Rúa Lisboa, 20 - baixo 15707 Santiago de Compostela
A Coruña
T 981552206 | F 981938274 [email protected] www.ceeesg.org
nº 85 - setembro 2014 A profesión que sentes, o colexio que queremos
Boletín do Ceesg
tema dO mes
Comeza o Ciclo de Cine e Educación Social No mes de outubro ten o seu inicio o Ciclo de Cine de Educación Social, unha iniciativa dos grupos de traballo do Ceesg coa que pretenden xerar debate sobre determinados aspectos sociais e educativos, centrándose nos
ámbitos de traballo nos que cada un dos grupos se centra.
Para nós supón algo máis que escoller unha boa película e comentala con outras persoas, pois está detrás o desexo e tamén a necesidade de intercambiar pensamentos e opinións, e de xerar reflexión sobre os diversos temas que imos ver reflectidos nas personaxes desta coidadosa lista de películas que disfrutaremos ao longo dos
meses de outubro e novembro de 2014. Agardámosvos!
CGCEES
Representantes do Consello Xeral de Colexios
de Educadoras e Educadores Sociais e do
Consello Xeral de Traballo Social reuníronse con
Salome Adroher, Directora Xeral de Servizos
para a familia e a infancia, co obxectivo de
sentar as bases para abrir un proceso de
regulación das nosas profesións.
Sendo conscientes do beneficio e importancia
que ten o traballo colaborador para pedir a
regulación das profesións sociais, constatamos
o interese de iniciar esta andaina, a cal requirirá de rigor pola nosa banda para definir a
necesidade social de que isto se leve a cabo.
Reunión coa Dirección Xeral de Servizos para a familia e a infancia
Constituída a Comisión Xestora do COPESPA
O pasado 2 de setembro tal e como recolle
a Lei do Principado de Asturias 10/2014, do
17 de xullo, de creación do Colexio Profe-
sional de Educadores Sociais do Principado
de Asturias (publicada no BOPA do 17 de
Xullo), tivo lugar en Oviedo, o acto de
constitución da Comisión Xestora de Co-
pespa.
As 17 persoas que a forman, traballarán
nos próximos meses para poñer en mar-
cha o Colexio Profesional ata chegado o
momento da celebración da Asemblea Constituínte.
As compañeiras e compañeiros de COPESPA poñerán toda a ilusión, forza e traballo para le-
var á Educación Social asturiana ao recoñecemento que a cidadanía asturiana merece.
Rafael Piñera e Marcos Álvarez, presidente e vicepresidente da Comisión Xestora de COPESPA-APESPA asinando un convenio entre ambas en"dades
Representantes do CGCEES e do Consello de Traballo Social xunto á directora xeral.
Acollida dun grupo de formación en prácticas
Do 26 de outubro ao 8 de novembro, Galicia
(a comarca de Santiago concretamente) aco-
llerá a un grupo de 15 estudantes proceden-
tes de Francia, a través do programa Eras-
mus+. Aínda que en España non existe unha
formación exactamente equivalente, os seus
estudos céntranse no lecer no medio peries-
colar (tempos de acollida nas escolas non
cubertos polo sistema formal: mañás, medio-
días, tardes); mais é, ante todo, unha forma-
ción en animación sociocultural en termos
globais.
As persoas en formación vivirán unha expe-
riencia intercultural, profesional e formativa;
e poderán aportar e levar a cabo no lugar de
acollida un microproxecto.
A entidade que imparte esa formación en
Francia é CEMÉA, e o Ceesg é quen está a
xestionar todo o necesario para que realicen
as súas prácticas acorde aos seus intereses e
facilitar esa descuberta sociocultural e tamén
a re-descuberta da súa profesión nun con-
texto diferente ao que coñecen.
Para xestionar todo o relacionado con este
proxecto, incorporouse recentemente ao no-
so equipo a educadora social Natalia Caro,
que estará connosco durante un tempo.
Xa hai varias entidades interesadas en parti-
cipar, pero gustaríanos ter formada unha
gran rede para que o alumnado teña un
abano de posibilidades o máis amplo posi-
ble. Por isto, se o teu centro de traballo ou
entidade pensas que pode encaixar neste
proxecto, non dubides en chamar ao Ceesg.
Natalia informarate con todo detalle e sol-
ventarache calquera dúbida.
Asociado a este proxecto, vanse organizar
dúas xornadas de intercambio sobre mo-
bilidade e animación sociocultural, a través
das cales se pretende, por un lado, presentar
os contextos e prácticas sociais, profesionais
e culturais da animación sociocultural en
Francia e España-Galicia, e por outro, refle-
xionar sobre o interese e aportes da mobili-
dade á práctica profesional na animación.
Estamos seguras de que este traballo levará
consigo unha promoción do colexio e da
profesión de Educación Social entre as enti-
dades sociais e educativas ás que nos dirixi-
mos para crear esa rede de acollida, o que
supón un valor engadido a este proxecto
que nos beneficia tamén como colectivo.
actualidade
Natalia Caro encargarase da xestión do proxecto de acollida
no Ceesg
Manifesto: Contra a exclusión sanitaria, en defensa da sanidade universal O Foro Galego de Inmigración, no que está integrado o Ceesg, apoia o manifesto difundido en todo o territorio español o pasado 30 de setembro.
Cando se cumpren dous anos da entrada en vigor do RDL 16/2012, sesenta e unha organizacións e plataformas dos ámbitos
social, profesional e científico, denuncian os impactos deste e o incumprimento por parte do Goberno Español da lexislación
internacional de dereitos humanos.
En Abril de 2012 o Goberno aprobou o Real Decreto Lei 16/2012, de medidas urxentes para garantir a sostibilidade do
Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións (en diante RDL). Con este RDL a
asistencia sanitaria deixou de ser un dereito de todas as persoas, e pasou a ser unha prestación vinculada á condición
administrativa de asegurado. Ademais restrínxense certas prestacións e auméntase a carga económica directa para as
persoas. Dous anos despois o balance non pode ser máis negativo:
• Tras a aplicación do RDL, polo menos 873000 persoas en España perderon o dereito á asistencia sanitaria, segundo
cifras do propio Goberno. Falamos dunha poboación especialmente vulnerable e que debería gozar de medidas de
protección sociosanitarias. Hai que apuntar ademais, que se trata dun colectivo que, ao igual que todo cidadán vén
contribuíndo ao seu financiamento mediante os impostos.
• A diferente aplicación do RDL polas Comunidades Autónomas (CCAA) e a disparidade de criterios na aplicación da
normativa por parte dos centros sanitarios deteriorou aínda máis a cohesión territorial no Sistema Nacional de Saúde,
e converteu o acceso á atención sanitaria nun auténtico labirinto administrativo.
• Mesmo naqueles supostos nos que o RDL recoñece o dereito á atención (embarazadas, menores, atención de
urxencias…) orixináronse numerosos casos de desatención, sen que, ata a data, se tomase ningunha iniciativa para
atallar estes incumprimentos.
• Desprazar a atención ás urxencias (se esta se logra) xera atraso diagnóstico e agravamento das patoloxías, o que
supón un aumento do gasto sanitario para a súa atención. Estudos noutros países demostraron que medidas de
exclusión sanitaria similares xeraron un gasto ata catro veces maior do que custaría cunha atención inclusiva.
tfg.eduso
2º Concurso tfg.eduso As estudantes que no actual curso académico xa entregasen o
seu traballo de Fin de Grao na Universidade, cunha nota igual ou
superior a 8,5, xa poden enviar a documentación para participar
no 2º Concurso de Traballos de Fin da Grao arredor da
Educación Social.
• Categorías de participación: Educación Social ESTENDIDA
(para aqueles traballos centrados en ámbitos e temáticas tradi-
cionais da Educación Social), e Educación Social ESCONDIDA
(para os centrados en ámbitos innovadores)
• Prazo: 22 de xaneiro de 2015.
• Premio: cota de alta de colexiación gratuita e publicación do
traballo.
Todos os requisitos e detalles aparecen reflectidos nas bases do
concurso, que poden consultarse na web do Ceesg.
Atención, foi rectificado o nome do concurso, que se denomina
agora tfg.eduso
• A esixencia de firma de compromisos de pagamento, a facturación indebida da atención en urxencias e outros
impedimentos para o acceso ao sistema sanitario, teñen xerando un efecto disuasorio e unha ruptura da
continuidade asistencial, que está a poñer en grave risco a saúde e a vida das persoas, tal como organizacións
medicas evidenciaron nos falecementos de Alpha Pam en Mallorca, SoidadeTorrico en Valencia e Janneth Beltrán
en Toledo.
• A pesar de que algunhas CCAA emitiron instrucións para asegurar asistencia sanitaria para toda a poboación nos
supostos de saúde pública, o citado RDL sinta as bases para que se produza un retroceso nos programas de
prevención, vixilancia e control de enfermidades tanto transmisibles coma non transmisibles. As dificultades de
acceso de sectores de poboación ás medidas propostas para evitar a aparición de novos casos e/ou o control de
brotes epidémicos (vacinación, quimioprofilaxis ou inmunoprofilaxe, illamento, diagnóstico ou tratamento), ten
repercusións non só no ámbito individual senón tamén na saúde colectiva.
• Nun contexto de incremento da desigualdade económica (nos catro anos iniciais da crise, a desigualdade nos
ingresos creceu na mesma medida que se lograra reducir nos vinte e dous anos previos) o encarecemento do
acceso a determinadas prestacións e medicamentos, e a exclusión sanitaria das persoas máis vulnerables,
provocados pola promulgación do RDL, xerou un incremento relevante das desigualdades en saúde, como
empeza a demostrarse nalgunhas CCAA. Está demostrado que o incremento na desigualdade de ingresos produce
un aumento de problemas de saúde, un peor uso dos medicamentos e un incremento xeral do sufrimento.
• Resulta preocupante o posible impacto de xénero do RDL, dados os crecentes obstáculos que están a encontrar as
mulleres emigrantes ás cales se lles retirou a tarxeta sanitaria, o que dificulta a detección de casos de violencia de
xénero, así como a axeitada asistencia en casos de violencia sexual. No caso das vítimas de trata de seres humanos
limítase o acceso aos que se lles outorga o período de restablecemento e reflexión, mentres que á maioría non se
lles recoñece o dereito á asistencia sanitaria. De igual xeito, convén recordar que son as mulleres o colectivo
maioritariamente afectado pola desigualdade económica.
• Varios organismos de Nacións Unidas e do Consello de Europa subliñaron que esta reforma contravén estándares
internacionais de dereitos humanos. Dirixiron numerosas recomendacións ao Goberno español instándoo a
garantir o acceso á atención sanitaria das persoas emigrantes, independentemente da súa situación administrativa.
Así mesmo, pedíronlle que avalíe o impacto da reforma sanitaria en termos de dereitos humanos, e recordáronlle
que as normas de dereitos humanos non poden ser ignoradas polas presións fiscais. Ata a data o Goberno non
cumpriu ningunha destas recomendacións.
• Pola súa banda, o Tribunal Constitucional en dous autos afirma que “o dereito á saúde e o dereito á integridade
física das persoas afectadas…, así como a conveniencia de evitar riscos para a saúde do conxunto da sociedade,
posúen unha importancia singular no marco constitucional, que non pode verse desvirtuada pola mera
consideración dun eventual aforro económico que non puido ser concretado”.
Efectivamente, antes de implantar o RDL non se analizou nin comunicou con claridade o aforro que ía supoñer e
ata a data non se publicou ningún cálculo ao respecto.
Ante esta situación instamos o Goberno de España a derrogar o RDL16/2012, e elaborar unha nova Lei de Sanidade:
⇒ Que naza dun amplo consenso coas diversas forzas políticas, organizacións sociais e sociedades científicas.
⇒ Que estableza as condicións para un Sistema Nacional de Saúde, universal, de calidade, e sostible sobre a base
dunha xestión eficiente, eficaz e transparente.
⇒ Que garanta o dereito á protección e promoción da saúde establecido na Constitución Española, e o dereito de
toda persoa ao desfrute do máis alto nivel posible de saúde, tal e como é definida pola Organización Mundial da
Saúde: completo estado de benestar físico, psíquico e social e non só a ausencia de enfermidade, como marco das
políticas, plans e estratexias de saúde e base do modelo integrador bio-psico-social de atención á persoa enferma,
dereito tamén recollido no Pacto Internacional de Dereitos Sociais, Económicos e Culturais ratificado por España.
Madrid 30 de setembro de 2014
O Ceesg e COGAMI veñen de asinar un conve-
nio de colaboración co fin de asesorar e infor-
mar ás persoas colexiadas do labor que
desempeña a Confederación a favor das per-
soas con discapacidade.
Un dos compromisos que adquiren as dúas en-
tidades é a de ofrecer información a través das
súas páxinas web sobre a actividade que
desenvolve a outra organización, promulgan-
do aquelas actividades afíns a través dos me-
dios que dispoñan para a difusión.
Un dos puntos que recolle o acordo é que as
dúas entidades poderán organizar actividades
conxuntas encamiñadas ao desenvolvemento
da educación social no eido da discapacidade,
a promoción da autonomía persoal e a área
xerontolóxica.
Ceesg e Cogami asinan convenio de colaboración
Esta colaboración entre Ceesg e COGAMI terá
un ano de vixencia.
Anxo Queiruga, presidente de Cogami, e So*a Riveiro, presidenta do Ceesg, tras a sinatura do convenio.
Nova sección no boletín do Ceesg: BloguES
Os blog son unha das ferramentas de comuni-
cación dixital máis utilizadas na rede. Na nosa
web existe unha sección dedicada aos blogues
nos que está presente a Educación Social. Pero
tamén queremos que o noso boletín faga eco
de algunhas e algúns desas/es profesionais
que deste xeito dan a coñecer as súas expe-
riencias, a profesión, reflexións, vivencias…
Nas páxinas deste boletín nº 85 xa se estrea o
primeiro desta serie de artigos. E seguiranlle
moitos máis.
bloguES
A indiferencia, unha lacra para a inxustiza social
Hai unhas semanas publicábase nos medios
a noticia do linchamento a un mozo xitano
en Francia. Coincidía este suceso coa miña
lectura sobre o desenvolvemento moral.
Como decidimos sobre que está ben e que
está mal? O neurocientífico e filósofo
Joshua Greene suxire que as nosas crenzas
morais están baseadas sobre todo nas
emocións máis que na razón, e por iso
xorde ás veces o "desconcerto moral", isto
é cando ás persoas lles custa xustificar e
razoar por que é malo ser dunha
determinada étnica como a xitana ou ser
homosexual, por exemplo. O sistema moral
axúdanos a loitar contra as inxustizas pero
o problema xorde cando xulgamos como
inmoral actos ou persoas que simplemente
son ou fan cousas diferentes a nós/ás e
deixámonos guiar pola emoción que nos
produce o rexeitamento. Todo isto afecta á
nosa convivencia, chegando a usar a
violencia cara a estas persoas. A pesar de
que hai normas morais que son universais
(como que está mal facer dano ás persoas,
que é bo axudar, recompensar, devolver
favores, etc.) non todas as culturas
priorizámolas igual, as diferenzas veñen
segundo o noso contexto e recursos, por
exemplo: no noso país pensamos que é
inmoral a violencia de xénero ou o maltrato
á infancia e o condenamos, pero en cambio
podemos danar os nosos recursos naturais
se iso supón un beneficio económico,
accións concretas, que outras culturas e
países as condenarían como inmorais.
Todo iso me fixo reflexionar, sobre todo
ante a indiferenza que a sociedade mostra
ante sucesos como o que comentaba ao
inicio do texto (parece que se cumpre o
dito de "ollos que non ven, corazón que
non sente"). Moitas entidades e persoas
denuncian este tipo de sucesos pero o certo
é que na nosa vida diaria abusamos,
ignoramos e excluímos a todo aquel que
non pertence a "o noso grupo", negándolles
a nosa empatía e axuda a pesar de que o
noso sistema moral diga que é bo axudar e
que non debemos facer dano aos demais.
Esta indiferenza xustif ícase con
razoamentos tipo "é que son eles que non
se queren integrar", para así mitigar a
disonancia cognitiva (isto é o conflito
interno que sufrimos cando facemos ou
pensamos algo que choca coas nosas
crenzas, valores ou moralidade). E é así
como os profesionais que intentamos
cambiar este rexeitamento social cara a
determinados colectivos encontrámonos co
muro da indiferenza e autoxustificación da
exclusión que agride de forma física,
mental, emocional e económica ás persoas
que a sofren.
Pero non nos vaiamos de aquí tan
negativos. O psicólogo social Steven Pinker,
explica no seu libro "Os anxos que levamos
dentro" como o índice de violencia
descendeu ao longo da historia e cada vez
nos parece máis reprobable a violencia
contra minorías étnicas, mulleres, nenos/
ás, homosexuais e animais. Creo que para
seguir avanzando nesta liña debemos
desenvolver a nosa capacidade de empatía,
de autocontrol e comprensión da mente e
do ámbito. Témolo nas nosas mans, non
debemos estar a expensas de políticas e
recursos, a cultura renóvase con educación
e co facer, resaltando unha cidadanía
activa que non mire cara a outro lado se
non que elixa e transforme o mundo cara á
inclusión.
maitesio.wordpress.com 3 de xullo de 2014
Maite Sío @MaiteSio
maitesio.wordpress.com
Educadora social
Colexiada Ceesg nº 3808
bloguES
Prezos
• Curso completo (40 h.)
• Cota reducida: 75€
• Cota xeral: 100€
• Sesións soltas (8 h.)
• Cota reducida: 20€
• Cota xeral: 25€
*Poderán beneficiarse da cota reducida as persoas colexiadas, amigas do ceesg, estudantes, ou en desemprego.
Organiza:
Colabora:
Imparte:
formación
SESIÓN 1 - 8 de novembro
Mañá: Conceptualización “Atención centrada na persoa”. Tarde: Habilidades sociais e comunicativas.
SESIÓN 2 - 15 de novembro
Mañá: Programación e organización do traballo. Tarde: Valoración socioeducativa.
SESIÓN 3 - 22 de novembro
Mañá e tarde: Coaching para a motivación e participación das persoas maiores.
SESIÓN 4 - 29 de novembro
Mañá: Dinámicas de grupo. Tarde: O xogo coas persoas maiores.
Experiencias e recursos para a normalización lingüística
Aidea
No momento que estamos vivindo consideramos fundamental
unirnos para partillar ideas, e animos. A di�icultade que supon
encontrar materiais en galego para determinadas areas e
proxectos pide a difusion dos existentes e achegar ferramentas
que poidan resultar de axuda para construır outros.
Para dar pasos adiante e preciso conecernos, encontrarnos e
reconecer o labor que hai detras da construcion dos recursos e
de experiencias innovadoras desenvolvidas no ambito.
Obxectivos
• Difundir materiais concibidos e promovidos polo profe-
sorado dos diferentes niveis do ensino coa �inalidade de
contribuır a linguıstica.
• Compartir experiencias normalizadoras.
• Formarnos en obradoiros que nos axuden a crear mate-
riais didacticos e a contribuır a sua distribucion.
• Crear un espazo aberto, practico e de convivio para en-
contrarmonos todas as persoas que, ben producimos ou
estamos interesadas en empregar en lingua galega, ou
ben temos interese en experiencias normalizadoras.
Contidos
Van estar organizadas en dous grandes bloques: un de obradoiros e outro de experiencias.
As sesions de obradoiros irıan destinadas a formarmonos en aspectos nos que tenamos interese. Son variados e vanse
realizar en duas quendas e de xeito simultaneo.
As experiencias tamen son simultaneas e vanse desenvolver en duas quendas. Ademais das que xa estan previstas queda
aberto o prazo para que calquera poida presentar unha experiencia e/ou material didactico ou recurso que elaborase para
o ambito e que dalgun xeito estean contribuındo a normalizacion da lingua galega.
As persoas interesadas en dar a conecer o seu material, deben facelo enviando a Ficha de mateirais didacticos que encon-
traran na web www.nova-escola-galega.org. Unha vez cuberta, deben enviala ao correo electronico ro-
[email protected] antes do 20 de outubro. Para poder presentar o material e necesario estar inscrita/o nos En-
contros.
Lugardecelebración:Facultade de Ciencias da Educacion (Campus Vida)
Matrícula:
Asociados/as de NEG, CGENDL e parados/as: 15€
Matrıcula ordinaria: 25€
Inscricións:
Cubrir o boletın de inscricion que atoparas en www.nova-escola-galega.org, www.coordinadoreendl.org ou
www.ceesg.org e enviar por correo-e a [email protected], por correo postal a R/ das Hedras, 4-2ºO. 15895 Ames (A Co-
runa) ou por fax ao 981562577. Acompanar a inscricion co xusti�icante bancario.
Matrículaatao21deoutubro.
NON FUN EU, FOI ELA
De como a educación social me buscou, me
atopou e me atrapou.
Pode que soe petulante ou mesmo ególatra, pero se
escarvamos no noso pasado, recuperamos as nosas
emocións primixenias, botamos a vista atrás e
esquecemos os vellos fantasmas da indefinición, é
moi probable que a nosa esencia persoal, nesa
mestura coa orientación profesional, teña unha razón
de ser, moito máis xustificada e predestinada do que
tivésemos crido a priori. "Nada é azar, todo ten un
porqué", que dirían os estoicos.
1980: Recordo unha España gris e embarrada.
Edificios en alicerces, estradas sen asfaltar e colexios
a medias. Boto de menos aquel xentío enorme de
felicidade, de querer facer, inventar, participar. Moita
actividade, onde os parques públicos cobraban vida
propia e as rúas empedradas formaban a súa
pequena fauna urbana. Xogos, liberdade, aventura,
veciñanza, festas de barrio, etc. Era cidadanía, era
participación, era educación comunitaria en estado
puro. De aí mamei ata a miña xuventude, case a miña
adultez. O mundo das responsabilidades fagocita
dalgún xeito eses soños e tórnaos máis áridos, máis
rudos. Ou será que a nosa infancia non deixa de ser
un soño interminable que se recrea e retroalimenta
co tempo?
Son fillo dun humilde barrio obreiro. Unha cidade
postindustrial que languidecía pouco a pouco tras o
esplendor da metalurxia. Foi ela, quen empregou ao
meu pai e sustentou a miña familia ata finais dos
oitenta, primeiros dos noventa. O meu primeiro
centro educativo estaba no cume dunha montaña,
onde non había máis que prados, barro e edificios
desperdigados. As aulas eran prefabricadas a xeito
de barracóns, cun basto patio pelado onde as pedras
comían a pouca vexetación que sobrevivía. O noso
troteo pelaba a paraxe de xeito implacable, dando
maior sensación de aridez á terra, convertida en
lamazal a maior parte do inverno.
Naquel lugar, tamén iniciaba a súa escolarización
Xurxo. De pais emigrantes, os seus trazos
asilvestrados chamaron a miña atención dende o
inicio. Mirada fixa e penetrante, de vestiario escaso,
vetusto e humilde, a súa cara sucia con manchas de
barro e o seu pelo cortado a retallos, atraéronme
como un imán, ata o punto de ir na súa busca cada
final de xornada, aínda sendo un ano máis pequeno ca
min e non compartindo a mesma aula. Había días en
que a miña nai, paciente e eterna acompañante, tiña
que agardar o meu saúdo ou compañía, ata que non
dese por rematada a miña acción solidaria co
pequeno Xurxo.
Era un acto inocente, sentido e sen edulcorantes.
Protexíao doutros nenos, das súas ofensas, da
indiferenza. Acompañábao na súa soidade e mesmo
recordo despedilo con dous bicos a diario na saída do
patio, cando non o acompañaba directamente aos
arredores da súa vivenda, sendo eu un púbere de 6
anos ou pouco máis. Entregado a un apoio,
seguramente asistindo ao neno pobre da clase. Un
acompañamento vinculante en toda regra, moi
probablemente motivado pola caridade ou a pena.
1994: Case 20 anos despois reencontrámonos, se a
memoria non me xoga unha mala pasada ou o deja vu
correspondente seguía tendo algo real, compartindo
partido de frontenis. Espero que me crean, se lles
digo que houbo feelin ou empatía, polo menos polo
que ao min respecta.
1995: Historia de barrio, ao pé dunha varanda. Félix, o
meu amigo psicopedagogo, fálame dunha nova
carreira universitaria que acaba de xurdir. Fala de
axudar persoas en situación de desprotección ou en
risco de exclusión social. Eufemismos postmodernos.
Seguramente naquel entón, me falase de pobres, de
marxinais, de salvar o mundo, de proezas e aventuras.
Oio atento mentres me tintina o oído. 18 anos
despois, segue ese son na miña cabeza.
Aquel mesmo verán, Pablo amigo de Félix do
instituto, dinos que foi a unhas colonias con persoas
discapacitadas ao municipio de Navarrete (A Rioxa) e
que ademais de ser unha experiencia moi
enriquecedora, obtivo unha propina de 20.000
pesetas (cuantiosa para aqueles tempos e idades)
Asier Félix Losada
Educador Social
Equipo EducaBlog
www.educablog.es
QuE fas ti pola educación social?
para gozar en vacacións.
Ao ano seguinte, recomendado polo noso amigo,
acudimos á devandita cita e non se equivocaba. Unha
experiencia inesquecible, unha historia apaixonante.
Homes e mulleres adultas, desposuídas pola natureza
dalgunhas capacidades que lles tivesen permitido
socializar se de xeito máis xusto e acorde ao
contexto cruel en que lles tocou vivir: unha sociedade
que aínda conservaba retallos de silenciar e
invisibilizar a persoas que non eran como a maioría.
Un nós pervertido, que só tiña tempo en pensar na
normalidade e non na diferenza.
Recentemente, na Clínica Universitaria de Navarra,
encontreime nuns deses corredores de alto avoengo,
cun pai serio e disciplinado que compartía
conversación sixilosa coa súa esposa, mentres o seu
fillo, con orgullo, o recoñecía nese longo corredor.
Un mozo, discapacitado si, cunha mirada azulina que
impactaba as retinas de quen o mirase. Tanto pola
súa cor coma pola súa tristura. Un pai altivo, aínda
sixiloso, que lucía con orgullo a súa bata branca
mentres parecía disimular o seu fillo. Esa secuencia,
fixo retrotraerme a aqueles anos de monitor e ver
todo un mundo de novas capacidades.
Ángel, un dos suxeitos de animación cognitivamente
máis desenvolvido, díxome unha vez que se lle daba
pena, non quería que estivese a acompañalo. Unha
mente marabillosa e lúcida, como poucas coñecín. Os
máis desconfiados, vían a súa locuacidade e
clarividencia, como arma de persuasión e perspicacia.
Bendita perspicacia para unha persoa despoxada de
capacidades motoras dende a súa máis tenra
infancia. Un filósofo apoltronado, cheo de luz e
vitalidade, que non ocultaba os seus momentos
tamén de crise existencial.
Horas e horas traballando a animación, a relación
persoal e o vínculo. Ficticio? De verán?
Probablemente, pero desas pequenas pílulas de
adrenalina, tamén se nutre o ser humano,
xustificando o porqué do agora e o somos do día a
día.
Concatenamos a partir de setembro, a devandita
actividade coa militancia na obxección de conciencia,
rexeitando perder o tempo nun servizo militar
absurdo en pro de desenvolver actividades sociais e
traballos comunitarios. Prestación social
substitutoria, chamábanlle. O proxecto escollido, foi o
desenvolvemento do programa de tempo libre
durante as fins de semana, dentro do servizo de
intervención socioeducativa do barrio máis
desfavorecido por antonomasia da capital de
provincia. Educación social en primeira liña, dende a
trincheira, polo menos, sobre o papel. Alí rocei cos
momentos quizais máis amargos ou agres da miña
preformación edusa. Moitos momentos bos (coñecer
profesionais e educadores sociais que compartían a
crenza comunitaria de mellorar un barrio como paso
previo ao desenvolvemento dos seus membros), pero
a miña memoria evoca recorrentemente máis os
tristes, motivados quizais pola miña bisoñez e a
dificultade inherente dos educandos: non deixaban
de ser nenos maltratados polo seu contexto, que
sobrevivían no día a día coa lei do máis forte, o máis
listo, o máis duro. "Estas/es niñas/os están pedindo
normas a berros" díxome unha compañeira, mentres
eu aínda pensaba en poñerme o disfrace de animador
e sacar a relucir as miñas dotes de sociabilidade e
empatía. Un traxe demasiado pequeno para a
empresa encomendada.
Pero como toda secuencia persoal de inseguridade,
enténdoa agora co tempo, como necesaria e útil no
proceso de composición profesional. Son o educador
social que son, froito dos meus/seus éxitos e os meus
fracasos, as miñas caídas e as miñas aprendizaxes.
1996: A chamada non ten volta atrás. O camiño da
educación social, incluídas duascentas escaleiras
emblemáticas de acceso á vella e desaparecida escola
de Maxisterio de Bilbao, empezou. Cunha carpeta
herdada do COU e unha mochila nova universitaria,
repleta de ilusións, proxectos, militancia e vocación.
2014: Para, ao final do camiño, encontramos coa nosa
propia razón de ser. Aquela que define e postula o
protagonista da nosa historia, esa historia da
educación social persoal e xeneralizada. Ese heroe da
cotianidade, chamado educando ou suxeito de
intervención, que permite, ao educador/a social,
interpretar o papel de actor secundario,
acompañándoo un pasiño por detrás e cara un
costado.
Para ler e reflexionar...
A cociña fácil e divertida. (Farruco Rodríguez Míguez, dir.). 2009. Este libro é algo máis que un libro de receitas. O centro Don Bosco editouno dentro da súa colección sobre recursos educativos, coa finalidade de promover os comportamentos saudables en todas as propostas de tempo libre educativo, incorporando ademais elementos sobre as diferenzas culturais. O libro divídese en tres partes: a primeira contén unha introdución sobre a importancia dunha boa alimentación, un cadro das mellores comidas para o estado de ánimo e unha serie de consellos prácticos; a segunda céntrase na relación entre o mundo da cociña e o tempo libre educativo, dando pautas para a organización dun obradoiro de cociña; e a terceira presenta unha completa e variada serie de menús de diferentes culturas e países.
Obras que podes atopar na biblioteca do Ceesg
Formación con desconto
Master en Dirección e Xestión de centros, recursos e servizos para a atención á Dependencia Organiza: Universidade de Santiago de Compostela (título propio). Modalidade: Semipresencial. Lugar: Santiago. Datas: comezo 7 de novembro.
Prezo: 1900 € (a esta cota aplicaráselle un 20% de desconto ás persoas colexiadas que fagan a inscrición antes do 31 de outubro e a través do colexio)
Máis información: Tlf. 981.174.381; 881.812.071 ou 696.920.020. | www.usc.es/dependencia/
I Foro de educación emocional e social EMOCIONA Organiza: Una Grupo. Modalidade: Presencial. Lugar: Santiago de Compostela. Datas: 8 de novembro.
Prezo: Cotas especiais para colexiadas/os do Ceesg: • Antes do 27 de outubro: Cota xeral: 58€ (non colexiadas/os: 69€). Grupos: 49€ (non colexiadas/os: 58€) • A partir do 27 de outubro: Cota xeral: 73€ (non colexiadas/os: 82€). Grupos: 62€ (non colexiadas/os: 73€) • Cota especial para estudiantes, persoas en desemprego ou maiores de 65 anos: Ata o 27 de outubro: 49€. Despois: 62€.
Para beneficarse das cotas reducidas para colexiadas/os debe facerse a inscrición a través do enlace habilitado na web do Ceesg. Para beneficiarse da cota de grupo deben ser máis de 8 persoas, prezo por persoa.
Máis información: [email protected] | Tlf. 628 336 283 | www.foroemociona.com
Taller de relación de axuda e motivación para o cambio Organiza: Sinerxxia. Modalidade: Presencial. Lugar: Ourense. Datas: 25 de outubro. Prezo: 40 €. (A esta cota aplicáselle un 20% de desconto ás persoas colexiadas no Ceesg)
Máis información: Tlf. 988 374 867 ou 677 538 088 | [email protected]
Taller de desenvolvemento da competencia emocional e social desde unha perspectiva gestáltica Organiza: Sinerxxia. Modalidade: Presencial. Lugar: Ourense. Datas: Sábados de 10:00 a 12:30 durante un trimestre. Comezo o 8 de novembro.
Prezo: 60 €/mes. (A esta cota apliaráselle un 20% de desconto ás persoas colexiadas no Ceesg)
Máis información: Tlf. 988 374 867 ou 677 538 088 | [email protected]
Formación en Terapia Gestalt Organiza: PAÑÑA, Psicoloxía humanista. Modalidade: Presencial. Lugar: Santiago de Compostela.
Datas: Comezo 15 e 16 de novembro. Unha fin de semana ao mes.
Prezo: 160 €/mes. Sobre este prezo aplicarase un desconto do 20% ás persoas colexiadas.
Máis información: Tlf. 981941951 - 656397742 - [email protected] - www.gestaltgalicia.com
Seminario de experiencias de desarrollo profesional en contextos sociales Organiza: UNED Cantabria. Modalidade: Online ou presencial. Lugar: Cantabria. Datas: De outubro 2014 a abril 2015. Prezo: Matrícula ordinaria: 65€. Colexiadas/os Ceesg: 50€.
Máis información: www.unedcantabria.org
Actuacións
Reunión de aBeira. O grupo centrado en Intervención Socioeducativa con Familias reúnese para seguir ulti-mando o modelo de informe socioeducativo e a guía para a súa elaboración.
Servizo xurídico do Ceesg. Está dispoñible na sede do Ceesg o primeiro mércores de cada mes.
Audiencia coa Directora Xeral de Familia e Inclusión. A Directora Xeral de Familia e Inclusión, Dna. María Ampa-ro González Méndez, recibe ao Ceesg para tratar varios temas vinculados cos profesionais da Educación Social en Galicia.
Xornadas de acollida do alumnado de Educación So-cial. A Facultade de Ciencias da Educación da Universi-dade da Coruña convídanos un ano máis a estar presen-tes na Xornada de Acollida do alumnado. Esta ocasión serve para presentar o colexio, e promover a figura dos amigos/as do Ceesg e dos Puntos de Información Colexial (PIC).
Reunión do Geix. Últimos preparativos para as VI Xorna-das Internacionais de Xerontoloxía e Educación Social.
Reunión do Foro de Inmigración. Entre outros asuntos, neste encontro proporanse actuacións para o mes de setembro da Rede Galega en Defensa do Dereito á Saú-de, para recordar o aniversario da amputación do derei-to ao acceso a saúde.
Reunión do Espazo Dialoga. Reunión do Espazo Dialoga antes do II Encontro Galego de Profesionais do Benestar, no que ultimamos todos os detalles da súa organización.
Reunión coa alcaldía de Pontevedra. Seguimos coa ron-da de contactos coas alcaldías dos grandes concellos galegos.
Monitor/a. 2 postos. Para facer talleres prácticos dirixidos a nenas/os, abordando e potenciando competencias relacio-nadas co Emprendemento e Igualdade de Oportunidades. Salceda de Caselas. Técnica/o media/o de Cooperación para o Desenvol-vemento. Para a Rede Galega de Cooperación Universi-taria ao Desenvolvemento. Santiago Docente. Para curso de Inserción Laboral de Persoas con Discapacidade Docente. Para curso de Dinamización comunitaria
Educador/a social. Para centro social. A Coruña Responsable de proxecto de Atención a domicilio. Programa de atención infantil a domicilio. A Coruña.
Educador/a social. Para centro de menores tutelados con
algunha patoloxía. Vilagarcía Técnico/a de Igualdade. Para o programa "A miña pare-
lla contrólame… o normal". Camariñas Dinamizador/a de xestión cultural. Para coordinar e dinamizar os proxectos do Programa cultural. Lugo Monitores/as de actividades formativas en centros concertados. Para actividades extraescolares diversas Es-tremadura. Coordinador/a Cultural. Para desenvolver actividades, coordinación e apio de programas, colaboración en rela-cións con institucións. Santiago de Compostela. Educador/a social. Para xestión dun proxecto de mobili-
dade europea. Santiago.
Estas son algunhas das ofertas de emprego que se publicaron este mes na nosa web. Para ver a información completa e actualizada, revisa a web do Ceesg: http://ceesg.org/servizos/emprego/bolsa-emprego-do-ceesg
Novas Dos boletíns
EMPrEgO
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Admi-nistracións Públicas e Xustiza: Axudas económicas
destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres. DOG 1/08/14
Consellería de Traballo e Benestar: subvencións de programas desenvolvidos polas corporacións locais para a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión DOG 01/08/14
Instituto Enerxético de Galicia: Axudas económicas
para o pagamento de parte da factura eléctrica, a través do tícket eléctrico social de Galicia durante o primeiro se-mestre de 2014, ás familias con fillos menores a cargo cuxos ingresos non superen o IPREM. DOG 04/08/14 Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: Axudas de apoio á etapa de formación
posdoutoral do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011- 2015. DOG 05/08/14
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: Decreto 98/2014, do 17 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do Consello Galego de Universi-dades. DOG 6/08/14
Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Admi-nistracións Públicas e Xustiza: Axudas do programa
Emega para fomento do emprendemento feminino. DOG 11/08/14
Concello de Lugo: Anuncio polo que se informa da publi-
cación das bases reguladoras da convocatoria para a con-cesión de subvencións para a realización de proxectos de sensibilización social. DOG 25/08/14
Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Admi-nistracións Públicas e Xustiza: Convocatoria do pro-grama Xogade (Xogos galegos deportivos) en idade esco-lar, curso 2014/15. DOG 29/09/14
LEXISLACIÓN E NORMATIVA
Consellería de Traballo e Benestar: Decreto 96/2014, do 3 de xullo, polo que se regulan os puntos de encontro fami-liar en Galicia. DOG 1/08/14
Consellería de Traballo e Benestar: Decreto 99/2014, do 24 de xullo, polo que se regula o Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal para persoas con discapacidade e/ou persoas en situación de dependencia. DOG 7/08/14
Consellería de Traballo e Benestar: Corrección de erros. Orde do 19 de abril de 2013 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemen-to para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e a atención á dependencia, o procedemento para a elabora-ción do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes. DOG 13/08/14
Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Admi-nistracións Públicas e Xustiza: Acordo do Consello da Xunta de Galicia polo que se aproba o Código ético institu-cional da Xunta de Galicia. DOG 19/09/14
Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Admi-nistracións Públicas e Xustiza: Acordo da Comisión Bi-
lateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 5/2014, do 27 de maio, de medidas urxentes derivadas da entrada en vigor da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración local. DOG 22/09/14
Top Related