O home do saco
Unha viaxe por Lalín a través do tempo Unha viaxe por Lalín a través do tempo
Xa pasaron máis de cincuenta anos desde que sucederon os feitos que quero relatar. Creo que lembro cada detalle co-mo se fose cousa de hai uns días, pero de tanto me repe-tiren, e sobre todo de tanto me repetir eu mesmo que todo fora simple produto da miña fantasía infantil, acabei por dubidar e aceptei, para tranquilidade da miña conciencia, que aqueles sucesos pertencían ao mundo dos soños, onde non hai inocentes nin culpables. Foi en xaneiro [...] Tiña eu daquela seis anos recén feitos e andaba moi inquieto por causa dun incidente ocorrido uns días atrás que me enchera o corpo de medo: vira o home do saco. Nin sequera a alegre festa dos Reis e os seus presentes puideran distraerme. Un terror enfermizo asal-tábame intermitentemente durante as horas do día e viña turbarme o sono polas noites. Eu xa oíra falar antes do home do saco, e mesmo coñecía varias historias macabras de nenos roubados e despezados por tan terrible persona-xe, pero sempre o sentira como algo remoto, coma os lobos e os aparecidos das historias que contaban os vellos a ca-rón do lume nas noites de inverno. Non obstante o home do saco non era só un personaxe de historias de medo, e unha noite de xaneiro de 1946 revelóuseme como un ser real, de carne e óso, e puiden velo cos meus propios ollos.
A rúa Colón desde a Casa Consistorial (Barrio de Abaixo)
A rúa Colón desde a Casa Consistorial (Barrio de Abaixo)
O home do saco 2
Fora o día de primeiro de ano. Pola tarde eu acompa-ñara á miña nai a visitar uns medio parentes que ti-ñamos no Barrio de Abai-xo...
O home do saco 3
O home do saco
Fíxose noite. Atravesamos a paso rápido pola fonda de Mouriño e os soportais do Rato, onde xa había un bocado que recollera o afiador os seus trebellos, e seguimos pola de Amelia da Esquina cara á rúa principal...
Entrada no Barrio de Abaixo, desde a Rúa Pelaio
4
O home do saco
Rúa Pelaio: Os soportais do Rato e a de Amelia da Esquina (en amarelo)
...o
nde
habí
a un
boc
ado
que
reco
llera
o a
fiad
or o
s se
us t
rebe
llos.
.
5
...zafeime un momento da miña nai para ir botar unha olla-da ás vitrinas do comercio de Mato, repletas de xoguetes...
O home do saco
... Berroume e sinaloume unha sombra que descendía pola congostra da Morena..: “Aí che vén o home do saco, vamos correndo para a casa”.
Da Congostra da Morena e o seu contorno, nada queda, só a casa de Laxosa, na parte inferior dereita.
O edificio do comercio de Mato mantén a súa esencia
O acceso superior á Congostra da Morena, pasaba entre casa de Tito da Calzada e o antigo almacén de Valdés, que foi de-rrubado para abrir a Rúa D.
6
O home do saco
Da negrura da ruela, no fondo da encosta, xunta o muro da tenda de Xesús de Trino, vin saír un home fraco cun brillo criminal nos ollos. Botei a correr agarrado ao abrigo de miña nai ata a nosa casa. [...]
A rúa principal, ao fondo a tenda de Xesús de Trino e ao seu carón a entrada á congostra da Morena .
7
Na escola de dona Xulia non puideran empezar as clase nor-mais e só acudiamos rapaces da vila, pois moitas aldeas dos arredores quedaran incomunicadas...
O home do saco
Unha promoción de mediados dos 60 (dona Xulia xa estaba de baixa)
A escola de dona Xulia, nai de Gonzalo Navaza
8
Entroido de 1960 na es-cola de dona Xulia. O pe-
queno é Gonzalo Navaza
O home do saco
A rúa Xoaquín Loriga na baixada ao Observato-rio. A xente na terraza do Café Marquesina coas carteleiras do cine Balado (Lalín).
A rúa Xoaquín Loriga na baixada ao Observato-rio. A xente na terraza do Café Marquesina coas carteleiras do cine Balado (Lalín).
A frecha indica a baixada á rúa Observatorio
10
O home do saco
Eu estivera pola tarde escorregan-do na neve cuns amigos pola ladeira do Observa-torio. A iso das cinco, que era a hora da me-renda, dispersámonos. Berráronme por chegar mollado, mais deixáronme volver saír; aos meus amigos non. Fiquei só. Tiven que facer enormes esforzos para non pensar no home do saco... Así e todo... tiven azos para botarme se-seis ou sete veces a esvarar pola costa do Observatorio abaixo ata o Tirabeque... Decidín marchar pa-ra a casa antes de que caese a noi-te enteira sobre a vila.
11
Baixaba pola rúa principal adiante no medio dunha copiosí-sima nevada, cando vin ao lonxe... o home do saco en per-soa... O corazón batía como se fose estoupar... botei a correr rúa arriba...
O home do saco
A rúa principal desde o actual quilómetro cero
13
Encamiñeime cara ao Campo da Feira, onde se atopaba o almacén de fertili-zantes da Cros... do que meu pai era un dos socios... (Na foto a casa -que non sufriu
alteracións notables– onde esta-ba o almacén)
O home do saco
Cando ía chegando... vin o Amadeo saír pola porta do almacén... e entrar no bar López/.../Entrei no alma-cén... Agocheime... De súpeto reparei... na espingar-da de caza pendurada da parede
O desaparecido café López
15
O home do saco
[...] ao cabo terminei por confesarlle todo á miña nai... Me-us pais telefonaron a don Caetano, o xuíz, e ao día seguinte acudimos ao xulgado...
[...] ao cabo terminei por confesarlle todo á miña nai... Me-us pais telefonaron a don Caetano, o xuíz, e ao día seguinte acudimos ao xulgado (daquela na Cacharela...
A Cacharela (rebautizada como avenida Buenos Aires ou Bos Aires na con-fluencia coa Molinera, aínda non estaba aberta a rúa pintor Laxeiro.
Fronte a actual confeitaría Navaza situábase na época dos feitos o xulgado
16
O home do saco
O xulgado trasladaría as súas dependencias primeiro para o cimo da Cacharela e logo para o Pontillón
O peitoril do pontillón, no cruce das rúas Principal, Matemático Rodríguez e Pontillón (despois deturpada como Calle del Puente e máis tarde mal re-posta como Rúa da Ponte).
Outra perspectiva –hoxe imposíbel– do peitoril do Pontillón.
17
O home do saco
Plano actual de Lalín
Roteiro d’O home do saco
1. Barrio de Abaixo. 2 Rúa Pelaio. 3. Rúa Principal (Bazar Mato). 4. Congostra da Morena (W. Calvo Garra). 5. Rúa Observatorio. 6. Rúa Rosalía de Castro (escola de dona Xulia, almacén da Cros e Bar López ). 7 Tirabeque (Ramón Mª Aller). 8. Cacharela (Avda. Buenos Aires).
2
1
2
3
4
5 6
7
8
19
Chámome Gonzalo Navaza Blanco, nacín o 28 de febreiro de 1957 no nº 16 da rúa Xoaquín Loriga de Lalín.
Fago o número once (o pequeno) dos fillos de Xulia Blanco e de Perfecto Navaza. Non podo precisar de que modo naceu en min a inclinación literaria: lémbrome desde sempre moi afeccionado á lectu-ra, aínda que debeu ser determinante a miña función como axudante do bibliote-cario do colexio durante eses anos. Aos catorce ou quince comecei a publicar ti-ras cómicas e textos en verso e prosa na revista do colexio. En 1974, mentres facía o COU, entrei en contacto coa revista infantil Vagalu-
me e nela publiquei historietas e contos durante os dous anos que durou a revista... Texto completo en www.bvg.udc.es
O home do saco
Gonzalo Navaza na Biblioteca:
Creación literaria Elucidario. Vigo :Xerais, 1999. Erros e Tánatos. Vigo :Xerais, 1996. Fábrica íntima. Vigo :Galaxia, 1996. Libra. Vigo: Galaxia, 1996. Santos e defuntos. Vigo :Xerais, 2001. “Tinta chinesa” en Unha liña no ceo : 58 narradores galegos 1979-1996.-- Vigo : Xerais, D.L. 1996.-- P. 385-393. “De como meu irmán Lucas non se fixo fotógrafo” en Narra-dio : 56 historias no ar -- Vigo : Xerais, 2003. -- P. 141-146
Artigos “Os Apelidos da terra de Deza” en Descubrindo.-- N. 1 (1999) ; p. 351-368.-- N. 2 (2000) ; p. 173-188. “O nome ‘paio’” en Cadernos de lingua.-- n. 3 (1º semestre 1991) ; p. 25-35.
“A Toponimia no concello de Lalín” en Lingua e literatura da Comarca de Deza.-- [Lalín] : SED, D.L. 2000.-- P. 51-64. “A Tradición do conto” en Lingua e literatura da Comarca de Deza.-- [Lalín] : SED, D.L. 2000.-- P. 9-19.
20
Traducións: Defoe, Daniel: Robinson Crusoe. Vigo : Xerais,
D.L. 1986 Doyle, Arthur Conan , Sir: O Can dos Bas-
kerville. Vigo : Xerais, D.L. 1987
Doyle, Arthur Conan , Sir: Sherlock Hol-mes, detective .Vigo : Xerais, 1987
Graves, Robert: Mitos da antiga Grecia. Vi-go : Xerais, D.L. 1989
London, Jack: A Chamada da selva. Vigo : Xe-rais, D.L. 1984
Perec, Georges: As Cousas : (unha historia dos anos sesenta) Vilaboa : Cumio, D.L.1991
Wood, Marion: Espíritos, heroes e cazado-res da mitoloxía dos indios de Norte América. Vigo : Xerais de Galicia, D.L. 1987
Top Related