MARZO:
MES DA POESÍA
CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á
LECTURA
MES DA POESÍA
Este mes de Marzo, a campaña de animación á lectura vaise centrar na POESÍA. Como sabedes, o 21 de Marzo celébrase o Día Mundial da Poesía. Nós, dende a escola, queremos tamén sumarnos a esa celebración, cun pequeno recital do que xa iredes tendo cumprida información. Polo de agora, convidámosvos a que introduzades a poesía nas vosas aulas, porque “ a poesía non se ensina, a poesía fíltrase” (G. Teijeiro).
“Queremos vencer o aburrimento e a soidade.
Queremos xogar.Queremos que o xogo nos transforme.
A poesía, maxia palpable, da vida ás cousas grazas á palabra”
(Consuelo Varela).
Así que animádevos a participar cos vosos propios poemas, ou
doutros autores, en galego, en castelán ou en inglés, nunha folla tamaño A5
( a metade do tamaño A4).
Non haberá data de entrega. Pódense ir aportando dende hoxe
mesmo ata finais de mes.
MES DA POESÍA
“MARZO ENGANADOR,
UN DÍA MALO E OUTRO PEOR”
“O SOL DE MARZO
QUEIMA ÁS DONAS NO SEU PAZO”
“EN MARZO ABRIGO,
NOCES E PAN TRIGO”
“EN MARZO PODAR E CAVAR,
SE QUERES COLLEITAR”
MES DA POESÍA
MES DA POESÍA
Día 1/149 Día 13/1869
A carabela La Pinta, mandada por Martín Alonso Pinzón é pilotada polo pontevedrés Sarmiento, arribou a Baiona, sendo o primeiro lugar de Europa que coñeceu a nova do descubrimento de América.
Día 2/1886
Nace na Coruña o compositor Eduardo Rodríguez Losada.
Día 4
1989: Nace en Cambados o escultor Francisco
Asorey.
1936: Morre Antón Vilar Ponte.
Día 5/1888
Nace en Ourense Ramón Otero Pedraio
Día 7/1908
Morre en Cuba Curros Enríquez
Día 8
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA
1917: Morre na Coruña Eduardo Pondal, autor
do poema “Queixume dos pinos” que máis tarde se convertería no “Himno Galego”
Día 10
DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA
1944: Edítase en Bos Aires “Sempre en Galiza”
de Castelao.
1965: En Belesar-Chantada cae o derradeiro
guerrilleiro da Resistencia Galega Xosé Castro
Veiga, O Piloto.Día 13/1869
Nace na Coruña Ramón Menéndez Pidal, quen no ano 1925 foi elixido presidente da Real Academia de la Lengua.
Día 15/1525
Unha bula de Clemente VII autoriza a Afonso III de Fonseca á creación dun colexio en Santiago. Esta foi a orixe da Universidade Compostelana.
Día 17
DÍA INTERNÁCIONAL DO MAR.
DÍA 21
DÍA INTERNACIONAL POLA ELIMINACIÓN DA DISCRIMINACIÓN RACIAL
DÍA 22
DÍA MUNDIAL DA AUGA
DÍA 22/1922
Morre o poeta Antón Avilés de Taramancos.
Día 25/1990
Morre en Santiago Ricardo Carballo Calero
Día 28/1996
Morre no Lalín natal o astrónomo Ramón Mª Aller. Un cráter da lúa leva o seu Nome.
Día 31
1881: Inaugúrase a liña férrea Ourense-Vigo
1901: Nace en Ponteareas Fermín Bouza Brey.
EFEMÉRIDES
MES DA POESÍA
Top Related