Post on 13-Jul-2020
16:00 Presentación da xornada
16:25 A danza da gravidade: estrelas dobres
e planetas extrasolares En xeral, a forza dominante en sistemas estelares e planetarios é a gravitacional.
Para obter modelos realistas destes sistemas cómpre coñecer con precisión a
masa das estrelas, para o cal o estudo dos sistemas binarios é unha ferramenta
fundamental. Nesta presentación farase un breve repaso sobre os fundamentos e
métodos do estudo de sistemas binarios e como estas ferramentas evolucionaron
xunto coas técnicas de observación para adaptarse ao estudo de planetas
extrasolares.
Pedro Pablo Campo Díaz: pedropablo.campo@usc.es
16:45 Matemáticas doutra Galicia Falando de cuestións xa clásicas de análise funcional, intentaremos mostrar e
comprender a beleza, orixinalidade e profundidade das ideas dalgún dos mellores
matemáticos do século XX.
Jorge Losada Rodríguez: jorge.losada@usc.es
17:05 Mergullándose coas matemáticas Que teñen en común a optimización dun aparello de xeración de enerxía, o fluxo
do sangue no noso organismo, o tempo atmosférico ou o voo dun avión? Todos
estes problemas poden ser analizados se comprendemos como se desprazan os
fluídos. Para iso aplicaremos as matemáticas, concretamente, mergullarémonos
no campo da dinámica de fluídos computacional.
Saray Busto Ulloa: saray.busto@usc.es
17:25 Money, money, money! Ter cartos está cheo de pesares e, en particular, o que máis pesa son as moedas.
Por que temos que acabar cun buraco no peto polo solto das voltas de tanto
café? Sabendo que o soño do tío de Donald (refírome ao pato estadounidense
que non é presidente) de nadar en moedas é imposible, poderiamos facer algo
por solucionar tan cobriza situación? Nesta charla falaremos dos sistemas
monetarios, é dicir, dos valores das moedas e de como se deberían escoller para
optimizar este problema.
Adrián Fernández Tojo: fernandoadrian.fernandez@usc.es
17:45 Pausa para o café
18:15 Segredos, espías e números primos Nesta charla falaremos do papel que xogan as matemáticas na criptografía actual,
pois son un piar base na comunicación mundial.
Xabier García Martínez: xabier.garcia@usc.es
18:35 E ti… de quen vés sendo? E ti… de quen vés sendo? Esta é a típica pregunta que che fan os avós ou a xente
maior que te ve pola rúa. Pregúntanche de quen es fillo ou neto. En fin, de que
familia es ou de quen es familiar. Nesta charla preténdese dar resposta a esta
pregunta aplicando métodos e técnicas estatísticas aos apelidos galegos. Os
apelidos poden utilizarse como fonte de información para caracterizar á
poboación dunha rexión, dado que a análise dos patróns que se observan na
distribución dos apelidos reflicte aspectos importantes dos movementos
poboacionais.
María José Ginzo Villamayor: mariajose.ginzo@usc.es
18:55 Medindo a curvatura O estudo da curvatura supón un punto central na xeometría diferencial.
Intuitivamente, a curvatura non é máis ca un medidor da semellanza entre un
espazo calquera e outro espazo chan comparable con el. A importancia do estudo
da curvatura reside na propia natureza do Universo. Por exemplo, é a causante de
que o camiño máis curto entre dous puntos non sempre sexa unha liña recta,
tamén impide a representación do globo terráqueo sobre un plano conservando
distancias en todas as direccións ou mesmo está presente na teoría da
relatividade de Einstein.
Javier Valle Regueiro: javier.valle@usc.es
19:15 #dimecomofalas e tuiteoche #deondees Se escoitásemos a alguén falar en galego, seriamos quen de recoñecer de onde
provén a súa fala? Poderiamos recoñecer mellor aquela procedente dalgunhas
zonas concretas? Que factores nos poderían axudar a identificala? Nesta charla
responderemos, #comomatemáticos, a estas preguntas.
Laura Calaza Díaz: laura.calaza@usc.es
http://www.usc.es/matematicas/CNL/queremoscontarchas.html