercializado, mais na páxina webdo mesmo www.yogote.net/11to-rres ademáis das regras de xogo enoticias, existen instrucións paraque cadaquén poida facerse cunhaversión para desfrutar do mesmo,incluso mediante unha simple fo-tocopia en papel.

O mestre do IES Pedra de Auga XabierPrado crea un novo xogo: 11 Torres

Opasado 11 de decem-bro, coa presenza dovicerreitor da Universi-

dade de Vigo Jorge Soto, foipresentado en Pontevedra onúmero 21 da Revista Sar-miento, dedicado na parte mo-nográfica á depuración domaxisterio practicada polasautoridades franquistas. Dendea Historia da Educación, esti-veron tamén presentes XoséManuel Cid e Anxo S. Porto,dando conta, respectivamente,do sucedido nas provincias deOurense e Pontevedra.

Sarmiento. Anuario Galegode Historia da Educación iniciaa partir deste número 21 unhanova andaina, que dará con-tinuidade aos 20 anos de

vida. Mantense o título, queconstitúe unha homenaxe aomonxe beneditino galego freiMartín Sarmiento, e modifí-case o subtítulo, que no fu-turo será Revista Galego-Por-tuguesa de Historia da Edu-cación/ Revista Galego-Por-tuguesa de História da Edu-cação, que reflicte a vontadede ampliar o ámbito espacialda revista, que no pasado xaestaba aberta á temática e alingua portuguesas.

Nesta parte monográfica haien primeiro lugar un artigo omodo de presentación de Mªdel Carmen Agulló Díaz. De-sexando deslexitimar a políticaeducativa republicana, a di-tadura franquista converteu o

maxisterio primario en obxec-tivo prioritario da súa acciónrepresiva. A depuración tivoun duplo carácter de punitivae preventiva. Iniciouse dexeito inmediato tralo golpemilitar e durou até a finaliza-ción da ditadura.

Con carácter necesariamentesintético e sempre aberto anovas achegas e matizacións,analízase a continuación aconcreción deste proceso encada unha das provincias ga-legas, na que interveñen Nar-ciso de Gabriel (A Coruña),Antón Costa e Uxía Bolaño(Lugo), Xosé Manuel Cid (Ou-rense), Anxo S. Porto e RaquelVázquez (Pontevedra).

Na sección documental Xosé

Luís Iglesias preséntanos oexpediente de depuración deMª Barbeito Cerviño, e CarlosMéixome descríbenos as pe-nurias padecidas por AntónAlonso Ríos para rispar dasgadoupas da morte. Esta partedocumental inclúe igualmente

a relación do profesorado pri-mario morto en cada unha dasprovincias galegas por mor dasublevación fascista de 1936.Con carácter provisional ofré-cese unha lista de 100 profe-sionais do ensino primariomortos na Galiza.

Presentación da revista “Sarmiento” na Facultade de CC da Educación edo Deporte da Universidade de Vigo, no Campus de Pontevedra

Anxo Porto Ucha, Jorge Soto e Xosé Manuel Cid

Page 12: Xornal galego para o debate, a cultura, o ensino e o lecer ANO 2 | … · 2019. 1. 12. · do estreno do Himno Galego ce - lebrado o 20 de decembro de 1917 no Teatro do Centro Galego

FORO A PENEIRA | Xaneiro de 2019XII

OIA

Baixo Miño

AAsociación Costa dosCastros edita un ca-derno divulgativo

sobre os petróglifos da con-torna do río Vilar, na parro-quia oiense de Pedornes,para dar a coñecer a singula-ridade e valor patrimonialdos gravados existentesnesta zona. Entre eles desta-can tres que representan fi-guras de embarcacións, asúnicas claramente definidasdos petróglifos galaicos concaracterísticas que apuntan amodelos mediterráneos.

Cun marcado ton divulgati-vo, esta publicación quere dara coñecer o valioso patrimonioarqueolóxico que existe nazona e, paralelamente, con-cienciar sobre a importanciada súa conservación.

No caderno faise unha des-

crición do lugar, un repasopola historia dos principaisachados arqueolóxicos na zonae, finalmente, se detalla o casoconcreto dos petróglifos dasembarcacións, coñecidos comoAuga dos Cebros 1, Auga dosCebros 2 e Viveiro 6.

Diversas fotografías, ilus-tracións, un mapa e unha fichacon información básica e de

utilidade para visitar a zonacomplementan a informacióntextual do caderno.

A publicación realízase coacolaboración da Deputaciónde Pontevedra (Ano da Lin-gua), a través das axudaspara dinamización da lingua.

Os exemplares impresos dis-tribuiranse polos centros esco-lares e na Oficina de Turismo.

Caderno divulgativo dos petróglifos do río Vilar en Oia

OConcello de Oia or-ganiza un obradoirode envellecemento

activo e saudable dirixido apersoas maiores de 60 anos.A actividade comezará o 16de xaneiro e desenvolverasetodos os mércores ata o mesde xuño.

O obradoiro incluirá traba-llos manuais, xogos, activi-dades de risoterapia e creaciónde contos, entre outras; coobxectivo de que as persoasparticipantes se relacionen,

traballen aspectos cognitivose, sobre todo, que se divirtane pasen un bo rato.

As sesións impartirasenas Escolas de Torroña (de16.00 a 17.15h) e na Abadíade Loureza (de 17.45 a19.00h) e terán caráctergratuíto. As persoas inte-resadas poden inscribirseno Concello de Oia ata opróximo 10 de xaneiro.

A iniciativa conta coa co-laboración da Asociación deMulleres Rurais de Oia.

Oia organiza un obradoiro deenvellecemento activo e saudable

Oxurado do concursode debuxo infantil“Os Reis Magos che-

gan a Oia” concedeu o pri-meiro premio a Mateo GómezGiráldez, alumno de 6º cursode Educación Primaria doCEIP de Refoxos.

Pola súa banda, o segundoe terceiro premio recaeronen alumnado do CEIP MestreManuel García. Concretamen-te, en segundo lugar quedouClaudia Domínguez Salinas,de Educación Infantil (5anos); mentres que o terceiroposto foi para Mario SeijoDomínguez, de 3º curso deEducación Primaria.

O concurso convocado poloConcello no mes de novembroe aberto ao alumnado dosdous centros educativos domunicipio, pedía aos partici-pantes que ilustrasen, contécnica libre, a súa visión so-bre os Reis Magos.

O debuxo vencedor ilus-trará o cartel que anunciaráa Cabalgata de Reis de 2019.Ademais, os tres clasificadosrecibirán un diploma e máisun lote de libros.

A entrega de galardónsdesenvolverase o día 5 dexaneiro despois da Cabalgatano pavillón do CEIP MestreManuel García.

Un alumno de 6º de primaria do CEIPde Refoxos gaña o concurso de debuxoinfantil “Os Reis Magos chegan a Oia”

OConcello de Oia orga-niza a segunda edi-ción do obradoiro de

teatro veciñal para difundir erevalorizar o patrimonio local.A iniciativa é gratuíta e de-senvolverase a partir do 1 defebreiro baixo o título "6x6.Punto de Encontro. O Arrabal".

A actividade será impartidapor A Artística Teatro & Danzaos venres de 19.00 a 21.00horas no Centro Cultural dePedornes. Comezará o 1 de fe-breiro e se desenvolverá ataprincipios de xuño.

A representación final terálugar no aniversario da decla-ración de Ben de Interese Cul-tural (BIC) do Mosteiro de Oia,que se celebrará os días 2 e 3de xuño.

O prazo de inscrición estáaberto ata o 24 de xaneiro. Asprazas son limitadas.

Tras a boa acollida da pri-

meira edición (cunha trintenade persoas inscritas de todasas idades), o éxito de públicoasistente á visita dramatizadapolo Arrabal organizada dentrodo obradoiro e a calidade in-terpretativa acadada polos par-ticipantes, o Concello de Oiadecidiu convocar unha novaedición.

En canto aos obxectivos re-lacionados co patrimonio, estainiciativa revelouse como unhaboa ferramenta á hora de reva-lorizar o patrimonio local, au-

mentar a conciencia veciñalarredor del e dinamizar o turismobaseado nos valores culturais.

A Artística Teatro & Danza,responsable artística da primeiraedición (desenvolvida baixo otítulo "6x6. Punto de Encontro.Costa dos Castros") estará denovo á fronte deste obradoiro.O seu proxecto, enmarcado den-tro das artes escénicas, dedícaseá formación, promoción, crea-ción, investigación e experi-mentación do teatro e a danzacontemporáneas.

O obradoiro veciñal de teatro para revalorizare difundir o patrimonio volve a Oia

Page 13: Xornal galego para o debate, a cultura, o ensino e o lecer ANO 2 | … · 2019. 1. 12. · do estreno do Himno Galego ce - lebrado o 20 de decembro de 1917 no Teatro do Centro Galego

XIIIFORO A PENEIRA | Xaneiro de 2019

Baixo Miño

OConcello de Oia orga-niza un curso gra-tuíto para a mellora

das competencias de linguainglesa destinado a profesio-nais da hostalería e o comer-cio do municipio. As prazasson limitadas.

A iniciativa busca axudarao sector do turismo e o co-mercio local a mellorar a ca-lidade na atención a clientese visitantes, tendo en conta

que cada vez son máis osperegrinos que fan paradaen Oia no seu percorrido poloCamiño Portugués da Costa.Con esta actividade formativao municipio continúa a pre-pararse para o próximo anoXacobeo, que se celebrará en2021.

O horario do curso de in-glés básico para a hostaleríae o comercio determinaraseen función das preferencias

e necesidades das persoasinscritas. Os interesados de-ben apuntarse no Concelloantes do 31 de xaneiro.

Será preciso xuntar un gru-po mínimo de participantese as prazas son limitadas.No caso de non cubrirse omínimo de prazas, as vacantespoderanse cubrir con persoasque procedan doutros sectorese que teñan interese en re-cibir esta formación.

Programación

Sábado 12 de xaneiro- 19.30hJansel e Ponsel, representada por Tranghallada teatro

de Nigrán.Domingo 13 de xaneiro- 18.00hMamasiña que medo!, representada por Bertorella de

Morgadáns.Sábado 19 de xaneiro- 19.30hCóncavo-convexo, representada por Vichelocrego de

Gondomar.Domingo 20 de xaneiro- 18.00hRosa rosae, representada por Pritis- Guomins de Aula

teatro Gondomar.Sábado 26 de xaneiro- 19.30hA revirada, representada por A Moura de Chaín.Domingo 27 de xaneiro- 18.00hCousas da vida, representada por O mellor de cada casa

de Viladesuso.Sábado 2 de febreiro- 19.30hO restaurante Farruco representada por Os cabalos rosas

brincan no patín de Viladesuso.Maruxas 3.0, representada por Arredemo de Gondomar.

Apartir do vindeiro sábado12 de xaneiro o Audito-rio Municipal Lois Tobío

de Gondomar acollerá a IVMostra de teatro afeccionadodo Val Miñor e Oia.

Organizado polo Institutode Estudos Miñoráns co apoiodo Concello de Gondomar fo-mentarán e potenciarán a crea-tividade teatral e a represen-tación neste mes de xaneiro

que abre as portas a un anode celebración dos 20 anosdo IEM.

A programación constará deoito pezas teatrais interpretadaspor Vichelocrego, Tranghalladateatro, Bertorella, Pritis- Guo-mis, A Moura, Os cabalos rosasbrincan no patín, O mellor decada casa e Arredemo.

A entrada será gratuíta epara todos os públicos.

IV Mostra de teatroafeccionado do Val Miñor e Oia

Curso de inglés para a hostelería e o comercio

ODomingo 10 de Marzocelébrase da II Edi-ción do Trail Aventure

Muiños do Folón, no Rosal,organizado polo Concello e aempresa Qualité Sport Events

Se trata dunha das provasde trail máis espectacularesque se pode realizar en todaa Comunidade Galega, xa querecorre os afamados Muiñosdo Folón e do Picón, decla-rados Ben de Interese Turís-tico pola Xunta de Galicia.

Serán dúas, as carreirascon carácter competitivo.Unha cun trazado de 12 kmse un desnivel positivo de450 metros, co lugar máis

alto situado na Capela deSan Martiño; outra de 21kms, con desnivel de 1000chegando a zona costeira deSanxián. Tamén haberá unhaAndaina de 10 kms, paraaqueles que prefiran gozarda paisaxe dunha forma máisrelaxada.

Para participar hai que ins-

cribirse na web www.champi-nonchipnorte.com sendo a unprezo reducido atá o domingo13, amais de recibir comaagasallo unha "braga de cue-llo" os que o realizaron nasprimeiras 72 horas do prazo.

A participación está limi-tada a 250 atletas en cadaunha das distancias.

II Edición do Trail Aventure Muiños do Folón

Page 14: Xornal galego para o debate, a cultura, o ensino e o lecer ANO 2 | … · 2019. 1. 12. · do estreno do Himno Galego ce - lebrado o 20 de decembro de 1917 no Teatro do Centro Galego

FORO A PENEIRA | Xaneiro de 2019XIV

Redacción

Miscelanea

Apresidenta da Deputa-ción de Pontevedra, Car-mela Silva, acompañada

polo alcalde de Nigrán, JuanGonzález e integrantes do seugoberno municipal amais depersoal técnico da constru-tora, visitou hoxe en Nigrán asobras da nova Biblioteca,unha obra longamente espe-rada polas veciñas e veciñosda vila do Val Miñor e un dosproxectos máis ambiciosos daprovincia. Esta actuación estáfinanciada pola Deputación aoabeiro do Plan de Reequilibriocunha importante achega de1.479.620,18€, mentres oconcello de Nigrán financia os369.905,05 euros restantes.

O novo edificio para esteespazo cultural que, dixo apresidenta, “da resposta aosequipamentos que melloran acalidade de vida da xente eque toda a veciñanza ten de-

reito a esixilos viva onde viva”,estase a construír nunha par-cela do dentro do núcleo ur-bano que conta cun forte des-nivel. Por iso se crearán dousaccesos ao edificio: un dendea praza cuberta da planta baixae outro dende a Praza Rosalíade Castro. A nova edificación,de planta irregular e cunhasuperficie total construída de

1.260 m2, vai constar de catroandares: na planta baixa haberáunha sala de usos múltiples eun almacén; na primeira plantaestarán a sala de ordenadores,a hemeroteca, a recepción e azona de préstamo infantil exuvenil; na segunda planta si-tuarase a zona de préstamopara persoas adultas; e na ter-ceira, unha sala de estudo.

Carmela Silva supervisa as obras dabiblioteca de Nigrán

OConcello da Guardaven de recuperarunha parte moi im-

portante do seu patrimonioe identidade cultural grazasao Plan de práctica laboralda Deputación de Ponteve-dra, que permitiu ter unhapersoa responsable do ar-quivo que en colaboraciónco departamento de Patrimo-nio do Concello logrou dixi-talizar e recuperar multitudede documentos históricos danosa vila, fotografías anti-gas, arquivos da SociedadePro-Monte Santa Trega, entreoutros.

O persoal en prácticas es-tivo en constante contactoco persoal da Deputación dePontevedra, traballando mana man baixo a plataformaATOM, un sistema que permiteincorporar a unha base dedatos única todos aquelesdocumentos de carácter his-tórico, realizando as tradu-cións dos mesmos ao galegoe que permitirá nun futuropróximo a súa consulta porparte de toda a cidadanía dexeito online dende as súascasas, logrando así unha maiortransparencia para achegar edifundir os diferentes fondose documentación dispoñiblesdo Concello da Guarda.

O persoal en prácticas tra-ballou ao longo dos pasados

seis meses, continuando oproxecto realizado con an-terioridade por persoal enprácticas, na organización enormalización da documen-tación existente sobre a So-ciedade Pro-Monte Santa Tre-ga, así como a recuperaciónde centos de coleccións defotografías e postais da Guar-da grazas a inestimable co-laboración de Antonio Mar-tínez Vicente, que cedeu dexeito desinteresado gran par-te do seu arquivo para o seutratamento e dixitalización.Na área de Patrimonio o per-soal en prácticas participouademais na elaboración epreparación dos textos e fo-tografías de diferentes paneisinformativos de varios puntosde interese histórico da vila.

Anímase á cidadanía a queaporte coleccións privadas eantigas co obxectivo de quemedre o patrimonio culturalda nosa vila contactando coDpto. de Patrimonio no Con-cello da Guarda.

A Guarda recupera e conserva oseu patrimonio e identidade

cultural

OConcello da Guarda através da Concelleríade Emerxencias fixo

entrega na mañá deste mérco-res dos primeiros 50 detectoresde fume destinados prioritaria-mente aos maiores de 65 anosdo municipio, un segmento dapoboación máis propenso a su-

frir accidentes vencellados aolume nas súas vivendas.

Segundo explicou o conce-lleiro de Emerxencias, MiguelEspañol, un total de 200 destesaparellos están a disposiciónde quen os precise para repartirdende o consistorio, preferi-blemente entre os maiores de

65 anos que vivan sos, paraevitar situacións de risco deincendio e detectar de xeitorápido os fumes no interiordas vivendas. O reparto reali-zase a través do Concello e encolaboración con colectivosque traballan na vila con per-soas maiores.

A Guarda mellora a seguridade dos maiores coaentrega de detectores de fume

Page 15: Xornal galego para o debate, a cultura, o ensino e o lecer ANO 2 | … · 2019. 1. 12. · do estreno do Himno Galego ce - lebrado o 20 de decembro de 1917 no Teatro do Centro Galego

XVFORO A PENEIRA | Xaneiro de 2019

Louriña

Aautora novel María OlgaAlonso Alonso presen-tou onte na Casa Cultu-

ral de Chenlo a súa operaprima "Los sueños rotos", nunacto que contou coa asisten-cia de máis dun centenar depersoas entre familiares, ami-gos e todos aqueles interesa-dos en non perderse o inicioda carreira literaria desta ve-ciña de Chenlo.

Na presentación acompa-ñouna M. Alejandro Lorenzo,Alcalde Pedáneo de Chenlo, e

a súa compañeira, Sonia Frei-jeiro. Lorenzo abriu o actoadicando unhas emotivas pa-labras a autora, "hoxe estamosaquí para celebrar que se cum-pre un soño", destacou, "Chen-lo é unha parroquia moi viva,de xente con moitas ganasque pisa forte no eido cultural.Somos, sen dúbida, berce detalentos, como Olga á quehoxe lle desexo moitísimoséxitos nesta etapa que em-prende".

A súa compañeira, Sonia

Freijeiro, animou a todos ospresentes a ler esta novelaque "consigue atraparnos dendeas primeiras palabras" e animoua Olga a seguir escribindo.

"Los sueños rotos", unsoño feito realidade

Mº Olga, Licenciada en Cien-cias Químicas e aficionada apoesía e a novela, é profesorade matemáticas nun institutode ensinanza secundaria. Pero,¿quen dixo que hai que elexirentre números e letras? Olgadecidiu non facelo e o resultadoé "Los sueños rotos", a súaprimeira novela publicada eun sono feito realidade.

Ainda que non é a primeiravez que se atreve a desafiaros límites da ficción, xa queconta con varios traballos máis,a autora lánzase por primeiravez á publicación dun libro.

"Todo xurdiu dun xeito na-tural", explicou a autora, "nunmomento no que, polas cir-cunstancias que se estaban avivir a miña carreira profe-

sional estaba en pausa, deci-dín escribir unha novela".Deste xeito tan pragmáticoexplicaba Olga como decidiumergullarse no mundo da li-teratura de ficción "eu sempretiven moitísima imaxinación,dende nena, e cando un éadulto aparca un pouco esafaceta. Pero aí está, e candome lancei a escribir a miñanovela recurrín a ela". Tal ecomo relatou a súa inspiraciónprovén sempre dun impulsointerno, sentarse frente a unteclado e deixarse levar.

As súas raíces ourensás le-várona a ambientar a súa his-

toria na raia, nun pequenopobo da provincia de Ourensede onde era orixinario o seupai. Alí nunha pequena aldeade O Irixo, preto da fronteiracon Portugal, arranca o relatoque nos conducirá a unha his-toria de amor que se desen-volve nun ambiente adverso.A obra é unha constante entreun presente e un pasado, en-marcada nun contexto históricoconcreto, os anos da posguerraespañola, que fai de fío con-dutor. Un relato sempre ensuspense que nos invita a se-guir lendo para coñecer o de-senlace.

Mª Olga Alonso presentou en Chenlo a súaprimeira novela "Los sueños rotos"

En Cans xa se traballapara a XVI edición doFestival, que este ano se

celebrará entre o mércores 22e o sábado 25 de maio. O Fes-tival abríu o 8 de xaneiro operíodo de recepción de obraspara os seus recoñecidos con-cursos de curtametraxes (fic-ción, animación, non ficción)e de videoclips, aínda quetamén estará aberto a recibirlongametraxes ou outro tipode obras para formar parte daprogramación do resto deseccións do festival.

A inscripción poderase re-alizar de xeito totalmente gra-tuito a través da web do Fes-

tival de Cans, www.festival-decans.gal e o prazo de ins-cripción estará aberto pretode dous meses, ata o domingo3 de marzo.

Por vez primeira nos dezaseisanos de historia do festival,todos os premios terán dota-ción económica, ata chegar ácifra total de 8.900 euros, oque supón un aumento de mileuros con respecto á pasadaedición. A partir desta edicióno premio do Xurado dos veciñose veciñas terá dotación eco-nómica e, ademais, comezaráa recoñecerse tamén a mellordirección de fotografía dasobras a concurso coa finalidade

de estimular unha interesantexeración de profesionais queestá a emerxer.

Os distintos xurados e opúblico do Festival outorgaránun total de trece Cans dePedra, o singular galardón dofestival, que este ano irá acom-pañado de premios en metálicoen todas as categorías.

O máis relevante será o Pre-mio do Xurado á Mellor curtade ficción dotado con 2.000euros, seguido do Premio dopúblico á mellor curta e o Pre-mio do Xurado á Mellor curta-metraxe de animación, dotadoscon 1.500 euros cada un. Ade-mais, Cans mantén a súa aposta

pola categoría de non-ficción,denominada Furacáns, que teráun premio otorgado polo xu-rado de 1.000 euros. O Premiodo Xurado ao Mellor videoclipestará dotado con 500 euros,e o Premio do público aomellor videoclip con 300 euros.O resto das categorías pre-miadas, terán todas unha do-

tación de 300 euros: Mellorinterpretación femenina, Mellorinterpretación masculina, Me-llor banda sonora orixinal, Me-llor realización, Mellor guión,Mellor curtametraxe (elixidapolo xurado das veciñas e ve-ciños) e Mellor dirección defotografía, que se incorporanesta edición.

O Festival de Cans abre convocatoria a concursoe aumenta os seus premios ata case 9.000€

O PORRIÑO

Page 16: Xornal galego para o debate, a cultura, o ensino e o lecer ANO 2 | … · 2019. 1. 12. · do estreno do Himno Galego ce - lebrado o 20 de decembro de 1917 no Teatro do Centro Galego

Editorial NOVAS DO EIXO ATLÁNTICO S.L.Avda. Sarmiento Rivera, 4-4ºD (36860 PONTEAREAS - GALIZA) T. 986 64 12 [email protected]

OPleno da Corpora-ción Municipal mo-sense aprobou por

maioría, ca abstención dogrupo Gañamos, na súa se-sión ordinaria do mes de De-cembro, o "Inventario deCamiños Municipais", quechega tras a aprobación ini-cial e posterior proceso deinformación pública no queos interesados puideron re-alizar as alegacións que es-timaron oportunas, sendoestas xa contestadas polaadministración.

O edil Camilo Augusto ea rexedora local aseguranque este inventario será“unha ferramenta de traballoeficaz para o Concello, queconstituía unha demandaimportantísima dende faianos tanto por parte dos

técnicos municipais comopolos veciños e veciñas deMos”.

O documento final pre-séntase composto de carto-grafía e base de datos. Acartografía cos camiños iden-tificados sobre el apresen-tarase en formato PDF, im-primible en tamaños A3 ouA4. A base de datos recolletodas as características doscamiños, de tal xeito quepoida accederse á ficha decada un deles tecleando oseu correspondente código,as coordenadas dun dos seusextremos, ou o seu nomecomún. Esta base de datospermitirá a impresión da fi-cha que consta da configu-ración e distribución de in-formación acordada cos téc-nicos municipais.

O Inventario de CamiñosMunicipais do Concello de

Mos entra en vigor

Abailarina mosense Patricia Martínez im-partiu no IES de Mos durante os pasadosmeses de Novembro e Decembro a acti-

vidade baixo o nome de "Descobre o Baile De-portivo" desenvolvida a iniciativa do Concellode Mos en apoio ao deporte minoritario.

Esta actividade vense realizando ao longodos últimos catro anos nos CEIP e este anotrasladouse ao Instituto. O éxito foi indiscu-tible, xa que nun principio propúxose só para3º ESO, e finalmente por parte do Departa-mento de Educación Física demandouse para2º e 1º cursos da ESO, con gran apoio e cola-boración de todos os alumnos e alumnas dos3 cursos.

As sesións leváronse a cabo durante ohorario no que os alumnos tiñan a súa hora deEducación Física, cunha duración de 50 minutosdurante os que ademais de explicarlles teori-camente en que consiste o Baile Deportivo,por suposto puideron probar os ritmos máismovidos como o Chachachá ou a Samba, par-tindo sempre dun nivel básico e de iniciación.

Patricia Martínez, exalumna do Institutomosense, declarou tras esta experiencia que“despois de 10 anos sen pisar o IES desdeque me graduei en Bacharelato, foi poñer unpé dentro e un escalofrío de sentimentospercorreu todo o meu corpo, e o reencontrocos meus profesores de Educación Física, Es-ther e Mario, que me axudaron a organizarxunto coa OMIX, esta programación paraque ningunha clase quedase sen a súa sesiónde Baile Deportivo; foi moi emocionante.Foi unha experiencia moi boa, cun resultadomoi positivo en todos os aspectos”.

A bailarina deportiva mosense tivo un ver-tixinoso ano de competición o pasado 2018.En novembro do 2017 a súa exparella debaile, Adrián Esperón, despois de 12 anosdecidiu deixar de competir, polo que Martínez

tivo que buscar alguén que se puidera adaptarao seu nivel e idade. E así reencontrouse coseu amigo Cristian Álvarez, bailarín e violinista,que por motivos persoais e laborais, deixarade competir facía 5 anos pero quería retomara pista de baile.

Cristian, natural de Pontevedra pero resi-dente en Lisboa nos últimos 4 anos, decidiucomprometerse con Patricia e xuntos comezarunha carreira deportiva na Liga Profesional(Profesional Divission, coñecida internacio-nalmente), de Baile Deportivo, representandointernacionalmente a Portugal.

Ao longo deste ano, competiron en dife-rentes probas de Ránking en Portugal. Fina-lizaron o ano gañando o Campionato de Por-tugal Profesional na modalidade de 10 Bailes,obtendo a máxima puntuación no CircuítoNacional e na Copa Nacional da modalidadede Standard, e 2º na puntuación de Circuítoe Copa na modalidade de latinos. Todo istocombinándoo coas competicións no estran-xeiro, unha por mes, conseguindo a entrada

na final no 90% delas. Asímesmo, o ser competidor naliga Profesional permítelle xul-gar a nivel nacional e poderser relatores en diversos Trai-ning Camps, como tiveron aoportunidade no mes de Xullode ser relatores no maior Trai-ning Camp de Baile Deportivo,en Caorle, Italia, diante demáis de 600 persoas.

Vertixinoso ano 2018 da bailarinamosense Patricia Martínez