Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña

44
XOSÉ MIÑONES BERNÁRDEZ Cando camiñamos polas rúas da nosa cidade ou do noso barrio non observamos o nome das rúas. Seguro que isto nos ten pasado co nome desta rúa que se atopa no polígono de Elviña

Transcript of Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña

Page 1: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña

XOSÉ MIÑONES BERNÁRDEZ

Cando camiñamospolas rúas da nosacidade ou do noso barrio non observamos o nome das rúas.

Seguro que istonos ten pasadoco nome destarúa que se atopano polígono de Elviña

Page 2: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña

Algún de vósterá pasado algunha vez por esta rúa

Page 3: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña

Recordas...?

Page 4: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña

Esta rúa está dedicadaao personaxe da fotografía:

Xosé Miñones Bernárdez

Imos comentar algo sobre el

Page 5: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña

XOSÉ MIÑONES BERNÁRDEZ(1900-1936)

•Xosé Miñones Bernárdez naceu en Corcubión o 1 de maio de 1900, no seo dunha familia liberal-burguesa, a pesar do cal xermolou nel unha incrible preocupación por tódolos temas relacionados coa pobreza, co atraso, coa inxustiza social.

•Principalmente no seu entorno, na súa comarca que era Fisterra a “A Fin do Mundo”.

Page 6: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña

Vista da ría de Corcubióndende o monte Pindo. Aofondo pode verse a vila e o cabo de Fisterra.

Page 7: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña

Vista nocturna de Corcubión.O pobo onde naceu en 1900Xosé Miñones.

Page 8: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña

Corcubión é unha pequenavila de pouca extensión e poboación.Tiña no ano 2010 pouco máis de 1800habitantes. Está pegada á vila de Ceeque é máis grande en poboación na actualidade.

Page 9: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña

Vista de Corcubión.Arco da vella ao fondo

Page 10: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña

Corcubión dista da Coruña 94 km

e está moi próximaa Fisterra e o seu cabo

Page 11: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña

Vista de Corcubión eda súa ría

Page 12: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña

Praia de Quenxe aolado de Corcubión

Page 13: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña

Fervenzas do Xallas.As augas deste río desembocanna ría de Corcubión aos pés do

monte Pindo

Page 14: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña

O marco xeográfico e históricoonde naceu e viviu Pepe Miñones

Cando falamos da “Fin do Mundo” non pretendemos facer unha tradución nin unha metáfora. Falamos da comarca de Fisterra. Unha parte da Galiza profunda, esquecida e atrasada. Unha Galiza labrega e mariñeira ancorada na miseria, con enormes carencias sociais, de falta de educación. Ás que o poder político estatal era incapaz de atender nas súas necesidades básicas.

Nas seguintes fotografías queda reflectida esta contextualización.

Page 15: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña

Mulleres de O Pindo camiño da feira de Cee.

Fotografía de Ruth M. Anderson.1924

Page 16: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña

Camiño de CeeFotografía de Ruth M. Anderson.

1924

Page 17: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña

Mulleres arrastrando barcas no areal do PindoFotografía de Ruth M. Anderson. 1924

Page 18: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña

Mulleres arrastrando barcas no areal do PindoFotografía de Ruth M. Anderson. 1924

Page 19: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña

Vista de Fisterra.Principios do século XX

Page 20: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña

Recollendo a faena.Fotografía de Ruth M. Anderson. 1924

Page 21: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña

Vista do pobo do Pindo.Situado a 7 km de Corcubión.

Estaba aillado posto que non tiña ponte para atravesar a desembocadura do río Xallas

Page 22: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña

Habitación mariñeira. Fisterra.Fotografía de Ruth M. Anderson. 1924

Page 23: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña

Vivendas mariñeiras. O PindoFotografía de Ruth M. Anderson. 1924

Page 24: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña

Taberna en CarnotaFotografía de Ruth M. Anderson. 1924

Page 25: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña

Aínda así, na vila de Corcubión, existía xente: comerciantes, avogados, financeiros... cunha profunda formación. No seo dunha destas familias naceu Pepe Miñones.

Dende moi xove, ao rematar a súa carreira como avogado, inicia unha importante actividade empresarial.

As actividades estarán relacionadas coa industria (na localidade de Brens no concello de Cee principalmente), a minería (extracción de sílice para a transformación en carburos metálicos) e a produción de enerxía hidroeléctrica (era un dos principais propietarios de Eléctrica Popular Coruñesa, empresa á que pertencía o Salto do Eume e que, a súa morte foi absorbida por General Gallega de Electricidad antecedente de FENOSA).

Todas elas ubicadas na provincia coruñesa e principalmente na comarca fisterrá.

Page 26: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña

Desenvolveu un importante papel reivindicativo para Galiza centrado en varios aspectos:

Demandas do movemento agrario (supresión dos foros), é dicir, que os labregos fosen os verdadeiros propietarios da terra que traballaban.

Loita pola implantación do ferrocarril en Galiza. Miñones foi un dos que reivindicaron a construción do ferrocarril que unise A Coruña coa Costa da Morte (o tren dos tres “C” que unise A Coruña, Carballo e Corcubión).

Acceso á educación de tódolos fillos de labregos e mariñeiros. Creación de escolas e institutos no rural.

Melloras das infraestruturas na comarca fisterrá: construción do peirao industrial de Brens en Cee para que poidan acceder os barcos mercantes á ría de Corcubión ou construción da ponte sobre o río Xallas para unir as aldeas de O Pindo e Ézaro. Unha vía de comunicación moi importante para a comarca.

Page 27: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña

Estas demandas ou reivindicacións quedaron reflectidas en medios escritos fundados polo propio Miñones: Nerio (1920), Región gallega (1924) ou La Provincia (1928).

Participará na vida política activa militando inicialmente no Partido Radical.

Coa chegada da II República (1931-1936) será elixido deputado en 1933 e 1936.

En 1933 polo Partido Radical, partido que deixará ao permitir o seu líder, Alejandro Lerroux, a entrada no goberno da república a membros da CEDA. Incorporarase ao partido fundado por Martínez Barrio, Partido Radical Demócrata que, posteriormente transformarase en Unión Republicana.

En 1936 volverá a ser elixido deputado por Unión Republicana dentro da Fronte Popular. Que levaba dentro do seu programa electoral o estatuto de autonomía para Galiza.

Page 28: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña

Ferrocarril nas Xubias (A Coruña). 1930.O ferrocaril chegou tardiamente a Galiza.Miñones reivindicou a construción destepara a comarca da Costa da Morte: o ferrocarril dos tres “C” Coruña-Carballo-Corcubión

Page 29: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña

Imaxe actual do porto e fábricade carburos metálicos de Brens (Cee).Miñones foi un dos seus promotores

Page 30: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña

Central hidroeléctrica do Tambreunha das primeiras que comezoua funcionar a principios do século XX.Miñones foi un dos propietarios de Electrica Popular Coruñesa empresa que controlaba o salto do Eume

Page 31: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña

Detalle da Rúa Xosé Miñonesno polígono de Elviña. A Fonte das Paxariñas

forma parte desta

Page 32: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña

Detalle da Rúa Xosé Miñones

Page 33: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña

A Rúa Xosé Miñonesserve de enlace entre a

primeira e segunda fase do polígono de Elviña

Page 34: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña

• Xosé Miñones atópase na Coruña o 18 de xullo de 1936 (día en que os militares golpístas levántanse contra a República).

• Por orde do goberno, entrevístase co xeral Salcedo, xefe da VIII División (con sede na Coruña) para que non se sume ao golpe militar, o que acaba conseguindo. Aínda así os militares golpistas tomarán o mando e farán que triunfe o golpe de Estado na Coruña.

• Xosé Miñones será arrestado, procesado e condenado a morte.

• Será fusilado o 2 de decembro de 1936 no campo da Rata (perto da Torre de Hércules) sen ter cometido ningún delito de sangue. A sentencia sancionalle, ademais, co pago dunha multa dun 1.000.000 de pesetas (aproximadamente 6.000 €).

Guerra Civilproceso e morte de Xosé Miñones

Page 35: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña

• A represión non rematou con Miñones, sinon afectou a súa familia. Os seus irmáns tiveron que exiliarse e supuxo ruína económica da banca do seu pai.

• Miñones foi unha das vítimas do franquismo na que máis despropósitos e calumnias se fixeron.

• A memoria histórica é necesaria para saber a verdade nunca deberíamos borrar da nosa mente e situar a cada quen no lugar que debería ocupar pola súa honestidade, traballo, coherencia e solidariedade.

Monumento conmemorativoA Xosé Miñones en Corcubión

Page 36: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña

Atila en Galiza. Álbum de Castelao. 1937.onde critica a represión do franquismo durante a Guerra Civil

Page 37: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña

Atila en Galiza. Álbum de Castelao. 1937.onde critica a represión do franquismo durante a Guerra Civil

Page 38: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña

Atila en Galiza. Álbum de Castelao. 1937.onde critica a represión do franquismo durante a Guerra Civil

Page 39: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña

Atila en Galiza. Álbum de Castelao. 1937.onde critica a represión do franquismo durante a Guerra Civil

Page 40: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña

Nenos xogando aos fusilamentos en plena Guerra Civil

Page 41: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña

Fusilados na matanza de BadajozAgosto de 1936

Onde foron fusilados máis de 5.000 persoaspolas tropas franquistas

Page 42: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña

Monumento ás vítimas do franquismo.Nel aparecen a relación dos represaliados

coa vida na provincia da Coruña. Entre eles Xosé Miñones

Page 43: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña

Pelotón de fusilamentono Campo da Rata. 1936

Page 44: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña

Monumento no Campo da Rataonde foron fusilados as vítimas

Da represión franquista na Guerra Civil. Entre eles Xosé Miñones o 2 de decembro de 1936.

O deseño do monumento foi obra de Isaac Díaz Pardo