É a enerxía da auga encorada durante a marea chea aprovéitase para mover mecanismos na baixamar.
ENERXÍA DAS MAREAS (mareomotriz)
A enerxía producida polas correntes de marea foi aproveitada desde tempos antigos para mover muíños de cereais. Hai referencias do seu uso en Basora, no Golfo Pérsico, no século X, e en Europa desde o século XI. En Galicia usouse desde o século XVI.
En Galicia danse condicións naturais para o aproveitamento enerxético das mareas xa que teñen un desnivel medio de 3 m e a costa recortada ofrece abundantes esteiros e enseadas.
Situación dos muíños de marea en Galicia, a partir dos datos de Begoña Bas. Coñecense un total de 14 muíños e considérase probable a existencia de dous máis.-“Muíños de Marés e de vento en Galicia”, Begoña Bas (Ed F. Barrié de la Maza)
Muíños de marea en Galicia
Os muíños de marea son semellantes aos dos ríos na súa estrutura. Están instalados na costa en lugares con forte oscilación entre mareas, e espazos onde sexa posible construír unha presa para almacenar a auga da chea e aproveitala durante a marea baixa para mover os rodicios.
presa
comportas
auga encorada
entrada da auga ao muíño
saída da auga
cubos erodicios
Estanque e presa
O muíño de marea da Seca está situado en Corvillón (Cambados), na desembocadura do río da Ucha.O estanque mide 600 m de lonxitude cunha presa de 50 m na que hai cinco comportas para o paso da auga.
CAMBADOS
Interior do Muíño da Seca (a partir dun debuxo de Pedro de Llano)
moega
moa
auga encorada
rodicio
A auga pasa pola planta baixa do muíño durante a marea baixa. Unha canle condúcea ao cubo (xeralmente de forma cilíndrica) para que colla máis presión e mova os rodicios que accionan o mecanismo de moer.
pé
viga ou mesa
tempero
eixo ou veo
pechadoiro
Presa e muíño. Imaxe de 1906
O muíño en 1930
Un manuscrito asinado por Amaro Alonso con data do 4 de maio de 1622 indica que foi construído sobre unha vella saíña por encargo de Gonzalo de Valladares y Sarmiento, señor do Pazo de Fefiñáns. No século XIX cambiou de propietario (familia Prego) e deixou de traballar arredor de 1970. O último muiñeiro foi Manuel Piñeiro Señoráns. Rehabilitouse en 2002, sobre un proxecto de César Portela e desde aquela funciona como museo. Actualmente é propiedade do concello.
Muro da presa e comportas
Muíño e presa (1982)
Maqueta
Muíño e presa coa marea cheaA auga, almacenada na presa, entra no muíño por catro comportas que se accionan desde o piso superior. Están situadas no comezo dunhas canles (as canelas) que se van estreitando para facer que a auga colla máis presión para mover os catro rodicios. A auga sae pola outra banda do edificio por dous grandes arcos protexidos cun muro.
Interior do estanque e zona de entrada da auga ao muíño.
Entrada da auga ao muíño
Vista do edificio e a zona de saída da auga
Canles de saída da auga
Arcos na saída da auga
O edificio está construído coa pedra dos arredores: granito silvestre e sienita (dunha característa cor vermella)
Entrada ao edificio
Un dos lavadoiros no interior da vivenda.
Interior do muíño despois de restaurado en 2002 para convertelo en museo
Rodicios
SISTEMA DE DORNA OU DE REGOLFOO rodicio vai metido nun pozo cilíndrico para aproveitar a forza da auga que rebota nas paredes.
Pechadoiros para controlar a entrada da auga aos rodicios
Interior co aparello de moer. Ten catro moas, tres para millo e unha para centeo e trigo.
Mecanismo de moer
Moega
Detalles da moega
Mazo e cuñas para controlar o erquedoiro e regular a separación entre a capa e a moa(para moer máis fino ou máis groso)
Picos
Pezas para suxeitar as moas e levantalas
Molde para picar as moas
Pá
Ferrado
Maquía
Cribo
Tenxedoiro (peza para distribuír o gran)
DebulladoraCanela
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Ainhoa Barreiro Cambados abril 2013
Top Related