Xulio Pardellas de Blas Carmen Padín Fabeiro · 1. A economía como ... - A contabilidade nacional...

22
ECONOMÍA BÁSICA Xulio Pardellas de Blas Carmen Padín Fabeiro Coa colaboración de: Nemesio Pereira Lorenzo

Transcript of Xulio Pardellas de Blas Carmen Padín Fabeiro · 1. A economía como ... - A contabilidade nacional...

Page 1: Xulio Pardellas de Blas Carmen Padín Fabeiro · 1. A economía como ... - A contabilidade nacional 124 CUARTA PARTE: O CONTEXTO MUNDIAL 12. Unha Orde Económica en cambio 127 - Os

ECONOMÍA BÁSICA

Xulio Pardellas de BlasCarmen Padín Fabeiro

Coa colaboración de:Nemesio Pereira Lorenzo

Page 2: Xulio Pardellas de Blas Carmen Padín Fabeiro · 1. A economía como ... - A contabilidade nacional 124 CUARTA PARTE: O CONTEXTO MUNDIAL 12. Unha Orde Económica en cambio 127 - Os

Edición: Servizo de Publicacións da Universidade de VigoEdificio da Biblioteca CentralCampus de Vigo36310 VigoTelf.: 986 812 [email protected]

© Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo, 2014© Xulio Pardellas de Blas© Carmen Padín Fabeiro

Printed in Spain - Impreso en EspañaISBN: 978-84-8158-649-7D.L.: VG XXX-2014

Impresión: Tórculo Comunicación Gráfica, S.A.

Pardellas de Blas, Xulio

Economía básica / Xulio Pardellas de Blas, Carmen Padín Fabeiro; coa colaboración de Nemesio Pereira Lorenzo

Vigo : Universidade de Vigo, Servizo de Publicacións, 2014 164 p. ; 17x24 cm. – (Manuais da Universidade de Vigo; 60)

D.L. VG XXX-2014 — ISBN 978-84-8158-649-7Economía política I. Padín Fabeiro, Carmen II. Pereira Lorenzo, Nemesio III. Universidade de Vigo. Servizo de Publicacións, ed.

33

Reservados tódolos dereitos. Nin a totalidade nin parte deste libro pode reproducirse ou transmitirse por ningún procedemento electrónico ou mecánico, incluídos fotocopia, gravación magnética ou calquera almacenamento de información e sistema de recuperación, sen o permiso escrito do Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo.

MONOGRAFÍAS DA UNIVERSIDADE DE VIGOTECNOLOXÍA E CIENCIAS EXPERIMENTAIS; 19MANUAIS DA UNIVERSIDADE DE VIGO, 60

Page 3: Xulio Pardellas de Blas Carmen Padín Fabeiro · 1. A economía como ... - A contabilidade nacional 124 CUARTA PARTE: O CONTEXTO MUNDIAL 12. Unha Orde Económica en cambio 127 - Os

Índice

PRIMEIRA PARTE: CONCEPTOS PARA A INTERPRETACIÓN DA REALIDADE ECONÓMICA1. A economía como ciencia social 13

- Introdución e conceptos previos 13- A evolución da ciencia económica 17

2. A estrutura económica 25- As dimensións da realidade económica 25- A produción mercantil actual 30

SEGUNDA PARTE: ELEMENTOS PARA ENTENDER A ACTUACIÓN DO MERCADO3. Funcionamento do mercado 37

- Os principios da economía 37- O mercado e a competencia 41

4. A conduta dos consumidores 45- A curva de demanda: relación entre prezo e consumo 45- Análise das elasticidades 49

5. A oferta do mercado e a produción 53- A curva de oferta 53- O equilibro no mercado 57- A produción e os factores 59- Os custos na empresa a corto prazo 60

TERCEIRA PARTE: A ACTIVIDADE ECONÓMICA6. Recursos, potencial económico e poboación 63

- O uso dos recursos e o potencial económico 63- O capital humano 66- O paro e as políticas de emprego 72

7. A agricultura e a alimentación 74- Tipoloxía das explotacións agrarias 78- A política de protección da agricultura en Europa 81

Page 4: Xulio Pardellas de Blas Carmen Padín Fabeiro · 1. A economía como ... - A contabilidade nacional 124 CUARTA PARTE: O CONTEXTO MUNDIAL 12. Unha Orde Económica en cambio 127 - Os

6

8. Os procesos de industrialización 87- A actividade industrial 87- Tipoloxías de industrialización no mundo 90- A política europea de apoio tecnolóxico á industria e ás PEMES 92

9. A evolución dos servizos 97- Unha economía terciaria 97- Clasificación dos servizos 98- Reformas estruturais dos servizos en Europa 101

10. O papel económico do Estado 107- As formulacións teóricas 107- O Estado do Benestar 112 - Crises e solucións cara o futuro 114

11. A medición e a distribución da riqueza 117- O cadro macroeconómico 117- As principais magnitudes macroeconómicas: conceptos e cálculo 119- A contabilidade nacional 124

CUARTA PARTE: O CONTEXTO MUNDIAL

12. Unha Orde Económica en cambio 127- Os cambios no sistema capitalista no s. XX 127- A organización internacional da economía: comercio e globalización128- Crise da nova orde internacional: o papel de U.S.A.e da U.E. 133

13. As consecuencias positivas: crecemento e riqueza 137- Orixes da cooperación internacional 137- Os resultados da cooperación entre países ricos: a integración económica 138- As grandes áreas económicas 142

14. As consecuencias negativas: atraso e desequilibrios 149- As evidencias 149- Definición e concepto: atraso ou subdesenvolvemento? 150- A axuda aos países atrasados: esmola? intereses dunha nova orde

mundial? 156

ORIENTACIÓN BIBLIOGRÁFICA 161

Page 5: Xulio Pardellas de Blas Carmen Padín Fabeiro · 1. A economía como ... - A contabilidade nacional 124 CUARTA PARTE: O CONTEXTO MUNDIAL 12. Unha Orde Económica en cambio 127 - Os

Introdución

Orientación didáctica e obxectivos:

O libro vai dirixido ao alumnado que debe adquirir coñecementos esenciais de Economía, ben como introdución ao posterior estudio específico desta ciencia (caso do Bacharelato), ben como materia obrigatoria ou troncal, pero integrada de forma complementaria en plans de estudos non directamente relacionados coa ciencia económica (caso de graos en ciencias técnicas, sociais ou xurídicas).

O obxectivo fundamental é ofrecer aos lectores (alumnado ou simplemente interesados por saber), unha síntese dos conceptos máis elementais da ciencia económica, utilizando unha linguaxe veciña ás informacións que sobre estes temas reciben a cotío a maioría dos cidadáns nos medios de comunicación, pero en lóxica, presentados co rigor necesario para manexar con precisión aqueles conceptos. En última instancia, o libro debe supoñer unha ferramenta cómoda de usar e sempre agradecida polos lectores para interpretar as claves do mundo económico global no que inescusablemente haberán de moverse.

Cada tema proporciona igualmente, unha selección de conceptos clave para facilitar a comprensión dos coñecementos expostos.

Estrutura:

O libro está sustentado sobre catro alicerces fundamentais, unha primeira parte introdutoria de conceptos e principios da ciencia económica, unha segunda que permita coñecer de forma elemental o funcionamento do mercado, estudando o comportamento dos consumidores e máis a caracterización da oferta, unha terceira que se centra xa nos aspectos máis directos e veciños da actividade económica, explicando a importancia dos recursos, a evolución dos sectores produtivos e o papel do Estado na economía, e finalmente unha cuarta parte que analiza a nova orde económica mundial, as organizacións internacionais relacionadas coa economía e unha breve visión das consecuencias actuais no mundo rico e nos países atrasados.

Case tódolos temas conteñen algunha referencia a Europa. Tomamos esa decisión porque a vida económica dos países que nos encontramos dentro da construción deste espazo común, está marcada pola política e as decisións que se toman en Bruselas, e convén sabelo e recordalo.

Page 6: Xulio Pardellas de Blas Carmen Padín Fabeiro · 1. A economía como ... - A contabilidade nacional 124 CUARTA PARTE: O CONTEXTO MUNDIAL 12. Unha Orde Económica en cambio 127 - Os
Page 7: Xulio Pardellas de Blas Carmen Padín Fabeiro · 1. A economía como ... - A contabilidade nacional 124 CUARTA PARTE: O CONTEXTO MUNDIAL 12. Unha Orde Económica en cambio 127 - Os

Prólogo

O libro Economía Básica que o lector ten nas súas mans responde ao meu xuízo a un obxectivo que ate o de agora foi insuficientemente cuberto en Galicia, está realizado sobre a base dunha amplía experiencia docente previa, e ofrece unha presentación final atractiva e equilibrada. Estes son os tres argumentos que quero subliñar e desenvolver neste prólogo.

O libro ten por obxectivo achegarse a un público extenso, diverso en procedencia, pero homoxéneo en ansias ou necesidades de coñecer, para formular as preguntas e presentar ferramentas metodolóxicas básicas que sustentan hoxe o corpo de coñecementos que denominamos como Economía.

Sendo esta unha demanda que se percibe na nosa sociedade en xeral, en estudos ligados a actividades profesionais e programas formativos moi diversos, atopámonos sen embargo cunha oferta moi cativa, e non sempre axeitada a esta demanda xenérica. Considero pois, que o esforzo por cubrir este campo é un primeiro acerto do libro.

Este traballo non é, por outro lado, un froito improvisado senón o resultado dunha extensa experiencia docente do profesor Xulio Pardellas, desenvolvida ademais en diferentes rexistros que lle veñen de terse dirixido a públicos bastante diversos. Experiencia, ademais, percorrida por unha continua e intensa relación con diferentes colectivos económicos e sociais, de maneira que esta sensibilidade queda recollida tamén no tratamento dos temas. Por outra parte, a colaboración dos profesores Nemesio Pereira e Carmen Padín agrega á súa vez a experiencia docente noutras áreas de coñecemento e de investigación, que sirve dobremente aos fins do libro.

O conxunto é un producto que sen dúbida introducirá ao lector nas cuestións económicas básicas, e o fará de maneira accesible, tanto no fondo como na forma, e tamén de maneira ordenada e equilibrada. O texto irá achegando ao lector a linguaxe e os elementos económicos básicos para permitirlle entrar con máis seguridade a temas centrais na actividade económica e nas relacións económicas internacionais. Así, de maneira eficaz e amena, o alumno ou lector xeral poderá ir conformando unha idea global e estructurada sobre problemas económicos de transcendencia social actual.

Page 8: Xulio Pardellas de Blas Carmen Padín Fabeiro · 1. A economía como ... - A contabilidade nacional 124 CUARTA PARTE: O CONTEXTO MUNDIAL 12. Unha Orde Económica en cambio 127 - Os

10

O libro abre, en definitiva, moitas preguntas e seguro que na intención do autor está tamén o conseguir a perseveranza do lector nos temas de Economía, un mundo en constante movemento, tanto pola realidade social continuamente cambiante, como pola achega de novas ideas, enfoques e métodos, que fan desta área de coñecemento un lugar cheo de novas preguntas e novos desafíos que estimulan a seguir adiante.

Vigo, xuño de 2013

Manuel Varela LafuenteCatedrático de Economía Aplicada. Universidade de Vigo

Page 9: Xulio Pardellas de Blas Carmen Padín Fabeiro · 1. A economía como ... - A contabilidade nacional 124 CUARTA PARTE: O CONTEXTO MUNDIAL 12. Unha Orde Económica en cambio 127 - Os

Prefácio desde Portugal

Seis anos depois do lançamento duma primeira edição, Xulio Pardellas decidiu propor-nos a revisão do livro Economia Básica, seguramente informado pelo mesmo propósito de oferecer aos seus leitores “unha síntese dos conceitos máis elementais da ciencia económica, utilizando uma linguaxe veciña ás informacións que sobre os temas reciben acotío a maioria dos cidadáns dos médios de comunición”. A meu ver, é um objectivo conseguido, com o rigor que se exige de um livro académico.

Esta nova versão apresenta algumas diferenças face à anterior, por um lado, decorrentes da necessidade que o autor sentiu de incorporar alguns dados da actualidade económica, e, por outro lado, da própria revisão feita da orientação didáctica que encerra cada capítulo. A revisão dos textos foi mais longe nas partes em que houve que dar notícia dos novos enquadramentos existentes na União Europeia em matéria de gestão de fundos e do reajustamento em curso da economia internacional, com destaque para o debate sobre a necessidade de um novo modelo de regulação dos mercados globais e para o aparecimento de novos protagonistas na ordem político-económica mundial, como o Brasil e a Índia, para além da China.

Fazendo uso de uma linguagem simples e comunicativa, o livro impressionou-me, especialmente, pela capacidade (e coragem) que o seu autor teve de convocar as pessoas e as questões de ordem ética para o texto. Quer dizer, a economia de que nos fala Xulio Pardellas é uma economia com pessoas, no que se distingue de muitos outros livros de economia que tratam de mercados e de agentes que operam nesses mercados imbuídos de perfeita racionalidade e deixam de fora as pessoas, com os seus valores. Seguramente por força de exemplos que a comunicação social nos vai fazendo chegar nestes derradeiros tempos, quase todos os dias, mas, também, em razão da sua formação e postura, Xulio Pardellas não hesita em fazer apelo da ética por parte de indivíduos e organizações. Fá-lo no corpo do texto e nas orientações didácticas que propõe. A coragem a que aludo exprime-se no risco que corre de, assim fazendo, ser empurrado para fora do campo da “economia positiva”.

A intervenção do Estado na economia constituiu um capítulo deste livro desde a sua primeira edição. A crise financeira e económica recente obrigou o autor não só a rever algumas peças desse capítulo como a renovar-lhe o enfoque, trazendo para primeiro plano as questões que agora se colocam aos Estados em matéria de

Page 10: Xulio Pardellas de Blas Carmen Padín Fabeiro · 1. A economía como ... - A contabilidade nacional 124 CUARTA PARTE: O CONTEXTO MUNDIAL 12. Unha Orde Económica en cambio 127 - Os

12

regulação e seguimento dos mercados e os desafios e encargos que foram forçados a assumir em matéria de financiamento da sistema financeiro e da economia, de um modo geral, e, logo, os novos encargos que pesam sobre os cidadãos. A propósito dessa problemática, assume que “Não sabemos com exactitude cal será o modelo que domine en Estados Unidos, nen tampouco en Europa, despois da crise actual” (cf. Capítulo 10, “Crises e solucións cara o futuro. Diferentes propostas”). Citando J. Stiglitz (El País. 23/3/09), acrescenta entretanto que “Socializar as perdas e privatizar os proveitos é mais preocupante que as consequências de nacionalizar os bancos” [idem]. A meu ver, o que é mais preocupante não é que se não saiba, com exactidão, qual será o modelo que vai vingar. Grave é escusarmo-nos a reflectir e a decidir para onde queremos ir.

Tal qual os grandes objectivos, o autor preservou nesta edição a estrutura original do livro, onde é curioso constatar a presença de um capítulo sobre a agricultura e a alimentação, outro sobre os processos de industrialização e ainda outro relativo aos serviços, temas mais habituais em textos centrados nas questões do crescimento e do desenvolvimento. Faz todo o sentido dar destaque a estes temas num livro de introdução à economia escrito numa altura em que as questões da fome e da pobreza voltaram a adquirir tanta visibilidade. Reter esses temas é também uma forma de participar no processo de reflexão sobre o modelo de desenvolvimento social que importa que se construa. Outras dimensões da realidade em construção poderiam ter sido mais destacadas, como, por exemplo, o papel das tecnologias de informação e comunicação na consolidação de uma nova ordem económica global e de um novo paradigma de desenvolvimento. O livro corria entretanto o risco de mudar de natureza, o que porventura não seria desejado pelo seu autor.

Enriquecedor, por permitir ao leitor aceder ao conhecimento de conceitos económicos básicos e teorias e por propiciar informação relevante sobre a realidade económica das nossas sociedades, este livro tem, além disso, leitura fácil. Deixo aqui convite ao desfrute desta edição, por curiosidade intelectual ou por exigência de formação e actualização académica.

Braga, Portugal, Junho de 2013

J. Cadima RibeiroProfessor Catedrático do Departamento de Economiada Escola de Economia e Gestão da Universidade do Minho

Page 11: Xulio Pardellas de Blas Carmen Padín Fabeiro · 1. A economía como ... - A contabilidade nacional 124 CUARTA PARTE: O CONTEXTO MUNDIAL 12. Unha Orde Económica en cambio 127 - Os

1. A economía como ciencia social

INTRODUCIÓN E CONCEPTOS PREVIOS

Os economistas tentamos de abordar a nosa disciplina coa obxectividade de calquera científico. Enfocamos o estudo da economía de forma moi semellante a como un as-trónomo observa o movemento dos planetas e as estrelas, ou como un biólogo anali-za a reprodución do fitoplancto en torno á temperatura das correntes mariñas. Nós diriximos a nosa mirada ao comportamento dos seres humanos que deben satisfacer as súas necesidades nun mundo limitado de recursos, e resulta lóxico, xa que logo, un inicio introdutorio recordando e interrelacionando algúns conceptos elementais, así como facendo un breve percorrido pola evolución do pensamento dos economistas.

Ciencia

Unha definición habitual no mundo académico, é a que considera á ciencia como unha actividade intelectual que polo medio dun método, tenta de expli-car algunha parcela da realidade (obxectiva ou subxectiva).

Realidade obxectiva

Pola súa parte, a realidade obxectiva é un conxunto de feitos, fenómenos ou acontecementos que existen ou teñen lugar de forma allea á vontade do inves-tigador científico e obviamente, con total independencia do seu coñecemento, isto é, que existen de seu, teñamos conciencia deles ou non.

Pero debemos facer notar que a realidade é única, isto é, todo o que nos arrodea é un todo global e interrelacionado, aínda que para acceder ao seu coñecemento os seres humanos a compartimentamos, por exemplo, en realidade natural e realidade social.

Aquí centrarémonos na segunda, a realidade social, o que poderiamos entender como sociedade, definida como o conxunto de seres humanos con relacións estables que ten (que temos), por fin xenérico conseguir de forma colectiva a satisfacción das necesidades de cada membro do conxunto, asegurando así a subsistencia individual e do grupo.

Realmente non nos diferenciamos demasiado da realidade natural, do resto dos seres vivos, que sen embargo, estudamos moi lonxe de nós mesmos, coma se pertencesen a outro sistema solar.

Page 12: Xulio Pardellas de Blas Carmen Padín Fabeiro · 1. A economía como ... - A contabilidade nacional 124 CUARTA PARTE: O CONTEXTO MUNDIAL 12. Unha Orde Económica en cambio 127 - Os

14

Método científico

O método científico é o proceso intelectual ordenado, lóxico e coherente que utilizamos para descubrir e explicar os feitos, fenómenos e acontecementos da realidade.

En función dos trazos característicos do que queiramos estudar empregamos basicamente dous métodos:

• Dedutivo, indo do xeral ao particular e baseándonos na observación. É o método habitual nas ciencias sociais

• Indutivo, á contra do anterior, indo do particular ao xeral e usando a experimentación. É o método propio das ciencias da natureza

En rigor, o método dedutivo aplicado á realidade social debe seguir polo menos catro fases, que corresponden aos pasos que vai dando o investigador na súa andaina para formular teorías sobre os fenómenos ou acontecementos que estuda:

1. Observación, para establecer con precisión o obxecto de estudio

2. Abstracción, proceso intelectual ao través do que se illan en conceptos os fenómenos ou leis máis xerais

3. Concreción progresiva, incorporación de novos datos ou variables que achegan o coñecemento do obxecto de estudio á súa realidade máis visible

4. Verificación, fase na que se contrastan as conclusións ou as leis máis xerais formuladas

Cando aplicamos este método á realidade social procuramos elaborar conceptos e construír teorías sobre os fenómenos e obxectos de estudio, polo que como mínimo deberiamos formular:

o Unha hipótese (proposición que supoñemos válida para explicar a realidade que estamos a estudar)

o Uns conceptos (termos que definan con precisión os fenómenos ou acontecementos que estamos a coñecer)

o Unhas teorías (construción de teorías explicativas deses fenómenos, utilizando os conceptos anteriores e aplicando o método científico)

Page 13: Xulio Pardellas de Blas Carmen Padín Fabeiro · 1. A economía como ... - A contabilidade nacional 124 CUARTA PARTE: O CONTEXTO MUNDIAL 12. Unha Orde Económica en cambio 127 - Os

15

Un exemplo relativo á produción e circulación de mercadorías pode ser:

Partimos da hipótese de que as mercadorías se intercambian de acordo co seu valor, o que nos leva á necesidade de formular unha lei do valor. De seguido tentaremos a elaboración de conceptos que nos permitan seguir o vieiro máis adecuado desde os niveis de abstracción máis elevados:

“valor de cambio” - “valor de uso” - “valor da forza de traballo”, pasando logo a niveis máis concretos e próximos á realidade: “prezo de produción” - “excedente”, para chegar aos fenómenos máis visibles:“prezo de mercado” - “proveito ou lucro empresarial” - “salario”

Finalmente, a reflexión sobre o funcionamento da lei do valor na produción capitalista lévanos á teoría do valor-traballo, que explica a realidade económica sobre a base de que o traballo humano é a fonte de todo valor, como foron expoñendo pensadores como Adam Smith ou David Ricardo desde o s. XVIII, considerados como os pais da economía e dos que falaremos con algo máis de vagar dentro dun anaco.

En rigor, deberiamos falar de “ciencia social” en singular, máis que de “ciencias sociais”, como é habitual na maioría dos libros académicos. A ciencia social é única porque a súa finalidade é explicar a realidade social, que sendo moi complexa non deixa dúbidas de que é única, e xustamente por esa complexidade os científicos e investigadores a dividen e compartimentan para facilitar o seu estudio “especializado”, baixo o risco de perderen ás veces a visión totalizadora, elaborando cómodas teorías parciais para explicar fenómenos globais (pensemos na irrelevancia de non poucos estudios, concluíndo que a causa fundamental da fame en moitos territorios de África é a escaseza de alimentos provocada por formas ineficaces de usar os recursos agrícolas, ignorando os factores históricos da colonización, o saqueo de materias primas ou a dependencia económica e tecnolóxica para mellorar as explotacións, por exemplo).

Page 14: Xulio Pardellas de Blas Carmen Padín Fabeiro · 1. A economía como ... - A contabilidade nacional 124 CUARTA PARTE: O CONTEXTO MUNDIAL 12. Unha Orde Económica en cambio 127 - Os

16

Ciencia económica

A ciencia económica, dentro daquela compartimentación vai abríndose camiño desde a filosofía, o dereito e a historia, pola necesidade de explicar os acontece-mentos que se refiren en concreto á producción e á distribución da riqueza, que son problemas que preocupan en especial aos pensadores do s. XVIII, momento no que a Revolución Industrial está consolidando a producción capitalista con fe-nómenos singulares que precisaban unha nova explicación e unhas novas teorías.

A partir de aí, a evolución da ciencia económica orixina un número cada vez máis elevado de proposicións, hipóteses e teorías, que obrigaron á súa vez a especializar e subdividir o coñecemento económico, e como non, tamén a docencia da economía. Observamos así que tanto na investigación, coma no ensino, existen seccións que explican:

o O comportamento das empresas no mercado e no conxunto do país (a micro e a macroeconomía)

o Os efectos da intervención do Estado (a política económica)

o As características e formas de actuar dos axentes económicos, tanto no ámbito sectorial e nacional, como mundial (a vella estrutura económica, que agora integra a área de economía aplicada)

E dentro desas, máis e máis subclasificacións en función dos obxectos de análise: teorías dos prezos, do consumo, das políticas fiscais, monetarias, rexionais, etc, case que ad infinitum, como ten sido ridiculizado por economistas como J. K. Galbraith, afirmando que a superespecialización está dando lugar a grandes expertos nun tema moi concreto e ao mesmo tempo, absolutos analfabetos no resto.

En todo caso, esa situación non é propia só da ciencia económica, dado que outros autores doutras disciplinas e ciencias avisan do risco de afastármonos cada vez máis da realidade obxectiva, tentando de explicar os seus aspectos mínimos, o que moitas veces non é máis que unha forma de demostrar a irrelevancia das súas investigacións. Neste libro tentaremos en todo momento de fuxir como da peste desa compartimentación e achegar os elementos máis válidos para entender a economía desde un enfoque panorámico e globalizador.

Page 15: Xulio Pardellas de Blas Carmen Padín Fabeiro · 1. A economía como ... - A contabilidade nacional 124 CUARTA PARTE: O CONTEXTO MUNDIAL 12. Unha Orde Económica en cambio 127 - Os

17

A EVOLUCIÓN DA CIENCIA ECONÓMICA

Como xa apuntamos, a economía implica un ámbito de estudio singularmente extenso, dado que moi poucos ámbitos do comportamento humano poden considerarse irrelevantes para aquela disciplina. Pero a análise da súa evolución, desde un enfoque práctico e realista, debe limitarse aos interrogantes máis comúns, e desde logo, ter en conta que eses interrogantes non tiveron a mesma importancia ao longo do tempo, porque as necesidades preferentes tamén cambiaron.

Semella evidente que o progreso do pensamento económico corre parello á situación e ao contexto específico de cada época, e máis ao tipo de problemas que se consideraban básicos, e así podemos observar por exemplo, cómo un dos temas sociais de maior gravidade neste momento: o paro, declarado principal preocupación das autoridades comunitarias en tódolos cumios de xefes de goberno da Unión Europea desde 1990, apenas merecía unha atención marxinal para os pensadores de fins do s. XVIII.

De forma xenérica tendemos a considerar que a análise económica e o ensino da economía deben ocuparse das cuestións “básicas”:

• que é o que determina os prezos dos bens e servizos• como se distribúen os resultados da actividade económica• ou que é o que condiciona a participación dos salarios e as rendas de capital

como factores da producción

Nos dous últimos séculos os temas referidos a aqueles interrogantes: a teoría do valor e a teoría da distribución, constituíron o cerne da investigación e da reflexión para os estudosos da economía, e mesmo hoxe consideramos que esta ciencia chegou á madurez cando Adam Smith escribiu as súas consideracións sobre eses temas.

Debemos ter en conta sen embargo, que admitindo esas cuestións como básicas, hoxe, no s. XXI, seguen existindo moitas rexións do mundo –por exemplo, na África subsahariana–, onde a produción e o consumo teñen por centro a unidade familiar e como obxectivo a simple subsistencia (non sempre lograda), polo que o seu problema económico fundamental non é precisamente o estudio e aplicación dunha teoría dos prezos. E coa mesma ollada, noutras rexións –por fortuna, menos numerosas–, o traballo escravo aínda é unha realidade noxenta, polo que tamén para nada precisan estudar e aplicar unha teoría dos salarios.

Page 16: Xulio Pardellas de Blas Carmen Padín Fabeiro · 1. A economía como ... - A contabilidade nacional 124 CUARTA PARTE: O CONTEXTO MUNDIAL 12. Unha Orde Económica en cambio 127 - Os

18

a) As primeiras achegas

O período feudal, no que a economía xiraba en torno á explotación da terra e á agricultura como alicerces básicos, estivo marcado en gran medida polo peso da relixión e máis por unha ríxida estrutura xerárquica, onde os señores, e tamén a igrexa como institución social e económica, decidían a produción e distribuían os bens e servizos, non como resposta ao xogo do mercado e dos prezos, senón baixo o imperio da lei e da súa lexitimidade divina.

Co desenvolvemento gradual de novas técnicas produtivas e a expansión do comercio exterior, primeiro con oriente e xa despois do s. XVI coas colonias americanas e africanas, as cidades gañan autonomía política e aquelas actividades comezan a xerar un considerable capital financeiro, o que unido á revolución intelectual que acompañou a desaparición da autoridade relixiosa, significou un decisivo desprazamento do enfoque teolóxico cara os problemas terreos e entre eles cara o crecemento da riqueza.

Os escritos derivados desta nova situación, que expresan as reflexións dos pensadores sobre os problemas que lles preocupaban, non constitúen en rigor un corpo de teorías económicas coherente e sistemático, senón máis ben as argumentacións que tiñan como finalidade básica a creación de condicións favorables para a expansión das actividades económicas tendentes a incrementar a riqueza das novas nacións e sobre todo das cidades. En todo caso, aquelas ideas tiñan un certo número de elementos comúns, polo que o seu conxunto é coñecido na historia como “mercantilismo”.

Os mercantilistas

Para os mercantilistas, a riqueza viña xerada polo comercio, e en consecuencia, os salarios non motivaron unha especial preocupación nas súas proposicións.

Os traballadores que cultivaban as especias, elaboraban os tecidos ou extraían os minerais en terras remotas non eran tomados en conta, e igualmente, o mercador pagaba en Europa polo traballo de transformación simplemente o necesario para que se executase (o que precisaban os artesáns para sobrevivir), polo que eses aspectos non tiñan relevancia. A acumulación de ouro e prata debía configurar o obxectivo fundamental da actividade económica, para o que: “sempre era mellor vender mercadorías aos demais que compralas, xa que o primeiro outorgaba certas vantaxes, mentres que o segundo comportaba inevitables prexuízos” (citado por Galbraith 1989).

Page 17: Xulio Pardellas de Blas Carmen Padín Fabeiro · 1. A economía como ... - A contabilidade nacional 124 CUARTA PARTE: O CONTEXTO MUNDIAL 12. Unha Orde Económica en cambio 127 - Os

19

Sen dúbida é difícil encontrar nos mercantilistas unha análise global do funcionamento do sistema produtivo, pero con todo, debemos recoñecer que foi a primeira elaboración autónoma de ideas económicas, e desde logo, na súa época esas ideas axudaron a facilitar un notable crecemento da actividade económica e da riqueza, o que á súa vez exerceu unha clara influencia nas reflexións que ao longo do s. XVIII e baixo o espírito da Ilustración, se ocuparon do proceso e das causas da creación de riqueza.

Os “economistas”, como se autodenominaban en Francia os membros da outra corrente de pensamento de principios do s. XVIII –situados logo nunha escada científica inferior e designados como “fisiócratas” polos historiadores–, chegaron a elaborar un corpo de teorías de singular coherencia, e mesmo moitas das súas ideas non foron atribuídas a autores concretos senón ao conxunto.

Os fisiócratas

O tema central do seu estudio era o papel da agricultura como fonte de toda riqueza, desde a perspectiva de que só a produción agrícola podía xerar un excedente, como diferenza entre o valor do producido e os gastos necesarios para manter aos traballadores e repoñer os medios de produción consumidos ou deteriorados. Se abstraemos que en realidade a finalidade principal das súas formulacións teóricas era conservar a superioridade social e os privilexios dos propietarios rurais fronte aos avances e pretensións do capital mercantil e industrial, a súa teoría da produción e do excedente como elementos básicos do proceso de reprodución da actividade económica constitúe unha das achegas máis estimables dos fisiócratas á ciencia económica.

Tamén analizaron o problema da fixación dos prezos, pero cunha ollada relativamente marxinal e por comparación coa actividade dos comerciantes, que para eles non agregaba ningún valor ao produto, en consecuencia, os prezos debían responder aos custes de produción na agricultura aínda que non quedasen moi definidos. Igualmente, os salarios eran fixados, de forma evasiva, no mínimo necesario para a subsistencia do traballador, tema de notable transcendencia posterior e aspecto clave da análise marxista.

Curiosamente, a contribución máis singular e importante dos fisiócratas á análise económica foi considerada por moito tempo como unha novidade intranscendente: o “tableau economique” elaborado por François Quesnay. Este, observando que os produtos circulaban do produtor aos comerciantes e fabricantes, e que o diñeiro de cobro, por diversas vías,

Page 18: Xulio Pardellas de Blas Carmen Padín Fabeiro · 1. A economía como ... - A contabilidade nacional 124 CUARTA PARTE: O CONTEXTO MUNDIAL 12. Unha Orde Económica en cambio 127 - Os

20

retornaba ao produtor, deseñou unha interpretación do funcionamento da economía como un sistema completo de interconexións, cuantificando o artellamento das compras e vendas que os diferentes axentes económicos se facían uns a outros para levar a cabo a súa actividade individual.

Tal deseño foi a primeira exposición da actividade económica a partir dunha visión global e interdependente aplicando un método dedutivo, e constitúe en rigor unha das achegas máis destacadas ao enfoque estrutural desenvolvido desde outros enfoques a partir dos anos 40 do s. XX. De feito, un instrumento básico hoxe para a análise da estrutura e interconexións económicas dun país é o elaborado por W. Leontieff neses anos e coñecido como táboas “input-output”.

a) A economía clásica

A economía política clásica apareceu no s. XVIII nun contexto dominado pola industrialización, xeneralizadas as relacións de produción características do capitalismo e trasladados xa claramente á manufactura os investimentos que antes dirixía o mercador á compra dos tecidos elaborados nos obradoiros dos burgos, principal obxecto do comercio nos s. XV a XVIII. A partires de aí, os mercadores instalarán os seus propios obradoiros e pasarán a se converter en fabricantes no sentido moderno do termo.

A preocupación fundamental dos pensadores clásicos seguía a ser a riqueza, pero agora dentro dun contido máis explícito: o crecemento económico.

O valor e a distribución do excedente son os dous problemas nos que se centrará o estudio de Adam Smith e David Ricardo como máximos expoñentes daquela corrente de pensamento.

Para Smith, o incentivo fundamental da actividade económica era o interese individual e a súa consecución privada e competitiva era a fonte do máximo ben público, o equilibrio era pois, o resultado de tódolos intereses individuais guiados por unha “man invisible” cara o ben común, metáfora usada despois por outros economistas con certa resonancia mística que seguramente Smith, como home da Ilustración, non pensou en ningún momento.

Fixándonos nesa argumentación, o paso que deu Smtih foi realmente importante para xustificar a actuación dos novos fabricantes e consolidar o seu prestixio social. Pensemos que a persoa dedicada a enriquecerse fora sempre obxecto de dúbida, sospeita e desconfianza, o que viña xa expresado nas sagradas escrituras. No canto, agora esa mesma persoa por cultivar o seu

Page 19: Xulio Pardellas de Blas Carmen Padín Fabeiro · 1. A economía como ... - A contabilidade nacional 124 CUARTA PARTE: O CONTEXTO MUNDIAL 12. Unha Orde Económica en cambio 127 - Os

21

propio interese pasaba a se converter en benefactora pública. Non deberá estrañarnos logo que Adam Smith fose loado e defendido en extremo pola crecente clase empresarial.

O tema dos prezos como instrumento que condiciona a distribución dos produtos foi outra das súas preocupacións básicas, que sen embargo, apenas deixou desenvolvida, por canto obviou unha explicación á intriga sobre as diferenzas entre os bens máis indispensables para a vida (a auga e o aire, por exemplo), que podían obterse de balde, e outros menos necesarios (metais preciosos, ouro), que só gozaban os moi ricos. A súa solución centrouse no valor de cambio dos bens, expoñendo a que sería máis coñecida como “teoría do valor traballo”: o valor de calquera ben mídese na cantidade de traballo pola que pode ser cambiado.

Ricardo completa esa teoría indicando que o valor dun ben podía expresarse economicamente en termos de medición do factor traballo necesario para a súa produción (que en lóxica co seu tempo histórico, podía aplicarse directa ou indirectamente polo medio do traballo incorporado ás máquinas). Con todo, o propio Ricardo comprendeu a falta de consistencia científica desa teoría usada para analizar a evolución económica a longo prazo, en canto que se introducían elementos dinámicos, como podían ser os tipos de salario ou a acumulación de capital fixo.

b) Marx e a teoría do desenvolvemento capitalista

A diferenza no pensamento de Marx con respecto aos clásicos provén do legado da filosofía de Hegel, postulando un cambio continuo, analizado dialecticamente, en contraposición ao equilibrio a longo prazo.

En consecuencia, Marx concibe o desenvolvemento social en permanente evolución, interpretando o proceso histórico desde a identificación de modelos ou modos de produción, que se suceden de acordo co grao de correspondencia ou contradición entre os seus elementos. Na procura dunha teoría para explicar as transformacións básicas deses elementos, fixo dúas observacións de singular relevancia para a análise económica futura, e en concreto, para a comprensión da estrutura e funcionamento da economía capitalista.

A primeira observación centrouse nos dous elementos esenciais dos modelos que identificou historicamente: o tipo de propiedade sobre os medios de produción e máis a tecnoloxía produtiva dispoñible (o que denominou “forzas produtivas”, concepto que veremos máis adiante).

Page 20: Xulio Pardellas de Blas Carmen Padín Fabeiro · 1. A economía como ... - A contabilidade nacional 124 CUARTA PARTE: O CONTEXTO MUNDIAL 12. Unha Orde Económica en cambio 127 - Os

22

A segunda observación foi dirixida ás causas da dinámica social, establecendo a lei de correspondencia entre a base económica dunha sociedade e o seu marco institucional e de valores internos (o que denominou “superestrutura”). A súa conclusión foi que ao longo da historia, cando a superestrutura non favoreceu o desenvolvemento da tecnoloxía produtiva, a sociedade iniciou un proceso de transformación liderado polas clases sociais que máis gañaban co cambio.

Marx non foi crítico coas realizacións produtivas do sistema capitalista, pero rexeitou frontalmente os contidos éticos sobre os que fora edificado todo o discurso lexitimador dos clásicos, argumentando que o capitalismo era o resultado da evolución histórica dunhas relacións sociais de produción que, desde a mitificación da propiedade privada, conseguiran un extraordinario avance tecnolóxico e máis o nivel máis elevado de acumulación de riqueza da historia, pero sustentado na explotación das clases sociais desposuídas de propiedade.

A súa análise está fundamentada na interrelación dinámica de dúas clases sociais antagónicas: os propietarios dos medios de produción e os que só teñen forza de traballo. Esta forza de traballo cando se incorpora ao proceso produtivo, crea un valor superior ao seu propio e este excedente ou plusvalía é apropiado pola outra clase, a propietaria dos medios de produción.

Aquí Marx estableceu con todo rigor a diferenza entre o valor de uso da forza de traballo (o valor do que pode producir) e o seu valor de cambio (o seu propio valor: o salario). Canta maior sexa a diferenza entre o primeiro e o segundo, maior será o proveito empresarial.

Xustamente, na contradición entre a apropiación privada do excedente e o avance continuo da tecnoloxía, que eleva notablemente a produtividade, está para Marx o fermento do cambio. Sobre esta idea tamén elaborou a súa teoría sobre as crises do capitalismo, como enfrontamento entre a tendencia á sobreprodución e a inxusta distribución. Esta metodoloxía para analizar a inestabilidade crónica do capitalismo é unha das súas innovacións máis importantes con respecto ao pensamento dos clásicos, para os que as crises eran simples accidentes na tendencia ao equilibrio.

c) Keynes e a intervención do Estado

O derrubo económico que supuxo a crise de 1929 (denominada en moitos manuais de historia como “a grande depresión”), deixou nidiamente manifesto que nin a “man invisible” do mercado conducía de seu a unha distribución eficiente dos

Page 21: Xulio Pardellas de Blas Carmen Padín Fabeiro · 1. A economía como ... - A contabilidade nacional 124 CUARTA PARTE: O CONTEXTO MUNDIAL 12. Unha Orde Económica en cambio 127 - Os

23

recursos produtivos, nin o equilibrio se alcanzaba tendencialmente en tódolos casos, e moito menos nas condicións de abandono do aparato produtivo e destrución de emprego que se deron nos Estados Unidos despois da citada crise, ao longo da década dos anos 30 do s. XX.

Keynes xa tiña criticado algúns paradigmas da economía clásica aplicados ao Tratado de Versalles, pero neste caso ofreceu un enfoque alternativo para a análise estrutural, aínda que, cómpre subliñalo, mantendo unha grande parte da filosofía tradicional na que el mesmo fora educado. Na súa proposta teórica, a evolución da economía no s. XX non encontra necesariamente o equilibrio no pleno emprego, senón que aínda subsistindo taxas de paro elevadas é posible recuperar a dinámica económica recorrendo ao gasto público.

Estudando o comportamento das crises capitalistas, constata que o mercado non opera como un mecanismo corrector dos desequilibrios, senón que nalgunhas circunstancias (como exemplo, as crises do s. XIX), mesmamente os amplifica, conducindo a situacións de permanente infrautilización de capacidade produtiva debido a unha escasa demanda interna, o que fai crecer en espiral a súa incapacidade para absorber a oferta de traballo dispoñible.

Keynes non trata de resolver tódolos problemas conceptuais do sistema económico capitalista, senón fundamentalmente o que se relaciona coa renda e o emprego, que desde a perspectiva empírica constituía a cuestión central das economías capitalistas despois de 1929. Renda e emprego son para el variables dependentes doutras tres variables que considera independentes: a propensión ao consumo, a eficiencia marxinal do capital e o tipo de xuro.

Aínda que falaremos máis adiante da crise actual, a aplicación das receitas keynesi-anas neste momento (maio do 2013), para elevar o consumo e recuperar a dinámi-ca económica, están a bater cunha agregación de problemas que modifican en certa medida o comportamento daquelas variables dependentes: a propensión ao consumo e a eficiencia do capital son altas mentres que os tipos de xuro son baixos, pero persiste unha notable desconfianza entre os axentes económicos porque neste caso a crise non empezou polos tradicionais desequilibrios no mer-cado de produtos materiais, senón nun mercado desbocado de ofertas financeiras.

O modelo keynesiano supón que o sistema capitalista pode permanecer longo tempo en situación de desemprego sen que xurda ningunha forza endóxena quen de restablecer o equilibrio no mercado de traballo. Deberá ser o gasto público como

Page 22: Xulio Pardellas de Blas Carmen Padín Fabeiro · 1. A economía como ... - A contabilidade nacional 124 CUARTA PARTE: O CONTEXTO MUNDIAL 12. Unha Orde Económica en cambio 127 - Os

24

un factor externo ao mercado, o que chegue a frear a caída da demanda efectiva, actuando como mecanismo corrector que ao través do déficit público, acabe arrastrando ao investimento privado, xerando novo emprego e saíndo ao cabo da espiral da crise.

A propia xeneralidade da formulación de Keynes deu pe a unha extensa reinterpretación posterior das súas ideas, que mesmo desde unha identidade clara e explícita dos que deron en chamarse postkeynesianos, non supuxo a sistematización de ningunha teoría completa, e a pesar deso, aquelas propostas actualizadas seguen a ocupar unha posición central no pensamento económico e forman parte do paradigma, xa instalado no mundo occidental, que defende o Estado do Benestar.

Dando continuidade a esa reinterpretación, podemos observar que desde o comezo da actual crise, ata os mesmos políticos e economistas que a principios de 2007 defendían o modelo “neocon” (mínima participación do Estado na economía), agora mesmo aplauden e solicitan máis intervencións, subvencións, préstamos ou o que proceda, das arcas públicas para salvar en primeiro lugar ao sistema financeiro e despois á economía mundial.

Conceptos clave:

Realidade obxectiva Mercantilistas

Realidade social Fisiócratas

Método científico Clásicos

Ciencia social Teoría do desenvolvemento capitalistaCiencia económica Paradigma keynesiano