Zolle modelo presentación

10
ZOLLE Traballo de ITI-1º ESO

Transcript of Zolle modelo presentación

ZOLLE

Traballo de ITI-1º ESO

Zolle-situación

Santa María de Zolle é unha parroquia

que pertence ao concello de Guntín de

Pallares no centro da provincia de Lugo.

Está rodeada polas seguintes

parroquias: Pradeda e Castelao ao

norte, Grolos ao leste, Santa Euxea e

Vilamerelle polo sur e Ferreira ao oeste.

Dista uns 5 km da capitalidade

municipal.

2

Zolle-aldeas

A parroquia está composta polas

aldeas de Fontao, Vigo, Zaíde e Zolle e

no ano 1991 contaba con 129

habitantes. Os accesos a Zolle son: a

estrada que vai desde Guntín a Vigo, a

que vai desde o Picato a Zaíde, outra

que pasa desde Lousada, por Zaíde e

chega a Zolle e varias pistas que unen

as aldeas entre si.

3

Zolle-xeografía

Os accidentes xeográficos

cos que conta son: o río

Lavadoiro, os regatos

Fontao e Barreiro,e o

monte ou costa de Zolle

cunha altitude de 52 m.

4

Zolle-monumentos

Entre os monumentos e restos cos

que conta cómpre destacar o

castro de Zaíde, o sartego

prerrománico aparecido en Fontao

(actualmente no Museo Provincial

de Lugo) e a igrexa parroquial de

Zolle coa Virxe Pequena, que é

unha escultura románica.

5

Zolle-monumentos

O castro de Zaíde é un

vestixio prehistórico a

uns 300 m da aldea de

Zaíde. Segundo os

estudos ten parapeto e

na actualidade está sen

escavar.

6

Zolle-sartego do Museo Provincial

Na aldea de Fontao hai uns anos atopouse un

sartego prerrománico antropoide do cal non se

coñece a data pero no Museo Provincial, onde se

atopa actualmente, pensan que pode datarse

entre os séculos VII a X. É de granito e carece da

laxa superior. Ten no seu interior dous ocos para

dúas persoas, enterramento posiblemente dun

matrimonio de boa posición social. conta por

fóra nesa mesma fronte cunha cruz de brazos

iguais patada, con dous relevos sobre o pao

horizontal e outros dous pendentes, todos eles

difíciles de interpretar polo esquematismo das

figuras 7

Zolle-arte

Tamén contamos cunha escultura

románica da Virxe María e o neno,

realizada en madeira policromada que se

atopa na igrexa parroquial. É unha imaxe

sedente co brazo dereito estendido e o

neno Xesús sentado nos seus xeonllos. A

imaxe está moi deteriorada, carece dun

brazo, e tanto as capas de pintura coma o

paso do tempo fan difícil imaxinar como

tería sido no seu momento. 8

Zolle-festas patronais

As festas en honor á Virxe celébranse

cada ano na primeira fin de semana

de setembro (aínda que se siga

chamando o día 8) e as de Santa

Lucía o 13 de decembro.

9