Os dicionariosInforman sobre o significado das palabras.Normalmente, ordenadas alfabeticamente
TIPOS DE DICIONARIOS
◈ De dúbidas
Etc.2
◈ De lingua
◈ De sinónimos
◈ De materias específicas
◈ Bilingües
◈ Enciclopédicos
3
elemento s.m. 1.Cada un dos
compoñentes dun conxunto ou dun todo. A
xuventude é o elemento máis dinámico da
sociedade 2. Cada un dos catro principios,
terra, aire, auga e lume, que antigamente se
crían constituíntes dos corpos materiais.Os
antigos filósofos mantiveron a teoría dos
catro elementos 3. Quím.Corpo químico
simple.O hidróxeno é un elemento.// pl.
4. Forzas da natureza, coma o vento, os
terremotos, etc. O home ten que se defender
contra os elementos.
Entrada ou lemaPalabra que encabeza o artigo
Información gramaticalClasifica a entrada segundo a súa categoría gramatical
AcepciónsSignificado ou significados da palabra
dicionarios de linguaInformación básica
4
dicionarios de linguaOutra información
elemento 3. Quím. Corpo químico
simple.O hidróxeno é un elemento.
elucubrar [eluku´bRaR] v.t. [lat. elucubrare]
1.Elaborar unha obra de carácter intelectual a
por de dedicarlle moitas horas de meditación,
mesmo as destinadas ao repouso. Elucubrar
unha teoría filosófica.
chola s.f. 1. familiar Cabeza das persoas.
Ten coidado coa chola, que vas levar un
croque. 2. figurado Intelixencia, enxeño,
entendemento. O pobre ten pouca chola.
SINÓNIMO chencha
Área de coñecementoÁmbito en que se utiliza unha palabra ou acepción
ExemplosUso real da entrada na lingua
Pronuncia EtimoloxíaOrixe da palabra
Rexistro ou situación de uso
Sinónimos, antónimos ou palabras relacionadas
Substantivos ou adxectivos: pola forma do masculino singular
GUÍA PARA BUSCAR PALABRAS NO DICIONARIO
5
Verbos: infinitivo
Diminutivos, aumentativos e superlativos non se recollen (dedúcese o significado)
Nomes propios e topónimos: só nos dicionarios enciclopédicos
PALABRAS POLISÉMICAS
6
Polisemia: unha palabra ten varios significados
Nos dicionarios recóllense na mesma entrada. Son as acepcións
casa s.f. 1. Construción destinada
a vivenda. 2. Edificio destinado a
diversos usos. 3. Empresa
comercial. 4. Conxunto de
membros dunha familia,
especialmente se é fidalga. 5.
Espazo dunha táboa, taboleiro,
formulario etc., normalmente
cuadrangular e separado por liñas.
6. Dep. Campo propio.
PALABRAS HOMÓNIMAS
7
Hominimia: dúas ou máis palabras coinciden na forma, pero teñen orixes distintas.
Nos dicionarios recóllense en distintas entradas, normalmente indicadas por números en superíndice
coca1 s.f. 1. Arbusto da clase das
dicotiledóneas...
coca2 s.f. 1. familiar Parte alta e posterior
da cabeza humana…
coca3 s.f. 1. Especie de verme…
coca4 s.f. Planta herbácea…
coca5 s.f. Figura lendaria que representa
unha serpe...
PALABRAS GUÍA
8
elemento
elemento s.m. 1.Cada un dos compoñentes dun conxunto ou
dun todo. A xuventude é o elemento máis dinámico da
sociedade 2. Cada un dos catro principios, terra, aire, auga e
lume, que antigamente se crían constituíntes dos corpos
materiais.Os antigos filósofos mantiveron a teoría dos catro
elementos 3. Quím.Corpo químico simple.O hidróxeno é un
elemento.// pl.4. Forzas da natureza, coma o vento, os
terremotos, etc. O home ten que se defender contra os
elementos.
elenco s.m.1.Lista ou relación ordenada. 2.Conxunto de
actoresque integran unha compañía ou que participan nun
espectáculo teatral, cinematográfico, etc.
Aparecen ao principio e ao final de cada dobre páxina e coinciden coa primeira e a última entrada desa dobre páxina.Facilitan a busca
DICIONARIOS DE SINÓNIMOS
9
Recollen sinónimos, antónimos e termos afíns. Resultan útiles para variar a expresión
DICIONARIOS DE MATERIAS ESPECÍFICAS
10
Recollen o léxico dun ámbito específico
DICIONARIOS BILINGÜES
11
Proporcionan o equivalente dun termo noutro idioma
DICIONARIOS ENCICLOPÉDICOS
12
❖ Proporcionan máis datos sobre cuestións científicas, técnicas, históricas, culturais, etc., ca un dicionario de lingua (e menos ca unha obra de consulta específica)
❖ Inclúen mapas e ilustracións
DICIONARIOS DE DÚBIDAS
13
Ofrecen información sobre erros e dúbidas frecuentes na lingua
DICIONARIOS DE GALEGO ANTERIORES Á NORMATIVA
14
Recóllense na obra Diccionario de diccionarios (en CD-Rom e en liña)Resultan útiles para consultar formas dialectais ou non normativas
DICIONARIOS EN LIÑA
15
Permiten a consulta desde un ordenador, unha tableta ou un teléfono intelixente
Son de uso gratuíto
Actualízanse con frecuencia
Ofrecen máis opcións de busca (preditiva, femininos, plurais…)
DICIONARIOS EN LIÑA (galego, RAG)No Portal das Palabras e na páxina da RAG pódese consultar o mesmo dicionario e do mesmo xeito
16
DICIONARIOS EN LIÑA (galego, RAG)
17
O Dicionario da RAGpódese consultar como dicionario de lingua ou de sinónimos cambiando a opción de busca
DICIONARIOS EN LIÑA (galego, RAG)
18
En todas as entradas podemos escoitar a pronuncia
Nos verbos pódese ver a conxugación completa
DICIONARIOS EN LIÑA (galego, RAG)
19
Utilizando a busca avanzada, localizamos entradas que conteñen no principio, no final ou no medio a serie de letras que introducimos, que utilizan unha palabra na definición ou no exemplo ou que pertencen a un campo específico (pódense combinar as opcións)
DICIONARIOS EN LIÑA (galego, RAG)
20
Pódese realizar a busca pola forma do masculino ou do feminino
Dá a coñecer as actualizacións máis recentes
DICIONARIOS EN LIÑA (galego, RAG)
Accedendo desde a páxina web da RAG, as opcións son as mesmas e o deseño similar
DICIONARIOS EN LIÑA (galego, Digalego)
22
Ofrece a etimoloxía da entrada
Inclúe a equivalencia noutras linguas
Contén refráns relacionados coa palabra
Inclúe conxugador de verbos, listaxe de formas incorrectas e apéndice gramatical
DICIONARIOS EN LIÑA (galego, sinónimos)
23
Utilizando a busca avanzada, localizamos entradas que conteñen no principio, no final ou no medio a serie de letras que introducimos ou escollemos buscar nas entradas ou nos sinónimosPodemos ver todas as entradas que conteñen esta entre os sinónimos
DICIONARIOS EN LIÑA (galego, pronuncia)
24
Permite coñecer a pronuncia do léxico común, nomes, apelidos ou topónimos
Reproduce unha gravación coa pronuncia e ofrece a transcrición
DICIONARIOS EN LIÑA (portugués, Priberam)
25
Indica a etimoloxía
Permite consultar a conxugación dos verbos
Inclúe frases feitas
Informa sobre palabras relacionadas
DICIONARIOS EN LIÑA (castelán, RAE)
26
Permite consultar a conxugación dos verbos
Indica a etimoloxía
Inclúe frases feitas
Localiza o lugar onde se utilizan as que non son de uso xeral
DICIONARIOS EN LIÑA (castelán, RAE)
27
A busca pódese facer introducindo o masculino ou o feminino das palabras con variación ou calquera forma da conxugación dun verbo
DICIONARIOS EN LIÑA (outras linguas)
28
Permite seleccionar distintas linguas e utilizalo como bilingüe ou monolingüe
Sobre a pronuncia, ofrece a gravación e a transcrición da entrada
Inclúe exemplos e contextos de utilización
Wordreference
DICIONARIOS EN LIÑA (outras linguas, inglés)
29
Pódese buscar a palabra enteira ou só o principio ou o final
Ofrece a consulta en obras de distinto tipo
Inclúe a gravación para coñecer a pronuncia
The free dictionary
DICIONARIO INGLÉS-GALEGO Universidade de Vigo
Pódese buscar a palabra enteira ou só o principio, desde o galego ou desde o inglés
DICIONARIO FRANCÉS-GALEGO Universidade de Vigo
Pódese buscar a palabra enteira ou só o principio, desde o galego ou desde o francés
TESOURO INFORMATIZADO DA LINGUA GALEGA (TILGA)
aAs palabras no seu contexto literario.
Obtemos información sobre referencias nas que aparece o termo. Non sempre son termos recoñecidos na normativa.
CORPUS DE REFERENCIA DO GALEGO ACTUAL (CORGA)
As palabras no seu contexto literario e xornalístico actual.
Termo da busca
Información da obra e autor
VISUAL DICTIONARY ONLINE
Carme Pazos. Departamento de Lingua Galega e
Biblioteca do IES de Porto do Son
2017-2018
Top Related