ESTUDO DA FLORA EXÓTICA INVASORA
NO CAMPUS CENTRAL DA UDC
(ELVIÑA-A ZAPATEIRA)
Autores (persoal bolseiro da Oficina
de Medio Ambiente da UDC 2009‐2010): Coordinadores:
Juan Carlos González Revilla Manuel Soto Castiñeira (UDC)
Eva Vázquez Díaz Francisco Bañobre González (ADEGA)
Yolanda Fernández Bermúdez
David de Miguel Vidal
Pablo Belay Fernández
Marta Pérez Rama
OFICINA DE MEDIO AMBIENTE (OMA-UDC)
VICERREITORÍA DE INFRAESTRUTURAS E XESTIÓN AMBIENTAL
Índice
Introdución........................................................................................................................5
Obxectivos.........................................................................................................................8
Metodoloxía ......................................................................................................................9
Resultados.......................................................................................................................11
Propostas de actuación...................................................................................................13
Eucaliptus spp.(eucalipto) ......................................................................................................16
Cortaderia selloana (cortadeira) ............................................................................................16
Conyza canadensis (coniza) ....................................................................................................17
Oxalis sp..................................................................................................................................17
Acacia dealbata (mimosa)......................................................................................................17
Acacia melanoxylon (acacia negra) ........................................................................................18
Tradescantia fluminensis........................................................................................................18
Buddleja davidii ......................................................................................................................19
Calendula sp. (caléndula) .......................................................................................................19
Carpobrotus edulis..................................................................................................................18
Vinca difformis........................................................................................................................20
Cyperus eragrostis (papiro) ....................................................................................................20
Senecio mikainoides ...............................................................................................................20
Zantedeschia aethiopica (cala)...............................................................................................20
Phyllostachys sp. (bambú)......................................................................................................19
Tritonia crocosmiflora ............................................................................................................21
Conclusións ..................................................................................................................... 21
Bibliografía .................................................................................................................................21
Anexo 1.......................................................................................................................................21
Índice de ilustracións
Ilustración 1. Grupo de persoal bolseiro localizando a zona para inspeccionar ...........................5
Ilustración 2. Fotografía aérea do campus de Elviña‐A Zapateira.................................................6
Ilustración 3. Detalle do traballo de campo ..................................................................................7
Ilustración 4. Gráfica da presenza relativa das especies de flora invasora .................................12
Ilustración 5. Lenda para as especies no Mapa 1........................................................................14
Ilustración 6. Cortaderia selloana (cortadeira)............................................................................ 16
Índice de táboas
Táboa 1. Sesións de traballo en grupo ........................................................................................ 10
Táboa 2. Especies exóticas invasoras no campus de Elviña‐A Zapateira ....................................11
Índice de mapas
Mapa xeral...................................................................................................................................15
Mapas por especies (Anexo 1) ....................................................................................................22
Fe de erros
Tanto na lenda da Ilustración 5 como nos mapas aparecen por separado dúas especies que en realidade
son a mesma: papiro e Cyperus eragrostis. Na Táboa 2 as superficies de distribución están sumadas
como a única especie de que se trata.
Introdución
O persoal bolseiro da Oficina de Medio Ambiente
A universidade é un bo espazo para o desenvolvemento dun programa de voluntariado co
obxecto de exercer a custodia ambiental do territorio, ao contar, por unha banda, con expertos que
poden asesorar na investigación dos recursos naturais, a biodiversidade e as especies exóticas invasoras;
e, pola outra, con estudantes que poden aproveitar a experiencia para aplicaren os seus estudos
(botánica, novas tecnoloxías etc.) ao tempo que nutriren un grupo de voluntariado ambiental cuxa
actividade redunde nunha mellor formación persoal e a concienciación da comunidade universitaria no
seu conxunto.
As especies exóticas invasoras (EEI) son o segundo factor de perda de biodiversidade a nivel
global despois da destrución do hábitat. Divulgar este feito e o coñecemento das EEI é fundamental para
logo deseñar actuacións encamiñadas a previr a súa aparición e eliminalas. Que a sociedade en xeral
valore o impacto que producen as EEI no medio natural é un aspecto moi importante para controlar a
súa propagación.
Así, a Universidade da Coruña publicou unha convocatoria de dez bolsas destinadas ao
estudantado cuxo obxecto foi adxudicarlle a cada un dos centros con actividade docente no campus
central de Elviña–A Zapateira unha bolsa de colaboración coa Oficina de Medio Ambiente (OMA) da
Vicerreitoría de Infraestruturas e Xestión Ambiental. A finalidade das devanditas bolsas é a formación
teórica e práctica dos estudantes seleccionados mediante a realización de actividades de apoio e, en
particular, a súa participación na coordinación e posta en marcha das actividades ambientais da OMA no
respectivo centro da UDC.
Ilustración 1. Grupo de persoal bolseiro localizando a zona para inspeccionar
5
Como parte do programa de actividades da OMA, a asociación ecoloxista ADEGA coordinou e
formou os diferentes grupos de bolseiros para elaborar un estudo sobre as especies exóticas invasoras
do campus de Elviña‐A Zapateira.
Ilustración 2. Fotografía aérea do campus de Elviña‐A Zapateira
As invasións biolóxicas
Unha planta invasora é unha especie propia dunha área xeográfica diferente que se introduce
de forma intencionada ou accidental nunha área en que se naturaliza. É capaz de reproducirse e
propagarse, de xeito que aumenta a súa extensión e afecta dalgunha forma ao ecosistema que invade.
O proceso das invasións biolóxicas ten tres fases principais. Na primeira, a especie é
transportada a unha zona en que non é nativa. A segunda é a de aclimatación, en que a especie se
naturaliza, aínda que non experimenta ningunha expansión. A terceira consiste na propagación e a
colonización de novas zonas por parte da especie invasora. A escala temporal destas fases é
impredicible.
A problemática das invasións biolóxicas radica en que ocasionan grandes perdas económicas e
ecolóxicas. Só nun ano estas invasións causaron un gasto mundial que quintuplica o orzamento da
guerra de Iraq e, respecto aos prexuízos ecolóxicos, tal como se mencionou son a segunda causa de
perda de biodiversidade despois da destrución de hábitats.
6
As especies invasoras con maior representación neste estudo do campus de Elviña‐A Zapateira
son Oxalis sp., Cortaderia selloana (cortadeira), Eucaliptus globulus (eucalipto), Buddleja davidii, Acacia
melanoxylon (acacia negra), Conyza canadensis (coniza) e Acacia dealbata (mimosa).
Ilustración 3. Detalle do traballo de campo
Experiencias de voluntariado universitario sobre as invasións biolóxicas
A monitoraxe e o estudo participativo no ámbito universitario supoñen unha importante
ferramenta divulgativa sobre a problemática das especies exóticas invasoras. Canto ás estratexias máis
acaídas para loitar contra as bioinvasións, estas son, en primeiro lugar, a prevención, seguida das
campañas divulgativas. Existen experiencias noutras universidades, sobre todo no ámbito internacional,
que traballaron esta temática, como por exemplo as seguintes:
Maine Volunteer Lake Monitoring Program. Creado en 1971, é o programa de voluntariado
ambiental máis duradeiro e estable dos EUA. Varios centos de voluntarios monitorizaron
máis de cincocentos lagos a través deste programa no Estado de Maine, coa activa
participación da Universidade de Maine.
The San Antonio Invaders. An Eradication Pilot Program. A Universidade de Texas creou en
2008 un grupo de traballo para a monitoraxe e eliminación de flora exótica invasora na
cidade de San Antonio.
7
8
African Exotic Invader Plant Clearing Out. A través da súa Oficina Verde e a Comisión de
Voluntariado Ambiental, a Universidade de Cádiz está a desenvolver diferentes proxectos de
voluntariado, un deles este sobre a flora exótica invasora.
Washington Sea Grant Program. En 2005 a Universidade de Washington efectuou con
voluntariado traballos de monitoraxe de Spartina spp. na costa do Pacífico de América do
Norte. Así naceu o Spartina Eradication and Education Project.
Entre as metas destas monitoraxes están as de avaliar os impactos das especies invasoras sobre
a biodiversidade; previr futuras introducións de especies invasoras, detectalas oportunamente e
coñecer as súas traxectorias de introdución; tomar medidas inmediatas ante novas invasións; controlar
e manexar de xeito integral as especies invasoras xa establecidas e restaurar a biota nativa; impoñer
unha alerta pública e garantir a participación activa da sociedade.
Obxectivos
Dentro do proxecto de monitorizaxe da flora exótica invasora presente no campus de
Elviña‐A Zapateira marcámonos os seguintes obxectivos:
Proporcionar aos participantes no programa os coñecementos básicos para identificar
especies de flora exótica invasora.
Concienciar da problemática que xeran as bioinvasións no medio natural.
Crear grupos autoorganizados de voluntariado ambiental.
Promover o voluntariado ambiental no ámbito da UDC.
Propoñer iniciativas que palíen os efectos da flora exótica invasora.
Metodoloxía
Nas primeiras sesións deseñamos unha metodoloxía para o inventariado da flora exótica
invasora presente no campus de Elviña‐A Zapateira. Así, dividimos o plano da UDC en diferentes
parcelas que fosen manexables, de 200 x 200 m, coa finalidade de repartirmos o traballo entre os
diferentes grupos de persoal bolseiro. Resultaron 29 parcelas total ou parcialmente dentro do límite do
campus. Empregamos as ferramentas de fotografía aérea Google Earth e SixPaC para imprimirmos as
diferentes imaxes das parcelas que servirían de apoio no traballo de campo.
9
Doutra parte, elaboramos un calendario de traballo para inspeccionarmos as diferentes
parcelas. Nestas inspeccións, de partida identificamos no terreo os límites indicados no plano. Unha vez
feito isto, comezamos a inspeccionar e detectar calquera tipo de especie invasora. Para cada especie
invasora anotamos a superficie que ocupaba sobre a fotografía aérea cando se trataba dunha masa
bastante densa, no caso contrario contabamos o número de pés. Empregamos a cinta métrica para
calcularmos a superficie de especies cunha presenza reducida, porque ao usarmos a fotografía aérea o
erro de medición sería enorme.
Ademais, utilizouse como libro de apoio o volume Plantas invasoras de Galicia. Bioloxía,
distribución e métodos de control (Fernández Díaz et al., 2007) para verificar que as plantas atopadas
realmente son invasoras e consultar as súas características.
Para percorrer todo o campus detectando as especies invasoras precisamos nove sesións de seis
horas cada unha, divididas en sesións de mañá e tarde. Nas sesións de traballo conxunto, os dous
grupos realizaron as tarefas de tratamento dos datos recollidos e pasaron as superficies medidas a un
programa informático para ter unha radiografía da situación en que se atopa a flora exótica invasora no
campus. A actividade alongouse aproximadamente durante tres meses (Táboa 1).
Coa idea de ter una imaxe da superficie e presenza destas especies elaboramos un mapa
ilustrativo, global e de cada especie. Para isto empregamos os mapas proporcionados pola Vicerreitoría
de Infraestruturas e Xestión Ambiental. Estes mapas foron tratados coa ferramenta informática Autocad
2008. As tarefas nesta aplicación foron:
eliminar a información inservible para este traballo, como redes eléctricas, redes de
saneamento, infraestruturas deportivas etc.;
delimitar a extensión do campus universitario;
trasladar as divisións feitas no mapa en papel ao plano dixital (parcelas);
elaborar unha lenda para cada especie invasora;
parcela por parcela ir indicando as superficies e a presenza das diferentes especies no mapa
global;
e elaborar un mapa específico de cada especie a partir do mapa xeral.
10
Táboa 1. Sesións de traballo en grupo
Sesión Semana Grupo Actividade
Mañá Presentación 1 13de xaneiro
Tarde Presentación
Mañá Identificación de EEI 2 20 de xaneiro
Tarde Identificación de EEI
Mañá Identificación de EEI 3 27 de xaneiro
Tarde Identificación de EEI
Mañá Identificación de EEI 4 3 de febreiro
Tarde Identificación de EEI
5 24de febreiro Mañá Identificación de EEI
6 17 de marzo Tarde Identificación de EEI
7 24 de marzo Tarde Identificación de EEI
8 28 de abril Tarde Traballo en grupo
9 12 de maio Tarde Traballo en grupo
Para rematar realizamos un informe con toda a información recollida e elaborada para
documentarmos as diferentes especies invasoras e propoñermos solucións para erradicalas.
Resultados
Nesta sección pretendemos tratar e discutir a información recollida sobre a incidencia real da
flora invasora no campus de Elviña‐A Zapateira. A Táboa 2 relaciona as especies atopadas e a superficie
relativa que ocupan no territorio. Trátase dun bo número de especies que poñen en perigo a viabilidade
da flora autóctona.
Segundo podemos observar na Ilustración 4, dun total de dezaseis especies destacan
fortemente dúas, a Cortaderia selloana e o Eucaliptus globulus, ás que lle seguen outras tres, a Conyza
canadensis, a Oxalis sp. e a Acacia dealbata. Calquera das restantes especies ocupa na actualidade
menos do 1% da superficie total ocupada por invasoras.
Táboa 2. Especies exóticas invasoras no campus de Elviña‐A Zapateira
Id Especie Total (m2) % de presenza
1 Acacia melanoxylon (acacia negra) 29,16 0,56%
2 Phyllostachys sp. (bambú) 2,25 0,04%
3 Buddleja davidii 44,37 0,86%
4 Zantedeschia aethiopica (cala) 4,86 0,09%
5 Calendula officinalis (caléndula) 42,39 0,82%
6 Carpobrotus edulis 23,85 0,46%
7 Conyza canadensis (coniza) 345,87 6,70%
8 Cortaderia selloana (cortadeira) 2052,9 39,76%
9 Cyperus eragrostis (papiro) 20,16 0,39%
10 Eucaliptus globulus (eucalipto) 2158,74 41,81%
11 Acacia dealbata (mimosa) 134,55 2,61%
12 Oxalis sp. 232,56 4,50%
13 Senecio mikainoides 5,4 0,11%
14 Tradescantia fluminensis 49,6 0,96%
15 Tritonia crocosmiflora Presenza 0,00%
16 Vinca difformis 16,83 0,33%
Superficie total 5163,5 100 %
Ilustración 4. Gráfica da presenza relativa das especies de flora invasora
O campus de Elviña–A Zapateira é un espazo cun nivel de antropización elevado, en que se dan
cita varios factores que favorecen a proliferación da flora exótica invasora. Por unha banda, as obras de
construción levadas a cabo no campus comportan unha alteración do medio que, cos movementos de
terras, proporciona unhas condicións óptimas para se instalaren estas especies oportunistas.
11
12
As maquinarias das propias obras actúan como dispersantes de EEI. Pola outra, o abandono das terras
de labranza supón tamén un caldo de cultivo axeitado para que se estendan estas plantas, entre as cales
prolifera sobre todo a Conyza canadensis. Tamén a xardinería é responsable da introdución de especies,
así como a xestión dos residuos vexetais.
A superficie total do campus de Elviña–A Zapateira é de aproximadamente 100 Ha (un millón de
metros cadrados), das cales a flora exótica invasora ocupa uns 5100 m2. Do inventario e estudo da flora
exótica invasora do campus, podemos concluír que a presenza destas planta cobre un 0,5% da súa
superficie total. Malia que esta porcentaxe podería parecer reducida, en realidade as áreas afectadas
son moito maiores, xa que uns poucos pés poden condicionar unha superficie elevada.
Diferentes expertos e organismos internacionais (p. ex. a Unión Internacional para a
Conservación da Natureza, UICN) apuntan que a mellor acción para solucionar o problema das invasoras
é previr, así como actuar de maneira temperá antes de que o problema non teña solución. Por tanto,
aínda que a superficie sexa pequena sería de interese eliminar as EEI tendo en conta estes aspectos:
As especies máis agresivas. Podemos identificar aquelas que cadran co TOP 100 (Lowe et al.,
2004) e tamén aquelas que cadran co TOP 20 para España (Grupo Especialista en Invasións
Biolóxicas de León, en liña).
As que están en lugares/espazos máis sensibles, como os ríos, as zonas húmidas etc.
As que se poden manter en zonas axardinadas e as que están a colonizar lugares sensibles.
As dúas especies que aglutinan o 80% do total da flora estudada pertencen ás máis perigosas
das consideradas no TOP 10 de EEI. Son a Cortaderia selloana e o Eucaliptus globulus. Sería o momento
axeitado para realizar tarefas de eliminación destas plantas, xa que se atopan nun estado inicial de
ocupación.
A cantidade de especies diferentes atopadas foi de dezaseis en total. Malia moitas delas teren
unha extensión moito menor que as antes citadas, sería conveniente realizar traballos de control co fin
de atallar a súa expansión, nun momento en que aínda é doado e non demasiado custoso facelo.
O Mapa 1 presenta a distribución de todas as EEI identificadas no campus de Elviña–A Zapateira.
A lenda empregada neste mapa xeral é a indicada na Ilustración 5. No Apéndice inclúense os mapas
elaborados cos de campo por separado para cada unha das especies.
Cyperus eragrostis
Eucaliptus spp.
Acacia dealbata
Oxalis sp.
Cyperus eragrostis
Senecio mikainoides
Tradescantia fluminensis
Tritonia
Vinca
Acacia melanoxylon
Phyllostachys sp.
Buddleja davidii
Zantedeschia aethiopica
Calendula sp.
Carpobrotus edulis
Conyza canadensis
Cortaderia selloana
Ilustración 5. Lenda para as especies no Mapa 1
Propostas de actuación
A continuación propoñemos as actuacións que se deberían acometer para o control da flora
exótica invasora presente no campus da UDC, especie por especie. Aínda que nestas propostas se
comenta a posibilidade de empregar emendas químicas, cremos máis conveniente utilizar métodos
mecánicos para eliminar a flora exótica, acompañados dun seguimento que incida na actuación sobre os
agromos que volvan xurdir Este seguimento podería facerse co voluntariado ambiental da Universidade.
13
cort
cort
cort
cortcort
cort
cort
bu_d
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euceuc
car car
cy_e
cort
cort
bu_d
cy_e
cort
cort
cort
cort
cort
vinc
vinc
cort
cort
cn_k
cort
cort
cort
cort
cort
cort
eucoxal
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
oxal
bu_d
cort
cort
car
bu_d
euc
cort
cort
cort
cort
cort
cy_e
oxal
cn_k
cn_k
cn_k
euc
euc
euc
euc
cn_k
cn_k
oxal
oxal
oxal
tra_f
bu_d
cort
cort
cort
cort
vinc
vinc
vincvinc
cy_e
cy_e
cy_e
bu_d
cortcort
cort
ac_n
ac_n
ac_n
se_m
bam
bu_d
tra_f
tra_f
mim
euc
euc
euc
cort
cort
bam
vinc
vinc
mim
oxal
tra_f
oxal
oxal
oxal
euc
mim
cala
cala
calacala
oxal
tra_f
oxal
oxal
euc
euc
euc
bam
cala
cala
cala
oxal
oxal
cort
cn_k
cn_k cn_k
cn_k
cort
cort
cn_k
cort
pap
cortcort
cort
cort
cortcort
cort
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
mim
mim
mim
mim
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
oxal
cort
cort
mim
oxal
cn_k
cn_k
cn_k
cort
oxal
oxal
oxal
oxal
bu_d
cort
cort
cort
oxal
bam
cort
euc
euc
euc
euc
euc
mim
mimmim
tra_f
tra_f
oxal
oxal
oxal
bu_d
bam
bu_d
clndl
cn_k
oxal
tri topap
clndl
cn_k
cn_k
cn_k
tri topap tri topap
tri to
pap
oxal
oxal
bam
oxal
oxal
cn_k
cn_k
cn_k
oxal
cala
oxal
bu_d
cala
mim
oxal
tra_f
oxal
oxal
oxal
oxal
bu_d oxal
oxal
cala
clndl
clndl
oxal
oxal
cort
cort
tra_f
tra_f
tra_f
cort
cort
oxal
se_m
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
cort
cort
cort
oxal
cort
cort
cort
euc
euc
euc
bu_d
cort
cort
cort
bu_d
bu_d
se_m
cort
cort
cort
cort
bu_dcala
oxal
oxal
bu_d
cala
tra_f
cala
euc
oxal
euc
euc
euc
euc
euc
bam
oxal
cn_k
cort
cort
bu_d cort
euc
oxal
oxal
bu_d
bu_d
cort
cort
euc
cort
cort
bu_d
euc
euc
oxal
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
oxal
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
oxal
oxalcala
tra_f
bu_d
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
bu_d
cort
bu_d
cort
euc
euc
euc
euc
euc
oxal
cort
euc
euc
euc
euc
euc
euc
ac_n bam bu_d cala clndl car cn_k cort cy_e
euc mim oxal se_m tra_f tritopap vinc
plano general
escala 1/5000
nleyendaCampus de ElviñaCampus de ElviñaCampus de ElviñaCampus de Elviña
Especies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasLendaLendaLendaLenda Plano xeralPlano xeralPlano xeralPlano xeral
Escala 1/5000Escala 1/5000Escala 1/5000Escala 1/5000
Eucaliptus spp. (eucalipto)
O eucalipto é a árbore exótica máis extensamente plantada ao logo do campus, mais neste caso
os bosques non están orientados a unha explotación forestal, senón que a súa aparición é froito da
casualidade. Para controlar esta árbore non é suficiente pinchala, necesítase empregar métodos de
control químico ou físico para evitar que volva xermolar.
Cortaderia selloana (cortadeira)
A seguinte especie con máis presenza é a cortadeira, tamén coñecida polos nomes de plumeiro,
herba da Pampa ou carrizo da Pampa. No ámbito de estudo a súa presenza é abundante, xa que esta
especie se propaga principalmente polo vento, o que facilita a invasión dos terreos. A cortadeira é
perigosa pola súa capacidade de modificar o hábitat e por ser unha especie pirófita, que colabora na
propagación de incendios.
A solución que se propón na bibliografía (Fagúndez et al., 2007) como máis idónea para
erradicar esta especie é a combinación de control mecánico e químico. De partida temos que rozar
mecanicamente a especie e a continuación aplicar herbicidas que conteñan glifosato (36%) diluídos a un
2%. As plantas deben ser pulverizadas con aplicacións puntuais até se atoparen empapadas, mais
cómpre evitarmos que cheguen a chorrear. Con estes tratamentos conseguiuse un control de até un
90% o primeiro ano en diferentes actuacións.
Ilustración 6. Cortaderia selloana (cortadeira)
Porén, debemos ter en conta que en moitas áreas é posible a erradicación desta especie
mediante o emprego exclusivo de medios mecánicos. A UDC erradicouna hai pouco desta forma dunha
superficie duns 2500 m2 que van ser destinados a hortas urbanas.
15
16
Conyza canadensis (coniza)
A coniza é unha planta anual que ten unha produción de sementes moi alta. As datas en que se
realizou o estudo non son as mellores para analizar a súa maior presenza, xa que florece no verán e o
outono.
Resulta moi interesante establecer mecanismos de control, para o cal hai varias estratexias:
Control mecánico. A sega ten como contrapunto o doado de que a especie volva agromar. No
entanto, arrancala de xeito manual desde a raíz é efectivo ao 100%.
Control físico. Estudos recentes indican que o recubrimento da especie cun plástico presenta
unha boa eficacia.
Control químico. Tendo en conta que as solucións anteriores resultan eficaces e que algunhas
variades desenvolveron resistencia aos herbicidas, damos por descartada esta solución.
Oxalis sp.
A Oxalis é unha planta procedente de Sudáfrica, da rexión do Cabo. No campus ten unha
presenza do 4,5% e atópase maioritariamente nas beiras dos ríos, os regatos e as zonas con pendente.
Resiste a baixa luminosidade, polo que pode crecer no sotobosque de moitas formacións vexetais.
Causa problemas como mala herba en cultivos, mais a súa incidencia sobre os hábitats naturais é baixa.
Os mecanismos de control para se aplicar poden ser mecánicos, que consisten en eliminar
fisicamente os bulbos ou tratar de consumir as súas reservas. O control químico sería preciso que se
aplicase antes da floración da planta para ter éxito.
Acacia dealbata (mimosa)
Esta árbore está moi estendida por diversos lugares do mundo. Ten un alto potencial
alelopático, que dificulta a xerminación doutras especies, e incrementa o risco de incendio ao ser unha
especie pirófita. Utilízase como ornamental e tamén en carpintaría; en Galicia, ademais, é utilizada para
apuntalar terrapléns e para facer estacas para as vides, entre outras actividades.
Os diferentes controis que se poden aplicar son os seguintes:
Control mecánico. É unha medida eficaz para eliminar a planta no seu estado máis xuvenil, e
adoita empregarse a rozadura por cadeas ou o arranque de individuos. Logo da eliminación
mecánica prodúcese un forte proceso de xerminación do banco de sementes, o que o reduce,
mais obriga a un seguimento da zona para evitar a repoboación.
17
Control biolóxico. Numerosas especies de acacias foron obxecto de estudo dentro de plans de
control biolóxico en Sudáfrica. Os axentes que máis se empregan son os seguintes:
o Eliminadores de semente como Melanterius servulus, Melanterius ventralis, Melanterius
maculatus ou Melanterius acaciae. As larvas destes gurgullos aliméntanse das sementes
que as árbores producen e chegan a destruír até un 90% delas.
o Avespas formadoras de bugallos nas flores, Trichilogaster acaciaelongifoliae. Este tipo
de avespa deposita os ovos nos abrochos, que darán lugar a bugallos en vez de ás
inflorescencias típicas. Os bugallos teñen unha forte demanda de nutrientes, polo que
non só a rama que os contén se ve privada de recursos enerxéticos, senón que toda a
planta vai sufrir unha carencia de elementos básicos. Como consecuencia, o número de
sementes producidas nas ramas tamén vai descender e verase reducida até nun 90%.
Acacia melanoxylon (acacia negra)
Esta acacia ten un comportamento e potencial invasor similar á anterior e está espallada por
toda Galiza, máis na costa que no interior. Diferénciase por ter as follas adultas reducidas a folíolos
enteiros, laminares. Os mecanismos de control son os mesmos que para a Acacia dealbata.
Tradescantia fluminensis
Planta herbácea de reprodución vexetativa por medio de talos enraizantes que se fragmentan e
dispersan. Introduciuse polo seu uso na xardinaría: escapa dos xardíns e ocupa as zonas próximas.
Forma alfombras monoespecíficas en hábitats naturais.
Para o seu control existen diferentes estratexias. O control mecánico é unha boa ferramenta
para eliminar poboacións pequenas, como é o caso da UDC. No caso de grandes extensións son
erradicables coa axuda do control químico.
A Tradescantia presenta o inconveniente de posuír unha alta capacidade de reprodución
vexetativa a partir de raíces adventicias ou por talos. Rexenérase con anacos inferiores a 1 cm, así que é
preciso retirar até o último elemento e realizar varias veces a erradicación. É moi importante
monitorizar a zona.
Buddleja davidii
Tamén coñecida como arbusto das bolboretas, esta planta de xardín provén da China Central,
das zonas altas de montaña, e é invasiva. Expándese profusamente por medio de sementes e pódese
atopar ao longo das ribeiras dos ríos, nos camiños e nos montes.
18
Cómpre non aplicar medios de control mecánico de non iren acompañados dun tratamento
químico, pois volve xermolar con máis vigor e a situación empeora. O control químico constaría da
aplicación de basais coa seguinte mestura: 1 l de auga, 5 g dun produto con metsulfuro metilo ao 60%,
0,5 l dun produto con glifosato ao 36% e 2,5 ml de sulfactante.
Calendula sp. (caléndula)
Polo xeral esta planta medra en dunas, areais e zonas costeiras. A retirada manual con
ferramentas como anciños, realizada desde o exterior cara ao interior, é unha das mellores opcións para
erradicala. Hai que ter tino cos anacos, porque poden producir que a planta volva agromar, e logo da
limpeza cómpre inspeccionar a zona para sucesivas retiradas.
Para o control químico emprégase o triclopir (600 g/l produto) a 8 ml por cada 10 l de auga, mais
debe terse en conta que existen casos en que pode aparecer un biotipo resistente.
Carpobrotus edulis
Esta herba tamén é coñecida como unlla de gato ou herba do coitelo. É unha especie cunha
progresión preocupante, que ocupa zonas novas en medios alterados e forma un manto ininterrompido
que cobre o substrato. Emprégase en xardinaría, como nun dos casos atopados no campus da UDC.
Pódese eliminar manualmente, tendo conta de non deixar restos da planta soterrados no solo,
polo cal é preciso repetir esta operación cando menos unha segunda vez e ter a zona monitorizada.
Tamén se pode empregar glifosato nun mínimo do 2% e potenciar o seu efecto engadindo un 1% de
sulfactante co obxecto de romper a densa cutícula da planta. Pasados varios meses poden volver
xermolar plantas en aparencia mortas, polo que cómpre vixiar a zona.
Vinca difformis
Tamén chamada cangroia, herba doncela, herba da envexa e semprenoiva. Esta planta non é
moi difícil de controlar porque non forma estruturas de resistencia, así que se recomenda revisar as
zonas en que apareza dúas veces ao ano (outono e primavera) como mínimo e eliminalas.
Cyperus eragrostis
Coñecido como papiro, conta cunha presenza do 0,39% no campus. A solución máis efectiva é a
retirada manual coa axuda dun pequeno sacho, tarefa que cómpre repetir en varias ocasións; nas
limpezas seguintes á primeira as plantas deben ser sacadas antes de que desenvolvan cinco ou seis
follas para evitar a produción de novos tubérculos. Non se recomenda o emprego de técnicas de arado
porque dispersan a poboación. Os herbicidas, pola súa parte, teñen unha eficacia baixa.
19
Senecio mikainoides
Controlar esta invasora é moi complexo porque se rexenera facilmente, por iso é moi
importante monitorizar aquelas zonas en que foi detectada. Para eliminala é preciso extraer as raíces e
os talos e gardalos en bolsas ou sacos, e que en ningún momento vaian parar a un vertedoiro, xa que a
planta podería propagarse.
Zantedeschia aethiopica (cala)
Esta planta que procede de Sudamérica e ten moito uso en xardinaría está considerada como
potencialmente invasora. Non se teñen datos da súa propagación en medios naturais. En ocasións
aparece de xeito ventureiro en medios alterados con certa humidade; pode xurdir, por tanto, asociada a
cursos fluviais, onde compite coa flora autóctona, que pode chegar a desprazar. Baixo o principio de
precaución, deberíase actuar sobre ela cando apareza naturalizada, empregar medios mecánicos de
eliminación e facer un seguimento destes para valorar a súa eficacia.
Phyllostachys sp. (bambú)
É unha das cen especies invasoras máis perigosas no contexto internacional. Adáptase a zonas
húmidas alteradas e ocupa grandes extensións en pouco tempo.
A retirada manual so é eficiente na época xuvenil da planta (menos de 2 metros). Para isto é
preciso extraer o rizoma sen deixar os talos ou os rizomas no solo, xa que poden enraizar e volver
xermolar. Coas plantas adultas a solución pasa por cortar os talos e logo aplicar herbicida cunha solución
de 180 g de glifosato por cada litro de auga.
Tritonia crocosmiflora
A Tritonia só foi identificada nalgunhas zonas do campus. Sería recomendable a súa eliminación
urxente, debido a que é das plantas invasoras máis difíciles de controlar, en especial cando se trata de
eliminar poboacións extensas. Neste caso é unha tarefa que requirirá moitísimo tempo (anos) e un
esforzo continuado.
20
Conclusións
O traballo realizado puxo de manifesto a presenza de dezaseis especies de flora exótica
invasora, entre as que salientan pola súa maior presenza a Cortaderia selloana e o Eucaliptus globulus,
seguidas pola Conyza canadensis, a Oxalis sp. e a Acacia dealbata.
Recoméndase como prioridade a eliminación mecánica da cortadeira, o eucalipto e a coniza, así
como o estudo de técnicas de control e erradicación da Buddleja davidii. Como actuación preventiva
urxe a eliminación da Tritonia crocosmiflora e o Senecio mikanoides.
O voluntariado ambiental podería xogar un papel importante non só no estudo e a identificación
destas especies, senón tamén na súa erradicación e no seguimento e a inspección periódica das zonas
en que se actuou.
21
Bibliografía e ligazóns
Fagúndez J., Barrada M., Fernández R., Santamarina J. e Salvande M. (2007). “Plantas Invasoras de
Galicia. Bioloxía, distribución e métodos de control”. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia,
Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
Lowe S., Browne M., Boudjelas S., De Poorter M. (2004). 100 de las Especies Exóticas Invasoras más
dañinas del mundo. Una selección del Global Invasive Species Database. Ed. Grupo Especialista de
Especies Invasoras (GEEI), Unión Mundial para la Naturaleza (UICN), 12pp. Dispoñible en formato
electrónico no enderezo web <http://www.issg.org/bookletS.pdf> (Consulta: 26/11/2010).
Grupo Especialista en Invasiones Biológicas de León. http://geib.blogspot.com/ (Consulta: 26/11/2010).
Invasións biolóxicas [http://invasionesbiologicas.blogspot.com/]
http://proxectorios.org/index.php?option=com_content&task=view&id=134&Itemid=34
http://www.rios‐galegos.com/arb12.htm
Butterfly Bush [http://www.kingcounty.gov/environment/animalsAndPlants/noxious‐weeds/weed‐
identification/butterfly‐bush.aspx]
Páxina web da Consellería de Medio Rural. Flora Invasora na Galiza
[http://medioambiente.xunta.es/espazosNaturais/especies_florainvasora_listado_cas.jsp]
Anexo 1. Mapas por especies
ac_n
ac_n
ac_n
ac_n plano general
escala 1/5000
nleyendaCampus de ElviñaCampus de ElviñaCampus de ElviñaCampus de Elviña
Especies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasLendaLendaLendaLenda Plano xeralPlano xeralPlano xeralPlano xeral
Escala 1/5000Escala 1/5000Escala 1/5000Escala 1/5000Acacia negra
bam
bam
bam
bam
bam
bam
bam
bam plano general
escala 1/5000
nleyendaCampus de ElviñaCampus de ElviñaCampus de ElviñaCampus de Elviña
Especies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasLendaLendaLendaLenda Plano xeralPlano xeralPlano xeralPlano xeral
Escala 1/5000Escala 1/5000Escala 1/5000Escala 1/5000Bambú
bu_d
bu_d
bu_d
bu_d
bu_d
bu_d
bu_d
bu_d
bu_d
bu_d
bu_d
bu_d
bu_d
bu_d
bu_d
bu_d
bu_d
bu_d
bu_d
bu_d
bu_d
bu_d
bu_d
bu_d
bu_d plano general
escala 1/5000
nleyendaCampus de ElviñaCampus de ElviñaCampus de ElviñaCampus de Elviña
Especies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasLendaLendaLendaLenda Plano xeralPlano xeralPlano xeralPlano xeral
Escala 1/5000Escala 1/5000Escala 1/5000Escala 1/5000Buddleja davidii
cala
cala
calacala
cala
cala
cala
cala
cala
cala
cala
cala
cala
cala
cala plano general
escala 1/5000
nleyendaCampus de ElviñaCampus de ElviñaCampus de ElviñaCampus de Elviña
Especies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasLendaLendaLendaLenda Plano xeralPlano xeralPlano xeralPlano xeral
Escala 1/5000Escala 1/5000Escala 1/5000Escala 1/5000Cala
clndlclndl
clndl
clndl
clndl plano general
escala 1/5000
nleyendaCampus de ElviñaCampus de ElviñaCampus de ElviñaCampus de Elviña
Especies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasLendaLendaLendaLenda Plano xeralPlano xeralPlano xeralPlano xeral
Escala 1/5000Escala 1/5000Escala 1/5000Escala 1/5000Caléndula
car car
car
car plano general
escala 1/5000
nleyendaCampus de ElviñaCampus de ElviñaCampus de ElviñaCampus de Elviña
Especies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasLendaLendaLendaLenda Plano xeralPlano xeralPlano xeralPlano xeral
Escala 1/5000Escala 1/5000Escala 1/5000Escala 1/5000Carpobrotus edulis
cn_k
cn_k
cn_k
cn_k
cn_k
cn_k
cn_k
cn_k cn_k
cn_k
cn_k
cn_k
cn_k
cn_k
cn_k
cn_k
cn_k
cn_k cn_k
cn_k
cn_k
cn_k
cn_k plano general
escala 1/5000
nleyendaCampus de ElviñaCampus de ElviñaCampus de ElviñaCampus de Elviña
Especies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasLendaLendaLendaLenda Plano xeralPlano xeralPlano xeralPlano xeral
Escala 1/5000Escala 1/5000Escala 1/5000Escala 1/5000Conyza canadensis
cort
cort
cort
cortcort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cortcort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cortcort
cort
cort
cortcort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort
cort plano general
escala 1/5000
nleyendaCampus de ElviñaCampus de ElviñaCampus de ElviñaCampus de Elviña
Especies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasLendaLendaLendaLenda Plano xeralPlano xeralPlano xeralPlano xeral
Escala 1/5000Escala 1/5000Escala 1/5000Escala 1/5000Cortaderia selloana
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euceuc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
cort
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
euc
plano general
escala 1/5000
nleyendaCampus de ElviñaCampus de ElviñaCampus de ElviñaCampus de Elviña
Especies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasLendaLendaLendaLenda Plano xeralPlano xeralPlano xeralPlano xeral
Escala 1/5000Escala 1/5000Escala 1/5000Escala 1/5000
Eucalipto
mim
mim
mim
mim
mim
mim
mim
mim
mim
mimmim
mim
mim
plano general
escala 1/5000
nleyendaCampus de ElviñaCampus de ElviñaCampus de ElviñaCampus de Elviña
Especies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasLendaLendaLendaLenda Plano xeralPlano xeralPlano xeralPlano xeral
Escala 1/5000Escala 1/5000Escala 1/5000Escala 1/5000
Mimosa
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
oxal
plano general
escala 1/5000
nleyendaCampus de ElviñaCampus de ElviñaCampus de ElviñaCampus de Elviña
Especies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasLendaLendaLendaLenda Plano xeralPlano xeralPlano xeralPlano xeral
Escala 1/5000Escala 1/5000Escala 1/5000Escala 1/5000
Oxalis
pap
pappap
pappap
pap
plano general
escala 1/5000
nleyendaCampus de ElviñaCampus de ElviñaCampus de ElviñaCampus de Elviña
Especies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasLendaLendaLendaLenda Plano xeralPlano xeralPlano xeralPlano xeral
Escala 1/5000Escala 1/5000Escala 1/5000Escala 1/5000
Papiro II
cy_e
cy_e
cy_e
cy_e
cy_e
cy_e
cy_e plano general
escala 1/5000
nleyendaCampus de ElviñaCampus de ElviñaCampus de ElviñaCampus de Elviña
Especies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasLendaLendaLendaLenda Plano xeralPlano xeralPlano xeralPlano xeral
Escala 1/5000Escala 1/5000Escala 1/5000Escala 1/5000Papiro
se_m
se_m
se_m
se_m
plano general
escala 1/5000
nleyendaCampus de ElviñaCampus de ElviñaCampus de ElviñaCampus de Elviña
Especies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasLendaLendaLendaLenda Plano xeralPlano xeralPlano xeralPlano xeral
Escala 1/5000Escala 1/5000Escala 1/5000Escala 1/5000
Senecio
tra_f
tra_f
tra_f
tra_f
tra_f
tra_f
tra_f
tra_f
tra_f
tra_f
tra_f
tra_f
tra_f
tra_f
plano general
escala 1/5000
nleyendaCampus de ElviñaCampus de ElviñaCampus de ElviñaCampus de Elviña
Especies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasLendaLendaLendaLenda Plano xeralPlano xeralPlano xeralPlano xeral
Escala 1/5000Escala 1/5000Escala 1/5000Escala 1/5000
Tradescantia
tri to tri totri to
tri to
trito
plano general
escala 1/5000
nleyendaCampus de ElviñaCampus de ElviñaCampus de ElviñaCampus de Elviña
Especies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasLendaLendaLendaLenda Plano xeralPlano xeralPlano xeralPlano xeral
Escala 1/5000Escala 1/5000Escala 1/5000Escala 1/5000
Tritonia
vinc
vinc
vinc
vinc
vincvinc
vinc
vinc
vinc
plano general
escala 1/5000
nleyendaCampus de ElviñaCampus de ElviñaCampus de ElviñaCampus de Elviña
Especies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasEspecies Exóticas InvasorasLendaLendaLendaLenda Plano xeralPlano xeralPlano xeralPlano xeral
Escala 1/5000Escala 1/5000Escala 1/5000Escala 1/5000
Vinca
Top Related