Os coidados paliativos en Enfermaría
INDICE
Que son os Coidados Paliativos?Que se pretende cos Coidados Paliativos?Tríada básica dos CP.Que define a unha enfermidade terminal?Bioética nos Coidados Paliativos.Conceptos de Eutanasia, Distanasia e Ortotanasia.Visións dos CP.Cicely Saunders.Principais obxectivos da Enfermaría nna atención
ao paciente en fase terminal.
Que son os Coidados Paliativos?
Para a Organización Mundial da Saúde (OMS), os CP defínense como:
“O coidado activo total dos enfermos cuxa enfermidade non responde ao tratamento curativo”
A Sociedade Española de Coidados Paliativos (SECPAL) defíneos como:
“Un tipo especial de coidados deseñados para proporcionar benestar ou confort e soporte aos pacientes e as súas familias nas fases finais dunha enfermidade terminal”.
Que se pretende cos CP?
Os coidados paliativos pretenden dar soporte emocional e espiritual ademais de tentar que o paciente pase os seus últimos días libre de dor, cos síntomas da súa enfermidade baixo control.
Non aceleran nin deteñen o proceso da morte.Reafirman a importancia da vida,
considerando a morte algo normal.Proporcionan sistemas de apoio para que avida
sexa o máis activa posíbel.
A tríada básica dos CP
Comunicación eficaz.
Control dos síntomas.
Apoio á familia.
Que define a enfermidade terminal?
Presencia dunha enfermidade terminal avanzada, progresiva e incurabel.
Falta de posibilidades razonabeis de resposta ao tratamento específico.
Presencia de numerosos problemas ou síntomas intensos, múltiples, multifactoriais e cambiantes.
Grande impacto emocional no paciente, familia e equipa terapéutica, moi relacionado coa presencia, explícita ou non, da morte.
Pronóstico de vida inferior a seis meses.
BIOÉTICA NOS COIDADOS PALIATIVOS:
A asistencia ten que ser realizada segundo os principios básicos que resulten aceptables de xeito universal, sexa cal sexa a referencia cultural, moral ou ética de cada individuo. Estes son os 4 principios plantexados por Beauchamp e Childress no 1994:
Xustiza: Todas as persoas teñen igual dignidade e merecen igual consideración e respecto. Require unha distribución equitativa dos recursos. Isto implicaría proporcionar a todos os pacientes a posibilidade dunha atención de calidade nos CP. Levaría consigo tanto garantir o acceso aos fármacos e medios precisos mediante unha adecuada dotación en AP (atención primaria) coma ao estender a formación dos CP na atención domiciliaria tanto en AP, nos dispositivos de urxencias intra e extrahospitalarios así coma nos distintos andares do hospital.
Beneficiencia: Propón a esixencia ética de que os profesionais poñan os seus coñecementos e a súa adicación ó servizo do enfermo para facerlle o ben.
Autonomía: O paciente ten dereito a decidir.
•Non maleficiencia: Non nos está permitido facer mal ó outro, aínda que este nos autorice. É dicir, respecto á vida, á saúde, á integridade física e a evolución natural das persoas
CONCEPTOS DE EUTANASIA, DISTANASIA E ORTOTANASIA
Eutanasia: Aplícase a toda acción que pretende rematar coa vida do enfermo para rematar co seu sufrimento.
Distanasia: Emprego de medidas extraordinarias que non reportan ningún beneficio ó enfermo, para prolongar a súa vida. Nos nosos días fálase máis do ``obstinamento terapéutico´´ que do ``encarnizamento terapéutico´´ aludindo a estes tratamentos como inútiles.
Ortotanasia ou morte correcta: Conxunto de actuacións que non buscan acurtar ou alongar a vida deliberadamente senón que:
* Ou ben omiten as medidas terapéuticas desproporcionadas (que só alongarían innecesariamente o proceso da morte)
* Ou ben supoñen a administración de medicamentos, a doses terapéuticas para aliviar o sufrimento do enfermo aínda que poidan secundariamente acurtar a supervivencia
Certos profesionaisCicely Saunders (pioneira na visión dos CP)
Consideran que o importante é tratar o paciente até as últimas consecuencias.
Defendía que na fase terminal o deterioro e impacto que ha sufrir o enfermo, o obxetivo debe cambiar e ser substituído polo coidado como única meta.
Visións dos CP
Cicely Saunders
Fundadora do movimento dos hospices, como acabamos de ver, defendía o coidado coma única meta. Ese coidado debe virar cara proporcionar confort ao enfermo e familia. Porque nesta fase, cada acción positiva realizada sobre un deles é tomada como algo tamén positivo polo outro.
A equipa sanitaria debe transformarse en equipa coidadora. O coidado como medio e a calidade de vida e o confort como finalidade son os obxectivos que debemos ter os coidadores durante a fase final da vida, tal como promulgou o Subcomité Europeo de Coidados Paliativos da CEE, o 5 de maio de 1991, ao definir os coidados paliativos.
Principais obxectivos da enfermeira na atención a pacientes en fase terminal.
Proporcionar os coidados de Enfermaría que o paciente terminal precise, conseguindo a maior calidade de vida para el e os seus achegados.
Valorar as alteracións na calidade de vida provocadas pola enfermidade e o seu tratamento, procurando o maior equilibrio físico, psíquico e ambiental do enfermo.
Aconsellar e educar á familia e ao paciente sobre a dieta, medicamentos, hixiene, cambios posturais… Axudándoos a previr e sobrelevar os momentos de crise.
A enfermeira terá que saber identificar os síntomas que o paciente perciva como ameazas.
Potenciar os propios recursos do enfermo.Ter conta da adaptación de do estado anímico
do paciente.Escoitar, o contacto físico e sensibilizarnos
cos probemas do paciente e as súas preocupacións.
A atención debe ser integral, coidando as necesidades físicas, emocionais, sociais e espirituais. Necesitan coidados de confort, que requiren dunha determinada actitude
persoal, á vez que o desenrolo dun maior equilibrio e madurez.