Biblioteca Avelaiona Luíña CEIP Cespón
"O xenio faise cun 1% de
talento e un 99% de traballo"
"A mente é igual que un para-
caídas, só funciona se se abre"
"Nunca consideres o estudo como unha obriga, senon como unha oportunidade para penetrar no
marabilloso mundo do saber"
"Se procuras resultados distintos,
non fagas sempre o mesmo"
"Hai unha forza motriz máis poderosa
que o vapor, a electricidade e a enerxía
atómica: a VONTADE"
"Todos somos ignorantes. O que pasa é que non todos ignoramos o mesmo"
Alb
ert
Ein
stei
n
Desde a Biblioteca do centro queremos darvos a benvida
neste inicio de curso.
Por sétimo ano consecutivo seguimos dentro do Plan de
Mellora das Bibliotecas Escolares, o que permite, ademais da
dotación económica, un traballo colectivo co resto de centros
de Galicia. Grazas ao aporte económico recibido, o curso
pasado realizáronse unha serie de melloras: pintado,
colocación de tarima flotante, estores nas ventás, ampliación
de andeis que favoreceu a colocación dos fondos por orde
alfabética e compra de novidades.
No Proxecto Anual imos continuar ampliando o tema da
Ciencia traballado o curso pasado, dado o interese que
espertou no centro.
Este curso os eixos nos que nos basearemos serán a
realización de novos experimentos e a procura de novas
científicas. Gustaríanos contar coa vosa colaboración tanto
para a proposta e realización de experimentos como para
achegar novas científicas.
Continuaremos
coas mochilas
viaxeiras (tanto do
colexio como da
ANPA), coa
novidade de que o
préstamo será
quincenal, para
poder aproveitar o
material enviado. Polo tanto, cada alumna/o só levará a
mochila unha vez ao longo do curso.
A Biblioteca, ao longo do curso, elaborará unha serie de
propostas para a celebración de datas sinaladas (samaín, paz,
Día do Libro, día de Rosalía,...)
Recordarvos que a Biblioteca Escolar está aberta polas
tardes, de 16:30 a 18:00 horas, agás os martes, que é de 17:30
a 18:30 horas. Queremos animarvos a que fagades uso da
mesma (fondos e medios informáticos), tanto o alumnado
como pais/nais.
Top Related