SÍNODO DIOCESANOO noso Arcebispo, D. Julián, convóca-nos e un Sinodo Diocesano baixo olema: Renovados en Comuñón desde
Cristo e dinos “non quixera que ningún
diocesano se sentise alleo a este aconte-
cemento”.¿Que é un sínodo diocesano?• Un proceso convocado polo nosoPastor no que toda a Igrexa Diocesana sedescobre protagonista do seu rumbo pas-toral.• Unha oportunidade para que, camiñan-do xuntos, tomemos conciencia de todo oque leva consigo o noso bautismo.• Un servizo á nosa Diocese de Santiagoe á nosa sociedade, ante os cambios queestamos a vivir.• Un pulo desde a Palabra de Deus paraa Nova Evanxelización e unha posta aodía da nosa experiencia de fe.• Un instrumento para optimizar asnosas enerxías, actividades e estruturasdiocesanas.
PLAN PASTORALNo último boletín anunciamos o PlanPastoral diocesano para o curso 2013-2014 “Polos seus froitos coñeceréde-
los” completando o ciclo de tres anos:• A Palabra de Deus anunciada.• A Palabra e Deus celebrada.• A Palabra de Deus testemuñada.En consecuencia, para este curso sinála-se como obxectivo xeral: Descubrir
como a Palabra de Deus nos invita a
poñernos ao servizo dos nosos irmáns,
especialmente dos máis pobres, polo
testemuño da vida e da caridade.De aí xorden uns compromisos ouobxectivos concretos:• Dar fe do valor precioso ante Deus detodos os esforzos do home por construírun mundo máis xusto e máis habitable.• Denunciar, desde a Palabra de Deus,as ambigüidades e as inxustizas.• Recordar que o compromiso polaxustiza e a transformación do mundoforma parte da evanxelización.• Defender e promover a dignidade eos dereitos humanos de cada persoacomo característica impresa por DeusCreador na súa criatura, asumida eredimida por Xesucristo pola súaencarnación, morte e resurrección.
PARROQUIA VIVA
Día 1.- Festa de Todos os Santos.
Día 2.- Misa por todos os familiares
e veciños defuntos, ás 20.
Día 11.- Reunión do grupo de litur-
xia, ás 20,30.
Día 13.- Reunión formativa de cate-
quistas, ás 20,30.
Día 22.- Reunión do grupo das
Vodas de Prata parroquiais, ás
20,30.
Día 27.- Reunión do grupo de
Cáritas, ás 20,30.
ACONTECEMENTOS
Bautismos:
Alejandro Moreira Hurtado, de José Arturo e Mª Encarnación(23-06-.2013).
Diego Boo Comojo, de Gustavo eVanesa (4-08-2013).
Leire Quintela Precedo, de MiguelAngel e Mª Virginia (4-08-2013).
Pedro Baleirón Becerra, de Rafael eAna María (6-10-2013).
Lola Marie Rey Vega, de María (12-10-2013).
Gabriela Iglesias González, de Rubéne Carmen Ruth (27-10-2013).
Defuncións:
Tomás Trigo Díaz (3-08-2013).
CÁRITAS
Do relatorio que fixo o Delegado epis-copal de Cáritas na Asemblea diocesa-na de Cátitas recollemos o seguinte:A vida da primitiva comunidade cris-tiá, segundo Feitos dos Apóstolos,(cap. 4-5) destacaba por un estilo devida moi particular e diferenciado:• Eran constantes por medio da firme-za no seguimento de Xesús.• Perseveraban escoitando o ensinodos Apóstolos, é dicir, na fe da Igrexa.• Vivían en comuñón, en unidade decorazóns que se manifesta en ter unmesmo sentir e en compartir os bens.Os que tiñan máis socorren aos queteñen menos.• Celebraban a fracción do pan, ousexa a celebración instituída porXesús na Última Cea.• Xunto á fracción do pan semanal enmemoria de Xesús e as oracións man-tiñan a unión con Deus e entre eles.• E todo isto facíano con alegría e detodo corazón e este testemuño facíaoscreíbles ante os que os contemplabane escoitaban.
Estamos en tempos difíciles, moitosirmáns estano pasando mal e polomedio hai nenos inocentes nestemundo inxusto. Debemos ser solida-rios na dimensión dunha caridadecompasiva e do compartir.A cesta da parroquia espera a nosa boavontade e os petos a nosa solidarieda-de para poder comprar a algunhasfamilias o necesario para sobrevivir aesta longa crise.
Boletin novembro 2013_MaquetaciÛn 1 01/11/13 19:34 Página 1
BOLETIN PARROQUIALNº 168 - Novembro 2013
PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS
NOVEMBRO, UN MES ESPECIAL
Hai un refrán que reza así: “Bendito mes que empeza por Santos e rematacon S. Andrés”. A este refrán hai que engadirlle que, dende a reforma do anolitúrxico, este mes remata o ano cristián coa solemnidade de Xesucristo, reido Universo.
Comezar un mes celebrando a santidade como meta de tantos crentes que“lavaron o seu manto no sangue do Cordeiro” e rematando coa festa deCristo, rei do universo, é unha invitación a reflexionar cal debe ser o balan-ce que temos que facer cada un de nós como avaliación final dun ano máis.A santidade é un estilo de vida guiado polo mesmo estilo de vida de Cristo.
É un reto que se vai facendo realida-de na medida en que Cristo é o nosoreferente cotián. O reinado de Cristoé un reinado de servizo e entrega ósdemais; é un reinado de xustiza e deamor; é un reinado de paz dentro efóra do noso corazón.
Novembro, trinta días, para recordara tantos e tantas persoas que, coñeci-dos por nós, son un exemplo a imi-tar. Son santos anónimos pero san-tos. Cristo é o cumio de toda santida-de, “e o santo dos santos”.
SEGUIMOS PEREGRINANDO
E certo que os que estamos facendo o camiño francés a Santiago, comezadoo día 21 de Setembro, facémolo en nome propio pero tamén o facemos comoparte da comunidade parroquial de S. Francisco de Asís dos Tilos. É de todoscoñecido de que esta peregrinaxe, forma parte dunha especie de preparacióndas vodas de prata parroquiais no ano 2015.
No mes de Outubro fixemos dúas etapas; unha desde Triacastela a Sarria, eoutra de Sarria a Portomarín. A experiencia está sento moi positiva a pesardalgunhas dificultades climatolóxicas e dalgún momento de cansazo neselongo camiño.
Sempre comezamos cunha oración. En Triacastela na igrexa parroquial e enSarria acolléronos os P. Mercedarios. Ó rematar a terceira etapa atopámonos,en Portomarín, coa igrexa pechada, pero esperamos que, o día 9 deNovembro, poidamos comezar a cuarta etapa na histórica e bela igrexa parro-quial deste fermoso pobo, que fora trasladada pedra a pedra da ubicación ori-xinal á beira do río cando se construíu o encoro de Belesar en 1962.
Dende esta tribuna do Boletín parroquial quero facer dúas invitacións: unhadirixida a cantos, superando non poucas ocupacións, facemos este camiño ea outra a tódolos membros da parroquia. Ós que peregrinamos, que o siga-mos facendo conscientes de que somos seguidores, 800 anos despois, dun
ilustre peregrino, Francisco deAsís. El foi mensaxeiro da paz, res-pectuoso coa natureza na que vía entodo a presenza da obra de Deus.Ós que quedades nos vosos fogares,seguindo coa actividade diaria, quetamén vos manteñades facendo rea-lidade a mensaxe do himno de SanFrancisco.
Onde queira que esteamos, sigamossendo testemuñas do Señor seguin-do ás pegadas de S. Francisco deAsís.
Remato co saúdo franciscano: “Paze Ben”.
Boletin novembro 2013_MaquetaciÛn 1 01/11/13 19:34 Página 2