Se mergullarse na lectura supón a perda da noción do
tempo, non hai mellor momento para iso que o verán. Busca
eses libros agochados na biblioteca da casa ou nun estante
perdido da túa habitación; visita a biblioteca pública ou a
librería que máis che guste; pídelle a algún amigo que che
recomende un libro. Valen todos os temas, todos os
xéneros, todos os personaxes,... No verán non hai lecturas
obrigatorias, hai LIBROS LIBRES.
Librérate!!!!
1º ciclo ESO
Saímos de ruta e en primeiro lugar viaxamos a Nova
Iorque co personaxe de comic Mot, un monstruo
amable que vive no armario de Leo e que o leva pola
cidade dos rañaceos e polo mundo de Nunca
Xamáis. De volta a Europa achegámonos a Bélxica
co pequeno Spirou que nos fala do seu mestre
favorito no comic Mi profesor de ximnasia. A viaxe
continua por Europa e lévanos no espazo e no tempo
ata a antiga Roma na que ocorren as historias
policiacas de Caroline Lawrence en El fugitivo de
Corinto. De volta pasaremos pola cosmopolita
cidade de Barcelona para coñecer a Raquel de
Isabel-Clara Simó que tamén viaxa moito pero por
dentro de sí mesma. E, xa un pouco cansos de tanto
andar fóra da casa, voltamos e lemos a Breve
Historia de Galiza de A Nosa Terra, porque coñecer o
propio é a porta para coñecer aos demáis.
2º ciclo ESO
Esta nova viaxe imos comezala en nave
espacial, chegando á Terra para acompañar aos
extraterrestres de The Host de Stephenie Meyer
que non collen hotel senón que entran
directamente a hospedarse nos corpos dos
humanos, con serias consecuencias para as
dúas especies. Despois podemos facer unha
viaxe a lugares imaxinarios como Idhún, polos
que nos leva Laura Gallego en Memorias de
Idhún. No mar entramos co navío Santa Lilaina,
un veleiro do século XIX, na novela de
aventuras Caldo de mares para homes libres de
J.A. Xesteira, que percorre os mares de Lisboa
ata o Caribe. No camiño de volta, no avión,
podemos ir lendo unha novela policiaca situada
en Cambados Svea Kött (carne sueca) do noso
escritor Domingo Tabuyo, para ir recuperando
as esencias do Salnés. E, xa na casa, para
repousar de tanto camiñar polo mundo, un libro
de ciencias Eso no está en mi libro de ciencias
de Kate Kelly, que recolle os avances máis
importantes da ciencia e explícaos dun xeito
divertido.
Bacharelato e Ciclos
Comezamos a viaxe no centro de Galicia, nun lugar mítico que
representa a Galicia rural do século XIX, a Galicia dos pazos e dos
bosques profundos, a dos señores e os labregos, a Galicia que
retratou Emilia Pardo Bazán en Los pazos de Ulloa. De aquí
saltaremos ao lonxano Xapón que retrata Orgullo de Samurai de
Hiroshi Hirata, un comic que amosa a loita e orgullo dos guerreiros
orientais. Seguimos percorrendo a Terra ata o Caribe da man de
Ernest Hemingway quen, coa súa obra El viejo y el mar, narra a
historia de Santiago, un vello mariñeiro cubano que loita cun pez
xigantesco na captura máis salientable da súa vida. Percorrida case
a Terra enteira, saímos para Marte da man de Ray Bradbury que
relata a futura conquista do planeta vermello en Crónicas Marcianas.
De volta a Galicia leremos O bandido Casanova de Hixinio Puentes
que retrata ao bandido máis lendario do século XIX galego, Mamede
Casanova, alias Toribio. Por fin, hai que ler o libro de Stéphane
Hessel Indignádevos! se queremos viaxar pola realidade sen perder
o rumbo.
Top Related