ARTE RENACENTISTA: VOCABULARIO · do manierismo. Pendente (pechina) Triángulo curvilíneo formado...

Post on 07-Apr-2020

2 views 0 download

Transcript of ARTE RENACENTISTA: VOCABULARIO · do manierismo. Pendente (pechina) Triángulo curvilíneo formado...

ARTE RENACENTISTA: VOCABULARIO

Aparello almofadado (almohadillado)

Sistema de construción de muros con bloques de pedra coas xunturas refundidas, traballadas en bisel de modo que sobresaen en relevo.

Cadro de Historia

Representación pictórica que ten como asunto algún feito de relevancia pública.

Esfumado (Sfumato):

Técnica pictórica que consiste en suavizar ou difuminar os contornos das figuras que se pintan mediante sombras e cores, para dar sensación de atmosfera e afastamento.

Estatua ecuestre

Técnica pictórica que consiste en suavizar ou difuminar os contornos das figuras que se pintan mediante sombras e cores, para dar sensación de atmosfera e afastamento.

Imposta

Faixa ou moldura horizontal da que arrincan os arcos e as bóvedas, e a veces sinala os distintos pisos dun edificio.

Liña serpentinata

Sucesión de curvas e contracurvas na posición da figura humana. Xorde a partir do movemento xiratorio das cadeiras, ombros e cabeza cando se contrabalancean. É característico do manierismo.

Pendente (pechina)

Triángulo curvilíneo formado entre os arcos que realizan a transición dunha planta cadrada á base circular da cúpula.

Modelado:

Proceso polo que se obtén unha figura manipulando calquera materia branda.

Perspectiva lineal

Trátase dunha formulación matemática que crea a profundidade trazando unha serie de liñas que configuran unha pirámide visual que ten por vértice o punto de fuga das mesmas.

Retrato

Representación da efixie dunha persoa.

Veladura

Capa de pintura que contén moi pouco pigmento e ó ser tan diluída deixa transparentar o que ten debaixo, aínda que modificado, actuando como unha especie de filtro. Úsase moito na técnica do óleo e permite conseguir múltiples efectos