Proxecto anual da biblioteca

2
Biblioteca Avelaiona Luíña CEIP Cespón "O xenio faise cun 1% de talento e un 99% de traballo" "A mente é igual que un para- caídas, só funciona se se abre" "Nunca consideres o estudo como unha obriga, senon como unha oportunidade para penetrar no marabilloso mundo do saber" "Se procuras resultados distintos, non fagas sempre o mesmo" "Hai unha forza motriz máis poderosa que o vapor, a electricidade e a enerxía atómica: a VONTADE" "Todos somos ignorantes. O que pasa é que non todos ignoramos o mesmo" Albert Einstein

Transcript of Proxecto anual da biblioteca

Page 1: Proxecto anual da biblioteca

Biblioteca Avelaiona Luíña CEIP Cespón

"O xenio faise cun 1% de

talento e un 99% de traballo"

"A mente é igual que un para-

caídas, só funciona se se abre"

"Nunca consideres o estudo como unha obriga, senon como unha oportunidade para penetrar no

marabilloso mundo do saber"

"Se procuras resultados distintos,

non fagas sempre o mesmo"

"Hai unha forza motriz máis poderosa

que o vapor, a electricidade e a enerxía

atómica: a VONTADE"

"Todos somos ignorantes. O que pasa é que non todos ignoramos o mesmo"

Alb

ert

Ein

stei

n

Page 2: Proxecto anual da biblioteca

Desde a Biblioteca do centro queremos darvos a benvida

neste inicio de curso.

Por sétimo ano consecutivo seguimos dentro do Plan de

Mellora das Bibliotecas Escolares, o que permite, ademais da

dotación económica, un traballo colectivo co resto de centros

de Galicia. Grazas ao aporte económico recibido, o curso

pasado realizáronse unha serie de melloras: pintado,

colocación de tarima flotante, estores nas ventás, ampliación

de andeis que favoreceu a colocación dos fondos por orde

alfabética e compra de novidades.

No Proxecto Anual imos continuar ampliando o tema da

Ciencia traballado o curso pasado, dado o interese que

espertou no centro.

Este curso os eixos nos que nos basearemos serán a

realización de novos experimentos e a procura de novas

científicas. Gustaríanos contar coa vosa colaboración tanto

para a proposta e realización de experimentos como para

achegar novas científicas.

Continuaremos

coas mochilas

viaxeiras (tanto do

colexio como da

ANPA), coa

novidade de que o

préstamo será

quincenal, para

poder aproveitar o

material enviado. Polo tanto, cada alumna/o só levará a

mochila unha vez ao longo do curso.

A Biblioteca, ao longo do curso, elaborará unha serie de

propostas para a celebración de datas sinaladas (samaín, paz,

Día do Libro, día de Rosalía,...)

Recordarvos que a Biblioteca Escolar está aberta polas

tardes, de 16:30 a 18:00 horas, agás os martes, que é de 17:30

a 18:30 horas. Queremos animarvos a que fagades uso da

mesma (fondos e medios informáticos), tanto o alumnado

como pais/nais.