X&Q Marzo 2011

4
. “A CAMPANA DE ANLLÓNS”: Roteiro PONDALIANO NOVIDADES X&Q MARZO 2011 Boletín nº 10 BIBLIOTECA IES Ponteceso Enciclopedias: GRAN ENCI- CLOPEDIA DEL CAMI- NO DE SANTIAGO DICIONARIO EN- CICLOPÉDICO ILUSTRA- DO DE GALICIA. Lecturas en inglés: The Canterville Ghost Ricky Banks, Music Star! A Foreigner in Australia Películas: Aníbal La marca del zorro Tempestad sobre el Nilo Aventuras, clásicos do cine mundial, libros sobre música, economía, filo- sofía e MOITO MÁIS... CULTURA : BREVES O PREMIO NADAL 2011 foi outorgado na súa 67 edición a Alicia Giménez Barlett, pola súa novela Donde nadie te encuentre”. O libro está inspirado en Teresa Pla Meseguer, unha muller que se uniu á guerrilla antifranquista dos maquis durante a Guerra Civil Española tras ser humillada por soldados do réxime, onde se fixo temida como “ La pastora” ou “Fulgencio”. O 30 de Xaneiro celebrouse o 125 ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE CASTELAO, e co obxectivo de renderlle homenaxe a este grande pensador, artista e escritor rianxeiro, claro referente da nosa cultura, en diversas vilas e cidades galegas se fixeron lecturas dos seus textos: Os dous de sempre, Sempre en Galiza, Os vellos non deben namorarse, etc. A celebración do ANO CUNQUEIRO polo centenario do seu nacemento pon en valor as colaboracións do escritor mindoniense co cine e a televisión, unha vez localizadas tres películas vinculadas con el. Dúas curtometraxes documentais: “ Galicia” e “Xantares”, ambas con guión do escritor, e a mediametraxe “Verde e Mar”; todas filmadas no ano 1966 e que volverán a reestrearse en Galicia cando remate o traballo . Unha pioneira do feminismo no século XIX: A escritora EMILIA PARDO BAZÁN, será protagonista nunha longametraxe que ultima a TVG, por ser a primeira muller en España en obter unha Cátedra uuniversitaria e así mesmo ser a primeira en desenvolver toda unha carreira profesional no periodismo. A película “A condesa rebelde” contribuirá á recuperación da súa biografía. Sandwich Cultural Por segundo ano consecutivo, fixemos coincidir a realización do “roteiro” pondaliano coa data de nacemento do poeta: o 8 de febreiro. Desta vez ademais de celebrar o seu 176 aniversario, conmemoramos o 150 da publicación da súa primeira obra escrita en galego: “A campana de Anllóns”. Alumnos e alumnas de 2º e 1º de Bacharelato e 4º ESO, xunto con profesores e profesoras do IES e membros da Fundación Eduardo Pondal, organizamos un “roteiro” dende o noso instituto ata o lugar de Anllóns por lugares significativos na obra do poeta como a “casa do demo”, o “rego furado” ou a “poza das bestas”. Durante o “roteiro” contamos coa presenza dun equipo da TVG que gravou diferentes momentos do mesmo para o programa Ben Falado. Actuaron como cronistas e reporteiros algúns dos nosos alumnos e alumnas que explicaron con moita profesionalidade a significación dalgúns dos lugares percorridos na obra de Pondal. Finalmente chegamos ao Santuario de San Fiz de Anllóns onde, as campás repenicaron 14 melodías diferentes acordes coa sentimentalidade de cada unha das estrofas do poema pondaliano recitadas polos nosos alumnos e alumnas. Dentro de moi pouquiño emitirase o programa na TVG así que haberá que estar pendentes da tele todos os días aí polas tres e cuarto... O MARATÓN CULTURAL Botamos a andar desta volta unha particular edición dun concurso interdisciplinar que é unha especie de “fillo” do PONTE a PROBA que hai anos celebrabamos no noso centro. Nesta ocasión fixemos un esforzo especial para que o concurso fora realmente noso, invitando a todos os departamentos á realización dunha serie de preguntas das súas materias que só se puidesen responder na biblioteca ou ben en páxinas web recomendadas. O concurso comezará coincidindo coa semana cultural ( o 14 de marzo) e rematará 4 semanas despois ( o 8 de abril) e consiste na resolución de 15 preguntas semanais de todos os ámbitos no que grupos de 4 alumnos/as deberán amosar as súas habilidades na pescuda de información. Esperamos que se apunten moreas e moreas de alumnos de todo o centro xa que non só se trata de competitividade , senón de aprender a traballar en grupo , manexarse cos recursos que ofrece a biblioteca, pasalo ben e… participar – ou gañar, por que non? Mirastes os premios??? Realmente botamos a casa pola ventá. Se aínda non tedes toda a información,porque non mirades para os paneis informativos que hai na entrada, ide á nosa páxina web ou ao blog da biblioteca: http://biblioaponte.blogspot.com/ para consultar as bases . E ...sorte!!!

description

Boletín da biblioteca marzo 2011

Transcript of X&Q Marzo 2011

Page 1: X&Q Marzo 2011

.

“A CAMPANA DE ANLLÓNS”: Roteiro PONDALIANO NOVIDADES

X&Q MARZO 2011 Boletín nº 10

BIBLIOTECA IES Ponteceso

Enciclopedias: GRAN ENCI-CLOPEDIA DEL CAMI-NO DE SANTIAGO

DICIONARIO EN-CICLOPÉDICO ILUSTRA-DO DE GALICIA.

Lecturas en inglés: The Canterville Ghost Ricky Banks, Music Star! A Foreigner in Australia Películas: Aníbal La marca del zorro Tempestad sobre el Nilo Aventuras, clásicos do cine mundial, libros sobre música, economía, filo-sofía e MOITO MÁIS...

CULTURA : BREVES O PREMIO NADAL 2011 foi outorgado na súa 67 edición a Alicia Giménez Barlett, pola súa novela “ Donde nadie  te encuentre”. O libro está inspi‐rado en Teresa Pla Meseguer, unha muller que se uniu á guerrilla antifranquista dos maquis duran‐te a Guerra Civil Española tras ser humillada por soldados do réxime, onde se fixo temida como “ La pastora” ou “Fulgencio”.  O 30 de Xaneiro celebrouse o 125 ANIVERSARIO DO NACEMENTO  DE  CASTELAO, e co obxectivo de  renderlle homenaxe a este grande pensador, artista  e  escritor  rianxeiro,  claro  referente  da nosa cultura, en diversas vilas   e cidades galegas se  fixeron  lecturas dos  seus  textos: Os  dous  de sempre, Sempre en Galiza, Os vellos non deben namorarse, etc.  A celebración do  ANO  CUNQUEIRO polo cente‐nario do seu nacemento pon en valor as colabo‐racións  do  escritor  mindoniense  co  cine  e  a televisión,  unha  vez  localizadas  tres  películas vinculadas con el. Dúas curtometraxes documen‐tais: “ Galicia” e “Xantares”, ambas con guión do escritor, e a mediametraxe “Verde e Mar”; todas filmadas no ano 1966 e que volverán a reestrear‐se en Galicia cando remate o traballo .  Unha  pioneira  do  feminismo  no  século  XIX:  A  escritora  EMILIA  PARDO  BAZÁN,  será  protago‐nista nunha longametraxe que ultima a TVG, por ser  a  primeira muller  en  España  en obter  unha Cátedra uuniversitaria e así mesmo ser a primei‐ra en desenvolver toda unha carreira profesional no  periodismo.  A  película  “A  condesa  rebelde” contribuirá á recuperación da súa biografía. 

Sandwich Cultural

 Por  segundo  ano  consecutivo,  fixemos  coincidir  a  realización do “roteiro” pondaliano coa data de nacemento do poeta: o 8 de febreiro. Desta vez ademais de celebrar o seu 176 aniversa‐rio, conmemoramos o 150 da publicación da súa primeira obra escrita  en  galego:  “A  cam‐pana de Anllóns”.   Alumnos e  alumnas  de  2º  e  1º  de 

Bacharelato  e  4º  ESO,  xunto  con  profesores  e profesoras do IES e membros da  Fundación Eduardo Pondal, organiza‐mos  un  “roteiro”  dende  o  noso  instituto  ata  o  lugar  de Anllóns por lugares significativos na obra do poeta como a 

“casa  do  demo”,  o  “rego furado” ou a “poza das bes‐tas”.  Durante  o  “roteiro” contamos coa presenza dun equipo da TVG   que gravou dife‐rentes momentos  do mesmo  para  o  programa  Ben  Falado. Actuaron  como  cronistas  e reporteiros algúns dos nosos alumnos  e  alumnas  que  ex‐plicaron  con moita  profesio‐

nalidade a  significación dalgúns dos  lugares percorridos na obra de Pondal. Finalmente chegamos ao Santuario de San Fiz  de  Anllóns  onde,  as  campás  repenicaron  14 melodías diferentes acordes coa sentimentalidade de cada unha das estrofas do poema pondaliano recitadas polos nosos alum‐nos e alumnas. Dentro de moi pouquiño emitirase o progra‐ma na TVG así que haberá que estar pendentes da tele todos os días aí polas tres e cuarto...  

O MARATÓN CULTURAL

Botamos a andar desta volta unha particular edición dun concurso  in‐terdisciplinar que é unha especie de “fillo” do PONTE a PROBA que hai 

anos celebrabamos no noso centro. Nesta ocasión  fixemos un esforzo especial para que o concurso fora realmente noso,  invitando a todos os departamentos á realiza‐ción dunha  serie de preguntas das  súas materias que  só  se puidesen  responder na biblioteca ou ben en páxinas web recomendadas. O concurso comezará coincidindo coa semana cultural ( o 14 de marzo) e rematará 4 semanas despois ( o 8 de abril) e  consiste na resolución de  15 preguntas semanais de todos os ámbitos no que grupos de 4 alumnos/as deberán amosar as súas habilidades na pescuda de información.  Esperamos que se apunten moreas e moreas de alumnos de todo o centro xa que non só se trata de competitividade , senón de aprender a traballar en grupo , manexarse cos  recursos que ofrece a biblioteca, pasalo ben e… participar – ou gañar, por que non? Mirastes os premios??? Realmente botamos a casa pola ventá. 

 Se aínda non tedes toda a  información,porque non mirades para os pa‐neis  informativos que hai na entrada,  ide á nosa páxina web ou ao blog da biblioteca:   http://biblioaponte.blogspot.com/   para consultar as ba‐ses . E ...sorte!!! 

 

Page 2: X&Q Marzo 2011

Paraíso inhabitado Ana Mª Matute 

Esta novela narra a historia de Adriana, a máis pequena dunha familia aco‐modada  que  se  quebra  por momentos  nos  inicios  da  Segunda  República Española. Adri é unha nena desvalida que sofre unha  traumática soidade e busca remedio refuxiándose na súa imaxinación e na fantasía da súas lectu‐ras,  creando  un  paraíso  propio,  poboado  de amigos  imaxinarios.  Os  libros  serviranlle  de parapeto  das  agresións  do seu entorno: a fami‐lia,  o  colexio,  a  socieda‐ de,  ese  mundo  adulto por ela chamado “ mun‐ do dos Xigantes”, reple‐to  de  seres  estraños  e  ameazantes.  O  seu acubillo  atópao  só  nas  mulleres do servizo que lle ofrecen amor e segu‐ ridade e, sobre todo, na súa amizade con Gavrila,  o  único  fillo  dunha bailarina  rusa  emigrada,  co  que  se  sente  prote‐xida, querida e comprendida. Inevitablemente, chegará o momento no que a Adriana  xa  non  lle  estará  permitido  esconderse  de  todo  o  que  a  rodea  e deberá converterse nunha persoa adulta.  É esta unha novela emotiva e  con  tons autobiográficos, na que Ana María Matute  reflicte  o  tránsito  da  infancia  a  primeira madurez  con  esa  dobre mirada sobre a vida: o xuízo severo do mundo adulto e o progresivo e sor‐prendido descubrimento dunha nena que fará que os soños da súa infancia se convertan no “paraíso perdido”. 

  

CRÍTICAS LITERARIAS

CINE NO INSTITUTO

Páxina 2 X&QQQQQQ JOHN LENNON MÚSICA

O curioso incidente do can a medianoite 

Mark Haddon 

Nesta obra do autor  inglés Mark Haddon (Northampton, 

Reino Unido, 1963) cóntase a historia do  intelixentísimo 

adolescente de quince anos, Christopher Boone. El é un 

experto  en  ciencias  e matemáticas,  sabe  as  capitais de  todos os países do 

mundo e os números primos ata o 7.507, pero ten dificultades para relacio‐

narse con outras persoas. A historia comeza despois de atopar ao can da súa 

veciña atravesado por una forca de xardín, vai levar a cabo un labor de inves‐

tigador para descubrir o que pasou. Esta busca materialízase na obra nuns 

diálogos cargados de  interrogatorios aos posíbeis culpábeis e das deducións 

de Boone. Toda a parte narrativa mestúrase con debuxos, figuras e ecuacións 

e problemas matemáticos, que  representan as pescudas que está a  levar a 

cabo o protagonista. Na fin preséntase un apéndice no que aparecen as solu‐

cións de diversos dilemas  expostos  ao  longo da  trama. O  libro  remata  coa 

sentencia latina “Quod erat demonstrandum”, a xeito de “moralexa” final. 

   TAMÉN A CHOIVA (Icíar Bollaín, España, 2010) 

SINOPSE: A película narra a rodaxe en Bolivia dun filme de época sobre os efectos da colonización americana: a esquilma dos recursos naturais e o roubo da identidade da poboación indíxena. Durante o rodaxe, no ano 2000, o equipo asiste ó levantamento do pobo boliviano contra os seus gobernantes pola cesión dos dereitos da auga a unha multinacional estadounidense. Cinco séculos 

despois a historia repítese.  CRÍTICA: Estupendo guión de Paul Laverty, importante elenco de actores pero a dirección de Iciar Bollaín é incapaz de transmitirnos a intensidade dos feitos narrados; convertendo o filme nunha historia aburrida e carente de ritmo. Aínda así é un importante documento histórico que nos debe invitar á reflexión. 

O DISCURSO DO REI ( Tom Hooper, Gran Bretaña, 2010) 

SIPNOSE: Colin Firth interpreta ó rei inglés Jor‐ge IV, tartamudo dende a súa infancia e obriga‐do polas circunstancias a subir ó trono de Gran Bretaña no ano 1936. Lionel Logue, logopeda de métodos  pouco ortodoxos, axudara ó monarca a superar a súa eiva. 

 CRÍTICA: É a gran triunfadora da gala dos Oscar deste ano, premiada con catro galardóns á mellor película, dirección, actor e guión; con todo , é sumamente previsible; ten os dous ingredientes básicos, personaxe con minusvalía máis superación persoal igual a prato de éxito en Hoollywood. 

Querémoslle dedicar á figura de John Lennon este pequeno recuncho de palabras, xa que non só nos deixou cancións inesquecibles e indispensables como Imagine, senón que tamén intentou cambiar o mundo e loitou pola paz dun xeito  que non deixaba indiferente a ninguén. Neste pasado ano 2010 tive‐ron lugar varias datas sinaladas na súa vida. John Lennon naceu o 9 de outubro de 1940, así que actual‐mente tería 70 anos. Desgraciadamente, foi asasinado na porta da súa casa o 8 de decembro de 1980, pouco despois de lanzar o seu derradeiro álbum. Polo tanto, no 2010 tamén se celebrou o 30 aniversa‐rio da súa morte… Pero aínda hai máis, pois como xa sabedes foi uns dos integrantes de The Beatles, banda que revolucionou o panorama da música popular urbana dende 1960 ata 1970 polo tanto, xa hai 40 anos que The Beatles separáronse… 

Se todos estes números tan curiosos acabados en “0” non vos terminan de animar a saber máis sobre a súa persoa, só dicir que na biblio atópanse como novidades dous libros moi entretidos para o voso tem‐po de lecer e que vós achegarán máis ó mundo que o rodeaba:  

O libro de Jordi Sierra i Fabra “El joven Lennon”, que nos conta a vida de John Lennon den‐de que é un rapaz de 15 anos, que vive en Liverpool e descubre o rock’n’roll, onde coñecerá o seu amigo Paul McCartney e formarán un grupo de música…  

No libro “22 Escarabajos. Antología del cuento Beatle”, diferentes escritores hispanoa‐mericanos achéganse dende distintos puntos de vista ó emblemático Cuarteto de Liverpool. 

Page 3: X&Q Marzo 2011

FALEMOS DE… Política empresarial

Páxina 3 Boletín nº 10

TEATRO EN INGLÉS: “School’s out!”

ACTIVIDADES NO NOSO CENTRO

El fabricante de helados Subir Chowdhury 

Nos tempos nos que a iniciativa emprendedora está tan valorada no mercado laboral, son moitos os estudos que tra‐tan de descifrar aquelas habilidades e destrezas  imprescindibles para executivos que pretenden acadar o éxito nos negocios, ademais do seu liderado profesional.  Deste xeito, o libro “O fabricante de xeados” recomenda unha serie de estratexias para acadar ese logro empresarial; tomando como punto de partida a distinción entre clientes  internos e externos e poñendo de manifesto que nada é posible sen a satisfacción de ambos; pero en todo caso empezando sempre polos primeiros, mellor coñecidos como “persoal de traballo”. Un claro reflexo dunha cultura de empresa que se reforza no “intramarketing” ou marketing interno; centrado na mo‐tivación dos recursos humanos, a súa plena identificación cos obxectivos planificados, a participación na toma de deci‐sións, o recoñecemento dun traballo ben feito, etc.  Un conxunto de ingredientes que o autor, Subir Chowdhury, considera indispensables para garantir a máxima calidade. En resumo, unha lectura sinxela que narra a historia dun director de fábrica que ve perigar o seu posto de traballo por 

unha forte caída das vendas ; situación que o leva a expor o seguinte reto: que facer para manterse a flote e posibilitar a supervivencia or‐ganizativa?...   Toda unha lección de valentía e entusiasmo que nesta etapa de crise económica pode ser de grande axuda; “porque as mellores empresas son froito de moitas ideas”.   

    A compañía de teatro en inglés “Clever Pants” presentounos unha divertidísima comedia  de tema adolescente na que nos atopamos coa típica rivali‐dade  entre dous rapaces por conseguir o amor du‐nha moza da mesma escola. Danny, un rapaz esperto pero con poucos recursos soña con heroicas aventuras para conseguir o amor 

que lle nega a súa posición social.      Ao final vímonos inmersos nunha  obra chea de aventuras interactivas , cancións e  per‐sonaxes coloridos cos que os alumnos de 2º,3º e 4º de ESO rapidamente se viron identifi‐cados.  

Un ano máis vimos de celebrar a “festa da alegría” por antonomasia e non podemos por máis que felicitar a todos os participantes pola súa orixinalidade e bo comporta‐mento. En dous días e apenas remados os exames, unha boa tropa de rapaces e rapa‐zas foron quen de organizar comparsas, coreografías e mesmo chistes cos que facernos pasar un boísimo rato.  Non se tratou só dunha festa senón dunha lección de traballo en grupo ben feito que en máis dunha ocasión deixounos coa boca aberta, mes‐mo os profesores se atreveron a facer unha parodia de si mesmos coa “Marcha das letras”.  Parabéns  a todos os participantes e máis ao xurado polo difícil papel de ter que elixir aos mellores.   O ano que vén , MÁIS… 

O ENTROIDO NO INSTITUTO

Page 4: X&Q Marzo 2011

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS: “Namórame”

8 DE MARZO: Día Internacional da Muller

Día d

os n

amor

ados

201

1

       Para o Día dos namorados a biblioteca máis o equipo de normaliza‐

ción lingüística organizamos un orixinal concurso co dobre obxectivo de fa‐cer un traballo plástico e literario. Retamos  a todo o noso alumnado a ela‐borar uns “marcapáxinas” de deseño propio que contiveran no anverso unha bonita frase de amor, iso si, amor á lectura, aos animais ás persoas, ao propio amor… Participou xente de todo o centro , pero hai que dicir que os alumnos de debuxo de 1º de ESO foron os máis traballadores e, polo  tanto, os que acadaron os premios. Velaquí tedes as fotos dos gañadores máis dal‐

gúns dos traballos que inundaron cunha chuvia de color a biblioteca durante uns días.   

       

   

Dende hai uns catro anos vimos de celebrar no noso centro unha das ideas das que estamos máis orgullo‐

sos de conmemorar: O día da muller. Este ano fanse 100 dende que a iniciativa fora tomando pulo  en di‐versos países europeos, non só para pedir o dereito ao voto ou a  ocupar cargos públicos, senón que aquel millón de homes e mulleres que en 1911 se reuniron en mitins por toda Europa esixiron tamén o dereito ao traballo, á formación profesional e á non discrimina‐ción laboral. 

Este xermolo chegou ata os nosos días espallado polos 5 continentes onde mulleres de todas as razas , relixións e condi‐cións sociais seguen a pedir  igualdade, xustiza paz e desenvolvemento. As  profesoras do instituto, humildemente achegamos esta idea á nosa comunidade escolar fotografándonos no papel de brillantes mulleres que  ao longo da historia tiveron que loitar por facerse oír nun mundo de homes pero  tamén nos retratamos como mulleres actuais que amosan día a día o valor do seu traballo  .  Aquí tedes unha pequena mostra do que facemos na exposición que podedes ver no corredor principal do instituto, xun‐to coas sorprendentes biografías das mulleres que escollemos este ano para homenaxear e compartir con todos vós. 

 

   

Sonia Couto como  George Sand 

Ana Trinidad como  Edurne Pasabán  

Carmen Fernández como  María Casares 

Eva  García como  Ana Mª Matute